Escolma para ver e escoitar tesouros xeolóxicos por Xacobo de Toro
A zona comprendida desde os cantís de Valdoviño ata a Ría de Ortigueira e as súa zonas interiores, estendidas ao longo de sete concellos, serán novo xeoparque de Galicia no 2023. Ademais da beleza destas paisaxes e cantís, atopamos na súa superficie rochas propias do manto terrestre. Comprender a importancia deste achado requírenos tamén coñecer ben as capas da xeosfera. Por iso observarás nesta escolma magníficas vistas aéreas e tamén un XeoClip que nos axuda a entender mellor o interior terrestre.Por outra parte, seleccionei vídeos sobre a teoría da placa tectónica e mesmo dunha das súas grandes promotoras, Marie Tharp, unha cartógrafa oceánica e xeóloga que revelou o fondo dos océanos. Puxo de manifesto a existencia das dorsais, punto clave para a comprensión da expansión dos océanos e da deriva continental. O mundo actual vive, por desgraza, un auxe de escepticismo científico e pseudociencias, ou mesmo ideas fixistas propias da corrente terraplanista. Un mundo plano non podería explicar os terremotos, creación de cordilleiras, a deriva continental, o vulcanismo ou a aparición no Ortegal de rochas propias do manto. É importante loitar contra os bulos e as teorías conspiratorias con argumentos científicos. Como tamén o é que alumnas e alumnos sexan capaces de crear os seus contidos audiovisuais e fagan divulgación científica da man dos seus docentes.
Entre os axentes transformadores da paisaxe terrestre, o ser humano, sen lugar a dúbidas, é dos que a maior ritmo está modificando a súa superficie. Galicia non é menos, por iso esta extensa revisión de Francisco Canosa con multitude de exemplos resulta moi indicada para o seu uso nas aulas cando falamos de impacto ambiental sobre tan rico patrimonio natural. Por exemplo, os Penedos de Traba e Pasarela, en Laxe, espertaron a curiosidade de científicos e literatos polas singularidades das súas formacións xeolóxicas graníticas ao carón do mar. O terrible é que agora mesmo están ameazadas por un proxecto de parque eólico. Para podelo protexer temos que coñecer o que temos o poñelo en valor.
O Monte Pindo e a fervenza do Ézaro son uns dos puntos singulares de Galicia, tanto pola súa xeoloxía granítica como por ser fonte de lendas e un grande atractivo turístico. Estas vistas aéreas amósanos con toda a súa beleza. Outro punto de interese xeolóxico galego, virando cara ao xeoparque do Courel, é a dobra deitada de Campodola - Leixazós; por iso o vídeo de XeoClip no que se explica como se forman as dobras por esforzos tectónicos, empregando como símil unhas toallas, é un recurso moi axeitado.
Probablemente, Galicia é a comunidade española con maior potencial para o uso da enerxía xeotérmica. A enerxía xeotérmica como fonte enerxética renovable tería un impacto ambiental na superficie moitísimo menor que as que empregamos en maior medida: a eólica, hidráulica ou solar. Novas propostas tecnolóxicas estana facendo máis factible, permitindo perforar a maior profundidade. Co vídeo TED co que pecho esta escolma, afondamos nas súas posibilidades, miramos cara a outros futuros potenciais.
Xacobo de Toro Cacharrón
Profesor de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario e divulgador científico
Imaxe: Proxecto de Xeoparque do Cabo Ortegal
- MFOG
- Manuel Quiroga. No seu 50 cabodano
- Irmandades da Fala
- Historias de ida e volta
- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- 20 encontros de normalización lingüística
- #odeportegalegofalagalego
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- Día das Letras Galegas 2019 no CCG
- Encontros para a normalización lingüística
- Viaxeiras por Galicia
- A muller galega. Estereotipos e crítica
- Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa
- Día das Letras Galegas 2020 no CCG
- Domingo de Andrade no Día das Artes Galegas 2020 e 2021
- Afonso X e Galicia [CCG]
- O fío de Penélope
- Nós: De onte a hoxe
- Un embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-Andrade
- Puro Gaos
- Proxector
- Sempre Rosalía
- Dez voces para Luz Pozo Garza
- Días das letras galegas no CCG
- Alba de gloria [CCG]
- Antón Paz Míguez: un narrador da emigración
- Ares indiano: O legado da emigración
- De gaiteiro a gaiteiro
- Día internacional do libro infantil e xuvenil 2020
- Domingo Fontán [CCG]
- Elisa e Marcela [CCG]
- Encontros 30.5
- Farsa das zocas [CCG]
- Ferrol 1916 [CCG]
- Libro do Portovello [CCG]
- Manuel Quiroga [CCG]
- De arquivos, memoria e patrimonio compartido [CCG]
- Na voz da obra: unha experiencia sonora dende Atalaia
- O maio [CCG, 2020]
- Ramón Otero Pedrayo [CCG, 2020]
- Plácido Castro: Referencia singular do universalismo galeguista
- Xogos tradicionais galegos [CCG, 2º inacabado]
- Xogos tradicionais galegos [CCG, 1º inacabado]
- #citaNós
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- O equilibrio dos extremos
- Mulleres galegas na emigración
- A Lindona de Galicia
- A Negra Sombra de Juan Montes
- As iniciativas educativas da emigración galega
- Vivir no solo
- Centenario de Emilia Pardo Bazán
- A cultura galega alén mar
