NORMAS DE USO: Pódese realizar unha busca iterativa e facetada nos campo do título e da descrición de modo independente, de xeito tal que a persoa pode introducir un termo vago para posteriormente ir refinando o mesmo iterativamente. Recibindo os resultados desa busca, o usuario comeza a aprender sobre o espazo de información e pode refinar ou reiniciar a súa consulta. Os operadores boolenos non están habilitados.
A hidrosfera está formada por toda a auga do planeta (océanos, mares, ríos, lagos, glaciares e mesmo auga subterránea). Só o 3% desta auga é doce e menos do 1% está dispoñible en estado líquido. Neste vídeo didáctico (3´ 54´´) os profesores Xacobo de Toro e Rocío Romar explícannos como se distribúe esta auga doce no planeta, como circula e por que é un ben tan prezado.
Ver recurso
Os arrecifes de coral son os ecosistemas con maior biodiversidade do planeta pero son moi sensibles ao quecemento dos océanos, polo que, se non se toman medidas con urxencia, o 90% destes arrecifes poderían morrer nos próximos 25 anos. Nesta charla de TED (8´ 38´´), Theresa Fyffe, da Fundación Gran Barreira de Coral, fálanos da tecnoloxía que desenvolveron nos últimos cinco anos 350 científicos/as e enxeñeiros/as de Australia para restaurar os arrecifes de forma rápida e barata, baseada no coñecemento científico e tamén na sabiduría das comunidades indíxenas. A tradución ao galego é de Ana Marino Fernández, e recibiu o segundo premio do certame #traduceTED 2025, convocado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Con motivo do centenario da publicación da Revista Nós no ano 2020, a Fundación Otero Pedrayo organizou un roteiro teatralizado polas rúas de Ourense co obxectivo de divulgar entre a cidadanía a figura do ilustre intelectual galeguista Ramón Otero Pedrayo. Neste vídeo (8´ 47´´) podes ver un resumo cos momentos máis destacados do “Roteiro Otero Pedrayo”, no que diferentes membros da asociación cultural Platea Lúa deron vida ao “Patriarca das Letras Galegas”, así como a outros galeguistas ourensáns contemporáneos, como Vicente Risco e Florentino López Cuevillas.
Ver recurso
O concello coruñés de Vedra tomou o seu nome do adxectivo arcaico vedro, -a (procedente do adxectivo latino VETERUM), que deixou de empregarse na nosa lingua na Idade Media. Neste vídeo didáctico (4´ 54´´) a académica correspondente Luz Méndez fálanos da orixe e motivación do topónimo Vedra. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.
Ver recurso
Práctica de laboratorio (2´ 18´´) na que os profesores Xacobo de Toro e Rocío Romar che ensinan a comprobar como a presión e a forma inflúen no comportamento dos líquidos, para poder entender a capilaridade da auga e como se moven os líquidos en espazos estreitos. Anímaste a descubrilo? Só precisas auga destilada, dous portaobxectos de microscopio, un clip, unha goma de 60 mm, colorante alimentario, un vaso de iogur e unha tapa de plástico.
Ver recurso
Un bo criterio para axudar a reducir a pegada hídrica é consumir aqueles alimentos que precisen menos auga para a súa produción. Neste vídeo divulgativo (3´ 51´´) atoparás algúns consellos de utilidade para unha práctica de consumo alimentario responsable co medio. Esta peza audiovisual foi realizada pola Federación Galega de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, no marco do seu do programa de concienciación sobre a importancia da pegada hídrica.
Ver recurso
A dermatose nodular contaxioasa é unha enfermidade causada por un virus da familia Poxviridae, xénero Capripoxvirus, que afecta principalmente ao gando vacún. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 47´´) elaborado por AgroGargallo dannos algúns consellos para previr a expansión desta doenza no ámbito agrogandeiro.
Ver recurso
As capas finas de fitoplancto teñen unha grande importancia ecolóxica para os ecosistemas mariños. Neste vídeo divulgativo (1´ 54´´) Espe Broullón Mandado fálanos do contido da súa tese, na que estudou por que, onde e con que frecuencia aparecen estas capas finas de fitoplancto nas rías galegas. Esta peza forma parte da sección "Minutese, as teses da UVigo nun minuto", promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Imos imaxinar que unha nave espacial está viaxando á velocidade da luz (300.000 km/s) e unha astronaouta comeza a correr extremadamente rápido dentro da nave (5 km/s). Desde a perspectiva de alguén que o estivese observando desde a Terra, podería dicirse que ambas velocidades se suman e que a astronauta está viaxando a unha velocidade superior á da luz. Neste vídeo divulgativo (6´ 54´´) Diego Mojón Álvarez, investigador predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela (USC), dános a resposta, apoiando as súas explicacións na Teoría da Relatividade. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
A cultura popular asocia os morcegos aos vampiros, ás covas e á escuridade. Javier Iglesias, director do Museo de Historia Natural da USC, explícanos que, ao contrario do que moita xente cre, os morcegos non son cegos. Descubre neste vídeo divulgativo (4´ 12´´) cales son as principais características destes mamíferos voadores que logran dominar o ceo nocturno grazas á ecolocalización, o oído e a vista. A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (2´ 57´´) os profesores Xacobo de Toro e Rocío Romar Roel amósannos unha práctica de laboratorio sobre capilaridade, mestura de cores e equilibrio de líquidos. Anímaste a facela? Só precisas 5 vasos, auga, colorante alimentario e papel de cociña.
Ver recurso
O método d’Hondt é unha fórmula que debe o seu nome ao matemático belga Victor D'Hondt, empregada no ámbito electoral para converter os votos en escanos. Socialmente existe a crenza de que esta fórmula é inxusta, pois favorece aos partidos grandes fronte aos pequenos. Isabel Diz, profesora no Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC, explícanos neste vídeo divulgativo (5´ 25´´) como funciona a lei d’Hondt, aclarándonos que o motivo de que existan realmente certos desequilibrios na representación dos diferentes partidos non se debe ao método electoral empregado, senón a outros elementos que forman parte do sistema. A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (10´ 08´´) no que se fai un percorrido pola traxectoria profesional e persoal de Fernando Calvet, científico introdutor da bioquímica moderna en España, modernizador da química orgánica en Galicia e iniciador da investigación química na Universidade de Santiago nos anos 30 do pasado século. A peza foi elaborada pola Real Academia Galega de Ciencias, no marco dos actos de homenaxe que se lle renderon a este científico en 2025 con motivo do Día da Ciencia en Galicia.
Ver recurso
A Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense preséntanos neste vídeo (2´ 16´´) un proxecto deseñado para dar resposta ao momento crítico da alta hospitalaria dos doentes con dano cerebral. O obxectivo é o asesoramento e acompañamento ás familias desde o primeiro momento, para activar o proceso de rehabilitación nesta fase inicial (cando é máis eficaz) e diminuír o grao de estrés e incerteza. Este foi un dos traballos gañadores dos V Premios de Innovación en Saúde, organizados en 2025 pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.
Ver recurso
Daniel Apolinar García Estévez, xefe do Servizo de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, preséntanos neste vídeo divulgativo (2´ 18´´) unha aplicación baseada en intelixencia artificial e deseñada para dar apoio diagnóstico aos facultativos de atención primaria cando teñen que atender doentes que consultan por temas relacionados co deterioro cognitivo lixeiro amnésico e a demencia en grao leve. Este é un dos traballos finalistas dos V Premios de Innovación en Saúde, organizados en 2025 pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.
Ver recurso
Os números irracionais son aqueles que non podemos expresar como unha fracción de números enteiros, e a súa representación decimal é infinita e non periódica. Algúns exemplos son o número Pi, o número de Euler ou a proporción áurea. Neste vídeo divulgativo (5´ 17´´) a profesora Mª Cristina Vilas Taboada responde á pregunta de Ana Calaza e explícanos por que aparecen os números irracionais na natureza e na nosa vida cotiá. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
Unha idea moi estendida socialmente parte da premisa de que todas as mulleres, polo simple feito de selo, teñen o desexo natural de converterse en nais e unha capacidade innata para os coidados. Neste vídeo divulgativo (4´ 14´´) Jorge García Marín, profesor de Socioloxía na USC, explícanos que o instinto maternal é realmente unha construción sociocultural e non unha característica xenética das mulleres. A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
A través dun expediente conservado no Fondo da Real Audiencia de Galicia, que forma parte do Arquivo do Reino de Galicia, podemos coñecer as supersticións coas que convivían os habitantes de Ponte Caldelas a principios do século XVII, así coma os segredos e enganos que urdían os poderosos contra o pobo. A peza (6´ 27´´) forma parte da serie en formato podcast Segredos do Arquivo, que ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.
Ver recurso
O glute é unha proteína natural que se atopa no trigo, a cebada ou o centeo. Aínda que para a maioría das persoas o seu consumo non representa ningún problema de saúde, en moitas ocasións na publicidade alimentaria e tamén nalgunha información que se difunde en Internet preséntanse os alimentos sen glute como máis saudables. Neste vídeo divulgativo (4´ 50´´) Pilar España Fariñas, investigadora de Nutrición da USC, lémbranos que estas afirmacións carecen de base científica sólida e explícanos os motivos. A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Noelia Estévez Rionegro, docente no Departamento de Didácticas Aplicadas da USC, fálanos neste vídeo divulgativo (4´ 58´´) das características dialectais da comarca de Valdeorras, así como do valor identitario e cultural da súa fraseoloxía. Este traballo recibiu o segundo premio do certame “Vémolo Nós” (na categoría “Divulgación do coñecemento”), organizado pola USC en 2025.
Ver recurso
Sabías que a alimentación xoga un papel importante na saúde mental? Neste vídeo divulgativo (4´ 13´´) Marta Trillo explícanos que a responsable de que isto sexa así é a nosa microbiota, que mantén unha relación bidereccional co noso cerebro. Este traballo recibiu o primeiro premio do certame “Vémolo Nós” (na categoría “Divulgación do coñecemento”), organizado pola USC en 2025.
Ver recurso
Se convives con cans e gatos decataríaste de que cando saen ao exterior teñen por costume comer herba. A crenza popular di que cando un animal come herba é para purgarse ou porque ten problemas dixestivos, pero que di a ciencia? Neste vídeo (4´ 31´´) Ángela González, doutora en Veterinaria na USC, explícanos que este comportamento é totalmente normal e forma parte dos seus hábitos alimentarios. A reportaxe é autoría de Elena Martín e forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Breve introdución (2´ 12´´) na que se adiantan os contidos dunha serie de vídeos didácticos sobre dous ecosistemas existentes na contorna da Torre de Hércules (A Coruña): a motogueira e o cantil. O recurso, dirixido a alumnado de educación secundaria, foi elaborado polos profesores Adán Gonçalves García e Belén Lorenzo Arenal.
Ver recurso
Lakshminarayana Polavarapu, líder do grupo de "Física e Química de Materiais" do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo, fálanos neste vídeo divulgativo (6´ 07´´) do proxecto de investigación que dirixe, no que tentan xerar luz quiral —un tipo de luz con propiedades de polarización específicas— a partir dunhas estruturas cristalinas, coñecidas como nanocristais de perovskita de haluro de chumbo, utilizando metasuperficies quirais. Trátase dun importante avance no eido da nanofotónica que buscar mellorar a eficiencia das luces LED para diminuír a pegada enerxética.
Ver recurso
Queres saber o que acontece se pasamos corrente eléctrica a través da auga salgada? Neste vídeo didáctico (4´ 22´´) os profesores Rocío Romar e Xacobo de Toro ensínanche a comprobalo cunha práctica de laboratorio. O recurso está dirixido a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
Preguntácheste algunga vez por que un obxecto tan pesado coma un barco pode flotar sen afundirse? Arquímedes, matemático da antiga Grecia, deunos a resposta e Laura Gómez explícanolo de xeito moi sinxelo neste vídeo didáctico (1´). Este foi un dos traballos finalistas da 4ª edición do certame Youtubers Científicos, organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo.
Ver recurso
Os tesouros humanos vivos son individuos ou grupos que posúen en sumo grao as habilidades e técnicas necesarias para crear, producir e reproducir determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial. Neste vídeo didáctico (31´ 23´´) poderás achegarte, da man dos seus protagonistas, ao patrimonio inmaterial que se xerou historicamente ao redor do río Miño: cultura, saberes, medios de vida... O vídeo foi realizado pola Asociación Cultural Ponte... nas ondas! para a Deputación de Pontevedra, CIM Alto Minho, Fundación CEER e AECT Río Minho.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 05´´) no que os profesores Xacobo de Toro e Rocío Romar Roel nos ensinan a facer un sinxelo experimento para medir a salinidade da auga mariña evaporando medio litro de mostra nun vaso de precipitados.
Ver recurso
O alumnado de 1º da ESO do IES de Brión explícanos neste orixinal vídeo divulgativo (59´´) como contribuíu o coñecemento científico ao desenvolvemento da sociedade e anímanos a nós tamén a investigar e facer ciencia. Este foi un dos traballos gañadores da 4ª edición do certame Youtubers Científicos, organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo.
Ver recurso
Juan Carlos Navares, investigador do grupo Xeotecnoloxías Aplicadas do CINTECX (Universidade de Vigo) explícanos neste vídeo divulgativo (1´ 59´´) a diferenza entre a realidade virtual, aumentada e mixta. Despois desta breve introdución teórica, preséntanos o proxecto SUM4Re, no que participa o CINTECX, deseñado para crear bancos de material a través de minaría urbana dixital. Este foi un dos traballos gañadores da da 4ª edición do certame Youtubers Científicos, organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da UVigo.
Ver recurso
Os montes son fonte de diferentes recursos económicos, pero tamén nos proporcionan outros importantes servizos ecosistémicos: bens non comerciais relacionados co uso social e a biodiversidade. Neste vídeo divulgativo (4´ 09´´) a Asociación Forestal de Galicia fálanos dos servizos ecosistémicos que fornecen os montes veciñais en man común, poñendo como exemplo o monte veciñal de Castelo, situado no monte Xalo, no concello coruñés de Culleredo.
Ver recurso
Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro fálannos neste vídeo didáctico (3´ 51´´) da orixe da hidrosfera, desde os primeiros choques cósmicos ata a formación dos océanos que deron lugar á vida. Este recurso está dirixido a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
O 18 de xaneiro de 2021 un asteroide de case 3 toneladas chocou contra a atmosfera terrestre a velocidade hipersónica preto da cidade de Lugo. O estudo científico deste evento astronómico, realizado fundamentalmente no Campus Terra da USC, permitiu recuperar o meteorito ao que deu lugar, o “meteorito de Traspena” (o primeiro do que temos constancia en Galicia), e mesmo determinar a súa órbita arredor do Sol antes do impacto. O meteorito pódese contemplar actualmente no Museo de Historia Natural da USC. Nesta charla didáctica (56´), dirixida a alumnado de secundaria, Manuel Andrade Baliño, profesor de Astronomía e Astrofísica na USC, fálanos dos asteroides e do potencial risco de impacto contra a Terra, e máis concretamente do evento de Traspena. A charla tivo lugar o 5 de decembro de 2024 con motivo da conmemoración do Día da Ciencia en Galego, organizada por Igaciencia.
Ver recurso
Gustaríache aprender a proximar pi dun xeito práctico e divertido? Neste vídeo didáctico (2´ 20´´) Antía Fernández, alumna do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa), ensínache a facelo. Este traballo recibiu o primeiro premio do certame "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2025.
Ver recurso
Adrián Arnoso Bermúdez, Manuel Díaz Sánchez e Saúl López Souto, alumnos do IES Isaac Díaz Pardo (Sada), fálannos neste vídeo didáctico (2´ 30´´) da teoría de grafos e dos camiños e circuítos eulerianos. Este traballo foi galardoado co segundo premio do certame "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2025.
Ver recurso
Gustaríache que os teus vídeos de Youtube aparezan en Google, destaquen sobre os demais e funcionen nas redes? Neste recurso formativo (16´ 21´´) Adrián Suárez, doutor en Comunicación, dános algunhas claves para mellorar o posicionamento dos nosos vídeos de Youtube, conseguir que sexan moi vistos e lograr que estean conectados cunha estratexia de comunicación a longo prazo. A peza elaborouse en 2021 no marco das acción formativas do Proxecto Youtubeiras.
Ver recurso
Vídeo didáctico (3´ 23´´) no que se explica a importancia dos mares e océanos como reguladores do clima e como fonte de vida, recursos e enerxía. Tamén se analizan os movementos das súas augas —ondas, correntes, mareas— e como estes interactúan coa costa, influídos por factores como o vento, a gravidade, a salinidade e a litoloxía do litoral. Esta peza está dirixida a alumnado de educación secundaria e foi elaborada por Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro Cacharrón no marco do proxecto XeoClip.
Ver recurso
Co gallo da conmemoración do 75º aniversario da morte de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, Nós Televisión publicou en maio de 2025 esta reportaxe (11´) na que Henrique Monteagudo (director da Cátedra Castelao da USC) e Miguel Anxo Seixas (presidente da Fundación Castelao) reflexionan sobre este intelectual, artista, escritor e político rianxeiro que se converteu nun dos principais símbolos de Galicia.
Ver recurso
Primeiro capítulo (9´ 33´´) da serie documental producida por Nós Televisión Castelao en Lugo, na que se narran diferentes feitos históricos da traxectoria política de Castelao que transcorreron na cidade das murallas. Nesta primeira entrega fálannos da súa participación na I Asemblea Nacionalista Galega, que tivo lugar os días 17 e 18 de novembro de 1918. A serie está dirixida por Diego Frei e Rosabel Candal, con guión de Ana Viqueira e a propia Rosabel Candal.
Ver recurso
Castelao consideraba a paisaxe galega un símbolo da identidade nacional. En 1931 depositou no Museo de Pontevedra unha serie de once obras pictóricas que el mesmo denominou “estampas” e que constitúen unha colección que nos permite coñecer o "Castelo paisaxista" e a influencia que tivo nel a arte oriental. Neste vídeo divulgativo (5´ 48´´) Sabela Santos, do Departamento de Educación do Museo, ofrécenos a posibilidade de facer unha visita virtual á sala na que están expostas. Material complementario: -“Os mundos de Castelao”, caderno didáctico para educación secundaria
Ver recurso

Vídeo didáctico (9´ 21´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre o teatro galego do primeiro terzo do século XX. Trátase dun resumo dun dos temas incluídos no temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio didáctico ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). Neste vídeo descubrirás as principais características das obras escritas por autores adscritos ás Irmandades da Fala, á Xeración das Vangardas e á Xeración Nós. Entre eles destacan Armando Cotarelo Valledor, Xaime Quintanilla, Ramón Cabanillas, Antón Villar Ponte, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Alfonso D. Rodríguez Castelao ou Rafael Dieste.

Ver recurso
O día 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o seu derradeiro gran discurso público, coñecido como "Alba de Gloria", no Teatro Argentino en Buenos Aires, no transcurso do festival organizado polo Centro Gallego para celebrar o Día de Galicia. No ano 2018, para conmemorar o 70 aniversario daquela alocución memorable, o Consello da Cultura Galega organizou unha exposición na que se ofrecía unha recreación deste discurso. Podes vela neste vídeo (15´). Material complementario: -Edición conmemorativa de "Alba de Gloria" editada en 2018 polo CCG
Ver recurso
Andrea Santiso, docente de ensino secundario e investigadora no ámbito da toponimia, fálanos neste vídeo didáctico (3´ 35´´) do debate etimolóxico existente arredor do topónimo Muxía e ofrécenos algúns argumentos para considerar a súa posible orixe, descartando a vinculación de Muxía coa familia do galicismo monxe. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.
Ver recurso
Raquel Carragal ensínanos neste vídeo didáctico (4´ 15´´) a realizar unha secuencia de exercicios sinxelos focalizados no fortalecemento de toda a musculatura que dalgunha maneira interfire na funcionalidade dos nosos xeonllos. A peza, elaborada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, forma parte dunha serie de pílulas didácticas destinadas a fomentar a práctica do deporte e os hábitos saudables.
Ver recurso
Neste breve vídeo divulgativo (26´) a Asociación Forestal de Galicia amosa datos sobre o potencial resineiro dos piñeirais de 'Pinus pinaster' de Galicia, co obxectivo de que os propietarios forestais poidan valorar a posibilidade de compatibilizar o aproveitamento resineiro co madeireiro. Os datos foron obtidos no marco do proxecto Resinerxia, do que forma parte a Asociación Forestal de Galicia xunto coas empresas Xagoaza Pinaster S.L. e Sinergias Sostenibles Resiforest S.L., a Universidade de Vigo, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña (Porto do Son).
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 56´´), o profesor da USC Xosé Manuel Núñez Seixas fálanos do contexto histórico e político no que viviu Castelao. Este recurso elaborouse no marco da exposición "Alba de Gloria. Unha experiencia", unha mostra conmemorativa organizada en 2018 polo Consello da Cultura Galega.
Ver recurso
Castelao valeuse das súas grandes dotes como caricaturista para construír de xeito consciente a súa propia imaxe icónica. José Luis Ageitos, traballador do Departamento de Educación do Museo de Pontevedra, explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 41´´) as principais características da emblématica autocaricatura de Castelao que pode visitarse no Museo.
Ver recurso
A traxectoria vital de Castelao non podería contarse completa omitindo o importante papel que xogou a súa dona, colaboradora e conselleira: Virxinia Pereira. Nesta breve peza divulgativa (5´) ofrécennos unha divertida recreación do papel que xogou Virxinia Pereira na proxección pública de Castelao. A peza forma parte da serie Nosoutras da Televisión de Galicia e está dirixida por Amara Fontao e Andrés Mahía, con guión de Amara Fontao.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (13´ 30´´) elaborado no marco da exposición ‘Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia’ (Museo de Pontevedra, 14 de marzo a 20 de abril de 2025), que amosa réplicas a escala dos panos que Castelao deseñou e elaborou para a Polifónica. Ángeles Tilve, directora do Museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle, comisario da exposición e presidente da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, e Rafael Úbeda, pintor encargado da restauración de varios panos, fálannos da relación de Castelao con esta entidade pontevedresa, das características dos panos e das singularidades da exposición.
Ver recurso
O Museo de Pontevedra custodia varias obras de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao nas que o autor trata a problemática da emigración. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 58´´) preséntannos algunhas das máis significativas. Material complementario: -“Os mundos de Castelao”, caderno didáctico para educación secundaria
Ver recurso
Segundo Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao, podería afirmarse que “Castelao non ten casa de seu”, porque a súa vida “é case a dun nómade”. Nesta reportaxe da TVG (4´ 22´´) atoparás un breve percorrido pola biografía deste ilustre intelectual e os lugares que habitou en Galicia e Arxentina.
Ver recurso
Primeira parte (39´ 28´´) dunha serie de tres vídeos que conforman o documental arxentino "Castelao, biografía dun ilustre galego", dirixido en 1980 por Jorge Prelorán con guión de Antonio Perez-Prado, no que se fai un percorrido pola biografía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A versión da película que ofrecemos é unha restauración de Carlos Larrondo do filme orixinal, producida por Filmanova no ano 2007, con voces en galego de Luís Tosar e María Liaño. Outros vídeos da mesma serie: capítulo 2 ; capítulo 3
Ver recurso
Documental (24´ 17´´), dirixido e producido por Xan Leira no ano 2001, no que se fai unha reconstrución da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e dos principais feitos históricos e políticos do século XX. A obra recolle tamén as lembranzas de importantes persoeiros do ámbito cultural galego, como Xaime Illa Couto, Francisco Fernández del Riego, Antón Fraguas, Isaac Díaz Pardo ou Xosé Neira Vilas, entre outros.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 21´´) no que Elena Vázquez Abal, catedrática da USC na área de Xeometría e Topoloxía, nos explica cunha demostración práctica que relación existe entre a circunferencia e pi. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso

Vídeo divulgativo (8´ 09´´), dirixido por Antón Varela e locutado por Lucía Aldao, pertencente á serie "Os 20 do XX". Esta segunda entrega céntrase nas Irmandades da Fala e na consolidación do nacionalismo galego. Descubrirás os debates que tiveron lugar nas sucesivas Asembleas Nacionalistas, protagonizados por Lois Peña Novo, os irmáns Vilar Ponte, Vicente Risco ou Castelao, e as diferentes posturas que mantiñan sobre cal debía ser a súa principal liña de acción, defendendo uns a participación política e outros, o activismo cultural.

Ver recurso
O topónimo Mens está de actualidade neste ano 2025 porque nesta parroquia do concello de Malpica naceron catro das pandeireteiras homenexeadas no Día das Letras Galegas: Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda. Neste vídeo (1´ 34´´) o académico Gonzalo Navaza trata de dar luz á posible etimoloxía deste topónimo. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 21´´) no que se explica como se realiza un acceso intraóseo con trade. A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco do curso “Coidados de enfermaría en emerxencias vitais”.
Ver recurso
A investigadora Lúa Blanca Garea preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 49´´) o proxecto no que participa, orientado ao estudo das ciencias naturais en Galicia durante o século XIII por parte de centros científicos de franciscanos e de dominicos, e a súa relación con outros centros de Castela e de Europa. Esta peza audiovisual foi elaborada no marco das xornadas de investigación As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe, que se celebraron o 9 de outubro de 2023 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC.
Ver recurso
En galego non saen orzuelos nos párpados, pero en ocasións pode aparecer un orizó, tirizó ou toromelo nas pálpebras ou na capela dos ollos. Esther Estévez explícacho de xeito ameno neste vídeo didáctico (25´´). A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Malia seren moi pouco coñecidos, os tanicitos son imprescindibles para o correcto funcionamento do sistema nervioso. Estas células actúan como comportas, deixando pasar os nutrientes, as hormonas e outros alimentos básicos para o cerebro. Neste vídeo divulgativo (2´ 48´´) o investigador do CiMUS Rubén Nogueiras fálanos do proxecto de investigación no que participa, onde estuda como a alteración do correcto funcionamento dos tanicitos pode influír no desenvolvemento da obesidade e de enfermidades neurodexenerativas.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (5´ 35´´) Iván Méndez, filólogo e técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, explícanos a orixe e o significado dos topónimos Vila da Igrexa, o nome da aldea en que viviron Adolfina e Rosa Casás Rama (dúas das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025), e Cerceda, o nome da parroquia e concello ao que pertence este lugar. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.
Ver recurso
O sistema nervioso é unha rede complexa que coordina e regula as funcións de todos os órganos e sistemas do corpo humano. A profesora Cristina Viqueira fálanos neste vídeo didáctico (9´ 23´´) dos dous tipos de células que compoñen o sistema nervioso: as neuronas e as células da glía. A lección está dirixida a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 52´´) no que se explica como se realiza a canalización dun acceso venoso periférico. A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco do curso “Coidados de enfermaría en emerxencias vitais”.
Ver recurso
A regueifa comparte con outras disciplinas artísticas a característica da improvisación oral. Neste vídeo (55´ 41´´) os integrantes do grupo Sondarúa fálannos da cultura hip hop e fannos unha demostración práctica sobre a improvisación oral no rap. A peza está dirixida a alumnado de ensino medio e forma parte dos vídeos formativos da edición do ano 2021 do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.
Ver recurso
Diego Silva Muñiz fálanos neste vídeo divulgativo (58´´) do obxecto de estudo da súa tese, un traballo co que trata de mellorar a capacidade de máquinas que teñen un uso xeral (non especializado) para que poidan seguir traxectorias concretas, mesmo en condicións difíciles ou variables. Esta peza forma parte da sección Minutese, as teses da UVigo nun minuto, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (7´ 31´´), a partir dun documento dun preito do século XIX sobre o uso dunhas barcas no río Miño, podemos coñecer como os habitantes da Ribeira Sacra souberon quitarlle beneficio ao río e aproveitar as dificultades do relevo do territorio para o cultivo do viño. A peza forma parte da serie en formato podcast Segredos do Arquivo, que ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.
Ver recurso
Os ictus son a consecuencia dunha alteración da circulación cerebral que provoca un déficit de osíxeno e inicia un proceso de morte neuronal. O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos neste vídeo divulgativo (1´ 55´´) cales son os sinais que deben poñernos en alerta ante a posibilidade de estarmos a sufrir un ictus, e tamén cales son os hábitos de vida saudables que debemos seguir para reducir o risco.
Ver recurso
As cantareiras galegas cantan nun volume alto porque na maioría dos casos teñen que proxectar a súa voz por enriba do instrumento musical que están tocando. Neste breve titorial de canto (2´ 40´´) Xacarandaina explícanos como temos que facer para proxectar a voz no ton axeitado, empregando como exemplo unha copla de Eva Castiñeira, unha das cantareiras homenaxeadas no Día das Letras Galegas 2025.
Ver recurso
Sabías que os furóns ocupan o terceiro lugar, despois de cans e gatos, como animal favorito de compañía en España? Se estás pensando en adoptar un, debes saber que teñen un comportamento e personalidade propias, e tamén moitas necesidades específicas. Neste vídeo divulgativo (5´ 20´´) o veterinario Guillermo Campos cóntanos 12 curiosidades sobre este pequeno mamífero da familia dos mustélidos.
Ver recurso
Obradoiro práctico (13´ 47´´) no que Olalla Liñares e A Rabela fan un percorrido por diferentes lugares do mundo (nomeadamente aqueles que forman parte da lusofonía, mais tamén outros de América Latina) nos que se conservan prácticas de improvisación oral similares á regueifa. Esta peza, dirixida a alumnado de ensino medio, forma parte dos vídeos formativos da edición do ano 2021 do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.
Ver recurso
Breve titorial (2´ 04´´) co que poderás aprender, coa axuda do grupo Xacarandaina, a bailar os pasos básicos da muiñeira. O video foi elaborado no marco das actividades de conmemoración das Letras Galegas desenvolvidas por Feiraco no ano 2025.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 34´´) no que se ofrecen as indicacións básicas para poder ofrecer un soporte vital avanzado de calidade en situacións de emerxencia. A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco do curso “Coidados de enfermaría en emerxencias vitais”.
Ver recurso
Xan Carballa e Xosé Enrique Acuña fálannos neste vídeo divulgativo (3´ 14´´) do contexto histórico e político no que se produciu o retorno dos restos de Castelao a Galicia en 1984. Este recurso foi elaborado no marco da exposición Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías, organizada polo Museo de Pontevedra no ano 2024, a partir dunha mostra de 52 fotografías realizadas por Xan Carballa para A Nosa Terra.
Ver recurso
Vídeo (28' 32'') da canle 'Chaves da nosa historia' na que se relatan os sucesos da chamada Revolución galega de 1846 e se ofrecen cinco aspectos clave que rompen co relato máis habitual e permiten unha interpretación moi diferente deste episodio histórico.
Ver recurso
A Real Academia Galega de Ciencias elixiu a Fernando Calvet como "Científico Galego do Ano 2025". Nesta breve reportaxe da TVG (2´ 08´´) poderás achegarte á biografía deste científico pioneiro, considerado introdutor da bioquímica moderna en España, modernizador da química orgánica en Galicia e iniciador da investigación química na USC, xa nos anos 30 do pasado século. Material complementario: -Filme Os fillos do sol (Ramón Costafreda, Kiko Ruíz Claverol, 2016).
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (5´ 19´´) o Arquivo do Reino de Galicia cóntanos, a través da documentación histórica que custodia, cal era a lexislación vixente sobre a celebración de vodas no Reino de Galicia durante o século XVI e que lle aconteceu aos mozos Jácome da Graña e María Rodríguez durante a celebración das súas nupcias en Vilasantar. A peza forma parte da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, que ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.
Ver recurso
Raquel Carragal ensínanos neste vídeo didáctico (4´ 33´´) a realizar diferentes exercicios destinados á liberación do membro inferior. A peza, elaborada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, forma parte dunha serie de pílulas didácticas destinadas a fomentar a práctica do deporte e os hábitos saudables.
Ver recurso
Gemma Rojo López fálanos neste vídeo divulgativo (3´ 58´´) do tema da súa tese de doutoramento, centrada na caracterización de novos formigóns autocompactantes con residuos industriais e fibras para aumentar a súa sustentabilidade e vida útil. Este vídeo foi galardoado cun accésit na categoría C (para teses de doutoramento) da terceira edición do certame Cóntame a túa investigación!, organizado pola Universidade da Coruña en 2025.
Ver recurso
Titorial (2´ 40´´) no que o grupo Xacarandaina nos dá as instrucións básicas para comezar a tocar a pandeireta. Concretamente, ensínannos como debe collerse o instrumento, como traballar ben a articulación e como tocar coa pandeireta unha muiñeira. O video foi elaborado no marco das actividades de conmemoración das Letras Galegas desenvolvidas por Feiraco no ano 2025.
Ver recurso
Práctica científico-escolar (32´ 40´´) desenvolvida en marzo de 2018 no IES Virxe do Mar (Noia) na que o alumnado aprende como se realiza a extracción de ADN dun berberecho e de tres ameixas extraídas da praia de Testal. A práctica desenvolveuse no marco do proxecto Climántica e foi dirixida por Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que contou coa colaboración do investigador e membro do seu equipo Juan Ansede.
Ver recurso
Irimia Pérez Sánchez e Manuel García Amado ofrécenche neste vídeo (3´ 51´´) a posibilidade de aprender unha serie de expresións e frases feitas do idioma galego que che axudarán a desenvolverte con éxito en diferentes situacións da vida cotiá. Este traballo recibiu o segundo premio do certame “Vémolo Nós” (na categoría “A utilidade do galego”), organizado pola USC en 2024.
Ver recurso
Os investigadores/as do CiQUS - Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC deseñaron un grafeno poroso capaz de filtrar moléculas á carta. O investigador Diego Peña fálanos neste vídeo divulgativo (2´ 17´´) das súas potenciais aplicacións: potabilización de auga, separación de gases de efecto invernadoiro, a secuenciación de ADN ou a diálise de ril. Esta peza audiovisual foi elaborada no marco da xornada virtual Ciencia Singular 2020, organizada pola USC.
Ver recurso
A biotecnoloxía é o conxunto de técnicas que utilizan sistemas biolóxicos e organismos vivos, ou os seus derivados, para a creación ou modificación de produtos ou procesos. Neste vídeo divulgativo (5´) Daniel Abella López e Adrián López Teijeiro, biotecnólogos e investigadores predoutorais na USC, amósannos exemplos prácticos do emprego da biotecnoloxía no ámbito rural. Este traballo recibiu o segundo premio do certame “Vémolo Nós” (na categoría “Divulgación do coñecemento”), organizado pola USC en 2024.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 59´´) no que Rubén González Sanmartín, alumno de Enxeñaría Química na USC, nos explica que é un reactor químico e cales son os diferentes tipos de reactores que existen segundo o seu funcionamento, centrándose especificamente nos reactores catalíticos, os máis empregados na industria. Esta peza foi premiada cun accésit no I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química, organizado en 2022 pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Ver recurso
Un dos obxectivos da enxeñaría química é o desenvolvemento de novos materiais ou tecnoloxías, unha liña de traballo de gran relevancia para o ámbito medioambiental. Neste vídeo divulgativo (3´ 17´´) Iván Rego Camiño, Antón Vázquez Seoane e Samuel Santiago Pose explícannos como o uso do hidróxeno como fonte de alimentación nos vehículos modernos podería axudar a combater o principal problema ambiental que temos na actualidade: o quecemento global. Esta foi unha das pezas gañadoras do I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química, organizado en 2022 pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (2´ 33´´) no que Ángela Arnosa Prieto nos presenta o traballo que está a desenvolver o grupo NANOMAG da Universidade de Santiago de Compostela para obter materiais celulósicos a partir dos residuos da industria madeireira. Os materiais celulósicos son unha nova achega da química sostible para reducir a contaminación por substancias nocivas nas augas. Esta peza obtivo o primeiro premio do "I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible", organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC.
Ver recurso
Sabías que un movemento tan aparentemente sinxelo como o de dar golpes repetidamente co dedo índice cando estamos aburridos involucra músculos, sistema nervioso, cerebro, medula espiñal e neuromodulación? Elena Madinabeitia Mancebo, investigadora na Universidade da Coruña, preséntanos neste vídeo divulgativo (4´ 57´´) a súa tese doutoral, na que estudou a fatiga que xera este tipo de movemento repetitivo que facemos ao mover un dedo. Este vídeo foi premiado na categoría C (para teses de doutoramento) da terceira edición do certame Cóntame a túa investigación!, organizado pola Universidade da Coruña en 2025.
Ver recurso
José Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional Illas Atlánticas, reflexiona neste vídeo divulgativo (5´ 19´´) sobre a importancia do labor de conservación que se fai neste espazo natural, que abrangue os arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora, Cortegada e o mar que os rodean. Así mesmo ofrece unha serie de recomendación dirixidas aos visitantes, co ánimo de que sexan conscientes da importancia de contribuír á preservación do parque durante a súa estadía. Material complementario: -Recursos didácticos sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 26´´) no que se explica como deben organizarse os diferentes membros do equipo sanitario nunha situación de emerxencia con parada cardiorrespiratoria. A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco do curso “Coidados de enfermaría en emerxencias vitais”.
Ver recurso
Abril, maio e xuño son os meses máis complicados para as persoas alérxicas. Neste vídeo divulgativo (59´´) poderás descubrir en menos dun minuto algúns consellos prácticos para combater os efectos das alerxias típicas da primavera.
Ver recurso
A Federacíón Galega de Medio Ambiente (Fegama) ofrécenos neste vídeo divulgativo (2´ 47´´) unha serie de consellos para conseguir un consumo racional da auga na actividade agrogandeira. Esta peza audiovisual foi realizada por Fegama, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, no marco do seu do programa de concienciación sobre a importancia da pegada hídrica.
Ver recurso
Os plásticos son materiais poliméricos moi empregados polas súas extraordinarias propiedades, pero a incorrecta xestión dos plásticos convencionais, os derivados do petróleo, convérteos nun serio problema medioambiental. Neste vídeo divulgativo (3´ 39´´) Anuska Mosquera, catedrática da USC e investigadora do CRETUS, explícanos en que consiste o proxecto de investigación no que participa, onde a partir da tecnoloxía PRETENACC están a crear plásticos biodegradables a partir de aceites de cociña usados.
Ver recurso

Vídeo (5’ 15’’) dunha práctica de laboratorio no que se amosa a preparación dunha disolución de fertilizante a partir de nitrato potásico e dihidróxeno fosfato amónico, disoltos en auga destilada. Deste xeito obtense unha disolución concentrada de fertilizante, que contén nitróxeno, fósforo e potasio, e se pode utilizar disolta en auga para fertilizar plantas ornamentais. O vídeo está asociado ao proxecto funil.gal, unha iniciativa do Grupo de Innovación Docente Ciencianosa.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 18´´) no que María Carmen Barciela, profesora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, nos explica que o ferro é un micronutrinte esencial para as plantas, xa que desempeña funcións claves na síntese da clorofila, mantén a estrutura dos cloroplastos e a actividade encimática. Cando o ferro se atopa en altas concentracións nas uvas, pode producir problemas no proceso de elaboración do viño. A profesora Barciela explícanos como se emprega a técnica da espectroscopia de absorción atómica con chama para a determinación de ferro no viño. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 47´´) no que se explica que son os plásticos, cales son as características que os fan tan versátiles para múltiples usos da nosa vida cotiá, que inconvenientes teñen desde o punto de vista medioambiental e cales son os métodos alternativos verdes para lograr que a súa degradación sexa sostible e respectuosa co medio. Esta peza acadou o terceiro premio no II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible, un certame promovido pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC co apoio do Servizo de Normalización Lingüística.
Ver recurso
As neuronas reciben e transmiten sinais mediante impulsos nerviosos, empregando unha forma de comunicación neuronal denominada sinapse. Neste vídeo didáctico (4´ 16´´) a profesora Cristina Viqueira axudarache a entender todo o relacionado coa transmisión dos impulsos nerviosos. A peza está dirixida a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 12´´) no que María Moreno Pérez nos explica o concepto de "fotosíntese artificial", un proceso de xeración de hidróxeno a partir de fontes renovables e sostibles. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Tratando de resolver unha pregunta previa do divulgador científico Ángel Vidal, o profesor da Universidade da Coruña Miguel Brozos explícanos neste vídeo didáctico (4´ 44´´) que diferenza hai entre contar e estimar e cales son os diferentes métodos que podemos empregar para estimar a cantidade de asistentes a unha manifestación.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 12´´) Juan Gefaell preséntanos a súa tese de doutoramento, na que estudou os diferentes aspectos do polimorfismo de cor de cuncha dos caracois mariños e a función que cumpre este mecanismo no caso concreto da Littorina saxatilis. Esta peza forma parte da sección Minutese, as teses da UVigo nun minuto, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Peza audiovisual elaborada no marco das xornadas de investigación As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe, que se celebraron o 9 de outubro de 2023 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC. No vídeo (4´ 18´´) o investigador Santiago Rodríguez Caramés, adscrito ao programa de doutoramento de Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, fálanos da influencia de Xaquín Lorenzo e Manuel Gómez Román (membros da Seminario de Estudos Galegos) na arquitectura galega contemporánea (1970-2000).
Ver recurso
Vídeo didáctico (30´ 40´´) no que o enxeñeiro químico Luis Díaz Allegue nos fala de economía circular e bioeconomía, dous campos de estudo nos que está especializado como investigador académico e tamén como participante en proxector europeos centrados nestas materias. A charla está dividida en dúas partes: na primeira o profesor Díaz Allegue explica brevemente en que consiste a economía circular e na segunda fálanos máis detidamente da bioeconomía (a parte da economía circular centrada na materia orgánica), así como dos diferentes procesos de tratamento dos residuos urbanos. Unha vez rematada a explicación teórica, o relator contesta as preguntas e dúbidas formuladas polo público, que podes ver a partir do minuto 36. A charla está dirixida a alumnado de secundaria e foi organizada por Igaciencia en novembro de 2021, con motivo da celebración do XII Día da Ciencia en Galego.
Ver recurso
Raquel Carragal ensínanos neste vídeo didáctico (3´ 55´´) a realizar diferentes exercicios para traballar o fortalecemento do nocello. A peza, elaborada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo, forma parte dunha serie de pílulas didácticas destinadas a fomentar a práctica do deporte e os hábitos saudables.
Ver recurso
Obradoiro práctico de regueifa (18´ 31´´) impartido por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira, dirixido a alumnado de ensino medio. Esta peza forma parte dos vídeos formativos da edición do ano 2021 do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo.
Ver recurso
Vídeo didáctico (3´ 06´´) no que se ofrecen as principais pautas de aplicación do sistema ABCDE no soporte vital avanzado. A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco do curso “Coidados de enfermaría en emerxencias vitais”.
Ver recurso
A radiación solar non incide de igual xeito sobre as diferentes zonas do planeta, o que ocasiona que unhas zonas da Terra se quenten máis ca outras e á súa vez provoquen un quecemento desigual da atmosfera. Neste vídeo didáctico (2´ 49´´) explícannos como estas diferenzas de temperatura, xunto coa rotación da Terra, son o motor que move as masas de aire atmosféricas, contribuíndo á redistribución do calor no planeta.Tamén descubrirás cales son as tres principais células da circulación atmosférica que hai en cada hemisferio terrestre. A peza, elaborada polos profesores de secundaria Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez, está dirixida a alumnado de ESO e bacharelato.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (5´ 05´´) Adela Sánchez Moreiras, catedrática de Fisioloxía Vexetal da Universidade de Vigo, fálanos do concepto da agroecoloxía e preséntanos dous proxectos de investigación nos que participa: "Root2Res", no que estudan como responden as plantas ao cambio climático e "AGROSUS", onde investigan como eliminar o uso de herbicidas sintéticos nos cultivos para favorecer a biodiversidade.
Ver recurso
A Rabela fálanos nesta pílula didáctica (1´ 43´´) dos puntos comúns e complementarios entre a regueifa e outros tipos de músicas improvisadas. Esta peza forma parte dos vídeos formativos do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 56´´) Noelia Pérez Martínez, investigadora no programa de doutoramento de Historia, Xeografía e Historia da Arte, preséntanos o proxecto “A historia dos nosos mortos: unha síntese acerca dos estudos de osteoarqueoloxía no territorio galego”, centrado na evolución que experimentou a investigación no ámbito da osteoarqueoloxía, desde os primeiros estudos anatómicos e paleopatolóxicos, ata as investigacións actuais baseadas en análises bioxeoquímicas. Esta peza audiovisual elaborouse no marco das xornadas de investigación As disciplinas do Seminario de Estudos Galegos onte e hoxe, que se celebraron o 9 de outubro de 2023 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC.
Ver recurso
O nome de Baiona nace no ano 1201, cando o rei Afonso VIII (chamado IX) lles concede carta foral aos veciños da vila e modifica o nome previo que tiña o lugar. O académico Gonzalo Navaza explícanos neste vídeo didáctico (2´ 35´´) cal é a relación histórica entre este topónimo galego e o nome da francesa Baiona/Bayonne. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.
Ver recurso
Novo capítulo (1´ 36´´) da serie Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas no que Esther Estévez nos ensina como se pronuncian unha serie de palabras rematadas -ove; -obre; -obra; -obro; -ebra; -ebro; así como as que comezan por ob-/ov- ou por eb-/ev-. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. Material complementario: Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Ver recurso
A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo ofrécenos unha serie de pílulas didácticas destinadas a fomentar a práctica do deporte e os hábitos saudables. Neste vídeo en concreto (4´ 15´´) Raquel Carragal ensínanos unha serie de exercicios para traballar a liberación do pé.
Ver recurso
Diferentes investigadoras da Universidade da Coruña, dos ámbitos da química, a enxeñaría de camiños, o dereito, a biloxía, a filoloxía e o turismo, fálannos neste vídeo divulgativo (11´ 16´´) da súa traxectoria científica e vital, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica. Esta peza foi elaborada pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña para celebrar en 2025 o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.
Ver recurso
O profesor Xacobo de Toro amósanos neste vídeo didáctico (3´ 37´´) os diferentes tipos de mapas do tempo que existen e dános as claves para aprender a interpretalos. O recurso está dirixido a alumnado de ESO e bacharelato e foi elaborado polos profesores de secundaria Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez.
Ver recurso
Josinho da Teixeira cóntanos neste pílula didáctica (1´ 15´´) cal é, na súa opinión, o gran segredo da regueifa desde o punto de vista comunicativo. Esta peza forma parte dos vídeos formativos do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 37´´), elaborado polo xornal GCiencia, no que se presenta un proxecto de investigación colaborativo entre a Universidade de California e o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (Cinbio) da Universidade de Vigo, con aplicacións na medicina personalizada nun futuro próximo. Verónica Salgueiriño, investigadora principal do grupo "Nanomateriais híbridos" do Cinbio, explícanos como a combinación de virus de plantas con nonopartículas mangnéticas pode revolucionar a administración dirixida de fármacos.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (8´ 16´´) Elena Vázquez Abal, catedrática da USC na área de Xeometría e Topoloxía, convídanos a reflexionar sobre canto pode haber de mito arredor da proporción áurea e o seu uso na arte, tratando de responder unha pregunta previa de David Miranda. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
Quinta entrega (6´ 51´´) da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, que ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia. Neste capítulo, a partir do contido dun testamento de comezos do século XVI, poderemos coñecer de primeira man cal era a actitude ante a morte dun home rico e poderoso: Lois de Palamades.
Ver recurso
O 90% das enfermidades raras teñen a súa orixe nunha mutación xenética. Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e catedrático de Medicina Legal na USC, explícanos nesta charla de divulgación científica (29´ 36´´) que que son as enfermidades raras, cal é a súa problemática específica e como contribúe o CiMUS - Centro Superior de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas neste campo de investigación. A charla foi emitida en directo o 23 de novembro de 2024, dentro da VIII Xornada de Portas Abertas da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC.
Ver recurso
As rías galegas constitúen un exemplo de baías de afloramento, polo que son un dos lugares máis produtivos do planeta, caracterizadas por unha elevada produción pesqueira e marisqueira. Nesta pílula didáctica (3´) preséntannos os resultados dun estudo científico que desmostrou que as mudanzas rápidas do vento xogan un papel clave na elevada produtividade biolóxica das Rías Baixas. A peza foi elaborada no marco do proxecto científico REMEDIOS, promovido polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, o Instituto Español de Oceanografía e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC.
Ver recurso
A xenética forense é unha rama da medicina legal na que se empregan os coñecementos de xenética para resolver casos de interese xudicial. Neste vídeo divulgativo (4´ 43´´) María Victoria Lareu, investigadora do INCIFOR (Instituto de Ciencias Forenses da USC) e catedrática da Universidade de Santiago, fálanos das investigacións que están a realizar no seu grupo para atopar marcadores xenéticos que indiquen a cor do cabelo e ollos, o tamaño do nariz ou a distancia interocular, co obxectivo de conseguir realizar un "retrato robot" xenético.
Ver recurso
O son das campás está estreitamente relacionado coa paisaxe física, simbólica e sonora de Galicia. Neste vídeo divulgativo (6´ 09´´), extractado da serie documental "Sentidos contados" da TVG, poderás achegarte ao oficio de campaneiro e á linguaxe das campás, unha manifestación do noso patrimonio cultural inmaterial.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (5´ 26´´) o arquitecto Plácido Lizancos Mora, en resposta a unha pregunta de Paco Lodeiro, explícanos os aspectos matemáticos que hai que ter en conta na construción dunha escaleira. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
A bioimpresión é un método de fabricación que permite obter obxectos tridimensionais que recrean a estrutura de tecidos e órganos utilizando impresoras 3D. Neste vídeo divulgativo (2´ 29´´) Bárbara Blanco, investigadora do iMATUS (Instituto de Materiais), explícanos como desde o seu grupo de investigación están a traballar entre outras cousas, na impresión de cartilaxes de óso e de apósitos personalizados para o tratamento de feridas crónicas.
Ver recurso
Cuarto capítulo (4´ 45´´) da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, no que coñecerás documentación histórica que contén información sobre o acontecido nas festas celebradas polo gremio de zapateiros na vila de Allariz no ano 1589. A serie Segredos do Arquivo ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.
Ver recurso
Pílula didáctica (2´ 49´´), elaborada por Esperanza Broullón, na que explica que son as capas finas de fitoplancto e cal é súa importancia ecolóxica para os ecosistemas mariños. A peza foi elaborada no marco do proxecto científico REMEDIOS, promovido polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, o Instituto Español de Oceanografía e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC.
Ver recurso
Máis do 75% da pegada hídrica mundial está relacionada coa produción de alimentos para as persoas. Neste vídeo divulgativo (2´ 35´´) fálannos da importancia de calcular a pegada hídrica dos alimentos para poder controlar o impacto ambiental da nosa alimentación e buscar alternativas sustentables. Esta peza audiovisual foi realizada pola Federación Galega de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, no marco do seu do programa de concienciación sobre a importancia da pegada hídrica.
Ver recurso
Na actualidade temos moitas ferramentas que nos ofrecen información meteorolóxica, pero o tempo non é facilmente predicible xa que uns cambios mínimos nas condicións iniciais poden mudar substancialmente o resultado final. O profesor Xacobo de Toro explícanos neste vídeo didáctico (2´ 45´´) cales son as variables que hai que ter en conta na predición meteorolóxica.
Ver recurso
O interese gastronómico do ourizo de mar aumentou considerablemente durante os últimos anos debido ás súas excelentes propiedades culinarias e nutricionais. Elisa Osorio, investigadora no Centro de Investigación Mariñas da Universidade de Vigo, fálanos neste vídeo divulgativo (1´ 10´´) do proxecto de investigación no que participa, que ten como obxectivo identificar os parasitos que afectan aos ourizos de mar en diferentes puntos da ría de Vigo. Esta presentación recibiu unha mención especial na II edición do Certame Marie Tharp, organizado en 2023 pola Universidade de Vigo.
Ver recurso
Os estudios virtuais de televisión son una complexa tecnoloxía que permite combinar imaxe real gravada por unhas cámaras nun estudio de croma, xeralmente verde, con imaxe virtual xerada por ordenador. Neste vídeo divulgativo (4´ 46´´) Roi Méndez, investigador do Grupo de Estudos Audiovisuais e profesor da USC, explícanos como esta tecnoloxía pode ser empregada no ámbito educativo para elaborar vídeos didácticos e tamén no ensino a distancia.
Ver recurso
Esther Estévez ensínanos neste novo capítulo (1´ 10´´) da serie Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas como se pronuncian unha serie de palabras rematadas en -eba/-eva; -ebo/-evo; -ebe /-eve; -obo/-ovo; -oba/-ova; ou -ove. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. Material complementario: Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Ver recurso
O noso sistema nervioso está conformado por órganos e estruturas de control e información que transmiten impulsos eléctricos ao longo dunha gran rede de terminacións nerviosas. Cristina Viqueira explícache neste vídeo didáctico (7´ 11´´) cales son as principais funcións de cada unha das partes que o compoñen. Esta peza está dirixida a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
Xacobo de Toro, docente de Xeoloxía e Bioloxía no ensino medio, explícanos neste breve vídeo didáctico (24´´) que son e como se formaron as estrelas fugaces.
Ver recurso
Segunda parte (43´ 53´´) dunha serie de tres vídeos que conforman o documental arxentino "Castelao, biografía dun ilustre galego", dirixido en 1980 por Jorge Prelorán con guión de Antonio Perez-Prado, no que se fai un percorrido pola biografía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A versión da película que ofrecemos é unha restauración de Carlos Larrondo do filme orixinal, producida por Filmanova no ano 2007, con voces en galego de Luís Tosar e María Liaño.
Ver recurso
Terceira parte (44´ 13´´) dunha serie de tres vídeos que conforman o documental arxentino "Castelao, biografía dun ilustre galego", dirixido en 1980 por Jorge Prelorán con guión de Antonio Perez-Prado, no que se fai un percorrido pola biografía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A versión da película que ofrecemos é unha restauración de Carlos Larrondo do filme orixinal, producida por Filmanova no ano 2007, con voces en galego de Luís Tosar e María Liaño.
Ver recurso
Os expertos teñen claro desde hai máis dun século que a saúde dos animais, a das persoas e a do medio están estreitamente relacionadas. Neste vídeo divulgativo (5´ 07´´) o veterinario Guillermo Campos fálanos das zoonoses, as enfermidades que se transmiten de maneira natural entre os animais e as persoas.
Ver recurso

Vídeo de TED (4´ 48´´) no que Ben Longdon explica o proceso mediante o cal un patóxeno dunha especie pode infectar outra. Os virus son un tipo de parasito orgánico que infecta case calquera forma de vida. Neste vídeo descubrirás cales son as principais etapas que deben superar para sobrevivir e reproducirse, e como un virus adaptado a outro mamífero pode chegar a infectar un humano tan só con desenvolver unhas poucas mutacións afortunadas. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 47´´) sobre a malaria, unha enfermidade parasitaria letal, propia de zonas tropicais, que tamén se coñece co nome de paludismo. Que animal causa a malaria? Houbo esta enfermidade en Galicia? Déborah Vukusic cóntacho todo en menos de dous minutos. A peza pertence ao "Dicionario da ciencia" e na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Probablemente terás escoitado nalgunha ocasión que os médicos lles recomendan ás embarazadas manterse afastadas dos gatos e mais dos embutidos. Eva Cabanelas Dopazo, doutora en veterinaria e docente no ensino medio, explícanos neste vídeo (9´ 38´´) cal é o motivo desta recomendación: o parasito Toxoplasma gondii. Que risco supón para os humanos entrar en contacto con este parasito? Son os gatos realmente os responsables da infección de Toxoplasma en humanos? Eva Cabanelas dános todas as respostas. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
A febre hemorráxica Crimea Congo é unha enfermidade vírica transmitida por carrachos duros (Ixodidae), principalmente do xénero Hyalomma. Neste vídeo divulgativo (5´ 11´´) o veterinario Guillermo Campos explícanos a orixe desta enfermidade e fálanos das medidas de prevención que cómpre tomar para que os nosos animais de compañía non se convertan en focos de atracción deste tipo de carrachos porque, de seren portadores do virus, a súa picadura podería supor un risco mortal para os humanos.
Ver recurso

Vídeo de TED (15´ 40´´) no que o ecoloxista Daniel Streicker nos fala da súa experiencia traballando en programas de erradicación da transmisión do virus da rabia a persoas, causada pola mordedura de morcegos vampiros. Daniel Streicker considera que estudar os padróns de comportamento de todos aqueles virus que se transmiten entre animais e persoas (independentemente de que consideremos que son susceptibles de ocasionar unha pandemia) podería axudarnos a estar mellor preparados ante futuras emerxencias. Nesa charla descubrirás que aprendizaxes podemos aproveitar no futuro a partir dos resultados obtidos no estudo dos brotes da rabia. Tradución ao galego de Noelia Correa.

