A recuperación dos textos en galego de inicios do século XIX non é unha tarefa nova. Diversos traballos dados ao prelo en distintas épocas (moitos dos cales editan ou reeditan escritos daquel período) achegáronse á cuestión da escrita en galego do século XIX previa ao Rexurdimento. A principal contribución do presente estudo é a edición nun volume conxunto de todos os textos achados ata o momento e tamén a vontade de analizar aquel fenómeno desde o punto de vista histórico, xornalístico, lingüístico e literario. O estudo dos textos permitirá aos investigadores tirar conclusións non só sobre a traxectoria dos seus autores senón tamén sobre a súa época, a sociedade galega coetánea, os debates ideolóxicos que se acenderon, a diversidade interna da lingua galega (non só dialectal, senón tamén social e estilística) ou as modalidades da comunicación pública na aurora da Galicia contemporánea.
Título Papés d’emprenta condenada (v. I)
A escrita galega entre 1797 e 1846
Edición Ramón Mariño Paz
Coordinación Rosa Aneiros
Limiar Xosé López García
Henrique Monteagudo
Notas Xosé Ramón Barreiro Fernández
Textos Rosa Aneiros
Xosé Ramón Barreiro Fernández
Ramón Mariño Paz
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 354 p. : il. ; 23 cm
Notas Obra completa en 3 v. : Volume II. Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea / Ramón Mariño Paz, editor. -- (Ensaio & investigación)
Volume III. Novos textos, reflexións finais / Ramón Mariño Paz e Damián Suárez Vázquez, editores. -- (Ensaio & investigación)
ISBN 978-84-96530-70-6
Depósito Legal C 2956-2008
CCG. Signatura CCG 2008 350
Url externa Catálogo RBG
Colección Base
Materias
Áreas
Código QR