Vida social e tempo de lecer
Os ámbitos de sociabilidade dos galegos e galegas nos países de emigración xorden principalmente da necesidade de interacción con familiares, amigos e veciños. Os espazos máis íntimos, como o propio fogar ou lugares públicos (unha praza ou calquera paisaxe natural), representan escenarios onde se fortalecen as redes sociais primarias, tan necesarias para calquera persoa e máis aínda cando se atopa fóra do seu lugar de orixe.Os emigrantes contaron ademais cun ámbito de socialización importante como grupo étnico a través da súa afiliación aos centros galegos e ás asociacións microterritoriais. Trátase de entidades societarias multifuncionais centradas no mantemento de símbolos, valores e costumes propios da nosa terra para preservar a propia identidade cultural no país de destino fronte ao colectivo nacional e a outros grupos estranxeiros que alí residen.
Neste especial presentamos unha serie de imaxes que reflicten diversas actividades realizadas pola poboación emigrante no seu tempo de ocio, imaxes que envían a amigos e familiares a Galicia para transmitir unha idea de éxito e de gozo da vida. Calquera actividade no lecer rompe coa rutina diaria de traballo e serve para estreitar lazos familiares e de amizades que, pola súa vez, axudan á integración na sociedade de acollida, aínda que coa terra natal sempre no pensamento.
- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- Mulleres galegas na emigración
- As iniciativas educativas da emigración galega
- A cultura galega alén mar
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- O exilio galego
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Galicia onde todo retorna
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
Galicia é un país no que a emigración é inherente ao devir da súa realidade social, económica, política e cultural. Trátase dun fenómeno que está moi imbricado na identidade dos galegos. Nestes especiais preténdese relatar o proceso migratorio. Difundir o noso pasado e presente como emigrantes é unha das tarefas do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Para iso, empregando todo tipo de documentación e fotografías que se custodian no arquivo, queremos dar a coñecer e poñer en valor o papel determinante que tiveron os emigrantes no desenvolvemento da nosa sociedade e da nosa cultura.
Arquivo da Emigración Galega (CCG)