Ver recurso
Os científicos Jesús R. Requena, Yaiza Bugallo e Nuria López fálannos neste vídeo divulgativo (6´ 51´´) do traballo que se desenvolve no Prionlab do CiMUS, un laboratorio no que trantan de entender cómo se propagan os prións, uns enigmáticos axentes infecciosos que carecen de ácidos nucleicos e parecen desafiar as leis básicas da Bioloxía.
Ver recurso
De onde vén o Zika e que podemos facer contra el? Neste vídeo de TED (15' 10'') a bióloga molecular Nina Fedoroff lévanos arredor do mundo para comprender as orixes do Zika e como se expandiu, ao tempo que propón un controvertido modo de parar o virus --e outras enfermidades mortais-- evitando que os mosquitos portadores se multipliquen. Tradución ao galego de Susana Arrizado Gago para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
A gripe aviaria é unha enfermidade vírica que afecta de xeito severo ás aves, tanto ás silvestres coma ás domésticas, pero tamén pode provocar problemas de saúde noutras especies. Neste vídeo divulgativo (5´ 35´´) o veterinario Guillermo Campos fálanos desta doenza e explícanos en que medida pode supor un importante risco para os nosos gatos.
Ver recurso
A enfermidade de Lyme é unha doenza zoonótica causada por bacterias do complexo Borrelia burgdorferi sensu lato, que se transmite a humanos e animais a través da picadura de carrachas duras infectadas do xénero Ixodes. Neste vídeo divulgativo (51´) Francisco Javier Lema Fuentes fálanos dos riscos desta enfermidade, do papel que xogan os ratos na súa transmisión e de como as mudanzas no número de raposos pode ter efectos directos na incidencia de enfermidades transmitidas por carrachas.
Ver recurso
A resistencia a antibióticos é un dos meirandes problemas de saúde pública, xa que moitas das cepas multirresistentes íllanse en animais de produción e poden transmitirse ó ser humano a través  da cadea alimentaria. Nesta charla do DivulgaTerra 2017 (9´ 53´´) Isidro García Meniño explícanos como en 2016 se descubriu que algúns tipos de E. coli posúen un xene (mcr-1) que lles confire resistencia á colistina (un dos antibióticos que se empregan en medicina humana para tratar infeccións complicadas con cepas multirresistentes, e tamén é moi usado en produción porcina). A súa investigación consistiu en testar a prevalencia dese xene nun grupo de cepas de E. coli de orixe porcina.
Ver recurso
Vídeo de TED (6´ 25´´) no que George Zaidan nos fala de catro experiencias nas que se conseguiu atallar a tempo a expansión de enfermidades, evitando deste xeito a aparición de epidemias. Concretamente, descubrirás cales foron as estratexias desenvolvidas para atallar un gromo de évola en Guinea; un gromo de febre amarela en Brasil; un gromo de cólera en Burkina Faso ou unha potencial transmisión de enfermidades entre animais e humanos en Tailandia. Tradución ao galego de Ángela Novoa para TedSaúde 2023.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (3´) ofrécennos a posibilidade de facer unha visita virtual a un laboratorio de física nuclear. Coñecerás como traballan os físicos nucleares cos elementos da táboa periódica e como a carta de núcleos lles axuda a realizar o seu traballo. Esta peza foi unha das participantes no VII Concurso de Comunicación Científica organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da USC en 2024.
Ver recurso
Gústache gozar da praia na costa galega durante o verán? Se é así, seguramente en varias ocasións viches como se frustraban os teus plans por culpa da néboa, concretamente, pola néboa de advección. Neste vídeo divulgativo explícannos en menos dun minuto (49´´ ) por que se crean e como inflúe o fenómeno do afloramento na súa formación.
Ver recurso
Sabías que a fabricación duns zapatos pode supor o gasto de 8.000 litros de auga? O indicador que mide a auga doce consumida para a fabricación dun ben, produto ou servizo chámase pegada hídrica. Neste vídeo divulgativo (1´ 41´´) fálannos destas medicións e da súa utilidade. Esta peza audiovisual foi realizada pola Federación Galega de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, no marco do seu do programa de concienciación sobre a importancia da pegada hídrica.
Ver recurso
Estefanía Pereira, investigadora do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 17´´) o seu estudo sobre a contaminación por microplásticos no medio mariño, no que avalía a súa toxicidade e o seu efecto como contaminantes . Esta presentación foi a gañadora da categoría predoutoral na II edición do Certame Marie Tharp, organizado en 2023 pola Universidade de Vigo.
Ver recurso
Partindo da documentación dunha causa xudicial custodiada no Arquivo do Reino de Galicia, neste terceiro capítulo (6´ 34´´) da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, poderás coñecer a historia duns perigosos presos confinados no Castelo de Santo Antón da Coruña. A maiores, o narrado nestes documentos axuda a reconstruír algúns dos feitos acontecidos en España durante o Trienio Liberal, coas loitas entre os absolutistas acérrimos e os liberais que querían volver á Constitución de 1812. A serie ten como obxectivo divulgar e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe o Arquivo do Reino de Galicia.
Ver recurso
Nesta pílula didáctica (2´ 59´´) descubrirás de xeito sinxelo o significado dos conceptos turbulencia, estratificación e mestura, e a súa relevancia para o fitoplancto. A peza foi elaborada por Esperanza Broullón no marco do proxecto científico REMEDIOS, promovido polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, o Instituto Español de Oceanografía e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC.
Ver recurso
No ámbito da meteoroloxía, a superficie de contacto entre dúas masas de aire converxentes e de temperaturas diferentes denomínase fronte. Neste vídeo didáctico (2´ 55´´) o profesor Xacobo de Toro ensínanos a identificar nos mapas do tempo os tres tipos de frontes: cálidas, frías e ocluídas. Centrándose máis polo miúdo en dúas delas (as cálidas e as frías), explícanos como se forman e os fenómenos meteorolóxicos que ocasionan.
Ver recurso
Sexta entrega (1´ 42´´) da serie de vídeos didácticos nos que Esther Estévez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Neste capítulo aprenderás a pronunciar correctamente as palabras rematadas en -ea /-eo. Tamén descubrirás unha regra moi doada para saber como se pronuncian os nomes das letras do abecedario que comeza por e- (efe, eme...), así como os que comezan por unha consoante seguida da vogal “e” (be, ce...). A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. Material complementario: Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Ver recurso
Gustaríache que os vídeos que elaboras para Youtube parezan profesionais? Neste vídeo didáctico (18´ 04´´) o técnico de son Xoán Escudero dáche unha serie de consellos, ferramentas e trucos para gravar o son dos teus vídeos. A peza elaborouse en 2021 no marco das acción formativas do Proxecto Youtubeiras.
Ver recurso
O Camiño de Santiago é o conxunto de rutas históricas de peregrinación, de orixe medieval, que teñen como destino a tumba do apóstolo Santiago en Compostela. Neste vídeo divulgativo (2´ 54´´) Prado Rúa cóntanos de xeito ameno cal foi a transcendencia histórica, relixiosa, económica e social da peregrinación xacobea. Esta peza forma parte da serie audiovisual Conexión co Reino, gañadora do premio do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña 2023. A serie, con guión e dirección de Belén Puime e montaxe de Álex Tajuelo, está producida por Brava.
Ver recurso
A isóbara é a liña que nos mapas meteorolóxicos une os puntos onde a presión atmosférica era igual no momento en que se efectuaron as observacións simultáneas. Neste vídeo didáctico (1´ 37´´) Xacobo de Toro, profesor de Xeografía no ensino medio, ensínanos a ler as isóbaras para poder coñecer a dirección e a forza do vento.
Ver recurso
Grazas a estudos científicos recentes sabemos que os peixes contribúen á produción de turbulencia e mestura oceánica nas rexións costeiras, e polo tanto xogan un importante papel na distribución de calor, nutrientes e osíxeno. Nesta pílula didáctica (3´ 45´´) Esperanza Broullón explícanos cal é a importancia da bioturbulencia para os ecosistemas mariños. A peza foi elaborada no marco do proxecto científico REMEDIOS, promovido polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, o Instituto Español de Oceanografía e o Consello Superior de Investigacións Científicas-CSIC.
Ver recurso
Nesta pílula didáctica (1´ 13´´) a actriz, cantante e creadora audiovisual Inés Salvado dános algúns consellos útiles para quitarlle partido ao encadramento cando facemos un vídeo. A peza elaborouse no marco das acción formativas do Proxecto Youtubeiras.
Ver recurso
En 1799, durante a invasión da milicia francesa en Exipto, un militar atopou unha pedra estraña na cidade de Rashid (ou Rosetta). A pedra contiña un texto inscrito en tres sistemas de escritura diferentes: xeróglifos exipcios, demótico exipcio e grego antigo. Os militares ingleses interceptaron a pedra e levárona en 1802 ao Museo Británico e varios estudosos europeos, entre os que destaca Jean-François Champollion, traballaron ata conseguir descodificar os textos. Neste vídeo de TED (5´ 16´´) Franziska Naether explícanos como se realizou este traballo ata lograr a tradución completa a comezos da década de 1850 e por que foi tan importante este logro para o posterior coñecemento da historia da civilización exipcia. A tradución ao galego é de Diego Rodríguez Vila.
Ver recurso
Un dos retos da acuicultura é mellorar a sustentabilidade en relación aos pensos. Neste vídeo divulgativo (1´ 12´´) Sara Comesaña, investigadora do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, preséntanos o seu estudo sobre a viabilidade de novos ingredientes para pensos de rodaballo. Esta presentación foi a gañadora da categoría postdoutoral na II edición do Certame Marie Tharp, organizado en 2023 pola Universidade de Vigo.
Ver recurso
Nesta pílula didáctica (1´ 33´´) a regueifeira Olalla Liñares fálanos do papel da muller na improvisación oral en verso. Esta peza forma parte dos vídeos formativos do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.
Ver recurso
Moitas persoas experimentan xaquecas cando hai treboadas ou teñen dor de articulacións cando chove. Será simple coincidencia ou afectarán na nosa saúde os fenómenos meteorolóxicos? Neste vídeo divulgativo (48´´) descubrirás como afectan ao noso corpo as chuvias, as treboadas, o frío ou a calor extrema.
Ver recurso
Segunda entrega (7´ 50´´) da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, coa que o Arquivo do Reino de Galicia quere dar a coñecer e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe esta institución, así coma as historias e segredos que agochan algúns dos documentos. Nesta ocasión coñeceremos os documentos que dan testemuño da presunta aparición dun defunto en Neda a comezos do século XIX, e de como as autoridades tiveron que pescudar se se trataba da aparición real dun espírito ou dun engano.
Ver recurso
A enxeñaría agrícola e egroalimentaria estuda a aplicación da ciencia e a tecnoloxía nos ámbitos das explotacións relacionadas coa agricultura e o medio natural, a transformación de produtos agropecuarios, o desenvolvemento de maquinaria e tecnoloxía agrícola, a xardinaría e o paisaxismo. Neste vídeo divulgativo (10´ 54´´) preséntase o Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria da USC, que pode estudarse no campus de Lugo. Descubrirás que funcións desempeña un/unha titulado/a neste grao, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 43´´) no que Prado Rúa che explica de xeito ameno en que consistían as tenzóns, un xénero menor da lírica galego-portuguesa, de estrutura dialogada, no que dous trobadores tratan un determinado tema en estrofas alternas. E terán algo que ver as tenzóns coas regueifas? Saca as túas propias conclusións despois de escoitar a Prado Rúa. Esta peza forma parte da serie audiovisual Conexión co Reino, gañadora do premio do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña 2023. A serie, con guión e dirección de Belén Puime e montaxe de Álex Tajuelo, está producida por Brava.
Ver recurso
Quinto capítulo (1´ 52´´) da serie de vídeos didácticos nos que Esther Vázquez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Nesta entrega aprenderás como se pronuncian correctamente as palabras graves rematadas en -ia, -io ou -ie. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. Material complementario: Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Ver recurso
A antropoloxía é a ciencia que se encarga do estudo dos seres humanos na súa dimensión cultural e social. Neste programa (22´ 43´´) da serie da TVG “A Porta Aberta” coñecerás, da man dos propios integrantes da asociación, os obxectivos da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e as súas principais liñas de traballo.
Ver recurso
Hai moitas fórmulas ou ecuacións que presentan expresións ao cadrado (o teorema de Pitágoras, a área dun cadrado de lado l, a área dun círculo de radio r, o campo gravitacional…) e cando isto sucede precisamos unha raíz cadrada para despexar o termo correspondente. Neste vídeo divulgativo (4´ 09´´) o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), tratando de responder unha pregunta formulada por Xosé Ramón Gayoso, explícanos como as raíces cadradas poden resultar necesarias para cuestións tan rutineiras como mercar uns metros de cinta protectora na ferraxaría. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do CITMAga que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
Primeira entrega (1´ 36´´) da serie divulgativa en formato podcast Segredos do Arquivo, coa que o Arquivo do Reino de Galicia quere dar a coñecer e poñer en valor o inmenso tesouro documental que posúe esta institución, así coma as historias e segredos que agochan algúns dos documentos. Neste primeiro vídeo de presentación terás oportunidade de coñecer o propio Arquivo: a súa localización física, os seus obxectivos e a tipoloxía documental que custodia.
Ver recurso
Varias cidades e vilas galegas mudaron nun determinado momento o seu nome antigo por outras denominacións impostas por Afonso VIII (coñecido como Afonso IX). Unha destas vilas foi Salvaterra de Miño. O académico Gonzalo Navaza explícanos neste vídeo (2´ 34´´) cal era a antiga denominación desta localidade arraiana e que intención tiña o monarca cando escolleu o topónimo que actualmente lle dá nome.
Ver recurso
Neste capítulo de "Aquelando con Chispa" (16´ 13´´) David Ballesteros e Manuel Vicente, coa axuda do alumnado do IES Lagoa de Antela, fálannos da enerxía hidráulica, que é aquela que se xera aproveitando o movemento da auga. A través de experimentos, coñecerás as súas propiedades e características e tamén descubrirás como funcionan os émbolos das máquinas hidráulicas, e incluso aprenderás a facer unha destas máquinas na túa propia casa.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 43´´) elaborado pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) no que Paz Ramil Maseda, traballadora social no Centro de Atención Primaria de Ribadeo, nos conta cal é a función dos traballadores/as sociais na detección e tratamento de casos de violencia de xénero no ámbito sanitario (tanto nos centros de atención primaria como nos servizos hospitalarios de urxencias).
Ver recurso
A retranca é a habilidade para falar con segundas intencións. Nesta pílula didáctica (1´ 22´´) Lupe Blanco fálanos do rol determinante que ten a retranca na arte da regueifa. Esta peza forma parte dos vídeos formativos do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 15´´) María Alborja Valado, investigadora do Centro de Investigación Mariña da Uvigo, fálanos do seu traballo no eido da optimización da alimentación das especies criadas en acuicultura e de como o benestar animal inflúe directamente no rendemento das explotacións. Esta presentación foi a gañadora da categoría predoutoral na I edición do Certame Marie Tharp, convocado en 2022 pola Universidade de Vigo.
Ver recurso
Durante os séculos XII ao XIX existiu na fronteira entre España e Portugal un territorio denominado Couto Mixto, con administración propia e politicamente independente de ambos os dous reinos limítrofes. Este enclave estaba formado polos pobos de Santiago e Rubiás (actualmente territorio do Concello de Calvos de Randín) e Meaus (adscrito na actualidade ao Concello de Baltar). Neste vídeo divulgativo (6´), elaborado pola Deputación de Ourense no marco do proxecto europeo “Valor Gerês-Xurés”, amósannos o patrimonio arquitectónico que se conserva desa etapa en Calvos de Randín.
Ver recurso
Cuarta entrega (1´ 51´´) dunha serie de vídeos didácticos nos que Esther Estévez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Nesta ocasión lémbranos que todas as palabras rematadas en -onto ou -onta se pronuncia con “o” pechado. A mesma regra aplícaselle á inmensa maioría das rematadas en -onte. E como non todo podía ser tan doado, neste capítulo tamén descubrirás que hai palabras nas que as dúas pronuncias (vogal pechada e aberta) son correctas. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. Material complementario: Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 28´´) sobre as cantigas de escarnio e maldizer, un xénero literario propio da Idade Media que buscaba ridiculizar ao adversario. Ou pensabas que o “beef” era só cousa de artistas modernos/as? Prado Rúa cóntache como se lanzaban as indirectas en verso no medievo. Esta peza forma parte da serie audiovisual Conexión co Reino, gañadora do premio do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña 2023. A serie, con guión e dirección de Belén Puime e montaxe de Álex Tajuelo, está producida por Brava.
Ver recurso
Terceira e derradeira parte (3´ 58´´) do videotitorial elaborado por Illa Bufarda para ensinarnos a editar vídeos con Shotcut, un programa de edición libre, multiplataforma e gratuíto. Esta charla organizouse en 2018 no marco das acción formativas do Proxecto Youtubeiras. Outros vídeos da mesma serie: -Edición de vídeo con Shotcut. Parte I -Edición de vídeo con Shotcut. Parte II
Ver recurso
Hugo Guezeta, integrante do grupo de rap SonDaRúa, fálanos nesta pílula didáctica (1´ 07´´) do emprego do idioma galego na improvisación en verso e na creación de arte. Esta peza forma parte dos vídeos formativos do proxecto Enreguéifate, promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo.
Ver recurso
A Porta de Entrimo, situada na Terrachán, acolle o Centro de Interpretación da Xeomorfoloxía e a Paisaxe do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. Neste vídeo divulgativo (4´ 15´´), elaborado pola Deputación de Ourense no marco do proxecto europeo “Valor Gerês-Xurés”, poderás coñecer mellor a orografía e riqueza paisaxística do concello ourensán de Entrimo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (7´ 35´´) sobre a figura de José Rodríguez González (Lalín, 1770 – Santiago de Compostela, 1824), un dos científicos máis relevantes da súa época, con importantes contribucións ás matemáticas, á xeometría, á astronomía, á xeografía e á mineraloxía. A peza foi elaborada en outubro de 2024 pola Real Academia Galega das Ciencias no marco dos actos de homenaxe a este ilustre matemático, nomeado “Científico Galego do ano 2024”.
Ver recurso
A enxeñaría forestal é a rama da enxeñaría que se ocupa do coidado dos espazos forestais e do aproveitamento dos bens e servizos que os montes lle proporcionan á sociedade. Neste vídeo divulgativo (2´ 35´´), dirixido a alumnado de ensino medio, a Universidade de Santiago de Compostela cóntache que funcións desempeña un/unha titulado/a no grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso
Sara Gamboa Jurado-Centurión, investigadora do Centro de Investigación Mariña da Uvigo, preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 08´´) o seu estudo sobre os procesos macroevolutivos e a súa relación cos cambios climáticos. A súa investigación céntrase nos factores que modifican os biomas e afectan á distribución das especies. Esta presentación foi a gañadora da categoría postdoutoral junior na I edición do Certame Marie Tharp, convocado en 2022 pola Universidade de Vigo.
Ver recurso
Terceiro capítulo (1´ 22´´) dunha serie de vídeos didácticos nos que Esther Vázquez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas. Se nos dous capítulos anteriores puideches aprender a pronunciar algunhas palabras con vogais pechadas, esta terceira entrega céntrase nas palabras rematadas en “-en” e “-ense”, que se pronuncian con “e” aberto. Pero ollo, escoita atentamente a Esther, que hai excepcións. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. Material complementario: Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Ver recurso
Preguntácheste algunha vez cal será o número máis grande? Poderiamos pensar que é o infinito, pero resulta que o infinito non é un número. Felipe Gago, profesor de Álxebra no Departamento de Matemáticas da USC, fálanos neste vídeo didáctico (7´ 57´´) do concepto matemático do infinito, tratando de dar resposta a unha pregunta previa formulada polo investigador en Neurociencia Casto Rivadulla. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
O veterinario Guillermo Campos fálanos neste vídeo divulgativo (3´ 50´´) do microbioma cutáneo dos nosos animais de compañía, é dicir, dos microorganismos que viven na súa pel. Entenderás por que é importante coidar este conxunto de microorganismos cutáneos, xa que producen substancias coas que interacciona o sistema inmunitario dos nosos animais.
Ver recurso
Segunda parte (4´ 21´´) do videotitorial no que Illa Bufarda nos ensina a editar vídeos con Shotcut, un programa de edición libre, multiplataforma e gratuíto. Esta charla organizouse en 2018 no marco das acción formativas do Proxecto Youtubeiras. Outros vídeos da mesma serie: -Edición de vídeo con Shotcut. Parte I -Edición de vídeo con Shotcut. Parte III
Ver recurso
A divulgadora Prado Rúa fálanos neste vídeo (2´ 45´´) das feiras medievais, un factor decisivo para o desenvolvemento económico e o crecemento urbano das cidades durante o medievo. Esta peza forma parte da serie audiovisual Conexión co Reino, gañadora do premio do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña 2023. A serie, con guión e dirección de Belén Puime e montaxe de Álex Tajuelo, está producida por Brava.
Ver recurso
Aldán Santamarina, profesor de Matemáticas no IES de Chapela, explícanos neste vídeo didáctico (14´ 25´´) como se fai unha táboa de frecuencias estudando unha variable estatística cuantitativa continua. A lección está dirixida a alumnado de 4º da ESO.
Ver recurso
A Real Academia Galega de Ciencias nomeou o matemático e astrónomo José Rodríguez González “Científico Galego do ano 2024”. Neste vídeo divulgativo (6´) cóntannos cal foi a participación deste científico galego na expedición internacional que permitiu establecer o metro como unidade de medida. Así mesmo, o astrónomo José Ángel Docobo explícanos, coa axuda dun teodolito, en que consiste a triangulación xeodésica, a técnica empregada por esta expedición para medir a prolongación do meridiano de Dunkerque-Barcelona a Formentera.
Ver recurso
O xornalista Carlos Amado formuloulle a seguinte pregunta ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga): por que contamos o tempo en minutos que duran 60 segundos e non empregamos o sistema decimal? Neste vídeo didáctico (4´ 39´´) descubrirás cal é a orixe do sistema sexaxesimal e entenderás por que este sistema que emprega como base o número 60 é o máis idóneo para o cómputo temporal das 24 horas. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
O xeógrafo galego Alejandro Gómez Pazo preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 40´´) o proxecto de investigación PARANTAR, que estuda a deglaciación e a resposta paraglaciar nas Illas Shetland do Sur da Antártida. O obxectivo é coñecer como desaparece o xeo desta zona, para entender como afecta a deglaciación ás especies que a habitan e tamén cal pode ser o impacto deste fenómeno a nivel global.
Ver recurso
Gustaríache ser experto/a no ámbito do traballo e das súas relacións? Neste vídeo divulgativo (2´ 10´´) a Universidade de Santiago de Compostela explícanos que funcións desempeña un/unha titulado/a no grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso
O río Monelos é o curso fluvial máis importante do concello da Coruña e foi o límite dos concellos da Coruña e de Oza ata 1912, data no que o segundo foi absorbido polo primeiro. Neste vídeo didáctico (5´ 14´´) Iván Méndez, filólogo e técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, preséntanos as principais hipóteses sobre a orixe e o significado do topónimo Monelos. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.
Ver recurso
Na fronteira con Portugal e formando parte do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, atopamos o concello de Lobios, unha zona na que conviven preto de 850 especies de plantas, representando practicamente a biodidiversidade completa do territorio galego. Neste vídeo divulgativo (5´ 48´´), elaborado pola Deputación de Ourense no marco do proxecto europeo “Valor Gerês-Xurés”, poderás coñecer mellor a “Porta de Lobios”, onde se atopa o Centro de Interpretación da Flora deste Parque Natural.
Ver recurso
Iria García Moreiras, investigadora do Centro de Investigación Mariña da Uvigo, preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 15´´) o seu estudo sobre a distribución de microalgas nos ecosistemas costeiros, co foco posto naquelas especies que poden causar proliferacións tóxicas. Esta presentación recibiu unha mención especial na I edición do Certame Marie Tharp, convocado en 2022 pola Universidade de Vigo.
Ver recurso
Segundo capítulo (1´ 29´´) dunha serie de vídeos didácticos nos que Esther Vázquez nos ensina a distinguir entre vogais abertas e pechadas, unha cuestión que non acostuma resultar doada para as persoas que comezan a aprender galego. Neste segunda entrega aprenderás algunhas regras (así coma as súas excepcións) para pronunciar correctamente as palabras rematadas en -ono, -ona, -oño, -oña; e as acabadas en -on, -ons. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. Material complementario: Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Ver recurso
Sabías que a cidade de Betanzos non estivo sempre no mesmo lugar? Neste vídeo divulgativo (2´) o historiador Ángel Arcay fálanos da constitución da cidade e do seu traslado no ano 1219 de Tiobre a Untia. A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Ver recurso
No interior da Domus do Mitreo, preto do altar coa imaxe de Mitra, foi atopada a ara de Victorinus. Neste último vídeo da serie (1´ 07´´) descubrirás a historia desta ara e cal é a inscrición que contén. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Primeira parte (4´ 53´´) do videotitorial no que Illa Bufarda nos ensina a editar vídeos con Shotcut, un programa de edición libre, multiplataforma e gratuíto. Esta charla organizouse en 2018 no marco das acción formativas do Proxecto Youtubeiras. Material complementario: -Acceso ao programa Shotcut Outros vídeos da mesma serie: -Edición de vídeo con Shotcut. Parte II -Edición de vídeo con Shotcut. Parte III
Ver recurso
Fernando Buitrago Alonso, investigador distinguido sénior da Universidad de Valladolid e colaborador externo do Instituto de Astrofísica e Ciências do Espaço de Portugal, fálanos nesta charla divulgativa (1 h 17´) das galaxias e da distribución da materia en diferentes épocas cósmicas. Esta charla tivo lugar en xuño de 2024 no marco do curso Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias.
Ver recurso
A avogada Bárbara Román trata neste vídeo didáctico (18´ 56´´) os principais aspectos legais relacionados coa plataforma de vídeos Youtube. En concreto, na súa exposición aborda os seguintes temas: a natureza legal de Youtube; que é ser youtubeira; a publicidade e a merchandaxe; a monetización; os ingresos económicos; a propiedade intelectual; a rede e a contratación mercantil. Esta charla organizouse en 2021 no marco das acción formativas do Proxecto Youtubeiras.
Ver recurso
Primeira entrega (53´´) dunha serie de vídeos didácticos nos que Esther Vázquez nos fala dunha das cuestións fonéticas máis complicadas para as persoas que comezan a aprender galego: a distinción entre vogais abertas e pechadas. Neste primeiro capítulo descubrirás como se pronuncian en galego as palabras rematadas en -eno, -ena, -eño e -eña. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. Material complementario: Serie completa de vídeos sobre vogais abertas e pechadas.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (5´ 16´´) Alexandre Cortés Ayaso, matemático e profesor de ensino medio, responde unha pregunta do divulgador científico Manuel Vicente, na que lle pide que explique o método didáctico que emprega nas aulas para ensinarlle ao alumnado a resolver os problemas de proporcionalidade directa. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
Fernando Atrio Barandela, catedrático de Física Teórica da Universidad de Salamanca, fálanos nesta charla divulgativa (48´ 23´´) do seu principal campo de estudo: o fondo cósmico de microondas, é dicir, a primeira luz do Universo. Esta charla tivo lugar en xuño de 2024 no marco do curso Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias.
Ver recurso
Aaron Bennett Kleinschmidt é un rapaz estadounidense que está actualmente traballando nun IES de Ourense e que aproveita a súa estadía en Galicia para coñecer a nosa cultura e aprender o noso idioma. Neste vídeo divulgativo (2´50´´) Iker Fernández Villar amósanos a súa inspiradora historia co obxectivo de que a mocidade sexa consciente da riqueza que supón posuír un gran patrimonio cultural preservado a través da lingua. Este traballo recibiu o primeiro premio do certame “Vémolo Nós” (na categoría “A utilidade do galego”), organizado pola USC en 2024.
Ver recurso
O historiador Ángel Arcay fálanos neste vídeo divulgativo (2´ 57´´) do contexto histórico no que Betanzos acadou dúas importantes dádivas reais no século XV: o título da cidade e mais a autorización da feira franca. A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 47´´) no que se presentan catro proxectos de investigación relacionados coa saúde que se están a desenvolver na Universidade de Vigo. Concretamente, Arturo Mojón preséntanos o proxecto Hygia; Roberto Barcala e Felipe Fernández fálannos do traballo do Grupo REMOSS; Diana Valverde explícanos cales son os obxectivos do Laboratorio de Enfermidades Raras; e Víctor Mondelo cóntanos cales son as liñas de investigación do Laboratorio de Informática Aplicada (Lia2). A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.
Ver recurso
O sistema de rega por goteo permítenos aforrar traballo, tempo e auga, incrementando a eficiencia da nosa produción agrícola. Neste capítulo do programa Polo rego (6´ 43´´), emitido na TVG, o técnico de explotacións agrícolas Rosendo Luis Estévez Parada explícanos que materiais precisamos e como podemos preparar nós mesmos este tipo de sistema de rega.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (3´ 07´´) Alfonso Jiménez García, profesor de Matemáticas no ensino medio, explícanos de xeito breve como obter a ecuación vectorial da recta. A lección está dirixida a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
A tauroctonía é unha escena iconográfica que representa ao deus Mitra sacrificando un touro. Neste vídeo divulgativo (1´ 1´´), pertencente á serie A Domus do Mitreo, explícannos cal era o simbolismo da tauroctonía no ámbito do mitraísmo. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (5´ 40´´) a matemática Cristina Vilas Taboada responde unha cuestión formulada polo físico e divulgador científico Jorge Mira, na que lle pide que explique un dos paradoxos máis famosos das matemáticas da antiga Grecia: o paradoxo de Aquiles e a tartaruga. Trátase dun paradoxo formulado polo filósofo grego Zenón (século V a.C) coa intención de probar que o movemento non existe, senón que se trata dunha ilusión. Cristina Vilas demostra con números que Zenón estaba trabucado. Esta peza forma parte da serie audiovisual “Consultorio VídeoMatemático”, unha iniciativa do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) que ten como obxectivo achegar o coñecemento matemático á cidadanía.
Ver recurso
Nesta charla didáctica (1 h, 4´) Mari A. Lires, catedrática de Física e Química de secundaria e profesora da Universidade de Vigo, rescata e pon en valor a traxectoria de moitas mulleres que contribuíron ao longo da historia ao avance do coñecemento técnico e científico. A charla está dirixida a alumnado de educación secundaria e tivo lugar en decembro de 2023, no marco das actividades de conmemoración do Día da Ciencia en Galego que organiza Igaciencia.
Ver recurso
Nesta charla divulgativa (45´) Carlos Salgado López, director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE-USC), explícanos como a física de partículas pode axudarnos a entender que aconteceu no Universo uns microsegundos despois do big-bang. Esta charla tivo lugar en xuño de 2024 no marco do curso Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias.
Ver recurso
A veterinaria é a ciencia que trata todo o relacionado coa prevención, o diagnóstico e a cura das enfermidades dos animais, xa sexan domésticos, de produción ou salvaxes. Tamén se ocupa da mellora da produción animal e da vixilancia do seu benestar. Neste vídeo divulgativo (2´ 35´´) preséntase o Grao en Veterinaria, que pode estudarse no campus de Lugo da USC. Descubrirás que funcións desempeña un/unha titulado/a neste grao, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso
Xulián Traseira Freire, estudante da USC, cóntanos nesta presentación (11´ 10´´) como entende a ciencia o concepto de “tempo”. Na súa exposición trata diferentes aspectos relacionados coa explicación científica do tempo, como poden ser a relatividade, a simultaneidade, a mente, a invariante temporal e a desorde. A presentación tivo lugar no marco do Curso de Habilidades Comunicativas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC en 2024.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (28´ 48´´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, explica como se desenvolveu a conquista de América e cales foron as nefastas consecuencias que tivo a chegada dos españois para as principais civilizacións precolombianas: a azteca, a inca e a maia. A lección está dirixida a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
O mitreo é un templo dedicado ao culto de Mitra. O mitreo de Lucus Augusti pódese datar a comezos do século III e perdura ata o ano 350 d.C. aproximadamente. Neste vídeo divulgativo (1´ 12´´) explícannos cales son as características do edificio mitraico, construído no primeiro andar da Domus do Mitreo. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Nos anos 80 do século pasado tivo lugar en Betanzos o achado dos sepulcros de Afonso de Carvallido e de Clara Sanches. Con este punto de partida, a historiadora Sara Fraga explícanos neste vídeo divulgativo (4´ 12´´) quen eran estes personaxes históricos e que relación tiveron coa Revolta Irmandiña. A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Ver recurso
Novo episodio do programa Aquelando con Chispa da TVG (15´ 18´´) no que Manuel Vicente e David Ballesteros, coa axuda do alumnado do Colexio Maristas de Vigo, che ensinan como funcionan os espellos. Tamén descubrirás como se fabrica un espello químico.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (18´ 16´´) Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), fai un repaso dos límites máis básicos usados nas funcións racionais, empregados maiormente no cálculo de asíntotas. A lección está dirixida a alumnado de 2º curso de bacharelato que está a cursar a materia de Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 27´´) David Vázquez Padín axúdanos a coñecer mellor o traballo do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (GPSC) da Universidade de Vigo, que ten como principais liñas de investigación a cienciometría, as comunicacións dixitais e a seguridade multimedia. A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.
Ver recurso
A ansiedade é un mecanismo evolutivo que o ser humano emprega para evitar o perigo e, polo tanto, non é daniña en si mesma, mais cando os niveis de ansiedade (individuais e colectivos) se disparan, esta vólvese prexudicial para a nosa saúde. Nesta charla de TED (7´ 18´´) a neurocientífica Wendy Suzuki fálanos de dúas ferramentas probadas cientificamente que poden axudarnos a calmar a ansiedade: a respiración e o exercicio físico. A tradución ao galego é de Tiffany de Barros Rodríguez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
As vacas son animais con profundidade emocional e cada unha ten a súa personalidade propia e o seu temperamento. Neste vídeo divulgativo (4´ 59´´) Rocío Mateiga Souto, veterinaria no rural e gandeira, fálanos da identidade e o comportamento social das vacas, uns aspectos tan fascinantes como descoñecidos. Este foi o traballo gañador da segunda edición do certame “Vémolo Nós” (na categoría “Divulgación do coñecemento”), organizado pola USC en 2024.
Ver recurso
María Álvarez Ozón, estudante de mestrado universitario en Psicoloxía na USC, fálanos nesta presentación (12´ 04´´) do comportamento social da mocidade no ocio nocturno desde a perspectiva de xénero, demostrando con datos que ser muller nese contexto é un factor de risco. A presentación tivo lugar no marco do Curso de Habilidades Comunicativas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC en 2024.
Ver recurso
O único punto da península ibérica onde se poden ver aves migratorias que voan desde Canadá e os Estados Unidos está en Galicia, máis concretamente na Costa da Morte. Neste vídeo divulgativo (6´ 25´´) o ornitólogo Xosé Luis Rabuñal Patiño axúdache a coñecer mellor as aves migratorias que poden divisarse no esteiro do río Anllóns. Tamén reflexiona sobre o gran potencial que ten a ornitoloxía para atraer un turismo naturalista sostible.
Ver recurso
Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, presenta neste vídeo didáctico (7´ 31´´) os feitos máis salientables da historia de España no século XVII, unha centuria caracterizada polo reinado dos Austrias Menores (Filipe III, Filipe IV e Carlos II) e polo declive do imperio español. Esta lección está dirixida a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
Vilariño de Conso é un concello ourensán de montaña con algo máis de 200 km² de superficie. Neste vídeo divulgativo (13´ 27´´) o filólogo Vicente Feijoo fálanos da orixe e o significado deste topónimo que conta cun primeiro elemento moi transparente (Vilariño), pero que contén un segundo (Conso) que xera debate entre os especialistas. A peza forma parte da serie didáctica O seminario de onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.
Ver recurso
Francisco Gallástegui fálanos nesta presentación divulgativa (10´) do salmón atlántico. Na súa exposición trata as características biolóxicas da especie, o seu ciclo de vida (centrándose na etapa da migración) e os riscos e ameazas que sofren os salmóns na actualidade. A presentación tivo lugar no marco do Curso de Habilidades Comunicativas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC en 2024.
Ver recurso
O mitraísmo é unha relixión mistérica de orixe indoiraniana adoptada polos romanos no ano 62 a.C., na cal se rendía culto a Mitra. Neste vídeo divulgativo (1´ 09´´) poderás coñecer os seus fundamentos básicos e os ritos asociados a ela. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 50´´) preséntase o Grao de Nutrición Humana e Dietética, que pode estudarse na Facultade de Ciencias da USC, no campus de Lugo. Descubrirás que funcións desempeña un/unha titulado/a neste grao, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (3´ 30´´) Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), ensínanos a resolver un sistema compatible indeterminado. A lección está dirixida a alumnado de 2º curso de bacharelato que está a cursar a materia de Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais.
Ver recurso
Ángeles María Longarela Ares, investigadora na Universidade da Coruña, preséntanos neste vídeo (4´ 09´´) a súa tese doutoral, na que estudou as barreiras económicas e os incentivos de investimento en eficiencia enerxética no transporte marítimo de mercadorías. Este vídeo foi premiado na categoría C (para teses de doutoramento) da segunda edición do certame Cóntame a túa investigación!, organizado pola Universidade da Coruña en 2024.
Ver recurso
O infinitivo conxugado é unha forma verbal propia do galego que adoita suscitar moitas dúbidas entre as persoas que están a aprender o noso idioma. Sabes usalo correctamente? Neste vídeo didáctico (1´ 24´´) Esther Vázquez ensínache a facelo nun minuto. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 29´´) Santiago Pozo Antonio e María Araújo Fernández presentan o Grupo de Xestión Segura e Sostible de Recursos Mineiros (XESSMin), centrado nas seguintes liñas de traballo: o aproveitamento sostible dos recursos mineiros e enerxéticos, a mecánica de rochas, a enxeñaría cartográfica, o control da calidade de materias mediante o emprego de técnicas de visión artificial e o emprego de algoritmos matemáticos avanzados para o modelado ambiental. A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.
Ver recurso
Na igrexa de san Francisco, en Betanzos, atópase o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade, un dos mellores exemplos de escultura funeraria do gótico galego. Neste vídeo divulgativo (2´ 36´´) a historiadora Elena Carro Vieites explícanos quen foi este persoeiro e cal é a importancia do seu legado para a historia de Betanzos. A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Ver recurso
Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), ensínanos neste vídeo didáctico (11´ 39´´) a resolver un exercicio de matrices, empregando para a súa resolución as operacións básicas con matrices (suma, resta, multiplicación, cálculo da trasposta e cálculo da inversa). Tamén nos amosa como se resolve unha ecuación matricial. Esta lección está dirixida a alumnado de 2º curso de bacharelato.
Ver recurso
Sheila Díaz López, investigadora no Departamento de Química Inorgánica da USC, fálanos neste vídeo divulgativo (9´ 52´´) das bases de Schiff. Na súa exposición explícanos en que consisten as bases de Schiff, como se sintetizan, cal é o procedemento que hai que levar a cabo para facelo e cal é o espectro RMN do produto. A presentación tivo lugar no marco do Curso de Habilidades Comunicativas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC en 2024.
Ver recurso
Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos neste vídeo (14´ 56´´) das expedicións xeográficas que tiveron lugar no século XVI, centrándose concretamente na coñecida como “expedición da especiaría” (1519-1522), un gran fito histórico protagonizado por Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, que tiña como obxectivo establecer unha ruta occidental cara ás “illas das especias” e que culminaría coa primeira volta ao mundo. Este recurso está dirixido a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
Na Domus do Mitreo os dormitorios sitúanse arredor do perístilo (o patio interior rodeado de columnas). Neste breve vídeo divulgativo (30´´) descríbese cal era a estrutura, a decoración e os usos destes cuartos ou cubicula. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Alfonso Jiménez García, profesor de Matemáticas no ensino medio, amósanos neste vídeo didáctico (4´ 30´´) como se estudan as razóns trigonométricas nos catro cuadrantes dunha circunferencia goniométrica.
Ver recurso
Miguel González Pereira preséntanos neste vídeo divulgativo (12´ 54´´) o Grao en Xestión Cultural, que pode estudarse na Facultade de Humanidades da USC, no campus de Lugo. Descubrirás que funcións desempeña un/unha xestor/a cultural, que saídas profesionais ten o grao, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso
Vídeo didáctico (19´ 38´´) elaborado por Suso Martínez, profesor de Matemáticas no ensino medio, no que atoparás unha introdución á trigonometría. Nesta lección explica como se definen as razóns trigonométricas, como utilizar as fórmulas trigonométricas e que son as funcións arco.
Ver recurso
A aparición do nome “Corrubedo” en varios cartularios marítimos dos séculos XIV e XV, onde os cartógrafos o escribiron con formas antigas, axúdanos agora a entender cal era a súa etimoloxía. Neste vídeo divulgativo (3´ 50´´) o filólogo Fernando Cabeza Quiles fálanos da orixe e significado deste topónimo. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola RAG.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (17´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos dos descubrimentos xeográficos na Idade Moderna, centrándose concretamente nas exploracións portuguesas e o descubrimento de América. Este recurso está dirixido a alumnado de educación secundaria.
Ver recurso
Segundo algúns estudos, case o 50% dos adolescentes de Kenya sofren problemas de saúde mental. A dimensión do problema enténdese aínda mellor se pensamos que en todo o país só hai dous psiquiatras infantís e xuvenís. Nesta charla de TED (6´ 32´´) Tom Osborn cóntanos como, xunto co seu equipo do Shamiri Institute, está formando rapaces de entre 18 e 22 anos para que poidan dar tratamento psicolóxico ás súas comunidades en Kenya. Trátase dun método comunitario centrado na xuventude que xa ten demostrado a súa eficacia e que pode servir de modelo e inspiración para outros países. A tradución ao galego é de Alberto Rodríguez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 27´´) o Aquarium Finisterrae amósanos como se capturan as sardiñas no mar para posteriormente poder trasladalas nas mellores condicións á colección biolóxica do acuario coruñés.
Ver recurso
Preguntácheste algunha vez se é posible cocer un ovo duro no cumio do Everest? Neste vídeo didáctico (17´ 30´´) Manuel Vicente e David Ballesteros ensínannos a comprobalo de forma divertida. Para facelo, amósannos como funciona unha bomba de baleiro e como podemos construír unha na nosa propia casa. Trátase dun capítulo do programa Aquelando con chispa da TVG no que tamén colabora o alumnado do CPI de Atios (Valdoviño).
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (1´ 13´´) Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícanos cales eran as principais características do pensamento de Simone de Beauvoir, unha autora do século XX que se enmarca na filosofía do existencialismo e que deu comezo á segunda onda do feminismo. A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
A historiadora María América Díaz Pampín fálanos neste vídeo divulgativo (3´ 30´´) da importancia do porto de Betanzos na Idade Media. Coñecerás cales eran as súas principais actividades económicas, as súas relacións cos outros portos e os motivos da súa desaparición. A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 55´´), dirixido a alumnado de ensino medio, a Universidade de Santiago de Compostela presenta o grao en robótica, que pode estudarse na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, no Campus de Lugo. Descubrirás que funcións desempeña un/unha titulado/a en robótica, que saídas profesionais ten o grao, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso
Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), ensínanos neste vídeo didáctico (17´ 25´´), con exemplos moi prácticos, como se calculan as integrais básicas polinómicas. Esta lección está dirixida a alumnado de 2º curso de bacharelato.
Ver recurso
A construción da muralla de Lugo iníciase a finais do século III d.C. e a súa función era de recinto defensivo, ante a ameaza de invasións bárbaras e de revoltas sociais, debido á deteriorada situación económica do imperio romano naquela altura. Neste vídeo divulgativo (1´ 03´´) explícannos como era a súa estrutura arquitectónica e cales foron os cambios que a súa construción introduciu na fisionomía urbana. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Josefina Garrido González, Francisco Ramil Blanco e Salustiano Mato de la Iglesia, membros do Grupo de Bioloxía Ambiental (BA2) da Universidade de Vigo, cóntannos neste vídeo (2´ 28´´) cales son as principais liñas de traballo deste grupo de investigación, centrado no estudo da biodiversidade dende a óptica da fauna bentónica, da fauna de invertebrados, das especies invasoras, do tratamento dos residuos e da ordenación e xestión forestal sostible. A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", elaborada pola Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo para presentar diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 07´´) no que descubrirás algúns dos usos das matemáticas na nosa vida cotiá. En concreto, aprenderás como podes calcular a altura dunha das árbores do teu xardín (neste caso un ciprés) usando como axuda un teodolito (instrumento de precisión usado para medir ángulos horizontais e verticais) e mais os teus coñecementos de trigonometría. Este traballo, autoría de Francisco Estévez e Paula Mourille (estudantes de 4º da ESO no IES Celenova Celso Emilio Ferreiro) foi un dos premiados na edición de 2019 do concurso "Explícoche matemáticas 2.0".
Ver recurso
Gustaríache exercer a profesión de enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas? Neste vídeo divulgativo (2´ 30´´), dirixido a alumnado de ensino medio, a Universidade de Santiago de Compostela cóntache que é a enxeñaría civil, que funcións desempeña un/unha titulado/a no grao en Enxeñaría Civil, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso
Esther Vázquez fálanos neste vídeo didáctico (51´´) dun fenómeno fonético que ten presenza en gran parte do territorio lingüístico galego: a gheada. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o idioma galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Nas sociedades modernas actuais as persoas non estamos expostas a moitos estímulos olfactivos, un feito que, xunto con outros factores, contribúe a que o noso sentido do olfacto se vaia deteriorando. Por outra parte, hoxe sabemos que os centros de memoria do noso cerebro precisan dunha grande estimulación olfactiva para manterse sans e favorecer a formación de recordos. Nesta charla de TED (8´ 50´´) o neurocientífico Michael Leon fálanos da estreita relación entre a memoria e o sentido do olfacto, así como dos últimos estudos científicos que demostran que tras unha estimulación olfactiva continuada a nosa memoria mellora considerablemente. A tradución ao galego é de Uxía Yáñez Ramil e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Toxeiras, uceiras, xestas e arbustos espiñentos forman parte da matogueira do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Neste vídeo divulgativo (3´ 28´´) amósannos o inmenso valor da matogueira para a preservación da biodiversidade e da conservación de especies, algunhas delas exclusivas deste Parque, como a “xesta de Ons”. Material complementario: -Recursos didácticos sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Ver recurso
Charla didáctica (28´ 41´´), dirixida a médicos residentes, na que a neurocirurxiá Lara Pita Buezas explica como debe actuarse no servizo de urxencias hospitalarias ante diferentes casos clínicos relacionados co campo da neurocirurxía. Concretamente, explica cal debería ser a actuación ante un traumatismo cranioencefálico (TCE), unha lumbociática e un caso de HSA espontánea. A charla tivo lugar no marco do Curso Transversal de Urxencias organizado en novembro de 2020 polo Complexo Hospitalario Universitario de Lugo.
Ver recurso
Espectáculo didáctico (56´ ), dirixido a alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP, no que David Ballesteros nos fala da madeira: dos diferentes tipos de madeira que existen, das súas propiedades, da diversidade de usos e aplicacións e, sobre todo, do seu gran valor ambiental e ecolóxico. A charla tivo lugar no marco do Galiciencia 2024.
Ver recurso
O termo "azougue" é a forma popular galega para referirse ao mercurio e tamén forma parte do nome dunha igrexa de Betanzos, a igrexa de Santa María do Azougue. O historiador Ángel Arcay cóntanos neste vídeo divulgativo (2´ 02´´) como unha mala interpretación do significado do topónimo provocou que na época medieval se chegasen a escavar varios túneles na cidade de Betanzos na busca do prezado material. Descubrirás tamén cal é o verdadeiro significado do termo “azougue” que forma parte do nome deste templo betanceiro. A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Ver recurso
A investigadora Ana Campos Ríos preséntanos neste vídeo divulgativo (2´ 28´´) as principais liñas de investigación que se están a desenvolver no Grupo de Neurofisioloxía da Universidade de Vigo, centrado en estudar o funcionamento de determinadas canles iónicas na modulación da excitabilidade neuronal. Os seus estudos e achados teñen grande incidencia na sociedade, pois axudan a entender o funcionamento de enfermidades nas que as canles iónicas están alteradas, como por exemplo a epilepsia, as arritmias, a fibrilación auricular ou determinados tipos de autismo. A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", na que a Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo nos presenta diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.
Ver recurso
A hidrosfera é o conxunto das partes líquidas do planeta Terra. Neste vídeo didáctico (19´ 57´´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos de diferentes cuestións relacionadas coa hidrosfera: a distribución da auga no noso planeta, o ciclo da auga, os océanos, os mares, os ríos, os lagos e lagoas, os mares interiores, os glaciares, as augas subterráneas e os modelos de xestión da auga (encoros, transvasamentos…). A peza está dirixida a alumnado de 1º da ESO.
Ver recurso
Nietzsche, Freud e Marx son tres filósofos do século XIX aos que Paul Ricoeur denominou “pensadores da sospeita”. Neste vídeo didáctico (2´ 09´´) Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícanos en que consistía a “filosofía da sospeita”, centrándose concretamente no pensamento de Nietzsche e Marx. A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
O perístilo era un patio aberto arredor do que se ordenaban as distintas estancias da domus romana. Neste vídeo divulgativo (1´ 09´´) explícannos como era a estrutura arquitectónica do perístilo da Domus do Mitreo e como afectou a construción da muralla de Lugo a esta estrutura. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Cando un can ou gato rompe un dente e a rotura supera o grosor do esmalte, a dentina queda exposta aos estímulos térmicos e tamén ás bacterias que hai na boca. Isto non só ocasiona dor, senón que tamén pode provocar infeccións. Neste vídeo divulgativo (4´ 35´´ ) o veterinario Gillermo Campos fálanos da importancia que ten a saúde bucodental dos nosos animais de compañía.
Ver recurso
O calendario agrícola medieval está representado nun dos capiteis da igrexa de Santa María do Azougue, en Betanzos, e foi realizado entre os anos 1380 e 1390 por un taller que traballou baixo o mecenado de Fernán Pérez de Andrade. Neste vídeo divulgativo (3´ 36´´) o historiador José Ángel Paz Quintana dános as claves para entendelo. A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Ver recurso
A disfaxia orofarínxea é a dificultade ou imposibilidade para deglutir alimentos, tanto sólidos como líquidos. Neste vídeo divulgativo (3´ 53´´) o farmacéutico Roberto Vilariño explícanos como inflúe esta patoloxía na correcta hidratación dos pacientes. Esta peza forma parte da serie audiovisual elaborada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña no marco da “Campaña de Hidratación desde a Farmacia 2020”.
Ver recurso
O edificio de San Francisco, en Ourense, data do século XIV e foi convento franciscano durante uns 500 anos. A partir de 1835, tras a desamortización eclesiástica, converteuse en cuartel de infantería (función que mantivo ata 1987) e actualmente é a sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Nese vídeo divulgativo (8´ 40´´) expóñense as súas principais características arquitectónicas e os feitos máis salientables da súa historia ao longo dos últimos sete séculos.
Ver recurso
Ecosistemas mariños atlánticos, colonias de aves mariñas, acantilados, matogueiras, sistemas de dunas… conforman a riqueza natural e paisaxística do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, un espazo ameazado tamén por flora exótica invasora. Neste documental (22´ 51´´) amósannos o traballo de eliminación de especies invasoras e de recuperación de hábitats realizado neste Parque Nacional.
Ver recurso
A plaxiocefalia é unha deformidade na cabeza do bebé comunmente coñecida como “cabeza plana”. Neste vídeo divulgativo (2´ 05´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos cal é a principal causa desta patoloxía e dános algúns consellos para evitar que apareza o problema.
Ver recurso
A hidrofobicidade é a capacidade que ten unha substancia para repeler a auga. Neste episodio do programa Aquelando con chispa (TVG) (16´ 13´´) David Ballesteros e Manuel Vicente, coa axuda do alumnado do IES Ramón Otero Pedrayo (Ourense), explican o concepto da hidrofobicidade e, a través de experimentos, comproban o comportamento de elementos hidrofóbicos naturais e o funcionamento da hidrofobicidade artificial.
Ver recurso
Aldán Santamarina, profesor de Matemáticas no IES de Chapela, explícache neste vídeo didáctico (7´ 23´´) que é un monomio e como se fan operacións con estas expresións alxébricas. Esta lección está dirixida a alumnado de 2º da ESO.
Ver recurso
O investigador Moisés Cordeiro Costas preséntanos neste vídeo (48´´) as liñas principais de investigación da súa tese, centrada no estudo do modelado e optimización mediante técnicas de aprendizaxe automática en edificios con instalacións renovables de produción, almacenamento e consumos eléctricos. Esta peza forma parte da sección Minutese, as teses da UVigo nun minuto, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 47´´) no que se presentan as principais características da estancia principal da casa romana atopada na cidade de Lugo que hoxe coñecemos como Domus do Mitreo. Trátase do oecus, a sala principal da vivenda que facía a función de comedor, e que ao longo do tempo sufriu varias modificacións na súa estrutura. Coa expropiación da domus e a construción da muralla, este espazo converteuse nunha instalación para un muíño. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, preséntanos neste vídeo didáctico (1´ 25´´ ) a dous dos filósofos contemporáneos que poden caer no exame da ABAU. Fálanos concretamente da “razón vital” de Ortega y Gasset e da “razón poética” de María Zambrano. A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Nesta charla de TED (16´) Eric Dishman, especialista en tecnoloxía médica, reflexiona sobre a necesidade de mudar a configuración dos sistemas sanitarios actuais, que tratan os pacientes como axentes pasivos. Baseándose nos seus coñecementos científicos, mais tamén na súa propia experiencia como doente, defende un novo “sistema de saúde persoal” baseado na tecnoloxía móbil e social no que o paciente pase a ter un papel activo, converténdose na peza central do equipo médico. A tradución ao galego é de Sara Soto e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos neste vídeo didáctico (16´ 20´´) da estrutura da Terra e das diferentes capas que a compoñen; e cóntanos cales son as principais características e factores que posibilitan que no noso planeta haxa vida. Tamén nos ensina a interpretar a representación da Terra nos mapas. A peza está dirixida a alumnado de 1º da ESO.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 22´´) no que se presenta o Instituto de Materiais (iMATUS), un centro de investigación de excelencia adscrito á Universidade de Santiago que desenvolve ciencia de fronteira sobre novos materiais e as súas aplicacións en ámbitos como a saúde, o medio ambiente, a enerxía e a innovación industrial.
Ver recurso
O investigador Breogán Riobóo fálanos neste vídeo divulgativo (3´ 43´´) da vida independente, unha filosofía xurdida nos anos 60 do século pasado vinculada estreitamente co modelo social de discapacidade. Esta peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 10´´) explícannos cal era a estrutura e a función das habitacións máis humildes da casa romana do período altoimperial coñecida actualmente como a Domus do Mitreo. Estamos a falar concretamente da cociña, da latrina e das cortes. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
A historiadora Laura Rodríguez Rodríguez amósanos neste vídeo (1´ 12´´) o mapa das 7 provincias galegas (A Coruña, Santiago, Betanzos, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Tui), unha división territorial que se remonta ao ano 1550 cunha funcionalidade estritamente fiscal, e que se manterá ata a firma do edicto do 30 de novembro de 1833. Esta peza forma parte do proxecto O Reino no mapa, creado por Mazarelos Coop para divulgar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino de Galicia.
Ver recurso
Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada son os catro arquipélagos situados nas Rías Baixas que conforman o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Neste vídeo divulgativo (10´) amósannos as principais características xeográficas, morfolóxicas e biolóxicas de todas estas illas e mais do espazo marítimo que as rodea. Material complementario: -Recursos didácticos sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Ver recurso
A fisioterapia respiratoria ten como obxectivo optimizar o noso sistema cardiorrespiratorio para poder realizar as actividades cotiás. Neste vídeo divulgativo (1´ 33´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos cales son as diferentes patoloxías que poden beneficiarse deste tipo de fisioterapia.
Ver recurso
A vaxina contén centos de tipos de microorganismos que son controlados polo noso sistema inmunolóxico, pero en ocasións os fermentos do xénero Candida poden causar infeccións. Neste vídeo de TED (5´) Liesbeth Demuyser explícanos como se producen no noso organismo as infeccións por fungos e como podemos tratalas. A tradución ao galego é de Álvaro Torres e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Javier Rico, docente no Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación da USC, explícanos neste vídeo (3´ 03´´) en que consistiu a iniciativa “Nós xogamos na casa”, un proxecto de aprendizaxe experiencial a través do movemento desenvolvido co alumnado das materias “Motricidade Infantil” e “Didáctica da Expresión e Comunicación Corporal” do Grao en Mestra/e en Educación Infantil, en colaboración coa Asociación ArcosTilos (Teo) e o Centro Sociocultural de Laraño (Santiago de Compostela). Material complementario: -Banco de recursos en liña.
Ver recurso
O académico Xesús Ferrol Ruibal fálanos neste vídeo didáctico (2´ 25´´) da orixe e o significado do topónimo Caritel, que dá nome a unha aldea do Concello de Ponte Caldelas. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola RAG.
Ver recurso
Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícache neste vídeo didáctico (1´ 28´´ ) cal é a diferenza entre o empirismo, o racionalismo e o idealismo transcendental no pensamento de Inmanuel Kant, filósofo do século XVIII. A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Laura Veiga, divulgadora sobre saúde menstrual e sexual, preséntanos neste vídeo (6´ 37´´) unha selección de libros e recursos educativos de utilidade para traballar nas aulas de secundaria contidos relacionados coa educación sexual.
Ver recurso
Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), amósanos neste vídeo didáctico (12´ 53´´) como se resolve un exercicio de cálculo e estudo das asíntotas dunha función. Neste caso, trátase dunha función racional na que tanto o numerador como o denominador son polinomios de grao 2. A peza está dirixida a alumnado de 1º curso de bacharelato.
Ver recurso
A zona mariña das Illas Atlánticas posúe un gran valor ecolóxico e paisaxístico, grazas en boa medida ás súas condicións oceanográficas e á diversidade de hábitats que contén. Neste vídeo divulgativo (3´ 52´´) ofrécennos a oportunidade de facer un espectacular percorrido virtual polos fondos mariños dos catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional. Material complementario: -Recursos didácticos sobre o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Ver recurso
Xosé A. Neira Cruz, docente no Departamento de Ciencias da Comunicación da USC, presenta neste vídeo divulgativo (2´ 43´´) o proxecto de aprendizaxe-servizo “Xornalismo e acción social”, desenvolvido co alumnado da materia “Xéneros informativos en prensa”, en colaboración coa Asemblea de Cruz Vermella (A Coruña e Santiago de Compostela). Neste proxecto preténdese sensibilizar os futuros xornalistas sobre a necesidade de documentar correctamente aqueles contidos informativos que poden afectar a colectivos sociais en situación de vulnerabilidade.
Ver recurso
Hai persoas que renden máis erguéndose moi cedo polas mañás e deitándose tamén cedo polas noites, e pola contra outras senten que teñen máis enerxía se se erguen tarde e se deitan xa de madrugada. Estarán os nosos horarios de sono predeterminados desde o nacemento? Neste vídeo de TED (4´ 37´´) explícannos que é o sistema circadiano, como funciona e como os hábitos de sono poden alterar o seu funcionamento, comprometendo o correcto funcionamento do noso organismo. A tradución ao galego é de Uxía Yáñez Ramil e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 33´´) a investigadora Clara Grech, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela), axúdanos a entender que é a “síndrome do emperador”, un trastorno do comportamento que manifestan algúns nenos/as e adolescentes cara ás figuras de autoridade (pais, nais, titores, profesorado…). Esta peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Teo Calo Suárez explícache neste vídeo didáctico (2´ 29´´) en que consiste a teoría de grafos, empregada no eido das matemáticas e das ciencias da computación. Esta peza recibiu unha mención do xurado na edición do ano 2024 do concurso “Explícoche matemáticas 2.0”, convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC.
Ver recurso
A hortensia é unha planta ornamental moi abundante en Galicia, pero para que as súas flores luzan esplendorosas no verán cómpre previamente facer unha correcta poda. Neste vídeo didáctico (5´ 51´´) Rosendo Luis Estévez Parada, técnico en explotacións agrícolas, ensínanos a identificar os diferentes tipos de pólas para poder facer a poda das hortensias no momento do ano axeitado, que pode variar segundo o clima.
Ver recurso
Eras dos que pensabas que as nobres e aristócratas galegas da Idade Media vivían pechadas en castelos? Neste vídeo (1´ 48´´) os historiadores Miguel García-Fernández e Diana Pelaz Flores desmontan o tópico e fálannos da gran mobilidade xeográfica destas mulleres, tanto dentro coma fóra do reino, o que evidencia a súa influencia e protagonismo na sociedade medieval. Esta peza forma parte do proxecto O Reino no mapa, creado por Mazarelos Coop para divulgar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino de Galicia.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (1´ 11´´) Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícanos cales son, segundo o pensamento de Locke, as catro razóns para pasar dun estado de natureza a unha sociedade civil. A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (6´ 56´´) Aldán Santamarina, profesor de Matemáticas no IES de Chapela, explícache como se suman, restan e multiplican polinomios. Esta lección está dirixida a alumnado de 2º da ESO.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 59´´) Virginia Acuña Ferreira fálanos da lingüista estadounidense Robin Lakokk, que nos anos 70 do século pasado comezou a estudar e describir a “lingua das mulleres” e actualmente está considerada a impulsora dos estudos sobre a relación entre xénero e usos lingüísticos. Esta foi unha das pezas presentadas á terceira edición do concurso "YouTubers Científicos", organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo dentro do plan "Ciencia de Ida e Volta".
Ver recurso
Un dos tesouros arqueolóxicos da cidade de Lugo é a “Domus do Mitreo”, unha casa romana de luxo cuxa estrutura se corresponde co período altoimperial (1º cuarto do século I a. C.-270 d. C). A comezos do século III a vivenda refórmase e arredor dos anos 212-218 d.C constrúese no primeiro andar o mitreo, un templo dedicado ao deus Mitra. O Museo Universitario A Domus do Mitreo (xestionado pola USC) elaborou unha serie de vídeos divulgativos que che axudarán a coñecer mellor a estrutura e as diferentes funcións desta domus ao longo do tempo. Nesta primeira peza (1´ 29´´) poderás achegarte ao Lucus Augusti no que foi construída a casa. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Recursos didácticos para traballar na aula
Ver recurso
Unha das maiores colonias de cría da gaivota patiamarela atópase nos catro arquipélagos que conforman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Nesta curtametraxe divulgativa (10´ 16´´) explícanse cales son os traballos para a conservación desta especie ameazada que se realizan no Parque Nacional e ponse de relevo o importante papel ecolóxico que xoga a gaivota patiamarela no mantemento dos ecosistemas costeiros e a súa cadea trófica. A peza está producida por Ibis Natureza e Imaxe e dirixida por Manuel Pedrosa e Mariam Mariño. Material complementario: -Recursos didácticos sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Ver recurso
Neste capítulo de "Aquelando con Chispa" (15´ 16´´) David Ballesteros e Manuel Vicente, coa axuda do alumnado do CPR Luís Vives de Pontedeume, explícannos cales son as propiedades do nitróxeno líquido e, a través de experimentos, amósannos as reaccións que fai con outros elementos. Tamén demostran de xeito práctico o efecto Leidenfrost, que é a capa de vapor que se forma ao redor dun líquido ao estar nunha superficie cunha temperatura maior ao punto de ebulición dese líquido.
Ver recurso
Saberías dicir cal é a diferenza entre unha escaleira e unha escada? Neste breve vídeo didáctico (40´´) Esther Vázquez explícacho de xeito sinxelo. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o idioma galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Alba Alvarellos Pose, Noelia Otero Calviño e Carla Prieto Loureiro explícannos neste vídeo (2´ 30´´) cunha canción en que consisten as tres razóns trigonométricas básicas (seno, coseno e tanxente) e como se miden alturas co teodolito, demostrando que aprender trigonometría tamén pode ser divertido. Esta peza recibiu o segundo premio na edición do ano 2024 do concurso “Explícoche matemáticas 2.0”, convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC.
Ver recurso
Tendo en conta que o cancro está relacionado cun fallo no mecanismo básico de reprodución celular, o lóxico sería pensar que canto menos células teña un ser vivo e máis curta sexa a súa vida, menos posibilidades terá de padecer cancro; mais o certo é que non é así. Os humanos vivimos moitos máis anos ca os ratos (só viven unha media de 2 anos) e temos miles de veces máis células e, malia todo, a taxa de cancro entre humanos e ratos é basicamente a mesma. Pola contra, animais do tamaño das baleas azuis parecen ser inmunes a esta doenza. Neste vídeo divulgativo (7´ 06´´) ofrécennos as posibles razóns científicas que explicarían o paradoxo.
Ver recurso
Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícanos neste vídeo didáctico (1´ 26´´) cales son as tres principais diferenzas entre o racionalismo e o empirismo, contrastando o pensamento de Descartes (representante do racionalismo) e o de Hume (representante do empirismo). A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Neste vídeo (2´ 50´´) a investigadora Iria Vázquez, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela), explícanos o significado e as consecuencias do “illamento social”, un concepto relacionado coa desigualdade que fai referencia á carencia de apoios e redes sociais que pode experimentar un individuo. Esta peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), explícanos neste vídeo didáctico (22´ 54´´), a través da resolución dun exercicio, como se estudan e calculan as asíntotas dunha función, aproveitando para repasar os conceptos teóricos relacionados coa representación de funcións. A peza está dirixida a alumnado de 1º curso de bacharelato.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 08´´) no que se resumen os conceptos básicos relacionados coa integración da perspectiva de xénero no emprego e na formación. Esta peza foi elaborada como apio audiovisual á colección de guías didácticas “Integra o xénero”, editadas en 2023 pola Deputación da Coruña. Material complementario: guías, manuais para docentes e recursos didácticos.
Ver recurso
Na súa tese Sara Albán editou o prólogo do poema medieval “Prick of Conscience”, escrito en inglés e recollido en cinco manuscritos. Neste vídeo divulgativo (1´ 48´´) fálanos da metodoloxía de traballo empregada para editar textos en inglés medieval. Esta foi unha das pezas presentadas á terceira edición do concurso "YouTubers Científicos", organizado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo dentro do plan "Ciencia de Ida e Volta".
Ver recurso
Vídeo didáctico (13´ 22´´) no que, desde o Laboratorio Aberto da Domus, nos amosan unha disección dun corazón de porco (o máis semellante ao órgano humano) para ensinarnos cal é a morfoloxía e como funciona o músculo máis forte que temos no noso organismo.
Ver recurso
Moi probablemente terás escoitado falar nos medios de comunicación ou lido algunha nova sobre a fractura hidráulica (“fracking”), un controvertido método de extracción de gas natural do solo. Neste vídeo divulgativo (5´ 03´´) explícannos en que consiste exactamente a técnica da fractura hidráulica e cales son as súas vantaxes, mais tamén nos poñen en alerta sobre os riscos que implica, tanto en termos medioambientais como sanitarios.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (2´ 29´´) Julia Rama González axúdache a entender a diferenza entre números racionais e irracionais, e explícache concretamente por que a raíz cadrada de 2 é un número irracional. Esta peza audiovisual recibiu o primeiro premio na edición do ano 2024 do concurso “Explícoche matemáticas 2.0”, convocado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC.
Ver recurso
Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos neste vídeo didáctico (24´ 35´´), dirixido a alumnado de 1º da ESO, das diferentes zonas climáticas existentes no planeta e das paisaxes asociadas a elas. Esta peza completa un vídeo anterior no que a mesma docente explica como inflúen no clima determinados factores (latitude, altitude, relevo, proximidade ao mar, correntes mariñas).
Ver recurso
Nova entrega da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo. Neste vídeo (2´ 53´´) a investigadora Cristina Míguez, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela), explícanos o significado do concepto “fenda salarial”, que fai referencia á diferenza dos salarios que perciben os homes e as mulleres por realizar o mesmo traballo.
Ver recurso
Xavier Castro Pérez, profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, reflexiona nesta entrevista (23´ 12´´) sobre a historia da alimentación tradicional galega, a relación entre patriarcado e alimentación, as propiedades medicinais dos licores e o papel do viño na sociedade galega. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan desde distintas prazas de Santiago de Compostela sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
Tiveches algunha vez a sensación de ter vivido antes esa mesma situación que realmente estabas a experimentar por primeira vez? Ese fenómeno denomínase “déjà vu” e ao longo do tempo máis de 40 teorías científicas tentaron dar resposta ás súas posibles causas. Neste vídeo de TED (3´ 54´´) Michael Molina cóntanos cales son a día de hoxe as tres principais teorías que, baseándose en investigacións recentes en psicoloxía cognitiva e neuroimaxe, tratan de explicar que acontece no noso cerebro para que aconteza o “déjà vu”. A tradución ao galego é de Xulia Sánchez Rodríguez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícanos neste vídeo didáctico (1´ 37´´) como debes contestar correctamente na proba da ABAU o tema do “problema razón-fe na filosofía medieval”, facendo alusión ao pensamento destes tres autores: Agostiño de Hipona (séculos IV-V d. C.), Tomé de Aquino (século XIII) e Guillerme de Ockham (século XIV). A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Aldán Santamarina, docente de Matemáticas no IES de Chapela, explícanos neste vídeo didáctico (2´ 49´´) como se resolve unha ecuación de 2º grao completa. Este recurso está dirixido a alumnado de 2º da ESO.
Ver recurso
Segundo vídeo (5´ 09´´) da colección de guías didácticas “Integra o xénero”, editadas en 2023 pola Deputación da Coruña. Nesta segunda entrega resúmense e explícanse os principais conceptos relacionados co establecemento de cláusulas sociais de igualdade. Material complementario: guías, manuais para docentes e recursos didácticos.
Ver recurso
Neste sexto capítulo (21´ 09´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra” ponse o foco no seu derradeiro poemario, Papagaio, no que a autora denuncia a explotación sexual das mulleres e a especulación urbanística, en coherencia coa esencia da súa propia personalidade e do seu compromiso cívico. Esta sexta entrega ponlle o ramo á serie audiovisual producida pola Real Academia Galega e realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 33´´) Maria Lameiras Fernández, María Rodríguez Ramos e Yolanda Rodríguez Castro cóntannos a historia do preservativo feminino, creado en 1993 como un método de dobre protección preventiva e anticonceptiva, e expoñen as súas vantaxes para a saúde sexual. Esta foi unha das pezas presentadas á terceira edición do concurso "YouTubers Científicos", organizado pola pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo dentro do plan "Ciencia de Ida e Volta".
Ver recurso
A hulla é un tipo de carbón mineral que se forma a partir da descomposición e acumulación de restos vexetais en condicións de baixa osixenación e alta presión ao longo de millóns de anos. Neste vídeo didáctico (1´ 07´´) tes a oportunidade de ver as súas características físicas e, a maiores, na canle de Youtube de Xeoclip o profesor Xacobo de Toro ofréceche información adicional sobre as súas características morfolóxicas, os seus usos industrais e o impacto ambiental que provoca a súa combustión.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (5´ 27´´) no que Xabier Pérez Couto nos presenta as tres unidades máis empregadas para medir distancias no Universo: a unidade astronómica (empregada na medición de órbitas e traxectorias dentro do sistema solar), o ano luz (para medir distancias entre estrelas) e o parsec (unha unidade aínda maior, equivalente a 3.26 anos luz). Esta peza foi difundida na canle AstroXabi, creada para a divulgación de conceptos básicos de astronomía.
Ver recurso
Vídeo (7´ 50´´) no que se resumen e explican os principais conceptos relacionados coa integración da perspectiva de xénero nas políticas públicas, realizado como material audiovisual de apoio á colección de guías didácticas “Integra o xénero”, editadas en 2023 pola Deputación da Coruña. Material complementario: guías, manuais para docentes e recursos didácticos.
Ver recurso
A obsidiana é unha rocha magmática que se forma cando a lava dun volcán arrefría rapidamente. Neste vídeo didáctico (55´´) podes visualizala fisicamente e, a maiores, na canle de Youtube de Xeoclip o profesor Xacobo de Toro ofréceche unha descrición detallada das súas características morfolóxicas.
Ver recurso
Sabías que nos océanos é onde se produce a metade da fotosíntese mundial? Neste vídeo divulgativo (1´ 48´´) Alberto Gutiérrez Barral fálanos das bacterias existentes nos océanos e de como a súa función é imprescindible para a viabilidade dos ecosistemas mariños. Esta foi unha das pezas presentadas á terceira edición do concurso "YouTubers Científicos", organizado pola pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo dentro do plan "Ciencia de Ida e Volta".
Ver recurso
Alexandre Sotelino, docente do grao de Pedagoxía na USC, preséntanos neste vídeo divulgativo (2´ 44´´) o proxecto de aprendizaxe e servizo “PEINAS: Pedagoxía intercultural”, coordinado por Miguel Santos Rego, Igor Mella e el mesmo. O proxecto ten como obxectivo que o alumnado da materia de Pedagoxía Intercultural poida ter contacto con entidades que traballan na xestión da diversidade cultural, ao tempo que aprenden contidos propios da titulación, como poden ser os relacionados coa inserción sociolaboral das persoas inmigrantes ou do colectivo xitano, co desenvolvemento de competencias sociais, coa programación de actividades de lecer ou co desenvolvemento de programas de sensibilización.
Ver recurso
A ética de Aristóteles é unha das cuestións relacionadas coa materia de Filosofía que poden preguntarche na proba da ABAU. Neste vídeo didáctico (1´ 30´´) Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, dános as tres claves que debemos ter claras para desenvolver correctamente este tema. A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
O historiador Lucas Sánchez Taboada fálanos neste vídeo divulgativo (1´ 32´´) dun dos principais factores de desenvolvemento na Galicia medieval: a cultivo e comercio do viño, explicándonos cales eran as áreas de produción e os principais centros de consumo e de redistribución. Esta peza forma parte do proxecto O Reino no mapa, creado por Mazarelos Coop para divulgar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino de Galicia.
Ver recurso
O investigador Brais Suárez explícanos neste vídeo didáctico (2´ 20´´) o significado de “modernización da pobreza”, un concepto que fai referencia ás novas formas de pobreza que xorden do progreso e do desenvolvemento tecnolóxico. A peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela).
Ver recurso
Mayor de Cubas, veciña de Pontevedra, outorgou o seu testamento ante notario o 3 de setembro de 1488. Este documento, escrito en galego, foi posteriormente reciclado e empregado como cuberta dun volume que contén varios protocolos notariais do século XVI. Neste vídeo divulgativo (1´ 52´´) o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra fálanos do achado do testamento de Mayor de Cubas e preséntanos as súas principais características, tanto formais como de contido. A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Ver recurso
Non todos respondemos igual aos estímulos dolorosos e, de feito, hai persoas ás que a dor lles impide realizar correctamente as súas tarefas, mentres que a outras, pola contra, as tarefas sérvenlles para evadirse da dor e conseguen realizalas mesmo con maior eficacia ca cando non senten dor. Neste vídeo de TED (4´ 57´´) Karen D. Davis, profesora de neurociencia na Universidade de Toronto, explícanos por que experimentamos a dor de xeito tan diferente e que papel xoga o noso cerebro nesa percepción. A tradución ao galego é de Alicia Novoa e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Quinto capítulo (21´ 36´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, centrado no compromiso cívico que guiou tanto a traxectoria vital como a produción literaria da protagonista do Día das Letras Galegas 2024. A serie é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Ver recurso
Higinio González, docente e investigador na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 22´´) como se aplican as novas tecnoloxías dos sistemas aéreos non tripulados á limpeza de grandes superficies, grazas á súa capacidade para a dispersión de líquidos. A peza forma parte da serie audiovisual "Que facemos?", na que a Área de Cultura Científica da Universidade de Vigo nos presenta diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta institución.
Ver recurso
Cando falamos de clima referímonos ao conxunto das condicións atmosféricas que caracterizan un lugar. Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, explícanos neste vídeo didáctico (23´ 33´´) cal é a diferenza entre “tempo atmosférico” e “clima”, e cóntanos como inflúen determinados factores (latitude, altitude, relevo, proximidade ao mar, correntes mariñas) nos diferentes elementos que compoñen o clima (temperaturas, precipitacións, humidade, presión e ventos). A peza foi elaborada para alumnado de 1º de ESO.
Ver recurso
A investigadora Paula Frieiro cóntanos neste vídeo didáctico (3´ 31´´) cal é o significado de “cordismo”, un termo pouco coñecido entre a sociedade xeral e que fai referencia á discriminación que sofren as persoas cun diagnóstico psiquiátrico. A peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela).
Ver recurso
Galicia conta con dereito civil propio e determinadas figuras xurídicas características do noso marco xurídico, nalgúns casos exclusivas, serviron ao longo dos anos para resolver conflitos e ordenar o territorio. Neste documental (31´ 14´´), elaborado pola Universidade de Vigo e mais a Xunta de Galicia, explícanse as especificidades das seguintes figuras xurídicas: os muíños de herdeiros e o retracto de comuneiros; a herdanza en vida, o pacto de mellora e o pacto de apartación; as servidumes de paso e as serventías; e os montes veciñais en man común. O documental está producido por Celtavision e dirixido por María José Bravo Boch, catedrática de Dereito Romano na Universidade de Vigo, coautora tamén do guión, xunto con Alfonso Castaño.
Ver recurso
É probable que nalgunha ocasión, mentres mirabas unha superficie brillante e uniforme, notases algo raro flotando no teu campo de visión similar a un verme diminuto ou a unha mancha transparente. Neste vídeo de TED (4´ 04´´) Michael Mauser explícanos en que consiste o fenómeno visual coñecido como “moscas voantes”. A tradución ao galego é de Álvaro Torres e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
O xofre é un mineral formado polo elemento químico de número atómico 16 (S). É coñecido polas súas aplicacións en diferentes industrias, incluíndo a fabricación de ácido sulfúrico, fertilizantes, pólvora e outros produtos químicos. Tamén podemos atopalo en forma natural en depósitos volcánicos e en minerais como a pirita e a esfalerita. Neste vídeo didáctico (2´ 21´´) tes a oportunidade de visualizar fisicamente este mineral e, a maiores, na canle de Youtube de Xeoclip o profesor Xacobo de Toro ofréceche unha descrición detallada das súas características distintivas.
Ver recurso
Mar Llinares García, profesora de Prehistoria na Universidade de Santiago de Compostela, reflexiona nesta entrevista (19´ 54´´) sobre as seguintes cuestións: o papel da Prehistoria no imaxinario popular, as metodoloxías para tratar esta temática no ensino, as políticas das escavacións arqueolóxicas ou o tipo de divulgación que se fai dos contidos prehistóricos na prensa actual e nos museos. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan desde distintas prazas de Santiago de Compostela sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
Os protocolos notariais antigos habitualmente conteñen escrituras de compravenda, doazóns ou testamentos, mais en ocasións atopamos neles outro tipo de textos que nada teñen que ver coa profesión de notario. Neste vídeo divulgativo (2´ 21´´) fálannos dos poemas aparecidos en varios protocolos do notario Vicente Boceta Y Lemos, datados nos anos 1831, 1833, 1834 e 1844, nos que reflexiona sobre a súa profesión e sobre varios acontecementos de carácter socio-político. A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (4´ 49´´) o profesor Aldán Santamarina ensínanos a resolver un problema de idades a través da resolución dunha ecuación. Esta lección está dirixida a alumnado de 2º curso da ESO.
Ver recurso
O mito da caverna de Plantón é outro dos temas que tes que dominar para contestar as cuestións da materia de Filosofía na proba da ABAU. Neste vídeo didáctico (3´ 21´´) Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícache os datos fundamentais deste texto alegórico escrito por Platón e recollido na súa obra República, no libro VII. A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Cuarto capítulo (18´ 33´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, centrado nesta ocasión na súa produción como dramaturga, narradora e articulista. A serie é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Ver recurso
Alba Tomé fálanos neste vídeo divulgativo (2´ 53´´) da complexidade da articulación do territorio na Alta Idade Media, ocasionada en gran medida polas constantes mudanzas da circunscrición política. A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
De media, unha persoa adulta arrefríase unhas 150 veces na súa vida e a causa da infección pode ser diferente en cada ocasión, pois os arrefriados comúns están causados por ao menos 8 familias de virus, cada unha coas súas propias especies e subtipos. Neste vídeo de TED (5´ 17´´) explícannos como reacciona o noso sistema inmune ante estas infeccións e por que está a resultar tan complicado atopar un tratamento eficaz para unha doenza de causas tan diversas. A tradución ao galego é de Bea Lista e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
No eido da química, unha disolución é unha mestura homoxénea formada por dúas ou máis substancias puras que non reaccionan entre si. Neste episodio de "Aquelando con chispa" (17´ 12´´) Manuel Vicente e David Ballesteros fálannos da solubilidade e coa axuda do alumnado do IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) ensínannos a experimentar con diferentes materiais solubles para comprobar a solubilidade entre dúas substancias líquidas, entre dúas sólidas, entre unha sólida e outra líquida, e entre unha gasosa e outra líquida.
Ver recurso
Neste capítulo do programa Polo rego (6´ 46´´) Rosendo Luis Estévez Parada, técnico en explotacións agrícolas, explícanos como podemos reproducir a planta do amorodo a partir dos seus estolóns (os fillos que lle saen da base do talo).
Ver recurso
Os libros de foros eran uns dos diversos documentos que as institucións relixiosas empregaban para controlar o seu patrimonio territorial, rexistrando neles as propiedades aforadas, os beneficiarios dos foros ou as rendas a cobrar. Neste vídeo divulgativo (2´) o Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra amósanos o Libro de Foros do Mosteiro de Santa María de Aciveiro (1572-1597). A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Ver recurso
A investigadora Iria Vázquez explícanos neste vídeo didáctico (2´ 21´´) que significa o concepto de igualdade efectiva ou real entre homes e mulleres e cales son os indicadores que se teñen en conta para avaliar se na nosa sociedade se acadou esa igualdade efectiva. A peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela).
Ver recurso
Chamámoslles froitas de tempada a aquelas que nacen nunha determinada estación, xa que a planta precisa unha temperatura concreta para medrar e dar froito. Neste vídeo didáctico (56´´) Esther Vázquez cóntache cales son as froitas da primavera e como se nomean en galego. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Se estás a preparar o exame da ABAU seguramente xa sabes que unha das cuestións que poden caer na materia de Bioloxía é a das biomoléculas. Marisa Castiñeira, profesora no IES Rafael Dieste da Coruña, lémbrache neste vídeo didáctico (1´ 35´´) cal é a información esencial que debes dominar sobre este tema.
Ver recurso
Diana Pelaz Flores e Miguel García-Fernández fálannos neste vídeo (1´ 18´´) da presenza das mulleres na lírica medieval e da xeografía dos santuarios que podemos trazar a partir desta presenza feminina nas cantigas de amigo. A peza forma parte do proxecto O Reino no mapa, creado por Mazarelos Coop para divulgar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino de Galicia.
Ver recurso
Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), amósanos neste vídeo didáctico (17´ 10´´) como se resolve un exercicio no que nos piden determinar as asíntotas e estudar as súas posicións relativas con respecto a unha función concreta. A peza está dirixida a alumnado de 1º curso de bacharelato.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 50´´) no que Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, nos fala do xiro antropolóxico que tivo lugar no pensamento filosófico no século V a. C., protagonizado por Sócrates e polos sofistas. Esta peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Terceiro capítulo (20´ 55´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, no que se fai un percorrido pola súa produción poética, dende a xestación de Música reservada (1991) ata En concreto (2004) e Papagaio (2006), así como o inacabado almanaque poético As palabras ingrávidas (2020). A serie é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Ver recurso
Sabías que os suevos se asentaron no século V no territorio que hoxe coñecemos como Galicia e que aquí fundaron o primeiro reino medieval de Europa? Laura Filloy fálanos nese vídeo divulgativo (3´ 41´´) das vicisitudes deste pobo xermánico, desde a súa chegada á Gallaecia ata a súa caída en mans dos visigodos no ano 585. Esta peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
O turismo científico é unha modalidade turística vinculada á divulgación da ciencia que busca achegar á sociedade os avances científicos e tecnolóxicos. O equipo Divulgare da Universidade de Vigo anímanos neste vídeo (16´ 05´´) a visitar os parques naturais de Galicia para coñecer o noso patrimonio cultural e natural e descubrir as potencialidades deste tipo de turismo.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (26´ 45´´) o profesor Aldán Santamarina convídanos a comprobar se hai correlación entre a porcentaxe de habitantes maiores de 70 anos e mais o gasto sanitario do Estado Español. Para isto, ensínanos como se fai con Geogebra a construción da nube de puntos, o cálculo de parámetros estatísticos e as rectas de regresión coas variables "porcentaxe de persoas maiores de 70 anos" e "gasto sanitario" por Comunidades Autónomas. A peza está destinada a alumnado de 1º de Bacharelato.
Ver recurso
Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos neste vídeo didáctico (20´ 39´´) do megalitismo. Descubrirás en que consistiu esta manifestación cultural prehistórica, cando e onde tivo lugar, cal era a súa finalidade e que tipos de construción son características deste período. A peza foi elaborada para alumnado de 1º de ESO.
Ver recurso
Neste segundo capítulo (19´ 51´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra” afóndase na influencia que tivo a música na produción literaria de Luísa Villalta, que ademais de dramaturga, ensaísta e poeta era tamén titulada superior en violín. A serie documental é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Ver recurso
Daniela Fernández trata nesta entrevista (17´ 14´´ ) diferentes aspectos da historia da desidencia sexual na Galicia contemporánea. Baseándose na súa propia experiencia como investigadora comeza reflexionando sobre as fontes documentais e o presentismo na investigación histórica, e a seguir fálanos da desidencia sexual durante o Franquismo, da participación política e social das mulleres nas eleccións de 1979 e do tratamento da diversidade sexual por parte dos medios de comunicación.
Ver recurso
Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, fálanos neste vídeo didáctico (1´ 20´´) dos autores presocráticos, un dos temas que debes dominar da materia de Historia de Filosofía se vas presentarte ás probas da ABAU. Esta peza forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
A doutora Sheetal DeCaria fálanos nesta charla de TED (12´ 50´´) do que ela denomina “nesgo de non diagnóstico”, é dicir, todas esas crenzas e asociación inconscientes que inflúen nos profesionais da medicina e condicionan as súas decisións á hora de tratar a dor crónica dos seus pacientes. A tradución ao galego é de Cristina Blanco e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Eugenio Rodríguez, docente no Departamento de Didácticas Aplicadas da Facultade de Ciencias da Educación da USC, preséntanos neste vídeo (2´ 53´´) o proxecto de aprendizaxe e servizo (ApS) desenvolvido co alumnado da materia “Organización e xestión do centro escolar e xogo infantil” do grao en mestre/a en Educación Primaria. O obxectivo principal do proxecto, realizado en colaboración co Concello de Santiago, era que o alumnado realizase unha observación da variable espacial dos parques infantís da cidade (analizando aspectos como a situación, accesibilidade, seguridade, estado de conservación e tipoloxía dos espazos), así como do tipo de actividades e conductas derivadas do uso que fan destes espazos as nenas e os nenos.
Ver recurso
Entre os anos 1467 e 1469 as clases populares e a baixa nobreza galega uníronse e rebeláronse contra a alta nobreza, dando lugar ao que se coñece como a revolta Irmandiña, considerada como unha das maiores revoltas sociais do século XV a nivel europeo. Neste vídeo divulgativo (3´ 04´´) descubrirás como aconteceu un dos episodios máis épicos do medievo galego. Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 37´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), nos explica como se resolve un exercicio típico de cálculo de parámetros dunha función no que nos dan información sobre o seu comportamento e nós temos que aplicar as propiedades das derivadas. A peza está dirixida a alumnado de 1º curso de bacharelato.
Ver recurso
A diferenza do que acontece con outros órganos, como por exemplo a pel ou os ósos, o corazón ten unha capacidade reducida de autorreparación, por iso cando está moi danado a única solución médica é substituílo. Neste vídeo de TED (5´ 08´´) Roni Shanoada explícanos en que consiste a complexa cirurxía de transplante de corazón. Tradución ao galego de Gisela Camolesi para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Primeiro capítulo (15´ 33´´) da serie documental “Luísa Villalta: a rebelión da palabra”, realizada como homenaxe á autora á que a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas 2024. Nesta primeira entrega poderás achegarte aos aspectos máis relevantes da biografía desta poeta, narradora, ensaísta e articulista, desde o seu nacemento na Coruña no ano 1957 ata o seu pasamento na mesma cidade no 2004. A serie documental é unha produción da Real Academia Galega realizada por Miramemira, baixo a dirección de Damián Varela Pastrana e con guión de Alba López Álvarez.
Ver recurso
O efecto Coriolis é un fenómeno físico que inflúe na dirección do movemento dos obxectos nun marco de referencia rotativo, como a Terra. Este efecto provoca que os obxectos en movemento se desvíen levemente cara á dereita no hemisferio norte e cara á esquerda no hemisferio sur. Neste capítulo de "Aquelando con Chispa" (15´ 48´´) David Ballesteros e Manuel Vicente, coa axuda do alumnado do IES 12 de Outubro (Ourense), axúdanche a entender este fenómeno a partir da realización de varios experimentos.
Ver recurso
Vídeo didáctico (24´ 46´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), nos explica con detalle como se resolve un exercicio de representación gráfica dunha función racional, neste caso cun polinomio de grao 2 no numerador e un polinomio de grao 1 no denominador. A peza está dirixida a alumnado de 1º curso de bacharelato.
Ver recurso
Brais Suárez, investigador do Post Growth Innovation Lab (UVigo), explícanos neste vídeo (2´ 50´´) cal é o significado do termo “suficiencia”, un concepto ligado á idea de autolimitación que fai alusión ao obxectivo de que o ser humano poida vivir mellor con menos cousas materiais. A peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela).
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 28´´) sobre a historia e as funcións do Servizo Social Femenino, unha institución da época franquista creada en 1937 no ámbito da Sección Femenina da Falanxe Española. A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Ver recurso
O pH é o coeficiente que indica o grao de acidez ou basicidade dunha solución acuosa. Marisa Castiñeira, profesora de Bioloxía e Xeoloxía no IES Rafael Dieste da Coruña, explícanos neste vídeo didáctico (1´ 45´´) cal é a información básica que debes coñecer sobre o pH se estás a preparar o exame da ABAU. Esta peza forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
A lingüista Carme Pazos explícache neste vídeo didáctico (4´ 04´´) cales son os nomes en galego dos puntos cardinais e dos seus puntos intermedios. Tamén aprenderás como podes expresalos de forma abreviada. Esta peza foi elaborada para a sección "Pregúntalle á Academia" do Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 51´´) no que che explican cales son os tres aspectos principais que tes que saber para responder no exame da ABAU á pregunta sobre o papel da muller na Idade Moderna. Esta peza foi elaborada polo xornalista Jorge Noya a partir da información facilitada por Raquel Iglesias, profesora de Historia no IES Xelmírez I (Santiago de Compostela), e forma parte da serie didáctica La Voz Explica, creada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Nesta charla de TED (10´ 30´´) o que fora xogador de rugby Gareth Thomas cóntanos en primeira persoa a súa experiencia vital tras o seu diagnóstico de VIH. O obxectivo é combater o estigma social asociado a esta doenza, que provoca que moitos pacientes a oculten e non se sometan ás probas ou aos tratamentos que precisan. A tradución ao galego é de Paola Costa e foi elaborada para o certame TedSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
O historiador José Miguel Andrade Cernadas fálanos neste vídeo (1´ 43´´) do comercio marítimo na Galicia medieval, un lugar de paso ineludible entre a área mediterránea e o atlántico norte. Esta peza forma parte do proxecto O Reino no mapa, creado por Mazarelos Coop para divulgar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino de Galicia.
Ver recurso
Estás a preparar a ABAU? Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícache neste vídeo didáctico (13´ 08´´) como debes elaborar un comentario de texto filosófico nesta proba de acceso á universidade. Para exemplificalo, el mesmo comenta con detalle un dos textos de Platón incluídos na súa coñecida obra República (Libro VI). Esta peza forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Teresa Piñeiro, Ana Amigo e Renée DePalma, docentes da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, explícannos neste vídeo divulgativo (5´ 53´´) cales son os obxectivos e como se desenvolveu o proxecto de aprendizaxe e servizo “Bibliodiversidade sonora”, unha iniciativa de educación en diversidade afectivo sexual na que participaron activistas, bibliotecarias e docentes de infantil e primaria. O proxecto recibiu o Premio especial "Mellor experiencia docente 2022" en materia de atención á diversidade, outorgado pola UDC.
Ver recurso
“En maio celébranse os maios e cántanse maios acompañando os maios”. Doado de entender, non si? Por se quedou algunha dúbida, Esther Estévez explícache neste vídeo (59´´) o significado de todas as acepcións do termo “maio”. Tamén descubrirás como se chaman en galego as flores e as plantas que se empregan para decorar os maios. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 38´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), nos explica cun exemplo práctico como se realiza a simplificación dunha expresión fraccionaria con potencias con distintas bases e expoñentes positivos e negativos. A peza está dirixida a alumnado de 4º da ESO.
Ver recurso
Daniel Lanero Táboas, profesor de Historia Contemporánea na USC, fálanos nesta entrevista (20´ 07´´) da política social e, particularmente, da vivenda social durante o franquismo, así como do clientelismo político e das mobilizacións e conflitos que tiveron lugar no tradofranquismo. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan desde distintas prazas de Santiago de Compostela sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
O xornalista Gabriel Fuentes entrevista a Juan José Crespo Sabarís, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria no Centro de Saúde de Bembrive, e a Artemio Mojón Ojea, profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e investigador de atlanTTic, que nos falan da cronobioloxía e das consecuencias das alteracións nos ritmos circadianos para a nosa saúde cardiovascular. Este vídeo (25´ 34´´) foi elaborado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, co gallo da conmemoración do Día Mundial da Saúde 2024.
Ver recurso
Ata o século XII parte do territorio do que hoxe é Portugal formaba parte do Reino de Galicia. Alba Tomé fálanos neste vídeo divulgativo (3´ 25´´) da historia compartida durante séculos de Portugal e Galicia e tamén dos diferentes camiños que tomaron tras a proclamación de Afonso I como rei de Portugal. Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
O funcionamento do cerebro humano continúa a ser aínda hoxe, en gran medida, un enigma para a ciencia. Nesta charla de TED (13´ 31´´) o neuroenxeñeiro Sam Rodriques fálanos sobre os avances científicos que el prevé que acontecerán no campo da neuroloxía durante o próximo século grazas á innovación tecnolóxica. A tradución ao galego é de Silvia Miguélez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
A xornalista e divulgadora científica Laura Veiga fálanos neste vídeo (9´) da sexualidade humana e dos tres aspectos básicos que a conforman: “como somos” (como é o noso corpo), “como nos vivimos” (a forma subxectiva na que nos percibimos) e “como nos expresamos” (as cousas que facemos partindo de todo o que somos). Partindo desta reflexión xenérica, explícanos en que consisten, e que relación teñen entre si, dous conceptos importantes relacionados coa sexualidade: a orientación sexual e a identidade de xénero.
Ver recurso
Marisa Castiñeira, profesora de Bioloxía e Xeoloxía no IES Rafael Dieste da Coruña, explícanos neste vídeo didáctico (1´ 20´´) algúns conceptos importantes da materia de bioloxía que debes coñecer se estás a preparar o exame da ABAU. Son os seguintes: “osmose”, “presión osmótica”, “plasmólise” e “turxescencia”. Esta peza forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 29´´) sobre as ruínas do antigo convento de San Domingos de Pontevedra, tomando como fonte documental o expediente de expropiación dos formais e soar deste mosteiro, promovido polo Concello en 1880. A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Ver recurso
Un polímero é un composto químico que ten as moléculas formadas por cadeas nas que se repite a unidade básica chamada monómero. Neste episodio do programa Aquelando con chispa (TVG) (17´ 32´´) David Ballesteros e Manuel Vicente, coa axuda do alumnado do IES Lagoa de Antela, realizan divertidos experimentos con diferentes tipos de polímeros para axudarnos a entender as súas propiedades.
Ver recurso
A fortaleza de San Lourenzo de Goián, xunto coas gornicións de Salvaterra, Tui, Amorín, A Guarda, Baiona e Vigo, constituían o sistema defensivo da fronteira do Miño e da costa galega no século XVII. Neste vídeo divulgativo (2´ 07´´) preséntannos un documento de gran valor histórico datado en 1873: o plano da fortaleza de San Lourenzo de Goián (Tomiño). A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares custodiados actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Ver recurso
O bancal de aromáticas en espiral é un método de cultivo de herbas aromáticas ou culinarias no que se empregan pedras para facer unha especie de xardineira en forma de espiral. Neste capítulo do programa da TVG Polo rego (8´ 18´´) o técnico de explotacións agrícolas Rosendo Luis Estévez Parada explícanos que vantaxes ten este método de cultivo e que materiais precisas para elaborar o bancal.
Ver recurso
Nos artigos científicos dos ámbitos médico e farmacolóxico acostuman publicarse os resultados dos ensaios que funcionan, pero non os datos dos ensaios que fracasan nin os achados negativos que aparecen durante eses procesos de investigación. Este fenómeno coñécese no ámbito académico como “nesgo de publicación”. Nesta charla de TED (13´ 29´´) Ben Goldacre, psiquiatra e xornalista científico, reflexiona sobre as consecuencias negativas que pode ter para a nosa saúde este descoñecemento dos resultados negativos dos ensaios médicos ou da industria farmacéutica. A tradución ao galego é de Silvia Miguélez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Moralejo Laso afirmou en 1976 que o topónimo Agolada provén do latín AQUAM LATAM “auga conducida, levada”, en referencia a canalizacións de auga, e esta etimoloxía segue a ser aceptada actualmente polos especialistas en onomástica galega. Neste vídeo didáctico (3´), pertencente á serie "O Seminario de Onomástica responde", a académica correspondente Luz Méndez expón con detalle esta explicación etimolóxica, que difire doutra hipótese tradicionalmente admitida para topónimos semellantes da península Ibérica.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 53´´) no que se presenta o proxecto de aprendizaxe e servizo “EDUCO: Educación social e intervención educativa”, coordinado por Silvana Longueira Mato, Raquel Mariño Fernández e Miguel Nogueira Pérez. O proxecto foi desenvolvido por alumnado do grao en Educación Social da USC, en colaboración coas seguintes entidades: Solidariedade Internacional de Galicia, Cooperativa Feitoría Verde, Asociación Arelas, de familias de menores trans e o IES María Sarmiento de Viveiro. O obxectivo era achegar ao alumnado a experiencias reais que teñan que ver co seu futuro profesional, traballando temas relacionados coa cooperación internacional e a educación para o desenvolvemento.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 14´´) os historiadores Miguel García-Fernández e José Miguel Andrade Cernadas fálannos da historia do monacato galego, das súas diferentes fases ao longo da Idade Media e da súa evolución en comunidades mixtas, femininas e masculinas. Esta peza forma parte do proxecto O Reino no mapa, creado por Mazarelos Coop para divulgar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino de Galicia.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (7´ 18´´), dirixido a alumnado de 2º da ESO, o profesor Aldán Santamarina ensínanos como se resolven as ecuacións de 2º grao incompletas.
Ver recurso
Sabías que os parasitos internos dos cans poden chegar a ser máis perigosos para as persoas que conviven con eles que para os propios cans? Neste vídeo divulgativo (7´ 39´´) o veterinario Guillermo Campos fálanos sobre a importancia da desparasitación interna e explícanos cales son os parasitos aos que debemos prestar máis atención pola súa perigosidade.
Ver recurso
Valerià Paül Carril, investigador e profesor de Xeografía na USC, fala nesta entrevista (25´ 42´´) de diferentes asuntos relacionados co eido da xeografía: o seu estudo como materia no ensino secundario, a relación entre as ciencias políticas e a xeografía, a relación entre Galicia e o norte de Portugal, a situación dos parques naturais ou a ordenación do territorio. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan desde distintas prazas de Santiago de Compostela sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (37´ 57´´) sobre a historia de Mesopotamia, considerada a primeira civilización da Idade Antiga á que lle debemos o nacemento da escritura e outras grandes innovacións en diferentes ramas do coñecemento (como o dereito, a arquitectura, as matemáticas ou a astronomía), que influirían decisivamente no desenvolvemento da humanidade. A peza foi elaborada por Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, para alumnado de 1º curso da ESO.
Ver recurso
A función executiva do noso cerebro permítenos prestar atención, planificar con antelación ou controlar os impulsos. Nesta charla de TED (9´ 15´´) Sabine Doebel, profesora de Psicoloxía na Universidade George Mason, explícanos como inflúe o contexto nesta función cerebral e como podemos mellorala para acadar os nosos obxectivos. A tradución ao galego é de Silvia Miguélez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Neste episodio do programa Aquelando con chispa (TVG) (16´ 31´´) David Ballesteros e Manuel Vicente fálannos do magnetismo. Coa axuda do alumnado do IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, experimentan con varios tipos de imáns e comproban como se comportan os diferentes metais na presenza de campos magnéticos. Tamén nos explican como funciona o campo magnético terrestre.
Ver recurso
Esther Estévez explícanos neste vídeo (45´´) como se conxuga o verbo “dar” en galego normativo, aclarando que en determinadas zonas de Galicia existen variedades dialectais nesta conxugación. Así mesmo, lémbranos que o termo “destes” muda o seu significado dependendo de se o pronunciamos con “e” aberto ou “e” pechado. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 13´´), dirixido a alumnado de 2º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina nos ensina a resolver un sistema de ecuacións lineares polo método de substitución.
Ver recurso
Neste novo episodio (4´ 20´´) do Dicionario da Galicia histórica Laura Filloy cóntanos como era alimentación na Idade Media, que variaba segundo a clase social. Tamén aproveita para desmontar algúns mitos sobre a nutrición nesta etapa histórica, pois non era certo que non se bebese auga nin que se empregasen especias para disimular o cheiro a carne podre. Esta peza foi elaborado polo xornal Gciencia, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín.
Ver recurso
Uxía Yáñez Ramil preséntanos neste vídeo (2´ 52´´) o proxecto de investigación que está a desenvolver ao abeiro do programa de doutoramento titulado “Medicina e Sanidade Veterinaria”. O seu obxecto de estudo é o uso da ecografía en modo Doppler para a mellora da eficiencia reprodutiva do gando vacún. Este foi un dos vídeos gañadores da edición de 2023 do certame “Teses en tres minutos”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Tanto a expresión “logo chámote” como “logo te chamo” son correctas en galego, pero non teñen o mesmo significado. A diferenza débese ao valor que ten o adverbio “logo” en cada unha delas, e tamén á posición que ocupa o pronome átono “te”. Neste vídeo didáctico (2´ 42´´), pertencente á serie Pregúntalle á Academia, a académica Rosario Álvarez explícacho con detalle.
Ver recurso
Xesús Balboa López, profesor da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, trata nesta entrevista (32´ 21´´) diferentes cuestións relacionadas coa xestión dos montes galegos: os seus usos tradicionais; a diferenza entre o uso histórico do lume e os actuais incendios forestais; o papel das mulleres nos traballos ou a historia dos montes en man común. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan, desde distintas prazas de Santiago de Compostela, sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
O veterinario Guillermo Campos fálanos das mutación xenéticas que poden sufrir os nosos cans, que provocan que algúns tipos de medicamentos non reaccionen ben no seu organismo. Neste vídeo divulgativo (6´ 32´´) descubrirás cales son as razas máis afectadas, así como os medicamentos aos que debemos prestar máis atención.
Ver recurso
Sabías que Galicia tamén ten un pasado viquingo? Neste vídeo (2´ 4´´) a divulgadora Prado Rúa fálanos das invasións normandas na Galicia Medieval. Esta peza forma parte da serie audiovisual Conexión co Reino, gañadora do premio do Fondo de Proxectos Culturais do Reino de Galicia da Deputación da Coruña 2023. A serie, con guión e dirección de Belén Puime e montaxe de Álex Tajuelo, está producida por Brava.
Ver recurso
A procrastinación é o hábito de pospoñer deliberadamente tarefas importantes que temos pendentes, malia ter a oportunidade de facelas e saber que o feito de pospoñelas pode ter consecuencias negativas. Neste vídeo de TED (5´ 45´´) entenderás por que o cerebro actúa deste xeito e descubrirás cales son as estratexias que podemos usar para romper o ciclo da procrastinación. A tradución ao galego é de Alba Tato e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
O láser é un mecanismo amplificador dun conxunto de raios luminosos de intensidade moi elevada, monocromático e con coherencia espacial e temporal, e a súa historia comezou en 1916 grazas a Albert Einstein. Neste capítulo de Aquelando con chispa (15´ 39´´) Manuel Vicente e David Ballesteros, coa axuda do alumnado do CPI Uxío Novoneyra (O Courel), explícannos de xeito divertido cales son as propiedades da luz láser, comproban o comportamento da traxectoria deste tipo de luz e amósannos cales son as súas múltiples utilidades.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´), dirixido a alumnado de 2º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina nos ensina a resolver un sistema de ecuacións lineares polo método de igualación.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 11´´) no que nos ensinan a realizar correctamente unha serie de exercicios destinados a mellorar a musculatura do tronco e previr lesións e dores nas costas. A peza forma parte da serie Sempre activos, é saúde, elaborada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para concienciar á poboación xeral dos beneficios do exercicio físico para a nosa calidade de vida.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 22´´) a historiadora Andrea Riveira fálanos dunha construción arquitectónica de especial interese histórico e cultural: o edificio Arquivo da cidade de Betanzos, coñecido popularmente como Liceo, que foi construído na segunda metade do século XVIII. Trátase dun edificio peculiar construído para custodiar o Arquivo do Reino de Galicia, unha función que nunca chegou a cumprir. A peza forma parte da serie audiovisual Betanzos Capital, elaborada pola cooperativa Marma ao abeiro do II Certame de Fondos do Reino de Galicia organizado pola Deputación de Coruña.
Ver recurso
Terceira parte (7´ 16´´) dunha serie de tres vídeos didácticos nos que se narra a historia de como aprendemos a contar e os aparellos empregados ao longo do tempo para facelo. Os vídeos foron elaborados no marzo da exposición “De como aprendemos a contar e os aparellos empregados” (Concello de Maside, 2009), promovida por Trinidad Pérez López, doutora en Matemáticas e docente do IES María Soliña de Cangas.
Ver recurso
Segundo o dicionario da RAG a “viscosidade” é a “resistencia que ofrece un fluído ao movemento uniforme da súa masa, debida ao rozamento das moléculas que o compoñen”. Neste episodio (15´ 36´´) do programa Aquelando con chispa (TVG) David Ballesteros e Manuel Vicente, coa colaboración do alumnado do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela) explícannos o concepto de viscosidade, comproban a viscosidade de varios produtos e realizan unha proba moi divertida para estudar a resistencia dos produtos viscosos .
Ver recurso
A economista e asesora fiscal Mónica Martínez Gigirín fala nesa charla (24´ 26´´) de fiscalidade e negocios, centrándose concretamente en como as decisións sociais e fiscais afectan aos negocios agrogandeiros. A intervención tivo lugar o 16 de novembro de 2023 no marco das XX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas pola Deputación de Lugo.
Ver recurso
Ángela Arnosa Prieto, investigadora no grupo Nanomag da USC, preséntanos neste vídeo (2´ 04´´) o obxecto da súa tese, centrada no uso de nanopartículas magnéticas para o tratamento do cancro. Este foi un dos vídeos gañadores da edición de 2023 do certame “Teses en tres minutos”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Tanto “millón” coma “milleiro” son formas correctas en galego, pero non significan o mesmo. Neste vídeo didáctico (31´´) Esther Estévez explícanos a diferenza. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Segunda parte (7´ 14´´) dunha serie de tres vídeos didácticos nos que se narra a historia de como aprendemos a contar e os aparellos que se usaron ao longo do tempo para facelo. Os vídeos foron elaborados no marzo da exposición “De como aprendemos a contar e os aparellos empregados” (Concello de Maside, 2009), promovida por Trinidad Pérez López, doutora en Matemáticas e docente do IES María Soliña de Cangas.
Ver recurso
Na actualidade, a maioría do que sabemos sobre o cerebro procede de estudos en animais, xeralmente ratos. Nesta charla de TED (12´ 35´´) o neurocientífico Sergiu P. Pasca fálanos dun novo avance científico que mudará o xeito que temos de entender a construción do cerebro: xa é posible cultivar partes do cerebro humano de calquera individuo e construír circuítos humanos funcionais nunha placa de cultivo do laboratorio. Isto axudará a coñecer as especificidades do noso cerebro e a entender cales son esas características que o fan máis susceptible ás enfermidades. A tradución ao galego é de Javier Varela e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Primeira parte (9´ 39´´) dunha serie de tres vídeos didácticos nos que se narra a historia de como aprendemos a contar e os aparellos que se empregaron para facelo ao longo do tempo. Os vídeos foron elaborados no marco da exposición “De como aprendemos a contar e os aparellos empregados” (Concello de Maside, 2009), promovida por Trinidad Pérez López, doutora en Matemáticas e docente do IES María Soliña de Cangas.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (3´ 45´´) Alba Tomé retrotráese ao século V, cando o rei suevo Requiario mandou acuñar a primeira moeda medieval galega, para falarnos da circulación monetaria na Galicia medieval. Tamén descubrirás que pegada deixaron os visigodos, o Camiño de Santiago e os reis de León e Castela na numismática do Reino de Galicia. Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (14´ 21´´) pertencente á serie documental Espazos na memoria. Monte Pindo, na que se rescata a historia dos fuxidos no Monte Pindo durante a guerra civil e a posguerra. Nesta peza diferentes informantes contan como eran as covas dos fuxidos no Monte Pindo. A serie documental está realizada pola compañía aAntena, co apio da Deputación da Coruña.
Ver recurso
A xornalista Ana Viqueira explícanos neste vídeo (4´ 41´´) que é a comunicación paraverbal centrándose nos seguintes aspectos: pronuncia, entoación, ritmo, volume e intensidade. Trátase da última entrega da serie de catro titoriais promovidos por Alingua sobre comunicación non verbal e paraverbal, con guión da empresa Fabaloba e realización de Nós Televisión.
Ver recurso
Sabías que un morcego infectado con varios virus letais para outros mamíferos (coma os que causan rabia, ébola ou SARS…) pode vivir sen problemas durante décadas? Neste vídeo de TED (5´ 50´´) o virólogo Arinjay Banerjee explícanos o motivo polo que os morcegos non enferman con estas perigosas infeccións. A tradución ao galego é de Ángela Novoa e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Xosé María Lema Suárez viaxa ata Muxía para amosarnos a igrexa de San Xulián de Moraime, o último vestixio que nos queda dun importante mosteiro da época altomedieval galega. Neste vídeo (8´ 54´´) coñecerás os datos históricos e etimolóxicos máis relevantes do lugar. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola RAG.
Ver recurso
O veterinario Guillermo Campos explícanos neste vídeo (6´ 48´´) como os avances científicos en secuenciación xenética achegaron novos e importantes datos en relación ao microbioma dos cans e gatos, facendo especial fincapé na importancia de atender a saúde bucodental das nosas mascotas.
Ver recurso
Rosendo Luis Estévez Parada , técnico en explotacións agrícolas, explícanos neste capítulo (8´) do programa Polo rego (TVG) como se fai un enxerto de estela. Neste caso fainos a demostración cunha planta de kiwi, mais este tipo de enxerto pódese empregar en diferentes especies arbóreas ou plantas da horta.
Ver recurso
A enxeñeira agrónoma Diana Freijeiro Lorenzo fálanos neste charla (22´ 59´´) dos cambios lexislativos que afectan ao caderno dixital e á xestión das explotacións agrogandeiras en aspectos como o uso de fitosanitarios e fertilizantes, ou o tratamento do xurro. A intervención tivo lugar o 16 de novembro de 2023 no marco das XX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas pola Deputación de Lugo.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 53´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina explica cun exemplo práctico como se realiza unha suma de fraccións alxébricas (aquelas que teñen un polinomio no numerador e outro polinomio no denominador).
Ver recurso
O traballo da musculatura abdominal rebaixa a incidencia das molestias na columna lumbar. Neste vídeo (3´ 22´´) explícannos como realizar correctamente unha serie de exercicios para reactivar estes músculos. A peza forma parte da serie Sempre activos, é saúde, elaborada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para concienciar á poboación xeral dos beneficios do exercicio físico para a nosa calidade de vida.
Ver recurso
Marcelo Martínez, docente do Departamento de Ciencias da Comunicación da USC, preséntanos neste vídeo (2´ 55´´) o proxecto de aprendizaxe e servizo (ApS) que está a desenvolver co alumnado da materia “Comunicación interpersoal e comunitaria” do grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual. No marco desta iniciativa as comunidades locais coñecen ferramentas de comunicación útiles para o desenvolvemento comunitario e o alumnado coñece as necesidades e saberes destas comunicades locais, para incorporalos ao tratamento informativo.
Ver recurso
Andrea Mouriño Schick preséntanos neste vídeo divulgativo (1´ 26´´) a súa tese de doutoramento, na que estudou os principais formatos culturais e ámbitos estratéxicos para a difusión do patrimonio arqueolóxico e observou rumbos androcéntricos e estereotipos de xénero na representación do pasado prehistórico. Esta peza forma parte da sección Minutese, as teses da UVigo nun minuto, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Gustaríache aprender a interpretar os mapas do tempo? Neste vídeo didáctico (2´ 51´´) o profesor Xacobo de Toro, apoiándose en materiais fornecidos pola meteoróloga Ana Lage, explícanos como identificar e interpretar nun mapa meteorolóxico as frontes activas (anticiclóns, borrascas…), os ventos e as temperaturas do aire en altura. Este recurso está dirixido a alumnado de ESO e bacharelato.
Ver recurso
O cambio das temperaturas e dos padróns climáticos é unha realidade con consecuencias evidentes na nosa vida cotiá, pero son as causas destes cambios exclusivamente naturais, como algunha xente defende? Neste vídeo divulgativo (4´ 03´´), pertencente á serie #Desmontandomitos de Gciencia, Gonzalo Míguez Macho, profesor de Física Atmosférica da USC, explícanos cales son as evidencias científicas que constatan que o actual quecemento global está provocado polo radical aumento de CO₂ na atmosfera.
Ver recurso
Rubén Portas, investigador do IZW – Berlín, fálanos nesta entrevista (25´ 12´´) da súa experiencia investigando a fauna salvaxe en Namibia. Tamén reflexiona sobre o panorama natural de Galicia. A entrevista, realizada por Iván Pérez, recibiu o premio do público na edición de 2023 do certame Youtubeiras.
Ver recurso
Cando comes algo con azucre dispáranse os niveis de dopamina e actívase un sistema de recompensa similar ao que actúa cando o corpo procesa substancias aditivas como o alcohol ou a nicotina. A neurocientífica Nicole Avene, experta en nutrición e adicións, explícanos neste vídeo de TED (5´ 02´´) por que debemos comer doces con moderación. A tradución ao galego é de Sandra Mariño e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 07´´), emitido no programa Polo Rego (TVG), no que o técnico agrícola Rosendo Luis Estévez Parada nos ensina a facer un enxerto de púa en coroa. Neste caso concreto, exemplifícao enxertando unha póla dunha maceira noutra.
Ver recurso
Vídeo didáctico (3´ 17´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), nos explica como se resolve unha ecuación exponencial cando podemos expresar a ecuación como unha igualdade entre potencias coa mesma base. A peza está dirixida a alumnado de 4º da ESO.
Ver recurso
O arqueólogo José Carlos Sánchez explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 10´´) que é o Parroquial Suevo, un documento de grande importancia para coñecer a evolución territorial do Reino Medieval de Galicia. Esta peza forma parte do proxecto O Reino no mapa, creado por Mazarelos Coop para divulgar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino de Galicia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (52´´), difundido no espazo televisivo DígochoEu (TVG), no que Esther Estévez nos explica como se escriben e pronuncian en galego os nomes dos países de América do Sur, así coma os seus respectivos xentilicios.
Ver recurso
Xosé Manoel Núñez Seixas, profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, fálanos nesta entrevista (21´ 43´´) sobre os usos do Pazo de Meirás, sobre o nacionalismo español e galego e sobre as identidades rexionais baixo o franquismo. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan, desde distintas prazas de Santiago de Compostela, sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (16´ 24´´) no que Manuel Vicente e David Ballesteros explican de forma divertida os conceptos de enerxía mínima, termodinámica e sistemas estables, a través de experimentos sinxelos como facer pompas de xabón, fabricar unha máquina de Galton ou outras propostas para desestabilizar sistemas. Trátase dun capítulo do programa Aquelando con chispa da TVG no que tamén colabora o alumnado do CPI Uxío Novoneyra (O Courel).
Ver recurso
Neste vídeo (3´ 19´´) a xornalista Ana Viqueira dános uns consellos para empregar correctamente o atril nun debate ou nunha comunicación pública. Esta peza forma parte da serie de catro titoriais promovidos por Alingua sobre comunicación non verbal e paraverbal, con guión da empresa Fabaloba e realización de Nós Televisión.
Ver recurso
A enxeñeira agrónoma Ana Rama Andrade explícanos nesta charla divulgativa (35´) como mellorar a calidade da herba, entendendo a “calidade” desde tres perspectivas diferentes: a calidade nutricional, a conservación e a calidade hixiénica. A charla tivo lugar o 16 de novembro de 2023 no marco das XX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas pola Deputación de Lugo.
Ver recurso
Sabías que a expresión “morrer de amor” procede dun tópico literario moi empregado na lírica provenzal para falar do amor cortés e do amor non correspondido? Neste vídeo divulgativo (3´ 11´´) Alba Tomé fálanos da lírica galego-portuguesa e dos seus principais xéneros: as cantigas de amor, as cantigas de amigo, as cantigas de escarnio e as cantigas de Santa María. Esta peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Moitos deportistas de elite, cando actúan baixo moita presión, fallan xusto nese momento clave do que depende o seu éxito. Pero este tipo de ansiedade tamén pode afectar a músicos de renome mundial ou a calquera persoa experimentada cando está a falar en público. Neste vídeo de TED (4´ 28´´) Noa Kageyama e Pen-Pen Chen explícannos por que acontece este bloqueo e que podemos facer para evitalo. A tradución ao galego é de Paula Gallardo Domínguez e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
As terribles inundacións acontecidas en Valencia a finais de outubro deste 2024 volveron poñer de actualidade nos medios de comunicación o termo DANA, que fai alusión a un fenómeno meteorolóxico adverso de chuvias moi intensas e ventos fortes. Pero sabías que en galego a forma correcta é DINA? Esther Estévez explícache moi brevemente (32´´) o motivo. O vídeo forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Cando se produce un descenso brusco de masas de aire con precipitacións falamos dun rebentón húmido, un fenómeno meteorolóxico que pode causar grandes danos debido á intensidade da chuvia e ás fortes rachas de vento. Este vídeo didáctico axudarache a entendelo en menos dun minuto (55´´).
Ver recurso
A rehabilitación cardíaca é o conxunto de intervencións físicas, psíquicas e sociais, dirixidas á recuperación do paciente cardíaco e á súa integración na sociedade. O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 42´´) en que consisten os programas de rehabilitación cardíaca e cal é o papel concreto do/a fisioterapeuta nestes programas.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (5´ 08´´), difundido na canle Naturiza, no que Diego Ferraz Castiñeiras che explica que é unha borrasca e cales son os diferentes nomes xenéricos que recibe dependendo de onde se forme. Tamén descubrirás o motivo polo que estes fenómenos atmosféricos de grande impacto teñen nome propio.
Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 11´´), dirixido a alumnado da ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez nos falan dun dos tipos de vento máis devastadores que existen: o furacán (tamén chamado tifón ou ciclón tropical). Nesta vídeo-lección descubrirás cales son as súas principais características e que zonas do planeta os sofren con máis frecuencia.

