Mulleres galegas na emigración
O papel que a muller galega desempeñou no fenómeno migratorio do noso país é algo incuestionable. A emigración provocou numerosas transformacións na familia tradicional: as chamadas por Rosalía de Castro "viúvas de vivos" permanecen no país como responsables da economía familiar, do fogar e dos fillos, ... pero tamén están as mulleres que emigran cara a outros países en busca dunha vida mellor e se atopan con numerosas dificultades na súa integración, non só como inmigrantes senón tamén por problemas engadidos á súa condición de xénero.No século XX a presenza feminina vaise incorporando gradualmente ao proceso migratorio. Emigran nas primeiras etapas reclamadas polos maridos, pais ou irmáns, e pouco a pouco a marcha vaise individualizando polas súas propias circunstancias persoais. Funcionan as "cadeas migratorias" e o reagrupamento familiar; non hai que esquecer que a muller se quería emigrar tiña que contar co consentimento paterno ou do cónxuxe.
Unha vez nos países de acollida, as galegas, debido ao seu escaso nivel cultural e profesional, empregáronse nos niveis máis baixos da escala laboral: no servizo doméstico, nos postos menos cualificados das fábricas, na hostalaría, no comercio e nos negocios familiares.
Pero coa emigración tamén tiveron a oportunidade de lograr a súa independencia, formarse, criar e educar os seus fillos nunhas sociedades máis modernas e abertas. E convertéronse en transmisoras da cultura galega e do amor a súa terra para as novas xeracións de galegas e galegos da diáspora.
- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- Mulleres galegas na emigración
- As iniciativas educativas da emigración galega
- A cultura galega alén mar
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- O exilio galego
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Galicia onde todo retorna
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
Galicia é un país no que a emigración é inherente ao devir da súa realidade social, económica, política e cultural. Trátase dun fenómeno que está moi imbricado na identidade dos galegos. Nestes especiais preténdese relatar o proceso migratorio. Difundir o noso pasado e presente como emigrantes é unha das tarefas do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Para iso, empregando todo tipo de documentación e fotografías que se custodian no arquivo, queremos dar a coñecer e poñer en valor o papel determinante que tiveron os emigrantes no desenvolvemento da nosa sociedade e da nosa cultura.
Arquivo da Emigración Galega (CCG)


