Actas do Congreso Internacional ‘A Lingua Galega: Historia e Actualidade’, organizado polo Instituto da Lingua Galega do 16 ao 20 de setembro de 1996 para conmemorar o 25 aniversario da súa creación. Sen dúbida, tratouse da máis ampla e representativa asemblea científica axuntada arredor do noso idioma ata a data. Un acontecemento de gran transcendencia, que no porvir será considerado como un sinal certo da madureza e do alto nivel atinxido polos estudos de Lingüística e Filoloxía galegas, en abrollo hai trinta anos e esplendidamente florecidos en diversas pólas durante as últimas décadas.