O proxecto O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000) é unha análise cualitativa e global das políticas lingüísticas autonómicas e o seu impacto no prestixio, coñecemento e uso da lingua, polo que constitúe un instrumento de información, avaliación e de reflexión sobre a evolución da situación social
do galego nos últimos anos e sobre as posibilidades de mellorar o status
da lingua no futuro inmediato.
A presente achega está dedicada á análise da elaboración e da difusión da lingua neste período. Partimos dun dobre obxectivo, dunha banda, trátase de analizar como se afrontaron os necesarios procesos de adaptación do corpus da lingua, esixidos polas novas funcións que esta tivo que asumir: estandardización, fixación
fonética, morfosintáctica, léxica, creación terminolóxica e diversificación estilística. Doutra banda, estudamos as condicións e ferramentas de adquisición do galego
con especial atención ao ensino non regrado. Completa este volume un apartado sobre o cultivo e difusión do galego estremeiro neste mesmo período.
Título proceso de normalización do idioma galego (1980-2000), O
v. 3: Elaboración e difusión da lingua
Coordinación Henrique Monteagudo
Xan Bouzada
Autoría Rosario Álvarez
Francisco Fernández Rei
Iolanda Galanes
Ernesto González Seoane
Henrique Monteagudo
Xabier Mouriño Cagide
Rosario Pérez Magdalena
Bieito Silva Valdivia
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Lingua, 2003
Edición 1ª edición
Descrición física 492 p. ; 24 cm.
Notas Volume 1
Volume 2
ISBN 84-95415-86-0
Depósito Legal C 2922-2002
Url externa pdf en liña
Url externa Catálogo RBG
Colección Base
Materias
Áreas
Código QR