Ver recurso
Nesta entrevista (22´ 23´´) Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna na USC, reflexiona desde a perspectiva de xénero sobre diferentes aspectos da Galicia moderna: o fenómeno migratorio, a imaxe das galegas na literatura, a taxa de ilexitimidade, as feiras como espazo de socialización e a visibilidade das mulleres nas fontes documentais. Para rematar fálanos da introdución da perspectiva de xénero nos actuais plans de estudos universitarios e sobre como mellorar a divulgación de contidos históricos. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan, desde distintas prazas de Santiago de Compostela, sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
A estimulación cerebral profunda permítelles aos cirurxiáns colocar electrodos en case calquera zona do cerebro e acendela ou apagala, para corrixir disfuncións. Nesta charla de TED (15´ 34´´) o neurocirurxián Andrés Lozano fálanos desta técnica e da súa aplicación en pacientes con párkinson ou depresión. A tradución ao galego é de Neila Cosme e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Segundo vídeo da serie de catro titoriais promovidos por Alingua sobre comunicación non verbal e paraverbal. Nesta segunda entrega (3´ 40´´) a xornalista Ana Viqueira fálanos da importancia da mirada, das mans e dalgúns xestos habituais cos que debemos ter coidado á hora de falar en público. Do guión destas pezas encargouse a empresa Fabaloba e da realización ocupouse Nós Televisión.
Ver recurso
Episodio do programa “Aquelando con chispa” da TVG (15´ 27´´) no que Manuel Vicente e David Ballesteros, coa participación do alumnado do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela), nos explican de forma divertida como se forman os tornados.
Ver recurso
José Leandro Benito, profesor no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da USC, preséntanos neste vídeo (2´ 38´´) o proxecto de aprendizaxe e servizo (ApS) desenvolvido co alumnado da materia “Investigación de mercados” en colaboración con COGAMI. Neste proxecto o alumnado tivo ocasión de elaborar unha investigación de mercados completa para as diferentes empresas de economía social colaboradoras, co ánimo de identificar posibles liñas de actuación e axudar a resolver diversos problemas e dificultades.
Ver recurso
Nesta charla divulgativa (37´ 58´´) Víctor Manuel López Rodríguez, veterinario da cooperativa Seragro, fálanos, desde a perspectiva do benestar animal, de cal debería ser a actividade diaria das vacas nunca explotación gandeira de vacún de leite, centrándose máis polo miúdo nas características óptimas das salas de espera (os espazos nos que permanecen as vacas antes de pasar ás salas de muxido). A charla tivo lugar o 16 de novembro de 2023 no marco das XX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas pola Deputación de Lugo.
Ver recurso
A historiadora e xornalista Laura Rodríguez Rodríguez fálanos neste vídeo divulgativo (1´ 23´´) do encastelamento no Reino de Galicia, un fenómeno complexo caracterizado pola aparición de fortificacións en forma de torres e castelos con funcións defensivas e simbólicas. Esta peza forma parte do proxecto O Reino no mapa, creado por Mazarelos Coop para divulgar de maneira visual e gráfica diferentes aspectos da organización política, social e cultural do Reino Medieval de Galicia.
Ver recurso
Na nosa cultura tradicional é habitual poñer a roupa ao clareo, co obxectivo de que a enerxía do Sol actúe como desinfectante natural eliminando esa cor amarela que provocan os fungos e bacterias. Terá algunha base científica esta técnica? José Ángel Docobo, catedrático de Astronomía da USC, fálanos neste vídeo (5´) da radiación ultravioleta e resolve esta cuestión. Así mesmo, aproveita a ocasión para anunciarnos que o 12 de agosto de 2026 se vai producir unha eclipse total de Sol, polo que lembra cales son as precaucións que a cidadanía debe tomar para observala. A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Sabes cal é a forma que debemos empregar en galego para referírmonos á cantidade que se paga por un arrendamento? O académico Ramón Lorenzo explícacho neste vídeo (1´ 55´´). A peza forma parte da serie de vídeos didácticos “Pregúntalle á Academia”, elaborada pola Real Academia Galega.
Ver recurso
A ponte de Brandomil (Zas), de base romana e construción medieval, é un dos moitos exemplos do rico patrimonio arquitectónico que podemos atopar ao longo do país. Saberías identificar as obras máis representativas do medievo galego? Neste vídeo divulgativo ( 3´ 05´´) Laura Filloy convídanos a facer un breve percorrido por Galicia para coñecelas. Estas serán as paradas do itinerario: catedral de Santiago de Compostela, igrexa de Santa Comba de Bande e capela de San Miguel de Celanova. Esta peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, é a última entrega da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Nesta charla de TED (14 ´ 17´´) Eleanor Longden, doutora en Psicoloxía, fálanos en primeira persoa da súa experiencia vital como persoa diagnosticada de esquizofrenia. Explícanos como comezou a escoitar voces na súa cabeza e como chegaron despois as visións grotestas e os delirios extravagantes. Cóntanos como se atopou cun sistema sanitario que non sabía axudala e como finalmente aprendeu a interpretar aquelas voces que tanto a atormentaran ata convertelas nunha fonte de autocoñecemento, superando o pesadelo e chegando a ser a persoa que hoxe é. A tradución ao galego é de Laura Delgado e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
A diferenza de potencial eléctrico que pode existir entre a parte alta das nubes e o chan acaba provocando descargas de alta intensidade moi perigosas, que percibimos a través dun lóstrego e mais dun trono. Saberías onde refuxiarte nesta situación? Neste vídeo divulgativo (4´ 38´´) Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo na Universidade de Santiago de Compostela, fálanos deste fenómeno, explícanos como funciona un pararraios e resolve a dúbida sobre se un raio pode caer dúas veces no mesmo sitio. Esta peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 26´´) fálannos da importancia estratéxica da auga para a preservación da biodiversidade do planeta e da seguridade alimentaria da humanidade, tratando de concienciarnos sobre a responsabilidade que temos como sociedade de facer un uso responsable e sostible deste ben tan prezado. A peza forma parte dunha serie de pílulas divulgativas elaboradas no marco dun programa de concienciación sobre a pegada hídrica, impulsado pola Federación Galega de Medio Ambiente en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Ver recurso
A existencia dos glaciares está determinada polas variacións do clima ao longo da historia da Terra, así como polas diferentes altitudes e latitudes. Neste vídeo dídáctico (9´43´´) descubrirás que tipos de glaciares existen, cales son as súas características e como lle está a afectar o quecemento global á paisaxe glaciar. O vídeo foi elaborado polos membros do proxecto XeoClip 2019, integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón. Materiais complementarios: unidade didáctica sobre a paisaxe glaciar.
Ver recurso
Juan Taboada Hidalgo fálanos nesta charla didáctica (38´ 48´´) da riqueza meteorolóxica de Galicia, explicando as principais características dos diferentes microclimas galegos e os factores que motivan esta diversidade. Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra creouse en 1931 e na actualidade é unha institución de titularidade estatal xestionada pola Xunta de Galicia. Neste vídeo divulgativo (11´ 54´´) fálannos das súas funcións, dos servizos que presta (tanto á propia administración como á cidadanía xeral) e do inmenso valor e diversidade dos documentos que custodia.
Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (4´ 48´´) , integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, que che axudará a entender en que consiste a corrente en chorro, un fenómeno meteorolóxico que determina o clima nas nosas latitudes. Descubrirás como lle está a afectar o cambio climático a estas correntes de aire e tamén aprenderás que aplicación comercial teñen no ámbito da aeronáutica.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (49´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, no que a investigadora Raquel Nieto nos explica por que é importante estudar os ciclos hidrolóxicos para poder detectar aquelas rexións que son máis vulnerables antes os fenómenos meteorolóxicos extremos.
Ver recurso
Primeira entrega dunha serie de catro titoriais, promovidos por Alingua, sobre comunicación non verbal e paraverbal. Neste primeiro vídeo (3´ 18´´) a xornalista Ana Viqueira trata cuestións como o ruído visual, a vestimenta ou a postura corporal. Do guión destas pezas encargouse a empresa Fabaloba e da realización ocupouse Nós Televisión.
Ver recurso
Emilio Carral Vilariño, profesor na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, preséntanos neste vídeo (2´ 43´´) o proxecto de aprendizaxe e servizo (ApS) que está a desenvolver co alumnado da materia “Xestión do medio natural”. Neste proxecto traballouse cos criterios de sustentabilidade (social, económico e ambiental) da norma de Certificación Forestal do FSC (Forest Stewardship Council), en colaboración coas comunidades de montes en man común de Froxán e Entrimo.
Ver recurso
A dorna é unha embarcación tradicional das Rías Baixas. O alumnado do IES da Illa da Arousa explícalle a Esther Estévez neste vídeo didáctico (1´ 47´´) como se denominan en galego as diferentes partes desta embarcación. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
O enxeñeiro agrícola David Vilacoba Vieito explícanos nesta charla (36´ 45´´) cales son os factores que inflúen no rendemento do millo, diferenciando aqueles que non podemos manexar daqueles outros nos que si podemos intervir, e polo tanto poden contribuír no aumento do rendemento agrícola. A charla tivo lugar o 16 de novembro de 2023 no marco das XX Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, organizadas pola Deputación de Lugo.
Ver recurso
Xosé Ramón Cisneros Pérez, investigador no programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, preséntanos neste vídeo (3´) a investigación que está a desenvolver sobre o uso das redes sociais e os medios dixitais na difusión do patrimonio museístico español. Este foi un dos vídeos gañadores da edición de 2023 do certame “Teses en tres minutos”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Novo episodio do programa “Aquelando con chispa” da TVG (15´ 18´´) no que Manuel Vicente e David Ballesteros, coa participación do alumnado do IES Ánxel Fole (Lugo), nos falan do Teorema de Pitágoras e das súas diferentes aplicacións.
Ver recurso
O descubrimento da tumba do apóstolo Santiago foi un dos grandes acontecementos do Reino de Galicia, tanto pola súa transcendencia histórica e relixiosa, como pola súa repercusión económica, pois marcou o comezo da peregrinación xacobea. Neste vídeo divulgativo (3´ 29´´) cóntannos de xeito ameno como aconteceu a “inventio” (termo latino empregado na Idade Media para facer alusión a unha revelación divina que provocaba o achado dun corpo santo). A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
O último poemario escrito en vida pola autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2024, Luísa Villalta, leva por título Papagaio, e nel faise unha denuncia da especulación urbana e humana. O Papagaio é tamén un topónimo, único en Galicia, que dá nome a un barrio da Coruña que sufriu precisamente este tipo de especulación. Neste vídeo divulgativo (6´ 11´´) Iván Méndez, técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, expón cal é a súa hipótese para explicar a orixe do topónimo. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde, elaborada pola RAG.
Ver recurso
Vídeo didáctico (3´ 01´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina explica cun exemplo práctico como se realiza unha división de polinomios empregando o método de Ruffini.
Ver recurso
Vídeo didáctico (52´ 13´´) dirixido a alumnado de 1º da ESO no que Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, nos relata cales son as principais características dos diferentes períodos nos que se divide a historia do antigo Exipto.
Ver recurso
O programa de exercicios terapéuticos está enfocado á tonificación da musculatura, o movemento das articulacións, a diminución da dor e a mellora da capacidade funcional da vida diaria, pero ás veces o complicado non é realizalos, senón manter a constancia. Neste vídeo divulgativo (1´ 53´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia dános algúns consellos para conseguilo.
Ver recurso
Espectáculo didáctico (43´) sobre o cambio climático, dirixido a alumnado de educación secundaria, que se emitiu en directo o 10 de maio de 2018 no marco da décimo terceira edición de Galiciencia. Na súa charla David Ballesteros axúdanos a entender, entre outras cousas, cal é a diferenza entre tempo e clima, que debemos entender por “cambio climático” ou cales son os factores (tanto os naturais coma os externos) que máis inflúen nos cambios do clima.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 10´´) no que Xacobo de Toro e Noemí Díaz, docentes de Xeoloxía e Bioloxía no ensino medio, se achegan ao laboratorio e mais á carballeira de Sobrado dos Monxes para explicarnos que son as plantas e cales son algunhas das principais características destes seres vivos. En concreto, céntranse na fotosíntese, na celulosa da súa parede celular, na lignina e na súa capacidade de adaptación.
Ver recurso
Tes pensado facer algunha saída astronómica este outono? Xabier Pérez Couto explícache neste vídeo (7´ 03´´) cales son as principais constelacións que podes atopar no ceo durante esta estación, e tamén che fala dos obxectos do ceo profundo.
Ver recurso
En 2017 a Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Baltasar Merino Román (Burgos, 1845 – Vigo, 1917) “Científico do Ano”, no marco da conmemoración do Día da Ciencia en Galicia. Neste vídeo divulgativo (6´ 29´´) ofrécense os datos máis salientables da vida e da obra deste científico que deixou unha gran pegada na historia da ciencia galega, tanto no eido da botánica como no da meteoroloxía.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´), difundido pola Área de Cultura Científica da UVigo, no que descubrirás de xeito rápido e sinxelo, da man da investigadora Ana Ulla, cal é o obxecto de estudo da rama da astronomía que denominamos "astrofísica".
Ver recurso
Diego Lois Ojea, alumno de 4º de ESO do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda, explícanos de xeito práctico neste vídeo divulgativo (1´ 29´´) que é un coloide e en que consiste o efecto Tyndall, un fenómeno físico descuberto polo científico irlandés John Tyndall en 1869. Este traballo foi galardoado co primeiro premio do concurso "Petiscos de ciencia" (2023), organizado Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC.
Ver recurso
Pesa o aire ou non pesa? Neste vídeo didáctico (15´ 34´´) Manuel Vicente e David Ballesteros resolven o misterio, ao tempo que explican de xeito ameno cales son as propiedades dos gases. Trátase dun episodio do programa da TVG “Aquelando con Chispa”, no que participa o alumnado do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela).
Ver recurso
A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha proposta de innovación educativa na que se optimizan os procesos de ensino-aprendizaxe, se favorece a adquisición de competencias profesionais e e se fortalece o compromiso cívico-social coa comunidade. Neste vídeo divulgativo (2´ 44´´) Francisco Conde, profesor na Facultade de Filosofía da USC, preséntanos o proxecto baseado na ApS “A beleza no cotián”, deseñado para que o alumnado da materia de “Introdución á estética” reflexione sobre as principais cuestións teóricas da estética (beleza, sublime, relatividade do gusto, fronteira entre o agradable/estético, relación estética/política etc.) mediante a prestación dun servizo á comunidade, que consiste en elaborar unha cartografía estética da cidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
A primeira representación do escudo do Reino de Galicia aparece no Segar´s Roll, un rolo de armas inglés que data do ano 1282. Neste vídeo divulgativo (3´ 44´´) fálannos das primeiras representacións da heráldica galega durante a Idade Media. A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Nuria Castro González, Alejandra Chamorro García e Xiomara Silva Vázquez, alumnas do IES Laxeiro de Lalín, fálannos neste vídeo divulgativo (1´ 22´´ ) dos neutrinos, unhas partículas elementais desprovistas de carga eléctrica, cunha masa diminuta e que apenas interaccionan coa materia ordinaria. Esta peza foi galardoada co segundo premio do concurso "Petiscos de ciencia" (2023), organizado Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo da USC.
Ver recurso
Estímase que arredor dun 18% da poboación ten algún episodio de somnambulismo ao logo da súa vida. Neste vídeo de TED (5´ 31´´) Emmanuel During explícanos en que consiste este fenómeno e cales son as súas causas. A tradución ao galego é de Lucía Campillo Rey e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
O imparable avance da intelixencia artificial na nosa vida cotiá esperta temores en boa parte da poboación. Debemos estar alerta ou son infundados estes medos? Neste vídeo divulgativo (5´ 34´´) Senén Barro, director científico do Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, fálanos do verdadeiro alcance desta revolución tecnolóxica, que ten os seus riscos pero tamén inmensos beneficios. A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
O historiador grego Heródoto afirmou que Exipto era o don do Nilo, pois nas marxes deste río prosperou unha das civilizacións máis lonxevas. Neste vídeo (31´ 09´´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, explícanos como o río Nilo se converteu na principal fonte de riqueza da civilización exipcia, posibilitando o desenvolvemento da súa agricultura, a extensión do regadío e a creación de fabulosas cidades. A peza está dirixida a alumnado de 1º da ESO.
Ver recurso
O camiño recto é o de menor lonxitude cando unimos dous puntos, pero sabes que acontece cando a superficie non é plana? Neste vídeo divulgativo (3´ 10´´) Miguel Brozos, investigador do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), explícanos o concepto “xeodésica”. A peza forma parte do do proxecto audiovisual DICTIOMAga, no que persoal CITMAga explica algúns termos matemáticos que resultan de interese na sociedade na que vivimos.
Ver recurso
Nesta charla de TED (9´ 41´´) Michelle Borkin cóntanos como un programa deseñado no Brigham and Women´s Hospital para ver imaxes das gammagrafías cerebrais dos pacientes resultou de utilidade nunha investigación astronómica. Partindo deste feito real, a relatora reflexiona sobre as vantaxes dunha colaboración mutua entre a investigación biomédica (concretamente a relacionada coas técnicas médicas de imaxe) e a astronomía, dous campos de estudo aparentemente tan afastados. A tradución ao galego é de David Alvar e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
O topónimo Chamoso dá nome a un río, a unha aldea e a tres parroquias do concello do Corgo, en Lugo. Neste vídeo divulgativo (6´ 33´´) Óscar Castro Castedo, técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, preséntanos as diferentes hipóteses que tratan de explicar a orixe e o significado deste nome. A peza forma parte da serie didáctica O seminario de onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.
Ver recurso
O profesor Aldán Santamarina ensínanos neste vídeo didáctico (7´ 29´´) , dirixido a alumnado de 2º da ESO, como se resolve un sistema de ecuacións lineares polo método gráfico.
Ver recurso

Vídeo de TED (9' 18''). Na intersección entre a invención médica e a cultura indíxena, o cardiólogo pediatra Franz Freudenthal remenda ocos nos corazóns de nenos de todo o mundo usando un dispositivo nacido da tecelaxe tradicional boliviana. "Os problemas máis complexos do noso tempo", di el, "poden solucionarse con técnicas sinxelas, se somos quen de soñar".

Tradución ao galego de Vanessa Montes para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso
Manuel Andrade Baliño, profesor da Área de Astronomía e Astrofísica da USC, preséntanos (desde 1´ 51´´ ata 33´ 34´´) a investigación realizada na USC arredor do meteorito de Traspena, que constitúe un fito na astronomía galega, ao tratarse da primeira caída ben documentada dun meteorito en Galicia, e tamén da primeira ocasión na que o cálculo da traxectoria atmosférica e o da órbita heliocéntrica se realizan por investigadores do país, concretamente da USC. Esta charla académica impartiuse no marco do acto de presentación do meteorito de Traspena, que tivo lugar o 13 de xaneiro de 2023 no Museo de Historia Natural da USC.
Ver recurso
Nuria Richer, coordinadora do grupo “Muller e Astronomía” da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, fálanos nesta charla divulgativa (43´ 30´´) da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha tese sobre astronomía en España. Tamén nos presenta outras mulleres que ao longo da historia foron referentes nesta área, incidindo nos atrancos e na desigualdade de xénero que aínda existen actualmente no campo da investigación astronómica. A charla tivo lugar en xullo de 2022 no marco do ciclo “Falando de natureza”, organizado polo Grupo Naturalista Hábitat. Material complementario: -Materiais didácticos sobre astronomía
Ver recurso

Reportaxe (23´ 54´´), con guión de Juan Luís Dalda e Miguel Castelo, sobre o proceso de construción histórica da identidade territorial galega, é dicir, dese conxunto de características que fan que o noso territorio sexa relativamente homoxéneo e diferenciado do resto da Península Ibérica. Vídeo de carácter educativo deseñado para alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Guía do vídeo.

Ver recurso
Grazas á iniciativa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, desde 2019 a estrela chamada ata esa data “HD149143”, na constelación de Ofiúco, o Serpentario, leva como nome “Rosalía de Castro”. O único exoplaneta descuberto nela polo momento chámase “Río Sar”. Neste vídeo divulgativo (7´ 10´´) Xabier Pérez Couto axúdanos a coñecer mellor esta estrela.
Ver recurso
Malia que acostumamos pensar que a inflamación e a dor das articulacións son problemas asociados á idade avanzada, o certo é que moitas persoas mozas sofren esta enfermidade. Kaitlyn Sadtler e Heather J. Faust explícannos neste vídeo de TED (4´ 24´´) por que a artrite é tan común e por que non se atopou aínda unha cura para ela. A tradución ao galego é de Cristina Blanco e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Cada 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna, unha celebración instaurada pola UNESCO en 1999 para festexar a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta. Sabías que esta conmemoración foi unha iniciativa de Bangladesh? Neste vídeo divulgativo (3´ 30´´) o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Félix Muriel cóntanos cal foi a súa orixe.
Ver recurso
Sabes por que a lingua do teu gato raspa? As responsables son as espículas. O veterinario Guillermo Campos cóntanos neste vídeo divulgativo (6´ 17´´) para que lle serven estas pequenas “espiñas” na lingua. Tamén descubrirás en que outra zona da súa anatomía ten espículas o teu amigo bigotudo e cal é a súa función.
Ver recurso
Nova entrega do proxecto audiovisual DICTIOMAga, no que persoal investigador do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) explica algúns termos matemáticos que resultan de interese na sociedade na que vivimos. Neste vídeo (2´ 40´´) Sara Recondo axúdache a entender o concepto “simulación”.
Ver recurso
Teresa de Zúñiga foi unha muller cun importante peso social durante a rebelión irmandiña e María Pimentel de Castro denunciou perante os Reis Católicos os malos tratos do seu marido. Son só dous exemplos que demostran que, malia que foran ocultadas nos libros de historia, tamén houbo mulleres poderosas no Reino de Galicia. Neste vídeo divulgativo (3´ 42´´) descubrirás como nunha sociedade radicalmente patriarcal como a da Idade Media, algunhas mulleres conseguiron tomar as rendas da súa vida e gobernar o seu destino. A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 11´´) no que Taneka Jones nos fala da bioimpresión, unha nova rama da medicina rexenerativa que está a traballar na creación de órganos humanos, novos e personalizados, desde cero. Isto sería a solución para os centos de miles de persoas que están actualmente agardando por un transplante. A tradución ao galego é de David Alvar e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (7´ 04´´) no que se explica a xénese e mais a finalidade da conmemoración do “Día do Científico Galego” e se fai unha breve presentación dos diferentes científicos homenaxeados no período 2008-2012: o matemático Enrique Vidal Abascal; o químico e xeólogo Isidro Parga Pondal; o enxeñeiro agrónomo e xenetista Cruz Galléstegui Unamuno; o matemático e astrónomo Ramón María Aller Ulloa; e o químico, médico e farmacéutico Antonio Casares Rodríguez. A peza está elaborada pola Fundación Barrié, en colaboración coa Real Academia Galega de Ciencias.
Ver recurso
O ovo de galiña é un dos elementos básicos da gastronomía galega, mais durante moito tempo estivo asentada a crenza de que o seu consumo elevaba os niveis de colesterol no sangue. Neste vídeo divulgativo (4´ 28´´) Manuel Vázquez, catedrático de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela (USC), explícache as razón científicas que desmenten esta idea. A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
O exercicio físico é unha práctica moi beneficiosa para a nosa calidade de vida. Neste vídeo divulgativo (2´ 33´´) ofrécennos unhas recomendacións básicas para practicar deporte coa bicicleta estática. A peza forma parte da serie Sempre activos, é saúde, elaborada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Ver recurso
Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, achéganos neste vídeo didáctico (14´ 06´´) unha introdución ao antigo Exipto. Coñecerás a historia dunha civilización que comeza arredor do 3100 a.C. e se mantén durante máis de tres milenios como unha das máis avanzadas do mundo. A peza está dirixida a alumnado de 1º da ESO.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 45´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), nos amosa a través de tres exemplos prácticos como se aplica a teoría de fraccións na resolución de problemas concretos. A peza está dirixida a alumnado de 2º da ESO.
Ver recurso
Grazas á aplicación Stellarium, a Casa das Ciencias da Coruña ofrécenos a posibilidade de observar o ceo nocturno desde a casa como se estivésemos nunha sesión do seu planetario. Neste vídeo didáctico (3´ 30´´) terás a oportunidade de observar o astro máis brillante despois do Sol e da Lúa: o planeta Venus.
Ver recurso
Fernando Rey Daluz, biólogo especializado en imaxe científica e astrofotografía, explícanos nesta charla (26´ 08´´) como afecta o percorrido do Sol e mais o solpor na paisaxe, desde o punto de vista da creación e produción de contidos gráficos de temática astronómica. Así mesmo, preséntanos un dos proxectos nos que participa: Solpor Fisterra, que conseguiu monitorizar o percorrido e as postas de Sol desde o Cabo Fisterra. Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
A radiación cósmica é un tema complexo e escasamente tratado que presenta aínda moitas incógnitas. Neste vídeo divulgativo (4´ 52´´) Mauro Garrido explícanos que son os raios cósmicos, de onde veñen estas partículas e por que teñen velocidades tan altas. Este traballo recibiu unha mención de honra no VI Concurso de Comunicación Científica do IGFAE, organizado en 2023 polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 47´´), dirixido a alumnado de 1º curso da ESO, no que o profesor Germán Santos explica en que consiste a función de reprodución nas plantas, segundo os diferentes tipos nos que se agrupan: carrizas, fieitos, ximnospermas e anxiospermas.
Ver recurso
Seguramente escoitaches algunha vez que arredor do 70% do noso planeta está formado por auga, pero sabías que o 70% do noso organismo tamén? Neste vídeo didáctico (8´ 54´´) da Domus ensínannos de xeito práctico algunhas das principais características da molécula máis importante da vida: a auga.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (3´ 20´´) no que Xabier Pérez Couto nos explica, na súa canle AstroXabi, en que consisten as tres leis de Kepler, fundamentais para comprender a mecánica de calquera sistema planetario. Johannes Kepler foi un matemático e astrónomo alemán que no século XVII revolucionou o coñecemento científico sobre o movemento dos planetas e as súas leis serviron de inspiración para a lei da gravitación universal, formulada por Isaac Newton.
Ver recurso
Sabías que a auga do planeta está en circulación permanente? Neste vídeo didáctico (2´ 33´´) explícannos cal é o percorrido da auga desde que cae das nubes en forma de precipitacións ata que chega ao mar. Esta peza audiovisual foi realizada pola Federación Galega de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, no marco do seu do programa de concienciación sobre a importancia da pegada hídrica.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (6´ 55´´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fálanos do sistema solar, un conxunto de corpos celestes formado polo Sol e polos planetas, satélites, cometas e meteoros que xiran arredor del. A peza está dirixida a alumnado de 1º da ESO.
Ver recurso
Se estás a preparar a proba da ABAU, entre as cuestións que debes dominar está a das propiedades da auga. Neste vídeo didáctico (1´ 43´´) Marisa Castiñeira, profesora de Bioloxía e Xeoloxía no IES Rafael Dieste da Coruña, ofréceche un breve resumo do tema. Esta peza forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Pedro Antonio Araújo Nespereira, decano da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense (UVigo), fálanos nesta entrevista (25´ 18´´) das propiedades físicas da auga e dos seus beneficios para a saúde, aproveitando tamén para ofrecer unha breve panorámica sobre o desenvolvemento do termalismo na provincia de Ourense. A entrevista está conducida por Gabriel Fuentes e producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, co gallo da conmemoración do Día Mundial da Auga 2024.
Ver recurso
Isabel Rebollido Vázquez, investigadora na Axencia Europea do Espazo (ESAC) en Madrid, fálanos nesta charla divulgativa (46´ 13´´) das condicións que serían agardables para poder atopar vida máis aló do sistema solar. Esta charla tivo lugar en xuño de 2024 no marco do curso Fronteiras, desde a orixe do universo ata a exploración espacial, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias.
Ver recurso
O símbolo que empregamos para falar de amor é un corazón, porque popularmente existe a crenza de que o responsable dos nosos sentimentos é o corazón. E se fose o noso cerebro o que regula as emocións? Neste vídeo de TED (6´ 40´´) Shannon Odell explícanos que acontece no cerebro cando namoramos, como responde nunha relación e como reacciona ante unha ruptura. A tradución ao galego é de Laura Sánchez Castro e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (11´ 12´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, elaborado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña para conmemorar o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia no ano 2024. Nesta edición diferentes investigadoras da UDC (dos ámbitos das ciencias dos materiais, da psicopedagoxía, da actividade física e o deporte, da enfermaría, da enxeñaría industrial e da historia) fálannos da súa traxectoria científica e vital, co obxectivo de incentivar a vocación investigadora e científica, nomeadamente entre as nenas.
Ver recurso
Gústache manterte san e en forma? Neste vídeo divulgativo (2´ 32´´) atoparás uns consellos básicos para empregar de xeito correcto a elíptica. A peza forma parte da serie Sempre activos, é saúde, elaborada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para concienciar á poboación xeral dos beneficios do exercicio físico para a nosa calidade de vida.
Ver recurso
Seguramente usaches moitas veces a expresión “ter química con alguén”, pero sabes o que significa? Será realmente o amor unha cuestión de química? E será suficiente con que exista “química” para que o amor sexa duradeiro? Ana García Deibe, catedrática de Química Inorgánica da USC, fálanos neste vídeo (4´ 59´´) do papel que xogan as substancias químicas nas diferentes fases dunha relación amorosa. A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Despois de ofrecernos unha explicación sobre a evolución histórica da civilización grega, a profesora Blanca Castro Gerpe relata neste outro vídeo (18´ 08´´) os aspectos sociais, económicos, relixiosos e culturais máis salientables da Grecia antiga. A peza está dirixida a alumnado de 1º da ESO.
Ver recurso
Conferencia (33´ 47´´) impartida por Stephen Hawking no marco do acto de entrega do I Premio Fonseca, que a Universidade de Santiago de Compostela outorgou en 2008 ao recoñecido físico británico e doutor da Universidade de Cambridge. O doutor Stephen Hawking fálanos na súa charla do fenómeno dos buracos negros e das súas investigacións sobre a materia.
Ver recurso
Andrés Prieto explícanos neste vídeo didáctico (3´ 21´´) que é a discretización. A peza forma parte do proxecto audiovisual DICTIOMAga, no que persoal investigador do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) explica algúns termos matemáticos que resultan de interese na sociedade na que vivimos.
Ver recurso
Chega o inverno e con el o frío e mais a neve. Sabes todo o que precisas para ir esquiar en galego? Esther Estévez explícache neste vídeo didáctico (1´ 40´´) todas as palabras que non podes esquecer meter na equipaxe. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 13´´), dirixido a alumnado de 2º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina nos ensina a resolver un sistema de ecuacións lineares polo método de redución.
Ver recurso
Na Idade Media o sexo non era en absoluto un tabú. Homes e mulleres falaban abertamente dos xenitais e mesmo era moi habitual ter relacións prematrimoniais. Neste vídeo divulgativo (3´ 19´´) fálannos do erotismo que caracterizaba a sociedade medieval e de como a Igrexa chegou a pensar que a peste negra era un castigo divino polo exceso de sexo da humanidade. A peza, con guión de Alba Tomé e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
O son que produce o estalido dos cotobelos pode resultar agradable para algunhas persoas e arrepiante para outras. Pero por que estalan as articulacións? É perigoso? Nese vídeo de TED (4´ 21´´) Eleanor Nelsen dános a explicación. A tradución ao galego é de Cristina Blanco e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Neste episodio de "Aquelando con chispa" (16´ 20´´) Manuel Vicente e David Ballesteros, coa colaboración do alumnado do Colexio Maristas de Vigo, fálannos das diferentes cores que pode ter a auga e da información que estas cores nos ofrecen en relación ao seu estado. A través da realización de experimentos, xogan coa temperatura da auga e as cores, coa capilaridade e coas densidades de diferentes substancias, e tamén nos ensinan en que consiste a cromatografía en papel.
Ver recurso
Documental (16´ 17´´) de Ben Proudfoot para o New York Times (serie "Almost Famous") sobre a científica Jocelyn Bell (Irlanda do Norte, 1943), autora dun descubrimento astrofísico fundamental: os púlsares, estrelas de neutróns en rápida rotación que emiten radiacións moi intensas a intervalos regulares. Este descubrimento foi recoñecido en 1974 co Premio Nobel de Física, mais non foi ela quen o recibiu, senón o seu director de tese, Anthony Hewish. Os subtítulos en galego foron inseridos por Martin Pawley a través da plataforma Amara.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (38´ 58¨) no que se reproduce unha conversa mantida en 2020 con Fernando Cobo Gradín, catedrático da USC e director naquel momento da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (EHEC). Na conversa fálase do estado ecolóxico dos ríos galegos, da xestión da auga no actual contexto de cambio climático, da lexislación sobre pesca fluvial, da concepción que a cidadanía ten dos ríos e das liñas de investigación da EHEC.
Ver recurso
Neste episodio de “Aquelando con chispa” (16´ 39´´) Manuel Vicente e David Ballesteros ensínanche de xeito divertido todo o que precisas saber sobre o número Pi: cal é a súa procedencia, que diferentes xeitos hai de calculalo e como se aplica a súa fórmula. No programa participa o alumnado do CPI Mosteiro (Meis).
Ver recurso
Sabes cando debes usar “se non” e cando “senón” e cal é a diferenza gramatical entre estas dúas formas? Neste vídeo (53´´) Esther Estévez resolve todas as túas dúbidas. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Carmen Rodríguez Otero, documentalista da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, fálanos nesta charla divulgativa (17´ 18´´) de Bibliosaúde, a biblioteca virtual do sistema público de saúde de Galicia que ten como obxectivo poñer a disposición dos/as usuarios/as información relevante para a toma de decisións na práctica clínica, na xestión, na docencia e na investigación. Esta charla tivo lugar no marco da Xornada Galega de Investigación en Coidados Baseados na Evidencia, organizada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde en maio de 2023.
Ver recurso
O placebo é unha substancia que carece de actividade farmacolóxica pero que pode ter un efecto terapéutico cando o doente que a inxire cre que se trata dun medicamento realmente efectivo. Neste vídeo de ted (6´ 04´´) Haya Kattan fálanos dos posibles mecanismos que operan no efecto placebo, e tamén dos que poden explicar o efecto contrario: o “nocebo”, que provoca que o doente experimente reaccións adversas tras tomar un medicamento polo simple feito de que pensa que ese fármaco as causa. A tradución ao galego é de Navia Rivas e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
En termos xerais, podemos dicir que o galego é o resultado da evolución do latín falado no noroeste da Península Ibérica, pero como se foi formando ao longo do tempo? Neste vídeo divulgativo (3´ 48´´) descubrirás de xeito ameno cal foi a evolución histórica do noso idioma ao longo dos séculos, e que pegada deixaron no galego as diferentes linguas coas que entrou en contacto. A peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, cóntanos neste vídeo didáctico (41´ 40´´) cal foi a evolución histórica da civilización grega. A peza está dirixida a alumnado de 1º da ESO.
Ver recurso
Por que a algunhas persoas lles pican máis os mosquitos? Dependerá da cor da roupa? Carlos Otero, entomólogo da Universidade de Santiago de Compostela, explícanos neste vídeo divulgativo (4´ 49´´) cales son os elementos determinantes á hora de converterte en vítima preferente destes insectos. Tamén descubrirás que, a pesar de seren incómodos e mesmo en ocasións perigosos para os seres humanos, xogan un importante papel biolóxico na natureza. A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
A bióloga Karissa Sanbonmatsu fálanos nesta charla de TED (12´ 52´´) dos novos descubrimentos no campo da epixenética, centrándose concretamente en como as experiencias vitais configuran a forma en que se expresan os xenes e o que iso significa para a nosa comprensión do xénero. A tradución ao galego é de Luz Leirós e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
O veterinario Guillermo Campos explícanos brevemente (5´ 27´´) cales son os cinco aspectos claves da filosofía que está detrás da nova Lei de protección dos dereitos e o benestar animal aprobada polo Goberno español, que entrou en vigor en setembro de 2023.
Ver recurso
A actividade física en idades infantís é unha excelente oportunidade para educar os nenos e nenas nos valores inherentes ao deporte, pero por moitos que sexan os seus beneficios, tamén é certo que ningún neno ou nena está exento de sufrir unha lesión. O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos neste vídeo (2´ 08´´) o importante que é que os clubs deportivos conten con profesionais da fisioterapia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (51´´) no que se traza un breve perfil biográfico de Manuela Barreiro Pico (1877-1953), unha galega pioneira que pasou á historia por ser a primeira muller matriculada na Universidade de Santiago en 1896 e tamén a primeira muller licenciada en Galicia. Licenciouse en Farmacia e rexentou a “Farmacia Moderna” en Ribadeo desde 1903 ata 1931, ano da súa xubilación. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia 2023, elaborada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso

Vídeo (4´ 40´´) de divulgación científica, difundido na canle GCiencia TV, sobre a enerxía hidroeléctrica, a renovable máis potente e que xera menos emisións. En concreto, preséntanse os proxectos que se están a desenvolver no Centro Internacional de Excelencia Hidráulica de Gas Natural Fenosa, situado no campus da Universidade de Vigo.

Ver recurso
Neste vídeo (21´ 55´´) o xornalista Gabriel Fuentes conversa con Elisa Alén González, docente na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, sobre a importancia da auga e sobre o seu atractivo turístico, concretamente sobre o seu aproveitamento para o turismo termal. A peza foi elaborada pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Mundial da Auga 2024.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 43´´) elaborado por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO, no que nos explican que é o patrimonio cultural inmaterial. A peza forma parte da serie “25 Pontes”, onde atoparás pílulas audiovisuais relacionadas cos diferentes elementos do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués (Entroido, lendas, refráns, contos, recitados, magosto, regueifas, xogos tradicionais, danza, vendima, fiadeiros, oficios tradicionais…).
Ver recurso
O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés é un ecosistema que debe en boa medida a súa riqueza aos cursos de auga que o percorren. Neste vídeo divulgativo (6´ 18´´), elaborado pola Deputación de Ourense no marco do proxecto europeo “Valor Gerês-Xurés”, descubrirás concretamente o patrimonio cultural, natural e histórico da “Porta de Muíños”.
Ver recurso
En xaneiro de 2024 a Xunta de Galicia iniciou o procedemento para declarar o Entroido Ben de Interese Cultural (BIC) na modalidade de patrimonio inmaterial, quedando deste xeito protexido en base ao seu interese etnolóxico, á súa función social e á súa riqueza cultural e patrimonial. Neste vídeo divulgativo (6´ 35´´) descubrirás as características e as singularidades das principais máscaras do Entroido tradicional galego. Esta peza foi elaborada polo IES Daviña Rei (Monforte de Lemos) como recurso didáctico, a partir de fragmentos dun programa de Alalá sobre o Entroido en Galicia emitido na TVG en 2015.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (26´ 37´´) Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, explícache como funcionaba o negocio dos espectáculos na antiga Roma. Coñecerás cales eran as principais características arquitectónicas dos edificios nos que se organizaban (anfiteatros, circos e teatros), así como a diversidade de espectáculos que tiñan lugar en cada un deles: loitas de gladiadores, cazas de feras, loita entre feras ou batallas navais nos anfiteatros; exhibicións ecuestres, carreiras pedestres e carreiras de carros de cabalos no circo; e representación teatrais nos teatros). A peza está dirixida a alumnado de 1º curso da ESO.
Ver recurso
Preguntácheste algunha vez por que novembro e decembro se chaman así se non son o noveno e décimo mes? Neste vídeo didáctico (1´ 58´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", o académico Xesús Ferrol Ruibal explícanos cal é a orixe dos nomes dos meses do ano.
Ver recurso
Un ataque de pánico é unha reacción esaxerada á resposta fisiolóxica normal do corpo tras a percepción dun perigo. Neste vídeo de TED (5´ 22´´) a doutora Cindy J. Aaronson, especialista en ansiedade e depresión, explícanos en que consisten estes ataques de pánico, unha sensación tan intensa e agoniante que os pacientes poden chegar a confundila cun ataque ao corazón ou cun infarto cerebral. A tradución ao galego é de Laura Sánchez Castro e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 42´´) no que se presentan os aspectos máis salientables da biografía de Inés de Castro (1320-1355), a muller de orixe galega que chegou a ser raíña de Portugal. Da súa vida aínda non sabemos hoxe con exactitude canto hai de realidade e canto de lenda, mais o certo é que se converteu co paso do tempo en mito e inspiración para autores/as da nosa literatura, música e audiovisual. A peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (16´ 09´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina nos ensina a empregar un programa de xeometría dinámica chamado GeoGebra para modelizar unha superficie de revolución. Concretamente, o corpo de revolución que aprenderás a xerar con esta práctica é unha bóla da árbore de Nadal.
Ver recurso
Na nosa cultura popular sempre se considerou o limón un remedio útil para calmar diversas afeccións. Nerea González, nutricionista da Universidade de Santiago de Compostela, explícanos neste vídeo (4´ 53´´) cales son realmente as propiedades deste froito e cales son os mitos que aínda hoxe circulan sobre este suposto “superalimento”. Esta peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Juan Jesús Gestal, catedrático emérito de Medicina Preventiva e Saúde da USC, fálanos neste vídeo (15´ 56´´) de como evolucionou a epidemioloxía e a prevención das enfermidades infecciosas desde o século XIX ata a actualidade, ata chegar a facer pensar á comunidade científica da época que podería vencelas todas e dedicarse só á súa prevención. O certo é que, malia todos os avances acadados, a varíola é a única enfermidade deste tipo que se conseguiu erradicar completamente. Nesta charla descubrirás o desafío que supoñen as enfermidades infecciosas emerxentes para a saúde pública a nivel global. A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e a Real Academia de Farmacia de Galicia.
Ver recurso
Co gallo da celebración do Dia da Ciencia en Galicia 2023, a Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Manuel Colmeiro (1818-1894) "Científico Galego do Ano". Neste vídeo divulgativo (8´ 58´´) poderás coñecer mellor a figura deste economista, xurista e historiador que traballou pola construción dunha nova economía, apostando polo benestar social.
Ver recurso
Algunhas especies de mamíferos (como poden ser os simios, os morcegos, os humanos, e pode que tamén as musarañas elefante) comparten unha característica común: a menstruación. Neste vídeo de TED (4´ 45´´) a divulgadora científica Emma Bryce explícanos cales son as especificidades da menstruación nas mulleres e cal é a súa función na evolución humana. A tradución ao galego é de Xiana Villaverde Munín e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (15´ 50´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, elaborado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña para celebrar en 2021 o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Diferentes investigadoras (dos ámbitos da enxeñaría informática, da filoloxía galega, da bioloxía, da psicoloxía, da psicolingüística ou da fisioterapia) fálannos da súa traxectoria científica e vital, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
Ver recurso
Vídeo (7´ 15´´) no que se presenta o proxecto educativo “O tesouro de Acahualinca”, dirixido á etapa de educación secundaria. Explícanse os seus obxectivos de aprendizaxe e contidos didácticos, poñendo o foco nas temáticas da educación para a cidadanía global traballadas. Ofrécense exemplos das actividades que se desenvolveron e introdúcese de xeito breve o método de avaliación. Esta peza forma parte do terceiro módulo do curso aberto “Educación para a cidadanía global: unha mirada desde a práctica”, organizado pola Universidade da Coruña en 2023. Outros vídeos da serie: -Educación para a cidadanía global. Módulo 0. Presentación -Educación para a cidadanía global. Módulo 1. Achegamento ao concepto de ECG. Parte 1 -Educación para a cidadanía global. Módulo 1. Achegamento ao concepto de ECG. Parte 2 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 2. A introdución da ECG na escola. Parte 1 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 2. A introdución da ECG na escola. Parte 2 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Infantil. Parte 1 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Infantil. Parte 2 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Primaria
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 49´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", no que o académico Antón Santamarina nos explica cales son as cinco formas que ten o idioma galego para se referir ao concepto "entroido" (entroido, antroido, entroiro, entruido, entrudio), e por que é a forma entroido a que se recomenda desde o punto de vista normativo.
Ver recurso
Os maios é unha festa tradicional galega, de orixe ancestral, coa que se lle dá a benvida á primavera, co ánimo de propiciar a obtención de boas colleitas. Claudia Fernández Losada e Eira Losada Fernández cóntannos neste vídeo (4´ 31´´) como se celebra a festa dos maios en Ourense e mais en Noia. No caso de Noia, trasládannos as vivencias de persoas maiores que festexaron os maios cando eran nenas/os, pois na actualidade esta tradición non conta co mesmo arraigo social que segue a ter en Ourense. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Divulgación do coñecemento”.
Ver recurso
A noite do 23 ao 24 de xuño celébrase en Galicia unha festividade de orixe pagana onde a auga e o lume protagonizan os rituais. O grupo de Antropoloxía de 1º de bacharelato do IES A Basella, de Vilanova de Arousa, fálanos neste vídeo (4´ 09´´) da tradición da auga de San Xoán e da súa posible interpretación antropolóxica.
Ver recurso
Samhain era o nome que se lle daba na cultura celta á festa de Defuntos, coa que se festexaba o paso da vida á morte e se anunciaba o remate do verán e do período de recolección. Esta festa tradicional, celebraba desde tempos inmemoriais en Galicia o 31 de outubro para honrar os nosos mortos, revitalizouse nas últimas tres décadas grazas á iniciativa dun colectivo de cidadáns e mestres de Cedeira, que a nomearon co termo de orixe gaélica “Samaín”. Sabías que esta celebración está tamén directamente relacionada co magosto? Descubriralo neste breve vídeo divulgativo (1´ 42´´) elaborado pola Televisión de Galicia.
Ver recurso
Entre os ritos, crenzas e tradicións culturais do Nadal galego atópase o Apalpador. O antropólogo Rafael Quintía reflexiona neste vídeo divulgativo (3´ 56´´) sobre se é lícito recuperar esta figura mitolóxica, propia do Courel, e estendela por todo o territorio galego. A peza foi elaborada pola iniciativa Orgullo Galego e está extractada da conversa “Ritos, crenzas e tradicións do Nadal galego”.
Ver recurso
As enfermidades cardiovasculares son a principal causa de morte en todo o mundo e sabemos que unha elevada porcentaxe destas mortes poderían previrse con hábitos de vida saudable. Nesta entrevista (18´ 28´´) Xosé Antón Vila Sobrino, docente na Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo e investigador no Laboratorio de Intelixencia Artificial Aplicada (LIA2), fálanos da aplicación da IA na análise de datos cardíacos. A entrevista está conducida por Gabriel Fuentes e producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, co gallo da conmemoración do Día Mundial da Saúde 2024.
Ver recurso
O Arquivo de Galicia (situado na Cidade da Cultura) é a cabeceira do Sistema de Arquivos de Galicia e foi creado en 2010 para conservar e difundir o noso patrimonio documental. Neste vídeo divulgativo (2´ 3´´) descubrirás a diversidade e o valor dos documentos que custodia, así como os servizos que presta tanto á propia Administración como ao conxunto da cidadanía.
Ver recurso
Vídeo didáctico (12´ 28´´) no que Geno Rodríguez, profesor da Área de Didáctica da Expresión Corporal da USC, nos presenta un proxecto didáctico que ten como obxectivo poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil recursos sobre o patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional. A seguir, Paco Veiga, mestre de Educación Primaria e membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, explícanos que se entende por "xogos populares e tradicionais" e cales son os aspectos culturais vinculados a este tipo de manifestacións lúdicas. Esta serie pertence á colección didáctica "Pílulas de coñecemento", promovida pola Universidade de Santiago de Compostela. Outros vídeos da serie.
Ver recurso
Se tes un gato ou unha gata debes saber que cando comeza o inverno “andan á xaneira”, é dicir, están en celo. Neste vídeo divulgativo (6´ 57´´) o veterinario Guillermo Campos explícanos cales son as vantaxes e posibles inconvenientes de esterilizar as mascotas, e cal sería a idade correcta para facelo, segundo esteamos a falar dun gato, dunha gata, dun can ou dunha cadela.
Ver recurso
Sabías que cada ano decenas de miles de persoas do mundo se someten a cirurxías cerebrais nas que non se realiza ningún tipo de incisión? Hyunsoo Joshua No explícanos neste vídeo de TED (5´ 17´´) en que consiste a radiocirurxía estereotáctica, un procedemento que ten lugar nun cuarto blindado, cunha máquina que emite raios de luz invisibles cara a un obxectivo concreto do cerebro. A tradución ao galego é de Paola Costa e a peza resultou finalista na modalidade B (para persoas alleas á USC) do certame TedSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 08´´) sobre a figura do último rei de Galicia e León: Afonso VIII (1171-1230), denominado Afonso IX pola historiografía española. Descubrirás, entre outras cousas, cal foi o importante papel deste monarca no desenvolvemento urbano da Galicia medieval e tamén que rol xogou no incremento da chegada de peregrinos a Compostela. A peza, con guión de Laura Filloy e edición de Elena Martín, forma parte da serie audiovisual Dicionario da Galicia histórica. Un reino do A ao Z, promovida polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 04´´) no que se presenta de xeito breve a biografía da matemática e profesora Antonia Ferrín Moreiras (1914-2009), que pasou á historia como a primeira astrónoma galega. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia 2023, elaborada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso
O equipo de mantemento biolóxico do Aquarium Finisterrae detectou que as focas Lara e Paula amosaban molestias derivadas de lesións na boca. Neste vídeo divulgativo (2´ 05´´) ensínannos cales foron as intervencións que foi preciso practicarlles durante a súa visita ao dentista.
Ver recurso
A Asociación Forestal de Galicia explícanos neste vídeo divulgativo (9´ 23´´) como se realiza na silvicultura moderna a poda pneumática de calidade en masas forestais, tanto de coníferas como de frondosas. Esta peza é a segunda parte dun vídeo anterior no que se explica de xeito introdutorio en que consiste a poda de calidade. Outros vídeos da serie: -Poda de calidade. Parte I
Ver recurso
Vídeo didáctico (7´ 47´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), nos explica de xeito práctico como se resolve un sistema de ecuacións onde aparecen parénteses e denominadores. A lección está dirixida a alumnado de matemáticas de 2º curso da ESO.
Ver recurso
Moitas persoas sufrirán ao longo da súa vida algún tipo de trauma, que en ocasións pode perdurar a longo prazo en forma de recordos traumáticos, pesadelos e pensamentos negativos, interferindo no seu día a día. A psicóloga Joelle Rabow Maletis fálanos neste vídeo de TED (5´ 12´´) do trastorno por estrés postraumático ou TEPT. A tradución ao galego é de Laura Sánchez Castro e foi galardoada co 3º premio da modalidade A (para a comunidade da USC) do certame TedSaúde 2023, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo (9´ 24´´) no que se presenta o proxecto educativo “Aprendendo a convivir”, dirixido á etapa de educación primaria. Explícanse os seus obxectivos de aprendizaxe e contidos didácticos, poñendo o foco nas temáticas da educación para a cidadanía global traballadas. Ofrécense exemplos das actividades que se desenvolveron e introdúcese de xeito breve o método de avaliación. Esta peza forma parte do terceiro módulo do curso aberto “Educación para a cidadanía global: unha mirada desde a práctica”, organizado pola Universidade da Coruña en 2023. Outros vídeos da serie: -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 0. Presentación -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 1. Achegamento ao concepto de ECG. Parte 1 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 1. Achegamento ao concepto de ECG. Parte 2 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 2. A introdución da ECG na escola. Parte 1 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 2. A introdución da ECG na escola. Parte 2 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Infantil. Parte 1 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Infantil. Parte 2 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Secundaria
Ver recurso
A produción de madeira de alto valor conséguese fundamentalmente facendo rareos e podas. Nese vídeo divulgativo (6´ 45´´) a Asociación Forestal de Galicia explícanos en que consiste a poda de calidade, unha técnica que ten como obxectivo eliminar de maneira proporcionada as pólas da árbore para conseguir madeira sen nós. Outros vídeos da serie: -Poda de calidade. Parte II
Ver recurso
Charla divulgativa (14´ 06´´) na que a investigadora Tamara López Fernández nos fala da delincuencia común na cidade de Lugo durante o Franquismo, un tema no que está a investigar na súa tese de doutoramento. A charla forma parte das sesións do programa DivulgaTerra 2020, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
A foliada é unha manifestación musical, festiva e popular específica de Galicia na que se producen simultaneamente o canto, o baile e a práctica instrumental da música tradicional galega. O antropólogo Rafael Quintía expón nesta charla divulgativa (50´ 11´´) en que consistiu o traballo de elaboración do informe para o recoñecemento desta manifestación do noso patrimonio cultural inmaterial como Ben de Interese Cultural (BIC), na actualidade aínda en proceso de tramitación. A charla tivo lugar en outubro de 2023, no marco das Xornadas do baile comunal, O serán desta aldea... Aboal, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
Ver recurso
Outra das manifestacións lúdicas do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués son os cantos. Neste vídeo divulgativo (2´ 51´´) fálannos das cantigas de transmisión oral, centrándose de xeito especial no "alalá", un canto popular galego lento, interpretado sen acompañamento instrumental, considerado por moitos expertos como a forma máis antiga de música tradicional galega. A peza foi elaborada por Ronsel de Ideas no marco da presentación da iniciativa Ponte... nas Ondas! (PNO) á lista de Mellores Prácticas da UNESCO.
Ver recurso
No outono as follas de moitas árbores perden a súa cor verde e adquiren outros pigmentos. Neste capítulo de Aquelando con chispa (15´ 53´´) Manuel Vicente e David Ballesteros fálannos das plantas e de toda a ciencia que se agocha na sinfonía de cores das súas follas e flores. Na elaboración deste programa participa o alumnado do CPI Mosteiro (Meis).
Ver recurso
Segundo capítulo (25´ 57´´) da serie documental "Os castros", emitida na Televisión de Galicia en 2020, sobre a arquitectura castrexa. Existía algún tipo de planificación previa á construción dos castros? Estaban todos estes poboados situados en outeiros? Que función tiñan as súas características e espectaculares murallas? Por que a maioría das construcións eran redondeadas? Nesta peza descubrirás todas as respostas.
Ver recurso
Ultimamente é habitual escoitar nos medios de comunicación a palabra “pellet”, para facer referencia a esas esferas brancas de plástico que están chegando ás nosas praias procedentes do vertido accidental do buque “Toconao”. Esther Vázquez explícanos neste vídeo (38´´) que, segundo a Real Academia Galega, o termo correcto para denominar en galego estas pequenas bólas formadas a partir de resinas poliméricas é “granulado”. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida. No Portal das Palabras podes ampliar información sobre este termo.
Ver recurso
Sara Albán Barcia explícanos nun minuto en que consiste a súa tese, na que investiga as posibles variacións que hai á hora de producir un manuscrito, analizando as súas diferenzas en base ás características físicas do documento, ao tipo de escritura, aos escribáns, ás letras específicas do período, ás abreviaturas e ás decoracións. Esta peza forma parte da sección Minutese, as teses da UVigo nun minuto, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (10´ 48´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, elaborado pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña para celebrar en 2022 o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. Diferentes investigadoras (dos ámbitos da podoloxía, da enfermaría, das ciencias do deporte, da bioquímica, da terapia ocupacional e da enxeñaría química) fálannos da súa traxectoria científica e vital, co obxecto de incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica.
Ver recurso
O topónimo Palas de Rei está composto por dous elementos; un deles (“Rei”) é moi transparente pero o outro (“Palas”) continúa a ser actualmente un enigma etimolóxico. O académico Antón Santamarina reflexiona neste vídeo (7´ 12´´) sobre as diferentes hipóteses que se barallan para tentar explicar a orixe e o significado do termo. A peza forma parte da serie didáctica O seminario de onomástica responde, elaborada pola Real Academia Galega.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 55´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina nos explica como se miden as distancias nun mapa. Concretamente, aprenderás a medir a distancia ao mar dunha determinada estación meteorolóxica. Trátase dunha tarefa complementaria ao estudo da temperatura media dunha estación meteorolóxica, explicado nun vídeo anterior.
Ver recurso
Katlynn Whitaker fálanos nesta charla de TED (11´ 33´´) dun problema de plena actualidade: a saúde mental dos adolescentes. Partindo do aprendido a partir da súa propia experiencia como persoa que padece un trastorno de ansiedade, propón que os conceptos básicos relacionados coa saúde mental e coa aprendizaxe socioemocional deberían formar parte dos plans de estudos e ensinarse na escola coa mesma metodoloxía que se ensina o abecedario, para que os mozos e mozas teñan sempre a man unha “caixa de ferramentas da saúde mental” da que poder botar man cando o precisen. A tradución ao galego é de María Suárez Seijas e foi galardoada co 2º premio da modalidade B (para persoas alleas á USC) do certame TedSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Na actualidade, a elaboración do pan a partir da masa nai converteuse nun dos principais reclamos publicitarios en panadarías, supermercados e no ámbito da gastronomía en xeral. Neste vídeo divulgativo (5´ 11´´) Ángeles Romero, catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos na USC e directora da Cátedra do Pan e do Cereal, explícanos cal é a diferenza entre a masa nai activa e a inactiva, e fálanos das características que debe ter o pan para que sexa realmente beneficioso para a nosa saúde. Esta peza forma parte da serie #DesmontandoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (48´ 19´´) elaborado por Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, para alumnado de 1º curso da ESO. Nesta peza nárrase a historia da antiga Roma e a evolución das súas institucións políticas, da monarquía ao imperio.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (58´´) no que terás ocasión de coñecer os datos máis salientables da vida da matemática galega María Josefa Wonenburger Planells (1927-2014), experta en Teoría de Grupos e álxebras de Clifford e iniciadora das álxebras de Kac-Moody, que gozou de recoñecemento internacional no seu campo de coñecemento. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia 2023, elaborada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso
A maior parte da xente acepta que é bioloxicamente home ou muller, mais nesta charla de TED (14´ 05´´) Emily Quinn explícanos que hai outra moita xente que é intersexual e, polo tanto, non encaixa na definición biolóxica estándar de home e muller. No seu caso, Emily naceu cos cromosomas XY (coñecidos como “cromosomas masculinos”), pero tamén con vaxina, ademais de con testículos dentro do corpo e, como non responde á testosterona, na puberdade crecéronlle os peitos. É por isto que quere que reflexionemos sobre a inmensa diversidade dos seres humanos e sobre se é correcto clasificalos bioloxicamente a partir dos seus xenitais. A tradución ao galego é de Belén Albor e foi galardoada co 2º premio da modalidade A (para a comunidade da USC) do certame TedSaúde 2023, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Ver recurso
Serie de seis pezas audiovisuais de carácter didáctico sobre a regueifa, unha técnica de improvisación en verso característica da nosa tradición oral. Nos vídeos, dirixidos a alumnado de ensino secundario, Luís “O Caruncho” e Pinto D´Herbón explícannos a historia da regueifa e as súas características técnicas, e ensínannos a facer as coplas (coa métrica e os recursos propios da improvisación). Esta iniciativa desenvolveuse ao abeiro do programa “Obradoiros de regueifa e certame escolar“, do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
Ver recurso

Vídeo divulgativo (8´ 43´´), dirixido por Antón Varela e locutado por Lucía Aldao, sobre o cinema galego dos anos 20 do século XX. Nesta década consolídase o cinema como fenómeno de masas, acadando unha importante función socioeconómica. En Galicia abríronse máis de cen salas de exhibición en cidades e vilas, e apareceron tamén empresas produtoras e cineastas pioneiros como Enrique Barreiro. Son os anos nos que as producións de Hollywood acaparan a hexemonía do mercado, que deixa atrás o formato serial da década anterior e dá paso ás sesións que inclúen unha longametraxe e un filme de curta duración. Neste pequeno documental descubrirás como acolleron os medios de comunicación da época o predominio do cinema como modelo de lecer para a sociedade galega, e como influíu esta industria na vida social e económica do país.

Ver recurso
O “tesouro humano vivo” é unha categoría vinculada ao patrimonio cultural inmaterial da humanidade. Neste breve vídeo didáctico (19´´) a Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) ofrécenos a denominación de “tesouros humanos vivos” presentada pola Unesco na Convención para a Salvagarda do Patrimonio Cultural e Inmanterial que se celebrou en 2003 en París.
Ver recurso
Ángel Arcay Barral, director da Biblioteca e Arquivo Municipal de Betanzos e do Museo das Mariñas, fálanos nesta entrevista (17´ 19´´) das funcións dos arquivos municipais e da súa contribución á educación, á cultura e á investigación da historia local. Tamén nos achega a unha figura xurídica que aparece nos protocolos notariais: a das mulleres espontaneadas (procedemento polo que unha muller solteira declaraba o seu embarazo). A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan, desde distintas prazas de Santiago de Compostela, sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
A dexeneración macular é un trastorno ocular, asociado á idade, que destrúe lentamente a visión central e aguda. Trátase da principal causa de cegueira e actualmente non ten cura. Neste vídeo de TED (14´ 20´´) o investigador Joshua Chu-Tan explícanos como funciona a vista e preséntanos algunhas achegas sobre un ARN pouco coñecido que podería mudar o tratamento desta enfermidade. A tradución ao galego é de Paola Costa e foi galardoada co 1º premio da modalidade B (para persoas alleas á USC) do certame TedSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
A ortiga é unha planta con múltiples propiedades (como alimento, como tratamento tradicional, como fibra vexetal para a elaboración de tecidos…) que desenvolveu tamén un mecanismo de defensa propia con capacidade urticante. Neste vídeo divulgativo (4´ 45´´) descubrirás se é certo, desde o punto de vista científico, que a menta é o seu antídoto, tal e como adoita crerse popularmente. A peza forma parte da serie #Desmontandomitos, elaborada polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (28´ 07´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que o profesor Aldán Santamarina nos explica como se faría un estudo da temperatura media rexistrada nunha estación meteorolóxica de Galicia, partindo dun exemplo concreto: a temperatura media rexistrada na estación meteoróxica de Redondela no ano 2022. Aprenderás a facer unha táboa de frecuencias con LibreOffice Calc e a calcular medidas de centralización, posición e dispersión; así como a elaborar un histograma a partir dos datos obtidos.
Ver recurso
Vídeo didáctico (26´ 49´´) sobre o segundo período da Idade de Pedra, que coñecemos como “neolítico”. Trátase dunha etapa clave na historia da humanidade na que aparecen os primeiros poboados e xorde a agricultura e a gandaría. A peza foi elaborada por Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, para alumnado de 1º curso da ESO.
Ver recurso
A dor; a perda de ouriños; a incontinencia de feces e gases; e a presión vulvar, vaxinal ou anal son algúns dos síntomas que poden aparecer tras o parto. O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos neste vídeo (2´ 06´´) como pode axudar a fisioterapia a resolver todos estes posibles problemas aos que non debemos restar importancia nin considerar normais.
Ver recurso
Ver recurso
Esther Vázquez explícanos neste vídeo (37´´ ) cal é o significado en galego dos termos “duelo” e “dó”, que cómpre non confundir porque non son sinónimos. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Derradeiro capítulo (21´ 23´´) da serie documental Irmás na Fala, elaborada para divulgar a memoria das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala. Nesta entrega repásase o legado que nos deixaron estas pioneiras que nas primeiras décadas do s. XX apostaron polo uso do idioma galego e pola defensa de Galicia como suxeito político. A serie Irmás na Fala está producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña.
Ver recurso
Para resolver unha ecuación cómpre calcular o valor das letras (incógnitas), para que se cumpra a igualdade que forma a ecuación. Neste vídeo didáctico (14´ 14´´) Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), explícanos cales son as diferentes posibilidades que podemos atopar á hora de despexar a incógnita dunha ecuación de 1º grao. A lección está dirixida a alumnado de matemáticas de 2º curso da ESO.
Ver recurso
Breve vídeo divulgativo (52´´) con información básica sobre a historia do Seminario de Estudos Galegos, unha entidade da que conmemoramos o centenario do seu nacemento neste ano 2023, e que nos deixou un importante legado científico, cultural e lingüístico. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia 2023, elaborada pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso
Charla didáctica (52´ 10´´), dirixida a alumnado de secundaria, na que o divulgador David Ballesteros expón, cun enfoque lúdico e práctico, como inflúen os bos hábitos de vida na nosa saúde. En concreto, aprenderás que aspectos relacionados coa alimentación e co exercicio físico debes ter en conta para manterte san. Esta actividade desenvolveuse o 9 de maio de 2019, no marco da décimo cuarta edición de Galiciencia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 04´´) no que Aly Castillo Zamora e Laura Rubio Lareu nos contan, cun chisco de humor, que cousas novas aprenderon grazas aos seus estudos de química. Este foi un dos traballos premiados na primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (8´ 40´´) o Arquivo Histórico Provincial de Ourense convídanos a facer un percorrido por dez séculos da historia da provincia, a través de 22 documentos dos 78 que integran a súa exposición permanente “Documentos históricos de Ourense”. Tamén se ofrece unha breve panorámica das funcións, a organización documental e os servizos que ofrece á cidadanía este arquivo.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (4´ 55´´) no que a bióloga Tatiana Díaz Castro nos explica as diferentes medidas que cómpre ter en conta para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (ETAs). Trátase da primeira entrega dunha serie de tres vídeos sobre seguridade alimentaria difundidos na canle Cociñando ConCiencia. Outros vídeos da serie: -Medidas para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (II) -Medidas para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (III)
Ver recurso
Reportaxe de Nós Televisión (13´ 28´´) que nos ofrece a oportunidade de coñecer máis polo miúdo o Proxecto Nós, así coma os diferentes recursos tecnolóxicos que se están a crear co ánimo de situar o galego na vangarda da intelixencia artificial. O Proxecto Nós é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías, ferramentas e aplicacións que permitan o uso do galego nos ámbitos de aplicación da intelixencia artificial. Do desenvolvemento do proxecto encárgase a Universidade de Santiago de Compostela, a través do Instituto da Lingua Galega (ILG) e do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).
Ver recurso
Adolfo Cordero, catedrático de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, explícanos nesta conferencia (44´ 22´´) as orixes e o significado do concepto de biodiversidade, reflexionando sobre o seu impacto tanto na bioloxía como noutras áreas do coñecemento. Partindo do carácter multidimensional do termo, o profesor Cordero céntrase nunha das principais liñas de investigación nas que está a traballar: a diversidade de comportamento como un elemento da biodiversidade. A charla tivo lugar na Casa das Campás de Pontevedra o día 8 de maio de 2023, no marco dos eventos organizados dentro do primeiro Bioblitz da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Ver recurso
A académica Ana Boullón explícanos neste vídeo didáctico (3´ 19´´) cal é a orixe o o significado de Moeche, un topónimo único en Galicia, aínda que na súa orixe atopamos similitudes coa formación doutros nomes de lugar galegos. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.
Ver recurso
Segundo a denominación da Asociación Internacional para as Migracións (organización dependente da ONU), entendemos por migrante “calquera persoa que se despraza fóra do seu lugar de residencia habitual xa sexa dentro dun país ou a través dunha fronteira internacional, de maneira temporal ou permanente e por diversas razóns”. O investigador da USC Daniel Vázquez Vila preséntanos nesta charla divulgativa (9´ 01´´) unha análise sobre os fluxos migratorios do século XXI, antes do comezo da pandemia da Covid-19. A charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
Tania Vieites Lestón, investigadora na Universidade da Coruña, preséntanos neste vídeo (4´ 28´´) a súa tese doutoral sobre os efectos do “método MITCA”, un método de implementación de tarefas escolares para a casa que ten como obxectivo a autorregulación da aprendizaxe e o compromiso escolar dos estudantes. Este vídeo foi galardoado na categoría C (para teses de doutoramento) da primeira edición do certame Cóntame a túa investigación!, organizado pola Universidade da Coruña en 2023.
Ver recurso
Unha ecuación matricial é unha igualdade na que hai unha matriz que descoñecemos. Neste vídeo didáctico (8´ 26´´) o profesor Aldán Santamarina lémbranos como hai que operar coas matrices para resolver ecuacións matriciais. A peza está dirixida a alumnado de 2º de Bacharelato.
Ver recurso
Susan G. Wardle achéganos neste vídeo de TED (4´ 43´´) ao fenómeno psicolóxico da pareidolia facial, que provoca que o noso cerebro perciba, de xeito ilusorio, caras en calquera tipo de obxectos ou lugares (nubes, pedras, manchas nas paredes…). Por que ocorre isto? Ata onde pode chegar esta distorsión da realidade? Aquí atoparás todas as respostas. Tradución ao galego de Álvaro Torres para TedSaúde 2023.
Ver recurso
Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), explícanos neste vídeo (3´ 57´´), a través da resolución dun exercicio práctico, como se calcula o mínimo común múltiplo de dúas ou máis cantidades. A peza está dirixida a alumnado de 2º curso de ESO.
Ver recurso
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 48´´) no que o alumnado de 3º da ESO do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño) nos ofrece unha breve introdución sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), aprobados pola ONU en 2015 no marco da Axenda 2030. Trátase de 17 obxectivos, relacionados entre si, que buscan un futuro sostible para todos e todas, achegando as liñas mestras para encarar desafíos globais coma a pobreza, a desigualdade, o clima, a degradación ambiental, a prosperidade, a paz e a xustiza.
Ver recurso
O alumnado de ESO do IES Antón Alonso Ríos (Tomiño) explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 28´´) en que consiste o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 16, que fala da necesidade de promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), aprobados pola ONU en 2015 no marco da Axenda 2030, conforman un plan de acción dirixido a erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade.
Ver recurso
Neste vídeo de TED (5´ 26´´) Sally Frampton cóntanos a historia da anestesia desde o século III ata a actualidade e explícanos cales foron os diferentes métodos que os doutores usaron nas súas cirurxías antes de que se estendese o uso da anestesia na medicina moderna. Tradución ao galego de David Alvar para TedSaúde 2023.
Ver recurso
Mónica Cartelle Gestal, profesora na Universidade de Louisiana e membro da Sociedade Americana de Microbioloxía, fálanos nesta charla (55´ 47´´) da complexidade dos microorganismos e da súa potencialidade para causar infeccións. Apoiándose na súa propia experiencia como investigadora, explícanos todo o que aprendeu no eido da resistencia antimicrobiana e do tratamento de enfermidades infecciosas, coma a tose ferina. A charla, dirixida principalmente a alumnado de educación secundaria, foi emitida en directo o 24 de novembro de 2023 con motivo do XIV Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.
Ver recurso
Segunda parte do módulo 1 do curso aberto “Educación para a cidadanía global: unha mirada desde a práctica”, organizado pola Universidade da Coruña en 2023. Se xa tiveches ocasión de ver a primeira parte deste módulo, na que se ofrecía unha aproximación histórica ao concepto de “educación para a cidadanía global”, neste segundo vídeo (5´ 09´´) poderás afondar nas dimensións do seu enfoque educativo, no abano de temáticas que se poden traballar e nas propostas metodolóxicas máis axeitadas para a súa implementación. Outros vídeos da serie: -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 0. Presentación -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 1. Achegamento ao concepto de ECG. Parte 1 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 2. A introdución da ECG na escola. Parte 1 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 2. A introdución da ECG na escola. Parte 2 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Infantil. Parte 1 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Infantil. Parte 2 -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Primaria -Educación para a Cidadanía Global. Módulo 3. Experiencias: Educación Secundaria
Ver recurso
O verbo distraer é irregular, polo tanto non segue as pautas dos verbos regulares da segunda conxugación (aqueles cuxo infinitivo remata en -er). Esther Vázquez explícanos neste vídeo (37´´ ) como se conxuga o pretérito perfecto do verbo distraer. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Charla divulgativa (15´ 39´´) na que Marta Veiga Izaguirre nos presenta unha análise de datos, elaborada no seo do grupo de innovación docente da USC XuvenCiencia, sobre os prexuízos e os estereotipos de xénero que condicionan a escolla de carreiras profesionais. Os datos están extraídos de 687 respostas de alumnado de ensino medio de 31 centros educativos galegos. A charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
Estímase que entre o 1 e o 1,5 % da poboación en España ten autismo, e un 50% destas persoas con autismo teñen dificultades neuromotrices. O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia cóntanos neste vídeo (2´) como pode contribuír a fisioterapia a mellorar a calidade de vida destas persoas.
Ver recurso
Es dos que ten dúbidas sobre cando hai que empregar en galego testemuño e cando cómpre usar testemuña? Neste vídeo (1´ 39´´) o académico Ramón Lorenzo explícache a orixe e o significado destes dous substantivos. A peza forma parte da serie de vídeos didácticos “Pregúntalle á Academia”, elaborada pola Real Academia Galega.
Ver recurso
Eliseo Bao Souto, estudante do grao en Enxeñaría Informática da UDC, preséntanos neste vídeo (4´ 51´´) o seu traballo de fin de grao, no que ofrece unha proposta informática para analizar un tema de especial relevancia social e sanitaria: a prevalencia dos trastornos depresivos. Este vídeo foi galardoado na categoría A (para os traballos de fin de grao) da primeira edición do certame Cóntame a túa investigación!, organizado pola Universidade da Coruña en 2023.
Ver recurso
Vídeo didáctico (30´ 31´´) no que descubrirás como era a vida na etapa prehistórica que coñecemos como paleolítico. Trátase do primeiro período da Idade de Pedra, caracterizado polo uso da pedra tallada, no cal apareceron as primeiras civilizacións humanas. A peza foi elaborada por Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, para alumnado de 1º curso da ESO.
Ver recurso
Ver recurso
Terceiro capítulo (21´ 17´´) da serie documental Irmás na Fala, elaborada para divulgar a memoria das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala. As protagonistas desta terceira entrega son Amparo López Jeán, presidenta da Agrupación Republicana Feminina da Coruña e primeira muller en se afiliar ao Partido Galeguista, e Emilia Docet, a Miss España viguesa que tomou a palabra no "Mitin das Arengas". A serie Irmás na Fala está producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña.
Ver recurso
As ecuacións exponenciais son aquelas nas que a incógnita (X) está no expoñente. Neste vídeo didáctico (8´ 15´´) o profesor Aldán Santamarina explícache como se resolven un tipo concreto de ecuacións exponenciais empregando o cambio de variable. A lección está dirixida a alumnado de 1º de Bacharelato.
Ver recurso
Carmen Verde, coordinadora do Grupo de Estudos en Traballo Social-Investigación e Transferencia (GETS-IT) da Universidade de Vigo, explícanos neste vídeo (5´ 25´´) o significado de conceptos como “xustiza social”, “igualdade” ou “equidade”. Trátase da primeira entrega da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela).
Ver recurso
Tanto a xenofobia coma o racismo son formas de discriminación que van en contra da xustiza social. Neste vídeo didáctico (3´ 03´´) a investigadora Iria Vázquez explícanos o significado de ambos os dous conceptos e os matices que os diferencian. A peza forma parte da serie de vídeos divulgativos “Unha cuestión de xustiza social”, producida pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, coa colaboración da comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela).
Ver recurso
A segregación é un dos principais mecanismos xeradores de desigualdades sociais. Coral del Río, Amaia Palencia e Olga Alonso, investigadoras do grupo ECOSOT da Universidade de Vigo, explícannos neste vídeo divulgativo (3´ 08´´) cales son as liñas de traballo que están a desenvolver na actualidade para estudar a secregación ocupacional da poboación inmigrante e lánzannos a seguinte mensaxe: para acadar sociedades pacíficas e xustas é imprescindible loitar contra as forzas que impiden a integración en igualdade dos diferentes colectivos que as conforman.
Ver recurso
Proxecto audiovisual conformado por 10 pílulas de entre 3-4 minutos de duración deseñadas como recursos didácticos para reflexionar sobre o proceso migratorio e poñer en valor a diversidade e a importancia do diálogo intercultural nas relacións Norte-Sur, reducindo os estigmas asociados á migración, a través do poder integrador das linguas. O proxecto foi realizado pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO), ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia. Material complementario: -Unidade didáctica.
Ver recurso
Hannah Arendt (1906-1975) é unha filósofa do século XX fundamental para coñecer o auxe dos totalitarismos en Europa nese mesmo século. Neste vídeo didáctico (1´ 34´´) Xosé Manuel Domínguez, profesor de Filosofía no IES Salvaterra de Miño, explícanos cales son as principais características do seu pensamento. A peza, dirixida ao alumnado de 2º de bacharelato que está a preparar as probas da ABAU, forma parte da serie didáctica La Voz Explica, elaborada no marco de Prensa-Escuela, o programa educativo do xornal La Voz de Galicia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 46´´) coa quinta entrega da serie web de ficción Sophias. Neste capítulo poderás introducirte no pensamento de Hannah Arendt, filósofa do século XX que reflexionou sobre a deriva social cara aos totalitarismos. A serie web Sohpias está elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (33´ 17´´) no que o cociñeiro Pepe Solla convoca arredor dunha mesa do seu restaurante a profesionais de diferentes ámbitos da ciencia (oceanografía, xeoloxía, bioloxía, meteoroloxía, etc.) para degustar varios alimentos e reflexionar, con argumentos científicos, sobre a gran diversidade e calidade dos produtos propios de Galicia. Na conversa participan, ademais de Pepe Solla, Mateo Rodríguez (biólogo e especialista en pesca), Ana Lage (meteoróloga en Meteogalicia), Francisco Casanova (doutor en Xeoloxía), Camino García (xefa de investigación do Centro Tecnolóxico da Carne), Pilar Soengas (doutora en Bioloxía e especialista en cultivos) e Alexia Luca de Tena (enóloga). A iniciativa foi realizada por Esmerarte Industrias Creativas, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
A xeopolítica é unha disciplina científica que estuda a incidencia da xeografía humana e a xeografía física nas relacións de poder, nas relacións políticas e nas relacións internacionais. Neste vídeo divulgativo (4´ 19´´) José Julio Fernández, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG), fálanos da importancia da investigación xeopolítica para a difusión e fomento da cultura da seguridade e da paz.
Ver recurso
O Seminario Galego de Educación para a Paz creouse en 1985 promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino sensibilizados pola ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a educación para a paz en xeral e especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflitos, a interculturalidade ou a cultura de paz. Neste documental (28´ 08´´), realizado en 2005 para conmemorar o seu vixésimo aniversario, poderás achegarte á historia desta entidade, á metodoloxía didáctica que promoveu e á actividade desenvolvida no período 1985-2005.
Ver recurso
O doutor Javier de Toro, xefe do Servizo de Reumatoloxía do CHUAC, ofrécenos nesta charla didáctica (58´) unha aproximación xeral ao conxunto de doenzas que coñecemos como “enfermidades reumáticas”, centrándose con maior detalle na descrición da artrite reumatoide, unha enfermidade inflamatoria articular que afecta fundamentalmente a mulleres e xente moza. Para pechar a súa intervención, o doutor De Toro fálanos tamén do importante labor social que desenvolven os colexios médicos, exemplificándoo con diferentes liñas de traballo organizadas polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña, entidade da que é vicepresidente. A charla, dirixida principalmente a alumnado de educación secundaria, foi emitida en directo o 17 de novembro de 2023 con motivo do XIV Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.
Ver recurso
Ver recurso
Vídeo didáctico (14´ 54´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), che axuda a entender os procedementos necesarios para realizar unha multiplicación de polinomios. A peza está dirixida a alumnado de 2º curso de ESO.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 59´´) no que Isabel Tuñas Maceiras, alumna da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña, nos fai unha breve presentación do seu traballo de fin de mestrado, no que estuda a relación entre a dor cervical e a postura de cabeza adiantada. Este vídeo foi galardoado na categoría B (para os traballos de fin de mestrado) da primeira edición do certame Cóntame a túa investigación!, organizado pola Universidade da Coruña en 2023.
Ver recurso
Vídeo didáctico (48´´), difundido no espazo televisivo DígochoEu, no que Esther Estévez nos explica como se escriben e pronuncian en galego os nomes dos países de América do Norte, así coma os seus respectivos xentilicios.
Ver recurso
Segunda entrega (26´ 54´´) da serie documental Irmás na Fala, elaborada para divulgar a memoria das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala. Nesta ocasión terás a oportunidade de coñecer o importante labor que desenvolveron María Miramontes e Elvira Bao, dúas mulleres pioneiras na reivindicación e impulso da introdución do galego na escola como lingua vehicular de todas as materias. A serie Irmás na Fala está producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña.
Ver recurso
Sabías que os peixes teñen un sentido do olfacto tan desenvolvido que lles permite ulir baixa a auga? Pablo Sánchez Quinteiro, profesor na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, fálanos nesta charla divulgativa (12´ 32´´) da olfacción dos peixes, centrándose máis polo miúdo no sistema olfactivo do peixe cebra. A charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
A cheyletiella é un tipo de ácaro que vive na pel dos cans, gatos e coellos, provocando a aparición de caspa. Este é o motivo de que vulgarmente se lle chame a este ácaro “caspa andante”. Neste vídeo (3´ 17´´) o veterinario Guillermo Campos explícanos como podemos identificalo e que precaucións debemos tomar para que non se propague entre o resto de animais ou as persoas da familia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 55´´ ), dirixido a alumnado de 1º de Bacharelato, no que o profesor Aldán Santamarina nos amosa a resolución gráfica dun sistema de inecuacións lineares con dúas variables.
Ver recurso
Vídeo didáctico (22´ 12´´) no que Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti, fai un percorrido por diferentes etapas históricas, desde a creación do Universo ata a aparición do ser humano moderno. A peza está dirixida a alumnado de 1º curso da ESO.
Ver recurso
Aldara Cidrás Fuentes, doutora en Historia Contemporánea pola USC, fálanos nesta entrevista (19´ 37´´) das violencias femininas durante a guerra civil española, das fontes documentais para a investigación sobre o xénero, do uso dos espazos da memoria e da carreira investigadora das mulleres. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan desde distintas prazas de Santiago de Compostela sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
Ellen Johnson Sirleaf foi a primeira muller presidenta dunha nación africana e en 2011 recibiu o Premio Nobel da Paz. Nesta inspiradora charla de TED (14´ 11´´) cóntanos como as mulleres de Liberia axudaron a reconstruír o país despois de anos de guerra civil, e afirma que a equidade de xénero é un elemento esencial para a paz e a prosperidade. O seu plan é apoderar toda unha xeración de mulleres preparadas para que tomen o liderado e se convertan en catalizadoras dun cambio social a nivel mundial que nos permita vivir en sociedades libres, xustas e pacíficas. Tradución ao galego de Alba Gil Vicente.
Ver recurso
Os avances científicos e biolóxicos ofrecen novas posibilidades de intervención no comezo e no final da nosa vida, así como no coidado da nosa saúde, pero é eticamente correcto todo o tecnicamente posible? Esta é a pregunta coa que inicia a súa charla (26´ 18´´) José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito na Universidade da Coruña, na que nos convida a reflexionar sobre as dimensións éticas dos avances científicos no ámbito médico. A charla tivo lugar no marco do programa Naukas Coruña 2019, que organizan os Museos Científicos Coruñeses.
Ver recurso
Iván Méndez, filólogo e técnico do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, preséntanos neste vídeo (5´ 33´´) as principais hipóteses sobre a orixe e o significado dun dos topónimos máis singulares da cidade da Coruña: O Orzán. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.
Ver recurso
O neurocientífico Xurxo Mariño, membro do grupo de investigación NEUROcom da Universidade da Coruña, fálanos neste charla (37´ 36´´) da capacidade humana para o pensamento simbólico e da relación deste tipo de pensamento coa linguaxe. A charla tivo lugar no marco do programa Naukas Coruña 2016, que organizan os Museos Científicos Coruñeses.
Ver recurso
Primeiro capítulo (21´ 41´´) da serie documental Irmás na Fala, elaborada para divulgar a memoria das mulleres que formaron parte das Irmandades da Fala. Esta primeira entrega está dedicada á “irmá pioneira”: Micaela Chao Maciñeira (1892-1928). Foi a única muller presente no acto fundacional das Irmandades e mais na expedición galeguista a Barcelona de 1917, e tamén foi a principal promotora da Sección Feminina da Irmandade da Coruña. Así mesmo, participou de xeito decisivo na posta en marcha do Conservatorio Nazonal da Arte Galega. A serie Irmás na Fala está producida pola Real Academia Galega e realizada por Nós Televisión, co apoio do Concello da Coruña.
Ver recurso
Vídeo didáctico (10´ 33´´) no que o profesor Aldán Santamarina nos explica como se resolve un problema de probabilidade a través dun diagrama de árbore. A lección está dirixida a alumnado da materia de Matemáticas de 4º da ESO.
Ver recurso
Charla divulgativa (52´ 54´´) na que Susana Bayo Besteiro, investigadora no EphysLab da Universidade de Vigo e presentadora do tempo en Telemiño, ofrece unha actualización dos principais datos relacionados co cambio climático, ao tempo que presenta algúns dos retos que a ciencia debe enfrontar nun futuro próximo para combater este desafío. Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
A xornalista e divulgadora científica Laura Veiga explícache nese vídeo (7´ 41´´) todo o que precisas saber sobre o ciclo menstrual. Atoparás información de carácter biolóxico, así como datos científicos que permiten rebater algunhas das principais crenzas que aínda se asocian a este proceso fisiolóxico.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 37´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), repasa todos os conceptos e procedementos necesarios para facer unha suma ou resta de polinomios de xeito correcto. A peza está dirixida a alumnado de 2º curso de ESO.
Ver recurso
Irene Ortiz Leal, investigadora da Unidade de Anatomía Animal da Facultade de Veterinaria da USC, explícanos neste vídeo divulgativo (7´ 23´´) que é o sistema vomeronasal, cal é a súa constitución anatómica e como inflúe no comportamento social dos animais. Será o órgano vomeronasal igual en todas as especies? Irene Ortiz explícanos as diferenzas, centrándose máis polo miúdo nas especificidades dun tipo de cánidos: os raposos. A charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
Vídeo didáctico (29´ 06´´), dirixido a alumnado de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia, no que se explica como foi a transición da Prehistoria á Historia e a evolución da metalurxia. A peza está elaborada por Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti.
Ver recurso
Terceira entrega (20´ 07´´) da serie audiovisual #Nosoutras, as mulleres da revista Nós, producida por Nós Televisión e presentada por Eira Losada. Nesta ocasión a protagonista é a filóloga alemá Margot Sponer, que a finais de 1926 percorre a cabalo as vilas e aldeas galegas para completar as súas investigacións sobre a lingua galega. Parte destas pescudas serían publicadas na revista Nós, no número do 15 de xaneiro de 1927, nun artigo que levaba por título “Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega”. Uns anos máis tarde, concretamente en 1930, presenta a súa tese de doutoramento titulada Altgalizische Urkunden (Documentos antigos de Galicia), na que transcribe e anota unha cantidade importante de documentos medievais datados entre os anos 938 e 1494.
Ver recurso
Neste momento hai 15.000 bombas nucleares na Terra (14.000 en mans de Estados Unidos e mais de Rusia), pero sabemos cal é exactamente o seu poder destrutivo? Neste vídeo divulgativo (7´ 05´´), apoiándose na opinión de científicos expertos na materia, amósannos unha estimación de cal podería ser o grao de destrución para o planeta se todas esas bombas nucleares se detonasen ao mesmo tempo.
Ver recurso
O doutor Ángel Carracedo, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da USC, cóntanos nesta charla (31´ 08´´) como no eido da Xenómica se sabe desde hai tempo que determinadas variantes no xenoma condicionan a eficacia dos fármacos e mais as reaccións adversas que estes poden xerar. Na actualidade, a “medicina personalizada” tenta ir un paso máis alá para, partindo de toda a información que temos dun determinado paciente (non só a información xenética, senón tamén a epixenética, a proteómica, a radiolóxica, a bioquímica…), poder predicir de forma precisa a súa resposta a un determinado fármaco. Na exposición do doutor Carracedo atoparás todas as claves para entender este novo concepto médico. A charla tivo lugar no marco do programa Naukas Coruña 2019, que organizan os Museos Científicos Coruñeses.
Ver recurso
Segundo capítulo (14´ 09´´) da serie audiovisual #Nosoutras, as mulleres da revista Nós, producida por Nós Televisión e presentada por Eira Losada. Nesta segunda entrega terás a oportunidade de achegarte á biografía de Francisca Herrera e ao seu relevante papel na revista Nós, na que publicou un ensaio, un relato e un poema, ademais de aparecer as súas obras tamén referenciadas nesta publicación. A investigadora Carmen Blanco; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o historiador Afonso Vázquez-Monxardín e a secretaria da Fundación Castelao, Patricia Arias Chachero axudan a trazar a figura desta coruñesa que se converteu na primeira muller en escribir unha novela en galego (Néveda) e en ser escollida académica na Real Academia Galega.
Ver recurso
Jorge Mira, catedrático do Departamento de Física Aplicada da USC, amósanos nesta charla (42´ 22´´) cales son os diferentes lugares nos que, segundo o momento do ano no que nos atopemos, poderemos observar o último solpor da Europa continental. A intervención tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 43´´) no que Xosé Ferreiro, profesor de Matemáticas no IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), nos ensina a través dun exercicio práctico como se realizan operacións combinadas con fraccións. A peza está dirixida a alumnado de 2º curso de ESO.
Ver recurso
Vídeo didáctico (22´´) no que Esther Estévez nos ensina os seus zapatos para explicarnos que é a lingüeta e mais a soleta. A peza forma parte do espazo televisivo DígochoEu, que emite a Televisión de Galicia para achegar o galego á poboación de forma dinámica e entretida.
Ver recurso
Os carballos forman antes as follas ou a madeira? Manuel Souto-Herrero, investigador do Departamento de Botánica da USC, axúdanos a resolver o enigma nesta charla (9´ 13´´) na que nos fala da dendroclimatoloxía, unha área da botánica que estuda como os factores climáticos inflúen no crecemento das árbores. A charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos neste vídeo (2´ 19´´) como o exercicio terapéutico pode ser de grande utilidade no manexo das patoloxías que se tratan habitualmente na atención primaria: diabetes, hipertensión, obesidade, dor lumbar... Comprobarás que o fisioterapeuta de atención primaria é o profesional que mellor pode asesorarte sobre o tipo de exercicios máis axeitados para a túa doenza.
Ver recurso
Charla didáctica (58´) na que Diego Martínez Santos, investigador da Axencia Galega de Innovación, nos ofrece unha introdución á física de partículas, facendo tamén alusión ás limitacións e desafíos que esta área da ciencia ten na actualidade. A exposición estrutúrase en catro partes: na primeira, fálanos dos cambios fundamentais que experimentou a física a comezos do século XX; na segunda, explícanos que partículas coñecemos na actualizade e como funcionan os aceleradores e detectores de partículas; na terceira, preséntanos o CERN (o Consello Europeo para Investigación Nuclear); e para rematar, cóntanos que é o Higgs e como se descubriu. A charla, dirixida principalmente a alumnado de educación secundaria, foi emitida en directo o 3 de novembro de 2023 con motivo do XIV Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (26´ 07´´) sobre a tectónica de placas, unha teoría que trata de explicar como é a parte sólida que constitúe a codia terrestre (chamada litosfera), cales son as diferentes placas nas que está dividida e como se desprazan estas placas sobre o manto terrestre. A peza foi elaborada para alumnado de 1º de ESO por Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 13´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica, a partir da resolución dun exercicio práctico, como se aplica a teoría de vectores á xeometría. Concretamente, aprenderás como se calcula a área dun triángulo cuxos vértices son: A (-1, 2, 3); B (0, -4, 5); C (1, -1, 2).
Ver recurso
Primeira parte (35´ 14´´) dunha serie de dous vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de 2º de Bacharelato, nos que se tratan os contidos teóricos relacionados coa II República. Neste primeiro vídeo, centrado concretamente no período que abrangue os anos 1931-1936, preséntanse as forzas políticas que formaron parte da II República, así como as principais características da Constitución de 1931.
Ver recurso
Neste ano 2023 no que o Real Club Celta de Vigo está a celebrar o seu centenario, o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega ofrécenos neste vídeo (4´ 07´´), da man do académico Gonzalo Navaza, a explicación sobre a orixe e motivación do topónimo que dá nome ao estadio do club: Balaídos. A peza forma parte da serie didáctica O Seminario de Onomástica responde.
Ver recurso
Vídeo didáctico (14´ 44´´), dirixido a alumnado de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia, no que se explica o proceso de formación da codia terrestre. Descubrirás cales son os diferentes axentes (tanto internos coma externos) que modifican o relevo terrestre, así como as diferentes formas e paisaxes que xorden do seu modelado. A peza está elaborada por Blanca Castro Gerpe, profesora de Xeografía e Historia no IES Lucus Augusti.
Ver recurso
Numerosos estudos afirman que as graxas saturadas son moi nocivas para a saúde das persoas e, pola contra, as insaturadas son saudables. Partindo desta premisa, tanto a industria láctea coma os propios consumidores están cada vez máis interesados en coñecer a composición de ácidos graxos do leite. Ruth Rodríguez Bermúdez fálanos nesta charla (9´ 56´´) da variación do perfil de ácidos graxos no leite de bovino nas explotacións galegas en función dos seguintes factores: a alimentación que reciben os animais, o número de parto no que se atopan, o momento da lactación e a estación do ano. A charla tivo lugar no marco do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
Partindo da súa propia experiencia profesional como psiquiatra, Iria Veiga fálanos nesta charla (26´ 02´´) da psiquiatría e de todos os estigmas que existen en relación a esta especialidade médica, non só a nivel social senón tamén no propio ámbito sanitario. A charla tivo lugar no marco do programa Naukas Coruña 2019, que organizan os Museos Científicos Coruñeses.
Ver recurso
Última parte dunha serie de catro vídeos, dirixidos a alumnado de educación secundaria, sobre as transformacións culturais que tiveron lugar no paso da Idade Medida á Idade Moderna. Neste vídeo (10´ 51´´) preséntanse as principais característica de dúas das artes plásticas que conformaron o estilo do Renacemento: a pintura e a escultura renacentistas. Outros vídeos da mesma serie: -Renacemento e reforma. Parte I -Renacemento e reforma. Parte II -Renacemento e reforma. Parte III
Ver recurso
Federico Martinón Torres, coordinador e xefe do Servicio de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago, axúdanos a entender nesta charla (34´ 44´´) a importancia das vacinas para a saúde pública en xeral e, máis concretamente, o seu papel determinante no control da pandemia da Covid-19. A intervención tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
Primeiro capítulo (21´ 15´´) da serie audiovisual #Nosoutras, as mulleres da revista Nós, producida por Nós Televisión, no que se narra a vida da mestra irlandesa Anne MacSwiney, que a partir da súa militancia activa no nacionalismo irlandés entrou en contacto co nacionalismo galego a través da Revista Nós. Este capítulo está presentado por Eira Losada en nel interveñen, axudando a trazar o perfil biográfico da protagonista, a catedrática de Filoloxía inglesa na UDC María Jesús Lorenzo Modia, o doutor en Filoloxía galega Alberto Allegue, o presidente da RAG Víctor Freixanes, o historiador Afonso Vázquez-Monxardín e a filóloga e secretaria da Fundación Castelao, Patricia Arias Chachero.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 19´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos axuda a resolver de xeito práctico un exercicio de vectores no espazo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 19´´) no que se presentan brevemente as catro persoas que ocuparon a presidencia do Seminario de Estudos Galegos durante os seus trece anos de funcionamento: Armando Cotarelo Valledor, Salvador Cabeza de León, Luis Iglesias e Ramón Otero Pedrayo. A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.
Ver recurso
Terceira parte (9´ 02´´) dunha serie de catro vídeos, dirixidos a alumnado de educación secundaria, sobre as transformacións culturais que tiveron lugar no paso da Idade Medida á Idade Moderna. Se xa coñeces cales son as características xerais do Renacemento (presentadas no vídeo anterior desta serie), agora terás oportunidade de afondar nunha das artes plásticas que conforman este estilo artístico: a arquitectura renacentista. Outros vídeos da mesma serie: -Renacemento e reforma. Parte I -Renacemento e reforma. Parte II -Renacemento e reforma. Parte IV
Ver recurso
Vídeo divulgativo (9´ 09´´) no que Sandra Román, técnica superior en dietética, nos pon en alerta sobre a actual sobreexposición, a través das redes sociais, a mensaxes tóxicas relacionas coa "cultura da dieta". Na súa charla ofrece algunhas recomendacións para evitar esta información pouco científica que a miúdo xera frustración e confusión, co obxectivo de que todos e todas poidamos manter unha relación saudable coa alimentación. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 12´´) no que se ofrece unha breve panorámica da mostra sobre códices e documentos medievais organizada no Arquivo do Reino de Galicia con motivo da Feira das Marabillas da Coruña 2023. O obxectivo desta mostra era achegar ao público xeral unha selección de documentos orixinais de época medieval procedentes da Colección de fragmentos de códices e impresos que custodia este Arquivo, datados aproximadamente entre os séculos X e XVIII.
Ver recurso
Partindo da súa experiencia profesional como presentadora do tempo na Televisión de Galicia, a xornalista Mabel Montes Rama fálanos nesta charla (51´ 24´´) dos aspectos comunicativos da divulgación meteorolóxica. Ademais de explicarnos como se comunica o tempo na televisión, tamén reflexiona sobre outros aspectos, como a importancia de saber adaptar a linguaxe á nova realidade que supoñen as redes sociais, ou o potencial comunicativo da realidade aumentada no eido da divulgación meteorolóxica. Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
Vídeo didáctico (28´´), difundido no espazo televisivo DígochoEu, no que Esther Estévez nos explica que *sillón é un castelanismo, ao tempo que nos dá diferentes alternativas para nomear en galego este asento individual con respaldo.
Ver recurso
Segunda parte dunha serie de catro vídeos, dirixidos a alumnado de educación secundaria, sobre as transformacións culturais que tiveron lugar no paso da Idade Medida á Idade Moderna. Nesta segunda entrega (20´ 06´´) preséntanse as características xerais do Renacemento, un estilo artístico que se estendeu pola Europa occidental durante os séculos XV e XVI. Outros vídeos da mesma serie: -Renacemento e reforma. Parte I -Renacemento e reforma. Parte III -Renacemento e reforma. Parte IV
Ver recurso
Marcos Calles Lombao, doutorando no programa de Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, preséntanos nesta charla (10´ 22´´) a súa investigación sobre os diferentes traballos que o pintor Marcos de Torres realizou na Catedral de Lugo entre os anos 1570 e 1573. Esta charla forma parte das sesión do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
Cando falamos de "fisioterapia invasiva" referímonos a todas aquelas técnicas nas que os/as fisioterapeutas empregan unha agulla para aplicar axentes físicos no noso corpo traspasando a pel, sen aplicar ningún fármaco. Neste vídeo divulgativo (2´ ) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos en que consisten as principais técnicas de fisioterapia invasiva: a punción seca, a electrólise e a electropunción.
Ver recurso
Marisa Juanes Carrasco, doutora en Ciencia e Tecnoloxía Química pola Universidade de Santiago de Compostela, cóntanos nesta charla (22´ 07´´) como a química é unha ciencia decisiva no ámbito médico. Concretamente, explícanos como as vacinas de ARN mensaxeiro axudaron a combater a pandemia da Covid-19. Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
Vídeo didáctico (19´ 08´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos axuda a resolver un exercicio concreto de vectores no espazo. Antes da explicación práctica, comeza por facer unha breve introdución sobre os vectores no espazo e as dúas maneiras de representar as súas coordenadas.
Ver recurso
Breve vídeo divulgativo (56´´) co que os Museos Científicos Coruñeses tratan de concienciarnos, dun xeito moi visual, do absurdo que é usar unha iluminación artificial durante a noite totalmente excesiva e innecesaria para a actividade humana.
Ver recurso
Primeira parte dunha serie de catro vídeos, dirixidos a alumnado de educación secundaria, sobre as transformacións culturais que tiveron lugar no paso da Idade Medida á Idade Moderna. Neste primeiro vídeo (20´ 10´´) explícannos en que consistiu o humanismo, un movemento cultural e filosófico propio do Renacemento. Outros vídeos da mesma serie: -Renacemento e reforma. Parte II -Renacemento e reforma. Parte III -Renacemento e reforma. Parte IV
Ver recurso

Vídeo de TED (12’ 59’’) no que o dermatólogo Richard Weller explica que a luz solar, ademais de proporcionarnos vitamina D, favorece que a nosa pel libere óxido nítrico. Este feito beneficia a presión sanguínea e o sistema cardiovascular, o que explicaría que en zonas con menos incidencia da luz solar durante o ano se sufran máis cardiopatías.

Tradución de Sabela Rey.

Ver recurso
Vídeo de TED (4´ 50´´) no que Allison Ramsey e Mary Staicu nos contan como Alexander Fleming descubriu en 1928 a penicilina, un fito científico que deu lugar ao posterior desenvolvemento de antibióticos que mudaron completamente o tratamento das infeccións bacterianas, revolucionando deste xeito a historia da medicina. Tradución ao galego de Sheila Recarey para o TedSaúde 2023.
Ver recurso
Sabías que calquera praia galega contén lixo orixinado en polo menos 10 países diferentes? Neste breve vídeo divulgativo (1´) os Museos Científicos Coruñeses tratan de concienciarnos da importancia de reclicar para que o mar, fonte de vida, non se encha de toneladas de plástico.
Ver recurso
Vídeo didáctico (26´ 45´´) , dirixido a alumnado de secundaria, no que os realizadores de cinema Alfonso Zarauza e Jaione Camborda nos explican en que consisten as diferentes fases do proceso audiovisual, desde a preprodución ata a distribución, pasando polas fases creativas intermedias. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, propostas de actividades e prácticas.
Ver recurso
A meirande parte dos gases de efecto invernadoiro que están a provocar o quecemento global prodúcense en procesos artificiais, como por exemplo a actividade industrial, pero tamén se xeran en procesos naturais. Que responsabilidade ten o gando bovino na emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera? Neste vídeo divulgativo (1´ 1´´), elaborado por GCiencia, atoparás a resposta.
Ver recurso
Última entrega dunha serie de catro vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de educación secundaria, dedicados a explicar as transformacións sociais, económicas e políticas que provocaron o paso da Idade Media á Idade Moderna. Nesta cuarta parte (18´ 06´´) fálannos das causas que provocaron, durante os séculos XV e XVI, as grandes exploracións por parte de portugueses e casteláns cara América e o sur de África. É precisamente a data dunha destas exploracións, a do “descubrimento” de América en 1492, a que toman como referencia os historiadores para sinalar o comezo da Idade Moderna. Outros vídeos da mesma serie: - As orixes da Idade Moderna. Parte I - As orixes da Idade Moderna. Parte II -As orixes da Idade Moderna. Parte III
Ver recurso
A hemofilia é unha enfermidade que lle afecta aos homes na que está alterada a coagulación sanguínea. Esta deficiencia na coagulación provoca sangrados frecuentes a nivel muscular ou no interior das articulacións. Neste vídeo divulgativo (1´ 58´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos como pode contribuír a fisioterapia na mellora da saúde e calidade de vida dos pacientes con hemofilia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 02´´), pertencente á serie "O Seminario de Onomástica responde", no que a académica Ana Boullón nos explica a orixe, a historia e o significado do topónimo Monterroso, que na actualidade dá nome a un concello da provincia de Lugo.
Ver recurso
Terceira entrega dunha serie de catro vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de educación secundaria, dedicados a explicar as transformacións sociais, económicas e políticas que provocaron o paso da Idade Media á Idade Moderna. Nesta terceira parte (15´ 59´´) cóntannos cal era realidade sociopolítica da península ibérica no século XV, contexto no que xorde o estado moderno dos Reis Católicos. Outros vídeos da mesma serie: - As orixes da Idade Moderna. Parte I - As orixes da Idade Moderna. Parte II - As orixes da Idade Moderna. Parte IV
Ver recurso
Charla divulgativa (13´ 11´´) na que Azucena Mora, profesora na Facultade de Veterinaria da USC, nos fala do papel das mulleres na historia da ciencia (concretamente no eido da microbioloxía) facendo un percorrido que comeza en 1928 co descubrimento da penicilina ata a actualidade, marcada polo impacto da pandemia da Covid-19. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
Charla divulgativa (38´ 24´´) na que o xornalista Xavier Fonseca nos fala da corrente en chorro (ou Jet Stream na súa denominación en inglés) e da responsabilidade que esta corrente de aire ten nos fenómenos meteorolóxicos extremos que estamos a sufrir cada vez con máis frecuencia. Esta charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2021, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (32´´) pertencente á exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas. Nesta peza en concreto Pablo Núñez Meneses, comisario da exposición, fálanos da presenza de mulleres nas moedas, como foi o caso das raíñas Urraca, Isabel a Católica e Isabel II.
Ver recurso
Os traballos orixinais que os membros do Seminario de Estudos Galegos entregaban no momento do seu ingreso pasaron a formar parte dos fondos da asociación. Estes traballos podían ser artigos científicos, textos literarios ou obras artísticas (debuxos, cadros, esculturas…). Neste vídeo divulgativo (2´ 18´´) amósannos unha pequena mostra destas doazóns. A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 34´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica como se resolve un exercicio no que nos piden calcular a ecuación dun plano Π que contén a recta “s” e que é paralelo á recta “r”.
Ver recurso
Coa posta en marcha do proxecto SPARC, Vigo converterase no 2025 na sede do primeiro centro de produción de semicondutores fotónicos do sur de Europa. Francisco Diaz, profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, explícanos neste vídeo (4´ 33´´) que é a microfotónica e cales son as súas aplicacións. A peza está elaborada polo xornal GCiencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 36´´) no que Marcelino Maneiro, profesor titular de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (USC), nos explica de xeito práctico como se determina o carbonato cálcico dunha mostra mediante un proceso de valoración ácido-base. Neste caso, o profesor Maneiro emprega como mostra para o seu experimento un gramo de restos de cunchas de mexillón. Esta peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
O académico Francisco Fernández Rei fálanos neste vídeo didáctico (2´ 50´´), pertencente á serie “Pregúntalle á Academia”, dos dous sistemas que temos en galego para denominar os días da semana: o sistema pagán (luns, martes, mércores, xoves, venres) e mais o sistema de feiras (domingo, segunda feira, terza feira, cuarta feira, quinta feira, sexta feira, sábado).
Ver recurso
A displasia de cadeira é un dos problemas máis temidos polas persoas que deciden adoptar un pastor alemán. Pero poden estar afectadas tamén outras razas de cans? É esta anomalía articular a única que debe preocuparnos? Por que aparece a displasia e como podemos evitala? Neste vídeo divulgativo (6´ 18´´) o veterinario Guillermo Campos resolve todas as nosas dúbidas.
Ver recurso
No Aquarium Finisterrae da Coruña viven varias focas comúns en contacto co océano e en condicións de semiliberdade. Neste vídeo divulgativo (1´) terás a oportunidade de ver como nacen, como se alimentan e que exercicios practican para estimular a súa intelixencia.
Ver recurso
Se tes o costume de falar contigo mesmo habitualmente e che dá vergoña que a xente te vexa falando só, podes estar tranquilo, pois décadas de estudos psicolóxicos demostran que é un práctica normal. Este vídeo de TED (5´ 19´´) axudarache a entender que é o diálogo interno e cales son os seus beneficios psicolóxicos. Tradución ao galego de Laura Nogueiras Gómez.
Ver recurso
Primeira parte dunha serie de catro vídeos, dirixidos a alumnado de educación secundaria, nos que se explica o contexto sociopolítico que propiciou o paso da Idade Media á Idade Moderna. Nesta primeira parte (18´ 58´´) repásanse as principais características (desde o punto de vista económico, social e político) do mundo medieval. Outros vídeos da mesma serie: -As orixes da Idade Moderna. Parte II -As orixes da Idade Moderna. Parte III -As orixes da Idade Moderna. Parte IV
Ver recurso
Vixésimo quinta lección (39´ 10´´) coa que se pon o ramo ao curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta ocasión o tema central da sesión é a celebración do Día das Letras Galegas. No bloque de contidos gramaticais complétase a explicación sobre perífrases verbais comezada na sesión anterior. Esta lección foi emitida en directo o día 20 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material complementario.
Ver recurso
Xabier Pérez Couto fálanos nesta charla divulgativa (42´ 25´´) da contaminación luminosa, un termo empregado para denominar o conxunto de efectos adversos da introdución de luz artificial en horario nocturno. A charla tivo lugar no marco de A luz da ciencia. Dolmen de Dombate. Aulas científicas 2022, unha iniciativa dirixida por Jorge Mira e organizada pola Deputación da Coruña e mais o Concello de Cabana de Bergantiños.
Ver recurso
Segunda parte dunha serie de catro vídeos, dirixidos a alumnado de educación secundaria, nos que se explica o contexto sociopolítico que propiciou o paso da Idade Media á Idade Moderna. Se xa tiveches ocasión de ver a primeira entrega, na que se repasaban as principais características da sociedade medieval, este segundo vídeo (12´ 53´´) axudarache a entender mellor os cambios sociais, económicos e políticos que propiciaron o inicio da Idade Moderna. Outros vídeos da mesma serie: -As orixes da Idade Moderna. Parte I -As orixes da Idade Moderna. Parte III -As orixes da Idade Moderna. Parte IV
Ver recurso
Vídeo divulgativo (35´´) pertencente á exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas. Nesta peza Pablo Núñez Meneses, comisario da exposición, preséntanos o panel no que se fala dalgúns dos bancos galegos que emitiron papel moeda no século XIX, como o Banco Soto de Chantada ou a Casa de Banco e Comercio Bengoechea de Ribadeo.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 34´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica como se resolve un exercicio no que nos piden calcular o punto simétrico a un punto concreto, con respecto a un plano.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 20´´) no que o Servizo de Cardioloxía do Hospital Universitario de Ourense, coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Corazón do ano 2022, transmitiu unha serie de consellos orientados a que a poboación poida chegar a unha idade avanzada coa mellor saúde cardiovascular posible.
Ver recurso
Sabías que no corpo humano hai dez veces máis bacterias ca células? Neste vídeo didáctico (33´´) Carlota Ageitos, alumna de 1º da ESO no IES Milladoiro, explícanos en medio minuto o importante papel que xogan as bacterias no bo funcionamento do noso organismo. Esta peza forma parte do proxecto educativo “Medio minuto de ciencia en galego”, promovido polo ENDL do IES Milladoiro (Ames).
Ver recurso
A intensa actividade cultural e científica do Seminario de Estudos Galegos (SEG) xerou tamén un importante volume de correspondencia de moi variada tipoloxía. Neste vídeo divulgativo (2´ 17´´) poderás coñecer unha mostra deste legado documental. A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.
Ver recurso
Gustaríache saber como nacen os cabaliños de mar? Neste vídeo divulgativo (1´), gravado no Aquarium Finisterrae da Coruña, amósannos o parto de centos de cabaliños de mar que nacen do abdome do seu pai, quen os fecundou e incubou despois de que a nai puxese alí os ovos. Si, leches ben. No mundo dos cabaliños de mar o macho é quen pare.
Ver recurso
Anxo González ofrécenos neste vídeo (22´ 47´´) unha compilación de diferentes extractos do programa Ben Falado (dirixido por Xesús Ferro Ruibal e emitido na TVG) que dan conta da variedade dialectal do idioma galego. Comprobarás, de boca dos propios falantes, as diferentes formas que hai de falar o galego dependendo da zona xeográfica na que nos atopemos.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´) no que Marcelino Maneiro nos explica de xeito práctico como pode extraerse a partir da auga un combustible medioabientalmente respectuoso. Estamos a falar do hidróxeno. Esta peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 46´´) no que Andrea Mariño López e Moisés Pérez Lorenzo, investigadores do CINBIO (Universidade de Vigo), nos presentan un proxecto de nanotecnoloxía que mellora a detección de biomarcadores de doenzas nas secrecións lacrimais. A peza audiovisual foi elaborada polo xornal GCiencia.
Ver recurso
Vixésimo cuarta lección (51´ 33´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. O eixo central da sesión é o rico patrimonio léxico e a variedade dialectal do idioma galego, polo que coñecerás diferentes recursos documentais en liña con información sobre estes temas. No bloque de contidos gramaticais, trátanse as perífrases verbais e mais o adxectivo en grao superlativo. Esta lección foi emitida en directo o día 13 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material complementario.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 49´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica como se resolve un exercicio no que nos piden calcular o punto simétrico dun punto con respecto a unha recta.
Ver recurso
A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade do sistema nervioso que ataca as neuronas do cerebro e da medula espiñal, condicionando a mobilidade, a comunicación oral, a deglutición e a respiración dos doentes. Neste vídeo divulgativo (1´ 44´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos como pode contribuír a fisioterapia a mellorar a calidade de vida das persoas que a padecen.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (22´´) no que Pablo Núñez Meneses nos fala dunha moeda cuñada no século XIV que recolle un dos primeiros testemuños gráficos da Torre de Hércules, que daquela era unha construción redonda. Esta peza audiovisual forma parte da exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas.
Ver recurso
O Colexio de Fonseca é un dos edificios máis emblemáticos da Universidade de Santiago de Compostela. Foi mandado construír polo arzobispo Alonso III de Fonseca no 1532 e é a sede fundacional desta universidade. Neste vídeo divulgativo (4´ 28´´) Xosé Ramón Cisneros Pérez fainos un percorrido polas estancias e mais a historia do edificio. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Descubrindo a USC”.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 18´´) no que Marcelino Maneiro nos explica, a ritmo de mambo, como se determinan os estados de oxidación dos distintos elementos nos compostos químicos. Trátase dun paso previo necesario para poder axustar unha reacción redox. Esta peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
O Seminario de Estudos Galegos dedicouse nun primeiro momento case exclusivamente ao estudo das diferentes ciencias humanísticas, pero moi pronto, entre 1925 e 1926, créase a sección de “Cencias Naturás” na que traballan importantes nomes da ciencia galega como Luís Iglesias, Isidro Parga Pondal ou Cruz Gallástegui. Neste vídeo divulgativo (2´ 19´´) preséntanse os principais proxectos e traballos desenvolvidos no seo desta sección. A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 54´´) que che axudará a entender como se xera enerxía a través da fusión nuclear. Este foi un dos traballos participantes no V Concurso de Comunicación Científica do IGFAE, organizado en 2022 polo Instituto Galega de Física de Altas Enerxías.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 23´´) no que Lucía Yáñez Carrasco, Mónica Diz Rodríguez e Mª José Dosil Villavicencio, alumnas do IES Otero Pedrayo (Ourense), che axudan a entender a teoría de grafos e a diferenza entre grafos eulerianos e semi-eulerianos. Este vídeo foi galardoado co terceiro premio do certame “Explícoche matemáticas 2.0”, na edición de 2023.
Ver recurso
Sabías que nos fondos mariños galegos existen uns seres que “florecen”? O Aquarium Finisterrae explícanos neste breve vídeo (1´ 04´´) a que reino pertencen a cenoria de mar, a man de morto, a gorgonia branca ou o plumeiro de mar.
Ver recurso
Cando o nivel de estróxenos está excesivamente elevado con respecto ao nivel de proxesterona falamos de hiperestroxenismo. Laura Veiga, xornalista especializada na educación e divulgación sobre o ciclo menstrual, explícanos neste vídeo (3´ 35´´) cales son as causas e como lle afecta á saúde das mulleres este desequilibrio hormonal.
Ver recurso
A historiadora Stephanie Honchell Smith fálanos neste vídeo de TED (4´ 48´´) da Idade Media europea e desmente seis mitos sobre esa época histórica. Eran os habitantes desta época tan incultos como se adoita crer? Foi aquela unha época onde primaba a superstición e a irracionalidade? Comían carne podre? Será certo que apenas se lavaban? Eran tan sanguinarios como para practicar aqueles métodos de tortura espantosos? Os cintos de castidade serían reais? Stephanie Honchell dános todas as respostas. Tradución ao galego de Laura Nogueira Gómez.
Ver recurso
Sabes quen foi a primeira licenciada da Universidade de Santiago de Compostela? Chamábase Manuela Barreiro Pico, matriculouse en Farmacia en 1896 e rematou os seus estudos no ano 1900. Neste vídeo divulgativo (4´ 58´´) descubrirás a historia desta muller pioneira. Esta peza, elaborada por Carmen Villaverde Nartallo e Iria Peniza Rodríguez, foi un dos traballos finalistas da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Descubrindo a USC”.
Ver recurso
Vixésimo terceira lección (49´ 48´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez convídate a facer un percorrido cultural e paisaxístico pola Galicia interior. Así mesmo, no bloque de contidos gramaticais, ensinarache cales son as estruturas que empregamos en galego para expresar o noso estado físico ou anímico; e tamén aquelas outras que usamos cando queremos dar a nosa opinión sobre algo ou achegar argumentos. Tamén aprenderás cal é a conxugación do futuro de subxuntivo, un tempo verbal usado en contextos literarios ou cultos, que acostuma a aparecer en oracións subordinadas ou dependentes. Esta lección foi emitida en directo o día 10 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material complementario.
Ver recurso
O veterinario Guillermo Campos explícanos neste vídeo (4´ 13´´) que son os anticorpos monoclonais, que aplicación teñen no ámbito da veterinaria e, máis concretamente, como poden axudarlle á saúde do teu can.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (51´´) pertencente á exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas. Nesta peza en concreto Pablo Núñez Meneses fálanos da fundición de cobre de Xuvia (Neda), que funcionou durante breves períodos do século XIX como casa de moeda, cuñando pezas que reflicten as características da época: inscrición en latín e figura realista do monarca.
Ver recurso
Charla de TED (3´ 35´´) na que Jen Gunter nos fala da importancia de termos un sistema esquelético saudable. A doutora Gunter cóntanos cal é a estrutura dos nosos ósos e explícanos en que consisten os procesos de eliminación e substitución óseas. Descubrirás tamén que tipo de exercicios físicos e que tipo de alimentos (ademais do leite) son beneficiosos para que os nosos ósos se manteñan sans. Tradución ao galego de Penny Martínez.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 48´´) sobre o cinema de baixo orzamento, no que se presenta unha historia breve destas prácticas audiovisuais con exemplos de cineastas que realizaron os seus filmes cun presuposto limitado. Esta peza, pertencente á serie "Pílulas de coñecemento" da USC, foi elaborada por Marta Pérez Pereiro, Cibrán Tenreiro Uzal, Clara García Nieto e Enrique Castelló Mayo
Ver recurso
O Aquarium Finisterrae da Coruña amósanos neste vídeo (1´ 37´´) a historia de cinco polbos comúns (Octopus vulgaris) nados en catividade, como resultado dun proxecto de investigación realizado no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC e no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo que tiña como obxectivo estudar as fases larvaria e xuvenil do polbo.
Ver recurso
Os grafos son estruturas formadas por nodos e mais por arestas (que unen dous nodos relacionados). Laura Dopazo e Santi Vilas, alumnos do IES Eusebio da Guarda, axudaranche a entender neste vídeo didáctico (2´ 30´´) a teoría de grafos, empregada no ámbito das matemáticas e nas ciencias da computación. Este vídeo foi galardoado co segundo premio do certame “Explícoche matemáticas 2.0”, na edición de 2023.
Ver recurso
Vixésimo primeira lección (50´ 22´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez ensinarache o vocabulario que empregamos en galego para falar de vestiario, facendo unha comparación entre a vestimenta actual e a tradicional. Así mesmo, terás oportunidade de facer un percorrido polos museos galegos. No bloque de contidos gramaticais, trátase o presente de subxuntivo. Esta lección foi emitida en directo o día 3 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Un indicador é unha substancia que cambia a súa cor en función de que estea en contacto cun ácido ou cunha base, é dicir, en función do pH. Neste vídeo didáctico (4´) Marcelino Maneiro, profesor titular de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (USC), amósanos como se prepara un indicador de ácido-base natural a partir da col lombarda. A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
Rocío Rodicio, alumna do Colexio Santa Teresa de Jesús de Ourense, fálanos neste vídeo didáctico (1´ 47´´) do político, matemático e topógrafo galego Domingo Fontán Rodríguez, que pasou á historia por ser o autor do primeiro mapa científico de Galicia. Este vídeo foi galardoado co terceiro premio do certame “Explícoche matemáticas 2.0”, na edición de 2023.
Ver recurso
Despois de practicar deporte o noso organismo precisa unha serie de exercicios para favorecer a recuperación muscular. Neste vídeo didáctico (2´ 53´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícache en que consiste o protocolo de recuperación activa. Se despois de realizar os exercicios indicados neste protocolo, as molestias continúan, debes consultalo cun profesional da fisioterapia.
Ver recurso
Por que debemos dicir en galego "conveniente" (do verbo convir), e non *convinte? Neste vídeo didáctico (1´ 31´´), pertencente á serie Pregúntalle á Academia, o académico Ramón Lorenzo dános a explicación filolóxica.
Ver recurso
Pablo Núñez Meneses fálanos neste vídeo divulgativo (33´´) dunha moeda con gran simbolismo para Galicia, como é a emisión de Xelmírez, cuñada no ano 1108 coa lenda “S. Iacobi”. A peza forma parte da exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas.
Ver recurso
Vixésimo segunda lección (1 h 9´ 9´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez e Borja Tobío fálannos dos camiños de Santiago, un conxunto de itinerarios de peregrinación a Santiago de Compostela que teñen a súa orixe arredor do ano 820, tras a descuberta do sepulcro do apóstolo Santiago. No Material didáctico complementario atoparás un mapa con estes itinerarios históricos, así como outros contidos de carácter gramatical, como a conxugación do presente de subxuntivo. Esta lección foi emitida en directo o día 6 de maio de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración.
Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 09´´) no que aprenderás que o noso microbioma intestinal está composto por billóns de bacterias, virus e fungos que descompoñen os alimentos que inxerimos, producen nutrientes importantes para o noso organismo, regulan o noso sistema inmunolóxico e protéxennos contra os xermes daniños. Pero que alimentos son os máis recomendables para manter unha microbiota saudable? Cóntacho a doutora Shilpa Ravella. A tradución ao galego desta peza é de Sandra Mariño-Cortegoso e foi galardoada co primeiro premio do #TEDSaúde 2022, na modalidade de membros da comunidade da USC.
Ver recurso

Vídeo de TED (18' 59''). Bonnie Bassler descubriu que as bacterias "falan" entre elas, usando unha linguaxe química  que lles permite coordinar a súa defensa e os seus ataques. O achado tivo incribles implicacións para a medicina, industria— e sobre o coñecemento de nós mesmos.

Tradución ao galego de Andrea Muras para TedSaúde 2016.

Ver recurso
Espectáculo didáctico (52´ 19´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP, no que David Ballesteros fai un percorrido pola historia da aeronáutica, desde o primeiro voo dos irmáns Wright ata a conquista do espazo, facendo especial fincapé na importancia que tiveron a ciencia e a tecnoloxía no desenvolvemento da humanidade. A charla tivo lugar no marco do Galiciencia 2023, que tivo como fío temático a industria aeronáutica.
Ver recurso
Aínda que na linguaxe común a xente adoita a emprega “camuflaxe” e “mimetismo” coma se fosen termos sinónimos, realmente no ámbito científico da bioloxía non o son. Irimia Pérez e Manuel García amósannos neste vídeo (4´ 28´´) as diferenzas entre estes dous conceptos, ilustrando a súa explicación con exemplos que podemos atopar en Galicia. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Divulgación do coñecemento”.
Ver recurso
Sabías que hai infinitos máis grandes ca outros? Entenderalo grazas a “Cero”, unha simpática animación que neste vídeo didáctico (2´ 27´´) compara os cardinais dos diferentes conxuntos numéricos. Este vídeo foi galardoado co primeiro premio do certame “Explícoche matemáticas 2.0”, na edición de 2023. Está elaborado por Carmen Castelo Monteagudo, Inés Prado Justo e Noa Salinas González, alumnas do IES Isaac Díaz Pardo (SADA), coa supervisión da profesora Beatriz Márquez Villamarín.
Ver recurso
Despois dunha lesión ou cirurxía nas pernas, as muletas poden ser de grande axuda para ganar equilibrio e estabilidade, pero saberías usalas correctamente? E subir e baixar escaleiras con elas? Neste vídeo didáctico (2´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia dános algúns consellos útiles, incidindo na importancia do fisioterapeuta para obter un asesoramento personalizado, segundo a nosa condición física e necesidades.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 06´´), elaborado polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que trata sobre unha tipoloxía documental habitual nos arquivos das institucións relixiosas dende a Idade Media, que se fixo común nos arquivos das familias nobres durante a Idade Moderna. Estamos a falar do “libro tombo”, tamén coñecido como “cartulario” ou “libro becerro”. A súa finalidade era sistematizar a información relativa ao patrimonio da familia para facilitar a súa administración e defensa.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (39´´) no que Pablo Núñez Meneses nos amosa o triente de Gundemaro, como exemplo característico das cuñaxes visigodas na Gallaecia, realizadas en lugares estratéxicos como as zonas de extracción mineira. A peza forma parte da exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 17´´) no que Marcelino Maneiro, profesor titular de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (USC), nos amosa como se prepara carbonato cálcico mediante unha precipitación. Así mesmo, o experimento axudaranos a familiarizarnos coa técnica de filtración ao baleiro e co secado dun precipitado. A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
Falamos de “ilusións ópticas” ou “ilusións visuais” cando o que percibimos a través da vista non se corresponde coa realidade. Neste vídeo didáctico (7´ 16´´), elaborado pola Domus, descubrirás que a explicación deste fenómeno está no funcionamento do noso cerebro, e nas súas estratexias para interpretar e procesar a información que recibe dos sentidos.
Ver recurso
Vixésima lección (50´ 31´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez axudarache a familiarizarte co vocabulario relacionado cos medios de comunicación, facendo tamén un percorrido histórico polos medios galegos. No bloque gramatical aprenderás a conxugación do modo verbal imperativo, e tamén as estruturas que empregamos en galego para expresar obrigatoriedade e mais para falar de hábitos. A lección foi emitida en directo o día 29 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Os gatos teñen fama de seren uns lacazáns que pasan o día a durmir, pero pensaches que nalgunhas ocasións esa pasividade pode estar causada por dores articulares crónicas? Neste vídeo (4´ 46´´) o veterinario Guillermo Campos fálanos da artrose nos gatos, e ensínanos a identificar os síntomas de dor nas nosas mascotas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 27´´) no que Noemí Díaz nos fala de dúas especies invasoras con gran presenza nos bosques galegos: a acacia negra e o eucalipto. Trátase dun fragmento dunha lección máis ampla sobre especies invasoras elaborada polos docentes Noemí Díaz e Xacobo de Toro.
Ver recurso
Ao longo de 76 quilómetros, na última parte do seu percorrido antes de chegar ao mar, o río Miño conforma unha “raia húmida” que exerce de fronteira entre Galicia e Portugal. Neste documental (21´ 39´´) amósannos que, lonxe de servir de elemento divisorio, esta “raia húmida” foi ao longo da historia a testemuña dun rico intercambio cultural, económico e lingüístico entre as dúas beiras do río. A peza está producida por Pío García Audiovisuales e foi elaborada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
En 1926 os membros do Seminario de Estudos Galegos (SEG) puxeron en marcha unhas campañas de investigación que chamaron “xeiras”, nas que participaba persoal científico de diferentes disciplinas. Neste vídeo divulgativo (2´ 29´´) cóntannos en que consistiu ese método de estudo multidisciplinar e participativo tan novidoso no seu tempo. Esta peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (28´´) no que Pablo Núñez Meneses nos amosa a moeda xermánica de Gallaecia representada na exposición De Monetaria Galega. Galiza e a súa moeda dende a Antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas.
Ver recurso
A especificidade das actividades agrarias e gandeiras inflúen na aparición de determinadas lesións, principalmente músculo esqueléticas. Xa que logo, é imprescindible a adopción de medidas de prevención de riscos laborais e o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia achega neste vídeo (2´ 25´´) algúns consellos que poden axudar a minimizar as patoloxías asociadas a este importante sector económico.
Ver recurso
Entre o 80% e o 90% dos estímulos externos que percibimos chégannos a través da visión, por iso o ollo é un órgano tan importante para o ser o humano. Neste vídeo didáctico (12´ 20´´), elaborado desde o Laboratorio Aberto da Domus, asistiremos á disección dun ollo (neste caso, un ollo de vaca) e aprenderemos cales son as súas principais características anatómicas e funcionais.
Ver recurso
Décimo novena sesión (46´ 43´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Concha Diéguez, apoiándose en cancións e recitados populares, axúdanos nesta lección a familiarizarnos co léxico que usamos en galego para nomear as partes do corpo e para describir as persoas. Tamén descubrirás varias páxinas web que che permitirán achegarte á nosa rica tradición oral. No bloque gramatical, aprenderás a conxugación verbal e mais os usos do pospretérito. A lección foi emitida en directo o día 26 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
En galego temos milleiros de termos para nomear e describir a nosa estreita relación co mar. Neste vídeo divulgativo (2´ 24´´) o xeógrafo e investigador da USC Alejandro Gómez Pazo amósanos o significado dunha pequena selección: seixo, coído, con, touza, cantil, mareira e creba. Este foi o vídeo gañador da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “A utilidade do galego”.
Ver recurso
O permaxeo (a capa de solo terrestre que permanece conxelada permanentemente) é de vital importancia para a ciencia, xa que os restos biolóxicos que nel se conservan ofrecen unha imaxe conxelada da historia. O permaxeo máis antigo descuberto ata o momento atópase en Yukón (Canadá) e leva 740.000 anos xeado. Neste vídeo de TED (5´ 57´´) Brendan Rogers e Jessica Howard relátannos todos os segredos que agocha o permaxeo do Ártico, ao tempo que nos alertan das nefastas consecuencias que o cambio climático pode ocasionar nesa rexión. Tradución ao galego de Laura Nogueiras Gómez.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´) no que Noemí Díaz nos amosa a herba do coitelo (Carpobrotus acinaciformis), unha planta invasora e moi competitiva, con gran presenza na costa galega. Este vídeo é un fragmento dunha lección máis ampla sobre especies invasoras elaborada polos docentes Noemí Díaz e Xacobo de Toro.
Ver recurso
Marcelino Maneiro, profesor titular en Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (USC), analiza neste vídeo didáctico (2´ 56´´) como afectan os efectos externos sobre o equilibrio químico. A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
Vídeo didáctico (12´ 59´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos ensina a resolver un exercicio de posición relativa de dúas rectas, para poder saber se se cortan e cal e o punto concreto onde o fan.
Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 16´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo . En 1830, John Henslow introduciu ao seu discípulo Charles Darwin no fascinante mundo dos polimorfismos florais. Concretamente presentoulle o caso dalgunhas especies de plantas hermafroditas que teñen dúas formas florais que difiren na altura e disposición das estruturas sexuais femininas: os pistilos. Nunha forma floral, os estigmas encóntranse localizados por enriba das estruturas masculinas (os estames), mentres que na forma oposta, os estigmas atópanse localizados debaixo dos estames.

Neste vídeo explícase en que consiste a heterostilia: un polimorfismo floral que atraeu a atención de Darwin ata o punto de que dedicou un libro ao seu estudo.

Ver recurso
O Aquarium Finisterrae convídanos neste vídeo didáctico (14´) a achegarnos a un peixe que acostuma espertar moito interese entre a poboación: o tiburón. Coñecerás cales son as principais características morfolóxicas das distintas especies, así como os seus diferentes sistemas de reprodución.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (49´´) no que Pablo Núñez Meneses nos fala do “sestercio da caetra” ou “sestercio de Augusto”, a moeda máis antiga de Galicia, cuñada arredor do ano 25 a. C. A peza creouse no marco da exposición De monetaria galega. Galiza e a súa moeda dende a antigüidade ata os nosos días, organizada polo Museo Provincial de Lugo en xuño de 2023, para poñer de relevo o papel da numismática na cultura, economía, política e sociedade galegas.
Ver recurso
O filólogo Juan José Moralejo explícanos neste vídeo (2´ 33´´) que é a hidronimia, cal é o seu obxecto de estudo e que posibles significados teñen os nomes dos principais ríos de Galicia. Esta peza foi realizada no marco do proxecto Toponimia de Galicia, que desenvolven en colaboración a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega. Outros vídeos da serie: -Que é a hidronimia? (II)
Ver recurso
Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e investigador na Universidade de Santiago de Compostela, fálanos neste vídeo (4´ 18´´) das dinámicas costeiras, dos principais factores que modifican a costa e do reto que supón o cambio climático para o noso litoral. Este foi o vídeo gañador da primeira edición do certame “Vémolo Nós”, organizado pola USC en 2023, na categoría “Divulgación do coñecemento”.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 41´´) no que o profesor da USC Marcelino Maneiro nos fala dos colides, dos seus diferentes tipos e das súas propiedades. A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
Segunda parte (1´ 43´´) da explicación que o filólogo Juan José Moralejo fai sobre a hidronimia. Neste caso, fálanos das principais motivacións que hai detrás dos nomes dos nosos ríos. Esta peza foi realizada no marco do proxecto Toponimia de Galicia, que desenvolven en colaboración a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega. Outros vídeos da serie: -Que é a hidronimia? (I)
Ver recurso
Décimo oitava sesión (55´ 56´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta lección aprenderás o léxico necesario para poder falar dun produto cultural moi consumido actualmente pola xente moza: as series de televisión. No bloque gramatical, Concha Diéguez explícanos a formación do feminino, e tamén nos ensina algunhas estruturas gramaticais útiles para facer valoracións. A lección foi emitida en directo o día 22 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
A meirande parte dos/as donos/as de cans saben, por experiencia propia, que o gusto indiscriminado das súas mascotas por todo tipo de “comida” provoca que ás veces pasen por procesos de diarrea, que non deixa de ser o mecanismo de defensa que ten o seu organismo para resolver un problema. Neste vídeo divulgativo (4´ 38´´) o veterinario Guillermo Campos dános algúns consellos para saber como actuar.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (49´´) no que se ofrece un breve retrato biográfico da científica galega Ángeles Alvariño (1916-2005), considerada un referente da oceanografía mundial e descubridora de vinte e dúas novas especies de zooplancto mariño. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia, elaborada en 2022 pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso
Documental (36´ 51´´) no que diferentes intelectuais galegos, representantes de institucións académicas e profesionais do ámbito da cultura e a documentación nos axudan a facer un percorrido pola historia do Seminario de Estudos Galegos, unha entidade singular que, malia o seu curto período de actividade (1923-1936), deixou unha fonda pegada na ciencia e cultura galegas. O documental está producido por Nós Televisión e foi elaborado coa colaboración especial da Universidade de Santiago de Compostela e co apoio do Museo de Pontevedra, do Concello de Santiago, do Concello de Ames e da Xunta de Galicia.
Ver recurso
As listaxes de embarque de pasaxeiros cara a América, elaboradas pola Comisaría de Policía do Porto de Vigo e custodiadas actualmente no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, son unha documentación de gran valor para o estudo da emigración transoceánica dos séculos XIX e XX. Neste vídeo divulgativo (2´ 25´´) explícannos toda a información que conteñen estas listaxes. A peza forma parte da serie audiovisual Sobranceiros do arquivo, na que se presentan documentos destacados e singulares do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.
Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (3´ 46´´), elaborado por Icía Rodríguez e Ángel Carro, que nos fala do descubrimento de novas técnicas de medida do nivel de contaminación dos nosos ecosistemas. En concreto, preséntanos o traballo que se está a desenvolver no Departamento de Ecotoxicoloxía da Facultade de Bioloxía da USC para medir o nivel de contaminación do aire ou a auga empregando como indicadores diferentes variedades de musgo.

Ver recurso
Francisco Díaz-Fierros fálanos neste relatorio (41´ 43´´) do nacemento do Seminario de Estudos Galegos, explicando cales foron os seus antecedentes, os seus principais promotores, a diversidade de membros que chegou a formar parte deste grupo e os obxectivos cos que se creou. Así mesmo, relata as diferentes tentativas que existiron (tanto desde Galicia como desde América) para recuperar o “espírito do Seminario” despois da Guerra Civil. A charla tivo lugar en novembro de 2015, no marco do Congreso “Filgueira Valverde na cultura do século XX”, organizado polo Consello da Cultura Galega.
Ver recurso
Noemí Díaz e Xacobo de Toro, docentes de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario, fálannos neste vídeo didáctico (8´ 08´´) dunha problemática ambiental: as especies invasoras. Cando unha especie alóctona (que non é orixinaria do lugar) causa unha alteración no novo hábitat e ten capacidade para dispersarse, falamos de especie invasora. Algúns exemplos no ámbito galego serían a Vespa velutina, o cangrexo americano, o mexillón cebra, o sargazo, o visón americano, a tartaruga de Florida, a herba do coitelo, a acacia negra ou o eucalipto. Un exemplo á inversa sería o do toxo, unha especie autóctona galega que se converteu en invasora en outros territorios, como as Illas Canarias, Colombia ou Chile.
Ver recurso
Vídeo didáctico (3´ 55´´) no que aprenderás a preparar biodiésel, empregando aceite de cociña, alcohol de queimar ou metanol puro, e hidróxido sódico. A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 09´´) no que poderás coñecer os principais datos biográficos de Rosalía de Castro, figura clave do rexurdimento da literatura galega no século XIX, a quen a Real Academia Galega lle dedicou en 1963 o primeiro Día das Letras Galegas. A peza forma parte da serie audiovisual Mulleres nas Letras: de onte a hoxe, creada pola Deputación da Coruña.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 30´´) no que se relata como a sociedade patriarcal do Antigo Réxime amparaba a violencia contra as mulleres adúlteras, cousa que non acontecía cando o adúltero era o home. A peza foi elaborado a partir do estudo dos documentos do caso de Bárbara de Carranza, custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Ver recurso
Tanto nós mesmos coma todo o que nos rodea estamos compostos por partículas, pero non sempre podemos cortalas pola metade para ver como son por dentro. Para resolver o problema, deseñouse o Gran Colisionador de Hadróns do CERN, creado para que as partículas choquen con tanto forza que poidamos romper a materia, e mesmo descubrir novas partículas elementais. O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC cóntanos neste vídeo divulgativo (2´ 22´´) en que proxectos do CERN está a colaborar, co obxectivo de obter máis información sobre as orixes do Universo.
Ver recurso
As cardiopatías son a principal causa de mortalidade no mundo, debido a que o corazón é un dos órganos do corpo que menos capacidade ten de rexeneración. Nesta charla TED (14´ 31´´) o doutor Chuck Murry fálanos da importancia de atopar formas de axudarlle ao músculo cardíaco a rexenerarse despois dunha lesión e comparte o proxecto no que está a traballar sobre o uso de células nai para xerar novas células do músculo cardíaco que poidan ser transplantalas aos corazóns de persoas que sufriron un ataque cardíaco. Tradución ao galego de Marta Suárez para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 35´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica, a través dun exercicio práctico, como se calcula a posición relativa dunha recta e dun plano.
Ver recurso
Pensaches algunha vez na relación que hai entre os péndulos e as randeeiras que podemos atopar nos nosos parques? Neste vídeo didáctico (3´ 18´´), dous técnicos da Casa das Ciencias súbense a unha randeeira especial para explicarnos como se transfire a enerxía entre dous péndulos de xeito constante, ata que esta enerxía se disipa. A peza foi elaborada no marco da exposición «Puro swing» da Casa das Ciencias, unha mostra deseñada para que o alumnado descubra de xeito interactivo a importancia dos péndulos na historia da ciencia.
Ver recurso
Décimo sétima sesión (51´ 53´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Concha Diéguez axudarache nesta lección a familiarizarte co léxico galego relacionado cos oficios, deténdose especialmente nos oficios tradicionais galegos. No bloque gramatical, aprenderás a empregar os interrogativos (que, cal, quen, canto/a, cando, onde, cando, como, por que, para que) para formular preguntas, e mais a expresar necesidade con estas dúas fórmulas: “necesitar + infinitivo” e “necesitar que + presente de subxuntivo”. A lección foi emitida en directo o día 19 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Charla divulgativa (8´ 29´´) na que Nerea Fernández Canto, doutoranda na Cátedra do Pan e do Cereal da USC, nos fala das características dos cereais autóctonos de Galicia e nos explica como se elabora o pan de xeito tradicional, recoñecido desde 2018 coa indicación xeográfica protexida: IXP “Pan Gallego / Pan Galego”. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
Que nos diferencia aos seres vivos dunha inerte boneca de plástico? Neste vídeo divulgativo (15´ 28´´) a bioquímica Carmela Cela explícanos que a resposta está nas reaccións bioquímicas, responsables de que nos manteñamos con vida. En concreto, fálanos destas cinco: a respiración celular ou cadea de transporte electrónico, a fotosíntese, a transmisión do impulso nervioso, a contracción muscular e o metabolismo.
Ver recurso
Charla divulgativa (1h 37´ 34´´) na que Alejandro Vilar López, investigador predoutoral do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) , nos fala da determinante contribución científica de Stephen Hawking, probablemente o físico teórico máis popular dos últimos 50 anos, ao estudo das orixes do Universo. A charla tivo lugar o 14 de maio de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 45´´) elaborado no marco da exposición «Puro swing» da Casa das Ciencias, unha mostra deseñada para que o alumnado descubra de xeito interactivo todos os segredos sobre o movemento dos péndulos. Neste peza amósannos os patróns de oscilación dunha serie de péndulos colgados en liña a distintas alturas ao seren accionados á vez. O hipnótico movemento que forman entre todos semella unha especie de “baile de serpe”.
Ver recurso
A prehabilitación trimodal baseada en tres piares (exercicio físico, terapia nutricional e terapia cognitiva) supuxo un avance no campo da anestesia perioperatoria en pacientes que van ser sometidos a unha intervención cirúrxica agresiva. Neste vídeo divulgativo (2´ 27´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos o relevante papel que ten a fisioterapia nestes programas de prehabilitación ou rehabilitación preoperatoria.
Ver recurso
Cando dicimos que unha determinada especie é endémica dunha rexión, queremos dicir que só é posible atopala de forma natural nese preciso lugar. Neste vídeo didáctico (6´ 34´´) Xacobo de Toro e Noemí Díaz, docentes de Bioloxía e Xeoloxía no ensino secundario, explícannos polo miúdo que son os endemismos e amósannos algúns exemplos, tanto no ámbito galego como da Península Ibérica. Así mesmo, tamén descubrirás algúns exemplos de casos opostos ás especies endémicas: as cosmopolitas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (23´ 20´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, no que se fai unha introdución á historia, a ciencia social que estuda o conxunto de feitos ocorridos no pasado que afectan á humanidade. Descubrirás cales son as etapas nas que se divide o seu estudo e tamén cales son as principais fontes históricas (directas e indirectas) das que dispoñemos. Finalmente, expóñense as características xerais da Idade Moderna.
Ver recurso
A ONU prevé que para 2050 as bacterias resistentes aos antibióticos serán a nosa principal causa de mortalidade. Nesta charla de TED (10´ 59´´) Leon Marchal explícanos como as prácticas da industria alimentaria contribuíron a crear un gran reservorio de bacterias resistentes aos antibióticos e alértanos da imperiosa necesidade de transformar esta industria a nivel mundial para evitar o uso excesivo de antibióticos en produtos animais. Tradución ao galego de Héctor Pardo Álvarez para #TedSaúde.
Ver recurso
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 33´´) como a investigación en física nuclear revolucionou no último século a historia da medicina (a esta rama da física debémoslle probas médicas tan rutineiras hoxe en día como facer unha radiografía ou pasar por un escáner). Descubrirás tamén que proxectos se están a desenvolver actualmente no IGFAE co obxectivo de acadar novas aplicacións da física nuclear no ámbito sanitario.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 23´´) no que se ofrecen os principais datos biográficos da mestra e escritora María Victoria Moreno (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005), a quen a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2018. A peza forma parte da serie audiovisual Mulleres nas Letras: de onte a hoxe, creada pola Deputación da Coruña.
Ver recurso
A estequiometría é o cálculo das relacións cuantitativas entre os reactivos e produtos no transcurso dunha reacción química. Aínda que a definición teórica non semella moi transparente, neste vídeo didáctico (9´ 43´´) o profesor da USC Marcelino Maneiro, botando man dunha tortilla de patacas, axudarache a entendela. Tamén explica outros conceptos básicos relacionados coa estequiometría: reactivo limitante, mol, rendemento de reacción, conservación da materia, etc. A peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
Sabías que os animais non ven igual ca nós? O veterinario de familia Guillermo Campos fálanos neste vídeo (8´ 54´´) das peculiaridades morfolóxicas dos ollos dos cans e os gatos, que explican que a súa visión sexa diferente á dos humanos.
Ver recurso
Décimo sexta sesión (1 h 6´ 17´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Tras as explicacións da sesión anterior, Concha Diéguez e Borja Tobío continúan co seu percorrido pola historia de Galicia (con especial fincapé na historia social do idioma galego), centrándose agora no período que abrangue desde os Séculos Escuros ata a actualidade. No material complementario tamén atoparás información sobre os adverbios de lugar, de modo, de dúbida e de negación. A lección foi emitida en directo o día 15 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Vídeo didáctico (31´ 39´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que o guionista Carlos Ares e a produtora Beli Martínez fan un percorrido pola historia e o panorama actual do audiovisual galego, salientado a súa riqueza e diversidade. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, propostas de actividades e prácticas.
Ver recurso
A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha proposta educativa innovadora na que se combinan procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade, de xeito que os participantes se forman ao tempo que traballan sobre necesidades reais dunha contorna co propósito de mellorala. Neste vídeo didáctico (7´ 54´´) Miguel Anxo Santos Rego, Alexandre Sotelino Losada e Mar Lorenzo Moledo, membros do grupo de investigación Esculca, explícannos cales son os fundamentos e mais os indicadores de calidade desta metodoloxía pedagóxica. Así mesmo, tamén se ofrece a opinión do alumnado e das entidades participantes en experiencias de ApS. Esta peza forma parte da serie didáctica "Pílulas de coñecemento", promovida pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 05´´) no que o profesor da USC Marcelino Maneiro nos presenta as principais normas de seguridade dun laboratorio de química. Este peza forma parte dos materiais audiovisuais do curso aberto “Química. Unha ciencia experimental”.
Ver recurso
Décimo quinta sesión (55´ 45´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión Concha Diéguez e Borja Tobío fannos un pequeno percorrido pola historia de Galicia (e nomeadamente pola historia social do idioma galego), desde cultura castrexa ata a Idade Media. No material complementario atoparás tamén información sobre os adverbios de tempo, de afirmación e de dúbida. A lección foi emitida en directo o día 12 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Ver recurso
Charla TED (5´ 11´´) na que Nghi Nguyen, estudante da AISVN (Escola Internacional Americana de Vietnam), nos fala sobre o estrés que sofre o estudantado no ámbito académico, centrándose especialmente no alumnado que consegue altas cualificacións. Este ten que someterse á presión xerada polas expectativas creadas, o que pode afectar á súa saúde mental. Baseándose na súa propia experiencia persoal, Nghi Nguyen dános algunhas claves sobre como lidar con esta presión engadida. Tradución ao galego de Nay García para TedSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 58´´) no que se presentan os datos máis salientables da biografía de Xela Arias (1962-2003), tradutora, editora e poeta a quen a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas en 2021. A peza forma parte da serie audiovisual Mulleres nas Letras: de onte a hoxe, creada pola Deputación da Coruña.
Ver recurso
Na actualidade, ás mulleres chégalles a primeira menstruación cinco anos antes do que acontecía a comezos do século XX. Cales son os motivos deste adianto? Laura Veiga, divulgadora científica sobre educación menstrual, explícanolo de xeito breve neste vídeo ( 1´ ).
Ver recurso
Vídeo didáctico (10´ 38´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica, a través dun exercicio práctico, como se estuda a posición relativa de tres planos.
Ver recurso
David Ballesteros bota man da poesía para explicarnos neste breve vídeo divulgativo (1´ 09´´) como se orixinan as ondas do mar e que particularidades específicas teñen aquelas que denominamos “mar de fondo”. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Desde a creación das partículas máis elementais e únicas (quarks, gluóns e leptóns) ata a enorme diversidade das galaxias e cúmulos de galaxias actuais, transcorreron 13.800 millóns de anos de evolución, pero se o Universo tivese 24 horas podería dicirse que todo o que nos rodea se formou nos primeiros tres minutos. Carlos Pajares, investigador do IGFAE e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cóntanos neste vídeo (56´ 44´´) que aconteceu no Universo durante estes tres primeiros minutos . A charla tivo lugar o 25 de xuño de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Desde a Reserva da Biosfera “Terras do Miño”, Noemí Díaz e Xacobo de Toro explícannos neste vídeo didáctico (12´ 44´´) cales son as principais características do grupo das plantas axioespermas e que diferencias existen entre os seus dous subgrupos: as monocotiledóneas e as dicotiledóneas. Tamén nos falan das partes da flor, do froito, dos tipos de polinización, e ensínannos a recoñecer algunhas das especies.
Ver recurso
O volframio é un material de gran resistencia que foi moi cobizado para a industria bélica na primeira metade do século XX. O Arquivo Histórico Provincial de Ourense, apoiándose nos documentos que custodia nos seus fondos, fálanos neste vídeo divulgativo (4´ 14´´) das minas de volframio de Valborrás de Casaio, situadas no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras.
Ver recurso
Guillermo Campos fálanos neste vídeo divulgativo (4´ 47´´) do parvovirus, o virus máis perigoso para a saúde dos cans, causante da temible parvovirose canina. Descubrirás como afecta este virus ao organismo das nosas mascotas e que debemos facer para protexelas.
Ver recurso
Coincidindo coa conmemoración do centenario do Seminario de Estudos Galegos (SEG), o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a divulgar unha serie de pezas audiovisuais sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG. Neste vídeo (1´ 59´´) preséntannos unhas das súas obras artísticas máis singulares: a escultura en madeira dunha iguana. Foi doada ao Seminario por un dos seus mecenas, o escultor Francisco Vázquez Díaz, máis coñecido como Compostela.
Ver recurso
Sabías que hai plantas que posúen substancias beneficiosas para a nosa saúde? Gael Rodríguez López, alumno de 1º de ESO, fálanos neste vídeo (1´ 12´´) das propiedades medicinais destas catro plantas: o áloe vera, o allo, a herba luísa e a nébeda. Esta peza forma parte do proxecto educativo “Medio minuto de ciencia en galego”, promovido polo ENDL do IES Milladoiro (Ames).
Ver recurso
Décimo cuarta sesión (56´´ 04´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Esta sesión ten como eixo temático as festas tradicionais (Nadal, Entroido, Coresma, maios, magostos), así coma o léxico galego que empregamos para falar delas. No bloque gramatical trátase a formación do plural e os adverbios de cantidade. A lección foi emitida en directo o día 8 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Malia que na actualidade as dietas xa non son tan extremas coma na Inglaterra vitoriana (onde as persoas chegaban a inxerir un ovo de tenia para que medrase no seu intestino), a maior parte delas seguen a prometer resultados rápidos e milagreiros. Neste vídeo de TED (4´ 56´´) Hei Man Chan cóntanos por que non é beneficioso para o noso organismo tentar perder peso de forma rápida. Tradución ao galego de Ainhoa Pereira para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (52´´) no que a Deputación da Coruña nos convida a reflexionar sobre un fenómeno que está a poñer en risco a propia supervivencia do planeta: o cambio climático. Nestas circunstancias, a “alfabetización climática” é, segundo a ONU, unha das ferramentas principais para combater o desafío. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia, elaborada en 2022 pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso
A estas alturas ninguén descoñece que para protexer a nosa pel debemos botar crema antes de expoñernos ao sol, pero por que se queima a pel coa radiación solar se non poñemos a crema protectora? Neste vídeo divulgativo (1´ 16´´) Iria Ollero dános a resposta. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 28´´) no que se ofrece un perfil biográfico e literario da escritora galega María Mariño Carou (1907-1967), a quen a Real Academia Galega dedicou en 2007 o Día das Letras Galegas. A peza forma parte da serie audiovisual Mulleres nas Letras: de onte a hoxe, creada pola Deputación da Coruña.
Ver recurso
María Rúa (pradorua) fálanos neste vídeo divulgativo do Seminario de Estudos Galegos (SEG), no ano no que estamos a conmemorar o centenario da súa creación. En pouco máis de catro minutos (4´ 17´´) descubrirás os principais datos sobre a historia, os obxectivos e os homes e mulleres que formaron parte dun dos proxectos máis emblemáticos da cultura galega do século XX.
Ver recurso
Cando un gato con sobrepeso deixa de comer por algún motivo, o seu organismo recorre a esa graxa de reserva que ten acumulada e pona en circulación. O veterinario de familia Guillermo Campos explícanos neste vídeo divulgativo (6´ 17´´) que é a lipidose hepática e que consecuencias graves pode ter para a túa mascota.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 50´´) sobre a escritora coruñesa Francisca Herrera Garrido (1869-1950). Foi a primeira muller escollida membro de número da Real Academia Galega, malia que faleceu sen poder dar lectura ao seu discurso de ingreso. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. A peza forma parte da serie audiovisual Mulleres nas Letras: de onte a hoxe, creada pola Deputación da Coruña.
Ver recurso
Nos últimos anos o CERN foi coñecido polo público xeral, non especializado, grazas ás novas publicadas nos medios relacionadas co Gran Colisor de Hadróns, o maior acelerador de partículas da historia. Xabier Cid Vidal, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), explícanos nesta charla divulgativa (54´ 31´´) cal é a relevancia científica do CERN, o laboratorio de física de partículas máis importante do mundo. A charla tivo lugar o 11 de xuño de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
A esclerose múltiple é a enfermidade neurolóxica máis común en persoas adultas novas. Neste vídeo divulgativo (1´ 33´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia explícanos en que consiste a enfermidade, cales son os seus principais síntomas e como pode a fisioterapia contribuír á calidade de vida dos doentes.
Ver recurso
Xacobo de Toro ensínanos neste vídeo didáctico (3´ 25´´) como quitarlle o máximo proveito aos vídeos do proxecto XeoClip con imaxes aéreas en 360º. Aprenderás, entre outras cousas, a usar as marcas de posición, a abrir imaxes, a navegar por escenarios e paisaxes sonoras, ou a obter información adicional sobre o territorio, a fauna ou a flora visualizada.
Ver recurso
Vídeo didáctico (7´ 49´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica de xeito práctico como se estuda a posición relativa de dous planos en función dun parámetro “m”.
Ver recurso
Charla de TED (9´ 59´´) na que Katie Hinde, profesora de Bioloxía Evolutiva na Universidade Estatal de Arizona, nos lembra o que sabemos actualmente do leite materno, unha substancia complexa que constitúe ao mesmo tempo un alimento, unha medicina e un sinal para o bebé. Pero ademais de expoñer todas estas virtudes que a ciencia xa coñece , a profesora Hinde reivindica a necesidade de que a comunidade científica aumente o seu interese por descubrir o que aínda descoñece sobre a bioloxía da lactación, para poder contribuír á saúde dos bebés, e tamén aos dereitos da diversidade de nais que os crían de xeitos moi diferentes. Tradución ao galego de Eva Ríos para TedSaúde 2022.
Ver recurso
Charla divulgativa (15´ 06´´) na que Estíbaliz Espinosa, escritora e divulgadora científica, reivindica a necesidade de tomar perspectiva ao tratar temas de ciencia, literatura e arte. A seguir, preséntanos o proxecto “Telescopias”, centrado nas mulleres representadas cun telescopio en obras de arte, e para rematar, fálanos do sentido poético co que pensamos o mundo. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
A franxa costeira que vai desde Arteixo ata Fisterra é actualmente coñecida como Costa da Morte, unha zona de gran perigosidade para a navegación marítima. Terá isto algo que ver co seu nome? Neste vídeo divulgativo (1´ 20´´) David Ballesteros resolve a incógnita. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Décimo terceira entrega (1 h 1´ 56´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión o eixo temático é a costa galega, polo que poderás aprender léxico galego relacionado co mar, e familiarizarte coa nosa talasonimia. Tamén descubrirás como se nomean en galego as partes do día e mais as cores. No bloque gramatical preséntase o futuro de indicativo: a súa conxugación e os seus usos. A sesión foi emitida o día 5 de abril de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Malia que os membros do Seminario de Estudos Galegos eran maioritariamente homes, temos constancia documental de que algunhas mulleres (Carmen Sierra, Luisa Cuesta, Pura Lorenzana, María Corredoira, Dolores Lorenzo, Elvira Santiso, Sara Leirós...) tiveron tamén un papel destacado nas actividades científicas e culturais do SEG. Este vídeo divulgativo (3´ 17´´) é unha homenaxe a todas elas. A peza foi elaborada polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) en 2023, con motivo da celebración do centenario do SEG.
Ver recurso
Documental (12´ 01´´), emitido en 2021 en Nós Televisión, que trata a importancia histórica que tiveron as Cantigas de Santa María (unha xoia literaria, musical e pictórica da cultura europea do século XIII), así como o papel que xogou o noso idioma nas estratexias políticas de Afonso o Sabio .
Ver recurso
Na costa galega atópase a maior concentración de barcos afundidos do mundo. Este documental (36´ 43´´) permitirache coñecer, a bordo do Eureka, diferentes tesouros arqueolóxicos agochados nas profundidades da Costa da Morte, entre Fisterra e Corrubedo. Tamén descubrirás, a través de documentación histórica (mapas, cartas de navegación, xornais, debuxos, fotografías) os avatares destes barcos, transatlánticos ou buques de guerra que hoxe constitúen unha parte importante do noso patrimonio submarino. A peza foi realizada por Tex45 ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
Ver recurso
En 1750 nacía en Corme Francisco Antonio Mourelle de la Rúa, un mariño galego que se convertería nun dos descubridores máis importantes do mundo. Neste documental (46´ 42´´) faise un percorrido pola traxectoria vital e profesional do almirante Mourelle de la Rúa, que pasou á historia, entre outras cousas, por participar no século XVIII na expedición a Alaska. Despois de décadas de fazañas e descubrimentos, Mourelle de la Rúa chegou a ser un dos mariños máis veteranos da Armada Española e a súa valía como navegante foi tal que mesmo o famoso James Cook acabou usando o seu diario viaxe para as expedicións polo Pacífico. A peza está dirixida por Chema Gagino e Amalia Mato, e foi realizada realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
O Colexio San Pío X de Ourense, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, ofrécenos a dobraxe ao galego do vídeo orixinal (5´ 04´´) de "TikTak Draw" sobre Rosalía de Castro. A peza permitirache achegarte á vida e á obra da nosa escritora máis universal, figura clave do rexurdimento da literatura galega no século XIX, a quen a Real Academia Galega lle dedicou en 1963 o primeiro Día das Letras Galegas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (55´´) sobre a mestra e pedagoga Ángela Ruiz Robles (1895-1975), inventora da “enciclopedia mecánica”, un dispositivo deseñado para facilitar a aprendizaxe do alumnado a través da interacción, que está considerado na actualidade como o precursor do libro electrónico. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia, elaborada en 2022 pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso
Tamara Pazos Cordal, bióloga especializada en neurociencia e na conduta humana, fálanos nesta charla (12´ 12´´) dos aspectos bio e psicosociais que inflúen na nosa saúde. Que papel xoga na nosa saúde o noso nivel económico, o acceso que temos á tecnoloxía ou a mercadotecnia da industria alimentaria? Podemos facer algo para protexer a nosa atención e centrala no noso benestar? Tamara dános as respostas. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
Susan Frick fálanos neste charla de TED (6´ 48´´) do impacto que ten a enfermidade de alzhéimer tanto nas persoas que a padecen como nas súas familias. Baseándose na súa experiencia profesional neste campo, explícanos que un dos principais problemas que sofren estes doentes é a soidade, que algunhas veces está provocada pola propia enfermidade, pero na maioría dos casos está provocada pola comunidade social, que se afasta e deixa de interactuar con este tipo de enfermos e coas súas familias. Susan Frick convídanos a reflexionar sobre este drama e a mudar as nosas actitudes cara á xente que padece demencia. Tradución ao galego de Sofía Martínez Padrón para TedSaúde 2022.
Ver recurso
Duodécima sesión (43´ 52´´) do curso para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta ocasión terás oportunidade de familiarizarte co léxico galego relacionado coa música, e descubrir a diversidade de xéneros musicais nos que se usa o noso idioma. No bloque gramatical aprenderás como se expresa o inicio e a duración dunha acción, e como se sitúa unha acción no tempo. Tamén se explica a conxugación e mais os usos do antepretérito. A sesión foi emitida o día 30 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Charla de TED (11´ 25´´) na que o neurocirurxián Christer Mjåset nos presenta datos estatísticos que demostran o sobretratamento ao que determinados sistemas sanitarios (nomeadamente os privados) someten aos pacientes, e convida a estes últimos a colaborar cos seus médicos para poder recibir o tratamento que realmente precisan. Esta colaboración consistiría en formular catro preguntas simples cando lles propoñan unha intervención. Neste vídeo descubrirás cales son. Tradución ao galego de Alexandra Sirpis para TedSaúde 2022.
Ver recurso
María Caseiro e Juan García cóntannos neste vídeo divulgativo (4´ 39´´) cales son as necesidades tecnolóxicas do CERN (o Consello Europeo para a Investigación Nuclear), no que se refire á cantidade de datos que producen os experimentos e como iso ten que ser procesado e almacenado cos sistemas de computación dispoñibles . Esta peza resultou gañadora do V Concurso de Comunicación Científica do IGFAE, organido en 2022 polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.
Ver recurso
O 3 de xullo de 1476 o abade do mosteiro de Santa María de Montederramo reuníase co matrimonio formado por Meen Fernándes de Cristosende e María Fonso para formalizar un contrato de foro polo cal o mosteiro lle cedía ao matrimonio o dereito a gozar dun conxunto de terras situadas en San Salvador de Cristosende. Como contrapartida, o matrimonio pasaba a ser vasalo do mosteiro e a pagar unha renda anual con parte do centeo recollido nesas terras. O Arquivo Histórico Provincial de Ourense, partindo deste documento concreto que custodia nos seus fondos, explícanos neste vídeo divulgativo (2´ 53´´) a importancia que tivo na historia de Galicia o contrato agrario do foro.
Ver recurso
Documental (18´ 10´´) sobre a figura do maxistrado, escritor e intelectual galeguista Fermín Bouza Brey (Ponteareas, Pontevedra, 1901 - Santiago de Compostela, 1973), un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos en 1923. Na súa faceta literaria destacou por ser o iniciador do neotrobadorismo e a Real Academia Galega dedicoulle en 1992 o Día das Letras Galegas. Nesta peza faise especial fincapé no seu labor profesional como xuíz, un exemplo de compromiso coa realidade social e cultural galega. O documental, promovido pola Fundación Lois Peña Novo, realizouse baixo a dirección de Pío García, con guión de Clodio González e Fran Zabaleta.
Ver recurso
Charla divulgativa (1h 24´ 48´´) na que Héctor Álvarez Pol, profesor do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, nos achega á física nuclear. Explícanos, entre outras cousas, como se formaron os distintos núcleos dos átomos, cal é a diversidade de átomos e núcleos que existe na natureza, ou que mecanismos se empregan no laboratorio para poder entender a estrutura microscópica da materia. A charla tivo lugar o 28 de maio de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
O cancro e mais as enfermidades cardiovasculares son as dúas principais causas de morte no mundo e, polo tanto, constitúen un problema de saúde pública de primeira magnitude. E se estas dúas enfermidades, que en principio parecen tan diferentes desde o punto de vista biolóxico, estivesen relacionadas? E se a clave para deter o cancro estivese no corazón? O cardiólogo Nicholas Leeper explícanos nesta charla de TED (15´ 20´´) como as orixes biolóxicas do cancro e das enfermidades cardíacas poden ser as mesmas e suxire a posibilidade de crear novas terapias que permitan tratar as dúas patoloxías ao mesmo tempo. Tradución ao galego de Laura Anido para TedSaúde 2022.
Ver recurso
Volviches despois de moito tempo a unha praia e douche a impresión de que a súa forma era diferente a como a lembrabas? Ao mellor non foi só unha sensación. David Ballesteros trasládase ata un areal da Costa da Morte para explicarnos neste vídeo divulgativo (1´ 33´´) que as praias son sistemas dinámicos nos que a xeometría da area cambia constantemente. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
A bióloga computacional Sara-Jane Dunn fálanos nesta charla de TED (14´ 47´´) da nova revolución tecnolóxica que vai acontecer na primeira metade do século XXI: a revolución do "software vivente", baseada na capacidade de programar a bioquímica nun material chamado bioloxía. Explícanos como o seu equipo está estudando as células nai embrionarias para comprender mellor os fundamentos biolóxicos que permiten a vida e desenvolver este "software vivente" que podería cambiar a medicina, a agricultura e a enerxía. Tradución ao galego de Carlos Calo Romeu para TedSaúde 2022.
Ver recurso
Nova sesión (58´ 49´´) do curso de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Igual ca na sesión anterior, o eixo temático xira arredor da historia da literatura galega, centrándose nesta ocasión no período que vai entre o século XIX ata a actualidade. No bloque de contidos ortográficos e gramaticais trátase a acentuación diacrítica e os numerais ordinais. A sesión foi emitida o día 25 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (55´´) sobre o matemático francés Évariste Gallois, un dos científicos homenaxeados no Día da Ciencia en Galego do ano 2022. A teoría de Galois é unha das bases matemáticas de sistemas usados en telecomunicacións, como a navegación por satélite ou o GPS. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia, elaborada en 2022 pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso
Laura Veiga, divulgadora sobre saúde menstrual e sexual, fálanos neste vídeo divulgativo (10´ 12´´) de como os movementos feministas mudaron a ciencia xinecolóxica, expoñendo a modo de exemplo os logros acadados polo movemento feminista "Os nosos corpos, as nosas vidas", xurdido nos Estados Unidos en 1969. Tamén nos explica na súa charla que é a "ignorancia construída", e cales foron as consecuencias para a educación sexual das mulleres deste tipo de ignorancia. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
A igrexa foi a gran propietaria da terra en Galicia desde comezos da Idade Media ata as desamortizacións do século XIX, e o foro (un contrato agrario de cesión de terra) foi o modo de organización e distribución da produción agraria. Neste segundo capítulo (26´ 09´´) da serie Historias de Galicia (TVG) faise un repaso pola historia dos foros, polo proceso de desamortización de finais de XIX, polas iniciativas modernizadoras da agricultura que abrollaron a comezos do século XX e polo nacemento do agrarismo como movemento social que demandaba a racionalización da propiedade e produción agrícola.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 33´´) no que se fai un percorrido pola vida e obra do autor do himno galego, Eduardo Pondal, que xunto con Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, está considerado como un dos referentes do rexurdimento da literatura galega do século XIX.
Ver recurso
Martín García Gallego, alumno de 2º da ESO, fálanos neste breve vídeo didáctico (32´´) dun instrumento de laboratorio: a probeta. A peza forma parte do proxecto educativo “Medio minuto de ciencia en galego”, promovido polo ENDL do IES Milladoiro (Ames).
Ver recurso
Documental de carácter didáctico (55´ 47´´) sobre a dobraxe en galego, no que diferentes profesionais (do eido audiovisual, da tradución ou da lingüística) reflexionan sobre o papel que xogou a dobraxe de películas e series de televisión en Galicia no proceso de normalización do idioma galego. A peza está elaborada por Nordesía Producións ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
No ano no que se conmemora o centenario do Seminario de Estudos Galegos (1923-2023), o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) quere darlle visibilidade nesta peza divulgativa (2´ 24´´) ao importante labor das "pioneiras", un numeroso grupo de usuarias e mecenas da súa biblioteca que, xunto ás doce socias activas, contribuíron de xeito decisivo ao coñecemento cultural e científico.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (55´´) sobre o científico ferrolán Víctor López Seoane (1832-1900), internacionalmente recoñecido nos campos da entomoloxía, a ornitoloxía, a herpetoloxía e a flora galegas. O seu lugar de residencia foi o pazo Torres do Allo, que actualmente acolle o Centro de Información e Recursos Patrimoniais da Costa da Morte. Esta peza forma parte da serie de divulgación científica As palabras da ciencia, elaborada en 2022 pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 59´´) no que Félix Longueira Fafián, licenciado en Historia da Arte e profesor no ensino secundario, lle ensina ao seu alumnado como se fai unha fotobiografía. Como mostra, el mesmo amosa nesta peza a fotobiografía de Artemisia Gentileschi (Roma, 1597 - Nápoles, 1654), pintora barroca da primeira metade do século XVII.
Ver recurso
O abuso emocional aumenta as posibilidades dunha persoa de chegar a desenvolver depresión ou ansiedade, pero este tipo de abuso pode chegar a ser tan sutil e difícil de detectar que moita xente chega a dubidar da percepción do seu propio maltrato. Neste vídeo de TED (4´ 36´´) Viann Nguyen-Feng fálanos de catro sinais que nos poden axudar a detectar condutas de abuso emocional na vida real. Tradución ao galego de María Herrero Prado para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 51´´), dirixido a alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato, no que se fai un breve percorrido pola vida e obra do poeta Manuel Curros Enríquez, que xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal, está considerado como un dos referentes do rexurdimento da literatura galega do século XIX.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 52´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, no que se presentan os contidos e puntos esenciais para a elaboración dunha composición de texto histórico sobre a reforma agraria liberal levada a cabo no XIX. En concreto, trátase o tema da transformación do réxime da propiedade da terra nos procesos desamortizadores e analízanse os seus efectos.
Ver recurso
Charla divulgativa (1h 11´ 23´´) na que Ana Garbayo Peón, investigadora predoutoral do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), nos presenta as catro interaccións fundamentais que son quen de gobernar os obxectos do Universo, desde os máis grandes ata os máis pequenos. Na súa explicación céntrase concretamente na interacción gravitatoria, a forza que nos mantén pegados ao chan, pero que tamén permite a existencia da atmosfera, do sistema solar e das galaxias. A charla tivo lugar o 21 de maio de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Décima entrega (57´ 44´´) do curso de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura, na que se fai un breve percorrido pola historia da literatura galega. No bloque de contidos gramaticais preséntase o indefinido e a conxugación e usos do copretérito. Así mesmo, tamén aprenderás cales son as principais conxuncións que usamos en galego para expresar coordinación. A sesión foi emitida o día 22 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Que pasaría se, mesmo poñendo nós cara de póker, as máquinas puidesen saber o que estamos a sentir? A neurocientífica Poppy Crum explícanos nesta charla de TED (12´ 42´´) que ese futuro está moi preto e non debe darnos medo. Partindo do coñecemento previo que xa temos sobre como os humanos expresamos as emocións, a "tecnoloxía empática" será quen de interpretar indicacións físicas (como a temperatura corporal ou a composición química da nosa respiración, por citar algúns exemplos) para informar do noso estado emocional. Podes imaxinar cantas aplicacións podería ter esta tecnoloxía? Descubriralo neste vídeo. Tradución ao galego de Penny Martínez para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Cantas veces oíches que se vas á praia despois de comer debes agardar dúas horas antes de meterte na auga para que non se corte a dixestión? Neste vídeo divulgativo (1´ 03´´) descubrirás que o que debes evitar non é o suposto "corte de dixestión", senón o choque térmico. A solución é tan doada como non chumbarse de golpe. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso

Vídeo (8´ 20´´) de carácter didáctico que fala do impacto medioambiental que supón a actual sociedade de consumo, a obsolescencia programada e o incremento constante da produción de lixo. Ofrécense diferentes consellos para colaborar co medio ambiente, baseados en tres claves: reducir (consumir de xeito responsable), reutilizar (darlle unha segunda vida aos produtos que mercamos) e reciclar (transformar os residuos en novos produtos). Para rematar, achéganse instrucións para separar correctamente nos colectores do lixo.

