O presente traballo trata de dar continuidade a unha serie de estudos promovidos desde o ano 2020 polo Consello da Cultura Galega co fin de investigar a influencia da pandemia do virus SARS-CoV-2 e a enfermidade da COVID-19 nas empresas do sector cultural en Galicia. Nesta ocasión partiuse do obxectivo de abarcar un universo maior que o dos barómetros precedentes, contando con todo o sector, polo que os resultados proveñen das respostas a un cuestionario administrado a unha mostra representativa do universo cultural galego, na que finalmente participaron un total de 902 representantes de entidades (empresas, asociacións, fundacións, administracións públicas…).
[Data de comunicación: abril 2022]
Título | Barómetro da cultura galega 2022 |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 79 p.: gráf. (Edición dixital) |
Notas | Non hai edición en papel. Máis información: Barómetro da cultura galega I, xullo 2020 Barómetro da cultura galega II, xaneiro 2021 Barómetro da cultura galega III, xullo 2021 Barómetro da cultura galega 2023 |
DOI | 10.17075/bcg.04.2022 |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
O Barómetro da cultura galega destaca o inicio da recuperación do sector [Data da comunicación: 27/4/2022].