A Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega trata de levar a cabo, dende hai doce anos, a tarefa de convocar simposios nos que se aborden temas de especial interese para Galicia e outras terras do noso ámbito espacial e cultural. Froito desta arela foi o encontro do que estas Actas son resultado. Dedicado a un tema de especial actualidade, o de etnicidade e nacionalismo, permitiu que estudosos de Galicia, da Península e doutros países de Europa puidesen achegar unha visión da temática baseada na pluralidade, mais sempre orientada por unha reflexión científica. A variedade de enfoques e de casos presentados por especialistas destacados converte estas Actas nun documento fundamental para a reflexión sobre as identidades étnicas e nacionais alén de visións apaixonadas ou partidistas.
O encontro, como vén sendo habitual, estivo dedicado a unha figura galega destacada: don Manuel Murguía. A elección xustifícase polo feito de que D. Manuel foi no seu tempo un activo defensor da identidade diferencial galega e a súa obra un guieiro para quen queira saber sobre os inicios dun proceso de construción étnica e nacional de Galicia.
O encontro, como vén sendo habitual, estivo dedicado a unha figura galega destacada: don Manuel Murguía. A elección xustifícase polo feito de que D. Manuel foi no seu tempo un activo defensor da identidade diferencial galega e a súa obra un guieiro para quen queira saber sobre os inicios dun proceso de construción étnica e nacional de Galicia.
Título | Etnicidade e nacionalismo Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía: Santiago de Compostela, 17-19 de abril de 2000 |
Coordinación |
Xosé Manuel González Reboredo |
Autoría |
Ángel Aguirre Baztán José Luis Alonso Ponga Xusto G. Beramendi Tomás Calvo Buezas Luís Costa Vázquez Xosé Manuel González Reboredo Marianne Gullestad Michael Keating Josep Ramón Llobera Ramón Máiz Suárez Josep Martí António Gomes Medeiros Michel Nicolas Joan J. Pujadas Salvador Rodríguez Becerra Xosé Carlos Sierra Rodríguez Christiane Stallaert |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Sección de Antropoloxía Cultural, 2001 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 582 p. ; 24 cm. |
Notas | Textos en galego, castelán, inglés, francés e portugués. |
ISBN | 84-95415-34-8 |
Depósito Legal | VG 641-2001 |
CCG. Signatura | CCG 2001 202 |
Url externa | Catálogo RBG |
Materias | |
Código QR |