Este volume recolle as reflexións que xurdiron nun encontro que tivo lugar no outono de 2012 na illa de San Simón e supuxo un paso máis no estudo dos vencellos de conexión entre Galicia e As Azores. As reflexións céntranse preferentemente nos procesos de integración nas sociedades de acollida, nas relacións co mundo do exilio, no impulso aos novos medios de comunicación xurdidos na diáspora e no papel que desenvolveron as comunidades emigrantes na diplomacia cultural dos seus países de orixe.
Estas páxinas serven, tamén, para iniciar unha nova xeira de Estudos Migratorios, publicación periódica editada polo Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega desde decembro de 1995, que nas súas dúas etapas tivo a finalidade de ser o punto de encontro e reflexión dos investigadores sobre a temática dos movementos migratorios en xeral, e dos galegos en particular. Agora, o nome desta publicación convértese nunha Colección propia dentro da liña editorial do Consello da Cultura Galega para acoller todas as investigacións que se xeren sobre a materia.
Título Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores
Coordinación Alberto Pena
Mário Mesquita
Paula Vicente
Autoría Álex Alonso
Álvaro Borralho
Pilar Damião
Graça Araújo Fonseca
Xosé López García
Luís Menéndez Villalva
José C. Moya
Alberto Pena
Xulio Ríos
Gilberta Pavão Nunes Rocha
Miguel Santos Rego
Dulce Maria Scott
Presentación Ramón Villares
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2015
Edición 1ª edición
Descrición física 292 p. ; 24 cm.
ISBN 978-84-92923-63-2
Depósito Legal C 1227-2015
Url externa Catálogo RBG
Colección Estudos Migratorios
Evento Presentación.
Libro «Emigración e exilio nos Estados Unidos de América: experiencias de Galicia e Azores» .
21/7/2016. Livraria Solmar . Ponta Delgada
Materias
Áreas
Código QR