“especiais” do CCG

Sophias

Marta e María filosofan sobre as ideas das mulleres que forman parte da historia do pensamento.

Serie web de ficción para divulgar a figura e as ideas de mulleres filósofas ao longo da historia. Unha peza realizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para divulgar a figura e as ideas de mulleres filósofas ao longo da historia.

Marta e María son dúas compañeiras de traballo que nos seus encontros atopan sempre un motivo para filosofar sobre as ideas de mulleres que forman parte da historia do pensamento. Desde a Grecia clásica ata os nosos días, nestes sete capítulos abordan con humor, paixón e incluso misticismo as achegas de filósofas que pode que non estean nas conversas de corredor, pero que deberían.


Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.