“especiais” do CCG

O que pode a danza

O que pode a danza conta oito historias sobre os corpos, o movemento, as ideas e o seu encontro a través desta disciplina artística. "Buscamos recoller experiencias de persoas vinculadas á danza desde a xestión ou o ámbito creativo, que permitira ver como están a traballar co territorio, coa demografía e en contextos rurais” . A danza en Galicia é un proceso creativo que se fusiona e hibrida co resto da cultura e sociedade.

Un proxecto da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega comisariado por Natalia Balseiro e coa realización audiovisual de Miramemira.

Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.