No desterro, o primeiro poemario de Ramón Cabanillas, ve a luz na Habana en 1913 cun limiar de Basilio Álvarez que o consagra como poeta social por excelencia, aínda que en termos estritos os poemas desa índole fosen minoritarios no conxunto do volume. Nesa cidade e nesa data entrecrúzanse as súas traxectorias biográficas e, simbolicamente, tamén conflúen tres dos fenómenos definidores da experiencia colectiva dos galegos do século XX: o galeguismo, a emigración e o agrarismo. A través da biografía e da obra do poeta de Cambados é posible aproximarse a estes tres fíos da historia recente de Galicia, así como o seu reflexo na literatura.
Tamén se tenta profundar na relación, prolongada ao longo de máis de tres décadas, entre Cabanillas e quen, con xustiza ou sen ela, remataría por personificar na memoria popular un movemento tan complexo e multiforme como foi o agrarismo galego: o abade de Beiro, Basilio Álvarez.
Tamén se tenta profundar na relación, prolongada ao longo de máis de tres décadas, entre Cabanillas e quen, con xustiza ou sen ela, remataría por personificar na memoria popular un movemento tan complexo e multiforme como foi o agrarismo galego: o abade de Beiro, Basilio Álvarez.
[Data da nota de prensa: outubro 2022]
| Título | No desterro |
| Autoría |
Ramón Cabanillas |
| Estudo introdutorio |
Miguel Cabo Villaverde |
| Obxecto de estudo |
Basilio Álvarez Ramón Cabanillas |
| Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2022 |
| Edición | 1ª edición |
| Descrición física | 42, 188 p.; 21 cm |
| Notas | Contén: 1.- Presentación/ por Rosario Álvarez; 2.- Presentación /por Antonio Rodríguez Miranda; 3.- Estudo introdutorio: Agrarismo, literatura e emigración a través da figura de Ramón Cabanillas/ Miguel Cabo Villaverde; 4.- Facsímile: No desterro / Ramón Cabanillas,[introdución de Basilio Álvarez] |
| ISBN | 978‑84‑17802‑44‑8 |
| Depósito Legal | C 1097‑2022 |
| CCG. Signatura | CCG 2022 5 |
| Url externa | Catálogo RBG |
| Colección | Clásicos da emigración |
| Evento |
Presentación. Presentación da edición facsimilar No desterro, de Ramón Cabanillas . //. Casa da Calzada. Cambados |
| Materias | |
| Áreas | |
| Código QR |
|
Gabinete de comunicación
O Consello da Cultura Galena recunca en Líber, feira internacional do libro, coas últimas publicacións [Data da nota: 5/10/2022].












