Fuxan os Ventos nace en 1972, ano en que se fai co primeiro premio do Festival das San Lucas de Mondoñedo coa canción que lles dá nome. Ese foi o punto de partida dun proxecto que percorreu todos os recunchos de Galicia coa súa música e a súa mensaxe. Logo de nove traballos discográficos publicados desde 1976 e de converter parte dos seus temas en verdadeiros himnos, preséntase por primeira vez un achegamento ao medio século de vida da agrupación a través do seu arquivo persoal, para comprender a evolución e o crecemento dun grupo de mozas e mozos que, sen vivir nunca da música profesionalmente, se converteu nunha das bandas máis emblemáticas de Galicia.
[Data da nota de prensa: xaneiro 2023]
| Título | Fuxan os ventos. 50 anos de historia. 1972-2022 |
| Presentación |
Rosario Álvarez Blanco |
| Textos |
Xoán Manoel Estévez Freixeiro Sabela Fraga Costa Uxía Senlle |
| Coordinación |
Noa Díaz |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 215 p; 25 cm. |
| Notas | Fotografías da exposición e da inauguración: Tamara de la Fuente; agás 91, 126, 170, 171,172, 202: Noa Díaz Edición non venal |
| Depósito Legal | C 2089-2022 |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
O Consello da Cultura Galega e Fuxan os ventos recollen nun libro a historia da formación [Data da nota: 19/1/2023].












