[Data de publicación: xuño 2020]

Lois Tobío Fernández é unha figura fundamental no galeguismo do século XX. Especialmente preocupado polo noso rexurdir colectivo e polas claves para nos enxergar no mundo sen por iso esvaecer a nosa forma de ser, encarna como poucos a «Galicia, célula de universalidade», que axudou a conformar dende diferentes ámbitos, dende a política á cultura, na teoría e na praxe. Este volume recolle diversos estudos que afondan na súa traxectoria en tres ámbitos esenciais para coñecer o seu armazón intelectual. Trátase da súa militancia no galeguismo, tanto na preguerra como na posguerra, e as súas vocacións de tradutor e xornalista que sempre o acompañaron. As e os relatores, profundos coñecedores de Tobío e da súa obra, achegan valiosas análises que representan unha contribución singular para trazar as características esenciais da súa biografía.
Titulo Lois Tobío
Galeguista, tradutor e xornalista
Coordinación Xulio Ríos
Autoría Montserrat Bascoy Lamelas
Xan Carballa
Emilio Xosé Insua López
Manuel Lombao
Carlos Méixome
Marga Romero
Obxecto de estudo Lois Tobío Fernández
Presentación Xulio Ríos
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Descrición física 221 p. : il., cor. (Edición dixital)
Notas Contén: TOBÍO E O GALEGUISMO: «Lois Tobío no galeguismo de preguerra» / Emilio Xosé Ínsua (p. 15); «Axudando a restaurar a casa común. Lois Tobío no galeguismo da posguerra» / Carlos Méixome (p. 77).-- TOBÍO E A TRADUCIÓN : «Tobío na rede da tradución» / Marga Romero (p. 131) ; «Unha obra espléndida: Nai Coraxe, a versión galega da obra de Bertolt Brecht por Lois Tobío» / Montserrat Bascoy Lamelas (p. 175).-- TOBÍO E O XORNALISMO: «Tobío, o xornalista en acción» / Xan Carballa (p. 201); «Lois Tobío, xornalista» / Manuel Lombao (p. 209).
DOI 10.17075/ltgtx.2020
Colección Actas
Materias
Código QR