As iniciativas educativas da emigración galega
O forte sentimento de compromiso e solidariedade dos e das emigrantes galegas coa súa terra de orixe provocou un envío constante de remesas que tiveron grande importancia para a modernización de Galicia. Un dos destinos principais destas remesas foi o eido educativo. O ensino converteuse, así, nun vehículo rexenerador e nun resorte de transformación social.A intervención escolar dos ausentes realizouse en dúas modalidades: os filántropos indianos, que fixeron achegas económicas en forma de doazóns ou herdanzas testamentarias, que abranguían dende pequenas cantidades para contribuíren ao fornecemento de escolas ata importantes legados para a construción e o mantemento de centros educativos. E as asociacións microterritoriais (de ámbito municipal, parroquial ou aldeá) que se foron creando en América con finalidade instrutiva e que custearon a implantación, dotación e financiamento das chamadas "escolas de americanos". A maioría destas sociedades fundaron escolas laicas, gratuítas, con programas de estudos modernos, inspirados nos países de acollida. As modalidades de intervención escolar foron variadas: dende a construción de edificios de nova feitura (nos que se primou a funcionalidade pedagóxica e a hixiene) ou o arrendamento de locais, ata o envío de doazóns para a mellora das infraestruturas ou de materiais escolares. Estas accións funcionaron como resorte para a expansión da rede educativa na Galicia rural e como axente modernizador das aldeas e parroquias.
As imaxes que se amosan son un pequeno exemplo das numerosas escolas creadas pola nosa emigración, moitas das cales continúan a ser "templos do saber", ben como centros de ensino, ben como bibliotecas, centros socioculturais ou casas de cultura. Para saber máis pódese consultar As escolas da emigración e o catálogo da exposición Luces de alén mar do Consello da Cultura Galega.
- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- Mulleres galegas na emigración
- As iniciativas educativas da emigración galega
- A cultura galega alén mar
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- O exilio galego
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Galicia onde todo retorna
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
Galicia é un país no que a emigración é inherente ao devir da súa realidade social, económica, política e cultural. Trátase dun fenómeno que está moi imbricado na identidade dos galegos. Nestes especiais preténdese relatar o proceso migratorio. Difundir o noso pasado e presente como emigrantes é unha das tarefas do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Para iso, empregando todo tipo de documentación e fotografías que se custodian no arquivo, queremos dar a coñecer e poñer en valor o papel determinante que tiveron os emigrantes no desenvolvemento da nosa sociedade e da nosa cultura.
Arquivo da Emigración Galega (CCG)


