Movido pola necesidade de unir culturalmente as dúas Galicias que andaban esgazadas mundo adiante, Valentín Paz-Andrade escribiu en 1955, na cidade de Bogotá, un poemario inédito ata este ano, Canto do pobo disperso (Consello da Cultura Galega, 2012), e, con análoga intención, este é tamén o estilo que prima no Pranto matricial, rematado de escribir en 1954 e concibido na honra de Castelao que representaba a mellor converxencia que houbese nunca da Galicia «ideal» e da «territorial» ou europea.

Na viaxe de Paz-Andrade a Bos Aires en 1957, decisiva por máis dunha razón, este fixo un recitado dos versos de Pranto Matricial, que foron oportunamente gravados e que, felizmente, podemos gozar agora de novo nesta edición de texto e palabra.
Título Pranto matricial na voz do seu autor
Autoría Valentín Paz-Andrade
Presentación Ramón Villares
Estudo introdutorio Afonso Vázquez-Monxardín
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Arquivo Sonoro de Galicia, 2012
Edición 1ª edición
Descrición física 1 disco (CD-DA) ; 12 cm. + 1 v. (103 p.).
Notas Acompañado de: Pranto matricial [Texto impreso] : na voz do seu autor / Valentín Paz-Andrade ; [presentación, Ramón Villares ; estudo introdutorio, Afonso Vázquez Monxardín]. Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, D.L. 2012. [103] p. ISBN 978-84-92923-37-3.Reprodución facsímile de: Pranto matricial. Buenos Aires : Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, 1955.A ed. facsimile inclúe a versión castelán de María de Villarino, e debuxos de [Manuel] Colmeiro, [Carlos] Maside, [Arturo] Souto e [Manuel] Torres
ISBN 978-84-92923-37-3
Depósito Legal C 918-2012
CCG. Signatura CCG 2012 423
Url externa Catálogo RBG
Colección As nosas voces; Núm:23
Materias
Áreas
Código QR
# Pista
1