Este informe é o resultado dunha investigación de campo realizada durante os anos 2005-2007 a partir dun convenio de colaboración entre o CCG e o Instituto de Ciencias da Educación da USC. O enfoque social foi o dominante no traballo que o Consello realizou orientado ao eido educativo, que se ocupou especialmente das dimensións de planificación, dinamización e normalización.
A preocupación que nos moveu a emprender o traballo que presentamos, e que coidamos que é amplamente compartillada, ten orixe na constatación de que os resultados obtidos a partir da introdución do estudo da lingua galega, e mesmo do galego como lingua vehicular, no currículo educativo son notablemente inferiores aos esperados e razoablemente esperables, cando menos no que atinxe ao incremento do uso do galego por parte dos e das estudantes. Obviamente, estes cativos resultados deben ser explicados pola confluencia de diversos condicionantes que se abordan neste informe.
O traballo que presentamos atende á orientación pedagóxico-didáctica, unha perspectiva insuficientemente atendida nos estudos relacionados coa lingua galega e que parece urxente abordar con achegas científicas e con debates profesionais.
Título Situación do ensino da lingua e da literatura galega na E.S.O.
Dirección Bieito Silva Valdivia
Autoría Pilar Buela Piedra
Xaquín Loredo Gutiérrez
M. Carmen Morán
Limiar José Cajide Val
Henrique Monteagudo
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2008
Edición 1ª edición
Descrición física 332 p. : gráf. ; 28 cm.
ISBN 978-84-96530-62-1
Depósito Legal C 2406-2008
CCG. Signatura CCG 2008 354
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección documentos & informes; Núm:7
Materias
Áreas
Código QR