Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
Este novo especial vai dedicado a difundir a corrente migración dos pescadores e mariñeiros da ría de Ares asentados na illa de Cuba desde mediados do século XIX. Os veciños de Redes, de Caamouco, da mesma vila de Ares e tamén de Mugardos, Narón, Miño… dominaron neste tempo o sector da pesca na badía da Habana e mesmo no golfo de México, traballando na frota pesqueira e no transporte de mercadorías e pasaxeiros, nos estaleiros ou en empresas subsidiarias do naval. Todos eles viviron e prosperaron co seu duro traballo no mar; os de maior éxito chegaron a ser propietarios de barcos ou a fundar empresas como a Compañía Cubana de Pesca y Navegación, S. A., que chegou a ser unha das máis importantes do sector na primeira metade do século XX.As cadeas migratorias foron o principal factor que posibilitou a emigración masiva dos naturais da comarca de Ferrol á illa. Funcionaron ademais como un mecanismo de inserción laboral que confluíu na construción de «economías étnicas», caracterizadas pola adscrición maioritaria dos traballadores dunha comarca ou dun concello a uns oficios ou negocios específicos que controlaron na economía cubana ata o triunfo da Revolución. Os emigrantes aresáns, unha vez instalados no país, grazas á chamada e apoio dos seus veciños e familiares, e convertidos xa en propietarios de barcos ou dun pequeno negocio, reclaman pola súa vez outros familiares e coñecidos, aos que axudan a instalarse e conseguir traballo. Así vemos como se repiten os apelidos Casteleiro, Vizoso, Bello, Amado, Cancela, Prego, Ríos, López, Martínez, Blanco, Naveiras, Deus, Veiga…
Estes homes, emigrados moi novos pero coñecedores xa das artes de pesca na súa terra natal, comezan a traballar para os seus paisanos nos viveiros que faenaban na badía habaneira e nas costas de Iucatán, Campeche ou Florida; instálanse no barrio habaneiro de Casa Blanca, no que chegou a existir un enclave de barracas chamado «O Peixiño», cuxo nome evoca a colonia galega que alí vivía. Aínda que a pesca foi o sector maioritario, tamén destacaron no comercio, na hostalería e na explotación do carbón.
Estes emigrantes, con maior ou menor éxito, non esqueceron as necesidades da súa terra. Foron pioneiros na creación de asociacións de ámbito local en Cuba, coa fundación en 1904 da Alianza Aresana de Instrucción, que tiña como obxectivo principal fundar escolas no seu concello de orixe e contribuír ás necesidades dos seus paisanos. Pódense ver algúns dos seus logros na web As Escolas da Emigración do Consello da Cultura Galega.
A súa memoria tamén a percibimos nas rúas das vilas e aldeas da comarca nas casas indianas construídas polos emigrantes retornados, algunhas das cales podemos admirar no especial do CCG Ares Indiano feito en colaboración co Concello de Ares. Con este nome celébrase alí unha festa cultural e lúdica, e xa van cinco edicións, que pretende poñer en valor e gozar do legado histórico dos emigrantes desta vila mariñeira. Non queremos rematar sen recoñecer o meritorio labor cultural e divulgativo da Agrupación Instrutiva de Caamouco e dun dos seus fundadores, Ernesto López Naveiras, alma mater da publicación de A Tenencia, revista de historia local senlleira na cultura galega.
- MFOG
- Manuel Quiroga. No seu 50 cabodano
- Irmandades da Fala
- Historias de ida e volta
- Os inicios do proceso migratorio: A viaxe
- 20 encontros de normalización lingüística
- #odeportegalegofalagalego
- Centro Galego da Habana. Presenza de Galicia en Cuba
- Día das Letras Galegas 2019 no CCG
- Encontros para a normalización lingüística
- Viaxeiras por Galicia
- A muller galega. Estereotipos e crítica
- Colección: Os profetas do Pórtico e a cultura galega. Unha viaxe que non cesa
- Día das Letras Galegas 2020 no CCG
- Domingo de Andrade no Día das Artes Galegas 2020 e 2021
- Afonso X e Galicia [CCG]
- O fío de Penélope
- Nós: De onte a hoxe
- Un embaixador da lingua portuguesa en Galicia: Valentín Paz-Andrade
- Puro Gaos
- Proxector
- Sempre Rosalía
- Dez voces para Luz Pozo Garza
- Días das letras galegas no CCG
- Alba de gloria [CCG]
- Antón Paz Míguez: un narrador da emigración
- Ares indiano: O legado da emigración
- De gaiteiro a gaiteiro
- Día internacional do libro infantil e xuvenil 2020
- Domingo Fontán [CCG]
- Elisa e Marcela [CCG]
- Encontros 30.5
- Farsa das zocas [CCG]
- Ferrol 1916 [CCG]
- Libro do Portovello [CCG]
- Manuel Quiroga [CCG]
- De arquivos, memoria e patrimonio compartido [CCG]
- Na voz da obra: unha experiencia sonora dende Atalaia
- O maio [CCG, 2020]
- Ramón Otero Pedrayo [CCG, 2020]
- Plácido Castro: Referencia singular do universalismo galeguista
- Xogos tradicionais galegos [CCG, 2º inacabado]
- Xogos tradicionais galegos [CCG, 1º inacabado]
- #citaNós
- De Galicia a América: A chegada a un novo mundo
- Traballando en América
- Vida social e tempo de lecer
- O equilibrio dos extremos
- Mulleres galegas na emigración
- A Lindona de Galicia
- A Negra Sombra de Juan Montes
- As iniciativas educativas da emigración galega
- Vivir no solo
- Centenario de Emilia Pardo Bazán
- A cultura galega alén mar
- Sextina
- Unha nova xeración de lumes
- Novas realidades migratorias a América nos anos centrais do século XX
- Centenario da Misión Biolóxica de Galicia
