“especiais” do CCG

Un embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-Andrade

Hoxe, 5 de maio, conmemórase o Día Internacional da Lingua Portuguesa. O Consello da Cultura Galega súmase a esta celebración coa presentación dun especial dedicado a Valentín Paz-Andrade, figura sobranceira da Galicia da segunda metade dos século XX e principal promotor de vínculos cos países de lingua portuguesa, en especial con Brasil, un "paraíso prometido", segundo propia consideración, ao que Galicia facilmente podía acceder porque posuía a chave do idioma. A súa proposta, que debullaría en numerosos textos, partía dunha perspectiva daquela inédita, pois era ampla e rica, que apelaba tanto á cultura e á lingua como á economía e á política. Neste especial destacamos a relación estreita e duradeira que o autor de Pranto matricial mantivo co poeta brasileiro Guilherme de Almeida, a través do seu epistolario e doutros documentos procedente do arquivo familiar.

Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.