A pegada indiana na Mariña lucense
Dende o Arquivo da Emigración Galega (AEG) levamos dous anos e medio compartindo pequenas pílulas de coñecemento sobre a historia do fenómeno da emigración e o exilio en Galicia a través da publicación de Historias de ida e volta. Este especial é o número 30 e corresponde ao mes de xuño. Aínda que se titula A pegada indiana na Mariña lucense , non só queremos destacar o labor filantrópico e desinteresado que moitos indianos mariñaos realizaron co fin de achegar un maior benestar nas súas parroquias ou concellos de orixe, senón tamén facer unha chiscadela ao labor colectivo desempeñado por aqueles veciños que uniron esforzos mediante a creación de sociedades étnicas microterritoriais no país de emigración a principios do século XX. Estes emigrantes, entre outras obras realizadas, recadaron o capital preciso para a construción e mantemento de escolas en que os máis cativos e cativas recibirían a formación educativa elemental. As entidades societarias funcionaron como motores de progreso cultural en toda Galicia.De moitos é sabido que a fermosura natural da comarca da Mariña lucense se ve reforzada polas edificacións de estilo indiano repartidas polos seus dezaseis concellos, que ocupan unha superficie de 1660 km2: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Xove e Viveiro. Pódense contemplar suntuosos palacetes de arquitectura indiana e pintorescas escolas que engalanan a paisaxe mariñá. Os destinos dos seus benfeitores foron principalmente Cuba e A Arxentina, países cheos de oportunidades para os emigrantes máis persistentes no seu empeño de buscar un mellor futuro. Nesta ocasión destacamos a figura dos seguintes indianos: Pedro Murias Rodríguez, Manuel Candia, Jesús Rodríguez Murias, os irmáns Moreno Ulloa, Carlos Couto Pulido, José María Fernández Montenegro, Ramón González Fernández e Francisco Maseda Villamil.
Ademais mencionamos algunhas obras promovidas por varias sociedades microterritoriais como Centro Hijos del Partido de Vivero en Buenos Aires, Círculo Habanero de La Devesa ou Centro de Benquerencia, Sociedad de Instrucción y Recreo.
- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- Mulleres galegas na emigración
- As iniciativas educativas da emigración galega
- A cultura galega alén mar
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- O exilio galego
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Galicia onde todo retorna
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
Galicia é un país no que a emigración é inherente ao devir da súa realidade social, económica, política e cultural. Trátase dun fenómeno que está moi imbricado na identidade dos galegos. Nestes especiais preténdese relatar o proceso migratorio. Difundir o noso pasado e presente como emigrantes é unha das tarefas do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Para iso, empregando todo tipo de documentación e fotografías que se custodian no arquivo, queremos dar a coñecer e poñer en valor o papel determinante que tiveron os emigrantes no desenvolvemento da nosa sociedade e da nosa cultura.
Arquivo da Emigración Galega (CCG)


