Este volume aspira a dar conta do estado actual do coñecemento acerca da produción escrita en lingua galega ao longo da Idade Moderna. É esta unha etapa na que se xeraron ou consolidaron boa parte dos trazos que singularizan o galego actual; porén, o escaso volume de textos conservados neste período dificulta enormemente a documentación e datación de moitos deses procesos. De aí a importancia que reviste a descuberta e recuperación de novos testemuños, a edición dos xa coñecidos con criterios sistemáticos e rigorosos e o desenvolvemento de ferramentas que permitan a análise e explotación dos datos.
O volume está estruturado en tres seccións. Na primeira, «Galicia e o galego na Idade Moderna», despréganse catro visións panorámicas complementarias sobre o período, desde o punto de vista da historia política e social, da sociolingüística, da lingüística histórica e da cultura libraria. A segunda, «Edición dixital e corpus lingüísticos», ten como obxectivo mostrar algunhas ferramentas tecnolóxicas para a creación e explotación de corpus históricos e varios proxectos de referencia, desenvolvidos no ámbito ibérico, que combinan a edición e visibilización de textos históricos coa súa explotación como corpus lingüísticos. Na terceira, «Bago a bago. Novos textos, novas interpretacións», ofrécense diversas contribucións con presentación e análise de obras ata agora descoñecidas ou que se daban por perdidas.
Esta obra colectiva dá conta da importancia testemuñal dos documentos fronte ao relato oral e intenta contribuír á apertura de novos camiños para o estudo e interpretación dunha produción escrita máis abondosa e variada do que se viña aceptando.

[Data de comunicación: xullo 2020]
Título | Calen barbas, falen cartas A escrita en galego na Idade Moderna |
Edición |
Rosario Álvarez Ernesto González Seoane |
Autoría |
Rosario Álvarez Xosé A. Fernández Salgado Julio I. González Montañés Ernesto González Seoane Maarten Janssen Ramón Mariño Paz Rita Marquilhas Henrique Monteagudo Xosé Luís Rodríguez Montederramo Pegerto Saavedra Fernández Damián Suárez Vázquez Joan Torruella Gael Vaamonde Concha Varela-Orol |
Limiar |
Rosario Álvarez Ernesto González Seoane |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 501 p. : map. ; 24 cm. |
ISBN | 978-84-17802-17-2 |
Depósito Legal | C 532-2020 |
DOI | 10.17075/cbfc.2020 |
Url externa | Catálogo RBG |
Colección | Ensaio & Investigación |
Materias | |
Áreas | |
Código QR |
-
-
Limiar
Rosario Álvarez
Ernesto González Seoane
-
Limiar
-
I. Galicia e o galego na Idade Moderna
-
Política e sociedade na Galicia Moderna
Pegerto Saavedra Fernández
10.17075/cbfc.2020.001 -
Panorama sociolingüístico de Galicia na Idade Moderna. O idioma galego durante os séculos XVI, XVII e XVIII
Henrique Monteagudo
10.17075/cbfc.2020.002 -
Variación e cambios en marcha no galego medio. A P6 dos presentes de indicativo de pór ou poñer, ter e vir e o desenvolvemento de ende como conector ilativo e adversativo
Ramón Mariño Paz
10.17075/cbfc.2020.003 -
Coleccionismo e cultura libraria na Idade Moderna
Concha Varela-Orol
10.17075/cbfc.2020.004
-
Política e sociedade na Galicia Moderna
-
II. Edición dixital e corpus lingüísticos
-
Aspectos metodolóxicos da elaboración do corpus Gondomar
Rosario Álvarez
Ernesto González Seoane
10.17075/cbfc.2020.005 -
Un corpus documental para el estudio de las interferencias lingüísticas entre el español y el catalán
Joan Torruella
10.17075/cbfc.2020.006 -
O sabre e a montada. Observações sobre a prática de uma edição académica digital
Rita Marquilhas
10.17075/cbfc.2020.007 -
Da edición dixital á análise lingüística. A creación de corpus históricos na plataforma TEITOK
Maarten Janssen
Gael Vaamonde
10.17075/cbfc.2020.008
-
Aspectos metodolóxicos da elaboración do corpus Gondomar
-
III. Bago a bago. Novos textos en galego da Idade Moderna
-
Un novo texto dramático do Cura de Fruíme
Ramón Mariño Paz
Damián Suárez Vázquez
10.17075/cbfc.2020.009 -
A escrita en galego no século XVIII. As décimas contra Zernadas
Xosé A. Fernández Salgado
10.17075/cbfc.2020.010 -
O galego no teatro dos xesuítas en Galicia (1572-1729)
Julio I. González Montañés
10.17075/cbfc.2020.011 -
A correspondencia do conde de Gondomar. Historia da colección e contido
Xosé Luís Rodríguez Montederramo
10.17075/cbfc.2020.012 -
Os textos en lingua galega dos Ocios poéticos do padre Feijoo
Rosario Álvarez
10.17075/cbfc.2020.013 -
Unha nova copia do Romance da Urca de Santo Antón. Edición e análise contrastivas
Ramón Mariño Paz
Damián Suárez Vázquez
10.17075/cbfc.2020.014
-
Un novo texto dramático do Cura de Fruíme
NOTICIAS RELACIONADAS
O Consello da Cultura Galega presenta unha publicación que ofrece novos documentos sobre o galego nos Séculos Escuros [Data da comunicación: 3/7/2020].