“especiais” do CCG

Día da Lingua Materna

En 1999 a UNESCO declarou o 21 de febreiro como Día Internacional da Lingua Materna, unha celebración anual para festexarmos a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta. Os idiomas son sistemas de comunicación, mais son tamén, sobre todo, ferramentas a través das cales articulamos o pensamento e comprendemos o mundo. Como “idioma propio” de Galicia e creación colectiva do noso pobo, o idioma galego atesoura a sabedoría de todas as xeracións que nos precederon e, sen renunciar ás vantaxes do plurilingüismo, permítenos ser orixinais e únicos nun mundo rico e diverso.

Neste segundo especial ofrecémosche unha ducia de recursos de temática lingüística que agardamos que sexan do teu interese.

Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.