Este volume parte das conferencias lidas no Simposio Antroponimia e lexicografía organizado polo Instituto da Lingua Galega (USC) en 2016, coordinado por Ana Boullón coa cooperación de Sandra Beis Silva. Constitúe a continuación dunha serie de encontros comezados no ano 2000, coa colaboración desde o inicio do Consello da Cultura Galega.
Reúnense aquí contribucións sobre a elaboración de dicionarios antroponímicos, tanto desde unha perspectiva románica como en distintos ámbitos xeográficos (Italia, Reino Unido e Irlanda, Estados Unidos, Galicia), así como a conexión entre a antroponimia e o léxico común (a deonomástica) e sobre aspectos específicos do estudo da antroponimia galega (problemas etimolóxicos, sobre a transmisión dos apelidos e o estudo histórico dunha área concreta). Tamén se realiza por primeira vez unha aproximación ao valor simbólico dos apelidos en Galicia.
Quérese, en definitiva, con este volume, contribuír ao tratamento lexicográfico dos apelidos e afondar no coñecemento deles no noso territorio.

[Data de comunicación: xaneiro 2019]
Título | Antroponimia e lexicografía |
Edición |
Ana Isabel Boullón |
Autoría |
Ana Isabel Boullón Valentina Formoso Gosende Consuelo García Gallarín Patrick Hanks Ana Iglesias Dieter Kremer Xosé Mª Lema Suárez Luz Méndez Gonzalo Navaza Blanco Alda Rossebastiano |
Limiar |
Ana Isabel Boullón |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2018 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 334 p. : map. ; 24 cm. |
ISBN | 978-84-92923-96-0 |
Depósito Legal | C 1942-2018 |
DOI | 10.17075/al.2018 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Ensaio & Investigación. Serie Lingüística |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
-
-
Limiar
Ana Isabel Boullón
-
Os dicionários antroponímicos na Europa românica. Uma aproximação na perspectiva do projecto PatRom
Dieter Kremer
10.17075/al.2018.001 -
Dizionari antroponimici italiani : problemi e soluzioni
Alda Rossebastiano
10.17075/al.2018.002 -
New Directions in the Study of Family Names
Patrick Hanks
10.17075/al.2018.003 -
Relaciones entre la antroponimia y la deonomástica : los casos de María y Maruja
Consuelo García Gallarín
10.17075/al.2018.004 -
A estrutura do Dicionario dos apelidos galegos
Ana Isabel Boullón
10.17075/al.2018.005 -
Andrade, Cosmede, Tomade e outros apelidos de orixe toponímica
Gonzalo Navaza Blanco
10.17075/al.2018.006 -
Gheada, seseo e estandarización de apelidos
Luz Méndez
10.17075/al.2018.007 -
Os primeiros apelidos dunha parroquia galega : Berdoias (séc. XII)
Xosé Mª Lema Suárez
10.17075/al.2018.008 -
Aproximación ao valor simbólico de nomes e apelidos galegos
Valentina Formoso Gosende
Ana Iglesias
10.17075/al.2018.009
-
Limiar
NOTICIAS RELACIONADAS
O Consello da Cultura Galega e o ILG recollen en Antroponimia e lexicografía a riqueza dos apelidos galegos [Data da comunicación: 15/1/2019].