Este volume reúne dezaseis artigos orixinais sobre diferentes aspectos da lingua e da comunicación oral, encargados expresamente a especialistas neste campo. Análise do discurso oral, a función estética da lingua oral, variación da lingua falada, a lingua oral nos medios de comunicación, a adquisición da lingua e aprendizaxe da expresión oral, o uso da voz na comunicación e uso de recursos non verbais, tecnoloxías da fala e a elaboración e etiquetaxe de córpora orais son algúns dos aspectos que se tratan.
Estas contribucións mostran o estado da cuestión e as direccións cara ás que se está a encamiñar a investigación, polo que, ademais de representaren unha posta ao día, apuntan tamén os camiños de futuro para os novos investigadores que se achegan ao galego.
Titulo Perspectivas sobre a oralidade
Edición Elisa Fernández Rei
Xosé Luís Regueira
Autoría Domingo Blanco
Quico Cadaval
Antonio Cardenal López
Antón Dobao
Elisa Fernández Rei
Francisco Fernández Rei
Carmen García Mateo
Manuel González González
Alexander Iribar Ibabe
Marisa Lois
Miguel Pérez Pereira
Xosé Luís Regueira
Albert Rico Busquets
Aitor Rivas
Eduardo Rodríguez Banga
Antón Santamarina
Amparo Tuson Valls
Presentación Elisa Fernández Rei
Xosé Luís Regueira
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Instituto da Lingua Galega, 2008
Edición 1ª edición
Entidade Consello da Cultura Galega; Instituto da Lingua Galega
Descrición física 350 p. : gráf. ; 24 cm.
ISBN. Ed. papel 978-84-96530-86-7
Depósito Legal. Ed. papel VG 1649-2008
CCG. Signatura. Ed. papel DS(GA): CD FER per ; DS(GA): CD FER per (b)
url. Ed. pdf en liña https://issuu.com/conselloculturagalega/docs/simposio_oralidade
Colección Base. Serie Lingüística; Núm:7
Materias
Código QR