O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
O navío de pasaxeiros Santa Maria foi o transatlántico portugués máis soado a nivel internacional do século XX. Pertenceu á frota de buques da Companhia Colonial de Navegação (CCN). Este paquebote de luxo foi construído en Bélxica en 1953 e transportou pasaxeiros durante vinte anos, a maioría deles eran emigrantes galegos, españois e portugueses. Realizaba a ruta regular entre Europa e América do Sur, con escala tamén na costa de Florida (EUA). As súas características técnicas e servizos especiais —semellantes ás do seu homólogo, o buque Vera Cruz— non foron as que fixeron que tivese tanto alcance mediático. Malia o prestixio que tiña, sendo o único navío de pasaxeiros portugués que mantiña unha liña de conexión regular entre Portugal e os Estados Unidos, o seu verdadeiro protagonismo obedece a unha acción armada desenvolvida a bordo no mar Caribe na mañanciña do 22 de xaneiro de 1961, bautizada como Operación Dulcinea. Esa acción armada, que derivou no secuestro do Santa Maria, foi cometida por un grupo de activistas políticos galegos e portugueses, fundadores da agrupación denominada DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación / Direção Revolucionària Ibérica de Libertação). Este movemento pretendía crear unha corrente de opinión pública internacional contraria aos réximes ditatoriais vixentes nos dous Estados ibéricos, o salazarista e o franquista. Tentaba desencadear un fenómeno de converxencia política e apoio capaz de derrubar ambas as dúas ditaduras. Ao mesmo tempo, procuraba a liberación dos territorios colonizados por España e Portugal no continente africano. Na captura do buque participaron 24 membros do DRIL. A operación estivo principalmente encabezada polo excapitán portugués Henrique Galvão e dous galegos: Xosé Velo Mosquera, que foi quen concibiu gran parte desta, e o excomandante da Mariña de guerra da República española Xosé Fernández Vázquez, máis coñecido como comandante Soutomaior.- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- Mulleres galegas na emigración
- As iniciativas educativas da emigración galega
- A cultura galega alén mar
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- O exilio galego
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Galicia onde todo retorna
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
Galicia é un país no que a emigración é inherente ao devir da súa realidade social, económica, política e cultural. Trátase dun fenómeno que está moi imbricado na identidade dos galegos. Nestes especiais preténdese relatar o proceso migratorio. Difundir o noso pasado e presente como emigrantes é unha das tarefas do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Para iso, empregando todo tipo de documentación e fotografías que se custodian no arquivo, queremos dar a coñecer e poñer en valor o papel determinante que tiveron os emigrantes no desenvolvemento da nosa sociedade e da nosa cultura.
Arquivo da Emigración Galega (CCG)


