No mundo existen na actualidade máis de 6000 linguas que son faladas por comunidades que viven en 195 países recoñecidos internacionalmente. En consecuencia, contra unha visión que propugna o monolingüismo como normalidade lingüística, resulta obrigado concluír que o contacto de linguas e variedades non é unha anormalidade, senón que é un feito inevitable e unha constante na historia das comunidades humanas. Neste sentido, a situación do galego e a das outras linguas peninsulares non resulta singular nin extraordinaria. Sen irmos máis lonxe, no ámbito ibérico dáse contacto entre as variedades orixinarias (galego, castelán, asturiano, portugués, vasco, aranés, catalán, aragonés etc.) e entre estas e outras faladas por inmigrantes, os seus descendentes e residentes estranxeiros (romanés, árabe, alemán, wu, quechua etc.).
Neste volume reúnense sete traballos que abordan a análise de diferentes situacións de contacto de variedades lingüísticas peninsulares desde distintas perspectivas. Nun grupo de traballos estúdanse as consecuencias do contacto entre variedades identificadas como linguas e con distintas relacións de semellanza (galego, castelán, vasco, catalán, mirandés, portugués, asturiano), noutro preséntase a análise da confluencia de variedades relacionadas cunha mesma lingua (galego urbano, galego tradicional, castelán estándar, sociolectos andaluces etc.). As análises son realizadas desde diferentes modelos teóricos e reparando en distintos aspectos do sistema lingüístico. O conxunto de contribucións axuda a entender mellor a complexidade dos procesos de contacto e a recoñecer o interese destas investigacións para o avance do coñecemento lingüístico.

[Data de comunicación: novembro 2020]
Título | Variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica |
Edición |
Francisco Dubert Vítor Míguez Xulio Sousa |
Autoría |
Alba Aguete Cajiao Ramón de Andrés Alberto Gómez Bautista Sara Gómez Seibane Carsten Sinner Victoria Vázquez Rozas Matilde Vida-Castro |
Limiar |
Francisco Dubert Vítor Míguez Xulio Sousa |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 220 p. : map. ; 24 cm |
ISBN | 978-84-17802-23-3 |
Depósito Legal | C 889-2020 |
DOI | 10.17075/vlcpi.2020 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Ensaio & Investigación. Serie Lingüística |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
-
-
Limiar
Francisco Dubert
Xulio Sousa
Vítor Míguez
-
Opinión, medición y generalización como retos de la lingüística de contacto. Ejemplos del estudio del contacto entre castellano y catalán
Carsten Sinner
10.17075/vlcpi.2020.001 -
Contacto de lenguas en Asturias: asturiano, «amestáu» y castellano
Ramón de Andrés
10.17075/vlcpi.2020.002 -
Consecuencias do contacto lingüístico entre mirandés e portugués
Alberto Gómez Bautista
10.17075/vlcpi.2020.003 -
Patrones de convergencia en lenguas tipológicamente no relacionadas: lengua vasca y castellano
Sara Gómez Seibane
10.17075/vlcpi.2020.004 -
Procesos de estandarización y divergencia dialectal en las variedades meridionales del español de España
Matilde Vida-Castro
10.17075/vlcpi.2020.005 -
Contacto de linguas e variedades na emerxencia de novos modelos de vocalismo galego
Alba Aguete Cajiao
10.17075/vlcpi.2020.006 -
Había + participio no español falado en Galicia: un estudo de corpus
Victoria Vázquez Rozas
10.17075/vlcpi.2020.007
-
Limiar
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha publicación analiza as conexións entre as linguas ibéricas [Data da comunicación: 27/11/2020].