“especiais” do CCG

Unha ollada ao Universo no Día da Ciencia en Galego

Neste mes de novembro a Institución Galega da Ciencia (Igaciencia) convida á comunidade educativa a celebrar o XV Día da Ciencia en Galego poñendo o foco nun campo de estudo tan ambicioso e complexo coma fascinante: a astronomía. Unha disciplina que actualmente non se cingue ao ámbito académico senón que esperta interese na socidade en xeral, e así nolo demostra a crecente demanda dos "destinos turísticos Starlight", escenarios con características especialmente propicias para a observación do firmamento que son considerados tamén parte do noso patrimonio natural, paisaxístico e cultural.

Desde o equipo de Proxector adherímonos a esta conmemoración cunha nova selección audiovisual coa que te convidamos a achegarte a algúns dos enigmas que aínda agocha o Universo desde diferentes ópticas: a astrofísica, a astrofotografía, a exploración espacial, a observación astronómica ou a perspectiva de xénero. E se esta viaxe intergaláctica se che fai pequena, en Proxector temos 60 recursos para seguir profundando no tema.

Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.