Compartir en:
O estudio da variación dialectal foi sempre un terreo fértil nas investigacións de lingüística galega. Na última década as investigacións sobre as variantes xeográficas do galego víronse arrequentadas pola publicación dos tomos do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) correspondentes á morfoloxía verbal e nominal e á fonética. O léxico non puido terse en conta para a fixación de variedades porque non se dispoñía de materiais que fornecesen información ordenada e sistematizada sobre todo o territorio lingüístico. Coa intención de presentar diferentes propostas de traballo xurdidas do estudio do léxico desde unha perspectiva xeográfica e tamén co obxectivo de dar a coñece-las primeiras investigacións sobre dialectoloxía lexical elaboradas sobre o material do ALGa que nos próximos anos se verá publicado, presentamos este conxunto de contribucións nas que se aborda o estudio do léxico a partir de distintas perspectivas e con diferentes obxectivos.
Titulo Dialectoloxía e léxico
Edición Rosario Álvarez
Xulio Sousa
Francisco Dubert
Autoría Raquel Aira González
Mario Alinei
Aquilino S. Alonso Núñez
Rosario Álvarez
Ana Isabel Boullón
Xosé Henrique Costas González
Francisco Dubert
Francisco Fernández Rei
Manuel González González
María González González
Ernesto González Seoane
Mónica Martínez Baleirón
Gonzalo Navaza Blanco
Helena Pousa Ortega
Mario Romero Triñanes
Antón Santamarina
Larisa Santos Suárez
Joâo Saramago
Xulio Sousa
Begoña Varela Vázquez
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua; Instituto da Lingua Galega, 2002
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua; Instituto da Lingua Galega
Descrición física 429 p. : il. ; 23 cm.
Notas Recolle as contribucións presentadas como relatorios no Simposio de Dialectoloxía e Léxico celebrado en Santiago de Compostela, durante a primavera de 2001
ISBN. Ed. papel 84-95415-66-6
Depósito Legal. Ed. papel C 2520-2002
CCG. Signatura. Ed. papel CCG 2002 222
CCG. Código de barras Absysnet 1.6. Ed. papel 10125453
ISBN. Ed. pdf 84-95415-66-6
Depósito Legal. Ed. pdf C-2520-2002
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/dialectoloxia
Colección Base
Materias
Código QR