“especiais” do CCG

Puro Gaos

Avance dun disco no que o músico se interpreta a si mesmo.
Non é frecuente atopar composicións interpretadas polos seus propios autores. E iso é precisamente o que se pode escoitar no avance do disco Obras para violín e piano do Consello da Cultura Galega. Nel, o coñecido compositor Andrés Gaos (A Coruña, 1874-Mar del Plata, 1959) interpreta as súas pezas «Muiñeira» e «Alalá». Esta gravación histórica ponse á disposición da cidadanía para amosar a un Andrés Gaos en estado puro, interpretándose a si mesmo.

Misceláneas temáticas dos fondos documentais do CCG.