O Consello da da Cultura Galega, coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, levou a cabo a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas, proxecto que se prensentou en forma de exposición da que este é o seu catálogo.
Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes. Esta expoisicón e o presente catálogo permítennos pois coñecer un dos fenómenos máis significativos que trouxo a emigración a Galicia: como foron os emigrantes que introduciron por primeira vez a instrución na Galicia rural de finais do S. XIX e principios do S. XX e, ao mesmo tempo, coñecer a situación da ensino nesta época.

![Portada de [Libro creado]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/.jpg)