Esta publicación segue unha liña de actuación articulada dende o Consello da Cultura Galega, e máis concretamente dende a de Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais, co obxectivo de visibilizar a creadores do pasado. Incide na data de publicación que este ano 2022 se conmemora o centenario do nacemento de Carlos López García-Picos (Betanzos, 1922 – Oleiros, 2019). O feito migratorio, que no caso de García-Picos nos leva a Bos Aires e París, tamén conecta as estratexias desta institución cunha realidade particular e xeral dentro dunha sociedade como a galega e cun fenómeno presente ao longo de varias xeracións.
A coidada edición, realizada por Joám Trillo, recolle a obra para violín e violonchelo do compositor betanceiro pero vai máis alá da relevancia do feito de achegar os seus textos musicais aos intérpretes e investigadores da música. Os apuntamentos do propio autor que acompañan as súas partituras manuscritas tamén figuran transcritos neste volume, entendidos como unha destacada fonte de información da realidade do galeguismo bonaerense de mediados do século xx e como testemuño directo deste polifacético músico que, como director de corais, compositor e dinamizador cultural, mostrou sempre un absoluto compromiso coa causa galega a ambos os lados do Atlántico.

[Data de comunicación: febreiro 2022]
Título | Obras para violín e vilonchelo |
Autoría |
Carlos López García-Picos |
Coordinación |
Cristina Pujales |
Estudo introdutorio |
Javier Ares Espiño María del Carmen Lorenzo Vizcaíno |
Limiar |
Rosario Álvarez |
Música. Edición |
Joám Trillo |
Obxecto de estudo |
Carlos López García-Picos |
Revisión lingüística |
Begoña Tajes |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 109 p.: part., fot.; 30 cm |
Notas | Imaxe da cuberta: Arquivo persoal de Teresa López Ares |
ISMN | 979-0-9018937-1-9 |
Depósito Legal | C 224-2022 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Autores & textos |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
NOTICIAS RELACIONADAS
O Consello da Cultura Galega edita partituras inéditas de Carlos López García-Picos e incorpora a súa entrada ao Álbum de Galicia [Data da comunicación: 23/2/2022].