- O exilio galego
- Son de Galicia: Centenario de Cantigas e Agarimos
- O elo perdido: Aquilino Iglesia Alvariño e a lingua galega na Historia de Galiza
- Voces centenarias
- No centenario da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina
- Xela & Gianni
- Voces da ciencia
- A emigración galega a Europa
- Outros destinos da emigración galega
- Virus, epidemias e vacinas
- Por unha peseta
- Galicia onde todo retorna
- Dis-ma-ma-má
- 150º Aniversario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia
- Florencio Delgado Gurriarán: Día das Letras Galegas 2022
- Medalla do Consello da Cultura Galega
- O navío Santa Maria e a Operación Dulcinea
- Día da Lingua Materna
- Memoria e voces femininas da diáspora galega
- O tempo, o clima e a auga
- Aquí medra a lingua
- A camisa
- ADN: As catro letras coas que se escribe a vida
- O indiano José García Barbón e a súa acción filantrópica
- Teima
- A vida no mar. Costas galegas e ameazas ambientais
- O Universo: unha fascinación en continua expansión
- A educación: cambiar o presente para mellorar o futuro
- As dúas caras do estrés: compaña saudable ou estado daniño
- A literatura galega da posguerra en Ámerica
- Urbano Feijoo As expedicións da
«Compañía Patriótico-Mercantil» (1854) - Mulleres na sombra. Feitos e retos no sistema penitenciario
- O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa
- Seoane no Consello da Cultura Galega
- Divulgación agropecuaria: na busca dunha despensa saudable
- Oceanografía e biodiversidade mariña
- Montes e montañas: un tesouro patrimonial e económico de Galicia
- Quecemento global: ameazas e oportunidades
- 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión
- A literature to explore
- Galegos na canle de Panamá, os mellores europeos da Silver Roll (1904-1914)
- Sophias
- Ares en Cuba: unha emigración mariñeira
- CCG 40
- Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa
- 100 anos de Carlos López García-Picos
- Escolma para ver e escoitar Matemáticas por Mª Elena Vázquez Cendón
- Mulleres que abriron as fendas que nós cruzamos
- Implicacións e aplicacións da intelixencia artificial
- Escolma para ver e escoitar tesouros xeolóxicos por Xacobo de Toro
- Un planeta sen plástico
- Escolma para ver e escoitar Física por Cibrán Santamarina Ríos
- Todas as ciencias ao servizo dunha cultura: miradas sobre o SEG
- Bacterias e antibióticos.
Do laboratorio á clínica - Os dereitos humanos
- Dieta e saúde alimentaria
- Escolma para ver e escoitar Química por Marcelino Maneiro Maneiro
- A Biblioteca América: o legado cultural de Gumersindo Busto
- Axudádeme a cantar
- A fin da ditadura
- Escola de democracia
- Novo futuro, novos partidos
- A construción dun Estatuto
- Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo
- Caligrafías musicais
- O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos
- Fondo Lois Tobío
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba
- O funcionamento do SEG
- A produción científica
- Fondos do Seminario de Estudos Galegos
- As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina
- Voceiros da colectividade galega na emigracion
- Seara. Discover Galician literature through its texts
- A pegada indiana na Mariña lucense
- O indiano Fernando Blanco de Lema e a súa acción filantrópica
- A emigración galega nos Estados Unidos
- O galeguismo en América
- A pegada educativa da emigración galega en América
- O que pode a danza
- Centenario de Manuel Murguía
- Corenta mulleres tecendo xuntas
- Unha ollada ao Universo no Día da Ciencia en Galego
- Entender a adversidade nos mapas do tempo
- Investigación xenómica: descifrando a medicina do futuro
- Trigonometría: medindo o mundo con triángulos
- Escoita o corazón
- Arquivos: conservar a memoria para mellor difundila
- De que nos falan as plantas?
- Arquitectura: ciencia, arte e construción social
- O cine: a ciencia da ficción
- Memoria do teatro galego na Transición
- Día das Artes Galegas: Asorey e a diáspora
- Mulleres e artes visuais
- Aqueles 25 de xullo
- Mulleres e alfabetización en galicia
- Mulleres e ciencia
- Cando o pobo fai festa: celebracións e patrimonio inmaterial
- A auga: unha molécula fundamental para a vida
- O poder transformador do deporte
- Enfermaría: a ciencia de saber coidar
- Arqueoloxía: un bo plan para coñecer Galicia este verán
- Xustiza social e cultura da paz. Ciencia e educación ao servizo do entendemento
- Física cuántica: o enigmático mundo do pequeno
- A investigación química aplicada ao desenvolvemento industrial
- Ano Castelao: memoria e legado dun galego universal
- Zoonoses: ameazas diversas para unha saúde única
- Agora. Conferencias e conversas no CCG
- As letras das mulleres
- Agora vou cantar eu
- Na procura do son perdido: a zanfona
- Contos de Castelao
- Castelao a carón de nós
- A vía galega ao fonógrafo
- Ecofeminismos
- Fondo Siro López de persoeiros da cultura
- Cancro: ciencia e conciencia sobre un desafío global
- Perspectiva de xénero na investigación: cara a unha ciencia de calidade
- A arte ten a súa ciencia. Ollada ás artes plásticas e visuais
- proxector 05/2026
- proxector 06/2026
- proxector 07/2026
- proxector 08/2026
- proxector 09/2026
- Seteventos
- Álbum Castelao na Casa de Galicia de Montevideo
Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.


