Con este libro de homenaxe a Antonio Fraguas con motivo do Día das Letras Galegas 2019, o Consello da Cultura Galega quere poñer o acento na súa etapa inicial. As catro pezas recollidas a modo facsimilar e datadas entre 1930 e 1932, nos tempos da súa pertenza ao Seminario de Estudos Galegos, son de contido etnográfico e están escritas en lingua galega, a lingua natural de don Antonio e a lingua que el teimou en normalizar tamén nos espazos e ámbitos dos que unha historia pouco natural a afastara. Ponlles marco biográfico e científico outra referencia inescusable na etnografía galega, Clodio González Pérez, que tamén compartiu con don Antonio traballos, angueiras, proxectos e realidades no seo da vella Ponencia de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura.
Título | Antonio Fraguas Fraguas Primeiros estudos etnográficos (1930-1932) |
Autoría |
Antonio Fraguas |
Estudo |
Clodio González Pérez |
Limiar |
Rosario Álvarez |
Obxecto de estudo |
Antonio Fraguas |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 95 p. : il., cor.; 22 cm. |
Notas | Homenaxe do Consello da Cultura Galega. Coa colaboración da Fundación Antonio Fraguas Fraguas. Contén: 1.- Limiar, por Rosario Álvarez Blanco. 2.- Estudo: Antonio Fraguas Fraguas. Catro publicacións etnográficas, por Clodio González Pérez (p.15). 3.- Facsímiles: O Entroido nas terras do Sul de Cotobade (p.51); O culto ós mortos (p. 65); Do folk-lore de Armeses-Listanco (p.83); As lêndas da Fonte Pormás (p. 93) |
ISBN | 978-84-17802-01-1 |
Depósito Legal | C 640-2019 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |