“especiais” do CCG

100 anos de Carlos López García-Picos

Neste ano 2022 cúmprense cen anos do nacemento dun compositor de gran relevancia para a vangarda musica galega e arxentina. Como moitas das figuras importantes da cultura galega do século XX, na súa biografía Galicia e América están estreitamente unidas. Como remate do ano Carlos López García-Picos, damos a coñecer unha gravación singular: a posible estrea absoluta da súa obra sinfónica Sindy, A. 31, no Teatro Colón de Bos Aires. A obra foi recuperada no Fondo Pampillón do Arquivo Sonoro de Galicia por Javier Ares Espiño e María del Carmen Lorenzo Vizcaíno.

Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.