Ver recurso

Reportaxe (21´ 31´´), con guión de Pedro de Llano, onde se nos fala dos asentamentos costeiros e das diferentes solucións arquitectónicas empregadas na franxa litoral galega, ideadas en función das condicións climatolóxicas ou das  características litolóxicas da zona. Trátase do cuarto capítulo dunha serie de cinco vídeos sobre a arquitectura popular en Galicia deseñados para o alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Ver recurso

Reportaxe (22´ 34´´), con guión de Pedro de Llano, onde se explican os usos e características arquitectónicas de diferentes construcións vinculadas á economía agrícola e gandeira, como poden ser as casas vivenda, as cortes, os fornos, os hórreos, os muíños ou as adegas. Trátase do terceiro capítulo dunha serie de cinco vídeos sobre a arquitectura popular en Galicia deseñados para o alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Ver recurso
A falta de sono inflúe na nosa saúde e avelléntanos unha década en termos de benestar. Nesa charla de TED (19´ 18´´) Matt Walker, profesor de neurociencia e psicoloxía, explícanos cal é o impacto do sono na nosa aprendizaxe, memoria, sistema inmunolóxico e mesmo no noso código xenético; alértanos sobre os efectos negativos que ten para o noso corpo e cerebro non durmir o suficiente e dános algúns consellos para poder conciliar o sono. Tradución ao galego de Marta Garrido Novelle para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Se a música é a túa paixón, independentemente do teu talento, este vídeo didáctico (2´ 02´´) interésache. O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia ofréceche unha serie de recomendacións e consellos para que a túa paixón non remate en lesión, indicándoche a que partes do corpo lles debes prestar máis atención segundo o tipo de instrumento que toques.
Ver recurso
Noemí Díaz e Xacobo de Toro, docentes de Bioloxía e Xeoloxía no ensino medio, fálannos neste vídeo didáctico (12´ 44´´) das plantas ximnospermas. Desde o parque de Rosalía de Castro en Lugo amósannos as características dos distintos grupos de ximnospermas e ensínannos a recoñecer as especies máis características, como son o xinkgo, o piñeiro, o alcipreste ou o teixo, entre outras.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 09´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica de xeito práctico como se resolve o seguinte exercicio de xeometría: "Calcula a ecuación da recta que pasa polo punto P (2, -1, 3) e é perpendicular ao plano XZ".
Ver recurso
Vídeo divulgativo (14´ 47´´) no que a bióloga Joana Magalhães nos fala do que ela chama as "tecedeiras de duplas hélices", mulleres que se achegaron á bioloxía desde diferentes campos artísticos para desenvolver as súas creacións, demostrando que a arte pode ser tamén un fonte válida de coñecemento científico. Concretamente, na súa charla fálanos da obra das artistas Marta de Menezes, Kathy High, Ionat Zurr e Jennifer Willet, cuxas obras influíron de xeito decisivo no traballo que a propia Joana desenvolve como científica. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
Sabías que as estrelas se poden clasificar segundo a súa cor e tamaño? Nesta charla divulgativa (35´ 52´´) Martin Pawley, membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, fálanos dos diferentes tipos de estrelas que existen no Universo, centrándose nas características dunha delas en concreto: o Sol, a estrela que constitúe o centro do noso sistema planetario. Esta charla divulgativa, dirixida a alumnado de 1º da ESO, tivo lugar o 19 de xuño de 2018 no IES Eduardo Blanco Amor (Ourense).
Ver recurso
Cada praia ten as súas características específicas e mesmo poderiamos dicir que o seu "propio ADN". Unhas teñen areas máis grosas, outras máis finas, nunhas predominan as cunchas, noutras non... Pero preguntácheste algunha vez de onde sae a area das praias? David Ballesteros explícanos neste breve vídeo divulgativo (1´ 04´´) como se crean os depósitos sedimentarios costeiros. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
O microbiólogo computacional Dan Knights fálanos nesta charla de TED (9´ 56´´) dos arredor de cen billóns de microbios que viven no interior do noso intestino, protexéndonos de infeccións, axudándonos a facer a dixestión e regulando o noso sistema inmune. Tamén descubrirás como a adaptación aos ritmos de vida das sociedades modernas modifican os microbiomas das persoas, afectando a súa saúde. Tradución ao galego de Marta Garrido Novelle para #TEDSaúde 2021.
Ver recurso
Saberías calcular cantos parafusos hai enriba dun palé de xeito rápido e sen ter que contalos un a un? Neste vídeo didáctico (44´´) Zoe Alonso Castro e Alicia Abelenda Pazos, alumnas de 2º da ESO, explícanche como se fai. Esta peza forma parte do proxecto educativo “Medio minuto de ciencia en galego”, promovido polo ENDL do IES Milladoiro (Ames).
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 40´´) centrado no eucalipto, unha especie exótica que, malia ser foco de todas as polémicas, ten actualmente un peso decisivo no noso sector agroforestal. Manuel Marey, catedrático na área de Proxectos de Enxeñaría da USC, cóntanos como chegou esta árbore a Galicia desde o sur de Australia e con que obxectivos se introduciu, ao tempo que matiza algunhas crenzas moi asentadas socialmente, como o seu papel decisivo na propagación dos incendios ou na desertización dos solos. A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (52´ 48´´) coa novena lección do curso de lingua e cultura galegas, impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión coñecerás o léxico galego relacionado co tempo atmosférico e aprenderás a falar do clima. No bloque de contidos ortográficos e gramaticais trátase o tema da acentuación. A sesión foi emitida o día 18 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Documental (25´ 38´´) sobre a vida e a obra do escritor e xornalista galego Manuel Lugrís Freire (Sada, 1863 – A Coruña, 1940). Precursor na promoción e defensa do idioma galego (autor da primeira gramática escrita en lingua galega e do primeiro discurso político pronunciado en galego), participou activamente en diferentes institucións culturais e lingüísticas, como poden ser as Irmandades da Fala, a Real Academia Galega (da que foi membro fundador e mais presidente) ou o Seminario de Estudos Galegos, no que ingresou en 1923 cun discurso sobre Pondal. Documental realizado por GallaeciaFilmes, do EDLG do IES Isaac Díaz Pardo de Sada, en coprodución coa Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e Genetic Films.
Ver recurso

Vídeo didáctico (3´ 15´´) que amosa imaxes aéreas obtidas cun dron, durante os meses de outubro a decembro de 2019, no tramo costeiro comprendido dentro do proxecto Xeoparque do Cabo Ortegal. Nese percorrido duns 7 quilómetros podes divisar diferentes formas e estruturas propias das paisaxes litorais de cantís, onde son habituais arcos, farallóns, praias, plataformas litorais, coídos, cons, derrubamentos e movementos de ladeira. As imaxes foron gravadas para a elaboración das leccións do proxecto XeoClip, da sección de paisaxe e xeomorfoloxía. O proxecto XeoClip 2019 está integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 29´´) que amosa imaxes aéreas obtidas cun dron, durante os meses de outubro a decembro de 2019, sobre os cantís de Cabo Ortegal e da Serra da Capelada. Poderás divisar o cantil máis alto de Europa continental (Vixía de Herbeira), aguillóns, farallóns, rochas básicas e ultrabásicas, coídos e movementos de ladeira. As imaxes foron gravadas para a elaboración das leccións do proxecto XeoClip, da sección de paisaxe e xeomorfoloxía. O proxecto XeoClip 2019 está integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso
Vídeo didáctico (13´ 38´´) no que Xurxo Mariño, biólogo e membro do grupo de investigación NEUROcom da UDC, nos fala do "dilema obstétrico", unha teoría que mantén que, a diferenza doutros seres vivos, os bebés humanos nacen co encéfalo pouco desenvolvido e, polo tanto, a última parte da súa maduración teñen que realizala fóra do útero materno. Como se converteu esta condición de vulnerabilidade nunha gran vantaxe, desde o punto de vista evolutivo, para o ser humano? Xurxo Mariño dános a resposta. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
Seguramente todos e todas identificamos a dor como algo negativo, pero realmente é un servizo rápido de alerta que protexe o noso corpo da contorna que nos rodea e de nós mesmos. George Zaidan explícanos neste vídeo de TED (4´ 13´´) cales son as bases fisiolóxicas que explican como experimentamos a dor os humanos e tamén nos fala do funcionamento dos analxésicos como a aspirina ou o ibuprofeno, medicamentos que se inventaron para bloquear ou paliar ese malestar. Tradución ao galego de Daniel López para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Cibrán Santamarina, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), fálanos nesta charla divulgativa (1h 32´ 19´´) das orixes da materia e explícanos como se investigan no CERN partículas como o bosón de Higgs. Esta conferencia tivo lugar o 7 de maio de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo didáctico (11´ 37´´) no que Fran Cañotas viaxa ao concello ourensán de Vilariño de Conso para falarnos de "toponimia asolagada", como é a relacionada con Veigas de Camba, unha aldea que existiu ata que foi anegada en 1974 polo encoro das Portas. Descubrirás como a través da tradición oral e da memoria popular se puido reconstruír un patrimonio toponímico que agora os descendentes dos antigos habitantes da aldea loitan por rescatar do esquecemento. A peza, escrita e dirixida por Xosé Antón Moure, pertence á serie Os nomes da nosa terra, producida ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021 e realizada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.
Ver recurso
Os aparellos tecnolóxicos facilítannos a vida pero un uso abusivo pode ser prexudicial para a nosa saúde (insomnio, dor de cabeza, falta de apetito...). Neste vídeo divulgativo (4´) Ana López, profesora da Facultade Psicoloxía da Universidade de Santiago, explícanos en que consiste o tecnoestrés (o estrés provocado polo uso de ferramentas dixitais) e cales poden ser as súas causas, ao tempo que nos dá algúns consellos para evitar este problema. A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 37´´) no que Ana Isabel García Arias e María Amparo Ferreira Golpe, investigadoras do grupo ECOAGRASOC da USC, nos explican como chegou a Vespa velutina (de procedencia asiática) a Europa e por que a súa presenza se considera unha ameaza para os ecosistemas europeos, centrándose especialmente no grande impacto económico que a praga desta avespa asiática ten no sector da apicultura.
Ver recurso
Arredor do 10 % da poboación mundial sufrirá un trastorno da alimentación nalgún momento da súa vida, pero as noticias enganosas que circulan nos medios e as ideas preconcibidas que moitas persoas teñen sobre estes trastornos dificultan o seu tratamento. Neste vídeo de TED (4´ 39´´) Anees Bahji separa o gran da palla e explícanos que cousas son verdade e cales non o son, en relación aos trastornos da alimentación. Tradución ao galego de Lucía Villaverde Rey para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (42´ 08´´) coa oitava lección do curso de lingua e cultura galegas, impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta nova entrega aprenderás o léxico galego relacionado co teatro, o nome dos días da semana e mais os meses, e as expresións que se empregan para preguntar ou dicir a hora, e para indicar frecuencia. No bloque gramatical descubrirás como se conxuga o futuro de indicativo. Material didáctico complementario.
Ver recurso
A cooperativa Suseia fálanos neste vídeo divulgativo (9´ 59´´) dos deportes de contacto, que nos axudan a mellorar os reflexos, a fortalecer os músculos e a potenciar o equilibrio, optimizando deste xeito as nosas capacidades para a defensa persoal. En concreto, descubrirás cales son as principais características de deportes como o kickboxing, o boxeo ou o rugby. A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022, para ofrecerlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e difundir terminoloxía relacionada co ámbito deportivo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 06´´) no que se amosan as diferentes fases do proceso de restauración da Carta geométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845), desenvolvido no obradoiro de restauración do Arquivo do Reino de Galicia.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (6´ 48´´) que che axudará a entender, a través dunha entretida animación, como responde o teu sistema inmunitario ante unha infección bacteriana. Descubrirás que papel xoga neste complexo proceso de defensa cada compoñente do sistema, como poden ser os macrófagos, os neutrófilos, as células dendríticas, os linfocitos T, os linfocitos B, os anticorpos ou as células de memoria.
Ver recurso
Por que somos quen de lembrar algunhas cousas con total precisión e en cambio non conseguimos lembrar outras? Por que os recordos acaban por desaparecer? Neste vídeo de TED (4´ 19´´) Catharine Young explícanos como se forman os recordos, como se almacenan na memoria e cales son os factores que inflúen na súa perda. Tamén ofrece varias recomendacións que poden axudar ao noso cerebro a manter a memoria intacta. Tradución ao galego de Daniel López para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (56´´) difundido pola Área de Cultura Científica da UVigo, no que Ana Ulla nos fala de como os avances tecnolóxicos empregados no eido da astrofísica acaban redundando no beneficio de toda a sociedade, poñendo como exemplo a tecnoloxía CCD. Esta peza complementa un vídeo anterior no que a mesma Ana Ulla nos explica que é a astrofísica e cal é o seu ámbito de estudo.
Ver recurso
Xa viches o resumo no que o profesor Germán Santos explica a teoría da deriva continental proposta por Alfred Wegener? Se é así, recomendámosche que consultes este segundo vídeo (3´ 23´´), tamén dirixido a alumnado de 1º de bacharelato, no que descubrirás como, partindo dos grandes acertos de A. Wegener e corrixindo algúns dos seus erros, se evolucionou ata a actual teoría da tectónica de placas.
Ver recurso
Moito antes de que a tecnoloxía puxese ao noso dispor avanzadas ferramentas de predición meteorolóxica, os nosos antepasados observaban a natureza para tentar adiviñar o tempo e así poder tomar decisións sobre as tarefas agrícolas ou pesqueiras. As súas observacións chegaron a nós a través da tradición oral, en forma de ditos ou refráns, pero teñen algún rigor científico? Neste vídeo divulgativo (4´ 33´´) Damián Ínsua, investigador da Facultade de Física da USC, explícanos que as observacións relacionadas co vento e as borrascas asociadas manteñen a súa vixencia desde o punto de vista científico. Pola contra, advírtenos de que guiarse pola observación da lúa, pola situación atmosférica en días ou períodos concretos, ou mesmo por dores das articulacións para facer prognósticos ou anticipar cambios de tempo, carece de rigor desde o punto de vista matemático e físico. A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Sabías que o primeiro transplante de útero en España se realizou en 2020? Neste breve vídeo (51´´) Laura Veiga, divulgadora científica sobre educación menstrual, explícanos en que consiste a síndrome de Rokitansky, un trastorno conxénito que afecta a 1 de cada 5.000 persoas en todo o mundo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 08´´) no que o odontólogo Simón Pardiñas nos explica que en moitas ocasións as falsas expectativas poden supor un problema na relación entre o dentista e o paciente. É por isto que o doutor Pardiñas reivindica a importancia de que o odontólogo transmita sempre de xeito realista que se pode esperar do tratamento dental e, ao mesmo tempo, tamén lle recomenda ao paciente que contraste sempre cun profesional médico as noticias enganosas que proliferan nas redes sociais, evitando botar man de remedios caseiros que poidan poñer en perigo a súa saúde dental.
Ver recurso
Vídeo didáctico (13´ 28´´) no que Fran Cañotas se traslada a Penarrubia, no municipio lugués de Baralla, para falarnos dos oicónimos, os nomes empregados para nomear as casas ("Casa do Costureiro", "Casa de Lopo", "Casa Mufín"...). Estes nomes, que incorporaban a miúdo a profesión, o apelido ou alcume do/a propietario/a orixinal, conserváronse na tradición ao longo dos séculos en moitos lugares de Galicia, ata o punto de seguiren usándose a día de hoxe para identificar aos seus actuais moradores. Tamén descubrirás que antes de 1975 o actual concello de Baralla se chamaba Neira de Suxá. Vicente Feijoo, coordinador do proxecto Galicia Nomeada, explícanos o significado de ambos os dous topónimos. A peza, escrita e dirixida por Xosé Antón Moure, pertence á serie Os nomes da nosa terra, producida ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021 e realizada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.
Ver recurso
Preguntácheste algunha vez como conseguen aboiar os barcos, malia teren o casco de metal? A resposta está na física e David Ballesteros explícanola en pouco máis dun minuto neste vídeo (1´ 03´´). A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (48´ 36´´) coa sétima lección do curso de lingua e cultura galegas, impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión terás ocasión de familiarizarte co léxico galego relacionado coa alimentación e os utensilios da cociña. No bloque gramatical tamén aprenderás, entre outras cousas, a expresar os procesos en forma impersoal co pronome "se", a empregar os conectores para relacionar contidos, a falar de habilidades ou a conxugar o pretérito de indicativo. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Vídeo de TED (3´ 50´´) no que George Zaidan nos fala da relación que existe entre o proceso biolóxico da "división celular" e o cancro. Concretamente, explícanos como as mutacións que se producen durante este proceso de división celular orixinan a proliferación sen control de células canceríxenas, e como esta mesma división descontrolada das células se acaba convertendo no principal punto débil do cancro. Tradución ao galego de Gisela Camolesi para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (7´ 08´´) no que se presentan as principais características e a terminoloxía relacionada con estes tres deportes urbanos: o surf, deporte co que poderás gozar da praia en calquera época do ano; a monopatinaxe, actividade na que aprenderás a facer acrobacias enriba dun monopatín; e o ciclocrós, modalidade de ciclismo na que conseguirás sortear obstáculos enriba de dúas rodas. A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada pola cooperativa Suseia ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022, para ofrecerlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e difundir terminoloxía relacionada co ámbito deportivo.
Ver recurso
O laboratorio de Ciclo Celular e Oncoloxía (Ciclon) do CiMUS estuda os mecanismos celulares e moleculares da transformación tumoral e aplica o seu coñecemento ao descubrimento e validación de novas terapias contra o cancro. Neste vídeo divulgativo (8´ 07´´) o investigador Anxo Vidal cóntanos como se realiza o traballo de investigación neste laboratorio. Esta charla retransmitiuse en directo o 28 de novembro de 2020 no marco da xornada virtual Ciencia Singular 2020, organizada pola USC.
Ver recurso
Se xa tiveches a ocasión de ver e escoitar a lección sobre especies invasoras, agora os profesores Xacobo de Toro e Noemí Díaz convídante a facer con eles unha práctica de campo virtual en vídeo 360º (7´) para aprender a identificar plantas invasoras e mais cantos de aves autóctonas. Na práctica empréganse as seguintes ferramentas: -Guía visual de plantas invasoras -Guía visual e sonora de identificación de aves -Aplicación plantnet -Aplicación Merlin Bird -Aplicación Birdnet
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 17´´) no que descubrirás cales son as principais características do deporte máis antigo do mundo, o atletismo, que pode practicarse en tres modalidades: carreiras, lanzamentos e saltos. Tamén poderás familiarizarte co seu léxico propio: foxo, pértega, adestrador, xavelina... A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada pola cooperativa Suseia ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022 para ofrecerlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e difundir terminoloxía relacionada co ámbito deportivo.
Ver recurso
A comunidade científica sabe hai xa máis de cen anos que determinados virus son quen de causar cancro. Concretamente, a día de hoxe están identificados sete virus oncóxenos, é dicir, capaces de promover certos tipos de cancro. Neste vídeo divulgativo (8´ 10´´) Paula Otero Sánchez, estudante predoutoral no CiMUS da Universidade de Santiago de Compostela, fálanos desta relación que hai entre o cancro e os virus, e como este últimos se poden previr grazas ás vacinas. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 21´´) no que se explica de xeito breve que é a carreira aeoróbica e cales son as principais cuestións que debes ter en conta para evitar lesións e para acadar unha técnica de carreira eficiente. A peza forma parte da serie Sempre activos, é saúde, elaborada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para concienciar á poboación xeral dos beneficios do exercicio físico para a nosa calidade de vida.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 20´´) o equipo da profesora María José Alonso, do CiMUS-Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, fálanos de novidosas estratexias para a vehiculización de fármacos contra o cancro. Concretamente, explícanos como grazas á nanotecnoloxía se están a desenvolver novos tratamentos contra o cancro baseados na medicina personalizada, que xa deron resultados positivos en estudos en vivo con animais en modelos de cancro de pulmón, de páncreas e de colon (tres dos tumores con maior incidencia na poboación).
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 06´´) que che permitirá achegarte a dous deportes pouco coñecidos: os birlos celtas e a esgrima histórica. Descubrirás cal é a súa historia e características, e se cómpre algún tipo de requisito especial para practicar estes deportes tan orixinais. A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada pola cooperativa Suseia ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (6´ 37´´) pertencente á serie audiovisual Adestra a túa lingua, realizada co obxectivo de ofrecerlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e difundir terminoloxía relacionada co ámbito deportivo. Nesta peza en concreto fálannos dun deporte olímpico: o remo, e explícannos cales son as tres modalidades que teñen máis tradición nas nosas rías, segundo a embarcación empregada para a súa práctica (traiñeira, canoa e piragua ou caiac). A serie Adestra a túa lingua foi realizada pola cooperativa Suseia ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
O Museo Etnolóxico de Ribadavia custodia nos seus fondos sete láminas con estampas do proxecto de promoción turística “Visite Galicia”, realizado por Ksado en 1929. Neste vídeo divulgativo (3´ 36´´ ) descubrirás en que consistiu esta iniciativa, así coma os principais datos biográficos do seu autor, entre cuxos méritos profesionais destaca o de ter sido o creador do arquivo gráfico do Seminario de Estudos Galegos.
Ver recurso
Breve perfil biográfico (1´ 10´´) do científico Isidro Parga Pondal (Laxe, 1900 – A Coruña, 1986), emitido en 2018 na Televisión de Galicia. Parga Pondal está considerado o pai da xeoloxía galega moderna, nomeadamente tras a publicación do “Mapa xeolóxico de Galicia”. Profesor da USC desde 1923, uns anos máis tarde, en outubro de 1926, le o seu discurso de ingreso no Seminario de Estudos Galegos , institución da que chegaría ser un dos seus principais activos, promovendo os estudos no eido das ciencias experimentais.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (10´ 23´´), pertencente á serie Os nomes da nosa terra, realizado co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico. Nesta ocasión terás a oportunidade de afondar, da man de Fran Cañotas, na orixe e significado dalgúns nomes de rúas e prazas da cidade de Compostela, e incluso descubrirás que o significado do propio nome da cidade non ten nada que ver cun campo de estrelas, coma a maioría da xente pensa. A peza, escrita e dirixida por Xosé Antón Moure, foi producida ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (15´) no que Olalla López, profesora da área de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, nos amosa como pode reconstruírse o estilo de vida da antigüidade a partir do estudo de restos humanos. Na súa charla pon o foco na importancia de incorporar a perspectiva das mulleres na investigación arqueolóxica (un mundo historicamente dominado por homes). A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
Vídeo didáctico (10´ 23´´) que contén a segunda parte dunha lección na que o profesor Anxo Fernández explica como se calculan as razóns trigonométricas dun ángulo calquera nunha circunferencia goniométrica (de radio 1). A lección está dirixida ao alumnado de 4º da ESO que está cursando a materia de matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas. Primeira parte da lección: -Razóns trigonométricas dun ángulo calquera (I)
Ver recurso
Ao longo da historia desenvolvéronse diferentes técnicas ou métodos para tratar de resolver un problema que sofre, de xeito activo ou pasivo, boa parte da poboación: os ronquidos. Pero os ronquidos non son simplemente ruídos molestos, senón que poden ser sinais de que algo máis perigoso está a acontecer no organismo de quen os emite. Neste vídeo de TED (4´ 39´´) Alayna Vaughan explícanos por que ronca tan forte algunha xente, que é a apnea obstrutiva do sono e que consecuencias pode ter este trastorno. Tradución ao galego de Daniel López para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 30´´), dirixido a alumnado de 1º de bacharelato, sobre a teoría da deriva continental, proposta polo meteorólogo Alfred Wegener (1880-1930). O profesor Germán Santos axudarache a entender como explicou este científico alemán a orixe e creación dos actuais continentes.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´) no que Iria Ollero nos ofrece a explicación científica do fenómeno luminoso coñecido como "mar de ardora" ou "ardentía", que fai que a superficie da auga mariña brille pola noite. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (12´ 32´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que Félix Longueira Fafián, licenciado en Historia da Arte e profesor no ensino secundario, amosa como se realiza o comentario dunha obra de arte ou da traxectoria dun pintor/a. No seu exemplo práctico comenta a obra e a traxectoria artística da pintora galega Maruja Mallo (Viveiro, 1902 - Madrid, 1995), unha das máximas representantes do surrealismo en España.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1 h 13´ 47´´) coa sexta lección do curso de lingua e cultura galegas, impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta sesión aprenderás o léxico galego relacionado co audiovisual, un ámbito de especial relevancia cultural en Galicia. No bloque gramatical trátanse os seguintes contidos: o pronome persoal; as contraccións dos pronomes e as proposicións; aprender a facer recomendacións; expresar gustos ou opinións sobre algo. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Estás pensando en dedicarte profesionalmente ao deporte? Se é así, debes saber que antes de chegar a ser un deportista de éxito cómpren moitas horas de disciplina e adestramento. Neste vídeo divulgativo (8´ 02´´) fálannos de dous dos deportes máis populares socialmente: o fútbol e o baloncesto, así como dos clubs galegos que temos en primeira división. A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada pola cooperativa Suseia ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022, para ofrecerlle á mocidade información sobre o deporte, derrubar mitos sexistas e difundir terminoloxía relacionada co ámbito deportivo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (8´ 39´´), dirixido por Antón Varela e locutado por Lucía Aldao, centrado no fútbol masculino en Galicia nos anos vinte do século pasado. Foron os anos nos que o fútbol masculino galego se profesionaliza, se crea a primeira selección galega e xorden equipos coma o Racing de Ferrol ou o Celta de Vigo, e tamén a rivalidade entre este e o Deportivo da Coruña. Nestes anos tamén se crea a primeira selección galega. Nesta década o fútbol feminino tamén xoga os seus primeiros partidos, e nacen iniciativas pioneiras como o Irene FC da Coruña.
Ver recurso
Vídeo (1´ 16´´) elaborado por Xabier Villarrenaga, profesor de ensino medio, como complemento didáctico da materia de Educación Física. Nel explícase en que consisten as catro fases do quecemento deportivo: mobilidade articular, activación, ritmo e estiramentos.
Ver recurso
Normalmente os atletas estiran antes de facer exercicio para evitar lesións, como as distensións ou as esgazaduras musculares, pero moitos destes estiramentos só teñen un efecto temporal. Malachy McHugh, especialista en medicina deportiva, explícanos neste vídeo de TED (5´ 02´´) como lles afectan os estiramentos aos nosos músculos e como se pode mellorar a súa elasticidade de xeito permanente. A tradución ao galego é de Lucía Campillo Rey e foi elaborada para o certame TEDSaúde 2023, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Seguramente escoitaches algunha vez afirmacións sen base científica relacionadas co deporte, como por exemplo, que correr é contraproducente porque provoca desgaste da cartilaxe dos xeonllos e diminúe a altura dos discos vertebrais. Neste vídeo divulgativo (1´ 59´´) o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia desmonta algúns mitos relacionados co exercicio físico.
Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 17´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que se ofrecen as indicacións prácticas precisas para facer un experimento do Club de Ciencia. En concreto, descubrirás como podes facer plástico biodegradable a partir dos seguintes ingredientes: maicena, vinagre e auga. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO.

Ver recurso
Vídeo de TED (13' 02'') no que a neurocientífica Wendy Suzuki lanza unha pregunta: «Que é o máis transformador que podes facer hoxe polo teu cerebro?» A resposta é «Exercicio!». Atoparás toda a motivación que precisas para ir ao ximnasio pois, segundo a ciencia, facer exercicio mellora o humor e a memoria, ademais de protexer o cerebro contra enfermidades neurodexenerativas coma o alzhéimer. Tradución ao galego de Alejandra Pazos para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
Despois de facer un exercicio intenso e prolongado acostuma a aparecer unha dor nalgunhas partes do corpo que denominamos “maniotas”. Rosaura Leis, profesora e investigadora en Nutrición na USC, explícanos neste vídeo (4´ 41´´) cal é realmente a orixe das maniotas e por que carece de rigor científico pensar que a auga con azucre pode axudar a diminuír esta dor. A peza, elaborada por María Piñeiro e Miguel Sardo, forma parte da serie #DesmontadoMitos de GCiencia.
Ver recurso
Jusús Castro preséntanos neste breve vídeo divulgativo (1´ 09´´) as dúas vertentes (a competitiva e a de lecer) da oferta deportiva do Servizo de Deportes do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, en Lugo.
Ver recurso
Historicamente, todas as comarcas de Galicia tiñan o seu folón ou batán, que deixaron a súa pegada na toponimia. Neste vídeo didáctico (1´ 31´´), difundido no marco do proxecto Galicia Nomeada, descubrirás cal é a orixe e o significado de topónimos como Folón, Foloña ou Batán.
Ver recurso
Que fumar é un hábito nocivo ninguén o descoñece hoxe en día, pero como lle afecta realmente o tabaco á nosa saúde? O cardiólogo Krishna Sudhir explícanos neste vídeo de TED (5´ 20´´) que lle acontece ao noso organismo mentres fumamos e que beneficios experimentamos cando deixamos definitivamente o tabaco. Tradución ao galego de Gisela Camolesi para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Todos oímos moitas veces que "o cero á esquerda non vale nada", pero parámonos a reflexionar sobre o motivo? Neste vídeo divulgativo (13´ 09´´) Elena Vázquez Abal, profesora do Departamento de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, partindo dun divertido truco de maxia, axúdanos a entender como funciona o noso "sistema de numeración decimal posicional", onde a posición do número é a que determina realmente o seu valor. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
Vídeo didáctico (23´ 44´´) que contén a primeira parte dunha lección na que o profesor Anxo Fernández explica como se calculan as razóns trigonométricas dun ángulo calquera nunha circunferencia goniométrica (de radio 1). A lección está dirixida ao alumnado de 4º da ESO que está cursando a materia de matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas.
Ver recurso
Charla divulgativa (32´ 15´´) na que María Losada Cuquejo, bióloga e investigadora do grupo EcoPast da USC, nos explica como o abandono da agricultura tradicional e as mudanzas na xestión do monte galego foron factores determinantes na perda da biodiversidade en Galicia. Esta charla tivo lugar en Pontevedra o 28 de novembro de 2020, no marco das IV Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Ver recurso
Vídeo didáctico (56´ 11´´) coa quinta lección do curso de lingua e cultura galegas, impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta nova entrega poderás familiarizarte coas festas tradicionais galegas e o léxico galego que empregamos para falar delas. No bloque de contidos gramaticais preséntanse os numerais cardinais e mais o presente de indicativo nas tres conxugacións verbais. Tamén aprenderás como se conxuga o presente de indicativo en tres verbos irregulares moi empregados en galego: facer, ir e ter. A sesión foi emitida o 4 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Que teñen en común o xadrez e o automobilismo? Pois que ambos son deportes que podemos practicar sentados, pero se isto che parece unha vantaxe non te confíes, porque en ambos se precisa moita disciplina, dedicación e duro adestramento. Neste vídeo divulgativo (6´ 38´´) a cooperativa Suseia preséntanos as principais características destes dous deportes e tamén a terminoloxía básica relacionada con eles. A peza forma parte da serie Adestra a túa lingua, realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Sabías que os acantilados máis altos da Europa continental están en Galicia? Son os acantilados de Vixía Herbeira, situados na Serra da Capelada, que teñen unha altitude de máis de 600 metros con respecto ao nivel do mar. David Ballesteros explícanos neste vídeo divulgativo (1´ 02´´) como a orixe ígnea de Galicia determina o seu elevado número de acantilados. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
O actual descenso da taxa de natalidade en Europa débese, principalmente, aos cambios socioeconómicos experimentados nas últimas décadas, pero tamén ao incremento das persoas que sobren infertilidade e esterilidade. Efigenia Arias, profesora asociada de Xinecoloxía na USC, cóntanos neste vídeo (4´ 22´´) cales son algunhas das falsas crenzas que existen en relación á fertilidade e explícanos que, malia que aínda non pode confirmarse cientificamente con total rotundidade, o factor máis determinante que está a influír na diminución da fertilidade é o atraso da idade de maternidade. A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 41´´) poderás coñecer mellor a historia e as instalacións da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña, así como as principais saídas profesionais dos graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
Ver recurso
Tania Álvarez Yates, estudante e docente da Universidade de Vigo, piragüista e campioa do mundo en K2 en maratón, cóntanos neste vídeo (5´) como logrou conciliar a súa formación académica nos estudos de Ciencias da Actividade Física e o Deporte cos adestramentos e as competicións deportivas. A peza está elaborada pola Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo.
Ver recurso
O xeólogo Francisco Canosa fálanos neste vídeo (4´ 41´´) do patrimonio xeolóxico do Concello de Moeche. En concreto, explícanos cales son as característcas morfolóxicas e os usos do toelo, a rocha máis característica deste municipio, e tamén cal foi a importancia que tivo no seu momento a mina Piquito, a última explotación subterránea de cobre que tivemos en Galicia, de onde se extraía un mineral chamado calcopirita. Esta peza foi elaborado ao abeiro do proxecto audiovisual "Entre linguas", creado por Alejandro Vázquez Corral, Sara Barreiro Álvarez e Antonio Méndez Rodríguez para divulgar a riqueza cultural, social, natural e etnográfica do territorio galego.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 03´´), elaborado polo xornal Gciencia, no que se presenta brevemente ruta xeolóxica das praias negras de Teixidelo, un exemplo de turismo científico en Ortegal, territorio que aspira a ser declarado Xeoparque Mundial da Unesco.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (10´ 47´´) no que se presenta o proxecto xeolóxico "Entre arcos e cantís", promovido polos concellos de Cedeira, Burela e Ribadeo, e dirixido polo xeólogo Francisco Canosa. O propio director do proxecto explícanos nesta peza as características xeomorfolóxicas destes tres concellos e reivindica a importancia de divulgar o noso rico patrimonio natural, un coñecemento indispensable para acadar un turismo sostible. O vídeo foi elaborado por César Domínguez Castro.
Ver recurso
Senén Barro, director científico do Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, fálanos neste vídeo didáctico (8´ 44´´) da intelixencia artificial, denominada “a electricidade do século XXI”. Ademais de darnos unha definición do concepto e ofrecer exemplos de dispositivos que incorporan esta característica, o profesor Barro explícanos como se consegue que as máquinas sexan intelixentes. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso
Pensaches algunha vez que aplicacións podería ter a intelixencia artificial nunha disciplina coma a arquitectura? O artista multimedia Refik Anadol amósanos nesta charla de TED (12´ 01´´) o resultado de integrar as artes dixitais na arquitectura, un traballo realizado por un equipo multidisciplinar composto por profesionais do deseño gráfico, a arquitectura, a análise de datos, a neurociencia, a música e a literatura. O froito son diferentes intervencións arquitectónicas que nos convidan a pensar que a intelixencia artificial do século XXI tamén sabe “soñar” e facer “poesía de datos”. Tradución ao galego de Alba Gil Vicente.
Ver recurso
Vídeo divulgativo no que Fernando Estévez Casado nos presenta en tres minutos o obxecto de estudo da súa tese: como a intelixencia artificial pode, a través da aprendizaxe automática, converter datos en coñecemento abstracto, poñendo ao servizo da sociedade a información que compilan acotío os dispositivos electrónicos que temos ao noso redor. Esta peza audiovisual recibiu o Premio de Excelencia de Divulgación Científica na primeira edición do concurso "Teses en tres minutos", que organizou a Universidade de Santiago de Compostela en 2022. Tamén foi premiada no I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química, organizado en 2022 pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 18´´), elaborado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, no que Salvador García-Bodaño rememora os anos nos que comezou a escribir (1956 ou 1957), e conta como as Festas Minervais de Santiago supuxeron un revulsivo para a súa vocación literaria e a súa determinación de escribir en galego.
Ver recurso
Vídeo de TED (4´ 39´´) no que a bioenxeñeira e inmunóloga Kaitlyn Sadtler nos explica como reacciona o noso sistema inmunitario ante os implantes corporais. Esta resposta de defensa ante "corpos estraños" é o motivo de que na actualidade todos os implantes teñan que ser substituídos ao cabo dun tempo (que varía segundo a tipoloxía do implante). Kaitlyn Sadtler cóntanos tamén como a comunidade científica está a investigar posibles formas de enganar o noso sistema inmunolóxico para que acepte os dispositivos novos que introducimos nos tecidos corporais, algúns deles de vital importancia para a nosa saúde e calidade de vida, como as bombas de insulina, por exemplo. Tradución ao galego de Marta Suárez para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (11´ 25´´) no que Noemí Díaz e Xacobo de Toro, docentes de Bioloxía e Xeoloxía no ensino medio, se trasladan ás inmediacións do rego do Batán (Carral, A Coruña) para presentarnos as principais características das plantas criptógamas vasculares, que medran en lugares sombríos e con moita humidade. A este grupo pertencen, por exemplo, os fieitos e as xestelas. Aprenderás a identificalas e descubrirás algunhas das súas particularidades, como a súa simetría fractal ou a capacidade da falsa rosa de Xericó (Selaginella lepidophylla) para permanecer viva en tempos de seca e abrir de novo coa chuvia.
Ver recurso
Para loitar contra o sedentarismo a Organización Mundial da Saúde recomenda facer exercicio físico na casa, mentres facemos as tarefas domésticas. Cristian Abelairas, profesor na Facultade de Ciencias da Educación da USC, explícanos neste vídeo divulgativo (4´ 10´´) cales son os beneficios do exercicio físico para as nosas articulacións. Con todo, o profesor Abelairas tamén nos recomenda estar alerta ante os resultados milagreiros que nos prometen moitos/as afeccionados/as en Youtube, supostamente con só repetir certos movementos. A peza forma parte da serie #Desmontadomitos, elaborada polo xornal Gciencia.
Ver recurso
A cor dos nosos dentes depende da dentina e está determinada xeneticamente. É polo tanto unha característica innata de cada un de nós e pode ter unha inmensa variedade de tonalidades e graos de intensidade. Neste vídeo divulgativo (9´ 21´´) o odontólogo Simón Pardiñas explícanos en que consiste o branqueo dental, que materiais se empregan para branquear os dentes e cales son os riscos aos que te expós se realizas este procedemento sen a supervisión dun dentista.
Ver recurso
Cuarta sesión (60´ 43´´) do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta lección preséntanse as principais características das cidades galegas, así coma o vocabulario básico que empregamos para falar delas, e trabállanse aspectos comunicativos como aprender a preguntar por un enderezo concreto, ou saber darlle ti as indicacións a outra persoa que pregunta por un determinado lugar. No bloque gramatical trátase o demostrativo e a conxugación dos verbos estar e haber (empregados para expresar a localización). A sesión foi emitida o 1 de marzo de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Capítulo do programa Galegos no espello (26´ 02´´) dedicado a Salvador García-Bodaño (1935 - 2023): escritor, poeta, crítico, columnista de prensa e membro da Real Academia da Lingua Galega desde 1992. Descubrirás, relatados en primeira persoa, os aspectos máis salientables da traxectoria académica, persoal e profesional de quen foi unha das figuras máis singulares da histórica Xeración das Festas Minervais. Este capítulo foi emitido na TVG o 28 de abril de 2021.
Ver recurso
Última entrega (6´ 28´´) dunha serie de catro vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de 4º da ESO, sobre os problemas de xenética para dous caracteres, é dicir, os referidos á terceira lei de Mendel: a coñecida como "lei de segregación independente". Nesta ocasión o profesor Germán Santos completa a explicación iniciada nun vídeo anterior, sobre a resolución do seguinte suposto práctico: "O pelo escuro (A) e a cor marrón (B) nos ollos considéranse dominantes sobre o pelo claro (a) e os ollos azuis (b). Un home dobre heterocigótico ten fillos cunha muller que tamén é dobre heterocigótica. Como poden ser os fillos?". Outros vídeos da mesma serie: - Problemas de xenética para dous caracteres (I) - Problemas de xenética para dous caracteres (II) - Problemas de xenética para dous caracteres (III)
Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 17´´) no que Melvin Sanicas, experto en vacinas e en enfermidades infecciosas, nos explica como se converteu a tuberculose na enfermidade infecciosa máis letal do mundo, causando actualmente máis mortes ca a malaria ou a sida. Cóntanos cales son os principais síntomas desta doenza de orixe bacteriana e cales son os tratamentos máis efectivos dos que dispomos na actualidade. Tradución ao galego de Sandra Viz Lasheras para #TedSaúde 2022.
Ver recurso
Sabes que pasa na desembocadura dun río, xusto nese punto concreto onde a súa auga doce se atopa coa auga salgada do océano? Neste vídeo divulgativo (1´ 09´´) Iria Ollero trasládase á desembocadura do río Anllóns para explicarnos que, nese punto concreto de encontro, as dúas masas de auga (doce e salgada) non se mesturan. Tamén entenderás por que é tan importante manter o caudal dos ríos e preservar o equilibrio natural dos esteiros. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (19´ 30´´) no que a psiquiatra Iria Veiga Ramos, usando como fío narrativo o acontecido durante a expedición á Antártida que liderou Ernest Shackleton a comezos do século XX, nos fala do "fenómeno do terceiro home". Esta foi a denominación que na época usaron para referirse á estraña sensación que relataron ao regreso da expedición o propio Shackleton e outros compañeiros, que aseguraban ter sentido a presenza dunha persoa detrás deles cada vez que camiñaban de últimos na fila durante unha dura travesía (algo imposible na realidade, pois o lugar estaba deserto). Iria Veiga cóntanos cales son as diferentes explicacións que a psiquiatría e a psicoloxía evolutiva ofrecen para tratar de entender as alucinacións extracampinas, é dicir, as alucinacións que se atopan fóra do campo visual. A charla tivo lugar o 12 de febreiro de 2023 no Teatro Principal de Pontevedra, no marco do programa de divulgación científica "A foto 51", organizado polo Concello de Pontevedra, en colaboración co xornal GCiencia e o programa Efervesciencia (Radio Galega).
Ver recurso
As causas que che impiden durmir poden ser variadas (un traballo sen acabar, a emoción dunha próxima viaxe, pensamentos profundos…), pero ás veces é o propio estrés de non poder durmir o que che provoca o insomnio, volvéndose este círculo vicioso na principal base do trastorno. Neste vídeo de TED (5´ 11´´) Dan Kwartler explícanos que lles ocorre, desde o punto de vista biomédico, ás persoas que sofren insomnio e cales son as recomendacións que deben ter en conta para resolver o problema. Tradución ao galego de Daniel López para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Terceira sesión (52´ 15´´) do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta terceira lección poderás familiarizarte co vocabulario básico relacionado co ámbito da arquitectura e as construcións tradicionais galegas (as casas e os seus anexos, os pazos, os muíños...). No bloque de contidos gramaticais aprenderás a construír comparacións de igualdade, inferioridade e superioridade; e a conxugar o verbo "haber". A sesión foi emitida o día 25 de febreiro de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
A orixe de Sober, topónimo único que non se repite en Galicia nin en toda a Península Ibérica, continúa a ser unha incógnita. Neste vídeo divulgativo (8´ 16´´), pertencente á serie "O Seminario de Onomástica responde", Antón Palacio, membro do Seminario de Onomástica da RAG, explícanos cales son as principais hipóteses sobre a súa etimoloxía.
Ver recurso
Terceira entrega (11´ 06´´) dunha serie de catro vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de 4º da ESO, sobre os problemas de xenética para dous caracteres, é dicir, os referidos á terceira lei de Mendel: a coñecida como "lei de segregación independente". Nesta ocasión o profesor Germán Santos ensínache a resolver o seguinte suposto práctico: "O pelo escuro (A) e a cor marrón (B) nos ollos considéranse dominantes sobre o pelo claro (a) e os ollos azuis (b). Un home dobre heterocigótico ten fillos cunha muller que tamén é dobre heterocigótica. Como poden ser os fillos?". Outros vídeos da mesma serie: - Problemas de xenética para dous caracteres (I) - Problemas de xenética para dous caracteres (II) - Problemas de xenética para dous caracteres (IV)
Ver recurso
Sentiches algunha vez unha especie cóxegas cerebrais, relaxantes e pracenteiras, ante determinados estímulos externos de carácter auditivo? Ese fenómeno biolóxico ten un nome: “resposta sensorial meridiana autónoma” (ASMR) e está a conseguir moitos adeptos. Nesta charla de TED (11´ 47´´) o fisiólogo Craig Richards explícache en que consiste este fenómeno e que beneficios pode ter para o noso cerebro. Tradución ao galego de Ana Vázquez Pérez para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 07´´) no que Miguel Bascoy, alumno de 1º de ESO do IES do Milladoiro, nos demostra que non todas as rochas volcánicas son de cor negra. Para exemplificalo, amósanos as características destas dúas rochas volcánicas: a pedra pómez ou pedra mol, que ten unha cor amarela, e a Tezontle Pisumma, de cor vermella. Esta peza forma parte do proxecto educativo “Medio minuto de ciencia en galego”, promovido polo ENDL do IES Milladoiro (Ames).
Ver recurso
Sabías que en Laxe hai un areal que se chama Praia dos cristais? Neste breve vídeo divulgativo (1´ 03´´) David Ballesteros explícache o motivo deste nome. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 38´´), dirixido a alumnado de 1º curso de bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández explica como se resolve un exercicio de estudo da continuidade dunha función con parámetros. A resolución deste terceiro exercicio complementa as explicacións sobre este mesmo tema que atoparás nestes outros dous vídeos: - Estudo da continuidade dunha función con parámetros (I) - Estudo da continuidade dunha función con parámetros (II)
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 34´´) no que Darío Lago nos explica que na aparente escuridade da noite se agocha a luz máis antiga do Universo. Entenderás en que consiste exactamente a “radiación de corpo negro” e o acoplamento de radiación e materia que caracterizou as orixes do Universo. Así mesmo, descubrirás como se produciu o desacoplamento tras o Bing Bang e o que aconteceu con aquela luz primixenia. Esta peza foi elaborada por O Son das Ideas e mais o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da serie "O amencer do cosmos", realizada coa finalidade de divulgar as orixes do Universo.
Ver recurso
Nos vindeiros anos a intelixencia artificial (IA) vai cambiar as nosas vidas. Isto é xa unha evidencia, pero como e ata que punto vai facelo aínda non o sabemos con exactitude. Neste vídeo de TED (5´ 55´´) reprodúcense fragmentos dunha entrevista na que Stuart Rusell, profesor de informática e experto en IA, reflexiona sobre as posibilidades reais que existen de chegar a construír sistemas de intelixencia artificial que poidan substituír aos humanos. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez Río.
Ver recurso

Vídeo didáctico (11´ 38´´) no que o profesor Senén Barro, director científico do Centro de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, nos fala da diversidade de aplicacións que ten a intelixencia artificial (IA) na actualidade. Descubrirás, a título de exemplo, como se está a aplicar a IA de xeito satisfactorio no eido da previsión meteorolóxica, da saúde pública ou da predición de patoloxías cardíacas. Así mesmo, o profesor Barro tamén nos convida a reflexionar sobre os potenciais usos mal intencionados desta tecnoloxía, como poden ser os vinculados ao ámbito militar, ou sobre os retos que os gobernos terán que afrontar para dar cobertura social ás persoas que queden fóra do mercado laboral a causa da crecente economía dixital. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso
A intelixencia artificial (IA) leva tempo empregándose no diagnóstico de enfermidades, pero os algoritmos da IA precisan arredor de 10.000 imaxes médicas para detectar unha doenza nun paciente. Nesta charla de TED (4´ 59´´ ) Pratik Shah preséntanos o proxecto no que está a traballar para poder reducir de forma drástica a cantidade de datos requiridos para adestrar un sistema de IA, conseguindo diagnósticos menos custosos e máis eficientes con só 50 imaxes. Tradución ao galego de Mario Cal.
Ver recurso
Charla didáctica (47´ 51´´), dirixida a alumnado de secundaria, na que o divulgador David Ballesteros te convida a viaxar de xeito lúdico polo firmamento para descubrir o coñecemento que temos na actualidade do Universo e dos diferentes corpos celestes que o compoñen. Así mesmo, a partir da realización dalgúns experimentos comprenderás que significan conceptos tan abstractos como a presión ou o espectro luminoso. Esta actividade desenvolveuse en directo o 23 de novembro de 2017 no marco do Galiciencia 2017, que estivo dedicado á astronomía.
Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 22´´) no Emma Bryce nos explica como ao longo da vida, a maior parte das veces sen que nen sequera nos decatemos, o noso sistema inmunitario nos pretexe de milleiros de amezas potencialmente mortais. Descrubrirás como funciona este sistema composto por unha gran rede de células, tecidos e órganos que traballan xuntos para coordinar as defensas do teu corpo fronte a calquera ameaza para a túa saúde. Tradución ao galego de Sandra Viz Lasheras para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 18´´), dirixido a alumnado de ensino secundario, no que os profesores Aida Alvela Louro e Xacobo de Toro che axudan a familiarizarte coa terminoloxía empregada para denominar o instrumental propio do laboratorio: probeta, tubo de ensaio, vaso de precipitados, pipeta, matraz de Erlenmeyer etc. Tamén aprenderás para que se usa concretamente cada instrumento.
Ver recurso
Segunda entrega (8´ 31´´) dunha serie de catro vídeos didácticos, dirixidos a alumnado de 4º da ESO, sobre problemas de xenética para dous caracteres, é dicir, os referidos á terceira lei de Mendel: a coñecida como "lei de segregación independente". Neste vídeo en concreto o profesor Germán Santos ensinarache a resolver o seguinte suposto práctico: "O pelo escuro (A) e a cor parda (B) nos ollos considéranse dominantes sobre o pelo claro (a) e os ollos azuis (b). Un home de pelo escuro heterocigótico (Aa) e ollos azuis (bb) ten fillos cunha muller de pelo claro (aa) e ollos pardos homocigótica (BB). Como poden ser os fillos?". Outros vídeos da mesma serie: - Problemas de xenética para dous caracteres (I) - Problemas de xenética para dous caracteres (III) - Problemas de xenética para dous caracteres (IV)
Ver recurso
Segunda sesión do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta segunda lección (42´ 11´´) trátanse os seguintes temas: as diferentes acepcións que aparecen no dicionario para o termo "ola" (explicadas desde o punto de vista semántico, ortográfico e fonético); as diferenzas entre as vocais abertas e pechadas no sistema vocálico galego; o alfabeto galego e o nome das súas letras e dígrafos; algúns aspectos culturais relacionados coa onomástica galega; os termos empregados para denominar os diferentes parentescos dentro da familia e as formas do posesivo e mais do artigo en galego. A sesión foi emitida o día 22 de febreiro de 2021 na canle Aula Galicia Aberta da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Vídeo didáctico (7´ 33´), dirixido a alumnado de 1º curso de bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández explica de xeito práctico como se estuda a continuidade dunha función con parámetros. A resolución deste segundo exercicio complementa a explicación iniciada nun vídeo anterior.
Ver recurso
Os esteroides non gozan de boa fama polo seu uso no ámbito deportivo pero existen moitos esteroides diferentes e algúns teñen aplicacións médicas que se cadra non coñeces: atopámolos en inhaladores, en cremas para tratar a hedra velenosa ou o eccema e en inxeccións para aliviar a inflamación. Neste vídeo de TED (5´ 31´´) Anees Bahji explícanos en que consiste a ciencia dos corticosteroides e cales son as súas aplicación médicas. Tradución ao galego de Inés Rodríguez Chas para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Coñeces a razón pola que no solpor o ceo se torna dunha cor entre alaranxada e vermella? A resposta está na física e atoparala neste vídeo (59´´). A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Nesta charla de TED (10´ 20´´) o científico e filósofo Grady Booch fálanos do medo, na súa opinión infundado, que boa parte da poboación sente ante o imparable avance da intelixencia artificial, provocado en boa medida polos filmes de ciencia ficción que nos amosan unha IA todopoderosa, carente de sentimentos e valores. Booch explícanos como podemos aprenderlle á IA as “verdades fundamentais” para que incorpore os nosos valores éticos e convídanos a confiar no inmenso potencial da intelixencia artificial para mellorar a experiencia humana. Tradución ao galego de Alicia Fontela Morán.
Ver recurso

Vídeo didáctico (9' 15'')  no que Ana Otero, Sabela Balboa e Carlos Rodríguez Osorio, docentes da Universidade de Santiago de Compostela, nos amosan a técnica de laboratorio para conseguir un cultivo puro de bacterias. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Dominic Walliman preséntanos unha animación organizada a modo de mapa, que describe os dominios da física e os seus tres ámbitos fundamentais (física clásica, relatividade e física cuántica), así como os camiños que se poden transitar no futuro.

Tamén dispoñible como imaxe (en inglés).

Ver recurso
Seguro que xa tiveches ocasión de ver o vídeo no que o profesor Germán Santos explica como se resolven os problemas de xenética baseados na primeira e segunda leis de Mendel. Se é así, xa podes pasar á seguinte fase: aprender a resolver problemas de xenética para dous caracteres. Neste vídeo didáctico (3´ 24´´), o primeiro dunha serie de catro dirixidos a alumnado de 4º da ESO, aprenderás cales son os fundamentos teóricos dos problemas para dous caracteres, é dicir, os referidos á terceira lei de Mendel: a coñecida como "lei de segregación independente". Outros vídeos da mesma serie: - Problemas de xenética para dous caracteres (II) - Problemas de xenética para dous caracteres (III) - Problemas de xenética para dous caracteres (IV)
Ver recurso
As cardiopatías e os accidentes cerebrovasculares son as principais causas de morte e discapacidade no mundo. Ademais, no caso das mulleres, este tipo de eventos non só son máis difíciles de recoñecer, diagnosticar e tratar, senón que as posibilidades de morte despois de sufrilos son maiores. Podería a tecnoloxía axudar no campo da investigación cardiovascular achegando novos datos procedentes das mulleres (normalmente infrarrepresentadas neste tipo de estudos)? Nesta charla TED (6´ 03´´) a enxeñeira Alicia Chong Rodriguez explícanos como un suxeitador intelixente pode converterse nun salvavidas, ao estar deseñado para recoller datos en tempo real a través de biomarcadores como o ritmo cardíaco, a respiración e a temperatura. Tradución ao galego de María Suárez Seijas para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Primeira sesión do curso de lingua e cultura galegas impartido por Reverso Comunicación e dirixido a persoas de fóra de Galicia que queren achegarse ao noso idioma e cultura. Nesta primeira lección (55´ 57´´) explícanse contidos básicos como as fórmulas de presentación e despedida, os modos de preguntarlle datos a alguén, a distribución territorial de Galicia ou a nosa riqueza toponímica, ademais de presentar ferramentas didácticas accesibles en liña como O Portal das Palabras ou Galicia Nomeada. A sesión foi emitida o día 18 de febreiro de 2021 na canle "Aula Galicia Aberta" da Secretaría Xeral da Emigración. Material didáctico complementario.
Ver recurso
Sabes como se forman mareas? Preguntácheste algunha vez cal será o motivo polo que nas mareas vivas o mar baixa e sobe moito máis ca nas mareas normais? Neste vídeo divulgativo (1´ 43´´) David Ballesteros explícache que teñen que ver a Terra, o Sol, a Lúa e Isaac Newton co fenómeno das mareas. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (11´ 27´´) no que Noemí Díaz e Xacobo de Toro, docentes de Bioloxía e Xeoloxía no ensino medio, nos falan dun tipo de plantas moi sinxelas: as briófitas, grupo ao que pertencen os musgos e as plantas hepáticas (tamén chamadas escarmentas ou follas das pedras). Aprenderás a identificalas e descubrirás cales son as súas características, así como a súa importancia para o benestar dos ecosistemas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 04´´), pertencente á serie #DesmontadoMitos de GCiencia, no que descubrirás que a tuberculose non é unha doenza do pasado, senón que pode afectar na actualidade a calquera persoa, sobre todo a aquelas que teñen un sistema inmunolóxico debilitado. Raquel Barbosa, profesora asociada de Medicina Preventiva da USC, axudarache a entender como afecta ao noso organismo esta doenza producida polo bacilo de Koch.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 18´´) no que o doutor Simón Pardiñas López nos fala das múltiples complicacións e lesións que poden ocasionar os piercing orais se non se usan correctamente. Aprenderás cales son as principais recomendacións para evitar estes riscos e cales son os materiais idóneos para que a nosa saúde bucal non se vexa comprometida.
Ver recurso
Actualmente as propiedades terapéuticas do cánnabis están amplamente recoñecidas pero, independentemente do seu valor medicinal, pode ser o uso recreativo da marihuana prexudicial para o cerebro? Neste vídeo de TED (6´ 43´´) o psiquiatra Anees Bahji trata de responder a pregunta.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´), dirixido a alumnado de 1º curso de bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández nos explica, a través da resolución dun exercicio, como se estuda a continuidade dunha función con parámetros.
Ver recurso
A poda é un dos labores forestais máis importantes para conseguir madeira da máxima calidade. Trátase de conseguir que as árbores medren cun tronco recto e perfectamente cilíndrico, libre de nós ata os 3 ou 6 metros de altura. Neste vídeo divulgativo (8´ 10´´) a Asociación Forestal de Galicia explícanos cales son as técnicas dos dous tipos de poda que deben facerse nas frondosas: a poda de formación, para asegurar un crecemento vertical, e a poda de calidade, para evitar que a madeira teña nós.
Ver recurso
Seguro que algunha vez se retrasou a túa menstruación e comezaches a estresarte, pero pode ese estrés contribuír a retrasala aínda máis ou será un mito? Neste breve vídeo (33´´ ) Laura Veiga, divulgadora científica sobre educación menstrual, explícanos como e cando afecta realmente o estrés ao noso ciclo menstrual.
Ver recurso
A lei de Boyle (tamén coñecida como lei de Boyle-Mariotte) é unha das leis dos gases ideais. Brais Monje Graña, alumno do IES do Milladoiro, demóstranos de maneira visual en medio minuto cales son os fundamentos desta lei. Esta peza forma parte do proxecto educativo “Medio minuto de ciencia en galego”, promovido polo ENDL do IES Milladoiro (Ames).
Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 33´´) que che axudará a entender que son os "quarks" (os elementos máis pequenos da materia) e de onde procede exactamente o seu nome, acuñado polo científico Murray Gell-Mann. Trátase da primeira entrega do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na elaboración desta peza participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso
O “principio de incerteza” foi formulado en 1927 polo físico alemán, gañador dun Premio Nobel, Werner Heisenberg e baséase nunha característica esencial do mundo subatómico: a incerteza. É un dos poucos conceptos da física cuántica que se estendeu á cultura popular e nel baseáronse moitas das grandes innovacións tecnolóxicas. Neste vídeo didáctico de TED (4´ 43´´) o físico Chad Orzel axúdanos a entender por que, segundo a mecánica cuántica, non se poden coñecer á vez a posición exacta e a velocidade exacta dun obxecto. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez Río.
Ver recurso
Imaxinas poder ter o "superpoder" de estar en dous lugares ao mesmo tempo? Pois no nivel subatómico (campo de estudo da física cuántica) unha partícula podería estar en varios estados, ou lugares, ao mesmo tempo ata que alguén a observa. En 1935 o físico Erwin Schrödinger tratou de explicalo imaxinando unha historia protagonizada por un gato. Neste vídeo de TED (4´ 37´´) Chad Ozel cóntanos a historia do famoso gato de Schrödinger e axúdanos a comprender un dos principios fundamentais da mecánica cuántica: a superposición. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez Río.
Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (4´ 48´´), integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, no que se explica en que consiste o “experimento da dobre fenda”, unha das probas precursoras do que hoxe coñecemos como física cuántica. Este experimento demostraría que, na escala micro, os obxectos teñen unha natureza dual, é dicir, poden comportarse como ondas ou como partículas; e o feito de que os observemos interfire no seu comportamento.

Ver recurso

Neste vídeo (7') o profesor Cibrán Santamarina responde a se a luz é unha onda ou unha partícula e, segundo parece, depende das circunstancias. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso
Vídeo didáctico (3´ 41´´) que che axudará a entender que é a física de partículas, así como algúns dos seus principais conceptos. A presentación céntrase en concreto nun tipo específico de partículas denominadas de "Longa Vida" (ou LLP, nas súas siglas en inglés) e no detector Codex-b, desenvolvido no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) en colaboración con outros centros de investigación internacionais.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 28´´) pertencente á serie web de ficción Sophias, elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas ao longo da historia. Neste primeiro capítulo poderás coñecer mellor algunhas das figuras da filosofía da época antiga e medieval, como Aspasia de Mileto, Safo de Lesbos, Hipatia ou Hildegarda de Bingen.
Ver recurso
Denomínase "microplástico" todo aquel plástico cuxo tamaño é inferior a 5 milímetros. Malia que non poidas velos, están en case calquera praia que visites e neste breve vídeo divulgativo (1´ 05´´) tratan de concienciarnos sobre o problema ambiental que provocan. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Neste vídeo de TED (11´ 39¨) o informático alemán Hartmut Neven, fundador e director de Google Quantum AI, fálanos da computación cuántica e de como os ordenadores cuánticos substitúen a lóxica binaria (pola que se rexen os ordenadores actuais) polas leis da física cuántica, o que lles permite realizar operacións máis potentes e cálculos máis rápidos. Descubre nesta charla inspiradora como no futuro a computación cuántica pode axudar a resolver problemas médicos, enerxéticos ou tecnolóxicos que hoxe parecen irresolubles. Tradución ao galego de Victoria Méndez.
Ver recurso
Cando ao espertar de xeito súbito as fases REM do sono e mais o estado de vixilia se solapan, sufrimos un fenómeno denominado "parálise do sono", que nos impide movernos ou berrar. Ami Angelowicz describe neste vídeo de TED (4´ 35´´) en que consiste este trastorno médico (tan terrorífico como inofensivo) que experimentou case a metade da poboación polo menos unha vez na súa vida. Tradución ao galego de Daniel López para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico de realidade virtual (12´ 34´´) no que Xacobo de Toro e Noemí Díaz, docentes de Xeoloxía e Bioloxía no ensino medio, te convidan a adentrarte nun bosque de ribeira, nome co que denominamos a vexetación que medra á beira dos ríos, regatos e lagoas. Neste caso concreto, terás a oportunidade de facer un percorrido en 360º polas fragas do río Mandeo, para descubrir as súas especiais máis emblemáticas, tanto animais como vexetais. Para gozar plenamente da paisaxe podes poñer unhas gafas de realidade virtual ou usar o xiroscopio do teu móbil.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 30´´), elaborado polo Grupo Divulgare da Universidade de Vigo e subtitulado ao galego, que che axudará a entender a importancia das especies polinizadoras para o mantemento da biodiversidade do planeta. Aprenderás a identificar as diferentes especies de polinizadores e descubrirás cales son as súas principais características, así como as flores onde podes atopalos.
Ver recurso
Sétimo capítulo (4´ 32´´) da serie web de ficción Sophias, que che permitirá achegarte á muller máis importante da filosofía galega, María Xosé Agra. O seu pensamento está centrado na idea de xustiza e igualdade e tamén é un referente polo seu labor na documentación, investigación e divulgación dos movementos feministas e de diversidade de xénero en Galicia. Esta peza pon o ramo á serie web Sophias, elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (48´ 08´´) no que Iago Sanmartín Villar, biólogo e docente na Universidade de Vigo, nos explica os conceptos de especie exótica, especie introducida e especie invasora, e fálanos das consecuencias ambientais da introdución de especies en Galicia, centrándose concretamente no caso da formiga arxentina. A charla tivo lugar o 27 de novembro de 2021 en Pontevedra, no transcurso das V Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Ver recurso
Charla divulgativa (57´ 52´´) na que Pedro A. Agostini Infante, investigador predoutoral no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, fai unha introdución histórica á orixe da teoría de quarks e gluóns, os bloques fundamentais da forza forte, e explícanos a importancia que teñen actualmente os quarks e gluóns na física de partículas. A charla tivo lugar o 4 de xuño de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Seguramente te preguntaches algunha vez por que a auga do mar é salgada se toda a auga que chega a el, ben desde os ríos ou ben a través da chuvia, é doce. Será que non toda é totalmente doce? Neste vídeo divulgativo (55´´) Iria Ollero resolve o enigma. A peza forma parte do proxecto "Lendo a ciencia. Festiciencia & Festiletras", unha iniciativa de Ceo Aberto realizada ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Sabías que Melide é un topónimo moi doce? Neste vídeo didáctico (57´´), pertencente á serie "O Seminario de Onomástica responde", a académica correspondente Luz Méndez explícache o motivo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 21´´) do Colexio de Fisioterapeutas de Galicia onde nos explican que nalgunhas ocasións as dores de cabeza están provocadas por problemas na columna cervical ou por trastornos da articulación témporo-mandibular. Neste tipo de casos, ademais dos/as neurólogos/as, os/as fisioterapeutas deber ter tamén un papel relevante. Descubre como a fisioterapia pode contribuír ao tratamento deste tipo de cefaleas.
Ver recurso
Seguro que escoitaches moitas veces falar na aula das magnitudes, pero sabes realmente que son? Neste vídeo (39´´) Alicia Lariño e Antía Casabella, alumnas de ESO do IES Milladoiro, explícanche en pouco máis de medio minuto a que nos referimos ao falar de magnitudes, e cal é a diferenza entre magnitudes fundamentais e derivadas. Esta peza forma parte do proxecto educativo “Medio minuto de ciencia en galego”, promovido polo ENDL do IES Milladoiro (Ames).
Ver recurso
A pandemia da Covid-19 puxo de actualidade a aplicación da medicina do ARN mensaxeiro (ou ARNm), grazas á cal conseguimos vacinas que ensinan ao noso corpo a loitar contra o virus SARS-CoV-2. Neste vídeo de TED (18´ 04´´) Melissa J. Moore, investigadora e directora científica de Moderna, explícanos que hai detrás desta revolucionaria técnica que axuda as proteínas do noso corpo a manterse sas, previr enfermidades e corrixir erros no noso código xenético, o que en palabras da propia Melissa Moure significa que "estamos entrando nunha era da medicina totalmente nova". A tradución ao galego desta peza é de Lucía Campillo Rey e foi galardoada co primeiro premio do #TEDSaúde 2022, na categoría aberta a toda a cidadanía.
Ver recurso

Vídeo (56' 47'') que recolle a cuarta charla do ciclo de divulgación científica "Achegando a ciencia", que organiza o colectivo Caladiños. Nela, o físico Cibrán Santamarina fala sobre física cuántica e o sorprendente "mundo do pequeno".

Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 22´´) no que o Arquivo Histórico Provincial de Ourense nos fala da práctica frecuente da reutilización de documentos en pergamiño, grazas á cal conservamos actualmente documentos que, doutro xeito, case con toda probabilidade se terían perdido. Un exemplo desta práctica de reciclaxe documental é o título de barbeiro sangrador concedido a Juan de Castro a finais do século XVI, documento que nos permite achegarnos á técnica (supostamente terapéutica) da flebotomía e que conservamos actualmente porque, tras perder o seu valor xurídico, foi posteriormente reciclado e empregado en 1672 para encadernar unhas escrituras notariais.
Ver recurso
Seguramente oíches nalgunha ocasión que non se pode tomar unha laranxa despois dun produto lácteo, ou que non se debe beber auga cando estás comendo castañas ou polbo. Teñen algunha base científica este tipo de recomendacións alimentarias? Neste vídeo divulgativo (5´ 04´´) Nicolás Piedrafita, nutricionista e investigador en Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria na USC, explícanos que non hai combinacións alimentarias que sexan máis desaconsellables ca outras desde o punto de vista sanitario, aínda que nos lembra que determinadas persoas deben ter especial precaución se son alérxicas a un determinado grupo de alimentos, e que algúns fármacos non deben mesturarse con certos alimentos para que estes non interfiran nos efectos desexados. Esta peza forma parte da serie #DesmontadoMitos, elaborada polo xornal GCiencia.
Ver recurso
As estrelas máis brillantes do ceo teñen nome propio (Antares, Andromedae, Altair…), que nos dan pistas sobre a súa ubicación. Queres saber máis sobre a orixe e a motivación que hai detrás destes nomes? Neste vídeo divulgativo (5´ 38´´) Xabier Pérez Couto explícanos cales son os diferentes sistemas de nomenclatura estelar.
Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 38´´) no que Marc Fagelson nos explica en que consiste o tinnitus (ou acúfeno), unha molesta sensación auditiva, similar a un zunido ou a un asubío, que experimenta unha de cada sete persoas, sen que realmente exista unha fonte de son externa. A tradución ao galego foi realizada por Daniel López para #TEDSaúde 2022.
Ver recurso
A Axencia Europea de Seguridade Alimentaria estableceu en 2019 algunhas limitacións ao consumo de determinadas especies de peixe debido ao seu alto contido de mercurio e a FAO demanda investigar máis sobre os efectos dos microplásticos na nosa saúde. Estes feitos, unidos á desconfianza que xera a industria da acuicultura, provocan certas dúbidas entre a poboación xeral sobre os beneficios de comer peixe. Neste vídeo divulgativo (5´ 08´´), pertencente á serie #DesmontadoMitos de GCiencia, Ángeles Romero, catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos na USC, fálanos dos beneficios do consumo de peixe tanto para a poboación infantil como adulta e da seguridade alimentaria na produción acuícola, recoñecendo tamén que efectivamente existen determinadas especies con alto contido de mercurio (polo tanto hai sectores de poboación que deben limitar o seu consumo) e que temos que incrementar a conciencia social para reducir o uso de plásticos.
Ver recurso
Seguro que escoitaches algunha vez que unha característica común de todos os seres vivos é o feito de estarmos constituídos por células e que a célula é o elemento de vida máis pequeno que existe. Pero entendes realmente o que isto significa? Neste vídeo didáctico (9´ 52´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, o profesor Germán Santos axudarache a entender a historia e os principios nos que se basea a teoría celular.
Ver recurso
A carie dental é unha enfermidade infecciosa provocada por unhas bacterias que existen na boca. Neste vídeo divulgativo (4´ 57´´) o odontólogo Simón Pardiñas explícanos que factores inflúen no desenvolvemento desta enfermidade, como debemos actuar para previla e, no caso de non atallar a tempo o problema, cales son os diferentes tratamentos aos que podemos recorrer.
Ver recurso
Vídeo didáctico ( 1´ 49´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", no que Henrique Monteagudo nos explica a evolución dos grupos ct en galego desde a perspectiva da gramática histórica. A súa explicación axudarache a entender a razón pola que, segundo as vixentes normas ortográficas, debemos escribir ditado (sen "c") e adxectivo (con "c").
Ver recurso
De onde vimos e de onde provén o mundo? De que está feito o universo? Como funciona? Todas estas son cuestións que o ser humano formulou ao longo da historia e, na actualidade, a ciencia está xa en disposición de poder darnos as respostas. Neste vídeo divulgativo (55´ 30´´) Elena G. Ferreiro, investigadora do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), axúdanos a descifralas. A charla tivo lugar o 18 de xuño de 2020 no marco do ciclo de charlas divulgativas en liña «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo», organizadas polo IGFAE da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
A Grande Revolta Irmandiña tivo lugar entre os anos 1467 e 1469, cando as organizacións coñecidas como as irmandades (integradas por poboación de diferentes extractos sociais) se levantaron en armas contra os abusos da alta nobreza. Neste sexto capítulo (9´ 32´´) da serie "Falemos do Reino de Galicia" coñecerás os datos máis relevantes dunha revolta que marcou unha nova era na historia de Galicia. A serie web "Falemos do Reino de Galicia" está conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia.
Ver recurso
Sexta entrega da serie web de ficción Sophias. Neste capítulo (5´ 08´´) repásanse as ideas de Judith Butler respecto á identidade sexual e os tipos de violencia, dous dos temas abordados por esta pensadora e activista contemporánea. A serie web Sohpias está elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas.
Ver recurso
A combinación de alimentos, suplementos a base de plantas e drogas legais ou ilegais pode ocasionar interaccións farmacolóxicas que poñan en risco a nosa vida. Neste vídeo de TED (5´ 02´´) Céline Valéry fálanos dos diferentes tipos de interaccións farmacolóxicas e das perigosas consecuencias que poden ter para o noso organismo. A tradución ao galego desta peza é de Inés Rodríguez Chas e foi galardoada co cuarto premio do #TEDSaúde 2022, na modalidade de membros da comunidade da USC.
Ver recurso
Alejandro Vilar fálanos nesta charla (55´ 40´´) dunha das liñas de investigación que se están a desenvolver no Grupo de Física Teórica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE): o estudo da gravidade holográfica. Trátase dunha teoría que propón que quizais a gravidade nunha determinada rexión do espazo se corresponde cunha teoría cuántica de campos no bordo desa rexión. O obxectivo final desta liña de investigación é acadar un coñecemento máis profundo da gravidade e da súa estrutura microscópica, para chegar a comprender mellor a natureza dos buracos negros. Esta charla tivo lugar no marco do programa Ciencia Singular 2020, organizado polo IGFAE.
Ver recurso
Co gallo da celebración do Dia da Ciencia en Galicia 2021, a Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Jimena Fernández de la Vega (Vegadeo, 1895-Santiago de Compostela, 1984) "Científica Galega do Ano". Neste vídeo conmemorativo (9´ 17´´) poderás achegarte aos datos máis salientables da vida e da obra desta científica e divulgadora excepcional, pioneira da investigación xenética en España.
Ver recurso
A Coruña foi denominada ao longo da historia con diferentes topónimos: Brigamtium ou Brigantia (o máis antigo, documentado nas fontes clásicas), Faro (motivado pola construción da Torre de Hércules) e A Coruña (a partir de 1208). Neste vídeo divulgativo (5´ 01´´), pertencente á serie “O Seminario de Onomástica responde”, o académico Gonzalo Navaza expón a súa proposta etimolóxica sobre a orixe do nome actual da cidade herculina.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 56´´) sobre a vida e obra do enxeñeiro naval Andrés Comerma (Valls, 1842 - Ferrol, 1917), a quen a Real Academia Galega de Ciencias dedicou o Día da Ciencia en Galicia en 2020. Na peza preséntanse os seus principais datos biográficos, así coma as características das súas dúas obras máis sobranceiras no eido da enxeñaría naval: o Dique da Campá (a maior obra de construción realizada en Galicia en todo o século XIX) e o proxecto do túnel submarino baixo o estreito de Xibraltar (proxecto visionario que, malia non chegar a executarse, pasaría á posteridade pola súa gran calidade técnica).
Ver recurso
Vídeo didáctico (3´), pertencente á serie “Sempre activos, é saúde”, elaborado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para concienciar á poboación xeral dos beneficios do exercicio físico para a nosa saúde e calidade de vida. Nesta peza preséntanse unha serie de exercicios de quecemento que che permitirán preparar o teu corpo para practicar deporte de xeito seguro.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (52´ 51´´) no que o biólogo Fernando Martínez-Freiría nos fala da víbora de Seoane, a especie de ofidios máis frecuente en Galicia. En concreto, preséntanos as súas características específicas, fálanos da variabilidade morfolóxica, xenética, de coloración e depredación desta especie, e por último explícanos como afecta o cambio climático na súa conservación. Esta charla tivo lugar o 28 de novembro de 2020 en Pontevedra, no transcurso das IV Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Ver recurso
Os castiñeiros destinados á produción de castaña hai que comezar a formalos desde novos para conseguir unha copa ampla e ben exposta á luz que axude á aireación e maduración do froito. A Asociación Forestal de Galicia explícanos neste vídeo divulgativo (4´ 10¨) en que consisten as podas de formación, que se poden facer seguindo dous modelos: a formación en eixo central ou a formación en vaso.
Ver recurso
Breve documental (9´ 42´´) sobre a vida, obra e pensamento de Antolín Faraldo, escritor, político e xornalista galego, nado en Betanzos en 1822, a quen Murgía denominou "o primeiro e o mellor". A peza foi promovida pola Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña no marco das actividades do Ano Faraldo, celebrado este 2022 co gallo da conmemoración do 200 aniversario do nacemento deste xornalista e político galego.
Ver recurso
En 1995, o British Medical Journal publicou un artigo sobre un albanel que accidentalmente pisou un cravo e perforou de lado a lado a súa bota de punta de aceiro. O máis mínimo movemento provocáballe unha dor insoportable, pero cando os médicos lle quitaron a bota comprobaron que o cravo nunca chegara a tocarlle o pé. Neste vídeo de TED (5´ 02´´) Joshua Pate explícanos por que a nosa sensación de dor non sempre está directamente relacionada coa intensidade real de dano nos nosos tecidos corporais. A tradución ao galego desta peza é de Daniel López e foi galardoada co terceiro premio do #TEDSaúde 2022, na modalidade de membros da comunidade da USC.
Ver recurso
Quinto capítulo (8´ 21´´) da serie "Falemos do Reino de Galicia" que nos leva ao século XII, un período chave da nosa historia no que Diego Xelmírez xogou un papel fundamental. Nesta peza descubrirás como era a sociedade galega do século XII, por que foi tan relevante a figura de Xelmírez e que rol xogou na construción da catedral románica. A serie "Falemos do Reino de Galicia" está conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia.
Ver recurso
Se xa xa tiveches ocasión de ver a explicación do profesor Germán Santos sobre a orixe da vida, neste segundo vídeo (11´ 22´´), dirixido a alumnado da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO, aprenderás como evolucionou esta vida ata orixinar a gran diversidade de especies que existe na actualidade.
Ver recurso
Será certo que as formigas traballan arreo sen descanso, tal e como nos contaba Samaniego na súa fábula? Neste vídeo divulgativo (4´ 58´), pertencente á serie #DesmontadoMitos de GCiencia, Carlos Otero, entomólogo e profesor de bioloxía na USC, fálanos do fascinante mundo das formigas e explícanos que ademais de traballar arreo tamén descansan, aínda que de xeito organizado, facendo quendas coas súas compañeiras.
Ver recurso
A bióloga e investigadora Atocha Ramos fálanos nesta charla divulgativa (29´ 12´´) do traballo desenvolvido polo Grupo Naturalista Hábitat no coidado dos ríos e mares durante a última década. Atocha explícanos que debemos entender cando falamos de contaminación mariña e que tipos de limpeza ecolóxica se realizan. Así mesmo expón algúns resultados e conclusións obtidas nas diferentes campañas desenvolvidas, e remata ofrecéndonos unha serie de recomendacións relacionadas coa limpeza de lixo mariño. Esta charla tivo lugar en novembro de 2022 no marco das xornadas “Preservación dos mares a través das limpezas ecolóxicas”, organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña.
Ver recurso
Neste breve vídeo divulgativo (1´ 38´´) tes a oportunidade de coñecer un pouco mellor as diferentes liñas de traballo de attlanTTic, o centro que concentra as capacidades científicas da Universidade de Vigo no campo das tecnoloxías de telecomunicación. Grazas a AtlanTTic, a través do proxecto FalAI, no futuro poderemos dispoñer de tecnoloxías de intelixencia artificial que permitan ás persoas usar o galego no ámbito dixital.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 16´´) no que Coral del Río, coordinadora do grupo ECOSOT da Universidade de Vigo, nos explica como se pode cuantificar o grao de segregación dun grupo social, un concepto básico para poder comprender as orixes e identificar as consecuencias da desigualdade e da exclusión social.
Ver recurso

Vídeo didáctico (11´ 49´´) no que a profesora Alba Nogueira López, profesora do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela, nos fala do nacemento do dereito ambiental. Trátase dunha nova póla do dereito, que naceu hai uns 50 ou 60 anos, que permite protexer o medio ambiente coma un ben en sí mesmo. Esta peza forma parte da colección Videos didácticos USC.

Ver recurso
Vídeo didáctico (12´ 32´´) no que Félix Longueira Fafián, licenciado en Historia da Arte e profesor no ensino secundario, nos presenta as características arquitectónicas e artísticas dos seguintes mosteiros da Ribeira Sacra: o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, o mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, o mosteiro de San Paio de Abeleda e o mosteiro de San Pedro de Rocas. Se o prefires, podes ver a versión interactiva do vídeo nesta ligazón.
Ver recurso

Vídeo de TED (14' 21''). Por raro que pareza, nunha guerra non é a violencia a principal asasina de civís, senón as enfermidades, a fame e a pobreza. Isto é así porque a guerra destrúe as institucións que fan que a sociedade funcione (servizos, bancos, sistema alimentario, hospitais...). A doutora Margaret Bourdeaux propón un enfoque valente para garantir a recuperación unha vez rematado o conflito, e establece prioridades sobre o que se debería arranxar en primeiro lugar.

