Este documento resulta dun traballo iniciado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG) en outubro de 2018 e que tiña como obxectivo trazar as liñas xerais que guiarían o desenvolvemento dun foro baixo o título «Patrimonio e Sociedade». A intención era organizar este evento ao longo do ano 2020 e encamiñalo cara á reflexión e o establecemento dunhas directrices básicas arredor da xestión integral do patrimonio cultural na nosa comunidade autónoma.
Finalmente, por causa do estado de alarma que vivimos no ano 2020, o foro adiouse 6 meses, prolongándose ata xuño de 2021 e rematando coa presentación deste documento. Nel plásmanse os motivos que levaron á súa realización, a estrutura, as temáticas, a calendarización e a súa metodoloxía. Inclúe tamén unha guía práctica resultante do traballo das mesas e outros materiais que se xeraron a partir das actividades desenvolvidas no transcurso do foro; en concreto, unha mesa política cos partidos que teñen representación no Parlamento de Galicia e unhas xornadas de presentación das conclusións.

[Data da nota de prensa: xullo 2021]
| Título | Foro Patrimonio e Sociedade Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro 2019-2021 |
| Edición |
Rebeca Blanco Rotea Teresa Nieto Freire Cristina Sánchez-Carretero |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2021 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 241 p.: gráf., cor ; 30 cm |
| ISBN | 978-84-17802-37-0 |
| Depósito Legal | C 1932-2021 |
| DOI | 10.17075/fpsgp.2021 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Evento |
Presentación. Guía práctica Foro Patrimonio e Sociedade. Análise dun sector clave na gobernanza do futuro 2019-2021. //. Consello da Cultura Galega. A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra |
| Materias | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
O Consello da Cultura Galega propón a elaboración dun Plan Autonómico Patrimonial [Data da nota: 23/7/2021].
O Consello da Cultura Galega celebra o Día do Patrimonio cunha xornada e unha guía práctica [Data da nota: 12/11/2021].