Celebramos acontecementos pasados porque dalgún xeito están presentes, como lugares de memoria ou feitos que lle din algo á comunidade, aínda que é moi habitual que a mensaxe que transmite un monumento ou un suceso vaia cambiando no decorrer do tempo, conforme cambia a sociedade e os seus valores e inquedanzas. A Xunta de Melide, que tivo lugar o 4 de decembro de 1520, forma parte, en maior ou menor medida, da memoria de Galicia e, con ocasión da conmemoración do seu quinto centenario na propia vila, a fins do 2020 xurdiu a iniciativa de elaborar e publicar unha obra colectiva na que varios historiadores botasen unha nova ollada sobre a propia asemblea e sobre o seu tempo, pois un suceso desa natureza non se entende sen ter en conta a situación pola que atravesara ou estaba atravesando o reino de Galicia no paso da época medieval á moderna e as decisivas consecuencias políticas da elección imperial do monarca Carlos de Gante e do levantamento dos comuneiros na primavera de 1520.
A publicación deste libro é unha moi boa maneira de celebrar o quinto centenario da Xunta de Melide, pois vailles permitir aos lectores coñecer mellor tanto a importancia da asemblea como os problemas políticos e sociais da época en que tivo lugar, uns reducidos a Galicia e outros derivados dos descubrimentos ultramarinos e da política imperial de Carlos V.
A publicación deste libro é unha moi boa maneira de celebrar o quinto centenario da Xunta de Melide, pois vailles permitir aos lectores coñecer mellor tanto a importancia da asemblea como os problemas políticos e sociais da época en que tivo lugar, uns reducidos a Galicia e outros derivados dos descubrimentos ultramarinos e da política imperial de Carlos V.
[Data de comunicación: decembro 2021]
Título | unha voz na metade do reino, A . Cincocentos anos da Xunta de Melide |
Edición |
Pegerto Saavedra Fernández |
Autoría |
Manuel María de Artaza Montero Xosé Manuel Broz Rei Xurxo Broz Rodríguez Gonzalo Francisco Fernández Suárez Domingo L. González Lopo Antonio Presedo Garazo Ofelia Rey Castelao María do Carmen Saavedra Pegerto Saavedra Fernández Hortensio Sobrado Cristina Vázquez Neira |
Deseño |
Pepe Barro |
Fotografía |
José Caruncho |
Ilustración |
Alberto Taracido |
Limiar |
Pegerto Saavedra Fernández |
Presentación |
Rosario Álvarez Miguel Ángel Santalices |
Revisión lingüística |
Cristina Río López Begoña Tajes |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; Parlamento de Galicia, 2021 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 284 p.: il., cor; 24 cm |
Notas | Este libro saíu do prelo o día 4 de decembro de 2021, coincidindo coa celebración do aniversario da Xunta de Melide. |
ISBN | 978-84-17802-39-4 |
Depósito Legal | C 2103-2021 |
CCG. Signatura | CCG 2021 16 |
DOI | 10.17075/vmrxm.2021 |
Url externa | Catálogo RBG |
Evento |
Presentación. Presentación do libro A unha voz na metade do reino. Cincocentos anos da Xunta de Melide. 4/12/2021. Centro Sociocultural Mingos de Pita. Melide |
Materias | |
Código QR |
-
-
Presentación
Miguel Ángel Santalices
-
Presentación
Rosario Álvarez
-
Limiar
Pegerto Saavedra Fernández
-
Presentación
-
A Xunta e os seus obxectivos
-
A Xunta de Melide vista cincocentos anos despois
Pegerto Saavedra Fernández
10.17075/vmrxm.2021.001 -
O episodio das illas Molucas. Contexto comercial e político, intereses e resultados
Ofelia Rey Castelao
10.17075/vmrxm.2021.002 -
A perda e a recuperación do voto en Cortes do reino de Galicia
Manuel María de Artaza Montero
10.17075/vmrxm.2021.003
-
A Xunta de Melide vista cincocentos anos despois
-
Os poderes señoriais e o poder real
-
As estirpes nobres galegas a comezos dos tempos modernos, en particular as que participan na Xunta de Melide
Antonio Presedo Garazo
10.17075/vmrxm.2021.004 -
Xefatura, patrimonio e política das grandes casas nobiliarias galegas nas primeiras décadas do século XVI
Gonzalo Francisco Fernández Suárez
10.17075/vmrxm.2021.005 -
D. Alonso de Fonseca III: gran señor e arcebispo
Domingo L. González Lopo
10.17075/vmrxm.2021.006 -
Carlos V: monarca e emperador. Consecuencias políticas da guerra das Comunidades
María do Carmen Saavedra
10.17075/vmrxm.2021.007
-
As estirpes nobres galegas a comezos dos tempos modernos, en particular as que participan na Xunta de Melide
-
O territorio
-
A Galicia de principios do xvi: situación xeral do país, vías de comunicación, rede e xerarquía urbana
Hortensio Sobrado
10.17075/vmrxm.2021.008 -
A vila de Melide entre fins do século XV e principios do século XVI
Cristina Vázquez Neira
Xurxo Broz Rodríguez
10.17075/vmrxm.2021.009 -
Monumentos de Melide na época: tres posibles escenarios da asemblea en Melide no ano de 1520
Xosé Manuel Broz Rei
10.17075/vmrxm.2021.010
-
A Galicia de principios do xvi: situación xeral do país, vías de comunicación, rede e xerarquía urbana
NOTICIAS RELACIONADAS
Unha publicación documenta a Asemblea de Melide de 1520, xuntanza que demandou máis autogoberno para Galicia [Data da comunicación: 4/12/2021].
O Consello da Cultura Galena recunca en Líber, feira internacional do libro, coas últimas publicacións [Data da comunicación: 5/10/2022].
Unha xornada aborda en Melide a situación dos cruceiros góticos de Galicia [Data da comunicación: 29/11/2022].