Tradución de Noelia Bernárdez Alonso para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo (7´ 31´´) de carácter didáctico sobre os dous modelos da estrutura interna da Terra propostos actualmente polos xeólogos: o modelo químico e o xeofísico. O modelo químico divide a Terra en tres capas (codia, manto e núcleo) segundo a súa composición química. Pola súa parte, o modelo xeofísico permite establecer cinco capas do interior terrestre de diferentes densidades e graos de rixidez (litosfera, manto superior, manto inferior, núcleo externo e núcleo interno). Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso
Documental (54´ 59´´) no que catro xeracións de mulleres migrantes falan sobre a súa contribución á supervivencia e ao benestar familiar, así como sobre o desigual reparto do peso dos coidados, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago. O documental está realizado por Agareso, co apoio da Universidade da Coruña, e dirixido por Sonia Díaz e Óscar Vázquez.
Ver recurso
Pensaches algunha vez que pasaría se meteses un bolo no forno e comezases a aumentar a temperatura sen límite? Neste vídeo divulgativo (6´ 17´´) Darío Lago explícache, desde o punto da vista da física, que similitudes hai entre o que lle acontecería ao teu bolo e a nucleosíntese primordial, é dicir, o que aconteceu uns segundos despois do Big Bang. Esta peza foi elaborada por O Son das Ideas e mais o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da serie "O amencer do cosmos", realizada coa finalidade de divulgar as orixes do Universo.
Ver recurso
Escoitaches algunha vez o termo fistor? Sabes o que significa? Neste vídeo didáctico (2´ 08´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", o académico Xesús Alonso Montero explícache a historia e o significado desta palabra chea de poesía.
Ver recurso
A queima de combustibles fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro asociadas son as principais causantes do quecemento da atmosfera e do cambio climático que estamos a sufrir na actualidade. Emilio Fernández Suárez, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Vigo, analiza nesta charla didáctica (1 h, 18´, 04¨) cales son as consecuencias que estas emisións de gases están a provocar nos nosos océanos. A charla, dirixida principalmente a alumnado de secundaria, foi emitida en directo o 21 de novembro de 2022 con motivo do XIII Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.
Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 32´´) no que o doutor Anees Bahji nos explica que é a esquizofrenia, unha das enfermidades máis a estigmatizadas a nivel social, identificada hai máis dun século pero da que se descoñecen aínda hoxe as súas causas exactas. A tradución ao galego desta peza é de Inés Rodríguez Chas e foi galardoada co segundo premio do #TEDSaúde 2022, na modalidade de membros da comunidade da USC.
Ver recurso
Cuarto capítulo (4´ 20´´) da serie web de ficción Sophias, que che permitirá achegarte ao legado de Simone de Beauvoir, a pensadora feminista máis coñecida da historia. A serie web Sophias está elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 46´´) no que o profesor Anxo Fernández nos explica, a través da resolución dun exercicio, como se estuda a continuidade dunha función. Este recurso está dirixido a alumnado de 1º curso de Bacharelato.
Ver recurso
Saberías dicir cal foi o primeiro ser vivo que apareceu no noso planeta? Como xurdiu? Onde? Neste vídeo didáctico (6´ 30´´), dirixido a alumnado da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO, o profesor Germán Santos fálanos das teorías que tentaron explicar a aparición dos primeiros seres vivos na Terra.
Ver recurso
Nova entrega da serie "Falemos do Reino de Galicia", conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia. O eixo argumental deste cuarto capítulo (8´ 26´´) é o fenómeno xacobeo, cuxas orixes podemos documentar no século IX. Cal é o contexto histórico, político e social que se agocha detrás do fenómeno xacobeo? Por que a tumba do apóstolo apareceu en Compostela e non en calquera outro lugar? As respostas, neste vídeo.
Ver recurso
O etanol, coñecido coloquialmente como alcohol, é unha molécula que se atopa nas bebidas alcohólicas e afecta ao noso corpo de diferentes xeitos, entre eles, producindo resaca. Neste vídeo de TED (4´ 51´´) Judy Grisel, profesora de psicoloxía e investigadora en neurociencia e adicións, explícanos as diversas consecuencias que ten a inxestión de alcohol e, concretamente, como se produce a resaca. Tradución ao galego de Laura López para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
Obradoiro didáctico (56´ 35´´), organizado polo Grupo Naturalista Hábitat e impartido polo naturalista ferrolán Xabier Prieto Espiñeira, que che permitirá achegarte á vez a dous mundos fascinantes: a fotografía e a natureza. Xabier explícanos os aspectos técnicos máis elementais da fotografía de natureza e ofrécenos algúns consellos prácticos sobre edición dixital, composición e realización de fotografía macro.
Ver recurso
Estes días coñecemos a nova de que a cidade da Coruña será a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), pero sabemos que é exactamente a intelixencia artificial? Neste vídeo divulgativo (2´ 30´´) Daniel Mosteiro Angueira, alumno do grao de Enxeñaría Informática da USC, explícanos en pouco máis de dous minutos que significa este concepto, cales son as principais aplicacións da disciplina e cal pode ser o seu principal reto para o futuro. Esta peza foi premiada cun accésit no I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química, organizado en 2022 pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Ver recurso
Xa coñeces o vídeo no que Xabier Pérez Couto nos fala dos diferentes métodos e instrumentos para calcular a latitude dun determinado lugar a partir das estrelas? Se é así, estás preparado/a para ver esta segunda parte (8´ 02´´) e descubrir como resolveu a ciencia o problema da determinación da lonxitude en alta mar.
Ver recurso
Terceiro capítulo (5´ 08´´) da serie web de ficción Sophias, elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas ao longo da historia. Nesta ocasión a protagonista é Simone Weil, unha filósofa complexa que faleceu aos 34 anos, deixando atrás unha obra extensa e profunda marcada pola revisión do marxismo e a mística.
Ver recurso
A poda é un dos labores fundamentais da silvicultura, á hora de planificar plantacións produtivas das que obter madeira de calidade para a industria; con toros rectos e bo diámetro, libres de nós... Neste vídeo divulgativo (4´ 03´´) a Asociación Forestal de Galicia amósanos as diferentes técnicas de poda das coníferas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (3´ 03´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", no que o académico Manuel González nos explica por que a locución preposicional latina "etcétera", que escribimos habitualmente coa abreviatura "etc.", non debe ir precedida de coma.
Ver recurso
Charla divulgativa (39´ 06´´) na que Álvaro Barros, membro do Grupo de Ecoloxía Animal (GEA) da Universidade de Vigo, nos fala das diferentes especies de gaivotas que habitan en Galicia, centrándose máis concretamente na gaivota patiamarela (Larus michahellis); esa que de seguro se achegou algunha vez a ti mentres tomabas algo placidamente na terraza dun café. Álvaro Barros explícanos as principais características desta especie, así como os problemas que experimentou nos últimos anos, ata converterse nunha especie ameazada. A charla tivo lugar o 27 de novembro de 2021 en Pontevedra, no transcurso das V Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Ver recurso
Terceiro capítulo (11´ 07´´) da serie "Falemos do Reino de Galicia", conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia. Nesta nova entrega diferentes investigadores e divulgares da historia medieval reflexionan sobre como puideron afectar á configuración da sociedade galega da época as invasións dos diversos pobos que tentaron asentarse na nosa terra durante o período altomedieval.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (6´ 57´´) no que o odontólogo Simón Pardiñas nos fala dunha das posibles causas da caída dos dentes: o desgaste dental. O doutor Pardiñas explícanos cales son os diferentes tipos de desgaste dental que hai en función da súa orixe, que síntomas deben poñernos en alerta e que medidas de prevención debemos tomar para evitar este problema.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 32´´), dirixido a alumnado de 1º de bacharelato, no que o profesor Germán Santos nos presenta a teoría da tectónica de placas. Esta teoría explica como é a litosfera (a parte sólida que constitúe a codia terrestre), cales son as diferentes placas nas que está dividida e como se desprazan estas placas sobre o manto terrestre. Outros vídeos da mesma serie: -A deriva continental -Da deriva continental á tectónica de placas
Ver recurso
Vídeo divulgativo (25´ 02´´) no que se presentan diferentes aplicacións, baseadas na intelixencia artificial, que podes empregar para crear contidos na túa páxina web ou nas túas redes sociais. Estas son concretamente as ferramentas que aprenderás a usar para a creación de texto, vídeo ou imaxe: Dall-e 2, Stable Diffusion GUI, Writesonic, Open AI, Pictory e Synthesia.
Ver recurso
En 1926 créase no seo do Seminario de Estudos Galegos (SEG) un novo “Arquivo gráfico” ou Sección de Catalogación Iconográfica, que empeza a funcionar baixo a dirección de Constantino Candeira, co propósito de elaborar a “Catalogación iconográfica de Galicia”. Neste vídeo divulgativo (2´ 10´´) explícannos a grande importancia que os elementos gráficos (ilustracións e fotografías) tiñan nas campañas de investigación do SEG. A peza forma parte da serie de vídeos conmemorativos coa que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir a historia, e o patrimonio documental e artístico do SEG.
Ver recurso
Probablemente todos saibamos a estas alturas que o bitcoin é diñeiro dixital, pero sabemos en que se diferencia doutros medios de transacción dixitais como as tarxetas de crédito ou PayPal? Neste vídeo divulgativo (2´ 58´´) María Caseiro Arias e Juan Pablo García Amboage, alumnos do grao de Enxeñaría Informática da USC, axudaranche a entender que son e como funcionan as criptomoedas, concretamente, o bitcoin. Esta peza foi unha das gañadoras do I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química, organizado en 2022 pola Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC.
Ver recurso
Ti tamén es dos que pensas que o sentido do olfacto é o menos importante dos cinco sentidos? Se é así, e ademais adoras comer, se cadra non estás a darlle toda a importancia que merece. Neste vídeo de TED (2´ 54´´) a doutora Jen Gunter explícanos como funciona o olfacto e tamén nos conta como a nosa capacidade de ulir e saborear traballan xuntas para brindarnos unha experiencia sensorial completa. Tradución ao galego de María Moreno.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 28´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", no que a académica Margarita Ledo nos explica a diferenza semántica que existe entre as palabras solpor e luscofusco, usadas as dúas para nomear espazos temporais que transitan do día para a noite, pero que non son sinónimas.
Ver recurso
Primeira parte dunha serie de vídeos divulgativos nos que Xabier Pérez Couto nos achega a un dos problemas máis importantes da historia da ciencia: determinar as nosas coordenadas xeográficas en alta mar a partir das estrelas. Esta primeira parte (9´ 59´´) céntrase concretamente no cálculo da latitude.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 08´´), pertencente á serie “Sempre activos, é saúde”, elaborado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para concienciar á poboación xeral dos beneficios do exercicio físico para a nosa saúde e calidade de vida. Nesta peza en concreto descubrirás cales son os beneficios dos exercicios de flexibilidade para o teu corpo e obterás as indicacións necesarias para poder facelos correctamente.
Ver recurso
Vídeo didáctico (31´ 15´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que os creadores Sandra Sánchez e Jorge Coira nos falan da capacidade narrativa dun montador/a e nos achegan as claves para afrontar a montaxe dunha película, deténdose en cuestións como o tipo de cortes, o ritmo, a duración dos planos ou o tempo psicolóxico. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.
Ver recurso
Segundo capítulo (5´ 05´´) da serie web de ficción Sophias, elaborada polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de crear recursos audiovisuais que axuden a divulgar no ámbito do ensino as ideas das mulleres filósofas ao longo da historia. Nesta segunda entrega terás a oportunidade de achegarte ao pensamento de Mary Wollstonecraft e Olympe de Gouges, filósofas que, no marco da Ilustración, reivindicaban que a muller fose tida en conta como suxeito social e incorporada en igualdade á nova orde social.
Ver recurso
Segunda entrega (10´ 54´´) da webserie "Falemos do Reino de Galicia", que trata das pegadas que deixaron en Galicia os suevos, pobo xermánico que se asentou no noso territorio no ano 409 e fundou un reino que foi independente ata o 585. Este reino estivo liderado por Hermerico, que se proclamou rei de Galicia no 411. Tendo en conta que nun primeiro momento os suevos loitaron contra os galaicos para impor o seu poder, podemos falar dun "reino galego"? E por outra banda, seguiremos a ter hoxe algo de suevos? Descubriralo neste capítulo. A serie "Falemos do Reino de Galicia" está conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia.
Ver recurso
Se xa viches o primeiro vídeo do profesor Germán Santos sobre os peixes e os anfibios, neste segunda parte (7´ 01´´) poderás coñecer as características específicas dos outros tres grupos de animais vertebrados: os réptiles, as aves e os mamíferos. O vídeo está dirixido a alumnado de 1º curso da ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 59´´) no que Celestino Quintela Sabarís, investigador do grupo GEA da Universidade de Vigo, nos presenta os obxectivos do proxecto CASUABIOTA, que pretende estudar os organismos do solo que viven asociados a tres especies de árbores da familia das casuarináceas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 37´´) no que Anxo Fernández (docente de matemáticas no ensino medio) explica, de xeito práctico, como se resolven os sistemas de ecuacións lineais usando a regra de Cramer. Este recurso está dirixido a alumnado de 2º curso de Bacharelato.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (15´ 04´´) no que Sara Recondo Estévez, enxeñeira en telecomunicacións pola Universidade de Vigo e doutoranda no programa "Métodos matemáticos e simulación numérica" da Universidade da Coruña, nos fala das matemáticas que se agochan dentro das bucinas do ceramista galego Nacho Porto. Partindo dun traballo realizado durante o seu mestrado en matemáticas industriais da UVigo, no que realizou unha modelización matemática e simulación numérica do comportamento acústico desas bucinas, avaliou a súa amplificación sonora e caracterizou os puntos fortes e febles das pezas, Sara explícanos nesta charla unha cuestión moi concreta: como afecta a apertura da "gorxa" da bucina na propagación do son. A charla tivo lugar en 2021 no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", organizada pola USC e destinada fundamentalmente a estudantes de grao e mestrado.
Ver recurso
Primeiro capítulo (9´ 42´´) da webserie "Falemos do Reino de Galicia", conducida por Carlos Lixó, doutor en Historia e profesor da materia no ensino secundario, e producida pola cooperativa audiovisual Suseia. Neste primeira entrega o medievalista Carlos Lixó, xunto con outros expertos académicos e divulgadores, explícannos como se construíu a historia na contemporaneidade, provocando que a existencia do Reino de Galicia (unha realidade cientificamente demostrada) fose ignorada e ocultada pola historiografía oficial durante décadas, provocando que 14 séculos desaparecesen do noso imaxinario colectivo.
Ver recurso
Vídeo didáctico (7´ 20´´), dirixido a alumnado de 1º curso da ESO, no que o profesor Gemán Santos presenta as características xerais dos animais vertebrados, que se clasifican nos seguintes cinco grupos: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos. Nesta primeira parte, aprenderás cales son as características específicas dos peixes e os anfibios.
Ver recurso
Documental (25´ 26´´), elaborado pola Asociación Forestal de Galicia, sobre a realidade dos montes veciñais en man común, unha figura baseada na propiedade e uso colectivo do monte que forma parte da nosa identidade e cultura e, ao mesmo tempo, ten un gran peso no mapa forestal galego, pois un terzo de todo o monte de Galicia é comunal.
Ver recurso
Seguramente escoitaches a Treixadura cantar algunha vez "Se chove deixa chovere. Se orballa deixa orballare..." e chamouche a atención ese "-e" final que aparece nos verbos chover e orballar. Neste vídeo didáctico (1´ 35´´), pertencente á serie Pregúntalle á Academia, o académico Xosé Luís Regueira explícanos en que consiste o ‘-e’ paragóxico, un fenómeno frecuente no galego oral.
Ver recurso
Antes de comezar a gravación da película, cómpre planificar as tomas que imos facer. Neste vídeo didáctico (24´ 47´´), dirixido a alumnado de secundaria, a cineasta Giselle Llanio e o realizador Luís Avilés fálannos dos elementos fundamentais da linguaxe de planos nunha película: encadramento, movementos de cámara e tomas. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (21´ 17´´), emitido en Nós Televisión, que che permitirá achegarte a unha das figuras máis sobranceiras da cultura galega: Domingo Fontán Rodríguez (1788-1815). Este xeógrafo e ilustrado galego foi o autor da Carta geométrica de Galicia (1834), o primeiro mapa moderno e rigoroso do noso territorio, que sería base cartográfica de proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas.
Ver recurso

Vídeo (4´ 03´´) no que Iria Veiga e Javier Balea nos falan do cambio climático: que é, cales son as súas causas e como afecta ás nosas vidas. Descubrirás tamén en que consiste o efecto invernadoiro ou a que nos referimos ao falar de quecemento global.
Trátase da cuarta entrega da sección “Concienciadas”, espazo audiovisual de divulgación científica do xornal Praza Pública.

Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 01´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, no que Xacobo de Toro explica en que consiste a contaminación atmosférica, cales son as diferentes causas que provocan a alteración da composición normal da atmosfera e que consecuencias ten esta contaminación para o planeta.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (13´ 45´´) no que Carmela Cela nos fai un retrato biográfico de Isabel Zendal, unha muller galega, orixinaria de Ordes, que está considerada como a primeira enfermeira da historia en participar nunha misión humanitaria internacional. A enfermeira Isabel Zendal participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina (1803-1812) , dirixida polo doutor Francisco Xavier Balmis co obxectivo de levar a vacina da varíola a América.
Ver recurso
A intelixencia artificial (IA) lévase implementando desde hai anos en diferentes ámbitos especializados pero foi o modelo ChatGPT, tan de actualidade estes días nos medios de comunicación, o que permitiu ao conxunto da sociedade comprobar de primeira man o enorme potencial da IA. Neste vídeo divulgativo (24´ 05´´) Mario Barcala, enxeñeiro informático e doutor en computación pola UDC, fainos unha demostración das posibilidades de uso de ChatGPT en tarefas relacionadas coa lingüística. Esta peza foi elaborada ao abeiro da iniciativa "Palabras binarias: informática para lingüistas", desenvolvida pola empresa NLPgo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (52´ 42¨) no que se reproduce unha conversa con Ramón Varela Díaz, doutor en Ciencias Biolóxicas, presidente de ADEGA entre 1981 e 1996 e autor da obra Contaminación atmosférica en Galiza (1994). Nesta conversa reflexiona sobre as seguintes cuestións: a situación de contaminación atmosférica de Galicia e a súa evolución, a crise das industrias electrointensivas, o peche do ciclo das térmicas galegas, a transición ecolóxica, a emerxencia climática, a política forestal do país e os lumes forestais.
Ver recurso

Vídeo de TED (2´ 48´´). Hai unha partida de Tetris desenvolvéndose a escala global: o espazo de xogo é a Terra, e todos eses molestos bloques que caen son dióxido de carbono -un gas de efecto invernadoiro que está acumulándose máis rapidamente a medida que imos queimando os combustibles fósiles que fan funcionar os nosos coches, fábricas e plantas eléctricas.

Joss Fong amosa de forma resumida como esta sobreprodución de CO₂ nos leva ao cambio climático, e lémbranos que, ao revés ca no Tetris, aquí non temos a oportunidade de parar a partida e volvela comezar. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez.

Ver recurso
Vídeo didáctico (10´ 22") no que aprenderás a facer un sinxelo experimento na casa para evidenciar as consecuencias que ten na nosa atmosfera o fenómeno natural coñecido como "efecto invernadoiro". A peza foi elaborada por Xacobo de Toro e Aida Alvela Louro, en colaboración co Salón do Libro de Pontevedra.
Ver recurso

Documental (15´ 29´´) sobre o cambio climático dirixido por Ruth Chao e Javier Silva no marco do proxecto de educación ambiental Climántica. No vídeo achéganse cifras e datos concretos que permiten afirmar que o cambio climático é o maior desafío ao que imos ter que enfrontarnos neste século. Diferentes expertos na materia explican as causas (naturais e industriais) que están a provocar este cambio, así como as consecuencias que tería para o planeta, e en concreto para Galicia, o feito de non revertelo.

Ver recurso
Charla de TED (7´ 37´´) na que Joseph Redmon nos fai unha demostración en directo do funcionamento do sistema YOLO, un sistema de visión artificial de código aberto capaz de identificar instantaneamente obxectos tanto en vídeo como en imaxes estáticas, cunha precisión superior ao 99 por cento. Estamos a falar dunha innovadora tecnoloxía con múltiples aplicacións, como por exemplo os coches autónomos, a robótica ou mesmo a detección do cancro. Tradución ao galego de Mario Cal.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1 h, 4 ´), dirixido a alumnado de educación secundaria, no que Francisco Díaz-Fierros Viqueira, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, nos fala dos extremos climáticos que padecemos no verán de 2022 (provocados polo cambio climático) e de como as ciencias básicas poden axudar a predicir o clima. Esta charla emitiuse en directo o 4 de novembro de 2022 con motivo do XIII Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (43´ 54´´), dirixido a alumnado de secundaria, emitido en directo o 28 de novembro de 2022 con motivo do XIII Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia. Nesta charla, o enxeñeiro químico Luis Díaz Allegue, que traballa actualmente en ANFACO como responsable de proxectos no eido da economía circular e a sustentabilidade, fálanos dos retos que supón o cambio climático para a seguridade alimentaria mundial, pois as mudanzas a longo prazo de temperatura, humidade e padróns de precipitacións, así como a frecuencia de fenómenos meteorolóxicos extremos, están afectando ás prácticas agrícolas e á calidade nutricional dos cultivos.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (10´ 18´´) no que se fai un retrato biográfico de Elvira López Mourín, unha enfermeira orixinal de Láncara (Lugo) que formou parte do primeiro voo de carácter sanitario da historia de España, realizado o 1 de novembro de 1922 co obxectivo de socorrer os feridos da batalla de Tizzi Azza en Marrocos. Grazas á súa entrega e valentía foi merecente no seu momento do recoñecemento dos reis Alfonso XIII e Victoria Eugenia. Case un século despois, Elvira López Mourín protagonizou o selo de Correos co que se conmemorou en 2020 o Ano Internacional das Enfermeiras e Matronas.
Ver recurso
Despois da catástrofe do Prestige, o Grupo de Investigación de Análise e de Conservación da Biodiversidade da USC elaborou un mapa de microrreservas de flora ameazada ao longo de toda a Costa da Morte. Neste vídeo divulgativo (7´ 44´´) preséntase un proxecto de voluntariado ambiental para a conservación das zonas húmidas e a flora, impulsado por ADEGA e o Concello de Fisterra, co obxectivo de poñer en valor e preservar as cinco microrreservas de flora que hai na actualidade neste concello.
Ver recurso

Vídeo (1' 46'') do proxecto "A Universidade responde" en que a profesora Anuska Mosquera Corral, do Departamento de Enxeñaría Química da USC, explica como se poden obter bioplásticos a partir das augas residuais que se xeran na industria ou no consumo doméstico.

A partir destes bioplásticos pódense facer bolsas, botes de xel ou xampú ou poden utilizarse en medicina para suturas ou válvulas cardíacas.

Ver recurso

Vídeo de TED (3´ 57´´). Por que é o "x" o símbolo do descoñecido? Nesta breve e divertida charla TED Terry Moore revela a sorprendente resposta. Tradución ao galego de Raquel Uzal. 

Ver recurso

Vídeo (35' 36'') que recolle a intervención de Estíbaliz Espinosa, escritora, filóloga e membro da Agrupación astronómica Ío, no Naukas Coruña 2017.

Nela, reflexiona sobre a curiosidade que irmanda ciencia e humanidades. A fascinación pola vida, polo Universo, polo espazo que nos rodea. Que contan a literatura ou a arte sobre iso?

Ver recurso
Vídeo divulgativo (12´ 11´´) no que se realiza un percorrido pola vida, a obra e o pensamento de Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851- Madrid, 1921), unha intelectual polifacética adiantada ao seu tempo, pioneira en ocupar espazos tipicamente masculinos na súa época e considerada actualmente a mellor novelista española do século XIX. A peza foi realizada por Diseño Comunicación Cazamanzana, ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (25´ 45´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que o técnico de son David Machado e o director e músico Enrique Otero nos falan da importancia que ten o son (e o silencio) nunha película. En concreto, fálannos das técnicas audiovisuais que fan que os diálogos, as voces, o rango dinámico e a música se poñan ao servizo do proxecto audiovisual, converténdose en ferramentas imprescindibles para poder contar a historia. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 03´´), elaborado pola Asociación Forestal de Galicia, no que se amosan as diferentes fases de traballo na plantación de frondosas caducifolias: preparación do terreo, acondicionamento do solo, elección do marco de plantación axeitado, repicado de raíces (no caso de ser preciso), elección das épocas idóneas da plantación, fertilización da terra, plantación da propia planta e posterior colocación de sistemas de protección.
Ver recurso
Chamámoslle escoliose ao aumento da asimetría tridimensional da columna vertebral, cando existe rotación vertebral e un mínimo de 10 graos de desviación. Neste vídeo divulgativo (2´ 12´´), elaborado polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, fálase da escoliose idiopática (a que non ten unha causa específica), dos métodos de detección temperá e do papel do fisioterapeuta unha vez que xa dispomos dun diagnóstico médico firme.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1 h, 7´) no que Xisela Fernández nos ensina cales son as mellores técnicas e condicións ambientais para crear un horto urbano. En concreto, aprenderás cal é o mellor espazo, e como debes planificalo, para que medren as túas plantas, e cales son os principais factores que debes ter en conta para que os resultados sexan óptimos: tipoloxía da terra ou substrato, abonos, rego, enfermidades e posibles tratamentos.
Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 12´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", no que o académico Francisco Fernández Rei nos explica a orixe dos termos que usamos en galego para nomear as catro estacións do ano: primavera, verán, outono e inverno.
Ver recurso

Igrexa románica do século XII. É o elemento que se conserva do antigo mosteiro bieito feminino de Dozón. Un dos exemplos mellor conservados do románico rural galego da provincia de Pontevedra cun dos testeiros máis traballados, posuíndo unha gran riqueza ornamental. Ademais conserva o campanario orixinal, construído nun sitio atípico dentro desta tipoloxía de arquitectura relixosa. Este recurso foi incorporado a Proxector por Ana Moreno.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (6´ 17´´) no que Xabier Pérez Couto nos fala de como poden clasificarse as estrelas segundo o seu brillo. Aprenderás o significado de conceptos como "magnitude aparente" ou "magnitude absoluta" (aplicados ás estrelas) e tamén descubrirás cales son os dez astros máis brillantes que poden divisarse desde o ceo de Galicia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 24´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía de Ramona Vaamonde (1907-1997), microbióloga e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Durante a guerra civil o seu laboratorio convértese no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago, onde se producen os fármacos para os soldados de guerra e nesta mesma etapa a nosa protagonista acada tamén o título de enfermeira. En 1975 o seu papel foi decisivo na detección do virus do cólera en Santiago, evitando deste xeito unha epidemia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 55´´) no que se explica de xeito breve e ameno en que consiste a doazón de medula ósea, elaborado co obxectivo de fomentar este tipo de doazóns e desmontar o falso mito sobre a súa complexidade. Esta peza foi elaborada por María Losada Miguéns, Mikalela Viqueira Giovachini e Paula Martínez Graña, estudantes da Facultade de Ciencias de Comunicación da USC, e obtivo o segundo premio do I Concurso Universitario de Curtametraxes relacionados coa Doazón de Médula Ósea 2015/2016.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 43´´) que fai un percorrido pola vida e obra do químico Tomás Batuecas, a quen a Real Academia Galega de Ciencias dedicou o Día da Ciencia en Galicia en 2019, coincidindo co 150 aniversario da creación da táboa periódica. Tomás Batuecas Marugán (Aldeanueva del Camino, Cáceres, 1893 - Santiago de Compostela, 1972) comezou a súa relación con Galicia en 1932, tras gañar a cátedra de Química Física da Universidade de Santiago de Compostela e acabaría converténdose nun referente internacional da determinación dos pesos atómicos dos elementos químicos.
Ver recurso
A saúde mental está fortemente estigmatizada a nivel social, debido en boa parte aos mitos e prexuízos que a rodean. Nesta charla divulgativa (57´ 44´´) a psiquiatra Iria Veiga trata de desmontar eses mitos e fálanos da ciencia e a pseudociencia que hai detrás dos trastornos mentais. A charla tivo lugar en 2016 no marco do proxecto "Escépticos no Pub Compostela", unha iniciativa de divulgación científica da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción).
Ver recurso
Con motivo da pandemia da Covid-19 comezou a circular moita información falsa en Internet sobre a suposta relación da tecnoloxía 5G e a propagación do coronavirus SARS-CoV-2. Neste vídeo divulgativo (2´ 12´´) o investigador do Grupo de Tecnoloxías de Información de atlanTTic, Felipe Gil, fai un percorrido breve pola historia das telecomunicacións e explícanos en que consiste realmente o 5G e cales son as súas aplicacións, aproveitando para deixar claro que a súa relación coa Covid-19 é nula. Esta peza forma parte da serie "Unha cuestión de ciencia", elaborada pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
Ver recurso
Todos os seres vivos realizan tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. Neste vídeo didáctico (2´ 59´´), dirixido a alumnado de 1º da ESO, o profesor Germán Santos explica concretamente en que consiste a función de relación nas plantas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 59´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", no que o académico Xesús Ferrol Ruibal nos explica cal é a orixe histórica da palabra "bisesto", adxectivo masculino que se lle aplica aos anos que teñen un día máis en febreiro, é dicir, trescentos sesenta e seis días en total.
Ver recurso
Vídeo didáctico (17´ 02´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor Anxo Fernández completa unha presentación anterior sobre a aplicación do Teorema de Rouché-Frobenius e mais a regra de Cramer para a discusión e posterior resolución dun sistema de ecuacións con parámetros.
Ver recurso
Vídeo didáctico (29´ 39´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que descubrirás cales son as claves para que os e as intérpretes expresen con empatía o que está escrito no guión, logrando deste xeito que película chegue ao público. Sandra Montes (directora de probas de selección e asistente de dirección) e Miguel de Lira (actor) fálannos das diferentes técnicas de interpretación e das habilidades necesarias para construír personaxes. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (16´ 01´´) no que Yoana Besteiro Balado, residente do terceiro ano de Medicina Interna no Hospital Universitario Lucus Augusti, nos fala da axitación e do delirio no paciente con patoloxía crónica avanzada. Concretamente, na súa exposición explica que se entende por delirio (estado de confusión agudo provocado por unha disfunción cerebral difusa), que clínica produce e como se manexa. Esta charla tivo lugar en outubro de 2021, no marco das actividades formativas organizadas polo Hopital Universitario Lucus Augusti.
Ver recurso
Vídeo didáctico (20´ 32´´), dirixido a alumnado de 2º de Bacharelato, no que o profesor de matemáticas Anxo Fernández che axuda a resolver un exercicio moi habitual das ABAU, onde hai que discutir e resolver un sistema de ecuacións con parámetros. Aprenderás a resolver este exercicio aplicando o Teorema de Rouché-Frobenius.
Ver recurso
Conferencia didáctica (44´ 18´´) na que Marcelino Maneiro, profesor titular en Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (USC), nos fala da relación da química coa estética e a semiótica, así como da "linguaxe universal" recollida na táboa periódica que nos permite “formular con arte”. A charla está dirixida a alumnado de secundaria e foi organizada por Igaciencia en novembro de 2013, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego.
Ver recurso
Moitas enfermidades infecciosas poden causar lesións na boca que, á súa vez, poden transmitirse por contacto con fluídos corporais como a saliva. Neste vídeo divulgativo (6´ 45´´) o odontólogo Simón Pardiñas fálanos de saúde bucal, de sexo oral e de enfermidades de transmisión sexual (ETS). Descubrirás cales son as ETS que máis se transmiten pola boca e cal é o seu posible tratamento.
Ver recurso
Vídeo didáctico (47´, 27´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que Xosé Fraga (doutor en Bioloxía e diplomado en Historia das Ciencias ) fala da relevancia científica da oceanógrafa Ángeles Alvariño (1916-2005), expoñendo tamén algúns aspectos pouco coñecidos da súa vida, como foron as dificultades que tivo que afrontar ao longo da súa carreira profesional polo feito de ser muller. A charla tivo lugar o 1 de decembro de 2022 con motivo do XIII Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 09´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, no que Alma Gómez, investigadora do Laboratorio de Informática Aplicada desta mesma universidade, nos explica en pouco máis dun minuto que é e para que serve a Internet das cousas.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 05´´), dirixido a alumnado de 1º da ESO, no que o profesor Germán Santos nos fala dos artrópodos, un tipo de animais invertebrados ao que pertencen os insectos, os arácnidos, os miriápodos e os crustáceos. Esta peza completa outros dous vídeos anteriores sobre os animais invertebrados: "Animais invertebrados I" (sobre os poríferos e os cnidarios) e "Animais invertebrados II" (sobre os moluscos, os anélidos e os equinodermos).
Ver recurso
Vídeo de TED (7´ 34´´) que nos fala dunha innovadora tecnoloxía aplicable ao sector dos vehículos autónomos. Trátase dunha cámara que consegue ver mellor ca os seres humanos, concretamente a través das esquinas, conseguindo que os vehículos autónomos poidan esquivar obstáculos que se atopan fóra do seu campo visual. Neste vídeo poderás ver un experimento no que se pon en práctica ao aire libre esta tecnoloxía, elaborada polo enxeñeiro David Lindell durante os últimos anos de doutoramento no Laboratorio de Imaxe Computacional de Stanford. Tradución ao galego de Noelia Collazo Boullosa.
Ver recurso
É normal ter que escribir "vinte e un" separado, cando realmente o pronunciamos todo xunto? Neste vídeo didáctico (2´ 26´´), pertencente á serie "Pregúntalle á Academia", a académica Rosario Álvarez responde esta cuestión e explícanos como deben escribirse en galego os numerais.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 59´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía de Olimpia Valencia (Baltar, 1898- Vigo, 1987), a primeira xinecóloga galega. Despois de cursar Maxisterio, matricúlase en Medicina en Santiago de Compostela, a súa verdadeira vocación, e licénciase con Premio Extraordinario e Matrícula de Honra. Aos 30 anos abre en Vigo a súa propia consulta xinecolóxica, profesión que exerce ata a xubilación. Esta pioneira galega tamén foi unha das fundadoras, en 1930, da Academia Médico Quirúrgica de Vigo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 59´´), publicado na revista dixital Galicia10, no que se amosa unha visión panorámica da riqueza biolóxica, paisaxística e arqueolóxica das montañas do Courel. O Courel está considerado a gran reserva natural de Galicia grazas á Devesa da Rogueira, un bosque onde se poden atopar a meirande parte das nosas especies vexetais autóctonas, mais tamén atesoura unha importante riqueza histórica, xeolóxica e arqueolóxica. Descubriralo nestes dous minutos.
Ver recurso
Vídeo didáctico (25´ 03´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que Fany Bello (xefa de estilismo) e Ángel Amaro (director de arte) nos explican cal é a función do Departamento de Arte e Estética nun proxecto audiovisual. Nesta “olloclase” descubrirás a importancia dos decorados, os aderezos, o vestiario, a maquillaxe ou o peiteado no proceso de elaboración dunha película. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.
Ver recurso
Dicía o Padre Sarmiento que en Galicia cada palmo de terra ten o seu nome. Neste cuarto capítulo (8´ 50´´) da serie audiovisual Na Terra Fonda, elaborada pola Cooperativa Xarda, descubrirás cales foron as pegadas lingüísticas que diferentes culturas (prerromana, xermánica, árabe, latina...) deixaron na nosa toponimia. Esta peza foi elaborada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 24´´) no que Elena Peña Vázquez, profesora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, nos fala das nefastas consecuencias que ten para o medio ambiente a presenza de residuos plásticos. En concreto, a profesora Peña explícanos como a expectometría infravermella pode axudar na clasificación daqueles plásticos reciclables que carecen de código PIC. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo (7´ 23´´) que explica como se sentaron as bases da teoría da tectónica de placas e como se chegou á conclusión de que o solo oceánico está en continua expansión. Poderás introducirte no coñecemento do fondo oceánico a partir dos datos que achegaron dous xeólogos pioneiros: Marie Tharp, que elaborou o primeiro mapa do fondo oceánico e constatou a existencia das dorsais, e Harry Hess, precursor da teoría da expansión do fondo oceánico. Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 05´´), elaborado pola Deputación de Lugo, no que se presenta unha das nosas grandes xoias naturais: a Devesa da Rogueira, unha reserva natural de tres quilómetros cadrados de bosque autóctono que se estende pola faldra do Monte Formigueiros, no Concello de Folgoso do Courel. Calcúlase que o 90% das especies vexetais de Galicia conviven neste rico ecosistema, localizado no Xeoparque Mundial Montañas do Courel, declarado en 2019 pola Unesco.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 30´´) no que se ofrece un breve resumo da vida e obra de dúas relevantes mulleres científicas: Hipatia de Alexandría (370-415) e a matemática galega María Josefa Wonenburger (1927-2014). Esta peza foi realizada por Sara Marco Andrade, Carmen Caeiro Arca e Sofía Caramés Lage, alumnas de 4º de ESO do IES Frei Martín Sarmiento ( Pontevedra), e recibiu o premio do público no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2019.
Ver recurso
As rochas son masas formadas por un ou varios minerais. Neste video (6´ 39´´) aprenderás cales son as características destes tres tipos de rochas: as magmáticas, as sedimentarias e as metamórficas. A peza foi creada como paterial de apoio didáctico para a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO, e na súa elaboración participou o propio alumnado.
Ver recurso

Vídeo (50') que recolle a intervención de Elena Vázquez Abal no ciclo de divulgación científica "Achegando a ciencia 2018".

Nela a relatora fala sobre as matemáticas e sobre algunhas das grandes científicas olvidadas.

Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 20´´) no que Kathy Hannun nos explica os inconvenientes que supón, desde o punto de vista medioambiental e de seguridade para as persoas, manter a temperatura ambiente nunha estancia empregando sistemas de calefacción convencionais. Como alternativa, preséntanos a enerxía xeotérmica como unha opción máis accesible, sustentable e respectuosa co planeta. Tradución ao galego de Penny Martínez.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 01´´), dirixido a alumnado de 1º da ESO, no que o profesor Germán Santos nos fala de tres grupos de animais invertebrados: os moluscos, os anélidos e os equinodermos. Esta peza completa un vídeo anterior, no que se presentaban outros dous grupos de invertebrados: os poríferos e os cnidarios.
Ver recurso
Seguro que nalgunha ocasión sentiches dor nos dentes ao tomar un xeado ou unha bebida quente. Sabes cal é a razón? Neste vídeo divulgativo (5´ 15´´) o odontólogo Simón Pardiñas fálanos das causas da hipersensibilidade dental e dos seus posibles tratamentos, ao tempo que nos dá algunhas recomendacións alimentarias que poden axudar a diminuír as molestias.
Ver recurso
Co gallo da conmemoración do Día da Ciencia en Galicia, neste ano 2022 a Real Academia Galega de Ciencias réndelle homenaxe a Juan Rof Codina (El Prat de Llobregat, Barcelona, 1874 – Lugo, 1967) como “científico galego do ano”. Neste vídeo divulgativo (8´ 24´´), autoría de Fernando Cortizo, poderás achegarte aos datos máis salientables da vida persoal e profesional de quen foi o impulsor da veterinaria moderna en Galicia e en España, e o ideólogo da modernización do noso sector agropecuario.
Ver recurso
Vídeo didáctico (25´ 46´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que Lucía Catoira Pan e Alberte Branco "Bertitixi" nos explican cal é a función do Departamento de Fotografía na elaboración dunha película. Nesta “olloclase” aprenderás como se traballa cos encadramentos, a óptica, os movementos de cámara e a luz no proceso de composición audiovisual. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, actividades e prácticas.
Ver recurso
Charla divulgativa (42´ 41´´) na que María Loureiro, catedrática do Departamento de Análise Económica da USC, analiza as políticas climáticas desde a perspectiva da economía ambiental, fundamentando a súa análise na información obtida en fontes de datos masivos. A charla tivo lugar en 2019 no marco do proxecto "Escépticos no Pub Compostela", unha iniciativa de divulgación científica da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción).
Ver recurso
Está a poboación inmigrante representada de xeito equilibrado en todas as ocupacións do mercado laboral en relación ao seu peso demográfico en España? Neste vídeo divulgativo (2´ 03´´) Coral del Río, coordinadora do grupo ECOSOT da Universidade de Vigo, fálanos da segregación ocupacional existente na poboación inmigrante, así como das súas consecuencias en termos económicos e de cohesión social.
Ver recurso
Sabías que moitos premios Nobel teñen relación directa co estudo dos cristais? Neste obradoiro didáctico (51´ 55´´) Vicente Mohedano fálanos da cristalografía, a rama da ciencia que estuda os cristais, e explícanos como o descubrimento dos raios x a finais do século XIX foi fundamental para a determinación da estrutura interna dos cristais, o que dou lugar a que a cristalografía se convertese nunha disciplina básica para outras ramas da ciencia, como a física, a química ou biomedicina, entre outras. Esta charla, dirixida a alumnado de secundaria, desenvolveuse no marco da iniciativa Galiciencia 2021.
Ver recurso
Obradoiro didáctico (1 h e 5´) sobre a produción e cultivo de plantas ornamentais, impartido pola enxeñeira agrónoma Noelia López López. Aprenderás, entre outras cousas, como crecen estas plantas, como se nutren, cales son os substratos idóneos para o seu cultivo, como lles afecta o déficit ou exceso de auga, e cales son os síntomas foliares das deficiencias nutricionais.
Ver recurso

Vídeo (1´ 20´´) de divulgación científica, difundido na canle GCiencia TV, no que se describe de xeito breve o túnel de Montefurado, unha obra de enxeñaría que realizaron os romanos hai case 2.000 anos no concello de Quiroga (Lugo), para desviar o curso do río Sil e buscar ouro entre os sedimentos.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 03´´), elaborado por ADEGA, no que se pon en valor o patrimonio paisaxístico e histórico que constitúen os muros e valados de pedra en Galicia, poñendo énfase na súa capacidade para crear hábitats e aumentar a diversidade biolóxica. Esta peza audiovisual elaborouse no marco das xornadas "Aproximación ao patrimonio cultural e natural dos valados na paisaxe da Reserva da Biosfera Terras do Miño", que tiveron lugar en Muras o 13 e 14 de decembro de 2021.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 07´´) no que Anxo Fernández (docente de matemáticas no ensino medio) explica que representa a derivada desde o punto de vista xeométrico. Concretamente, explica o seguinte concepto matemático: a interpretación xeométrica da derivada dunha función nun punto. Este recurso está dirixido a alumnado de 1º curso de Bacharelato.
Ver recurso
Pensaches algunha vez que che pasaría se apareceses de súpeto no cume do Everest? Neste vídeo de TED (5´ 11´´) Andrew Lovering explícanos que se nos teletransportásemos desde o nivel do mar ata unha altitude de 8.848 metros (que é a que ten o Everest) o noso corpo non aturaría a presión atmosférica e afogariamos en poucos minutos. Pero pasaría o mesmo se esa mesma viaxe a facemos pouco a pouco? Neste vídeo tes a resposta, que che axudará a entender como algunhas persoas conseguen aturar esa incrible altitude e sobrevivir no cume deste monte varias horas. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez Río.
Ver recurso
Vídeo didáctico (28´ 19´´), dirixido a alumnado de secundaria, no que Xosé Castro “Pato”, Andrés Mahía e Araceli Gonda explican cales son os aspectos que hai ter en conta para elaborar o guión dunha peza audiovisual e achegan recomendacións para crear a trama e os personaxes dunha historia interesante. Esta peza elaborouse ao abeiro do proxecto "Aprendo con Olloboi", unha iniciativa didáctica deseñada para difundir o audiovisual galego nas aulas. Material complementario: introdución para profes, propostas de actividades e prácticas.
Ver recurso
Desde os anos 60-70 do pasado século XX, o "tsunami urbanizador" foi tan intenso nas Rías Baixas que hoxe case podemos dicir que un esquío podería percorrelas dunha punta a outra saltando de tellado en tellado. Neste vídeo divulgativo
(54´ 40´´) o arquitecto Martín Barreiro Cruz fálanos dos ecosistemas humanos que habitan nese xigantesco continuo-edificado de 800 km² que coñecemos como Rías Baixas. Esta charla tivo lugar en 2019 no marco do proxecto "Escépticos no Pub Compostela", unha iniciativa de divulgación científica da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción).
Ver recurso
Viches a introdución do profesor Germán Santos sobre o reino dos metazoos? Pois neste segundo vídeo (7´ 30´´) terás ocasión de aprender máis cousas sobre os animais invertebrados en xeral, e concretamente sobre estes dous grupos: os poríferos (ao que pertencen as esponxas) e os cnidários ou celentéreos(ao que pertencen as medusas). Este recurso está dirixido a alumnado de 1º da ESO.
Ver recurso
Segundo capítulo (11´ 52´´) da serie audiovisual Na Terra Fonda, elaborada pola Cooperativa Xarda ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. Se xa viches o primeiro capítulo, onde se explica que é a talasonimia, nesta segunda entrega poderás aprender máis polo miúdo en que consiste a súa función xeolocalizadora a través das marcas, empregadas polos mariñeiros para evitar accidentes e tamén para localizar os lugares idóneos para a pesca.
Ver recurso
O/a fisioterapeuta educativo/a é o/a profesional que traballa para facilitar o acceso ao currículo do alumnado con necesidades educativas especiais asociadas coa discapacidade física. Neste vídeo divulgativo (2´ 18´´), elaborado polo Colexio de Fisioterapeutas de Galicia, poderás coñecer como traballan e que funcións concretas desenvolven estes profesionais.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 29´´) elaborado por alumnado do CPR Santiago Apóstol de Narón para o concurso "O meu elemento", organizado pola Facultade de Ciencias, o grupo de innovación CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da USC. Nesta peza represéntase teatralmente como Ida Tacke e Walter Noddack conseguen en 1925 illar por primeira vez con raios x os elementos químicos que hoxe coñecemos como renio (Re) e tecnecio (Tc).
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 13´´) no que a lingüista María Pereira che explica que é un estranxeirismo e cales son as súas regras de acentuación segundo as normas ortográficas da Real Academia Galega. Esta peza, pertencente á serie Pregúntalle á Academia, axudarache a entender por que Hóckey leva acento e, pola contra, rugby non.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 14´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía da científica galega Antonia Ferrín Moreiras (Ourense, 1914 – Santiago de Compostela, 2009). Con estudos universitarios en diferentes áreas do coñecemento (químicas, farmacia, maxisterio e matemáticas), a nosa protagonista pasou á historia por ser a primeira astrónoma galega e a primeira muller en España en presentar unha tese doutoral na área da astronomía. Nesta peza preséntase un breve perfil biográfico desta pioneira galega.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 07´´) no que Sara Calvete Lorenzo, doutoranda do Grupo de Estudos Audiovisuais da USC, nos presenta o obxecto da súa tese, centrada no corte dos corpos femininos no cinema, especialmente nas películas de terror e ciencia ficción. Para estudar este concepto tan amplo e difuso Sara Calvete bota man da teoría do triplo corte (de creación propia), que é a que lle dá nome á súa tese. Na súa exposición explícanos cales son exactamente os fundamentos desta teoría. Esta peza audiovisual recibiu o Premio de Excelencia de Divulgación Científica na primeira edición do concurso "Teses en tres minutos", que organizou a Universidade de Santiago de Compostela en 2022.
Ver recurso
Terceira entrega (10´ 20´´) da serie audiovisual Na Terra Fonda, elaborada pola Cooperativa Xarda ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. Este novo capítulo céntrase nos nomes dos penedos, leiras e camiños das montañas e serras do interior de Galicia. Descubrirás as características e a motivación do valioso tesouro toponímico que atesouran aínda moitos pastores galegos; un patrimonio que se non se recolle e estuda agora, está destinado a perderse.
Ver recurso
Vídeo didáctico (51´ 41´´) no que Pablo Antonio Fraga Gontán, nos explica como se deben podar exemplares xuvenís de castiñeiros para que nun futuro dean castañas, teñan un bo porte e soporten as inclemencias do clima. Este curso formativo desenvolveuse ao abeiro do proxecto "Lugo+Biodinámico", impulsado polo Concello de Lugo en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
En 2016 a Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Ignacio Ribas Marqués (Palma de Mallorca, 1901 - Santiago de Compostela, 1996) "Científico Galego do Ano". Neste vídeo divulgativo (13´ 13´´) coñecerás os datos máis salientables da vida e a obra deste científico, considerado o impulsor da química orgánica en Galicia grazas aos seus traballos sobre a obtención de produtos naturais a partir de especies vexetais autóctonas.
Ver recurso
En bioloxía denomínanse "metazoos" un amplo grupo de animais pluricelulares, nos que as células están organizadas en tecidos e órganos e realizan diferentes funcións biolóxicas. Neste vídeo didáctico (4´ 23´´), dirixido a alumnado de 1º da ESO, o profesor Germán Santos ofrece unha breve e divertida introdución ao reino dos metazoos (ou reino animal).
Ver recurso
Vídeo divulgativo (27´ 33´´), pertencente á serie da TVG Historias de Galicia, no que se fai un percorrido pola historia social do idioma galego desde a Idade Media ata o século XIX. Descubrirás as diferentes vicisitudes que aconteceron neste período, no que o galego pasou de ser o idioma culto no que o rei Afonso X escribía as cantigas, a converterse no século XIX nunha lingua oprimida polo poder centralizador, usada por labregos e mariñeiros, e identificada co atraso socioeconómico. Contra esta discriminación alzaron a voz diferentes intelectuais, entre os que Rosalía de Castro ocupou un lugar destacado, converténdose a súa obra Cantares Gallegos (1863) no principal símbolo do rexurdimento literario do idioma.
Ver recurso
A través das imaxes gravadas na Praia de Fechiño (Vigo), Antía Lago amósanos neste vídeo divulgativo (51´´) o rico ecosistema que se crea nas charcas intermareais formadas en zonas rochosas. Tamén nos explica cal é o motivo de que a biodiversidade sexa diferente entre unhas charcas e outras. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Primeiro capítulo (11´) da serie audiovisual Na Terra Fonda, elaborada pola Cooperativa Xarda ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. Nesta primeira entrega, da man de diferentes profesionais e estudosos do ámbito da toponimia, poderás introducirte na talasonimia galega, o conxunto de nomes propios vinculados ao mar e aos accidentes costeiros. Aprenderás en que consisten as dúas funcións principais da talasonimia (xeolocalizadora e descritiva), cales son algunhas das motivacións que se agochan detrás deste tipo de topónimos, e a importancia que tiveron mariñeiros coma Pepe Selegante ou O Maghinó no proceso de compilación e recuperación deste valioso patrimonio inmaterial.
Ver recurso
O gurgullo das palmeiras (Rhynchophorus ferrugineus) é un insecto orixinario do Sueste Asiático que chegou a Galicia en 2013, converténdose nun auténtico asasino para estas árbores. Neste breve vídeo divulgativo (1´ 08´´), difundido por GCiencia, descubrirás como consegue este insecto matar as palmeiras.
Ver recurso
Vídeo TED (16' 45'') en que o xenetista Svante Pääbo, premio Nobel de Medicina 2022, comparte os resultados dun extenso estudo, de escala mundial que demostra, por medio de rastros no ADN, que os primeiros seres humanos se aparearon con neanderthais ao saíren de África. E tamén, como o minúsculo óso do dedo dun bebé abondou para identificar unha especie humanoide completamente nova.
Ver recurso
Clase maxistral (41´ 48´´) na que Pablo Romero Fresco, cineasta e docente do Departamento de Tradución e Lingüística da UVigo, nos fala do actual divorcio que existe no ámbito cinematográfico entre os procesos de produción e os procesos de tradución e accesibilidade. Pablo Romero reivindica na súa exposición a idea do "cine accesible" (que é aquel que ten en conta a tradución e a accesibilidade durante o propio proceso de produción cinematográfica), así como a importancia dos subtítulos e da accesibilidade creativa como carta de presentación do produto audiovisual. Esta peza forma parte do proxecto audiovisual Expande Cans, realizado pola Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 06´´) no que Senén Barro Ameneiro, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico do CiTIUS da Universidade de Santiago de Compostela, nos fala de intelixencia artificial e do camiño que aínda queda por percorrer para conseguir que as máquinas sexan conscientes da súa propia existencia. Esta peza forma parte da colección Videos didácticos USC.

Ver recurso
Todos temos comprobado algunha vez o restaurador que pode resultar durmir unha pequena sesta, pero resulta igual de beneficiosa independentemente da súa duración? Neste vídeo de TED (4´ 57´´) Sara C. Mednick fálanos dos beneficios cognitivos da sesta segundo a duración que teña (é dicir, segundo as fases de sono que inclúa), e tamén nos explica cal sería a hora do día máis aconsellable para que o descanso resulte máis beneficioso. Tradución ao galego de Penny Martínez.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 57´´) no que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia nos explica que é unha lesión medular (LM), cales son as súas causas máis habituais, que consecuencias pode ocasionar, dependendo da súa gravidade e da súa localización, e cal é o papel do fisioterapeuta no proceso de rehabilitación do paciente.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 38´´), pertencente á serie "O Seminario de Onomástica responde", no que da man do académico Antón Santamarina descubrirás cal é a orixe e o significado do topónimo Triacastela.
Ver recurso
Vídeo didáctico (7´ 07´´), emitido no programa Polo Rego da Televisión de Galicia, no que Rosendo Luis Estévez Parada, técnico en explotacións agrícolas e experto en conservación de alimentos e depuración de augas, nos ensina a facer unha determinación da textura do solo para coñecer as distintas partículas que o compoñen. Unha vez que coñezas as partículas que ten o teu solo e a súa porcentaxe, poderás saber tamén cal é a súa tipoloxía: areoso, areoso-limoso, arxiloso ou franco, sendo este último o idóneo para cultivar tanto no xardín coma na horta.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (39´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo, no que a investigadora Raquel Nieto nos explica que son os sumidoiros dos ciclos hidrolóxicos, un dos temas de estudo do grupo de investigación ao que pertence: Ephyslab.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (28´ 31´´), pertencente á serie da TVG Historias de Galicia, que fai un percorrido histórico por un dos pés nos que tradicionalmente se asentou a economía galega: a pesca. Esta viaxe documental comeza na Idade Media no barrio pontevedrés da Moureira, onde os mariñeiros galegos comezaron a organizarse en gremios e a comerciar coa sardiña, valéndose de técnicas de salgado e secado. No século XVIII, da man dos cataláns, chegarían novas técnicas de captura e sistemas de produción, precursores da industria conserveira. Coñecer a historia dos mareantes e dos conserveiros axudarache a entender os alicerces nos que se asenta a nosa actual industria naval, pesqueira e acuícola.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 31´´) no que Noelia García Liñares e Eugenia Saavedra Guerra, alumnas do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda, nos explican que é unha isomería espacial e en que consisten os dous tipos de isomería existentes: a isomería xeométrica e a isomería óptica. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 19´´) no que o odontólogo Simón Pardiñas nos fala da alveolite, unha infección que pode xurdir nos días posteriores á extracción dun dente. O doutor Pardiñas explícanos como se orixina e cales son as súas causas, que tipos diferentes de alveolite existen, como podemos previr a infección e, no caso de que xa a teñamos, como debemos tratala.
Ver recurso
Charla-concerto de carácter didáctico (49´ 45´´), impartida o 20 de febreiro de 2021 na Cidade da Cultura, na que Pablo Carpintero e Rosa Sánchez fan un percorrido polas gaitas de fol existentes en diferentes lugares do noroeste da península polos que transcorre o Camiño de Santiago. Coñecerás as características construtivas e musicais dos diferentes tipos de gaitas que temos documentadas, desde a Idade Media ata a actualidade.
Ver recurso
Coellos, cobaias, furóns, papagaios ou réptiles convertérense co paso do tempo en mascotas habituais nos nosos fogares. Con todo, moitos destes animais non se adaptan de xeito doado á vida doméstica e precisan coidados especiais. Neste vídeo divulgativo (4´), pertencente á serie #DesmontadoMitos de GCiencia, Ángela González (doutora en veterinaria da USC) explícanos o comportamento natural dalgúns destes animais, unha información que cómpre ter en conta para que a convivencia non se faga complicada.
Ver recurso
Máis do 95% do océano, ese gran descoñecido para o ser humano, permanece inexplorado. Neste vídeo divulgativo (5´ 07´´), difundido pola Fundación CETMAR - Centro Tecnolóxico do Mar, diferentes científicos e profesionais vinculados á cultura marítima tratan de concienciarnos da importancia de coñecer o océano e o seu funcionamento, pois só a partir deste coñecemento poderemos traballar de xeito eficiente na súa protección e preservación.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (7´ 37´´) que amosa, a partir de imaxes reais, a rica diversidade biolóxica e lingüística que agocha o noso fondo mariño. Coñecerás os diferentes fondos que hai ao longo das nosas costas e as especies mariñas que os habitan, así coma os seus nomes en galego. Esta iniciativa foi realizada por Jaime Beiro Formoso, co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Co gallo da celebración do Dia da Ciencia en Galicia 2018, a Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Domingo Fontán Rodríguez (Portas, 1788 - Cuntis, 1866) "Científico Galego do Ano". Neste vídeo divulgativo (5´ 56´´) poderás achegarte aos datos máis salientables da vida e obra do autor do primeiro mapa científico de Galicia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 54´´) no que Ana Sampedro Viana nos fala da necesidade de buscar novos enfoques terapéuticos baseados no control de riscos á hora de enfocar o tratamento do ictus, e este é precisamente o obxecto da súa tese: a busca dun enfoque neuroprotector que permita diminuír o risco de padecer enfermidades neurovasculares. Esta peza foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Teses en tres minutos", que organizou a Universidade de Santiago de Compostela en 2022.
Ver recurso
Conferencia de carácter divulgativo (1 h, 29´, 58´´) na que Elena Vázquez Abal, profesora do Departamento de Matemáticas, Xeometría e Topoloxía da USC fala do método científico, co obxectivo de fomentar a vocación científica entre os mozos e mozas e inicialos na análise crítica da realidade. A súa exposición teórica está complementada por unha divertida representación teatral, a cargo do actor César Goldi.
Ver recurso
Sabías que o teatro se pode empregar con obxectivos terapéuticos? Neste vídeo divulgativo (2´ 14´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, Sara Fernández Aguayo explícanos en que consiste a dramaterapia, cales son os principios nos que se basea e que beneficios podemos obter desta técnica terapéutica.
Ver recurso
Os/as organistas sempre foron músicos respectados dentro do oficio. Neste vídeo divulgativo (27´ 30´´) coñecerás a historia e a singularidade dos e das organistas en Galicia. Na peza amósanse noticias e composicións, algunhas delas inéditas, dos e das intérpretes e compositores que escribiron para este instrumento e, a través de entrevistas, dáselles voz a organistas e compositores contemporáneos. Trátase da última entrega dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, analizado desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. Outros vídeos da mesma serie:
Ver recurso
Vídeo de TED (15´ 23´´), no que Jorge Mira, catedrático de electromagnetismo no Departamento de Física Aplicada da USC, nos explica cales son as diferenzas e similitudes dos patróns de comportamento na reprodución sexual dos seres humanos, con respecto a outras especies. Ao longo dos séculos, canto influíu a bioloxía e canto outros condicionantes sociais nos mecanismos de atracción sexual e selección de parellas entre humanos? Descubriralo nesta charla.
Ver recurso
Moitos dos filmes que chegan ás nosas pantallas son adaptacións cinematográficas de obras literarias creadas previamente, pero sabías que o proceso tamén pode darse á inversa? Neste vídeo divulgativo (5´) Rocío G. Pedreira, profesora da Área de Didáctica da Lingua e da Literatura na USC, explícanos en que consisten as reescrituras literarias de películas, un fenómeno que ten especial relevancia no ámbito da literatura infantil.
Ver recurso
Vídeo didáctico (7´ 21´´). É indubidable que o incremento do tráfico marítimo internacional favoreceu o desenvolvemento económico a nivel global. Non obstante, este incremento no fluxo de mercadorías polos mares do mundo tamén está a supoñer un incremento no risco de que se produzan verteduras accidentais de substancias nocivas e perigosas para o medio ambiente. Por outra banda, a nosa sociedade tamén percibe cada vez máis axeitado conservar determinados ecosistemas mariños polas vantaxes que iso leva consigo. Non obstante, a nosa sociedade segue dividida no conflito derivado desa dualidade de preferencias: desenvolvemento económico versus conservación ambiental.
Ver recurso
Sabías que a forma das pupilas non é a mesma en todos os animais? Hai moitos animais de pastoreo, como as cabras, que teñen pupilas rectangulares. Outros animais, pola contra, téñenas en forma de media lúa ou de corazón. Ten isto algunha relación co rol que eses animais desenvolven no seu propio ecosistema? Neste vídeo de TED (4´ 59´´) Emma Bryce fálanos concretamente dos gatos domésticos e explícanos por que as súas pupilas son verticais. Tradución ao galego de Penny Martínez.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (24´ 34´´) no que descubrirás en que consiste o antigo e complexo oficio dos organeiros en Galicia. Nesta peza faise un percorrido desde a Idade Media pola historia destes artesáns galegos e preséntanse algunhas das publicacións pioneiras en materia de organería, tanto aquelas impresas en Galicia, como as que foron impresas fóra pero que hoxe se conservan nas nosas bibliotecas. Trátase da terceira entrega dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, analizado desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. Outros vídeos da mesma serie:
Ver recurso
Vídeo divulgativo (56´´) elaborado por alumnado do IES Terra de Trasancos de Narón para o concurso "O meu elemento", organizado pola Facultade de Ciencias (USC), o grupo de innovación CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da USC. Nestas peza descubrirás algunhas das principais características e potencialidades do estroncio, un metal alcalinotérreo cuxo símbolo na táboa periódica é Sr.
Ver recurso
É nocivo para unha muller bañarse ou asearse cando está menstruando? É posible quedar embaraza durante o período? Preguntas similares a estas chegan a miúdo ás consultas xinecolóxicas. Neste vídeo divulgativo (4´), pertencente á serie #DesmontandoMitos de GCiencia, a xinecóloga Cristina González Cea fálanos das diferentes crenzas e estigmas que ao longo da Historia se asociaron a este proceso fisiolóxico, así como dos mitos que aínda na actualidade existen sobre o tema.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 10´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía de Ángela Ruiz Robles (1895-1975), mestra e inventora nada en Villamarín (León) en 1895, pero que desenvolveu a súa traxectoria profesional en Galicia, ata finar en 1975 en Ferrol. Ademais dos seus méritos como pedagoga, Ángela Ruiz pasou á historia da ciencia por ser a inventora da "Enciclopedia mecánica", un dispositivo moi avanzado para a época que está considerado coma o precursor do libro electrónico.
Ver recurso
Seguro que xa oíches falar da tecnoloxía 5G e de todos os supostos perigos que supón, pero teñen fundamento científico estes temores e prevencións? Neste vídeo divulgativo (6´ 21´´) Diego Ferraz Castiñeiras explícanos que é a rede 5G, como funciona, cales son as súas aplicacións e que impacto ten realmente esta tecnoloxía móbil, tanto no que respecta á nosa saúde como á saúde do medio ambiente.
Ver recurso
Seguramente puideches comprobar nalgún momento da túa vida os efectos negativos que a calixe seca ten para a saúde, pero sabías que este fenómeno tamén ten efectos positivos para o medio ambiente?
Neste vídeo divulgativo (1´ 18´´) Cristina Correa Segade explícanos os efectos beneficiosos que ten a calixe seca tanto nos ecosistemas terrestres, debido á súa función fertilizante, como nos ecosistemas oceánicos, onde fomenta a biodiversidade mariña e facilita a absorción de dióxido de carbono. Así mesmo, tamén pode afirmarse que afecta de xeito positivo no clima, xa que axuda a reducir a radiación solar. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Último capítulo da serie dirixida por Luís Baños Campo sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco. Concretamente, neste vídeo (6´ 35´´) ponse o foco na súa faceta política. Da man de Nate Pazo poderás achegarte ao ideario deste intelectual ourensán, membro das Irmandades da Fala, que foi recoñecido polos seus contemporáneos como o principal teórico do nacionalismo galego. Chegou a colaborar nun primeiro momento coa ditadura de Primo de Rivera, iniciada en 1923, mais logo dimitiu dos seus cargos de concelleiro e deputado provincial, e celebrou a caída da ditadura e a creación da segunda república, creando en 1931, xunto con Otero Pedrayo, o Partido Nazonalista Repubricán de Ourense, que posteriormente se integraría no Partido Galeguista. En 1936, tras a integración do Partido Galeguista na Fronte Popular, Risco abandona o partido por discrepancias coa súa deriva esquerdista, e pasa a integrarse na Dereita Galeguista, mais lonxe xa da primeira liña de acción política dos anos precedentes. A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (25´ 42´´) no que Cristina Piñeiro Corbeira, membro do grupo de investigación BioCost da Universidade da Coruña, nos alerta sobre a desaparición dos bosques mariños de Galicia. Na súa exposición fálanos da diversidade de especies de macroalgas que forman os bosques mariños e, centrándose concretamente nos bosques formados por especies laminariais, explica cales foron os cambios observados nos últimos tempos, cales serían as potenciais causas da regresión observada e que perspectivas de futuro temos. A charla tivo lugar o 27 de novembro de 2021 en Pontevedra, no transcurso das V Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade, organizadas pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).
Ver recurso
Co ánimo de compensar a ausencia de referentes femininos nos libros de texto, Sara Ramos López e Uxía Varela Castro (alumnas do IES Afonso X O Sabio de Cambre) ofrecen neste vídeo didáctico (1´ 52´´) unha breve presentación da matemática e escritora inglesa Ada Lovelace (1815-1852), que se converteu na primeira programadora da historia. Esta peza foi galardoada co primeiro premio do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.
Ver recurso
Sakena Yacoobi cóntanos nesta charla de TED (17´ 03´´) que tivo lugar en 2005 como impartiu docencia na clandestinidade en Afganistán cando os talibáns pecharon todas as escolas para nenas do país. Pola súa propia experiencia persoal, Sakena (que tivera a sorte de poder acceder ao ensino universitario nos Estados Unidos) sabía que o acceso á educación transforma para ben a vida das persoas, polo que durante o réxime talibán decidiu crear escolas clandestinas para que os nenos e nenas do seu país puidesen ter acceso a unha educación digna, formando primeiro aos/ás educadores/as en valores coma os dereitos humanos, a igualdade de xénero e a democracia. Sakena cóntanos a sorprendente historia de como uns rapaces talibáns que adoitaban ameazala polo feito de estar a educar a mulleres, pasaron a converterse nos seus colaboradores despois de que ela os convidase a asistir ás súas clases. Isto demostra que é imprescindible contar tamén cos homes nos proxectos educativos baseados na igualdade de xénero, porque a educación é a ferramenta máis poderosa para transformar o pensamento das persoas. Tradución ao galego de Sara Dosil Amor.
Ver recurso
Reportaxe (11´ 57´´) elaborada en 2011 polo programa Reporteiros da TVG, en colaboración co Grupo Genoma da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, na que se amosan imaxes dos fondos mariños a unha profundidade de case 2.000 metros, gravadas por un robot submarino a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa. A reportaxe fíxose no marco da Expedición Gran Burato, realizada a uns 150 km da ría de Muros co obxectivo de atopar gas ou outro tipo de hidrocarburo que se puidese explotar comercialmente. Descubrirás como se desenvolve unha investigación deste tipo e cales son as súas múltiples aplicacións.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 28´´), dirixido a alumnado de 3º da ESO da materia de Ciencias Sociais. Félix Longueira Fafián, licenciado en Historia da Arte e profesor no ensino secundario, explica as características artísticas dos pazos renacentistas e barrocos, as fastosas residencias urbanas da realeza, a nobreza ou a rica burguesía. Concretamente, preséntanos detidamente o pazo Pitti, unha construción renacentista da Florencia do s. XV; o pazo Barberini, edificación barroca construída en Roma no s. XVII e o pazo de Versalles, residencia dos reis de Francia entre 1682 e 1789, tamén de estilo barroco. Como representantes deste tipo de construcións urbanas en Galicia, menciónanse brevemente o pazo de Bendaña (Santiago de Compostela) e o pazo de Oca (A Estrada), ambos os dous de estilo barroco. Se o prefires, podes ver a versión interactiva desta lección premendo aquí.
Ver recurso
Documental de carácter divulgativo (35´ 45´´), realizado a partir das investigacións científicas inéditas de Ruth Varela sobre o Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, obra do arquitecto Joaquín Vaquero Palacios (1900-1998). Descubrirás cales son as principais características deste complexo arquitectónico inaugurado en 1943, que conseguiu integrar de xeito harmonioso a aldea e o campo na vida social e cultural da cidade, ata converterse na actualidade nun símbolo cultural e nun dos principais atractivos turísticos da capital galega. A peza está realizada por Pablo Francisco Soto Goluboff e Ruth Varela ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. En 2023 recibiu dous importantes premios: “Finalista na categoría de divulgación na 6th edición do Premio Europeo AHÍ” e “Finalista na categoría de investigación e difusión na XVI Bienal Española de Arquitectura y Urbanismo, BEAU”.
Ver recurso
O progreso tecnolóxico e as aplicacións informáticas que empregamos actualmente na nosa vida cotiá facilítannos a vida. Iso case ninguén o pon en cuestión, pero poden os aparellos intelixentes poñer en risco a nosa intimidade? Neste vídeo divulgativo (5´) Tomás Fernández, catedrático de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores da USC, explícanos como as grandes empresas tecnolóxicas, ou mesmo particulares con fins ilícitos, poderían conseguir información privada dos/as usuarios/as a través das aplicacións ás que nós mesmos lles damos permiso para acceder ao micrófono, ou daquelas outras que se instalan sen o noso coñecemento. Esta peza forma parte da serie #DesmontadoMitos, elaborada por GCiencia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 53´´) no que Manuel Piñeiro Fiel nos presenta o tema de estudo da súa tese. Manuel fálanos da aplicación da radiómica no campo da oncoloxía, unha nova ferramenta tecnolóxica que permite diagnosticar con maior precisión os tumores a través dos datos extraídos de imaxes médicas. Esta peza foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Teses en tres minutos", que organizou a Universidade de Santiago de Compostela en 2022.
Ver recurso
Vídeo didáctico (25´ 01´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que se explica a relación entre os idiomas galego e portugués e se fala das potencialidades que ten o feito de que ambos os dous idiomas teñan esta relación tan estreita. Tamén aprenderás unhas regras sinxelas que che permitirán entender e ler “desde o galego” calquera texto redactado en portugués. A presentación foi elaborada por Nel Vidal Barral, docente de Lingua Galega e Literatura no ensino medio, durante o confinamento do ano 2020.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 02´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, no que Eduardo Méndez, investigador do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT), nos fala da procedencia africana dos primeiros habitantes de Galicia. En pouco máis de dous minutos descubrirás cal é a cronoloxía en Galicia destes primeiros asentamentos humanos de orixe africana e que tipo de ferramentas fabricaban.
Ver recurso
Charla-concerto de carácter didáctico (1 h 6´ 18´´) no que Pablo Carpintero, coa colaboración de Rosa Sánchez, fai un percorrido polas gaitas de fol do noroeste peninsular, explicando as súas características construtivas e musicais, así como a súa relación coa paisaxe. Esta charla foi impartida no marco dunha xornadas organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 47´´) no que Pablo Rodríguez Vila nos presenta unha compilación de canles de Youtube nas que o profesorado atopará contidos susceptibles de seren empregados como material didáctico de apoio nas aulas. Na súa selección amósanos recursos de temáticas variadas: física, xeoloxía e bioloxía, educación plástica e visual, literatura e contidos transversais.
Ver recurso
A xerostomía, ou sensación de boca seca, é o resultado dun fluxo inadecuado de saliva. Non se trata propiamente dunha enfermidade, senón do síntoma dun trastorno médico ou dun efecto secundario de certos medicamentos. Neste vídeo (6´ 19´´) o odontólogo Simón Pardiñas explícanos polo miúdo as posibles causas e o tratamento para a boca seca.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (14´ 29´´) no que María Ferreiro Subrido, doutoranda na área de Xeometría da Facultade de Matemáticas da USC, nos fala da modelización xeométrica do movemento da rotación da Terra. En concreto, cóntanos como foi mudando ao longo da Historia a percepción e o coñecemento sobre o movemento da Terra, ata que en 1851 o físico fránces Bernard León Foucault demostrou cientificamente o seu movemento rotatorio. María demóstranos como grazas á xeometría podemos entender de xeito doado o experimento do péndulo de Foucault. A charla tivo lugar en 2021 no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", organizada pola USC e destinada fundamentalmente a estudantes de grao e mestrado.
Ver recurso
Segunda entrega dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, analizado desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. Neste segundo vídeo (22´ 15´´) descubrirás que é un órgano, como funciona este instrumento musical, cantos hai actualmente en Galicia, que características teñen e cal é o estado no que se atopan. A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. Outros vídeos da mesma serie:
Ver recurso
Vídeo de TED (7´ 24´´) no que Hailey Hardcastle nos explica, a partir da súa propia experiencia persoal, como pode interferir a saúde mental dos adolescentes no seu rendemento escolar. En ocasións, o propio colexio pode converterse nunha fonte de estrés e ansiedade, polo que compren estratexias educativas públicas destinadas a coidar a saúde emocional do alumnado. Hailey explícanos como varios colectivos de estudantes de Oregón conseguiron que se regulase por lei o dereito a coller días libres por saúde mental, igual que acontece cos problemas de saúde física. Tradución ao galego de Javier Vázquez.
Ver recurso
Oíches algunha vez que o efecto Coriolis provoca que a auga do desaugadorio xire cara á dereita no hemisferio norte e cara á esquerda no hemisferio sur? Neste vídeo (4´) da serie #DesmontandoMitos, o físico teórico José Manuel Sánchez de Santos explícanos en que consiste este efecto, descrito por primeira vez en 1836 polo científico francés Gaspard-Gustave Coriolis, e en que circunstancias sería realmente perceptible. Esta peza foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Quinta entrega da serie de 6 capítulos breves, dirixidos por Luís Baños Campo, sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco. Neste vídeo (4´ 49´´) Nate Pazo fálanos da súa faceta como xornalista. Foi precisamente na súa obra xornalística na que introduciu as vangardas, tentando modernizar o discurso do nacionalismo e chegando a influír notablemente nos artistas plásticos da posguerra. Colaborador asiduo de diferentes xornais e revistas nacionalistas, Vicente Risco foi un dos grandes impulsores da revista Nós (1920-1936), voceiro dos intelectuais da xeración Nós. Despois da guerra, continúa o seu labor xornalístico como colaborador en xornais como La Noche ou La Región, neste último con artigos memorables recollidos posteriormente no libro Libro de las horas (1961). A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Documental de carácter divulgativo (9´ 3´´) que nos achega á concepción e construción dunha das escaleiras máis singulares de todo o barroco europeo, a escaleira de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Unha escaleira concibida polo arquitecto galego Domingo de Andrade (1639-1712); un dos grandes mestres da arquitectura galega ao que a Real Academia Galega de Belas Artes dedicou, nos anos 2020 e 2021, o Día das Artes. Un documental dirixido por Pablo Soto Goluboff, baixo a idea orixinal, guión e asesoría científica da arquitecta Ruth Varela. A peza, realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021, conta co traballo do matemático Fernando Alcalde (USC) e dos arquitectos: José Antonio Franco Taboada (UDC), Ana González Uriel (UPM) e Manuel de Miguel Sánchez (UAH), así como coa colaboración da Fundación Compostela Arquitectura.
Ver recurso
Marta Rodríguez Fernández, estudante de doutoramento na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría, fálanos nesta charla (8´ 13´´) da viticultura de precisión e da aplicación das novas tecnoloxías no cultivo da vide. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso

Vídeo documental (17' 22'') en que se presentan e describen os faros desta comarca costeira galega, así como as lendas, tradicións e historias a eles vinculadas. Trátase dunha produción feita para o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, dirixida e presentada por Manuel Vilar.

Ver recurso
A quen non lle recomendaron algunha vez que, despois de comer, debía agardar dúas horas a facer a dixestión antes de meterse na auga? Neste vídeo (4´) descubrirás que a recomendación, malia poder ser correcta para a nosa seguridade, non é de todo acertada, xa que a clave non é ter (ou non) comida no estómago, senón o cambio brusco de temperatura, que pode provocar desaxustes no noso organismo. Cóntacho con detalle Víctor Arce, catedrático de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Esta peza, pertencente á serie #DesmontandoMitos, foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Partindo da súa propia experiencia no proxecto Xeoclip, Xacobo de Toro explícache neste vídeo (6´ 13´´) como podes tirarlle proveito ás imaxes 360º para elaborar material didáctico atractivo para o alumnado. Só precisas unha cámara 360 ou instalar a aplicación "Google Maps street view".
Ver recurso
Primeira parte dunha serie de catro vídeos de carácter divulgativo sobre o mundo do órgano en Galicia, visto desde o punto de vista histórico, musical e patrimonial. O obxectivo da serie é difundir a historia destes instrumentos musicais, así como a dos organistas que os tocaron e os organeiros que os construíron. Neste primeiro vídeo (19´ 56´´), de carácter introdutorio, coñecerás, da man de diferentes profesionais e investigadores, cal é a importancia do órgano como parte substancial do noso patrimonio musical, cal é o grao de coñecemento que temos deste patrimonio e cal é a información da que dispomos para reconstruír a súa historia. A iniciativa foi desenvolvida por Sirgo Torcendo, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022. Outros vídeos da mesma serie:
Ver recurso
Vídeo didáctico (17´ 06´´), dirixido a alumnado de 4º da ESO, no que se presenta unha panorámica xeral da literatura galega desde 1936 ata a actualidade. A presentación, elaborada por Nel Vidal Barral (docente de Lingua Galega e Literatura no ensino medio) durante o confinamento do curso 2019-2020, permite que o alumnado se familiarice cos diferentes autores/as antes de pasar ao estudo literario dos seus textos.
Ver recurso
Sabes o que significan as siglas PEFC que aparecen nalgunhas etiquetas de roupa ou noutros materiais de cartón, papel ou madeira? Enrique Valero, investigador do grupo de enxeñaría agroforestal da Universidade de Vigo, explícanos neste vídeo subtitulado ao galego (2´ 41´´) en que consiste a certificación PEFC e que relevancia ten para o medio ambiente.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´ 11´´), elaborado por Carmela Cela, onde se presenta de xeito breve a biografía de dúas mulleres galegas que foron pioneiras no ámbito da ciencia: Jimena e Elisa Fernández de la Vega. As irmás Fernández de la Vega, xemelgas, naceron en Vegadeo en 1895 e convertéronse nas primeiras mulleres licenciadas en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Nesta peza coñecerás a traxectoria destas dúas galegas que marcaron, por méritos propios, un fito na historia da muller e da medicina.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 29´´) no que Isabel García, Iria López e Enrique Touceda nos presentan, dun xeito informal e divertido, as principais características do oganesson, un elemento químico da serie dos gases nobres coñecido antigamente como “ununoctio”. Este foi un dos traballos premiados no concurso "O meu elemento", organizado en 2019 pola Facultade de Ciencias, o grupo de innovación CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Cuarta entrega da serie de 6 capítulos breves, dirixidos por Luís Baños Campo, sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco. Neste vídeo (5´ 23´´) coñecerás, da man de Nate Pazo, a súa faceta de literato. Formado primeiro no modernismo e posteriormente no saudosismo, Vicente Risco acabou asimilando o surrealismo e como autor foi un “escritor total” que cultivou todos os xéneros (narrativa, poesía, teatro, ensaio), mais foi coa súa novela O porco de pé (1928), unha crítica aceda ao arribismo, coa que deixou sen dúbida unha pegada imborrable na literatura galega. A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
En 1835 o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España declarou os Penedos de Pasarela e Traba "Formas Singulares" no primeiro mapa xeolóxico de Galicia elaborado polo xeólogo Guillermo Schulz. Moitos anos despois, no ano 2009, a Xunta de Galicia declarounos "Paisaxe Protexida". O Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte (SEMESCOM) amósanos neste documental (23´ 18´´) a beleza e singularidade destas formacións xeolóxicas situadas nos municipios de Vimianzo e Laxe. A dirección e o guión son de Xosé María Lema e Roberto Mouzo.
Ver recurso
Despois de presentar brevemente varias experiencias inspiradoras desenvolvidas en centros galegos e tamén de enumerar algunhas das principais eivas que actualmente sufre os sistema escolar, neste vídeo de TED (16´ 34´´) Xosé Manuel Dopazo, profesor de Lingua e Literatura e director do IES Maruxa Mallo, proponnos tres accións moi simples que contribuirían a mellorar o actual sistema educativo. Darlle máis relevancia á creatividade na profesión docente, concienciar aos pais e nais da importancia de participar no proceso educativo do alumnado no seu conxunto e incorporar a experiencia das empresas no proxecto escolar son as propostas coas que Manuel Dopazo nos convida a reflexionar sobre o presente e o futuro da educación.
Ver recurso
Vídeo didáctico (17´ 09´´), dirixido a alumnado da ESO, no que Nel Vidal Barral (docente de Lingua Galega no ensino secundario) explica que é a normalización lingüística, cal é o status legal do galego e cales son as principais entidades que traballan para promover o seu uso. Así mesmo, amosa unha selección de campañas de normalización lingüística desenvolvidas en Galicia nos últimos anos.
Ver recurso
O talento humano é moi diverso e precisamos sistemas educativos que saiban detectalo e potencialo. Neste vídeo de TED (17´ 54´´) Sir Ken Robinson, experto en creatividade, fálanos da necesidade de realizar un cambio radical na educación, para converter as escolas estandarizadas en centros de ensino personalizados que creen as condicións idóneas para que o alumnado desenvolva realmente o seu talento e as súas aptitudes naturais. Tradución ao galego de Andrea Barreiro.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 01´´), pertencente á serie #DesmontandoMitos de GCiencia, sobre a efectividade das vacinas contra a Covid-19. Francisco Caamaño, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela, explícanos que é exactamente a efectividade dunha vacina e como se fai o seu seguimento. Así mesmo, achega datos científicos que demostran que calquera tipo de temor ou rexeitamento ás vacinas contra a Covid-19 comercializadas na actualidade é infundado. Esta peza foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Seguro que coñeces persoas que senten un medo irracional a non ter o móbil preto ou a estar sen acceso a Internet, pero sabías que esa adición ten un nome científico? Chámase nomofobia e neste vídeo divulgativo (1´ 53´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, Manola Raposo (investigadora do grupo Cies) explícanos en que consiste exactamente esta enfermidade, cales son os sinais de alerta aos que debemos prestar atención e que medidas podemos tomar para atallar o problema.
Ver recurso
Que acontecería se houbese unha vertedura de petróleo nun ecosistema costeiro preto da zona na que vives? Neste vídeo divulgativo (7´ 40´´), difundido polo grupo Divulgare da Universidade de Vigo, podes ver un simulacro que tivo lugar en novembro de 2013 na ría de Vigo, no que participaron diferentes grupos de expertos e institucións estatais e europeas. Esta peza audiovisual foi elaborada ao abeiro do proxecto ARCOPOLplus, co obxectivo de divulgar este tipo de exercicios de adestramento contra as verteduras mariñas accidentais. Os subtítulos en galego fixéronse co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, no marco do seu programa de produción de contidos audiovisuais docentes en galego.
Ver recurso
Vídeo de TED (13´ 50´´) no que Kandice Sumner nos conta como nos Estados Unidos a circunstancias socioeconómicas do alumnado son determinantes no seu futuro educativo. Baseándose na súa experiencia como docente na escola pública, reflexiona sobre a desigualdade das condicións educativas que teñen os/as fillos/as de familias acomodadas, que poden permitirse ir a centros dotados dos recursos axeitados (biblioteca, instalacións deportivas ben equipadas, patios seguros...) e os nenos/as de clase socioeconómica baixa (nomeadamente os da comunidade negra), que non teñen acceso nas súas escolas aos mesmos recursos nin ferramentas pedagóxicas. Kandice Sumner convida ás institucións educativas a que invistan os recursos necesarios para que todo o alumnado poida ter acceso a unha educación de calidade, independentemente do lugar no que resida ou da cor da súa pel. Tradución ao galego de Enara Caride.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1 h, 7´, 20¨), dirixido a alumnado de secundaria, no que Francisco Canosa Martínez (doutor en Xeoloxía e divulgador) nos fala da ciencia da xeoloxía e, máis concretamente, das consecuencias que provoca na xeomorfoloxía de Galicia a acción humana (encoros, explotacións mineiras, instalacións industriais, explotacións agrícolas, expansións urbanas etc.). A charla foi emitida en directo o 25 de novembro de 2022 con motivo do XIII Día da Ciencia en Galego, conmemoración promovida por Igaciencia.
Ver recurso
Preguntácheste algunha vez de onde procede ese cheiro tan característico da terra mollada? Neste vídeo divulgativo (1´ 16´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, Purificación Marcet (investigadora do grupo “Agrobioloxía ambiental: calidade de solos e plantas”) explícanos que a resposta está na xeosmina. Descubre en que consiste exactamente esta substancia química, que bacterias a producen e cal é o mecanismo que desencadea a súa liberación.
Ver recurso
A espiña é aquela parte do peixe que deixamos no prato e á que non lle damos moita importancia. Pero nos 7 minutos e medio que dura este vídeo descubriremos o seu papel crucial na locomoción e protección dos órganos vitais e na fisioloxía dos peixes... e veremos tamén o que acontece cando hai problemas no esqueleto destes animais. As anomalías esqueléticas poden afectar o benestar e o crecemento dos peixes e aumentar a probabilidade de que contraian outras enfermidades. Como en medicina humana, o emprego da radiografía e da microscopia permiten detectalas e controlalas. Ademais, os peixes estanse a utilizar cada vez máis na investigación das enfermidades esqueléticas humanas e animais. Grazas a estes heroes de laboratorio podemos coñecer máis en profundidade como se desenvolven enfermidades como a osteoporose, a escoliose idiopática ou a osteoxénese imperfecta. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo didáctico (7´ 36´´) no que, da man de Nate Pazo, coñecerás a faceta de etnógrafo de Vicente Risco. Intelectual e erudito nado en Ourense en 1884, considerado un dos pais da antropoloxía no Estado español, non só analizou con rigor a vida material e tradicional do pobo galego, senón que se preocupou de clasificar de forma rigorosa e moderna a realidade social e cultural do noso país. Esta peza forma parte dunha serie de 6 capítulos breves, dirixidos por Luís Baños Campo, sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco. A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 28´´) co se pon o ramo á serie audiovisual "A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional", un proxecto elaborado por diferentes docentes das áreas de Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Musical da USC, co obxectivo de poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil unha serie de recursos que lles permitan de forma autónoma introducirse no coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional, atendendo fundamentalmente a dous aspectos: o lúdico e o musical. Nesta última peza Sofía Benéitez, alumna do dobre grao en Educación Primaria e Infantil, explícanos en que consiste o xogo de “Rei rei”, cuxa peza musical é unha das poucas cancións vinculadas co xogo tradicional das que se pode afirmar con certeza a súa orixe galega. Outros vídeos da serie:
Ver recurso
Vídeo (7' 51'') onde se presentan dúas propostas didácticas que aplican na materia de Bioloxía no Bacharelato os kits "Animal CSI" elaborados polo grupo de innovación educativa XuvenCiencia (USC) en colaboración con outras institucións sanitarias. Estas propostas desenvolvéronse como traballos prácticos de laboratorio e, segundo os cuestionarios de satisfacción que cubriu tanto o alumnado como o profesorado de Secundaria, os seus resultados foron moi positivos: o alumnado valora moi positivamente os traballos prácticos de laboratorio, o profesorado considera que se acadaron moi bos resultados co kit Animal CSI, que usalo contribúe a mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe e que, en xeral, o uso dos kits educativos de XuvenCiencia constitúe unha oportunidade para facilitar a integración de traballos prácticos dirixidos como investigación en Bacharelato. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (32´ 23´´), dirixido ao alumnado galego, que contén unha conversa coa astrofísica Jocelyn Bell (Irlanda do Norte, 1943), a quen lle debemos o descubrimento dos púlsares: estrelas de neutróns en rápida rotación que emiten radiacións moi intensas a intervalos regulares. A conversa, conducida pola tamén astrofísica galega Ana Ulla, foi organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en 2020, no marco do XXIV Congreso Estatal de Astronomía.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (16´ 17´´) sobre a vida e obra do astrónomo lalinense Ramón María Aller (1878-1966). Introdutor do estudo das estrelas dobres, está considerado como unha das autoridades astronómicas españolas máis importantes do século XX, e chegou a ter tamén gran proxección internacional, sendo nomeado en 1948 membro da Comisión de Estrelas Dobres da Unión Astronómica Internacional. No eido cultural galego, foi socio activo e protector do Seminario de Estudos Galegos, entidade na que ingresou o 5 de novembro de 1928 coa lectura dun traballo sobre José Rodríguez González, o matemático do Bermés. Deixounos como legado as súas observacións e os seus estudos sobre astronomía, así como a escola e os aparellos astronómicos por el creados.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (16´ 47´´) sobre os catálogos e bases de datos astronómicos que hai dispoñibles para a investigación matemática, astronómica ou física. Xabier Pérez Couto cóntanos nesta charla como foi evolucionando a información astronómica ao longo da historia a través dos diferentes catálogos nos que estes datos se foron compilando. Esta charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", organizada pola USC e destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.
Ver recurso

Vídeo (17' 42'') que describe as características morfolóxicas e de comportamento das razas animais autóctonas de Galicia: as seis variedades de gando bovino (cachena, caldelá, frieiresa, limiá, vianesa e rubia galega), as tres de cans (can de palleiro, guicho, perdigueiro galego e podengo galego), e mais a galiña de Mos, o cabalo de pura raza galega, a ovella galega e o porco celta.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 19´´) no que Higinio Rodríguez Cedrón, Anne Rodríguez Orol e Noelia Santín Fernández, estudantes do IES de Becerreá, nos explican que son os bancos de sementes, con que obxectivo foron creados estes lugares e cales son os protocolos de traballo que se seguen para conservar as sementes en boas condicións. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Vídeo de TED (20´ 03´´) no que Ken Robinson nos fala dos diferentes sistemas educativos e a súa incapacidade para detectar e potenciar o talento e a creatividade do alumnado. Segundo o relator, a creatividade é tan importante no proceso educativo como a alfabetización, pero desafortunadamente non se lle dá a mesma importancia, por iso as materias artísticas nunca son as máis valoradas do currículo. Neste contexto Ken Robinson convídanos a repensar os principios fundamentais nos que se basea a educación dos nenos e nenas, para tratar de preservar a diversidade e a capacidade creativa do ser humano. Tradución ao galego de Juan José Sánchez Penas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 36´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía de Celia Brañas (1880-1948). Precursora da incorporación da muller ao estudo das ciencias, foi tamén unha pedagoga adiantada ao seu tempo dentro e fóra das aulas, ademais de promotora da creación dunha estación de bioloxía mariña na Coruña. Esta peza forma parte da serie “Galegas na ciencia”, onde se repasa de xeito breve a vida de diferentes mulleres galegas que foron pioneiras no ámbito da ciencia.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (11´ 08´´) sobre o traballo do plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental de Galicia (plan Camgal), difundido polo grupo Divulgare da Universidade de Vigo. No vídeo repásanse os diferentes tipos de exercicios que se adoitan realizar no marco deste plan, ilustrándoos cun caso práctico. A peza está producida por Intecmar, e gravada e editada por Iván Rodríguez Arós. Os subtítulos en galego fixéronse co apoio da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, no marco do seu programa de produción de contidos audiovisuais docentes en galego.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (4´ 38´´) no que Diego Ferraz Castiñeiras nos fala sobre a falta de evidencia científica que avale os beneficios da homeopatía. Nesta peza descubrirás cales son as orixes desta pseudociencia, cales son os principios nos que se basea e cales serían os potenciais riscos ou beneficios para a nosa saúde no caso de optarmos por esta práctica.
Ver recurso
Vídeo (7´ 50´´) en que Lara Rouco Méndez nos explica por que o papel é branco e non marrón, como a madeira da que procede. O compoñente principal do papel é a fibra procedente da madeira, que maioritariamente é celulosa. Pero esa fibra contén tamén lignina, unha substancia que forma parte da parede celular de plantas e algunhas algas, e que lle dá a cor marrón á madeira e llo daría tamén ao papel, se non se elimina. Así que se queremos un papel branco, temos que eliminar a lignina, a través dun proceso denominado branqueo. Pero o gran reto é facelo dunha forma que non dane a celulosa e sexa respectuosa co medio ambiente. Lara cóntanos como facelo empregando compostos que imitan a forma en que a natureza elimina a lignina. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Será certo que todos detectamos os cinco sabores básicos nunha parte determinada da lingua? Neste vídeo divulgativo (4´) de Gciencia, pertencente á serie #DesmontandoMitos, Ángeles Romero, catedrática de tecnoloxía dos alimentos da USC, explícanos que en calquera zona da lingua pode haber resposta a todos os sabores e que na cuestión dos gustos inflúen diferentes variables (culturais, sociolóxicas, fisiolóxicas, etc.), o que fai que en realidade cada persoa teña o seu propio mapa de sabores. Esta peza foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 25´´) que forma parte dunha serie de 6 capítulos breves, dirixidos por Luís Baños Campo, sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco. Nesta segunda entrega, da man de Nate Pazo, coñeceremos concretamente a súa faceta de pedadogo. A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
A industria vitivinícola galega xera grandes cantidades de residuos orgánicos que acaban converténdose nun importante problema ambiental. Neste vídeo divulgativo (2´ 21´´) descubrirás o posible aproveitamento do bagazo de uva branca para a obtención de extractos “verdes”, convertibles en ingredientes útiles para a súa aplicación na industria alimentaria, cosmética, veterinaria, etc. Esta peza, elaborada por María Celeiro Montero, Aly Castillo Zamora e Laura Rubio Lareu, foi galardoada co segundo premio do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible, un certame promovido pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC co apoio do Servizo de Normalización Lingüística.
Ver recurso
Vídeo (10´ 17´´) no que Uxía Yáñez Ramil explica a importancia de facer un bo diagnóstico de xestación no gando vacún, e de como facelo de forma precoz é importante para as explotacións lácteas: canto antes saiba o gandeiro que a súa vaca está xestante, maior rendemento se vai obter dese animal e da explotación en xeral. Cos medios dispoñibles hoxe en día, só se pode facer un diagnóstico de xestación fiable arredor do día 28 trala inseminación, mais existen tecnoloxías que poden axudar a adiantalo. Dentro destas atopamos a ecografía en modo Doppler, que permite avaliar o fluxo sanguíneo das estruturas que estamos a explorar. Posto que, durante a preñez, se observan modificacións no fluxo sanguíneo a nivel do aparello reprodutor, conseguir identificalas mediante a exploración ecográfica con Doppler e establecer as diferenzas entre animais xestantes e non xestantes pode ser a chave cara a un diagnóstico máis precoz. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso

Vídeo (4´ 04´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, no que se presenta o proxecto Galiat 6+7, dedicado a estudar as virtudes da chamada “dieta atlántica”. Un dos principais obxectivos deste proxecto é comprobar en que medida a lonxevidade da poboación galega pode estar relacionada co consumo de certos produtos autóctonos (grelos, verzas, viño, olivas, mexillóns e lácteos) que os científicos saben, por resultados de estudos previos, que teñen determinadas moléculas beneficiosas para a saúde.

Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 04´´) que forma parte dunha serie de 6 capítulos breves, dirixidos por Luís Baños Campo, sobre as diferentes facetas do intelectual Vicente Risco: pedagogo, etnógrafo, literato, xornalista e político. Nesta primeira entrega a docente Nate Pazo fainos unha presentación xeral da traxectoria vital e profesional de Vicente Risco. A iniciativa foi desenvolvida pola produtora audiovisual Visualq., ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
As constelacións foron mudando ao longo da historia; algunhas son de creación máis recente e outras xa desapareceron. Na actualidade a Unión Astronómica Internacional recoñece 88 constelacións oficiais, pero cales son as que xa están mortas? Neste vídeo divulgatativo (6´ 21´´) Xabier Pérez Couto fálanos de cinco delas: Cérbero, Argo, Antinoo, Mosca Boreal e Cuadrante Mural. Material complemententario: -Listaxe coas denominacións en galego das 88 constelacións oficiais recoñecidas actualmente pola IAU
Ver recurso
Conferencia didáctica (1 h, 20´, 40´´), impartida pola neurocientífica Sonia Villapol Salgado, sobre as aprendizaxes adquiridas a partir da pandemia da Covid-19. Podemos falar de inmunidade colectiva en Galicia? Que medidas son efectivas para evitar o contaxio e que tratamentos demostraron ser máis eficientes para combater a doenza? Converterase a Covid-19 nunha enfermidade endémica? Estamos a padecer unha infodemia? Case dous anos despois de que a Oficina da OMS na China recibiuse un aviso de varios casos de pneumonía de causa descoñecida na cidade de Wuhan, a doutora Villapol fálanos das certezas que xa ten a ciencia e tamén das incógnitas que aínda non foi quen de resolver. A charla, dirixida a alumnado de secundaria, foi organizada por Igaciencia en novembro de 2021 con motivo da celebración do XII Día da Ciencia en Galego.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 38´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica da UVigo, sobre unha cuestión sociolóxica que supón un especial problema para o futuro de Galicia: o despoboamento do rural galego. O investigador Alberto Vaquero, integrante do grupo da UVigo “Governance and Economics Research Network”, enumera cales son as principais medidas que cómpre implementar con urxencia para mellorar a situación poboacional do medio rural.
Ver recurso
Vídeo didáctico (13´ 38´´) no que David Canoura, membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, nos fala dos aspectos musicais vinculados ao xogo tradicional, así coma das características dos xoguetes musicais e do repertorio de cancións infantís con xogo (ou xogos cantados). Este vídeo forma parte do proxecto "A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional", elaborado por diferentes docentes das áreas de Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Musical da USC, co obxectivo de poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil unha serie de pezas audiovisuais que lles permitan de forma autónoma introducirse no coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional, atendendo fundamentalmente a dous aspectos: o lúdico e o musical. Outros vídeos da serie:
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 28´´) no que Andrea Ferrer Muñiz e Uxía Villaverde Gómez, alumnas do IES de Poio, nos falan das características do cloro e das súas principais aplicacións. Este foi un dos traballos premiados no concurso "O meu elemento", organizado pola Facultade de Ciencias, o grupo de innovación CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Vídeo (10´ 43´´) no que Jorge Prieto Vilaboa defende o emprego de leguminosas na alimentación dos ruminantes en Galicia. En comparación coas gramíneas destacan polo seu elevado valor nutricional debido ao seu alto contido en proteína e baixo en fibras, o cal repercute nunha alta dixestibilidade da forraxe e inxestión por animal. Un incremento no seu emprego como alimento para o gando permitiría abaratar os custos de produción das explotacións, ao achegar proteína facilmente utilizable polos animais e permitir empreagar menos fertilizantes de síntese, dada a capacidade destes vexetais de fixar o nitróxeno atmosférico no solo. Pero pola contra, a superficie dedicada ao cultivo de leguminosas é moi pequena, e na maioría de países do mundo está en diminución. En Galicia, aínda que existe un gran potencial para a produción de forraxes en verde debido á súa situación atlántica marcada por un patrón de precipitacións que posibilita o crecemento da herba na maior parte do ano, a presenza de leguminosas nas explotacións resulta moi baixa. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Sexto capítulo (27´ 52´´) da serie documental "Os castros", emitida na Televisión de Galicia en 2020, no que se explica que significou exactamente para a cultura castrexa a conquista romana da Gallaecia. Será certo que os galaicos foron derrotados na mítica batalla do Monte Medulio? Cal foi a relación entre os romanos e os galaicos? Obrigarían os romanos a estes últimos a abandonar os seus castros? Nesta peza atoparás todas as respostas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (18´ 51´´) no que Pilar Páez Guillán che axudará a entender o concepto matemático do "espazo dual", estudado na materia de "Espazos vectoriais e cálculo matricial". A charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.
Ver recurso
Será certo iso de que o tempo inflúe no noso estado de ánimo? Que nos di a ciencia? Neste vídeo divulgativo (4´), pertencente á serie #DesmontandoMitos, Rominic Royec (investigador en Biometeoroloxía da USC) explícanos en que grao inflúe o tempo meteorolóxico na nosa saúde mental, cal é concretamente a variable atmosférica que máis nos afecta e que sector da poboación sería o máis vulnerable. Esta peza foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Preguntácheste algunha vez por que cantan os grilos? Cantarán sempre da mesma maneira? Serán todos os grilos cantareiros? Neste vídeo didáctico (2´ 27´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica da UVigo, o investigador Adolfo Cordero dános todas as claves.
Ver recurso
A intensificação de eventos climáticos extremos tem sido notada particularmente em ambientes costeiros, colocando em perigo a integridade de muitos professionais e habitantes destas zonas. Perante este cenário, o Projeto MarRisk, através de diversas ações, visa garantir um crescimento inteligente e sustentável nas zonas costeiras de Galiza e do Norte de Portugal. Este vídeo do grupo Divulgare (13´ 19´´), realizado no âmbito do projecto MarRISK, mostra a importância da adaptação costeira ante a mudança climática: é necessário conhecer os riscos e aumentar a resiliência.
Ver recurso
Charla didáctica (49´ 29´´), dirixida ao alumnado galego de secundaria, co obxectivo de conciencialo do problema que supón actualmente o cambio climático e a pegada ecolóxica (a superficie de planeta que necesitamos para cubrir as nosas necesidades). Neste contexto faise especialmente necesario reivindicar como alternativa a economía circular, que implica unha total reciclaxe de todos os bens fabricados, de xeito que estes non saian do circuito de uso. Na charla, impartida no transcurso de Galiciencia 2022, descubrirás todas as vantaxes deste modelo de economía, tanto en termos de aforro como de saúde ambiental.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 21´´) no que Paco Veiga, membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, describe tres xogos tradicionais moi practicados en Galicia: os birlos ou bolos; a chave; e a billarda ou estornela. Ao final da peza tamén se amosan imaxes doutros xogos tradicionais practicados maiormente por nenos e nenas, como poden ser o trompo, os zancos, o tirapedras, as chapas, a corda ou a ra. Este vídeo forma parte do proxecto "A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional", elaborado por diferentes docentes das áreas de Didáctica da Expresión Corporal e Didáctica da Expresión Musical da USC, co obxectivo de poñer á disposición do alumnado dos graos en Mestre de Educación Primaria e Mestre de Educación Infantil unha serie de pezas audiovisuais que lles permitan de forma autónoma introducirse no coñecemento do patrimonio cultural galego a través do xogo tradicional, atendendo fundamentalmente a dous aspectos: o lúdico e o musical. Outros vídeos da serie:
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 31´´) no que Carmela Cela nos presenta a historia de Manuela Barreiro Pico. Nada en Viveiro en 1877, foi en 1896 a primeira muller matriculada na Universidade de Santiago de Compostela e, unha vez licenciada en Farmacia, tamén foi pioneira ao converterse na primeira farmacéutica de Galicia. Esta peza forma parte da serie “Galegas na ciencia”, onde se repasa de xeito breve a vida de diferentes mulleres galegas que foron pioneiras no ámbito da ciencia.
Ver recurso
Vídeo (9´ 44´´) en que Mateo Vázquez Torres nos presenta o seu traballo de investigación sobre o sistema vomeronasal do suricata (Suricata suricatta), un omnívoro do grupo dos feliformes que presenta unha marcada xerarquía social, e que emprega as feromonas para establecer unha comunicación indirecta con outros individuos da mesma especie, provocando neles cambios de tipo fisiolóxico a nivel non consciente.
Ver recurso
Quinto capítulo (25´ 24´´) da serie documental "Os castros", emitida na Televisión de Galicia en 2020, centrado nesta ocasión na cultura castrexa. Nel descubrirás, entre outras cousas, se tiña realmente orixe celta, que tipo de valor lle daban os castrexos á arte, que significado tiñan os torques ou as estatuas de guerreiros, e que pegadas deixou en nós esta cultura.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (7´ 28´´) no que o doutor Simón Pardiñas nos fala do tártaro ou sarrio, esa substancia dura que forma unha capa sobre o esmalte dos dentes. Nesta peza descubrirás cales son os diferentes tipos de sarrio que existen, por que se forma, que consecuencias ten na nosa saúde bucodental, como pode previrse a súa formación e que alternativas temos para eliminalo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (19´ 05´´) no que Andrea Vilar Álvarez nos propón un divertido reto: axudar a Pepa a Loba a gañar cartos no casino para poder continuar co seu "bandoleirismo xeneroso" no actual século XXI. Andrea Vilar explícanos cales son as diferentes estratexias matemáticas que podemos usar para axudarlle a Pepa a Loba a acadar o seu obxectivo: maximizar a recompensa total das máquinas comecartos partindo duns recursos concretos de partida de 600 euros. A charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.
Ver recurso
Para reverter o deterioro medioambiental que ocasionaban as técnicas clásicas da química analítica no tratamento da mostra, desenvolvéronse novas técnicas e metodoloxías denominadas técnicas de microextración, máis acordes cos principios da química analítica verde. Neste vídeo divulgativo (3´), Pamela Cabarcos Fernández e Iván Álvarez Freire explícannos concretamente en que consiste a microextracción líquido-líquido dispersiva, unha técnica que permitiu o desenvolvemento de aplicacións en diversos campos da química analítica, da toxicoloxía e do medio ambiente. Esta peza foi galardoada co primeiro premio do II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible, un certame promovido pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC co apoio do Servizo de Normalización Lingüística.
Ver recurso
Poden os cactos absorber as radiacións electromagnéticas dos ordenadores? Son estas radiacións perigosas para nós? Neste vídeo divulgativo (4´) descubrirás coa axuda de Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago de Compostela, que tipo de radiacións son realmente daniñas para a nosa saúde e cales son totalmente inofensivas pola súa baixa frecuencia. Esta peza, pertencente á serie #DesmontandoMitos, foi elaborada por GCiencia, coa colaboración da Fecyt e a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo (8' 38'') de Lucía Casal de la Fuente, que describe exemplos de docentes que arredor do mundo destacan polo seu éxito á hora de educar a voz cantada das crianzas. Esta selección e análise de boas prácticas permítelle illar formas de traballar (fases e áreas de traballo) que poden ser replicadas por outro profesorado que queira acadar bos resultados e achegarlle ao seu alumnado todos os beneficios que produce a práctica do canto. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 17´´) no que Carmela Cela nos presenta a biografía da arquitecta Rita Fernández Queimadelos (A Cañiza, 1911 - Barcelona, 2008). En 1940 esta pioneira galega consegue rematar os seus estudos de arquitectura, converténdose na primeira colexiada galega (a terceira a nivel estatal) e tamén na primeira muller en exercer esta profesión en España. A peza forma parte da serie “Galegas na ciencia”, onde se repasa de xeito breve a vida de diferentes mulleres galegas que foron pioneiras no ámbito da ciencia.
Ver recurso
Vídeo de TED (19´ 11´´) no que Ken Robinson, experto en creatividade, expón tres principios básicos que, na súa opinión, están en clara contradición coa cultura educativa e axudan a explicar as altas taxas de abandono e fracaso escolar. Respectar a diversidade do alumnado e facilitar que desenvolvan o seu talento natural; promover a curiosidade dos nenos e nenas durante o proceso de aprendizaxe; e entender que a creatividade é inherente á vida humana serían os tres principios que axudarían a evitar o actual "Val da Morte" educativo. Tradución ao galego de Borja Rey Seoane.
Ver recurso

Vídeo de TED (16´ 34´´) no que Rebecca Onie formula preguntas audaces... E se as salas de espera fosen un lugar en que mellorar todos os días o noso sistema de saúde? E se os médicos puidesen receitar comida, casa ou calefacción no inverno? En TEDMED Rebecca presenta Health Leads, unha organización que fai exactamente iso, e faino construíndo un equipo de voluntarios como unha elite, dedicados como un equipo deportivo universitario. Tradución ao galego de Francisco Caamano.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (10´ 22´´) da canle AstroXabi, na que Xabier Pérez Couto explica conceptos básicos de astronomía e amosa as súas observacións nocturnas. Neste vídeo en concreto descubrirás que iniciarse na astronomía non é custoso economicamente, xa que non é imprescindible posuír un telescopio astronómico para achegarse de xeito afeccionado a esta disciplina. Para comezar, só precisas os teus ollos, un ceo libre de contaminación luminosa, un planisferio (que che permitirá saber que constelacións están visibles no ceo nunha data e hora concretas) e uns prismáticos. Tamén descubrirás cales son as aplicacións ou software que tes ao teu dispor para coñecer de xeito doado as características das diferentes constelacións, e cales son os manuais recomendados para achegarte aos conceptos básicos da astronomía.

Ver recurso

Vídeo (39' 44'') que recolle a intervención de Marcos Pérez Maldonado, director técnico da Casa das Ciencias no Naukas Coruña 2017. 

Nela reflexiónase sobre o tipo de astronomía que estamos a aprender nunha época en que os novos descubrimentos sobre o cosmos chegan ata nós filtrados polos medios de comunicación (coa súa busca da noticia espectacular) e polas redes sociais.

Ver recurso
En marzo de 2020 a pandemia da Covid-19 fixo cambalear os sistemas económicos mundiais e os gobernos responderon cun dos maiores paquetes de rescate da historia. Como fixeron os gobernos para "crear diñeiro da nada" e inxectalo na economía? Neste vídeo de TED (4´ 54´´) Jonathan Smith explícanos en que consiste a estratexia de flexibilización cuantitativa, unha política monetaria pola cal un banco central merca bonos para inxectar diñeiro e expandir a actividade económica. Tradución ao galego de Xosé María Moreno.
Ver recurso
Galicia é unha das principais potencias en explotación acuícola do mundo. Neste vídeo divulgativo (3´ 35´´) descubrirás en que consiste o fenómeno do afloramento e como inflúe na alta produtividade das nosas rías. Esta peza foi creada por Diego Ferraz Castiñeiras e difundida na canle Naturiza.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 30´´) no que Sandra Fernández Fariña nos fala do tántalo, un elemento químico cuxo símbolo é Ta. O tántalo é un metal moi duro, dúctil e resistente á corrosión, pero pouco abondoso na codia terrestre, por iso é importante reciclar todos os aparellos que o conteñen. Nesta peza descubrirás cales son. Este foi un dos traballos premiados no concurso "O meu elemento", organizado en 2019 pola Facultade de Ciencias, o grupo de innovación CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo (10' 25'') en que Tamara Franco Grandas nos presenta os resultados dos seus estudos sobre como inflúe no crecemento e na produción dos cereais a cantidade de luz que reciben. Estes traballos son relevantes porque a asociación cultivo-árbore estase presentando como unha posible ferramenta de adaptación e mitigación das condicións ambientais extremas que o cambio climático vai provocar en moitas rexións cerealeiras, ademais de conferirlle unha maior diversidade ao sistema produtivo e proporcionarlle máis garantías económicas ao produtor. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 29¨) no que Manuel Villaverde Framil, alumno de 2º de bacharelato do IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), nos fala do concepto da curva catenaria, un elemento moi habitual en arquitectura que foi empregado, entre outros, por Gaudí no deseño da Sagrada Familia. En concreto, descubrirás por que unha curva catenaria invertida é o mellor trazado útil para o deseño dos arcos. Este traballo foi un dos gañadores no I Concurso "Petiscos de Ciencia", organizado pola USC en 2022.
Ver recurso
Cuarto capítulo (26´ 10´´) da serie documental "Os castros", emitida na Televisión de Galicia en 2020, centrado na economía da sociedade castrexa. De que vivían os castrexos? Era a súa economía de mera supervivencia? A terra era comunal ou xa había propiedade privada? Coñecían o diñeiro? Nesta cuarta entrega atoparás todas as respostas.
Ver recurso
Conferencia didáctica (1 h 04´ 24´´) impartida polo químico Luis M. Liz Marzán sobre o mundo da nanotecnoloxía e as súas diferentes aplicacións na sociedade actual, centrándose especialmente no campo da biomedicina. A charla, dirixida a alumnado de secundaria, foi organizada por Igaciencia en novembro de 2020 con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego.
Ver recurso

Vídeo divulgativo (2´ 42´´), elaborado pola Unidade Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, que presenta o proxecto de investigación Repesca_Plas, que ten como obxectivo avaliar a toxicidade dos plásticos que os pescadores recollen do mar e traen a porto, tentando deste xeito ampliar o coñecemento sobre os residuos plásticos e reducir o seu impacto no medio ambiente. 

Ver recurso

Vídeo de TED (9' 44''). Para Ellen Gustafson, cocreadora das bolsas filantrópicas FEED, a fame e a obesidade son dúas caras da mesma moeda. Nesta charla lanza The 30 Project, un intento de cambiar nun prazo de 30 anos a forma en que cultivamos e comemos, e de resolver de paso as desigualdades alimentarias globais que están detrás de ambas as epidemias.

Tradución ao galego de Jenifer Rey Vieira para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (14´ 26´´). Por que os adolescentes parecen ser máis impulsivos e ter menos conciencia de si mesmos ca os adultos? A neurocientífica cognitiva Sarah-Jayne Blakemore compara o córtex prefrontal de adolescentes e adultos, para mostrarnos como o crecemento e desenvolvemento cerebral explican esa conduta. Tradución ao galego de Montse Corral.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (57´ 08´´) no que Borja Tosar, astrónomo e colaborador do Planetario da Coruña, nos explica que cousas hai no ceo e como se moven eses obxectos. Observando o movemento do sol entenderás por que a partir do equinoccio de primavera medran os días, ou por que nas horas centrais do día é cando os raios solares quentan con maior intensidade a nosa pel. Coñecendo o movemento da lúa tamén descubriras a razón pola que desde a Terra só e posible observar unha das súas dúas caras, ou por que en ocasións é visible durante o día. Así mesmo, Borja Tosar ensinarache a identificar no ceo as constelacións e explicarache cal é o movemento das estrelas durante o transcurso dunha noite. Esta charla desenvolveuse no marco do programa "Aulas científicas 2021", organizado pola Deputación da Coruña.
Ver recurso

Vídeo (5´ 01´´) elaborado pola NASA que che permitirá sobrevoar a Lúa e coñecer as características da superficie lunar grazas ás imaxes da sonda Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO).

Tradución ao galego do xornal Gciencia.

Ver recurso
Vídeo (9´ 32´´) no que Sara Ruiz Rubio nos presenta o seu traballo para loitar desde unha estratexia ecolóxica contra a proliferación da rata de auga setentrional (Arvicola scherman), máis coñecida entre nós como "rata toupa" (a tradución ao galego do seu nome castelán). Esta especie convértese periodicamente nunha praga que afecta gravemente os cultivos das áreas montañosas das rexións cantábricas e doutros países, como Francia. O traballo de Sara pretende estudar a comunicación química nesta especie co fin de empregar feromonas (sinais reprodutivos) e cairomonas (sinais de alerta) para interferir na reprodución da especie, reducindo a súa poboación. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 27´´) no que Aarón Vilariño, alumno do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela, che explica como podes calcular o tamaño da terra co mesmo método que usou Eratóstenes no ano 200 a.C. Ti só precisas un metro, unha calculadora, un teléfono móbil e mais un pau; e agardar ao 21 de xuño ás 12 h do mediodía. Esta foi unha das pezas gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2018.
Ver recurso

Vídeo de TED (22' 02''). Dan Gilbert, autor de Stumbling on Happiness, cuestiona a idea de que seremos miserables se non conseguimos o que queremos. O noso "sistema psicoinmune" permítenos ser completamente felices mesmo cando as cousas non saen como programamos.

Tradución ao galego de Ana Rozados para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 32´´), emitido en xaneiro de 2022 no programa "Un país en 360" da Televisión de Galicia, no que se amosa, a través de espectaculares vistas aéreas, o patrimonio paisaxístico, natural e lendario do Monte Pindo, un macizo granítico de 627 metros de altura situado no concello coruñés de Carnota.
Ver recurso
Vídeo (7´ 24´´) no que Sara Peraleda Vázquez nos amosa o uso que se fai dos drons en topografía, disciplina en que se empregan como dispositivo principal para capturar datos usando diferentes sensores embarcados. Estes datos son procesados posteriormente para obter modelos tridimensionais texturizados e ortomosaicos xeorreferenciados, entre outros. E váinolo exemplificar cun caso real: o levantamento 3D mediante fotogrametría aérea da valgada do Campus Terra en Lugo, levado a cabo polo grupo de investigación CIGEO. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1 h 11´ 04´´) no que Senén Barro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), nos fala da intelixencia artificial, tratando de responder unha pregunta que o propio Alan Turing, considerado o pai da computación e da intelixencia artificial, formulara xa en 1950: "poden pensar as máquinas?" Esta chala foi organizada por Igaciencia e emitiuse en directo o 2 de novembro de 2021, con motivo da celebración do XII Día da Ciencia en Galego. Ano da economía creativa para o desenvolvemento sostible, a IA e os novos poliedros.
Ver recurso
Sabes por que as temperaturas na costa son moito máis suaves ca no interior? Influíra a auga no clima? Neste vídeo didáctico (3´ 29´´) Xacobo de Toro e Aida Alvela fálannos da calor específica da auga e, a través dun divertido experimento, explícannos as razóns polas que se achegas unha chama a un globo con auga, este soporta perfectamente a calor e non estoura. A peza foi elaborada para o Salón do Libro de Pontevedra do ano 2021.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 20´´), elaborado por Alexia Blanco Novo e Estefanía Ramos Witzack, no que se expoñen as principais características do antimonio, un elemento químico (tamén coñecido co nome de estibio) cuxo símbolo é Sb. Este foi un dos traballos premiados no concurso "O meu elemento", organizado pola Facultade de Ciencias, o grupo de innovación CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Terceiro capítulo (29´ 12´´) da serie documental "Os castros", emitida na Televisión de Galicia en 2020, centrado na sociedade castrexa. Nesta nova entrega descubrirás como era a vida dos habitantes dos castros, como se organizaban socialmente, se era unha sociedade igualitaria ou xerarquizada, e se realmente a cultura castrexa era tan belicosa como se conta.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 51´´) no que Darío Lago nos explica cales puideron ser as condicións que deron lugar á expansión do Universo. Concretamente, fálanos das teorías da inflación cósmica e mais do requecemento, que tratarían de explicar o que aconteceu antes do big-bang. Esta peza foi elaborada por O Son das Ideas e mais o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías e forma parte da serie "O amencer do cosmos", realizada coa finalidade de divulgar as orixes do Universo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 40´´) sobre o bruxismo, un trastorno bucodental que padece entre un 10% e un 20% da poboación mundial. O doutor Simón Pardiñas López, especialista en periodoncia, implantaloxía e cirurxía, cóntanos cales son as causas e as consecuencias de apertar os dentes involuntariamente, así coma os posibles tratamentos.
Ver recurso
Vídeo (3´ 15´´) que contén a última parte dunha charla de carácter didáctico e divulgativo sobre o cambio climático, impartida polo catedrático de Edafoloxía da USC Francisco Díaz-Fierros no curso "Integración do proxecto Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo". O profesor Díaz-Fierros remata a súa exposición falando da capacidade que teñen os ecosistemas forestais para frear o cambio climático (explicación que comezara xa na terceira parte desta charla), e explica tamén como algúns datos relacionados coas colleitas, coa chegada de aves migratorias ou coa produtividade do mar demostran os efectos deste cambio climático en Galicia. Outros vídeos da serie:

Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (10´ 44´´) no que o ambientólogo e oceanógrafo Diego Ferraz Castiñeiras nos fala dun tipo de contaminación pouco coñecida: a luminosa. Trátase dunha contaminación que dificulta a observación astronómica, pero que tamén inflúe nos ecosistemas e mais na nosa saúde. Nesta peza descubrirás cales son as súas principais consecuencias e tamén as posibles solucións para reverter este grave problema medioambiental e de saúde pública.
Ver recurso
Pensaches algunha vez por que Google Maps dá alternativas moi diferentes para chegar a un mesmo lugar cando modificamos minimamente o punto de partida? O esperable sería que, ao estar os dous puntos de partida moi preto, o traxecto sinalado para chegar a ese mesmo destino fose practicamente o mesmo, pero non sempre é así. David Mosquera Lois demóstranos nesta charla (18´ 20´´) que a resposta está na topoloxía. A charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", destinada fundamentalmente a estudantes de grao e máster.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´), pertencente á serie #DesmontandoMitos de GCiencia, co que aprenderás a identificar a Estrela Polar, unha referencia fundamental para atopar os puntos cardinais. José Ángel Docobo, catedrático de astronomía da USC, explícanos as principais características desta estrela, desmontado algúns mitos asociados a ela: nin é actualmente a máis brillante do ceo nin marcará sempre o norte.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 48´´) no que Xabier Pérez Couto nos fala dunha das teorías máis discutidas, aínda que tamén a máis plausible, sobre a creación do sistema solar: a Teoría Nebular. A Hipótese Nebular atribúeselle na súa orixe ao filósofo francés René Descartes, pero foi realmente desenvolvida un século máis tarde por Inmanuel Kant e formulada con moito máis detalle polo matemático Pierre-Simon Laplace. Nesta peza descubrirás, de xeito resumido, as principais ideas nas que se basea esta hipótese para explicar a orixe e posterior evolución do sistema solar.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (6´ 14´) no que o doutor Simón Pardiñas López, especialista en periodoncia, implantaloxía e cirurxía, nos fala das causas e o tratamento dos herpes labiais, unha infección viral que afecta a unha gran porcentaxe da poboación.
Ver recurso

Vídeo de TED (14’ 36’’) no que Dorothy Roberts, defensora da xustiza social e experta en Dereito, expón que a raza é a base de presuncións biolóxicas falsas que inflúen na diagnose e nos tratamentos médicos. O problema coa medicina baseada na raza vai máis aló, pois distrae a atención e causa graves diferenzas sociais en cuestións de saúde.

Tradución de Miguel Vieito.

Ver recurso
Vídeo de TED (18´ 01´´) no que Manel Rives nos expón a súa proposta didáctica dirixida a formar seres "sentipensantes". Introducir a linguaxe audiovisual no proceso de aprendizaxe, apostar polos recursos tecnolóxicos que temos ao noso dispor, fomentar o debate e a reflexión nas aulas, ensinar con empatía e afectividade, ou fomentar a creatividade do alumnado son algunhas das principais claves que Manel nos propón como punto de partida para repensar e mellorar o actual sistema educativo.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 08´´) no que María Celeiro Montero nos explica, en pouco máis dun minuto, en que consiste o fenómeno físico da fotoluminiscencia. Este peza foi un das gañadoras da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Vídeo (21´ 51´´) que contén a terceira parte dunha charla de carácter didáctico e divulgativo sobre o cambio climático, impartida polo catedrático de Edafoloxía da USC Francisco Díaz-Fierros no curso "Integración do proxecto Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo". O profesor Díaz-Fierros remata coa exposición de datos que determinan o estudo do cambio climático (exposición que comezara na segunda parte desta charla) e, a continuación, céntrase na teoría dos gases de efecto invernadoiro, que axuda a explicar o proceso de quecemento da temperatura dos últimos tempos. Outros vídeos da serie:

Ver recurso
Habitualmente normalizamos o feito de realizar tarefas laborais en horarios e contextos que deberían estar reservados para a vida persoal. Nesta charla de TED (5´ 06´´) Ashley Whillans, científica e profesora na Escola de Negocios da Universidade de Harvard, explícanos que isto é un erro e fálanos das tres regras que debemos cumprir para compatibilizar de xeito eficiente e saudable a nosa vida laboral e persoal. Tradución ao galego de Andrea Basanta.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 43´´), pertencente á serie "Dicionario da ciencia", que che permitirá coñecer un "enxame de palabras" relacionado co mundo das abellas. Sabes que son os abázcaros, e para que serven os favos e as alvarizas? Déborah Vukusic explícacho en menos de minuto e medio. Na realización desta peza participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo de TED (6´ 43´´) no que Dwan Reece, conservadora no Museo Nacional da Historia e da Cultura Afroamericana, nos fala do blackface (imitación de persoas de ascendencia africana mediante estereotipos e pel escurecida por maquillaxe), explicando cal é a orixe desta práctica que impregnan a psique e a cultura americana (no teatro, na música, na literatura...) e por que non debemos considerala unha diversión inofensiva, senón un legado de opresión. Tradución ao galego de Zaira González Lago.
Ver recurso
Vídeo de TED (20´ 40´´) no que Daphne Koller nos fala de como o ensino en liña pode favorecer o acceso á educación daquelas persoas que non poden asistir ao ensino superior presencial por diferentes motivos, maiormente, polo seu elevado custo. Partindo desta premisa, creouse a plataforma Coursera, que selecciona os mellores cursos en liña dos mellores instrutores das mellores universidades e os ofrece de balde á poboación de todo o mundo. Os beneficios desta plataforma son múltiples, pois non só contribúe a facer máis accesible o ensino superior ou a ofrecer currículos adaptados ás diferentes necesidades do alumnado, senón que permite compilar unha serie de datos moi valiosos para entender mellor como procesan as persoas o coñecemento. Tradución ao galego de Carme Paz.
Ver recurso
Vídeo de TED (6´ 34´´) no que a activista da educación Jessica Ochoa Hendrix nos fala da súa propia experiencia educativa en diferentes centros de secundaria dos Estados Unidos, empregando ferramentas da realidade virtual para transmitir contidos científicos. Concretamente, cóntanos como estes recursos tecnolóxicos lograron que o alumnado puidese explorar ecosistemas subacuáticos coma se fosen auténticos/as biólogos/as mariños/as, chegando mesmo a espertar vocacións entre uns rapaces e rapazas que nunca antes pensaran dedicarse profesionalmente á ciencia. Tradución ao galego de Javier Vázquez.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 44´´), difundido na canle O Son das Ideas, sobre os diferentes tipos de radiación e, máis concretamente, as microondas que usan os nosos móbiles. É nociva esta radiación para o noso organismo? En que consiste o quecemento dieléctrico? Está xustificado o medo irracional ao 5G? Darío Lago resolve, con argumentos científicos, todas estas cuestións.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 47´´) no que Xacobo de Toro e Aida Alvela che axudan a entender, a través dun sinxelo experimento, por que se pos unha carta enriba dun vaso, ao darlle a volta ao vaso, a carta impide que a auga caia. É a presión atmosférica o único motivo? Descubriralo neste vídeo. A peza foi elaborada para o Salón do Libro de Pontevedra do ano 2021.
Ver recurso
No territorio galego están documentados 165 instrumentos musicais tradicionais diferentes, dos que a maioría (arredor de 90) eran instrumentos construídos polos propios nenos e nenas para xogar e tocar. Neste vídeo de carácter didáctico e divulgativo (66´ 39´) Pablo Carpintero fálanos destes instrumentos musicais e, coa colaboración musical de Rosa Sánchez, demóstranos como a historia da música tradicional galega foi sempre en paralelo á propia historia da humanidade.
Ver recurso
Na actualidade hai máis de dous mil millóns de hectáreas de terreo degradado no mundo. Neste vídeo de TED (2´ 26´´) a ecoloxista Susan Graham fálanos dun novo método para restaurar terras degradadas e recuperar ecosistemas complexos empregando drons e intelixencia artificial. Tradución ao galego de Noelia Rodríguez Otero.
Ver recurso
Primeiro capítulo (27´ 48´´) da serie documental "Os castros", emitida na Televisión de Galicia en 2020. Nesta primeira entrega descubrirás onde, cando e quen comezou a estudar a cultura castrexa, tanto en Portugal coma en Galicia. A través da visita ao Castro de Briteiros (Guimarães, Portugal) coñecerás a relevancia que o seu descubrimento, que lle debemos a Francisco de Gouveia Martins Sarmento (1833-1899), tivo para o estudo da arqueoloxía castrexa. No que respecta a Galicia, foi o descubrimento do Castro de San Cibrao de Las (Punxín, San Amaro), cuxa escavación dirixiu Florentino López Cuevillas (1886-1958), o que marcou un antes e un despois neste campo de estudo. No documental nárrase como a partir destes achados podemos coñecer como era a sociedade que habitou estes asentamentos durante os séculos que durou a denominada "cultura castrexa".
Ver recurso
Vídeo didáctico (52´ 56´´) no que Pilar Bermejo Barrera, catedrática de química analítica da Facultade de Química da USC, nos explica a relación entre a química e a vida. Na súa charla fálanos da presenza de diferentes elementos químicos no noso organismo, céntrase concretamente nestes tres: o mercurio, o arsénico e o selenio. Este vídeo foi elaborado e difundido en 2021 por Igaciencia con motivo da celebración do XII Día da Ciencia en Galego.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (4´ 55´´) no que o oceanógrafo Diego Ferraz Castiñeiras nos explica por que as cremas de protección solar están consideradas "contaminantes emerxentes" e que consecuencias nocivas ten o seu uso nos ecosistemas mariños. Así mesmo, ofrece unha serie de consellos a ter en conta á hora de mercar estes tipos de cremas, recomendando elixir aquelas que sexan biodegradables e que non posúan compoñentes nocivos para o medio ambiente.
Ver recurso
Vídeo (22´ 14´´) que contén a segunda parte dunha charla de carácter didáctico e divulgativo sobre o cambio climático, impartida polo catedrático de Edafoloxía da USC Francisco Díaz-Fierros, no curso "Integración do proxecto Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo". Nesta segunda entrega continúa coas explicacións sobre os diferentes modelos e métodos científicos que se empregaron para estudar o cambio climático e, a continuación, céntrase na exposición dunha serie de factores e datos que determinan o estudo deste fenómeno, como poden ser os relacionados coa radiación solar ou as glaciacións. Outros vídeos da serie:

Ver recurso
Vídeo (5´ 17´´) no que Nerea Gandoy Fieiras fala da utilidade do peixe cebra na investigación de enfermidades xenéticas humanas, grazas sobre todo á súa similitude xenética co ser humano, tendo en conta o seu pequeno tamaño e a facilidade do seu coidado. Ademais, avances recentes en enxeñaría xenética con ferramentas como CRISPR/cas9 permiten crear modelos con mutacións concretas e reproducir as enfermidades de tipo xenético nos peixes. Isto ha permitir coñecer máis sobre os mecanismos patolóxicos das doenzas, así como probar diferentes fármacos para ver os seus efectos. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Preguntácheste algunha vez por que a luz das estrelas non alumea as nosas noites do mesmo xeito que a luz do sol nos alumea durante o día? Neste vídeo (6´ 07´´) Darío Lago dános as claves e axúdanos a entender por que as noites son escuras. Esta peza foi elaborada por "O Son das Ideas" e mais o "Instituto Galego de Física de Altas Enerxías" e forma parte dunha serie de vídeos que teñen como finalidade divulgar as orixes do Universo.
Ver recurso
Lara Rouco Méndez, doutoranda na Facultade de Ciencias da USC, fálanos nesta charla divulgativa (7´ 31´´) do ouro, un metal de transición que, malia ser un ben escaso (razón pola que o seu valor é tan alto), está distribuído por todo o planeta. Despois de facer unha breve introdución sobre os usos principais deste metal, Lara explícanos máis polo miúdo en que consiste a crisoterapia: o emprego do ouro no ámbito farmacéutico con fins terapéuticos. Esta charla forma parte das sesión do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso

Vídeo (2' 07'') do proxecto "A Universidade responde" no que Eduardo Rey Tristán, profesor do Departamento de Historia da USC, nos fala dos perigos do utilitarismo que impera na sociedade actual e defende os beneficios do coñecemento humanístico para o desenvolvemento da humanidade.

Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (10´ 51´´) no que Xabier Pérez Couto nos fala dos exoplanetas, é dicir, aqueles que orbitan arredor doutras estrelas diferentes do Sol, aínda que tamén poden existir exoplanetas illados. Dos 4.525 exoplanetas confirmados actualmente, só 54 foron descubertos mediante imaxe directa. Xabier cóntanos cales son as dificultades que existen para observalos directamente e que métodos indirectos se empregan para a súa detección.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (2´ 12´´) sobre os números de Grassmann, unha importante ferramenta tanto para o campo da física teórica como para o das matemáticas. Este coñecemento debémosllo ao matemático alemán do século XIX Hermann Grassmann.
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 17´´) no que Xacobo de Toro e Aida Alvela Louro che explican, de xeito práctico, cales son as causas científicas que se agochan detrás do aumento do nivel do mar, así como as preocupantes consecuencias que este fenómeno pode ter para o noso planeta. Esta peza foi elaborada para o Salón do Libro de Pontevedra do ano 2021.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (5´ 06´´) elaborado como complemento á exposición "Dos ábacos aos computadores", unha mostra organizada pola Universidade de Santiago de Compostela en 2008 co obxectivo de amosar, de xeito cronolóxico, a evolución dos obxectos deseñados para aliviar as tarefas de cálculo, dende os máis primitivos ábacos ata as máis sofisticadas máquinas e computadoras de fins do século XX.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (11´ 31´´) no que o ambientólogo e oceanógrafo Diego Ferraz Castiñeiras expón algúns datos técnicos e cifras relacionadas co afundimento do Prestige, considerado o peor e o máis custoso accidente medioambiental acontecido en España, e tamén un dos máis caros da historia a nivel mundial.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 08") no que Alba Casás Fuentes, alumna do IES Manuel Murguía (Arteixo), nos fala de progresións xeométricas. En concreto, descubrirás que relación teñen as dobreces dun folio coas potencias e cantas veces precisarías dobrar un papel para poder chegar á lúa. Esta peza foi premiada cun accésit no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (15´ 55´´) da Asociación Galega de Editoras, en colaboración con ANELE e CEDRO, sobre o proceso de elaboración do libro educativo. Na peza audiovisual, creada por Illa Bufarda, explícanse as diferentes fases de traballo nas que se divide o proxecto , a tipoloxía de profesionais que participan no proceso de creación do libro e a potencialidade pedagóxica desta ferramenta didáctica.
Ver recurso
Vídeo (9´ 09´´) en que Alejandro Cao e Sandra Raposo explican que son as mareas vermellas (tamén coñecidas como "purga do mar"), como xorden (por causa da proliferación de microalgas ou de fitoplancto), e como poden chegar a ser un problema de saúde pública ao entraren na cadea trófica biotoxinas producidas por esas microalgas e acabar chegando aos seres humanos. Por último, cóntannos das investigacións que realizan arredor desas biotoxinas con axuda de células humanas cultivadas in vitro e de animais de experimentación: estudos de toxicidade, e novos métodos de detección para evitar intoxicacións e mellorar a saúde pública. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (7´ 40´´) no que os investigadores Eduardo Méndez Quintas (Universidade de Vigo) e Arturo Lombera Hermida (Universidade de Santiago de Compostela) explican en que consiste o traballo arqueolóxico e falan dos xacementos nos que traballan, así coma dos lugares onde se expoñen os seus achados. Esta peza, elaborada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022, complementa unha exposición itinerante homónima deseñada para centros educativos. Material didáctico complementario: -Unidade didáctica para secundaria
Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 23´´) no que Xacobo de Toro e Aida Alvela Louro che explican que é e para que serve un indicador de pH. Como actividade práctica tamén descubrirás como podes crear na casa o teu propio indicador usando o zume da col lombarda. Este vídeo foi elaborado para o Salón do Libro de Pontevedra do ano 2021.
Ver recurso
Vídeo de TED (14´ 30´´) no que Rachel Allavena nos fala dos avances científicos nos tratamentos para curar o cancro dos cans, e de como estes avances poderían trasladarse dun xeito moito máis automático do que cremos á medicina humana. Estamos a falar do estudo do cancro nunha especie para axudar a outra, o que se coñece como "oncoloxía comparativa". Tradución ao galego de Karen Engster para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 59´´) no que descubrirás de que substancias está composto un ovo, cales son as súas diferentes tipoloxías e por que algúns teñen dúas xemas. Na realización desta peza, pertencente ao "Dicionario da ciencia", participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 26´´) no que Andrea Freire Valiño, alumna do IES Pontepedriña (Santiago de Compostela), explica que é unha inecuación, como poden resolverse de xeito sinxelo e cales son as diferentes formas de expresar as solucións. Esta peza foi recoñecida cunha mención no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 24´´) no que Alexandre Lago Pereira e Pablo Savino Real, alumnos do IES Mendiño de Redondela, nos falan do matemático e astrónomo indio do século XII Bhaskara II. Descubrirás cales foron concretamente as súas importantes achegas ao coñecemento matemático. Esta peza foi recoñecida cunha mención no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.
Ver recurso
Vídeo de TED (21´ 46´´) no que Elizabeth Pisani nos fala das incongruencias de determinadas políticas de saúde pública, que dificultan combater con eficiencia a propagación do VIH. Por que segue a aumentar a expansión deste virus cando temos os coñecementos, o diñeiro e o compromiso para previlo? Nesta charla descubrirás algunhas das principais razóns. Tradución ao galego de Inés Rodríguez Chas para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 58´´), pertencente á serie "Dicionario da ciencia", que nos fala de Albert Einstein e as súas teorías da relatividade, coas que demostrou que as magnitudes tempo, espazo e masa son relativas e non absolutas. Na realización desta peza participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo (15') no que se relata a historia do xacemento arqueolóxico da Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra) desde os estudos máis antigos ata as escavacións máis recentes. Esta curtamentraxe, producida por JD Gamallo e Mateo Fontán Couto, recibiu o primeiro premio, na categoría Bifaces, do "I Festival de Curtametraxes sobre o Patrimonio Arqueolóxico da Provincia de Pontevedra Telearqueoloxía 2016", promovido polo Museo de Pontevedra.
Ver recurso
O Museo Universitario A Domus do Mitreo (xestionado pola USC) amósanos neste breve vídeo divulgativo (1´ 12´´) cal era a estrutura e a función das diferentes estancias da casa romana do período altoimperial coñecida actualmente como A Domus do Mitreo. Tamén se fai alusión á depurada técnica arquitectónica e aos materiais empregados na súa construción. Material complementario: -Outros vídeos da mesma serie -Material didáctico para traballar na aula
Ver recurso
Vídeo (13´ 48´´) no que Pablo Sánchez Quinteiro nos fala sobre o papel que puido xogar a amígdala no proceso de domesticación dos animais salvaxes, contribuíndo á inhibición das condutas agresivas e a supresión do medo natural cara á especie humana. Estudos que comparan neuroanatomicamente os encéfalos do lobo e do can, puxeron de relevo que neste último se produciu unha involución da arquitectura dalgúns dos núcleos de substancia gris implicados no procesamento dos sinais de alarma, entre os que destaca a amígdala, unha estrutura que é crucial na detección, aprendizaxe e expresión do que comunmente describimos como medo. Poderemos logo controlar o medo controlando a amígdala? Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Documental de carácter divulgativo e didáctico (38´ 32´´) sobre o papel das mestras rurais na historia da educación en Galicia. Grazas ao testemuño directo de mulleres que exerceron ou que exercen a docencia en escolas rurais, así como daquelas outras que foron alumnas nese mesmo hábitat, podemos coñecer cales son as principais motivacións, dificultades e retos pedagóxicos que afrontan as mestras no rural. A peza é unha produción de Meteórica Cine, dirixida por Alba Prol e realizada por Raúl García Pérez, ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021-2022.
Ver recurso
Documental (27´), dirixido por Marcos Nine, que describe o sitio arqueolóxico da "Estación da Ferradura", nos Chaos de Amoeiro (Ourense). Trátase dunha zona con restos de altísimo valor, con petróglifos podomorfos, outros con forma de serpes, cazoletas... e para os que os investigadores apuntan usos astronómicos e rituais.
Ver recurso
Documental de Nós Televisión (12´ 03´´) que che permitirá achegarte á historia do castelo da Rocha Forte, unha fortaleza medieval que dá testemuño do poder militar e económico nesa altura do arcebispo compostelán. Carlos Delgado, presidente da Asociación Rocha Forte; Lola Cerqueiro, arqueóloga municipal; e Mercedes Rosón, concelleira de Cidade Histórica na data de elaboración do documental (2000), explícannos cal foi o programa de actuacións encamiñadas a descubrir, estudar e restaurar o recinto intramuros da fortaleza e os sectores externos máis próximos.
Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 06´´) no que a doutora Jen Gunter nos fala dos dous tipos de protección que ten o noso corpo para combater bacterias, virus, fungos e toxinas (a inmunidade innata e a inmunidade adaptativa), e nos explica como podemos manter san o noso sistema inmunitario. Tradución ao galego de María Suárez Seijas para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 30") no que Aroa Blanco Guerreiro , alumna do IES Castro da Uz (As Pontes), nos fala de progresións xeométricas dun xeito moi orixinal, mesturando matemáticas con gastronomía. Tras elaborar unha torta tradicional e decorala coa forma dun taboleiro de xadrez, Aroa fai unha representación didáctica das potencias de dous. Esta peza foi premiada cun accésit no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.
Ver recurso
En 2011 descubríronse os restos dunha sauna castrexa no castro de Castañoso (A Fonsagrada). Dado o seu bo estado de conservación e o seu valor excepcional, as administracións emprenderon traballos de escavación, consolidación e recuperación desta construción. Este vídeo divulgativo (15´ 39´´), elaborado en 2015, amosa o estado actual da sauna despois dos traballos realizados, explica a súa estrutura e apunta os usos que podía ter, amais do puramente utilitario. Máis información sobre o estado en que foi atopada en 2011 neste apuntamento do blog Capítulo Cero.
Ver recurso
Sétimo capítulo (29´ 51´´) da serie documental "Os castros", emitida na Televisión de Galicia en 2020. Nesta última entrega terás a oportunidade de coñecer doce castros galaicos, como exemplo do legado que herdamos da cultura castrexa. Coñecerás as principais características do castro de Baroña, en Porto do Son; dos castros de Neixón, en Boiro; do castro de Borneiros, en Cabana de Bergatiños; do castro de Elviña, na Coruña; do castro de Viladonga, en Castro de Rei; do castro de Castromaior, en Portomarín; do castro da Torre, en Folgoso do Courel; do castro de San Cibrao de Las, en Punxín-San Amaro; do castro de Castromao, en Celanova; do castro de San Tomé, en Ourense; do castro de Santa Trega, na Guarda; e do castro de Castrolandín, en Cuntis.
Ver recurso
Galiciana é un arquivo dixital creado pola Xunta de Galicia que integra obras dixitalizadas procedentes dos fondos propios do Arquivo de Galicia, dos arquivos históricos xestionados pola Xunta de Galicia, dos da Administración local e educativa, así como dos de institucións culturais galegas de especial interese (Museo do Pobo Galego, Fundación Penzol de Vigo, Real Academia Galega…). Neste vídeo (9´ 47´´) atoparás un titorial de uso para facer buscas asistidas ou simples nesta plataforma.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (12´ 22´´). Desde hai uns anos, as comunidades veciñais de montes en man común de Oia xuntáronse para formular unha xestión alternativa do monte e do patrimonio arqueolóxico que se atopa na súa propiedade, creando "Costa dos Castros", un proxecto de arqueoloxía desde e para a comunidade. 

No xacemento do Cano dos Mouros os veciños optaron por outro tipo de intervención arqueolóxica que non implicara escavar: visibilizando as estruturas, recuperando as lendas e a memoria oral vinculada e creando eventos nos que reforzar os lazos de veciñanza.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 59´´), elaborado por Gciencia, no que se presentan diferentes investigacións que se están a desenvolver no Parque Nacional Illas Atlánticas para descubrir e catalogar o rico patrimonio arqueolóxico que aínda permanece soterrado nas diferentes illas que o compoñen.
Ver recurso
Vídeo didáctico (10´ 28´´) no que Xacobo de Toro e Aida Alvela Louro nos falan da acidificación dos océanos, un problema medioambiental que consiste no descenso do PH da auga mariña causado pola absorción do dióxido de carbono. Así mesmo, aprenderás a realizar dous sinxelos experimentos cos que poderás comprobar na túa propia casa o que está acontecer realmente no medio mariño. Este vídeo foi elaborado para o Salón do Libro de Pontevedra do ano 2021.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 39´´) que che axudará a entender cales son os elementos esenciais que compoñen un ecosistema. O profesor Xacobo de Toro explícanos que é o biótopo e a biocenose, e cales son os parámetros bióticos e abióticos que condicionan a vida dos seres que habitan neses lugares.
Ver recurso
Déborah Vukusic cóntanos neste vídeo (2´ 24´´) que acontece na atmosfera cando se producen fenómenos meteorolóxicos como a chuvia ou a sarabia. Tamén descubrirás os diferentes nomes que temos en galego para nomear a chuvia, dependendo de cal sexa a súa forma ou intensidade. Na realización desta peza, pertencente á serie "Dicionario da Ciencia", participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo de TED (10´ 22´´) no que o doutor P. J. Parmar, apoiándose na súa propia experiencia como xestor dunha clínica que só atende a persoas refuxiadas e obtén beneficios económicos, propón mudar o sistema sanitario estadounidense para facelo máis eficiente e, sobre todo, máis accesible para a poboación sen recursos. Tradución ao galego de Candela Gómez para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
Vídeo de TED (4´ 58´´) no que o médico Khalil Ramadi nos fala do novo tratamento que está a desenvolver baseado nun microdispositivo dotado de compoñentes electrónicos que liberan «biocondutores», os cales producen estímulos eléctricos ou químicos no intestino. Estas pastillas electrónicas suporían unha innovación no tratamento de enfermidades coma a diabetes, o párkinson ou o alzhéimer. Tradución ao galego de Yolanda Casas para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
A científica e empresaria Emily Leproust convídanos nesta charla de TED (11´ 07´´) a reflexionar sobre a urxente necesidade de conciliar as comodidades materiais que demanda a civilización actual cun concepto moderno de sustentabilidade que integre medio ambiente, sociedade e economía. Segundo E. Leproust, a clave está na "bioloxía sintética", que permite crear alternativas verdes en tres áreas cruciais: a saúde, a alimentación e a produción de materiais. Tradución ao galego de Susana Arrizado Gago para #TEDSAÚDE USC.
Ver recurso
Curtametraxe científica (9´), escrita e dirixida por Ray e Charles Eames para IBM (1977), que nos amosa o tamaño relativo das cousas no universo e o efecto de engadir un cero máis. O filme permítenos, cada dez segundos, observar un mesmo punto de partida dez veces máis lonxe, ata que a nosa galaxia se converte nun minúsculo punto de luz. Despois, faremos a viaxe inversa, ata rematar no interior dun protón dun átomo de carbono nunha molécula de ADN. Tradución ao galego de Martin Pawley.
Ver recurso

Vídeo documental (31' 14'') no que se presenta o traballo do proxecto arqueolóxico de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa (A Pobra de Brollón). Trátase dun proxecto plurianual que ten como primeiros obxectivos a recuperación do castro de San Lourenzo, un castro mineiro romano de hai 2000 anos dedicado á explotación do ouro e do ferro existentes na súa contorna; a exhumación da antiga capela de san Lourenzo e a recuperación de tradicións vinculadas a estes dous lugares, como a de "mollarlle os pés ao Santo"; e tamén a escavación dunha vivenda que serviu de acobillo aos guerrilleiros antifranquistas a finais da década de 1940.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (4´ 47´´) no que se presenta o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, un museo ao aire libre de 4.000 anos de antigüidade que acolle unha das maiores concentracións da arte rupestre do continente. No parque tamén atoporás un espazo expositivo de carácter didáctico, onde a figura de Ramón Sobrino Buhigas e o seu Corpus Petroglyphorum Gallaeciae preside un ámbito destinado a presentar as primeiras etapas da investigación dos petróglifos de Galicia.
Ver recurso
A bioarqueoloxía é o estudo dos materiais biolóxicos en contextos arqueolóxicos. O estudo dos restos humanos, dos restos animais e das sementes permítenos mellorar o coñecemento acadado coa arqueoloxía tradicional. Neste vídeo divulgativo (2´ 56´´) Olalla López Costas, investigadora do CRETUS, fálanos do seu proxecto de Investigación "Polluted Past", no que estudan a presenza de metais pesados nos restos humanos do mundo romano e medieval.
Ver recurso
No século XX, a maioría das vacinas tardaban máis dunha década en ser investigada, probada e producida. Pero as vacinas fronte á COVID-19 obtiveron a autorización de uso de emerxencia en menos de 11 meses. O segredo desta rapidez reside nunha tecnoloxía médica que leva décadas desenvolvéndose: a vacina de ARNm. E logo, como funcionan estas revolucionarias vacinas? Kaitlyn Sadtler e Elizabeth Wayne afondan nas bases científicas da tecnoloxía do ARNm Tradución ao galego de Noelia Rodríguez Otero para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 35´´), elaborado pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, no que Fran Ramil, investigador do grupo de Bioloxía Ambiental do Centro de Investigación Mariña (CIM) da UVigo, nos explica que é a bioluminiscencia mariña e cal é a súa relación co fenómeno coñecido como "mar de ardora".
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 38´´), pertencente á serie "Dicionario da Ciencia", no que Déborah Vukusic nos fala, de xeito desenfadado e ameno, do planeta máis grande do sistema solar: Xúpiter. Na realización desta peza participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (3´ 16´´) no que Xabier Pérez Couto che ensina en pouco máis de tres minutos a orientarte igual que facían os nosos antergos, é dicir, localizando os puntos cardinais a través da observación das estrelas.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (1´ 29´´), difundido na canle Naturiza, no que Diego Ferraz Castiñeiras nos fala dos ciclos de Milankovic, unha teoría que trata de explicar as razóns dos cambios climáticos naturais que existiron no pasado.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 01´´) no que María Sanmartín Cabanas, alumna de 3º curso da ESO do IES As Bizocas (O Grove), che explica cales son as dificultades que deben afrontar os cartógrafos á hora de medir a liña costeira, así como as principais variables que inflúen no resultado. Esta peza foi unha das gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2019.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 10´´) no que se explica o método que usou o matemático grego Arquímedes para aproximar o número pi (número irracional que representa a razón constante entre a lonxitude dunha circunferencia e o seu diámetro). Esta peza está elaborada por Clara Rey Barona e Laura Álvarez Barbosa, alumnas de 4º da ESO do IES Escolas Proval, e foi a mellor valorada polos internautas na edición de 2018 do concurso "Explícoche Matemáticas 2.0".
Ver recurso
Seguro que nalgún momento da túa carreira académica pensaches: para que serven realmente as matemáticas? Neste vídeo divulgativo (16´ 23´´) Lorena Saavedra, doutora pola USC na área de Análise Matemática e docente no ensino medio, defende que as matemáticas son o fundamento que está detrás de todas as ciencias e, polo tanto, teñen múltiples aplicacións. A modo de exemplo, explícanos a utilidade da aplicación de coñecementos matemáticos na construción dunha ponte. Esta charla tivo lugar en 2021, no marco da xornada divulgativa "Matemáticas: habelas hainas, seguimos contándochas", organizada pola USC e destinada fundamentalmente a estudantes de grao e mestrado.
Ver recurso
A arqueóloga Celtia Rodríguez González reflexiona nesta entrevista (19´ 15´´) sobre algunhas cuestións de interese relacionadas cos traballos de arqueoloxía, tanto desde o punto de vista laboral como científico. Entre outros temas, fálanos da arqueoloxía de xénero e a súa aplicación na actualidade; das ferramentas e metodoloxías de traballo empregadas nos diferentes xacementos; do proxecto Sputnik Labrego ou da situación laboral dos arqueólogos/as en Galicia. A peza, elaborada por Mazarelos Coop, forma parte do ciclo de entrevistas divulgativas Baixa á praza, onde diferentes expertas reflexionan desde distintas prazas de Santiago de Compostela sobre elementos da historia e a memoria de Galicia.
Ver recurso
Vídeo didáctico de carácter práctico (10´ 40´´), dirixido a alumnado de 4º de ESO, no que o profesor Germán Santos explica como se resolven os problemas de xenética baseados na primeira e segunda leis de Mendel
Ver recurso
Charla de divulgación científica (29´ 30´´) na que o investigador Ángel Carracedo nos fala de xenética humana e, máis concretamente, dos factores xenéticos que poden condicionar a resposta á Covid, tendo en conta que hai persoas que pasan esta enfermidade de xeito asintomático mentres outras enferman gravemente e mesmo morren. A charla tivo lugar en novembro de 2020, organizada polo Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 50´´), pertencente á serie Dicionario da Ciencia, no que Déborah Vukusic nos fala dos xenes, os elementos que determinan a aparición dos caracteres hereditarios nos seres vivos. Na realización desta peza participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Obradoiro didáctico (47´ 37´´), organizado por Igaciencia, no que Xacobo de Toro che ensina a programar un dron Tello coa aplicación Droneblocks. Na sesión trátanse os seguintes contidos: introdución aos drons; usos educativos do dron Tello; manexo do dron e modos de voo coa aplicación Tello; programación e desafíos reais con Droneblocks.
Ver recurso
Obradoiro didáctico, promovido por Igaciencia, no que se achegan os conceptos básicos da programación robótica. O obradoiro componse de dúas partes. Na primeira terás a oportunidade de familiarizarte coa linguaxe icónica de programación EV3, un sistema de programación baseado en Labview, o estándar en control. Na segunda, aprenderás como se empregan os conceptos computacionais para enfocar e resolver problemas, comunicarte cun robot e comprobar se o programa que deseñaches se axusta ao que queres que execute o robot. Vídeos que compoñen o obradoiro: -A maxia da robótica (I) [24´ 41´´] -A maxia da robótica (II) [27´ 27´´]
Ver recurso
Vídeo divulgativo (3´) que nos introduce no mundo da xenómica, a través da presentación dun proxecto de investigación que consistiu na extracción e secuenciación de ADN procedente de células bucais, e no seu posterior estudo para tratar de identificar posibles mutacións. Esta peza audivisual foi elaborada por Claudia Abraldes Torres, Pablo Vivero Fernández, Loaira María Miguéns Pérez, Paula Vila Lois e Uxío Louro Suárez no marco da VII edición do Campus Científico de Verán XuvenCiencia, e recibiu o Premio Proxéctate en Galego.
Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (4´ 25´´) , integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, no que descubrirás por que hai científicos que levan máis de 50 anos disparando raios láser contra a superficie lunar para intentar medir a distancia entre a Terra e a Lúa coa maior precisión posible.

Ver recurso
Sara Illodo Brea, investigadora predoutoral na USC, fálanos nesta charla (8´ 25´´) do material xenético que nos fai humanos e da arquitectura menos coñecida do ácido desoxirribonucleico, a molécula que coñecemos como ADN. A charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2020.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 12´´), dirixido a alumnado de educación secundaria, no que a profesora Cristina Viqueira explica, de xeito moi visual e gráfico, como a partir dunha determinada secuencia de ADN se fabrica unha proteína.
Ver recurso
Vídeo de TED (14´ 51´´) no que o neurocientífico Uri Hasson nos explica as bases da comunicación humana e cales son os protocolos neurais comúns, mesmo en cerebros de falantes de diferentes linguas, cando escoitan a mesma idea ou historia. Este mecanismo neural permítenos transmitir padróns cerebrais, compartindo recordos e coñecementos. Tradución ao galego de Socorro Rodríguez Holguín.
Ver recurso
Neste vídeo didáctico (2´ 07´´), Brais Prieto Moure, alumno de doutoramento en Ciencias da Comunicación da USC, explícanos como debemos cortar exactamente unha pizza en varias porcións para que ninguén saia perdendo. Este traballo foi premiado cun accésit no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2018.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 27´´) no que Jesús Conde Lago, alumno do doutoramento en matemáticas da USC, nos explica que é a cicloide e como este termo xeométrico resolve o problema de como chegar máis rápido dun punto a outro baixando unicamente coa velocidade dada pola aceleración da gravidade. Este foi un dos traballos gañadores do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2018.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 28´´) no que María Navarro Martínez e Iria Lago Portela, alumnas de grao de Matemáticas da USC, nos falan dos diagramas de Voronói, unhas das aplicacións da xeometría computacional. Este foi un dos traballos gañadores do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2018.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (2´ 29´´) no que se presenta brevemente unha das tres áreas de investigación nas que traballa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). Concretamente, coñecerás os obxectivos da área "Partículas cósmicas e física fundamental".
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (3´ 48´´) no que Alfonso Alonso nos explica en que consisten as ondas gravitacionais, perturbacións espazo-temporais detectadas por primeira vez en 2015 pero que Albert Einstein xa predecira na súa Teoría da Relatividade Xeral. Este vídeo quedou finalista no Concurso de Comunicación Científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxia (IGFAE).
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 45´´) no que descubrirás de xeito rápido e sinxelo que son os petróglifos e con que utilidade os facían os nosos devanceiros na época prehistórica. Esta peza forma parte da colección "Dicionario da Ciencia" (proxecto producido por GCiencia) e na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 44´´) no que Déborah Vukusic nos explica que significa exactamente a palabra "ciencia". Esta peza forma parte da colección "Dicionario da Ciencia" (proxecto producido por GCiencia) e na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo de TED (11´ 58´´) no que Gianluca Mauro, enxeñeiro apaixonado da tecnoloxía, nos fala das múltiples aplicacións que ten a intelixencia artificial (AI) na nosa nosa vida cotiá. Cóntanos como marcou a súa vida o encontro con Peter Norvik, estudoso pioneiro da IA, que lle explicou en que consiste a aprendizaxe automática. Partindo da idea de que hoxe en día todos podemos ter ao noso dispor a tecnoloxía máis avanzada e tamén unha grande cantidade de datos (obtidos, por exemplo, de Internet), Gianluca defende que, o mesmo que lle pasou a el, calquera persoa interesada podería desenvolver o seu propio proxecto de intelixencia artificial. Tradución ao galego de Luz Leirós.
Ver recurso
Vídeo de TED (9´ 59´´) no que a socióloga Emi Howe, autora da publicación The Body Hoax, nos fala de como lle afecta á nosa saúde esa falsa idea que transmiten os medios sobre o ideal de corpo perfecto baseado na delgadeza. Partindo do aprendido a través da súa propia experiencia persoal, propón fuxir de mundos de fantasía e reivindicar a diversidade natural dos corpos. Tradución ao galego de Argantael Kerdudo Baxter.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (52´´) no que se explica de forma rápida e moi sinxela que é a calixe, o fenómeno meteorolóxico que estamos a sufrir estes días en Galicia. A peza forma parte do proxecto “Sinxelo”, promovido pola CRTVG e a Universidade de Vigo co obxectivo de divulgar a información desde unha perspectiva inclusiva, pensando sobre todo nas persoas con discapacidade intelectual.
Ver recurso
Vídeo de TED (8´ 55´´) no que a doutora Heather Brannon nos conta en que consiste o TDAH e como se senten as persoas adultas que o padecen, xa que esta deficiencia química condiciona en grade medida as súas vidas. A doutora Brannon remata cunha mensaxe positiva: hai solución, xa que se diagnosticamos correctamente o problema, a medicación pode axudar aos pacientes a mellorar as súas vidas, evitando a ansiedade e a frustración continua que sufrían. Tradución ao galego de Jennifer Torres Mira.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (1´ 52´´) que che axudará a entender como se produce o fenómeno luminoso coñecido como "arco da vella", "arco iris" ou "contrasol". Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes conceptos relacionados coa ciencia. Na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo didáctico (10´ 33´´) no que Rosa Crujeiras Casais, María Ginzo e Mercedes Conde, do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC, nos explican como podemos tratar os nosos datos para analizalos estatisticamente empregando R. En concreto, céntrase nunha das súa librarías: R Commander.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (1´ 39´´) no que se explica de xeito rápido e sinxelo en que consiste o proceso metabólico da fotosíntese. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes conceptos relacionados coa ciencia. Na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (1´ 43´´) que che axudará a entender algúns termos relacionados coa meteoroloxía, como son as isóbaras, as isotermas ou os cataventos. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes conceptos científicos. Na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (1´ 36´´) no que se describe en que consiste a choiva de meteoros, popularmente coñecida como choiva de estrelas. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes termos relacionados coa ciencia. Na súa realización participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 29´´) no que Hada Galán Lamas, alumna da Escola Waldorf Meniñeiros (Friol) nos explica que é a banda de Möbius, creada en 1858 polo matemático e astrónomo alemán August Ferdinand Möbius. Descubrirás como se constrúe e que aplicacións prácticas ten este curioso obxecto non orientable cunha única superficie. Este foi un dos traballos premiados no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2021.
Ver recurso
En ningunha das imaxes que coñecemos do Sistema Solar os elementos que o compoñen están representados a escala. Neste documental (7´ 07´´), Wylie Overstreet e Alex Gorosh, coa axuda dun grupo de amigos, conseguen construír no deserto de Black Rock, en Nevada, un modelo a escala do Sistema Solar. Tradución ao galego de Martin Pawley (Agrupación Ío).
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (3´ 44´´) no que Reynaldo Lopes nos explica a historia do pi (3,14159...) e as numerosas aplicacións que este número irracional, do que descoñecemos o seu valor exacto, ten en diferentes ámbitos, como o das matemáticas, o da física, o da astronomía ou o musical. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez, do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
O pi (π) é uma proporção numérica definida pela relação entre o perímetro de uma circunferência e seu diâmetro, equivalente aproximadamente a 3,1416. Neste vídeo de divulgação científica (3´ 21´´) Camilla Veras Mota explica por que esse número causa tanto fascínio e dá exemplos de uso.
Ver recurso
En outubro de 1859, o colono inglés Thomas Austin liberou en Australia 24 coellos salvaxes que lle enviaron desde Inglaterra para poder practicar o deporte da caza. Esta decisión desencadeou un grave problema de superpoboación de coellos que se mantén na actualidade. Neste vídeo didáctico (7´ 05´´) Óscar A. Otero Zarraquiños e Cristina Lois Prados, da Área de Análise Matemática da USC, ensínannos como pode explicarse matematicamente a evolución dunha ou varias especies en función de diversos parámetros, analizando modelos clásicos como o modelo Malthusiano e o modelo depredador-presa de Lotka-Volterra.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 30´´) no que Irene González Calvo e Raquel González Calvo, alumnas do IES Plurilingüe Adormideiras (A Coruña), nos falan do saturnismo, unha enfermidade causada pola intoxicación por chumbo. Descubrirás en minuto e medio cales son os motivos do seu nome, cales son os efectos deste envelenamento no noso organismo e que relación ten esta enfermidade coa arte. Este foi un dos vídeos premiados na primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (0´ 41´´) que che axudará a entender de xeito breve e sinxelo cal é a diferenza entre clima e tempo atmosférico. Esta peza foi creada por Diego Ferraz Castiñeiras e difundida na canle Naturiza.
Ver recurso
A que distancia se ten que situar unha persoa para que o ángulo de visión dunha estatua sexa máximo? Este foi basicamente o problema formulado polo matemático alemán Johann Müller Regiomontano, considerado o creador da trigonometría. Neste vídeo didáctico (2´ ) Aroa Ríos Torres, Sandra Vázquez Silva e Nerea Iglesias Espiño, alumnas do IES Antón Losada da Estrada, axúdanche a resolver este problema de maximización tomando como punto de referencia o monumento ao labrego da parroquia estradense de Lagartóns. Esta peza conseguiu unha mención especial no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2017.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1' 59'') no que Irene Pereira Reboredo, alumna de de 3º da ESO do IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) che explica en que consiste o termo matemático "fractal", proposto en 1975 polo matemático Benoît Mandelbrot. O vídeo céntrase especificamente nunha das figuras fractais máis coñecidas: o copo de neve de Koch. Esta foi unha das pezas gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2017.
Ver recurso
Charla didáctica (50´), cun enfoque lúdico, na que David Ballesteros nos achega algúns datos sobre a historia das matemáticas, para demostrarnos que o avance do coñecemento científico en xeral está ligado ao desenvolvemento de novas ferramentas matemáticas. Tamén descubrirás a relación das matemáticas con determinadas cuestións da nosa vida cotiá, como pode ser a percepción da beleza, os xogos de azar ou o amor. Esta charla, dirixida a alumnado de secundaria, desenvolveuse no marco da iniciativa Galiciencia 2016.
Ver recurso
Vídeo de TED (11´ 30´´) no que a avogada Sarah Donnelly nos conta como a súa vida profesional xogou psicoloxicamente un importante papel durante o tratamento contra un cancro de mama, proporcionándolle rutina e estabilidade mentres tiña que afrontar decisións persoais complicadas. Na súa charla tamén nos propón algunhas estratexias e políticas de flexibilidade que deben implementarse no ámbito laboral para que as persoas con cancro poidan conciliar os tratamentos oncolóxicos co exercicio da súa profesión, se elas consideran que pode ser beneficioso para a súa recuperación. Tradución ao galego de María Rico Vázquez. Foi un dos traballos gañadores do concurso TEDSaúde 2021.
Ver recurso
Vídeo de TED (12´ 45´´) no que a enxeñeira Kathryn A. Whitehead nos explica como ao longo da historia diferentes crises de saúde pública deron lugar a innovacións en sanidade e tecnoloxía. Á pandemia da Covid-19 debémoslle o logro das vacinas baseadas en ARNm. Esta charla axudarache a entender que son as nonopartículas lipídicas, como funcionan e cal é a súa importancia estratéxica no deseño deste tipo de vacinas. Tamén descubrirás como a tecnoloxía baseada en ARNm pode ser determinante no futuro para atopar a cura de enfermidades moi graves, como poden ser determinados tipos de cancro, ou para combater algúns dos patóxenos máis perigosos, coma a malaria, o ébola ou o VIH. Tradución ao galego de Lucía Campillo Rey. Foi un dos traballos finalistas no concurso TEDSaúde 2021.
Ver recurso
Vídeo de TED (11´ 18´´) no que Emanuele Capobianco nos conta como os coñecementos adquiridos na loita contra o ébola na República Democrática do Congo lle axudaron a entender cal era o principal obstáculo para poder deter unha pandemia: o medo e a desinformación. Partindo de determinados patróns comúns en todas as epidemias, Emanuele Capobianco propón determinadas medidas de acción que poderían axudar a combater futuros gromos. Tradución ao galego de Susana Brandariz. Foi un dos traballos finalistas no concurso TEDSaúde 2021.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (2´ 05´´) no que se describe que é un lucecú ou vagalume, coñecido cientificamente como Lampyris noctiluca. Tamén descubrirás todos os termos que se usan en galego para denominar este insecto. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na realización deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (1´ 27´´) que che axudará a entender que son os anticorpos e mais os antíxenos, dous termos que se fixeron moi populares a partir da pandemia da Covid-19. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na realización deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 09´´) no que Anxo Fernández (docente de matemáticas no ensino medio) explica, de xeito práctico, como se resolven os sistemas de ecuacións lineais usando o método de Gauss. Este recurso está dirixido a alumnado de 2º curso de Bacharelato.
Ver recurso
A investigación no ámbito da medicina personalizada e de precisión céntrase na busca de biomarcadores que permitan predicir de xeito preciso a resposta a un fármaco por parte dun determinado grupo de individuos. Ángel Carracedo, director da Fundación Galega de Medicina Xenómica, explícanos con detalle neste vídeo divulgativo (11´ 35´´) en que consiste a “medicina personalizada e de precisión”, unha auténtica revolución científica que afecta a todas as especialidades médicas de xeito transversal. A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e a Real Academia de Farmacia de Galicia.
Ver recurso
A herdanza xenética é un factor relevante tanto no cancro de mama coma no de ovario. Neste vídeo divulgativo (1´ 17´´) explícannos como no marco do Proxecto Xenoma Galicia, que acaba de botar a andar a finais do pasado ano 2024, se van someter tres xenes concretos (BRC1, BRC2 e PALB2) a un cribado de mostras de ADN. O obxectivo é identificar as persoas que teñen un risco especial de desenvolver este tipo de cancros e facerlles un seguimento específico.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (1´ 19´´) fálannos da síndrome de Lynch, un trastorno xenético hereditario que supón un risco múltiple de chegar a desenvolver un cancro no futuro. Un dos obxectivos do Proxecto Xenoma Galicia é buscar os tres xenes que determinan a presenza desta síndrome nas mostras de ADN cedidas ao proxecto, que permitirá facer un seguimento personalizado e unha posterior detección precoz da enfermidade, se fose o caso.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (14´ 18´´) no que o neurocientífico Xurxo Mariño nos explica en que consiste a linguaxe desde un punto de vista biolóxico, poñendo o foco na relación entre o cerebro, a construción da mente consciente e a lingua. A charla tivo lugar en 2015 no marco do "LGx15. Ideas para o futuro da lingua", iniciativa que promove anualmente a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (10´ 33´´), elaborado por Illa Bufarda, no que se presenta a historia e as actuais liñas de actividade da Real Academia Galega, unha institución fundada en 1906 para defender e promover a cultura e o idioma propios de Galicia.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 08´´) no que o académico Henrique Monteagudo nos explica cal é a postura oficial da Real Academia Galega sobre os dialectalismos que non están recollidos no seu Dicionario. Esta peza foi elaborada para a sección "Pregúntalle á Academia" do Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.
Ver recurso
Vídeo de TED (13´ 27´´) no que Patricia Kuhl nos fala das investigacións que se están a desenvolver para tentar entender como funciona a adquisición lingüística no cerebro dos bebés, e como esta adquisición pode condicionar o seu desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Tradución ao galego de Elena Armas.
Ver recurso
Vídeo de TED (6´ 46´´) no que Daniel Bögre Udell nos lembra que nos vindeiros 80 anos poderían desaparecer ata 3.000 linguas, coas súas respectivas culturas. Nesta charla cóntanos como arredor do mundo diferentes pobos están conseguindo reverter este proceso de morte lingüística revitalizando os seus idiomas ancestrais e reconstruíndo as súas culturas. Tradución ao galego de Lucía Campillo Rey.
Ver recurso
Vídeo de TED (4´ 56´´) no que Martin Hilpert che axudará a entender os conceptos de "lingua" e "dialecto", así coma os factores (tanto lingüísticos coma políticos) que fan que un determinado dialecto pase a considerarse oficialmente coma un idioma independente. Tradución ao galego de Raquel Villar Pérez.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (17´19´´), producido por Acuarela Comunicación en 2014, no que se explican cales son as competencias estatutarias que ten a Xunta de Galicia no ámbito da defensa e promoción da lingua galega. Despois de facer un breve percorrido histórico polos principais logros acadados no período autonómico e presentar os obxectivos xerais do Plan xeral de normalización da lingua galega nos diferentes ámbitos sociais, a peza céntrase nas competencias da Secretaria Xeral de Política Lingüística en materia de normalización lingüística.
Ver recurso
Terceiro capítulo (13´ 23´´) da serie divulgativa, producida por Acuarela Comunicación, na que a filóloga Ana Outón nos explica como determinado tipo de complexos condicionan os nosos usos lingüísticos. Nesta última entrega cóntanos como debemos actuar se é unha persoa da nosa contorna a que padece os complexos lingüísticos.
Ver recurso
Segundo capítulo (14´ 06´´) da serie divulgativa, producida por Acuarela Comunicación, na que a filóloga Ana Outón nos fala dos complexos lingüísticos. Nesta segunda parte ofrécenos as claves para poder facer unha autodiagnose e resolver con éxito a situación.
Ver recurso
Primeiro capítulo (13´ 32´´) desta serie divulgativa, producida por Acuarela Comunicación, na que a filóloga Ana Outón nos explica, con humor, como determinado tipo de complexos condicionan os nosos usos lingüísticos. Nesta primeira entrega describe en que consisten exactamente os "complexos lingüísticos" e que "remedios" debe evitar a persoa afectada para resolver o que ela percibe como un problema.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´) no que Laura Veiga, divulgadora científica sobre educación menstrual, nos explica de xeito moi breve en que consiste a proba de Papanicolau, empregada na detección precoz do cancro de útero. O nome da proba debémoslla ao patólogo George Papanicolaou, pero sabes que papel tivo a doutora May Edwards Chinn no seu descubrimento? Laura cóntonolo neste vídeo.
Ver recurso
Outro dos albos aos que apunta o Proxecto Xenoma Galicia é a hipercolesterolemia familiar, un trastorno xenético hereditario que multiplica por entre dez e quince veces o risco de padecer accidentes cerebrovasculares ou unha enfermidade cardíaca. Neste vídeo divulgativo (1´ 15´´) explícannos como a través dun cribado masivo de mostras de ADN se van tentar localizar os tres xenes máis relevantes neste trastorno, co ánimo de implementar medidas preventivas, facer diagnósticos máis precisos e deseñar tratamentos personalizados.
Ver recurso

Vídeo (1´ 02´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, sobre o radon, un gas radioactivo presente maiormente en solos graníticos. Máis de 300 galegos morren cada ano por cancros de pulmón causados por este gas. Este vídeo axudarache a entender as consecuencias nocivas que a súa inhalación ten para a nosa saúde.  

Ver recurso

Vídeo (2' 05'') do proxecto "A Universidade responde" no que Fernando Fernández, profesor do Departamento de Patoloxía Cirúrxica da USC e cirurxián do SERGAS, nos fala da importancia de realizar o test de cribado de cancro colorrectal (o máis frecuente entre a poboación xeral cando se analizan en conxunto ambos sexos) para detectar lesións en estadios iniciais, antes de que aparezan os síntomas da enfermidade.

Ver recurso

Vídeo de TED (4´ 59´´) no que Andrea M. Henle nos fala do CRISPR, unha ferramenta tecnolóxica de edición xénica que lles permite aos científicos mudar as características fundamentais dun organismo en tempo récord. Este vídeo axudarache a  entender como funciona o CRISPR e cales son as potencialidades desta prometedora ferramenta, non exenta de debates éticos.

Tradución ao galego de Roi Yáñez González.

Ver recurso
O cancro de pulmón é o segundo tipo de cancro máis diagnosticado a nivel mundial, cunha incidencia do 11,4% na poboación. Neste vídeo divulgativo (8´ 10´´) a investigadora Eliana Torres Cadavid preséntanos o seu proxecto de tese, no que estuda o risco de cancro de pulmón asociado ás ocupacións laborais. A presentación tivo lugar no marco do Curso de Habilidades Comunicativas organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC en 2024.
Ver recurso

Vídeo de TED (16´ 13´´) no que o bioquímico David R. Liu nos explica en que consisten as enfermidades xenéticas, provocadas por “mutacións puntuais” (cambio dunha única letra) do noso xenoma. En moitas ocasións sabemos con exactitude cal é o cambio de letra que provoca unha determinada enfermidade xenética (como a anemia falciforme ou a proxeria, por exemplo), polo que corrixir ese cambio permitiría curala. David R. Liu preséntanos nesta charla unha ferramenta desenvolvida no seu laboratorio (chamada “edición de bases”) que permite editar o noso ADN corrixindo determinadas mutacións puntuais. Tradución ao galego de Adrián Regueira-López.