- Sextina
- Unha nova xeración de lumes
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- Centenario da Misión Biolóxica de Galicia
- O exilio galego
- Son de Galicia: Centenario de Cantigas e Agarimos
- O elo perdido: Aquilino Iglesia Alvariño e a lingua galega na Historia de Galiza
- Voces centenarias
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- Xela & Gianni
- Voces da ciencia
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Virus, epidemias e vacinas
- Por unha peseta
- Galicia onde todo retorna
- Dis-ma-ma-má
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- Florencio Delgado Gurriarán: Día das Letras Galegas 2022
- Medalla do Consello da Cultura Galega
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Día da Lingua Materna
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O tempo, o clima e a auga
- Aquí medra a lingua
- A camisa
- ADN: As catro letras coas que se escribe a vida
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- Teima
- A vida no mar. Costas galegas e ameazas ambientais
- O Universo: unha fascinación en continua expansión
- A educación: cambiar o presente para mellorar o futuro
- As dúas caras do estrés: compaña saudable ou estado daniño
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- Urbano Feijoo As expedicións da
«Compañía Patriótico-Mercantil» (1854) - Mulleres na sombra. Feitos e retos no sistema penitenciario
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- Seoane no Consello da Cultura Galega
- Divulgación agropecuaria: na busca dunha despensa saudable
- Oceanografía e biodiversidade mariña
- Montes e montañas: un tesouro patrimonial e económico de Galicia
- Quecemento global: ameazas e oportunidades
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- A literature to explore
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Sophias
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- CCG 40
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- 100 anos de Carlos López García-Picos
- Escolma para ver e escoitar Matemáticas por Mª Elena Vázquez Cendón
- Mulleres que abriron as fendas que nós cruzamos
- Implicacións e aplicacións da intelixencia artificial
- Escolma para ver e escoitar tesouros xeolóxicos por Xacobo de Toro
- Un planeta sen plástico
- Escolma para ver e escoitar Física por Cibrán Santamarina Ríos
- Todas as ciencias ao servizo dunha cultura: miradas sobre o SEG
- Bacterias e antibióticos.
Do laboratorio á clínica - Os dereitos humanos
- Dieta e saúde alimentaria
- Escolma para ver e escoitar Química por Marcelino Maneiro Maneiro
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- Axudádeme a cantar
- A fin da ditadura
- Escola de democracia
- Novo futuro, novos partidos
- A construción dun Estatuto
- Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo
- Caligrafías musicais
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- Fondo Lois Tobío
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- O funcionamento do SEG
- A produción científica
- Fondos do Seminario de Estudos Galegos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- Seara. Discover Galician literature through its texts
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
- O que pode a danza
- Centenario de Manuel Murguía
- Corenta mulleres tecendo xuntas
- Unha ollada ao Universo no Día da Ciencia en Galego
- Entender a adversidade nos mapas do tempo
- Investigación xenómica: descifrando a medicina do futuro
- Trigonometría: medindo o mundo con triángulos
- Escoita o corazón
- Arquivos: conservar a memoria para mellor difundila
- De que nos falan as plantas?
- Arquitectura: ciencia, arte e construción social
- O cine: a ciencia da ficción
- Memoria do teatro galego na Transición
- Día das Artes Galegas: Asorey e a diáspora
- Mulleres e artes visuais
- Aqueles 25 de xullo
- Mulleres e alfabetización en galicia
- Mulleres e ciencia
- Cando o pobo fai festa: celebracións e patrimonio inmaterial
- A auga: unha molécula fundamental para a vida
- O poder transformador do deporte
- Enfermaría: a ciencia de saber coidar
- Arqueoloxía: un bo plan para coñecer Galicia este verán
- Xustiza social e cultura da paz. Ciencia e educación ao servizo do entendemento
- Física cuántica: o enigmático mundo do pequeno
- A investigación química aplicada ao desenvolvemento industrial
- Ano Castelao: memoria e legado dun galego universal
- Zoonoses: ameazas diversas para unha saúde única
- Agora. Conferencias e conversas no CCG
- As letras das mulleres
- Agora vou cantar eu
- Na procura do son perdido: a zanfona
- Contos de Castelao
- Castelao a carón de nós
- A vía galega ao fonógrafo
- Ecofeminismos
- Fondo Siro López de persoeiros da cultura
- Cancro: ciencia e conciencia sobre un desafío global
- Perspectiva de xénero na investigación: cara a unha ciencia de calidade
- A arte ten a súa ciencia. Ollada ás artes plásticas e visuais
- proxector 05/2026
- proxector 06/2026
- proxector 07/2026
- proxector 08/2026
- proxector 09/2026
- Seteventos
- Álbum Castelao na Casa de Galicia de Montevideo
Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.


