“especiais” do CCG

Xela & Gianni

Os Contos ao teléfono de Gianni Rodari son boa mostra da actividade de Xela Arias como tradutora de literatura infantil e xuvenil. O libro foi publicado pola editorial Juventud en 1986.

Neste especial, a tradución de Xela e Valentín Arias cobrou vida a través da voz de Charo Pita, ofrecendo doce contos que son tamén un convite a soñar coa fantasía de Rodari. Os contos foron accesibles de xeito libre e gratuíto neste sitio web ata xuño de 2022, durante o periodo acordado cos herdeiros do autor para a súa difusión. Se vostede desexa consultalos, pode facelo contactando co Arquivo Sonoro de Galicia.

Do orixinal de Gianni Rodari: Favole al telefono © The Estate of Gianni Rodari.
Publicado consonte a Axencia Literaria Piergiorgio Nicolazzini (PNLA).
Ilustración: Bea Gregores

Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.