O monllo de traballos recollidos neste volume foi presentado no marco do simposio “Variación e prescrición” organizado polo ILG en 2003. Son todos eles traballos orixinais encargados a recoñecidos especialistas con acreditada capacidade de reflexión verbo das cuestións que presenta a integración da variación lingüística na descrición gramatical e sobre a delicada problemática da delimitación de fronteiras entre as tarefas de descrición e prescrición.
Conta así mesmo coa colaboración de ilustres lingüistas en representación dos equipos responsables das ambiciosas gramáticas do español, o catalán e o portugués editadas recentemente, que acompañaron ao equipo que redacta na actualidade a gramática da Real Academia Galega.
O presente volume recolle todas estas achegas, que afondan nos límites do modelo normativo establecido, nesa fronteira en que falla a descrición de ‘como debe ser’ ou ‘como é preferible que sexa’, o que tamén implica en moitos casos ‘como non debe ser’ ou ‘como non é’.
Título Norma lingüística e variación
Unha perspectiva desde o idioma galego
Edición Rosario Álvarez
Henrique Monteagudo
Autoría Serafín Alonso Pintos
Rosario Álvarez
Francisco Cidrás Escáneo
Luz Cures Vázquez
Violeta Demonte
Concepción Diéguez Diéguez
Soraya Domínguez Portela
Inês Duarte
Francisco Dubert
Elisa Fernández Rei
Ernesto González Seoane
Belén López Gómez
Xesús Manuel Mosquera Carregal
Marta Negro Romero
Xosé Luís Regueira
Fátima Rodríguez Ruibal
Paulo Sánchez Vidal
Larisa Santos Suárez
Bieito Silva Valdivia
Joan Solà
Isabel Vaquero Quintela
Xosé Xove Ferreiro
Limiar Rosario Álvarez
Henrique Monteagudo
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua; Instituto da Lingua Galega, 2005
Edición 1ª edición
Descrición física 436 p. ; 22 cm.
Notas Textos en galego, español, catalán e portugués.
ISBN 84-95415-94-1
Depósito Legal C 474-2005
CCG. Signatura CCG 2005 280
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección Base. Serie Lingüística; Núm:3
Materias
Áreas
Código QR