O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
A filantropía das persoas emigrantes foi un feito esencial no desenvolvemento educativo e cultural da Galicia dos séculos XIX e XX, e en consecuencia do seu despegue económico e da súa evolución social e política. Grazas á creación de centos de escolas construídas coas remesas de alén mar, a sociedade galega puido progresar.Este especial céntrase na figura e obra do filántropo Fernando Blanco de Lema y Suárez Prieto (Cee, 18 de outubro de 1796 – A Habana, 5 de abril de 1875), un indiano enriquecido na illa de Cuba que non retornou a Galicia pero mantivo sempre na súa memoria afectiva a súa vila natal e as súas xentes. Pódese consultar a súa biografía na web do Consello da Cultura Galega, no Álbum de Galicia. O seu legado, exemplo de xenerosidade e altruísmo, foi xestionado por un padroado encargado de levar a bo termo os seus desexos. Edificáronse dous magníficos edificios –o colexio-instituto que leva o seu nome e a escola de nenas–, que hoxe en día manteñen a súa hexemonía na arquitectura urbana de Cee, vila que progresou grazas á súa xenerosidade. Nestes centros educativos recibiron instrución gratuíta numerosas xeracións de nenos e nenas da comarca de Fisterra cos máis innovadores plans educativos, de clara vocación humanista e científica. Ademais, fomentouse a cultura da bisbarra con cursos de alfabetización para adultos, a concesión de bolsas para o alumnado máis avantaxado, aulas de música e teatro con actuacións para toda a veciñanza ou a apertura da biblioteca do colexio-instituto a toda a poboación. A Fundación Fernando Blanco de Lema sufragou numerosas iniciativas de gran calado para o progreso socioeconómico da contorna: dende a realización de campañas de vacinación ou a instalación dunha farmacia con medicamentos subvencionados ata investimentos en obras públicas como a instalación do teléfono e da luz eléctrica na vila (1906), o arranxo de estradas, a construción dun novo cemiterio...
Con este especial, o Arquivo da Emigración Galega quere difundir a grande obra de filantropía deste indiano, sempre presente na memoria colectiva dos seus paisanos. Na nosa web As Escolas da Emigración Galega pódese coñecer a súa figura e o seu legado educativo.
- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- Mulleres galegas na emigración
- As iniciativas educativas da emigración galega
- A cultura galega alén mar
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- O exilio galego
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Galicia onde todo retorna
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
Galicia é un país no que a emigración é inherente ao devir da súa realidade social, económica, política e cultural. Trátase dun fenómeno que está moi imbricado na identidade dos galegos. Nestes especiais preténdese relatar o proceso migratorio. Difundir o noso pasado e presente como emigrantes é unha das tarefas do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Para iso, empregando todo tipo de documentación e fotografías que se custodian no arquivo, queremos dar a coñecer e poñer en valor o papel determinante que tiveron os emigrantes no desenvolvemento da nosa sociedade e da nosa cultura.
Arquivo da Emigración Galega (CCG)


