Memoria e voces femininas da diáspora galega
O pasado día 8 de marzo celebrouse, un ano máis, o Día Internacional da Muller. Aínda hoxe, en pleno século XXI, é preciso continuar coa loita polos dereitos da muller. No mundo actual, tan convulso, continúan, desde os países máis desfavorecidos, os desprazamentos de homes e mulleres para sobrevivir ou en busca dunha vida mellor. Neste especial, o Arquivo da Emigración Galega (AEG) quere dar a coñecer a experiencia migratoria das galegas que no pasado século protagonizaron a diáspora cara a outros países.Elas emigraron, ben xunto cos seus pais, homes ou fillos, ou ben soas, na busca de novas oportunidades laborais, económicas e de liberdade. En América e nos países europeos industrializados traballaron, formáronse e integráronse nunhas sociedades que lles ofrecían máis posibilidades de acadar os seus soños. Nun proceso tan longo no tempo e tan espallado no espazo, a súa situación foi dispar, pero amosaron o seu pulo e loita para mellorar a súa situación, reunir uns aforros, formar unha familia, educar os seus fillos..., sen esquecer a súa terra natal e os que aquí quedaron. Sempre co pensamento posto nun retorno a Galicia que en moitas ocasións non lograron.
Hoxe toca darlles visibilidade a algunhas desas protagonistas que no seu tempo acadaron sona pola súa traxectoria vital e profesional, pero que non son suficientemente recoñecidas. Son galegas –nacidas en Galicia ou na emigración– que, por amor a terra, defenderon a nosa cultura e identidade fóra das nosas fronteiras e llelas transmitiron ás novas xeracións. Foron escritoras, xornalistas, artistas, educadoras, científicas... ou esposas e compañeiras de vida de intelectuais e políticos galegos que destacaron grazas ao seu apoio.
Con elas homenaxeamos a todas as mulleres galegas emigrantes ou exiliadas. Recuperar a súa memoria e difundila na nosa sociedade é unha das tarefas do AEG. A quen lle interese coñecer máis información sobre elas ou sobre outras moitas mulleres salientables pode consultar na web do CCG o Álbum de Galicia.
- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- Mulleres galegas na emigración
- As iniciativas educativas da emigración galega
- A cultura galega alén mar
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- O exilio galego
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Galicia onde todo retorna
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
Galicia é un país no que a emigración é inherente ao devir da súa realidade social, económica, política e cultural. Trátase dun fenómeno que está moi imbricado na identidade dos galegos. Nestes especiais preténdese relatar o proceso migratorio. Difundir o noso pasado e presente como emigrantes é unha das tarefas do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Para iso, empregando todo tipo de documentación e fotografías que se custodian no arquivo, queremos dar a coñecer e poñer en valor o papel determinante que tiveron os emigrantes no desenvolvemento da nosa sociedade e da nosa cultura.
Arquivo da Emigración Galega (CCG)


