Con esta obra o Consello da Cultura Galega presenta ao público a Colección Clásicos da Emigración, unha escolma de libros que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas e que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías. A publicación facsimilar acompáñase de cadansúa introdución e estudo crítico.
O libro de Ramón Castro López La emigración en Galicia, publicado por primeira vez na cidade da Coruña no ano 1923 nas prensas do xornal herculino El Noroeste, é un texto que desde a primeira páxina se declara a contracorrente da visión hexemónica, aquela que o autor «leía en muchas publicaciones», pero que consideraba que coñecía mal o problema migratorio.

[Data da nota de prensa: xullo 2019]
| Título | emigración en Galicia, La |
| Autoría |
Ramón Castro López |
| Estudo introdutorio |
Ramón Villares |
| Presentación |
Rosario Álvarez Blanco Antonio Rodríguez Miranda |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2019 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 28, 148 p; 21 cm |
| Notas | Contén: 1.- A emigración galega contada por un cura de aldea / [estudo introductorio de] Ramón Villares. 2.- La emigración en Galicia/ Ramón Castro López |
| ISBN | 978-84-17802-06-6 |
| Depósito Legal | C 1172-2019 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Clásicos da Emigración |
| Evento |
Presentación. Presentación "La emigración en Galicia". //. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
O Consello da Cultura Galega e a Secretaría Xeral de Emigración abren unha colección que edita clásicos da emigración [Data da nota: 17/7/2019].