Este volume reúne as contribucións dos especialistas que participaron no Simposio Léxico e Estandarización en Galicia celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela.
Das diversas tarefas que implica a planificación do corpus dunha lingua minorizada, a codificación e estandarización do léxico é seguramente unha das máis complexas e problemáticas, e o galego é un exemplo abondo ilustrativo a este respecto. Tras varios anos de innegables avances neste eido, probablemente era chegado o momento de abrir un proceso de reflexión que permitise realizar un balance dos logros atinxidos e das tarefas pendentes.
Foi este o obxectivo que moveu á celebración do Simposio Léxico e estandarización en Galicia, celebrado en novembro de 2002 na Universidade de Santiago de Compostela e no que numerosos especialistas foron convidados para expoñer as súas ideas sobre diversos aspectos relacionados coa estandarización do léxico. Este volume reúne as contribucións presentadas no Simposio, coas revisións e ampliacións que os autores consideraron necesarias para a edición dos textos.

-
-
Limiar
-
A neoloxía, inevitable e necesaria para as linguas
María Teresa Cabré
-
¿En que consiste o ausbau dunha lingua?
Johannes Kabatek
-
O Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLG). Criterios de elaboración
Antón Santamarina
-
Pureza e contaminación na estandarización da lingua
Benigno Fernández Salgado
-
Léxico dialectal e estandarización
Xulio Sousa
-
Fraseoloxía e estándar
María Álvarez de la Granja
-
A estandarización do léxico en Galicia: perspectiva histórica
Ernesto González Seoane
-
Sobre a norma léxica do galego culto: da prosa ficcional de Nós ao ensaio de galaxia
Henrique Monteagudo
-
O léxico agrícola como fonte de ampliación semántica
Anxos Sobriño Pérez
María do Carme González Bueno
-
Moita costa, ‘pouco’ mar: o léxico mariñeiro e a construcción do estándar galego
Francisco Fernández Rei
-
O recurso ó léxico medieval no galego moderno
Moisés Barreiro Comedeiro
Fátima Rodríguez Ruibal
-
O papel dos diccionarios na conformación e difusión da variedade estándar da lingua
María Dolores Sánchez Palomino
-
Os préstamos na producción lexicográfica, terminográfica e enciclopédica galega actual
Xusto A. Rodríguez Río
-
O tratamento do léxico científico e tecnolóxico nos diccionarios galegos
Luís Daviña Facal
-
Neoloxía, neoloxismos e diccionarios
Xosé María Gómez Clemente
Eloi Gestido de la Torre
-
Mesa redonda “Proxectos lexicográficos en curso”
Manuel González González
Xosé María Carballeira Anllo
Xosé Antonio Pena Romay
-
Palabras de clausura do simposio “Léxico e estandarización en Galicia"
Ernesto González Seoane
-
Índice de voces citadas
-
Limiar