“especiais” do CCG

Axudádeme a cantar

Un canto á percusión de man, literatura e tradición oral feminina e diversas. Neste documental de seis capítulos contamos coa colaboración de tocadoras tradicionais e participantes en procesos de recollida e divulgación, así como de artistas modernas que beben das fontes desta tradición, falan das súas experiencias e comparten a súa arte connosco.

Eu e máis ti, compañeira
Eu e máis ti, comarada
Eu e máis ti, compañeira
Facemos a foliada

(Castrelo, Vimianzo)
Recollida por Xabier Diaz

Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.