Nos últimos tempos estase a constatar que os incendios forestais afectan cada vez con máis virulencia a edificacións e persoas. Esa interface urbano-forestal, que até hai pouco só illadamente era pasto das lapas, agora vese decote ameazada polos lumes, de tal xeito que a súa protección se converte no obxectivo prioritario das operacións de extinción. Así mesmo, semella que a extensión e a intensidade dos incendios se van incrementando como consecuencia de situacións meteorolóxicas especialmente adversas, que se suman ao amoreamento execesivo de combustibles. Para moitos, o cambio climático pode estar detrás destas novas condicións.
Todo o anterior leva a diversos analistas a indicar que estamos diante dun cambio cualitativo na incidencia e características dos incendios forestais que non fará máis que incrementarse nos próximos anos. Fálase dunha nova xeración de lumes.
Para tratar destes temas, nuns territorios tan castigados polos incendios como son Galicia e Porturgal, o Consello da Cultura Galega organizou un coloquiono mes de xaneiro de 2018 no que se presentaron os relatorios que se recollen nesta publicación.

[Data de comunicación: xuño 2021]

Titulo Unha nova xeración de lumes?
Actas do Coloquio Galaico-Portugués sobre Incendios Forestais
Coordinación Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Autoría Stéfano Arellano-Pérez
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Cristina Fernández
Teresa Fontúrbel
Edelmiro López Iglesias
Luciano Lourenço
Juan Picos
Ana Daría Ruiz
António Salgueiro
José Antonio Vega
Presentación Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021
Edición 1ª edición
Descrición física 240 p. : il., gráf., cor; 24 cm.
ISBN 978-84-17802-29-5
Depósito Legal C 564-2021
DOI 10.17075/unxl.2021
Colección Actas
Materias
Código QR