Ver recurso
Vídeo divulgativo (9´ 04´´) no que Marta López Alonso, docente na Facultade de Veterinaria da USC e investigadora do grupo IG IMedA, nos presenta polo miúdo un proxecto do investigación sobre o papel dos microminerais nos doentes oncolóxicos da provincia de Lugo, partindo da premisa de que o estudo do metabolismo mineral dos animais (principal liña de investigación do grupo IG IMedA) ten implicacións directas no estudo da saúde humana, pois por un lado os animais son produtos da alimentación humana, e por outro, tamén poden servir como marcadores de contaminación ambiental. Esta charla tivo lugar en abril de 2022, no marco das actividades formativas organizadas polo Hopital Universitario Lucus Augusti.
Ver recurso
O Fondo Internacional para a Investigación sobre o Cancro advirte nos seus estudos de que “o noso estado nutricional (o que comemos e bebemos, o activos que somos e a cantidade de graxa corporal que temos), inflúe no risco de moitos tipos de cancro no adulto, pero tamén dende e antes do nacemento”. Neste vídeo divulgativo (18´ 28´´) a nutricionista Antía Pérez Vázquez lémbranos que entre un 30 e un 35% dos factores de risco de padecer cancro están relacionados cos nosos hábitos alimentarios e explícanos que debemos entender por alimentación saudable e cales son os obxectivos da terapia nutricional nos pacientes oncolóxicos. Esta charla tivo lugar en outubro de 2020, no marco das actividades formativas organizadas polo Hospital Universitario Lucus Augusti.
Ver recurso

Vídeo de TED (6' 48''). O xenetista Keolu Fox descóbrenos que o 96% dos estudos sobre o xenoma baséanse en poboación de ascendencia europea, algo perigoso pois, dependendo da nosa composición xenética reaccionamos de maneira diferente aos medicamentos. Fox traballa na democratización da secuenciación xenómica, promovendo a implicación da poboación indíxena na investigación, e cre que "a comunidade científica necesita somerxerse na cultura indíxena, ou morrer no intento".

Tradución ao galego de Ana García González para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (6' 03''). Quen perdeu un ser querido por cancro de páncreas, sabe ben a devastadora velocidade con que esta enfermidade pode afectar a unha persoa sa. Laura Indolfi, emprendedora en biomedicina e membro de TED, está desenvolvendo un método revolucionario para tratar esta complexa e letal enfermidade: un dispositivo dispensador de fármacos que actúa coma unha gaiola sobre o tumor, evitando a súa propagación e liberando o medicamento só onde é necesario.

Tradución ao galego de Maite Díaz para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 29´´), dirixido por Alopra Studio, no Sarah E. Tracy nos fala do glutamato monosódico, un potenciador do sabor moi empregado na gastronomía americana e chinesa que se converteu no foco dun polémico debate social despois de que o doutor Robert Ho Man Kwok lle atribuíse en 1968 consecuencias fatais para a saúde tras o seu consumo. Nesta charla descubrirás de que está composto exactamente este popular condimento e se realmente é tan daniño como o doutor Kwok afirmaba. Tradución ao galego de Sandra Mariño, galardoada co segundo premio do TEDsaúde 2021.
Ver recurso
Vídeo de TED (9´ 38´´) no que a antropóloga médica Nancy N. Chen nos fala dos conceptos culturais existentes sobre o corpo humano, e como estes inflúen no noso xeito de estar no mundo. Descubrirás como mudaron os ideais corporais ao longo do tempo, pasando a ser na cultura occidental corpos cada vez máis delgados. Esta fenda entre o real e o ideal afecta á nosa imaxe e tamén á nosa saúde. A doutora Chen explícacho nesta charla. Tradución ao galego de Marta GaNov, galardoada co primeiro premio do TEDsaúde 2021.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (10´ 03´´) no que Xabier Pérez Couto nos explica cales son os dous sistemas de coordenadas celestes máis empregados para localizar obxectos celestes: as "coordenadas horizontais" e as "coordenadas ecuatoriais absolutas". A peza foi difundida na canle AstroXabi, onde atoparás máis recursos de divulgación sobre conceptos básicos de astronomía.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2´ 22´´) no que, coa axuda de Barreiro, un simpático ourizo cacheiro, descubrirás en que consiste a álxebra de Boole, unha rama das matemáticas con múltiples aplicacións no eido tecnolóxico. Esta peza está elaborada por Brais Fortes Novoa, alumno de Mestrado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Bilbao, e foi unha das gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2017.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1' 57'') no que Álvaro Cañete Rosell, Carolina Grille Sieira e Clara Vales Fernández, de 3º da ESO do Colexio Obradoiro da Coruña, nos demostran como grazas ás matemáticas se poden salvar vidas. En concreto, descubrirás como funcionaba a máquina de rotores que os alemáns deseñaron para a cifraxe de mensaxes durante a Segunda Guerra Mundial, e como os ingleses conseguiron descubrir o seu funcionamento. Esta foi unha das pezas gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2016.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 01´) no que se explica, de xeito breve, en que consiste o forzamento radiativo ou climático (é dicir, a variación entre a enerxía que absorbe a terra e a enerxía que emite cara ao espazo) e cales son as diferentes tipoloxías que existen. Esta peza foi difundida na canle de divulgación científica Naturiza, de Diego Ferraz Castiñeiras.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 16´´) , difundido na canle Naturiza, no que Diego Ferraz Castiñeiras che axudará a entender en menos de dous minutos que son as "Traxectorias de Concentración Representativas" (RCP é a súa sigla en inglés), un concepto relacionado coa emisión de gases de efecto invernadoiro.
Ver recurso
Charla divulgativa (36´ 07´´) na que o profesor Ángel Carracedo explica que é o xenoma humano e como a investigación xenómica está a revolucionar o campo da medicina. Despois de facer un percorrido polos principais logros acadados por diferentes proxectos internacionais desenvolvidos no campo da xenómica, remata presentando as principais liñas de acción do Proxecto Xenoma Galicia. A charla tivo lugar en novembro de 2023 no marco da VII Xornada de Portas Abertas da Universidade de Santiago de Compostela, destinada a amosar á sociedade a investigación de excelencia que se desenvolve na USC.
Ver recurso

Vídeo de TED (15´ 01´´). Como se lle chama a un veterinario que só sabe tratar unha especie? Médico. Nunha charla fascinante, Barbara Natterson-Horowitz amósanos como unha aproximación á saúde que abranga todas as especies pode mellorar os tratamentos médicos que recibe o animal humano —especialmente no referido á saúde mental. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez.

Ver recurso
Despois de ver como algúns nenos e nenas da India teñen que beber unha auga tan sucia que nin sequera deberían tocar, Deepika Kurup comezou a interesarse pola crise mundial da auga. Neste vídeo de TED (7´ 59´´) esta científica adolescente cóntanos como desenvolveu un método de purificación de auga económico e ecolóxico, gañando con esta investigación un importante premio científico. A tradución ao galego é de Pilar Brocos e foi galardoada co 1º premio da modalidade A (para a comunidade da USC) do certame TedSaúde 2023, que organiza a Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Vídeo didáctico (2' 04'') no que Laura Ordóñez García e Silvia García Vila, alumnas do IES de Mugardos, nos explican dun xeito moi orixinal que son as seccións cónicas, centrándose concretamente na elipse. Trátase dun dos vídeos participantes no concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2014.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 04´´), elaborado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, que che permitirá coñecer a orixe e significado dalgúns dos principais topónimos da parroquia de Barcia de Mera, situada no concello pontevedrés de Covelo, nas marxes do río Alén (case con toda seguridade chamado antigamente río Mera). Esta peza, presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 51´´) no que se explican as especificidades da toponima no contexto urbano. Concretamente, este microdocumental axudarache a entender a orixe e significado dalgúns dos topónimos que dan nome a diferentes espazos (rúas, prazas, barrios...) da cidade da Coruña. Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.
Ver recurso
Vídeo didáctico (10´ 05´´) no que descubrirás o significado e as historias que se agochan detrás dalgúns dos principais microtopónimos de Nós, parroquia do concello de Oleiros. Tamén coñecerás a orixe dalgúns dos areais deste municipio, así como as iniciativas sociais que promoveron os propios veciños para conservar a toponimia tradicional nos novos espazos urbanizados. Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.
Ver recurso
Vídeo didáctico (8´ 32´´) no que Fran Cañotas te convida a viaxar a Arteixo para descubrir como a toponimia das trece parroquias que conforman o concello testemuña a forma de vida no pasado das arteixás e dos arteixáns. Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 31´´) que che axudará a entender a orixe e o significado dalgúns dos microtopónimos da parroquia de Marzoa, no concello de Oroso. Tamén aprenderás como podes colaborar co Proxecto Toponimia de Galicia rexistrando os microtopónimos na aplicación Galicia Nomeada. Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico patrimonio toponímico.
Ver recurso
Vídeo didáctico (9´ 02´´) no que descubrirás a orixe, o significado e as historias que se agochan detrás dalgúns dos microtopónimos que dan nome a diferentes lugares situados nunha das principais xoias do noso patrimonio natural: O Monte Pindo. Esta peza, elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e presentada por Fran Cañotas, pertence á serie Os nomes da terra, deseñada co obxectivo de divulgar o noso rico legado toponímico.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 30´´) no que Rosalía Agra Otero, alumna do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda, nos presenta brevemente a ecuación dos gases ideais, que condensa estas tres leis dos gases: a de Boyle-Mariotte (que ten a temperatura constante), a de Gay-Lussac (co volume constante) e a de Charles (coa presión constante). Tamén descubrirás como podes comprobar de xeito práctico a Lei de Charles metendo unha botella baleira no conxelador. Este foi un dos traballos finalistas da primeira edición do concurso "Petiscos de ciencia" (2022), organizado pola Facultade de Ciencias e o Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Ver recurso
Neste vídeo (11´ 55´´) María Rodríguez Domínguez presenta as súas investigacións sobre o benestar animal do gando vacún leiteiro. Os métodos empregados na produción láctea intensiva tenden a incrementar o tamaño dos rabaños e a diluír ou reprimir os comportamentos individualizados que poida presentar cada animal en particular. Pero tamén foron seleccionando xeneticamente unha raza (a frisoa americana) moi ben adaptada a un alto rendemento produtivo e ás limitacións que impón o manexo intensivo. Podería ser que esa selección fixese estas razas pouco adaptadas para as condicións da gandería ecolóxica (en teoría moito mellores en termos de benestar animal?). O benestar deste tipo de animais (medido segundo os seus niveis de determinados marcadores hormonais de estrés) pode ser semellante en ambos os tipos de produción? A estas preguntas responde María nesta charla do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 09´´) coa presentación do sexto tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Nesta sexta e derradeira entrega, centrada nas reaccións redox, aprenderás como pode descompoñerse electroquimicamente auga para obter hidróxeno, un combustible co cal pode obterse novamente electricidade para mover motores eléctricos. Recursos relacionados co tema: -Mambo redox -Cela de combustible
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 19´´) coa presentación do quinto tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Nesta quinta entrega poderás achegarte ás reaccións ácido-base, que constitúen algúns dos procesos máis importantes dos sistemas químicos e biolóxicos. Descubrirás como se prepara un indicador ácido-base natural con col lombarda, aprenderás a realizar unha valoración ácido-base coa que poder calcular o grao de acidez dun vinagre e saberás como se determina o contido de calcio nunha mostra de penso. Recursos relacionados co tema: -Determinación da acidez dun vinagre -Preparación dun indicador natural de pH -Determinación de carbonato cálcico dunha mostra
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 29´´) coa presentación do cuarto tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Nesta cuarta entrega poderás achegarte aos principais conceptos relacionados co equilibrio químico e coñecerás un exemplo de equilibrio heteroxéneo, no que se prepara carbonato cálcico. Recursos relacionados co tema: -Cara onde vai o equilibrio? -Preparación de carbonato cálcico
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 25´´) coa presentación do terceiro tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Este terceiro tema céntrase nos sistemas coloidais. Descubrirás cales son as propiedades dos coloides, aprenderás a separar os diferentes compoñentes do leite e coñecerás novas técnicas de separación de substancias, como a centrifugación. Recursos relacionados co tema: -Coloides -Separación dos compoñentes do leite
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 13´´) coa presentación do segundo tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Neste segundo tema explícase como se preparan as disolucións e como deben realizarse os cálculos para saber a súa composición. A maiores, aprenderás a preparar unha disolución de fertilizante de tipo NPK, a elaborar caldo bordelés e a obter un biocarburante a partir dun aceite. Recursos relacionados co tema: -Preparación dun fertilizante -Preparación dun funxicida -Preparación dun biocarburante
Ver recurso
Vídeo didáctico (6´ 19´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo . Posidonia oceanica é unha planta acuática, endémica do Mar Mediterráneo, moi peculiar. Ten características similares ás plantas terrestres, como raíces, talo rizomatoso e follas en cinta ata dun metro de longo. Florece baixo as augas e produce froitos que flotan, pero o realmente interesante é que forma pradarías submarinas que acollen unha gran biodiversidade e teñen grande importancia ecolóxica, por iso se consideran un bo bioindicador da calidade das augas mariñas costeiras. Aínda que no Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera as súas poboacións están protexidas, noutros puntos do Meditarráneo esta especie encóntrase en regresión. Este vídeo mostra a beleza destas pradarías, algúns dos problemas que as ameazan e o labor dos científicos e os xestores que protexen un dos tesouros máis valiosos dos nosos mares.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 20´´) coa introdución ao primeiro tema do curso aberto en liña "Química, unha ciencia experimental", coordinado por Marcelino Maneiro. Neste tema introdutorio preséntase o material que se emprega no laboratorio, faise un repaso das normas de seguridade, discútese cales son as claves para realizar cálculos estequiométricos e preséntanse algunhas técnicas para separar os compoñentes dunha mestura. Recursos relacionados co tema: -Material de laboratorio -Normas de seguridade -Determinación do grao alcohólico do viño -Obtendo esencia de lavanda -Estequiometría: cálculos en química
Ver recurso
Sabías que hai tempo se podía pasar camiñando de Vigo a Cangas polo fondo mariño da ría? O nivel do mar foi moldeando ao longo dos séculos o debuxo da costa galega e na actualidade todos os modelos científicos prevén que no futuro este nivel vaise incrementar. Nesta reportaxe (15´ 08´´) emitida pola Televisión de Galicia en xaneiro de 2022 descubrirás, da man de diferentes científicos, que incidencia poder ter este incremento do nivel do mar en Galicia e que medidas cómpre tomar para mitigar as consecuencias do cambio climático nas nosas costas.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1´ 29´´) no que se expón, dun xeito moi orixinal, a relación de Marie Curie cun elemento químico, o radio (Ra), descuberto en 1998 por ela mesma e mais o seu marido, Pierre Curie. A peza, elaborada por Nayra Vázquez Mata, Nicolás Castro Parada e Manuel Rodríguez Cortés, alumnado do CPR Santiago Apóstolo de Narón, recibiu en 2019 o primeiro premio do concurso "O meu elemento", organizado pola Facultade de Ciencias, o grupo de innovación CienciaNOSA e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Ver recurso
Isidro García Meniño, investigador no Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía da USC, fálanos neste vídeo (10´ 56´´) da resistencia bacteriana aos antibióticos: a situación actual, as perspectivas futuras e a abordaxe do problema desde a perspectiva “one health” (unha única saúde), poñendo o foco no aproveitamento pedagóxico e divulgativo do cine para transmitir esta problemática á sociedade. A charla forma parte das sesións do programa DivulgaTerra 2020, organizado pola Universidade de Santiago de compostela.
Ver recurso

Vídeo (4' 03'') en que se describe a presenza do azucre oculto na nosa dieta.

Aínda que parece doado de detectar en doces, refrescos e xeados, agóchase tamén en alimentos onde non o esperarías --como a manteiga de cacahuete, a salsa para a pasta e incluso a mortadela! Neste vídeo TED-Ed, Robert Lustig descifra etiquetas confusas e moitos alcumes do azucre para axudarnos a determinar canto dese doce carbohidrato entra nas nosas dietas.

Ver recurso
Neste vídeo (9´ 52´´) Marcos Fernández Vilela achega datos que obrigan a matizar a tese de que "a gandaría é unha fonte moi importante de emisión de gases de efecto invernadoiro". Tendo en conta que existen moitos sistemas diferentes de manexo, a emisión de gases de todos eles non ten por que ser nin semellante. Analizando o caso da gandaría de vacún de carne en Galicia, Marcos chega á conclusión de que os sistemas extensivos en ecolóxico presentan unhas emisións moi inferiores ao resto de sistemas de manexo; ata o punto de que non só non contribúen ao cambio climático senón que axudan a contrarrestalo. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (1h 29´) coa charla impartida por Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo no Departamento de Física Aplicada da USC, no IES Chano Piñeiro de Forcarei o 3 de decembro de 2020. Na súa exposición achéganos as claves para poder responder unhas das preguntas que o ser humano acustuma facer de xeito recorrente ao longo da historia: "a que altura está o ceo?".
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (4´), pertencente á serie #DesmontadoMitos de GCiencia, Rosaura Leis, profesora e investigadora en Nutrición na USC, fálanos do xaxún intermitente, dos posibles riscos que ten esta técnica para a nosa saúde, así como das alternativas que existen para controlar a nosa inxestión de enerxía de xeito máis saudable.
Ver recurso
Vídeo (8´ 23´´) no que Daniel Vázquez Vila fala sobre como a representación que as producións audiovisuais fan dos migrantes e dos fluxos migratorios transnacionais inflúe na percepción que deles ten a cidadanía. Por iso, na súa intervención compara a realidade dos movementos migratorios coa representación que deles aparece na pequena e na gran pantalla, coa intención final de reflexionar sobre ela e contribuír a reforzar as políticas multiculturais. Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso
Vídeo (10´ 15´´) no que David García Dios explica o ciclo de vida dos paranfistómidos, uns parasitos dixestivos que afectan a ruminantes domésticos e silvestres, aos que lles poden causar diarrea, deshidratación, anemia, ou inapetencia, e nalgúns casos a morte. Aínda que son orixinarios de latitudes tropicais e subtropicais, atópanse en plena expansión por Europa, así que debemos velos como un risco sanitario crecente para as nosas explotacións gandeiras. Pero David optou por velos como estudantes que marchan da casa e se instalan a vivir nun ruminante que sería entón... o seu piso universitario!! Esta charla forma parte das sesións do DivulgaTerra 2021.
Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 13´´), difundido na canle Naturiza, no que o ambientólogo e oceanógrafo Diego Ferraz Castiñeiras che explica dun xeito ameno e divertido as características básicas dalgunhas das aves mariñas que habitan nas Rías Baixas. Descubrirás cales son as dúas aves máis abundantes nestas rías, saberás cal delas é a que mellor mergulla, coñecerás as características morfolóxicas dos diferentes tipos de gaivota e aprenderás a distinguilas dun mascato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 09´´) no que Jorge Mira Pérez, profesor do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, nos fala da revolución que supuxo o electromagnetismo no século XIX. Partindo dos fundamentos teóricos desta rama da física (o electromagnetismo), o profesor Mira axudarache a entender como funciona a transmisión por radio. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 47´´) no que a profesora María Raquel Domínguez González, do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, explica que a auga osixenada comercial non é peróxido de hidróxeno (H₂O₂) puro. Coa axuda de M. Vanesa Taboada López, M. Carmen Martínez Barreiro e Lía Gómez Domínguez, a profesora Domínguez amósanos como se determina o contido de peróxido de hidróxeno (H₂O₂) neste produto comercial. Así mesmo, ensínanos cales son os diferentes xeitos de expresar a concentración. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 59´´) no que Juan Andrés Parga Martín, profesor do Departamento de Ciencias Morfolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela, nos presenta unha das técnicas máis revolucionarias da bioloxía moderna: a reprogramación celular mediante a obtención de células nai pluripotentes inducidas. O descubrimento desta técnica debémosllo a Sir John B. Gurdon e Shinya Yamanaka, recoñecidos co Premio Nóbel de Medicina en 2012, pola importancia transcendental do seu traballo para a terapia celular, o desenvolvemento temperá e a futura medicina individualizada que todos agardamos. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo didáctico (12´ 40´´) no que María Cadaval Sampedro, profesora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, nos explica como ao longo da nosa historia recente os gobernos optaron por dúas vías diferentes de facer fronte ás crises económicas: con políticas fiscais moi restritivas co gasto público ou con políticas expansivas que incrementan o gasto público (tamén coñecidas como “políticas keynesianas”). Nun momento coma o actual, no que as regras fiscais da Unión Europea están suspendidas (e polo tanto os países non teñen límite para a contención do seu déficit público), esta charla axudarache a entender cal pode ser o impacto da débeda pública na recuperación da nosa economía. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo didáctico (9´ 46´´) que che axudará a entender que é a reoloxía, a rama da física que estuda a deformación e o fluxo da materia. O profesor Francisco J. Otero Espinar, do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da Universidade de Santiago, explícanos neste vídeo cales son as diferentes formas de reacción dos fluídos fronte a un forza externa. Descubrirás, entre outras cousas, que partindo da “Lei de viscosidade de Newton” podemos diferenciar entre os chamados fluídos “newtonianos” (que se caracterizan por incrementar a súa velocidade de fluxo de forma proporcional á intensidade da forza aplicada) e os “non newtonianos” (tamén denominados “sistemas viscosos estruturais”), que modifican a súa resistencia en función da intensidade ou do tempo de aplicación da forza externa. Coñecer os comportamentos reolóxicos dos sistemas é esencial para o deseño e preparación de formas farmacéuticas estables baseadas nos sistemas dispersos heteroxéneos, como son as emulsións, as suspensións e os coloides. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 10´´) no que Roberto L. Blanco Valdés, profesor do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela, nos fala da Constitución Española do 78. O vídeo axudarache a entender o contexto histórico no que foi aprobada, así coma os aspectos máis importantes desta norma fundamental da democracia española. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo didáctico (11´ 28´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que se resumen as principais características da obra lírica en galego da nosa poetisa máis universal, Rosalía de Castro. Tras unha breve contextualización de carácter histórico, a explicación céntrase nos poemarios Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880).

Ver recurso

Vídeo didáctico (13´ 55´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a lírica medieval galego-portuguesa. Trátase dunha segunda entrega que completa un vídeo anterior, de carácter introdutorio, sobre esta mesma temática. Neste segunda parte aprenderás cales son as características de cinco tipos de cantigas: as cantigas de amigo, as cantigas de amor, as cantigas de escarnio e maldizer, as cantigas de Santa María e o pranto.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 39´´), elaborado por Nee Barros Fernández, que constitúe a primeira parte do resumo sobre as cantigas medievais galego-portuguesas. Nesta primeira entrega explícanos o contexto social, cultural e político no que foron creadas estas composicións líricas. Desde o punto de vista cultural, céntrase nas principais características das tres etapas históricas nas que desenvolveu a lírica galego-portuguesa: "lírica primitiva", "explendor" e "escola galego-castelá". Así mesmo, descrubrirás onde están recollidas as cantigas medievais e como chegaron ata nós.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 46´´), no que o profesor Isidro Dubert nos fala das razóns do avellentamento da poboación galega. Descubrirás que as nosas cotas de avenllentamento non son específicas de Galicia, senón que son características da maior parte dos países desenvolvidos, nos que a poboación ten unha elevada esperanza de vida. Para o profesor Dubert as cotas de avenllatamento non son un factor decisivo para o futuro ou crecemento dunha poboación. As claves para explicar esta realidade estarían no número de fillos que as mulleres traen ao mundo, nas taxas de mortalidade e na intensidade da emigración, sendo este último o factor máis relevante en termos históricos. Esta peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (16´ 19´´) no que Alanna Shaikh, experta en saúde global e bioseguridade, nos fala da Covid-19. Despois da experiencia vivida e partindo da evidencia de que esta non vai ser a última epidemia á que teñamos que enfrontarnos, Alanna Shaikh reflexiona sobre a eficacia das corentenas ou das restricións para viaxar á hora de deter novos brotes. Na súa opinión estas non son as mellores medidas e, en calquera caso, non deben ser as únicas que os gobernos tomen. A solución está en crear un sistema de saúde global que apoie e axude a fortalecer os sistemas sanitarios en todo o mundo, para que estes poidan detectar e deter un novo brote en canto apareza. Esta charla axudarache a entender que causas están detrás da aparición de novos virus e bacterias e como deben actuar a nivel mundial os gobernos para facer fronte, con maior eficacia, a pandemias similares á Covid-19. Tradución ao galego de José Cousillas Rey.

Ver recurso

Vídeo de TED (12´ 26´´) sobre a relación do estrés crónico con diferentes doenzas e, en concreto, sobre o impacto que pode ter o estrés durante o embarazo. O estrés está relacionado cos partos prematuros e supón un factor de risco tanto para a nai como para o bebé. A maiores, a marxinalidade social tamén incide directamente no estrés e, polo tanto, na saúde das mulleres embarazadas. Mariam Zoila Pérez, a quen o seu interese pola saúde materna a levou a converterse en doula, fálanos de como a raza e a clase social son factores que determinan a saúde tanto das mulleres embarazadas como dos seus bebés. Tradución ao galego de Cristina Marey Castro.

Ver recurso

Vídeo de TED (9´ 28´´) no que o microbiólogo Ethan Mann conta como estudando as quenllas descubriron que a súa pel se compón de pequenos dentes solapados en forma de diamante que lles permite mantela sempre limpa. Este descubrimento foi inspirador a hora de buscar solucións para a resistencia antimicrobiana, un dos principais retos que afronta a sanidade pública na actualidade. A observación da pel das quenllas leva a Etahan Mann a considerar que a solución non está tanto en tentar combater as bacterias unha vez que estas xa infectaron o organismo humano, senón en deseñar material médico cuxa superficie sexa resistente ás bacterias, evitando deste xeito que se produza a infección bacteriana nos hospitais. Neste vídeo descubrirás o material médico que desenvolveron no seu laboratorio inspirado na pel das quenllas e partindo do coñecemento da “enerxía superficial”. Tradución ao galego de Sara Fandiño.

Ver recurso

Vídeo de TED (11´ 42´´) no que a xinecóloga Jen Gunter che axudará a entender que acontece no corpo das mulleres durante o seu ciclo menstrual, é dicir, desde que o ovario comeza a producir un óvulo e no útero se xera o revestimento necesario para acollelo, ata que finalmente se expulsa ese revestimento en forma de sangrado (que chamamos período), no caso de que o óvulo non sexa fecundado. Descubrirás como consegue o útero evitar a hemorraxia e por que moitas mulleres sofren durante a menstruación dores similares ás do parto. Tradución ao galego de Susana Arrizado Gago.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 16´´) que che axudará a entender o funcionamento do cerebro humano. Richard E. Cytowic explícanos que o cerebro humano, que representa só o 2% da nosa masa corporal, consome o 20% do gasto diario de glicosa dun adulto (nos nenos/as a cifra é do 50% e nos bebés do 60%), moito máis do esperado para o seu tamaño. Isto débese á súa densidade neuronal (moito maior á de calquera outra especie), que é o que nos fai seres intelixentes. Neste vídeo descubrirás como consegue o noso cerebro manter oitenta e seis mil millóns de neuronas, contradicindo o mito de que só empregamos o 10% da súa capacidade. Tradución ao galego de Luz Leirós.

Ver recurso

Vídeo de TED (4´ 53´´) sobre un dos principais retos de saúde pública dos últimos tempos: erradicar o VIH. O VIH é un retrovirus que introduce copias de si mesmo no ADN das células infectadas. A solución para atallar o problema non está en atopar unha cura para a enfermidade, senón en evitar a súa propagación ata que o virus desapareza definitivamente. Neste vídeo explícase o papel determinante que poden xogar os antirretrovirais (unha serie de medicamentos usados para combater o VIH) na erradicación desta pandemia. Tradución ao galego de Miguel Guisantes Alonso.

Ver recurso

Vídeo de TED (11´ 38´´) no que a psicóloga Laura Carstensen nos fala da vellez e do que implica a lonxevidade. O incremento da nosa esperanza de vida non se debe a que sexamos xeneticamente máis fortes ca os/as nosos/as predecesores/as, senón ao noso sistema cultural, é dicir, a esa mistura de ciencia e tecnoloxía que incrementa a nosa saúde e o noso benestar. Todos os estudos conclúen que as persoas maiores son máis felices ca as de mediana idade ou os/as mozos/as. Nesta charla descubrirás todas as melloras que supón a vellez no que respecta ao coñecemento, a experiencia e a saúde emocional. Tradución ao galego de Sara Fandiño.

Ver recurso

Vídeo de TED (13´) no que a neurocientífica Kay M. Tye, que investiga os circuítos do cerebro para chegar a entender a mente, nos fala concretamente de como o cerebro xera as emocións. A tecnoloxía, e en concreto o desenvolvemento de ferramentas optoxenéticas, permite controlar as neuronas específicas do cerebro e a súa intercomunicación por medio de sinais eléctricos. Kay M. Tye explícanos os últimos avances acadados no seu laboratorio, onde están probando esta tecnoloxía con animais e xa conseguiron modificar o comportamento de ratos realizando cambios específicos nas vías neuronais do seu cerebro. Este tipo de achados, que suxiren que se poden asociar vías neuronais concretas a estados emocionais, abre novos camiños para o tratamento efectivo das enfermidades mentais. Tradución ao galego de Sarela Betanzos.

Ver recurso

Vídeo de TED (4´ 51´´) no que a doutora Natascha M. Santos nos explica en que consiste exactamente o trastorno obsesivo compulsivo (TOC). Trátase dunha enfermidade psiquiátrica, pouco coñecida socialmente, relacionada con determinados mitos que non sempre son certos, e que a miúdo é mal diagnosticada polos profesionais da saúde mental. Este vídeo axudarache a entender mellor este trastorno neurobiolóxico do que aínda descoñecemos con exactitude a súa causa. Tradución ao galego de Cristina Pernas.

Ver recurso

Vídeo de TED (13´ 50´´) no que Cal Newport, profesor asistente de Ciencias da Computación na Universidade de Georgetown, expón a súa visión sobre as redes sociais e as súas razóns para non usalas. Na súa charla trata de desmontar algúns dos principais argumentos dos defensores desta tecnoloxía (como a súa suposta utilidade para triunfar profesionalmente), incidindo nos prexuízos cognitivos e psicolóxicos que supón unha exposición permanente ás redes sociais, como poden ser a perda da nosa capacidade de concentración ou o maior risco de padecer depresión ou ansiedade. Tradución ao galego de Alba Lorenzo Alonso.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 37´´) no que Jeff Leek e Lucy McGowan nos explican como podemos detectar os titulares enganosos e sensacionalistas nas novas sobre descubrimentos médicos que se publican a miúdo nos medios dixitais. En ocasións, este titular sensacionalista (cuxa única función é captar a atención do/a lector/a) pode chegar a ser contraditorio cos resultados da investigación científica á que fai referencia. Neste vídeo descubrirás, partindo de dous titulares concretos, como podes acceder á fonte orixinal na que se basea a noticia e como debes interpretar os datos da investigación científica; dous pasos previos necesarios para saber se un titular se axusta á realidade ou é enganoso. Tradución ao galego de Sara Vázquez Mera.

Ver recurso

Vídeo de TED (11´ 10´´) no que a investigadora Boghuma Kabisen Titanji, baseándose na historia real dunha muller africana con VIH que decidiu participar de forma voluntaria nun ensaio clínico, nos convida a reflexionar sobre determinadas cuestións éticas relacionadas coa investigación do VIH. Sen chegar a cuestionar a utilidade dos ensaios clínicos realizados en países en desenvolvemento, Boghuma Kabisen Titanji explícanos por que son tan atractivos os países emerxentes, especialmente os da África subsahariana, para o desenvolvemento destes ensaios clínicos, centrándose en catro cuestións de especial relevancia nas que, na súa opinión, cómpre poñer o foco: o consentimento informado, os estándares de coidados para os/as participantes nos ensaios, os estándares éticos das investigacións e o seguimento dos participantes cando estas investigacións rematan. Tradución ao galego de Rubén Ventoso Martínez.

Ver recurso

Vídeo de TED (13´ 23´´) no que a investigadora Geraldine Hamilton nos explica cales son as dúas principais ferramentas que temos actualmente ao noso dispor para ensaiar se un determinado fármaco vai ser eficaz e seguro nos seres humanos: as células en placas de cultivo e os ensaios con animais. A seguir, preséntanos o proxecto que se está a desenvolver no seu laboratorio para introducir nun chip células nun ambiente dinámico, chegando a poder recrear a funcionalidade dun corpo humano de xeito virtual. Descubrirás todo o potencial desta nova tecnoloxía para diferentes tipos de industrias, como por exemplo a industria cosmética, que podería comprobar se os compoñentes dun produto son seguros para a nosa pel; ou a industria farmacéutica, que podería realizar ensaios de novos fármacos de xeito personalizado. Tradución ao galego de Ana Gómez.

Ver recurso

Vídeo de TED (10´ 57´´) no que a cirurxiá Nadine Hachach-Haram nos fala das ferramentas de realidade aumentada que está a desenvolver, que permitirán no futuro a cirurxiáns de todo o mundo operar de maneira conxunta desde diferentes lugares. Isto suporía unha verdadeira revolución para o 70% da poboación mundial, que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) non pode acceder nin sequera a tratamentos cirúrxicos sinxelos. Nesta charla aprenderás en que consiste a cirurxía remota empregando un programa de colaboración en realidade aumentada, e cales son as súas potencialidades. Tradución ao galego de Carlos Calo Romeu.

Ver recurso

Vídeo de TED (3´ 06´´) no que o químico Lee Cronin nos fala dunha impresora 3D na que está a traballar, desde a que se poderían imprimir moléculas. Nesta charla poderás obter máis datos sobre o funcionamento desta innovadora tecnoloxía que nos permitiría no futuro imprimir os nosos propios medicamentos empregando tinta química. Tradución ao galego de Ángela Arnosa.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 10´´) no que a neurocientífica Rebecca Brachman nos fala de enfermidades como a depresión e mais o trastorno por estrés postraumático (TEPT) e explícanos que os tratamentos actuais, cando funcionan, só suprimen os síntomas. Rebecca Branchaman defende que o mesmo que acontece con outro tipo de enfermidades, onde se procura a prevención a través das vacinas, cómpre tamén pensar desde a perspectiva da prevención cando falamos de enfermidades psiquiátricas. Nesta charla descubrirás en que consisten os primeiros fármacos para previr a depresión e o TEPT. Tradución ao galego de Rubén Ventoso Martínez.

Ver recurso

Vídeo de TED (10´ 31´´) no que Yvonne van Amerongen nos presenta un proxecto de atención á demencia que naceu hai 25 anos en Hogeweik, un barrio dunha pequena cidade moi preto de Ámsterdam, en Holanda. Trátase dun proxecto de vida para persoas maiores con demencia moi diferente ao ambiente medicalizado e pechado que ofrecen as residencias tradicionais. Nesta charla descubrirás como a vida en Hogeweik lles permite a estes anciáns manter estilos de vida máis saudables e acordes ás súas afeccións e inquedanzas persoais. Tradución ao galego de Claudia Ríos García.

Ver recurso

Vídeo de TED (10´ 53´´) no que a investigadora Joy Wolfram, directora dun laboratorio de nanopartículas na Clínica Mayo, nos fala das eivas dos actuais tratamentos contra o cancro e nos presenta as nanopartículas como unha prometedora solución para avanzar neste terreo. Introducir os fármacos dentro de nanopartículas permitiría que a medicación actuara sobre os tumores dunha forma moito máis precisa. Nesta charla aprenderás que é unha nanopartícula e como logra exactamente transportar o medicamento ata o tumor. Tradución ao galego de Candela Lafuente.

Ver recurso

Vídeo de TED (12´ 38´´) no que a neurocientífica Sandra Aamodt explica por que resulta tan complicado para as persoas baixar de peso. A explicación está no noso propio cerebro, que é o que controla de xeito inconsciente a sensación de fame e o consumo de enerxía. O hipotálamo é a parte do cerebro que regula a nosa masa corporal e nesta charla descubrirás cal é o seu funcionamento e por que o seu obxectivo é conseguir que non perdamos peso. Por este motivo, Sandra Aamodt propón que centremos os nosos esforzos en aprender a comer correctamente para non gañar peso, en lugar de malgastar o tempo facendo dietas que non funcionan. Tradución ao galego de Sara Vázquez Mera.

Ver recurso

Vídeo de TED (11´) no que o cómico e activista Kevin Breel nos conta en primeira persoa a súa loita contra a depresión que sofre. Reivindica a necesidade de superar todos os tabús que existen arredor da saúde mental para que os doentes se atrevan a admitir publicamente a súa enfermidade, xa que aceptarse a si mesmo é o primeiro chanzo para superar este grave problema. Tradución ao galego de Argantael Kerdudo Baxter.

Ver recurso

Vídeo de TED (11´ 36´´) no que Niels van Namen, experto da asistencia sanitaria, defende a opción da atención sanitaria no fogar como unha solución máis económica, segura e accesible ca a hospitalización. No sistema sanitario que el prognostica para o futuro, os hospitais converteranse en centros de saúde máis pequenos nos que se atenderá a neonatoloxía, os coidados intensivos, a cirurxía ou o diagnóstico por imaxes. O resto dos casos, grazas aos avances tecnolóxicos, poderán ser tratados con maior comodidade nos nosos fogares. Tradución ao galego de Héctor Pardo Álvarez.

Ver recurso

Vídeo de TED (4´ 09´´) no que o doutor Daniel Kraft nos explica os riscos de vivir nunha sociedade altamente medicada que consome grandes doses de fármacos, administrados ou prescritos polo sistema sanitario sen ter en conta determinados factores persoais do paciente (como idade, peso, sexo ou raza). O doutor Kraft fálanos dun prototipo de impresora, creada por un equipo de enxeñeiros do que forma parte, que podería imprimir pílulas en 3D deseñadas de xeito personalizado para cada paciente. Tradución ao galego de Antía Rei.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (4´ 40´´) no que a bióloga Tatiana Díaz Castro nos explica as diferentes medidas que cómpre ter en conta para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (ETAs). Trátase da terceira entrega dunha serie de vídeos sobre seguridade alimentaria difundidos na canle Cociñando ConCiencia. Outros vídeos da mesma serie: -Medidas para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (I) -Medidas para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (II)

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 08´´) elaborado no marco da exposición “Galicia, un relato no mundo” (Museo Centro Gaiás, 2020), que che permitirá entender a influencia que tivo a emigración na conformación do concepto da música tradicional galega, un dos elementos definitorios da nosa identidade cultural.

Ver recurso

Vídeo didáctico ( 54´´) elaborado no marco da exposición “Galicia, un relato no mundo” (Museo Centro Gaiás, 2020), que ofrece unha breve presentación da Biblia Kennicott, elaborada na Coruña en 1486. Trátase dun dos manuscritos hebreos máis importantes da Idade Media e está considerada unha obra mestra da ilustración medieval. Actualmente está custodiada na Biblioteca Bodleian (Oxford).

Ver recurso

Vídeo didáctico (57´´) elaborado no marco da exposición “Galicia, un relato no mundo” (Museo Centro Gaiás, 2020), que nos fala do mapa de Sawley, un mapamundi medieval, datado no ano 1190 e custodiado actualmente en The Parker Library (Cambridge). Este mapa representa todo o mundo coñecido e nel aparece tamén Galicia, simbolizada coa imaxe da catedral de Santiago de Compostela.

Ver recurso

Vídeo didáctico (48´´) elaborado no marco da exposición “Galicia, un relato no mundo” (Museo Centro Gaiás, 2020), que che permitirá coñecer a historia da bandeira de Galicia, estreitamente relacionada co fenómeno da emigración. A bandeira que pode verse na exposición é a derradeira bandeira que ondeou no Centro Galego da Habana, descolgada en 1961 e custodiada actualmente no Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.

Ver recurso

Vídeo (25´ 07´´) de divulgación científica sobre a epigrafía, ciencia que estuda as inscricións. Nesta charla a historiadora Dolores Dopico explícanos que a epigrafía é unha das principais fontes que teñen os historiadores/as para reconstruír o noso pasado. Na súa charla fálanos das diferentes tipoloxías de inscricións que existían na cultura grecolatina e, a título de exemplo, ensínanos como a través de dúas inscricións antigas (unha do castro O Facho de Donón, en Cangas; e outra custodiada actualmente no Museo Provincial de Lugo) podemos obter datos históricos da Gallaecia e mais da cidade de Lucus Augusti. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (10´ 05´´) de divulgación científica no que a historiadora Tamara González López nos fala dos partos múltiples entre os séculos XV e XIX, período no que aproximadamente o 1% dos partos era múltiple. Na súa charla fálanos do contexto social e histórico no que tiñan lugar estes nacementos. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (9´ 35´´) de divulgación científica no que a psicopedagoga Lucía Casal de la Fuente reivindica a importancia da “educación da voz”, un sistema didáctico integrado na área de “educación para a saúde” que integra contidos de técnica vocal e de hixiene vocal. Na súa charla explica as aplicacións que poden ter estes coñecementos, tanto no ámbito das ciencias da saúde como no ámbito musical/artístico. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (10´ 48´´) de divulgación científica no que Thaís Helena Teixeira nos explica como os geraizeiros (poboación tradicional que vive no Estado de Minas Gerais) desenvolveron o seu proceso de loita a prol da biodiversidade do seu territorio. Na charla descríbense as particularidades do Cerrado, o segundo maior bioma do Brasil, que abrangue 12 estados e ocupa preto do 22% do territorio nacional, e a mobilización das comunidades locais por defender a riqueza natural do seu territorio. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (5´) de divulgación científica sobre a representación dos migrantes nos medios audiovisuais. Apoiándose nas imaxes e argumentos de determinados filmes, o investigador Daniel Manuel Vázquez Vila reflexiona sobre os conceptos de migración, asilo, exilio, patria ou fronteira. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (28´ 44´´) de divulgación científica no que Azucena Mora e Isidro García, investigadores do Laboratorio de Referencia de E. Coli da Facultade de Veterinaria da USC, nos falan do seu traballo no estudo da bacteria Escherichia coli e, máis en concreto, das últimas liñas de investigación que están a desenvolver, centradas na resistencia aos antimicrobianos. Nesta charla descubrirás como as bacterias multirresistentes aos antibióticos se converteron na principal ameaza para o ser humano e que actuacións se están a desenvolver, tanto en medicina humana como en medicina veterinaria, para combater este problema. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (18´ 34´´) de divulgación científica no que Pablo Sánchez Quinteiro nos fala dunha liña de investigación que se está a comezar na Facultade de Veterinaria da USC: o estudo da consciencia animal desde un punto de vista anatómico. A consciencia é a capacidade de recoñecer a realidade circundante e de relacionarse con ela, pero tamén a capacidade de recoñecernos nós mesmo de forma inmediata e espontánea, cos nosos actos e reflexións. O profesor Sánchez Quinteiro defende que unicamente a través da neuroanatomía se pode chegar a saber se un animal ten consciencia. En concreto, a presenza dunha estrutura nerviosa chamada Claustrum é actualmente a principal hipótese que se manexa para considerar a existencia de consciencia animal. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (8´ 35´´) de divulgación científica sobre a relevancia da informática na obtención de conclusións xenómicas. Adrián Casanova, investigador do Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da USC, preséntanos un traballo de investigación no que se analizaron cinco especies acuáticas para obter o panel de SPNs (variacións na secuencia de ADN). Unha das primeiras descubertas foi a constatación de que dependendo do software empregado na análise bioinformática variaba o número de SNPs obtidos. Significa isto que o software condiciona as conclusións dun estudo xenónimo? A resposta é non, e neste vídeo descubrirás o porqué. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (12´ 56´´) de divulgación científica no que Gabriel Caymmi Vilela Ferreira nos explica que Brasil posúe o maior rabaño bovino (de uso comercial) do mundo e a gandería é unha actividade económica con presenza en todos os municipios brasileiros. Nesta charla preséntanos un traballo de investigación no que estuda o grao de desenvolvemento tecnolóxico do sector gandeiro do estado de Goiás, que posúe o segundo maior rabaño bovino do Brasil e a gandería representa un dos seus principais piares económicos. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (13´) no que Mariam Ferreira Golpe, enxeñeira forestal e do medio natural, nos fala dun marco conceptual que se emprega en varios dos proxectos nos que participa: os SES, ou sistemas socioecolóxicos. Nesta charla descubrirás en que consiste este novo paradigma, que permite estudar o ser humano e a natureza como un único sistema integrado. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (14´ 27´´) de divulgación científica no que Manuel Souto Herrero, investigador do Departamento de Botánica da USC, nos fala da dendrocronoloxía, unha disciplina que nos permite ler información nos aneis das árbores. Nesta charla descubrirás como a través dos aneis de crecemento dunha árbore podemos saber, por exemplo, o seu ano de nacemento, a data exacta da súa corta, os períodos de crecemento rápido ou lento que tivo, as secas que padeceu ou os danos de incendio que sufriu. Tendo en conta que as árbores de contornos próximos teñen patróns de crecemento similares, a información dos seus aneis permítenos coñecer a historia ecolóxica e climática dun determinado lugar. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (7´ 05´´) de divulgación científica no que Lara Rouco Méndez, estudante de doutoramento na Facultade de Ciencias da USC, nos presenta o seu traballo de investigación sobre os enzimas artificiais con actividade antioxidante. Esta charla axudarache a entender que é un enzima artificial, a que nos estamos a referir cando falamos de substancias antioxidantes e en que consiste o estrés oxidativo (un proceso de desequilibrio celular que pode causar enfermidades dexenerativas como o alzhéimer, o párkinson ou a ELA). A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (12´ 43´´) de divulgación científica no que Marta López Alonso, docente na Facultade de Veterinaria da USC, nos explica como os animais poden ser excelentes marcadores ou sentinelas do medio ambiente, alertándonos de forma temperá de que estamos ante un perigo. Na súa charla explícanos cales son os criterios para escoller as especies axeitadas para facer ese rol de sentinelas, centrándose no papel das mascotas e dos animais domésticos como detectores do cancro medioambiental, é dicir, aquel no que a causa está estreitamente relacionada co medio ambiente. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (10´ 39´´) de divulgación científica no que Cynthia López Novo, investigadora na Facultade de Veterinaria da USC, nos presenta as principais conclusións dunha investigación centrada no virus da mixomatose do coello. A mixomatose é unha enfermidade infecciosa específica dos coellos e representa unha das principais causas de perda económica na produción cunícola. Os obxectivos deste estudo eran coñecer a distribución ambiental do virus nunha granxa infectada, comprobar se a vacinación evita a eliminación do virus e valorar a utilidade da detección deste virus mediante a técnica da PCR. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (11´ 08´´) de divulgación científica no que Paula Rodríguez Villamayor, estudante de doutoramento na Facultade de Veterinaria da USC, nos fala do papel das feromonas na produción cunícola. Despois dunha breve introdución na que nos explica os beneficios do consumo de carne branca, preséntanos unha proposta de aplicación de feromonas nas granxas de coellos co obxectivo de incrementar a súa produción. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (8´ 46´´) de divulgación científica no que Mateo Vázquez Torres, investigador na Facultade de Veterinaria da USC, nos fala do órgano vomeronasal, órgano auxiliar do sentido do olfacto que detecta sinais químicos (as feromonas). Nesta charla descubrirás como funciona o sistema vomeronasal en diferentes especies animais, facendo fincapé en dúas especies para as que as feromenas teñen especial importancia: o ualabí de Bennet e o capibara. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (13´ 39´´) de divulgación científica no que Mª Isabel Quiroga Berdeal, coordinadora do grupo de investigación “Gapavet – Anatomía Patolóxica Veterinaria” na Facultade de Veterinaria da USC, nos explica en que consiste o traballo dos/as patólogos/as (especialistas que diagnostican as enfermidades desde un punto de vista morfolóxico) no ámbito veterinario. En concreto, a charla céntrase no cancro, o problema sanitario máis importante en medicina veterinaria. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo de TED (7´ 59´´) no que David Heymann, experto en saúde pública que liderou a resposta ante o SARS en 2003, informa sobre os últimos descubrimentos científicos en relación á COVID-19. Nesta charla, gravada en febreiro de 2020, explícanos, entre outras cuestións, que pode acontecernos se nos infectamos co coronavirus, que enfermidades previas poden aumentar o risco, cales son as fontes de información fiables ás que podemos acceder, que tipo de medidas son as máis axeitadas para controlar a expansión deste novo virus ou canto tempo podemos tardar en conseguir unha vacina. Tradución ao galego de Noelia Collazo Boullosa.

Ver recurso

Vídeo de TED (7´ 31´´) sobre o impacto psicolóxico que causa o quecemento global. A divulgadora científica Britt Wray fálanos de sentimentos coma o medo, o fatalismo e a desesperanza que poden provocar en nós os estudos e documentais que se publican sobre o cambio climático. Se estes sentimentos se acentúan poden derivar no abuso de sustancias ou mesmo na perda da identidade persoal e o autocontrol. Neste vídeo descubrirás cales son as respostas emocionais e as dúbidas existenciais ás que se enfronta a poboación ante a evidencia do cambio climático. Tradución ao galego de Penny Martínez.

Ver recurso

Vídeo de TED (4´ 31´´) no que a astrofísica Burçin Mutlu-Pakdil nos explica como o seu equipo descubriu un novo tipo de galaxia, tan peculiar e diferente ás outras (hai máis dun billón de galaxias), que desafía as teorías e suposicións existentes sobre o funcionamento do Universo. Nesta charla descubrirás cales son esas peculiaridades que a fan tan excepcional. Tradución ao galego de Penny Martínez.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 47´´) no que descubrirás que o noso comportamento de aforro non depende da nosa intelixencia ou forza de vontade, senón das condicións ambientais que nos rodean. Wendy de la Rosa, estudosa das ciencias do comportamento, explícanos nesta charla que contextos e condicións ambientais son máis favorables para tomar decisións financeiras acertadas. Tradución ao galego de Penny Martínez.

Ver recurso

Vídeo de TED (10´ 11´´) no que a psicóloga Sara Valencia Botto reflexiona sobre dúas características que definen a nosa condición humana: somos conscientes de que outras persoas valoran e xulgan o que facemos; e empregamos esta información para guiar o noso comportamento. Os humanos precisamos a aprobación dos nosos semellantes e neste vídeo descubrirás a que idade comezan os nenos e nenas a ser sensibles á avaliación dos outros. Tradución ao galego de Penny Martínez.

Ver recurso

Vídeo de TED (4´) sobre a felicidade no ámbito laboral. Hai tres mil millóns de traballadores/as no mundo e preto do 40% afirma non ser feliz no seu traballo. Michael C. Bush explícanos nesta charla que supón isto, tanto para os/as empregados/as como para as empresas e organizacións nas que traballan. Así mesmo, expón unha serie de ideas para conseguir traballadores/as motivados e felices. Tradución ao galego de Penny Martínez.

Ver recurso

Vídeo de TED (14´38´´) no que Andrew Forrest nos fala de ecoloxía mariña e de todas as mortes que causa o plástico nos ecosistemas mariños. Neste vídeo ofrécenos, desde a perspectiva dun home de negocios, a súa particular proposta para parar esta destrución. Trátase de concienciar á industria global de plásticos de que debe deixar de obter os seus compoñentes de combustibles fósiles e comezar a sacalos do propio plástico, a través de sistemas de reciclaxe, convertendo deste xeito os residuos amoreados nos vertedoiros nun produto de valor, e non nun refugallo que vai parar ao mar. Tradución ao galego de Cristina Marey Castro.

Ver recurso

Vídeo de TED (8´ 36´´) no que Bill Gates prognostica, xa no ano 2015, que a maior ameza para a humanidade era a expansión dun virus altamente contaxioso. Tras a experiencia vivida co brote de ébola en 2014, Bill Gates considera que o mundo non está preparado para superar unha pandemia. No vídeo expón as principais claves que cómpre ter en conta para lidar cunha pandemia global: fortalecer os sistemas sanitarios dos países pobres, contar con corpos médicos de reserva que actúen en cooperación cos corpos militares, facer simulacros microbianos para detectar posibles fallos e investir en I+D no eido das vacinas e os diagnósticos. Tradución ao galego do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.

Ver recurso

Vídeo didáctico (26´´), elaborado para o alumnado de ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez amplían de xeito breve os contidos sobre a exosfera explicados nun vídeo anterior: Capas da atmosfera. Exosfera ou magnetosfera.

Ver recurso

Vídeo didáctico (55´´), elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato, que che permitirá aprender as principais características da exosfera (tamén chamada magnetosfera), a última capa da atmosfera.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 48´´), elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato, que che permitirá aprender as principais características da termosfera (tamén chamada ionosfera), a capa da atmosfera que se atopa entre a mesosfera e a exosfera. Descubrirás que nesta capa é onde se producen as auroras boreais e as nubes noctilucentes.

Ver recurso

Vídeo didáctico (43´´), elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato, que che permitirá aprender as principais características da mesosfera, a capa da atmosfera situada enriba da estratosfera. Descubrirás, entre outras cousas, que nesta capa é onde observamos as estrelas fugaces.

Ver recurso

Vídeo (1´ 05´´), elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato, que che permitirá aprender as principais características da estratosfera, a capa da atmosfera situada enriba da troposfera. Tamén descubrirás que na estratosfera é onde se atopa a capa de ozono, que nos protexe da radiación ultravioleta procedente do Sol.

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 23´´), elaborado para o alumnado de ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez amplían de xeito breve os contidos sobre a troposfera explicados nun vídeo anterior (Capas da atmosfera. Troposfera e tropopausa) . En concreto, descubrirás en que consiste a inversión térmica, un fenómeno relacionado coa temperatura e a circulación do aire a través da atmosfera.

Ver recurso

Vídeo (56´´), elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato, que che permitirá descubrir as principais características da troposfera, a capa da atmosfera que ten contacto coa superficie da Terra. Tamén aprenderás que a parte da atmosfera que serve de límite entre a troposfera e a estratosfera se chama tropopausa.

Ver recurso

Vídeo (14´´), elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato, cunha breve explicación didáctica sobre as diferencias de grosor que ten a atmosfera en diferentes puntos da Terra.

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 18´´), elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato, sobre as diferentes capas da atmosfera. Nesta vídeo-lección aprenderás que a atmosfera ten 1.000 km de espesor e divídese en cinco partes (troposfera, estratosfera, mesosfera, termosfera, exosfera) segundo as propiedades que presenta a diferentes alturas.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 59´´) no que descubrirás a composición das atmosferas dos distintos planetas e lúas do sistema solar. O estudo das atmosferas actuais destes outros planetas do sistema solar (que conservan as atmosferas primordial e secundaria que tamén tivemos na Terra no pasado) permítenos coñecer como era a atmosfera primitiva do noso planeta. Este recurso foi elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez no marco do Plan Proxecta Meteoescolas.

Ver recurso

Vídeo didáctico (50´´), dirixido a alumnado da ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Guitiérrez explican en que consisten dous fenómenos atmosféricos: as mangas mariñas, que se producen en mares cálidos, e os remuíños de vento e po, propios de zonas secas e soleadas.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 22´´) sobre os tornados, elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato. Nesta vídeo-lección descubrirás cales son as características dos tornados (columnas de aire que xiran moi rápido e que poden producir refachos de vento de 450 km/h), que zonas do planeta os sofren máis frecuentemente e cales poden chegar a ser os seus efectos devastadores.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 04´´), elaborado polos profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para o alumnado de ESO e bacharelato, que che axudará a entender como se xeran as brisas mariñas e as brisas de val (brisas interiores que se xeran entre os vales dos ríos e as montañas).

Ver recurso

Vídeo didáctico (44´´), elaborado para o alumnado de ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez amplían de xeito breve os contidos explicados nun vídeo anterior (O vento. Introdución) sobre a escala Beaufort, usada para calibrar a categoría dos ventos segundo os efectos que producen.

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 04´´), elaborado para o alumnado de ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez explican, a modo de introdución, que contidos que se tratarán na serie sobre os diferentes tipos de ventos (tornados, furacáns, remuíños, brisas, mangas mariñas…).

Ver recurso

Vídeo didáctico (3´ 09´´), elaborado para o alumnado da ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez che ensinan a elaborar e interpretar un climograma (gráfico no que se representan as precipitacións e as temperaturas nun ciclo anual, dividido por meses e asociado a unha estación meteorolóxica dun lugar concreto).

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 32´´), elaborado para o alumnado da ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez explican cal é a diferenza entre climatoloxía (ciencia que estuda os climas da Terra) e meteoroloxía (ciencia que estuda os fenómenos que teñen lugar na atmosfera).

Ver recurso

Vídeo didáctico (14´ 10´´), dirixido a alumnado de 1º de ESO, no que o profesor Xacobe de Toro explica cales son os cinco reinos nos que se dividen todos os seres vivos (monera, protista, fungos, plantas e animais) e cales son os criterios empregados para realizar esta división. Aprenderás que os seres vivos se clasifican en diferentes reinos dependendo do seu tipo de célula, do seu número de células, da presenza ou ausencia de tecidos especializados, e do seu tipo de nutrición (se son autótrofos ou heterótrofos).

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 31´´), elaborado para o alumnado da ESO e bacharelato, no que os profesores Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez explican o concepto de “clima” e as principais características de diversos climas existentes en España (clima oceánico, clima mediterráneo costeiro e clima mediterráneo continental). Como curiosidade, tamén descubrirás as peculiaridades do climograma de Cherrapunji, na India, como mostra da grande diversidade de climas que existen na Terra.

Ver recurso

Vídeo didáctico (16´ 14´´), dirixido a alumnado de 1º da ESO, no que o profesor Xacobo de Toro explica como se nomean as diferentes especies de seres vivos (nomenclatura binomial), que son as categorías taxonómicas e como empregamos as claves dicotómicas para identificar e clasificar os seres vivos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (17´ 22´´), dirixido a alumnado de 1º da ESO, no que o profesor Xacobo de Toro explica a clasificación dos seres vivos. Nesta vídeo-lección poderás aprender que é unha especie e como estudamos a biodiversidade clasificando os diferentes grupos de seres vivos.

Ver recurso

Vídeo (3´ 15´´) que amosa as mellores secuencias de dron gravadas durante o 2019 para a elaboración das video-leccións do proxecto XeoClip, da sección de paisaxe e xeomorfoloxía. O proxecto XeoClip 2019 está integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 34´´) que che axudará a entender as pegadas que deixaron na paisaxe os períodos de glaciación e deglaciación. Descubrirás cando se produciu a última gran glaciación e en que consiste o chamado “Evento Heinrich”. Tamén aprenderás a identificar as diferentes formas modeladas polo xeo no Courel (morena da Seara, horn de Formigueiros, lagoa da Lucenza, circo glaciar do Valecín, bloque errático de Vilarbacú…). O vídeo foi elaborado polos membros do proxecto XeoClip 2019, integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo (1´ 10´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, que expón os motivos polos que Galicia é tan rica en captacións de auga termal. No noso territorio temos máis de 300 e algunhas delas levan funcionando máis de 2.000 anos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 52´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, sobre a linguaxe visual e os recursos empregados na banda deseñada. Aprenderás que función teñen as viñetas, as carteleiras, os globos, as onomatopeas, as metáforas visuais e as liñas cinéticas na linguaxe dos cómics. Tamén descubrirás cales son os diferentes tipos de planos (plano xeral, plano americano, plano medio, primeiro plano ou plano de detalle) e enfoques (ángulo natural, ángulo picado, ángulo contrapicado) que se poden empregar para narrar as historias. E partindo destas nocións básicas, podrás entender cales son as diferentes fases do proceso de elaboración dunha banda deseñada e poderás elaborar o teu propio proxecto. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (11´ 10´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que amosa de xeito práctico como localizar os puntos notables dun triángulo, que son: o circuncentro (punto onde se cortan as tres mediatrices dun triángulo), o baricentro (punto onde cortan as tres medianas dun triángulo) e o incentro (punto onde se cortan as tres bisectrices dun triángulo). Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 44´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica de xeito práctico como dividir un segmento en tres partes iguais, aplicando o Teorema de Tales. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (20´ 04´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica de xeito práctico como realizar os seguintes exercicios de trazados xeométricos: trazar unha recta paralela a outra pasando por un punto; trazar unha recta perpendicular a outra pasando por un punto; trazar a mediatriz dun segmento; facer a división dun segmento en tres partes iguais aplicando o Teorema de Tales; realizar sumas e restas de ángulos; trazar a bisectriz dun ángulo; realizar un círculo que pase por tres puntos e trazar dúas figuras xeométricas (cadrado e triángulo) coñecendo un dos seus lados. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 41´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica as principais características dun dos elementos básicos da linguaxe visual: o punto. O punto é o elemento da expresión plástica de menor tamaño, e variando tamaños, cores e formas podemos acadar diferentes sensacións visuais. Nesta lección descrubrirás tamén algúns dos artistas que se expresan empregando o punto como elemento fundamental nas súas obras, como son Georges Seurat, Paul Klee ou Roy Liechtenstein. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 19´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica as principais características dun dos elementos da linguaxe visual: a liña. A liña pode ser empregada dentro da elaboración de imaxes como elemento expresivo, e nesta lección descrubrirás cales son as diferentes formas que pode adquirir, así como os diversos graos de expresividade. Así mesmo, descubrirás unha selección de obras que exemplifican o uso da liña na arte, como poden ser os traballos de Vasily Kandinsky, Giovanni Battista Piranesi ou Pablo Picasso. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 07´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica a definición teórica do plano, as diferentes categorías nas que se clasifican as formas planas (planos regulares, planos irregulares ou orgánicos), así como as formas ou sombras que podemos crear co plano. Descrubirás tamén unha pequena selección de obras de artistas que traballan con planos, como Piet Mondrian, Joan Miró, Alexander Calder, Georges Braque, Pablo Picasso ou Roy Lichtenstein. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 04´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica o concepto de "textura" como elemento plástico, as diferentes tipoloxías que existen (táctiles, visuais, naturais e artificiais) e as emocións que nos producen. Partindo destas explicacións teóricas, aprenderás como se fai na práctica unha tradución de texturas táctiles a texturas visuais. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (17´ 59´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, que che axudará a entender en que consisten estas dúas técnicas artísticas: a colaxe e a frottage. Na colaxe o/a artista pega distintas imaxes ou texturas sobre un papel ou lenzo, mentres que a a frottage consiste en fregar un lapis sobre un papel colocado enriba dunha superficie con irregularidades (madeira, tecido, etc.) para obter un debuxo. A actividade práctica que propón Noemí ao seu alumnado consiste en facer unha "colaxe de frottage" a partir da versión vectorizada da obra "Cabeza de muller con sombreiro", de Pablo Picasso. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 55´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica como facer círculos cromáticos. Descubrirás cales son as cores primarias tradicionais e cales son as cores secundarias que resultan de mesturar dúas cores primarias, e aprenderás a facer unha lámina de círculos cromáticos. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso

Vídeo didáctico (14´ 56´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, sobre a clasificación dos seres vivos. Neste vídeo aprenderás que criterios se empregan para clasificar os seres vivos e cales son as principais características dos cinco reinos nos que se agrupan: moneras, protista, fungos, plantas e animais. Tamén descubrirás que foi Linneo quen no século XVIII estableceu as bases da taxonomía actual, e cales son as diferentes categorías que se empregan para establecer esta clasificación (especie, xénero, familia, orde, clase, filo e reino). A lección remata cunha breve explicación do que é un virus. Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 56´´) sobre as chamadas formas endocársticas, é dicir, as cavidades subterráneas (galerías, simas, covas...) que vai creando lentamente a erosión da auga sobre as rochas calcarias. A través dunha viaxe pola Cova de Valporquero en León e a do Soplao en Cantabria, descubrirás os factores que condicionan o relevo terrestre, a diferenza entre os procesos xeolóxicos externos e os internos, e o sistema de circulación das augas subterráneas.

Vídeo-lección elaborada por Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro, profesores de ensino medio, no marco do proxecto XeoClip.

Material didáctico complementario.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (7´ 20´´), integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, que che axudará a entender como conseguen os tiraboleiros da Catedral de Santiago de Compostela bambear o botafumeiro, un incensario que pesa 60 kg e acada os 68 km/h.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (3´ 26´´), integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, no que de xeito ameno e divertido, apoiándose en imaxes da serie Dragon Ball, se explican os tres principios fundamentais relativos ao movemento dos corpos, coñecidos como “Leis de Newton”.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 54´´) no que descubrirás que é unha maruxiña, cales son as súas características morfolóxicas e cales son as diferentes denominacións populares que se empregan en Galicia para nomear este insecto. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na elaboración deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 39´´) no que se explica de que estamos a falar exactamente cando falamos de PCR, un dos termos que puxo de actualidade a pandemia da Covid-19. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na elaboración deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (2´ 05´´) no que descubrirás que papel xogou un pequeno paxaro, o pimpín, na elaboración da “Teoría da evolución das especies”, de Charles Darwin. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na elaboración deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 16´´) que che axudará a entender cales son as partes dun glaciar (circo,  lingua, morenas, crevasses, cristas e pico piramidal) e cal é a súa acción xeolóxica, tendo en conta que os glaciares son axentes erosivos dinámicos e moi potentes.  

Vídeo-lección elaborada por Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro, profesores de ensino medio, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 41´´) que che axudará a entender a diferenza de significado en lingua galega entre as palabras “oso” (sen acento) e “óso” (con acento diacrítico). O acento diacrítico é un signo ortográfico que se emprega para distinguir dúas palabras homógrafas que, neste caso, se diferencian polo timbre (aberto ou pechado). Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na elaboración deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 43´´) no que se fala dos fentos ou fieitos, das súas características botánicas e das múltiples denominacións populares coas que se nomea esta planta. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na elaboración deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 51´´) no que se explica o significado do termo “vacina”. Así mesmo, descubrirás que importancia tiveron as vacas na elaboración da primeira vacina da historia, a vacina contra a varíola, descuberta en 1796 polo científico Edward Jenner. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na elaboración deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso
Vídeo didáctico (4´ 41´´), elaborado pola Fundación Barrié, que fai un percorrido pola vida e obra do botánico e meteorólogo Baltasar Merino, a quen a Real Academia Galega de Ciencias elixiu como "Científico Galego 2017" para conmemorar ese ano o Día da Ciencia en Galicia.
Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 38´´) no que descubrirás a etimoloxía e significado da palabra “virus” (acuñada por primeira vez en 1898 polo microbiólogo holandés Martinus Willem Beijerinck), así como doutros termos da mesma familia léxica como “viroloxía” ou “coronavirus”. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na realización deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 52´´) no que descubrirás en que consisten dous conceptos da física, como son os buracos negros e os buracos de verme (tamén coñecidos como pontes de Einstein-Rosen). Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na realización deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 51´´) no que se explica o significado do novo léxico que trouxo consigo a pandemia da Covid-19, incorporado xa no Dicionario da Real Academia Galega. En concreto fálase dos seguintes termos: coronavirus, covid, telebraballo, asintomático/a, desconfinamento e gromo. Esta peza forma parte do "Dicionario da Ciencia", unha serie de audiovisuais producidos por GCiencia e presentados pola actriz Déborah Vukusic, que explican de xeito desenfadado diferentes temos relacionados coa ciencia. Na realización deste vídeo participaron Emilio Rodríguez (realización), Nelson Ribeiro (cámara), Déborah Vukusic (presentadora), Eduard Rolland (guión) e Paula Lago (deseño gráfico).

Ver recurso

Vídeo didáctico (12´ 06´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre o teatro galego de finais do século XX e comezos do XXI. Tras ofrecer un resumo do contexto social, cultural e político da época, onde tivo especial importancia o proceso de profesionalización do teatro, explica as principais características das obras teatrais escritas en Galicia nas décadas dos 70, 80 e 90 do século XX, así como nos primeiros anos deste novo milenio. Acompañando as explicacións, cítanse autores/as que se consideran representativos deste período, como Manuel Lourenzo, Euloxio Rodríguez Ruibal, Roberto Vidal Bolaño, Cándido Pazó, Quico Cadaval, Suso de Toro, Roberto Salgueiro, Manuel Núñez Singala, Santiago Cortegoso, Zé Paredes, Esther Carrodeguas ou Roi Vidal Ponte; así como compañías teatrais de especial relevancia, como Migallas Teatro, Chévere, Ollomoltranvía ou Voadora, sen esquecer a importancia estratéxica do Centro Dramático Galego. Con esta peza, Nee Barros pon o ramo á serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados como apoio ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 34´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a narrativa galega de finais do século XX e comezos do XXI. Nel explica, entre outras cousas, a importancia que tivo neste período a "novela de xénero" (xénero negro, bravú, policial, erótico, ciencia ficción, novela memorial, novela diario, etc.), citando as obras de autores/as como Carlos Reigosa, Xulio Valcárcel, Agustín Fernández Paz, Suso de Toro, Xosé Fernández Ferreiro, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Miguel Anxo Murado, Manuel Rivas , Xurxo Souto ou Anxos Sumai. Tamén se comenta a grande produción de obras de ensaio a partir dos anos 80 do pasado século, exemplificada na obra de Xosé Manuel Beiras (temática económica e política), Xesús Alonso Montero (temática sociolingüística) ou María Xosé Queizán (temática feminista). Esta peza forma parte dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Ver recurso

Vídeo didáctico (9´ 44´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a poesía galega de finais do século XX e comezos do XXI. Nel explícase a importancia de obras como Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín, Mesteres, de Arcadio López Casanova, ou Seraogna, de Alfonso Pexegueiro, que marcan o comezo dunha nova etapa. Así mesmo, explícanse as características xerais das obras escritas nas dúas últimas décadas do século XX e mais a primeira década do século XXI, citando algúns dos autores/as e colectivos poéticos representativos desta etapa. En concreto, cítanse poetas como Antón Reixa, Xela Arias, Ana Romaní, Pilar Pallarés, Manuel Rivas, Manuel Forcadela, Fran Alonso, Chus Pato, Miro Villar, Yolanda Castaño, Emma Couceiro, Olga Novo, Xiana Arias, Berta Dávila ou Gonzalo Navaza; así como os colectivos Cravo Fondo, Rompente ou O Batallón Literario da Costa da Morte. Esta peza forma parte dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 46´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a literatura galega no exilio durante o período 1936 - 1976. Nel ofrécese un resumo sobre o contexto socio-político da época, así como sobre as principais características das obras literarias (poesía, narrativa e teatro) escritas polos escritores galegos no exilio. Entre estes autores, faise especial mención a Luís Seoane e Lorenzo Varela (no ámbito da poesía); Ramón de Valenzuela e Silvio Santiago (na narrativa); e Manuel Daniel Varela Buxán e Eduardo Blanco Amor (no eido teatral). Esta peza forma parte dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 13´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que nos ofrece un resumo dun dos temas incluídos no temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio didáctico ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). Nesta ocasión o tema céntrase no teatro galego do período que comprende entre 1936 e 1975, nas principais tendencias da época e nalgúns dos autores máis representativos (Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel Lourenzo, Eloxio Rodríguez Ruibal ou Roberto Vidal Bolaño).

Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 43´´), elaborado por Nee Barros Fernández, sobre a "Nova Narrativa Galega", unha denominación na que se inscriben unha serie de autores e autoras que comezaron a escribir durante a década dos anos 50 e comezos dos 60 (século XX). Nel atoparás un resumo das principais características deste grupo literario, así como das súas obras máis representativas. A este grupo pertencen escritores como Xohana Torrres, Camilo González Suárez-Llanos, Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán ou Carlos Casares. Este recurso forma parte da serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de axudar ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 59´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que nos ofrece un resumo dun dos temas incluídos no temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio didáctico ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). O tema tratado é a prosa galega do período que vai de 1936 a 1976, centrándose concretamente nestes catro autores: Álvaro Cunqueiro e o seu realismo máxico; Eduardo Blanco Amor e o seu realismo social; Ánxel Fole e o seu realismo popular; e Xosé Neira Vilas e o seu realismo rural.

Ver recurso

Vídeo didáctico (13´ 17´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que nos ofrece un resumo dun dos temas incluídos no temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborado como apoio didáctico ao alumnado que ten que preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). Nesta ocasión, o tema tratado é a poesía galega do período que vai de 1936 a 1976. Descubrirás as características das tres xeracións de poetas que protagonizaron este período, así como os autores que se adscriben a cada unha delas. En concreto, fálase da Xeración do 36 (á que pertenceron Aquilino Iglesia Alvariño, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carvalho Calero ou Celso Emilio Ferreiro), da Promoción de Enlace (Antón Tovar, Luz Pozo Garza ou Manuel Cuña Novás) e da Xeración das Festas Minervais (Manuel María, Uxío Novoneyra, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña ou Xohana Torres).

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 12´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que trata o tema da prosa galega do primeiro terzo do século XX. As súas explicacións axudaranche a entender as principais características da Xeración Nós, á que se adscriben autores como Florentino López Cuevillas, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Alfonso D. Rodríguez Castelao. Así mesmo, tamén ofrece unha breve análise dunha das obras de prosa representativas do movemento das vangardas, "Dos arquivos do trasno", de Rafael Dieste. Trátase da terceira entrega dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de que fosen de utilidade para o alumnado que estaba a preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Ver recurso

Vídeo didáctico (12´ 26´´), elaborado por Nee Barros Fernández, no que explica en que consistiron os movementos de vangarda en Europa e trata especificamente a poesía de vangarda en Galicia durante o primeiro terzo do século XX. Descubrirás as principais características de movementos como o surrealismo, o creacionismo, o hilozoísmo e o neotrobadorismo, e cales foron os principais poetas galegos que se inscribiron dentro deles (Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Luís Amado Carballo, Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde e Xosé María Álvarez Blázquez). Trátase da segunda entrega dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de que fosen de utilidade para o alumnado que estaba a preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

Ver recurso

Vídeo didáctico (12´ 16´´) elaborado por Nee Barros Fernández. Trátase da primeira entrega dunha serie de vídeos cos resumos do temario de literatura galega de 2º de bacharelato, elaborados durante o confinamento domiciliario de 2020 co obxectivo de que fosen de utilidade para o alumnado que estaba a preparar a proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). Neste vídeo ofrécenos, a xeito de resumo, os contidos incluídos no tema da poesía galega do primeiro terzo do século XX, centrándose concretamente nas Irmandades da Fala, unha organización nacionalista que tiña como obxectivos fundacionais a defensa, exaltación e fomento da lingua galega. A esta organización pertenceron poetas como Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas, dos que se ofrece un perfil biográfico e bibliográfico.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 16´´) que amosa imaxes aéreas obtidas cun dron, durante os meses de outubro a decembro de 2019, sobre frechas, barras e tómbolos, exemplos de sistemas costeiros afectados pola ondada. As imaxes foron gravadas para a elaboración das leccións do proxecto XeoClip, da sección de paisaxe e xeomorfoloxía. O proxecto XeoClip 2019 está integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 01´´) que amosa imaxes aéreas obtidas cun dron, durante os meses de outubro a decembro de 2019, sobre diferentes praias e dunas de Galicia. As imaxes foron gravadas para a elaboración das leccións do proxecto XeoClip, da sección de paisaxe e xeomorfoloxía. O proxecto XeoClip 2019 está integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 01´´), dirixido a alumnado de ensino secundario, no que se explica a formación dun cantil, ilustrándoo co exemplo concreto dos cantís da praia de Santa Mariña de Augasantas, tamén coñecida como praia das Catedrais. Descubrirás cal foi o proceso de formación das súas principais xeoformas (furnas, arcos, illotes, ollos…) e poderás divisalas a vista de dron. O vídeo foi elaborado polos membros do proxecto XeoClip 2019, integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 22´´), dirixido a alumnado de ensino secundario, sobre diferentes tipos de paisaxes costeiras afectadas polas ondas do mar. En concreto, a lección céntrase nas frechas, nas barras, nas albufeiras, nas lagoas litorais e nos tómbolos. Descubre as principais características de cada unha destas formas litorais e obsérvaas a vista de dron. O vídeo foi elaborado polos membros do proxecto XeoClip 2019, integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 22´´), dirixido a alumnado de ensino secundario, sobre as diferentes paisaxes costeiras orixinadas ao longo da historia da Terra. En concreto, descubrirás cales son os diferentes tipos de sistemas costeiros, clasificados segundo estean afectados pola ondada, pola marea ou polo vento. O vídeo foi elaborado polos membros do proxecto XeoClip 2019, integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.
Material didáctico complementario.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 42´´) dirixido a alumnado de ensino secundario, que che axudará a entender como lle afecta a ondada aos sistemas costeiros. A forza da ondada crea diferentes formas litorais, coma por exemplo os cantís, as plataformas litorais e os coídos. Descubre as principais características destas formas e observa as imaxes aéreas obtidas con dron en diferentes zonas da Rede Natura 2000. O vídeo foi elaborado polos membros do proxecto XeoClip 2019, integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 53´´) que amosa imaxes aéreas obtidas cun dron, durante os meses de outubro a decembro de 2019, entre o Cabo Vilán e a Praia do Trece (Camariñas). Nelas poderás observar un exemplo de sistema costeiro afectado pola ondada: o coído. Trátase dunha extensión paralela ao litoral formada por coios arredondados e lisos pola erosión do mar. As imaxes foron gravadas para a elaboración das leccións do proxecto XeoClip, da sección de paisaxe e xeomorfoloxía. O proxecto XeoClip 2019 está integrado por Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa, Fernanda Molto Roibal e Xacobo de Toro Cacharrón.

Ver recurso

Vídeo didáctico (3' 18''). O profesor Valerià Paül ensínanos desde os máis de 2.000 metros de Pena Trevinca a importancia que ten para as persoas que conforman unha comunidade o feito de saber cales son os elementos sobresalientes da súa xeografía. Para os pobos coñecer as súas cimas máis elevadas supón un recoñecemento do espazo en que viven; situarse no mundo. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Sonia González.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 56´´) elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos, no que explica unha das aplicacións da derivada dunha función: o estudo da súa curvatura, é dicir, coñecer os intervalos onde a función é cóncava ou convexa. Os contidos están dirixidos a alumnado de bacharelato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (12´ 24´´) elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos, que che axudará a entender algunhas das aplicacións da derivada dunha función. Nesta lección céntrase en concreto no estudo da monotonía dunha función (intervalos de crecemento e decrecemento), e no estudo dos seus extremos relativos. Os contidos están dirixidos a alumnado de bacharelato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 34´´) elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos, no que se explica a resolución de diferentes exercicios de derivadas. Descubrirás, entre outras cuestións, como se aplica a propiedade da linealidade das derivadas, ou como e cando se fai a derivada dun cociente. Os contidos están dirixidos a alumnado de bacharelato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (3´ 25´´) elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos, no que se explica brevemente que é a derivada dun produto de funcións e se amosa a resolución de diferentes exercicios de derivadas de produtos. Estes contidos están dirixidos a alumnado de bacharelato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (13´ 13´´) elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos, no que aprenderás que é a “regra da cadea” e como se emprega esta regra para derivar funcións compostas. A lección está dirixida a alumnado de bacharelato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (11´ 09´´) elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos, no que descubrirás cando e como se usan as táboas de continxencia na resolución de exercicios de probabilidade. A lección está dirixida a alumnado de educación secundaria.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 15´´) elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos, no que se explican conceptos relacionados co cálculo de probabilidades, como son a probabilidade condicionada (a probabilidade de que se verifique un suceso B, sabendo que se verificou un suceso A) e os sucesos independentes (cando a probabilidade de que ocorra un suceso B non depende en absoluto de que se verifique un suceso A). Trátase dunha lección dirixida a alumnado de bacharelato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 55´´) elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos, e dirixido a alumnado de bacharelato. Nesta lección descubrirás, con dous exemplos prácticos, como se aplican as leis de Morgan, que nos permiten calcular probabilidades dun suceso.

Ver recurso

Vídeo didáctico (19´ 52´´) dirixido a alumnado de bacharelato sobre o cálculo de probabilidades, elaborado por Mar, profesora do IES Francisco Aguilar de Betanzos. Nesta lección entenderás o significado de conceptos como “probabilidade”, “equiprobabilidade”, “experimento aleatorio”, “experimento determinista”, “espazo mostral”, “suceso”, “suceso elemental”, “suceso imposible”, “suceso seguro”, “suceso complementario” ou “suceso incompatible”. Así mesmo, descubrirás como levar á práctica estes contidos teóricos a través da resolución de diferentes exercicios.

Ver recurso

Vídeo didáctico (17´ 05´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, sobre a inferencia estatística, que é o conxunto de métodos e técnicas que permiten inducir, a partir da información empírica proporcionada por unha mostra, cal é o comportamento dunha determinada poboación cun risco de erro medible en termos de probabilidade. Nesta segunda parte (continuación dun vídeo anterior), aprenderás a construír intervalos de confianza para a media, nun contexto no que se descoñece a media dunha variable estatística concreta. Así mesmo, a través da resolución de exercicios poderás entender a aplicación práctica destes contidos teóricos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (19´ 16´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, sobre a inferencia estatística, que é o conxunto de métodos e técnicas que permiten inducir, a partir da información empírica proporcionada por unha mostra, cal é o comportamento dunha determinada poboación cun risco de erro medible en termos de probabilidade. Nesta lección en concreto, dirixida a alumnado de bacharelato, descubrirás como facer unha estimación da media dunha variable que sigue unha distribución normal. Así mesmo, a través da resolución de exercicios poderás entender a aplicación práctica destes contidos teóricos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (15´ 52´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, sobre a inferencia estatística a través da distribución normal. Trátase dunha lección dirixida a alumnado de bacharelato na que explica como pode transformarse o espazo mostral a través das variables estatísticas, centrándose concretamente na distribución normal. Ademais de adquirir os contidos teóricos, poderás descubrir a súa aplicación práctica a través da resolución de exercicios.

Ver recurso

Vídeo didáctico (13´ 18´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, con contidos dirixidos a alumnado de Bacharelato relacionados co estudo matemático da probabilidade. Esa vídeo-lección axudarache a entender en que consiste o Teorema das probabilidades totais e mais o Teorema de Bayes, e poderás descubrir a súa aplicación práctica a través da resolución de exercicios.

Ver recurso

Vídeo didáctico (9´ 35´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, con contidos de estatística dirixidos a alumnado de Bacharelato. En concreto, nesta lección aprenderás a aproximar unha variable que segue unha distribución binomial por unha variable que segue unha distribución normal. Ademais da explicación teórica, tes a oportunidade de descubrir a súa aplicación práctica para o cálculo de probabilidades a través da resolución de dous exercicios.

Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 34´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, no que explica o Teorema de Pitágoras, cuxo enunciado establece que nun triángulo rectángulo o cadrado da hipotenusa é igual á suma dos cadrados dos catetos. Esta lección, dirixida a alumnado de 2º da ESO, axudarache a entender diferentes aplicacións deste teorema esencial da xeometría plana.

Ver recurso

Vídeo didáctico (3´ 52´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, no que nos amosa como facendo a comparación entre os datos de falecementos en España pola Covid-19 obtidos os días 6 de abril de 2020 e o 13 de abril de 2020 (unha semana despois), estes se axustan ao modelo matemático que chamamos “función de Gompertz”.
O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 05´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, sobre a función de Gompertz, un caso particular da función loxística (unha función matemática que se emprega na modelación de determinados procesos de tipo socioeconómico ou biolóxico). Neste caso, descubrirás como pode aplicarse a función de Gompertz aos falecementos acumulados causados por unha epidemia.
O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 15´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, no que entenderás por que na representación do número de falecementos diario é conveniente transformar estes datos, é dicir, implementar un proceso de suavización para que a gráfica represente realmente o comportamento da variable durante un período de tempo, e non a forma na que se compilaron diariamente os datos. Nesta vídeo-lección descubrirás en que consiste a técnica de suavización que chamamos “media móbil”.
O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 04´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, que che axudará a entender por que na maioría dos gráficos que se publican comparando o número de falecementos pola Covid-19 en diferentes países, non se ten en conta a diferenza de poboación de cada un deles. Daquela, a poboación dun país e o número de falecementos pola Covid-19 son variables independentes que non inflúen unha na outra? Nesta vídeo-lección atoparás a resposta.
O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (11´ 13´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, que che axudará a entender conceptos como “inmunidade colectiva” (tamén chamada “inmunidade de rabaño”), “crecemento exponencial”, “taxa de reprodución básica” ou “limiar de inmunidade de rabaño”. Así mesmo aprenderás a calcular o limiar de inmunidade necesario nunha determinada poboación para cortar a epidemia da Covid-19, o número real de persoas infectadas que se precisarían e os falecementos que ocasionaría, tendo en conta a taxa de letalidade da enfermidade. Todos estes datos axudaranche a valorar se a chamada “inmunidade de rabaño” é unha solución factible para atallar a epidemia da Covid-19.
O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 29´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, no que se analiza un dato facilitado pola universidade Imperial College de Londres sobre o número real de infectados en España en marzo de 2020, que en termos de probabilidade se consideraba que podía ser o 15% da poboación. Nesta vídeo-lección aprenderás a analizar a fiabilidade deste resultado baseándote na distribución dos estatísticos mostrais. O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 43´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, no que nos ensina a interpretar dous gráficos sobre os falecementos acumulados en China e en España durante os primeiros meses do ano 2020. Analizando o primeiro deles, descubrirás que a evolución dos falecementos en China consistiu nun crecemento loxístico, seguindo o modelo teórico de evolución de epidemias. No caso de España, ensínanos como durante o mes de marzo de 2020 o número de falecementos acumulados seguía un crecemento exponencial, malia que a partir do 26 de marzo se abandona o crecemento exponencial e comeza un crecemento lineal. Con todo, non se chegou aínda ao punto de inflexión a partir do cal comeza a aplanarse a curva.
O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 07´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, no que nos ensina a interpretar un gráfico sobre os falecementos en España o 26 de marzo de 2020, que amosa os datos reais fronte aos datos teóricos supoñendo un crecemento exponencial do 33%. O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (14´ 18´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, que che axudará a entender as principais características dos diferentes tipos de test que se empregan para a detección de infectados/as polo coronavirus, así como o significado de conceptos como “prevalencia”, “sensibilidade”, “especificidade”, “valor preditivo positivo” ou “valor preditivo negativo”. Partindo dos datos publicados nunha nova do xornal El País o 26 de marzo de 2020, o profesor Vilariño ensina como aplicar o teorema das probabilidades totais para calcular a prevalencia de dous sectores da poboación concretos (persoas ingresadas no servizo de urxencias e persoal sanitario). Estes datos de prevalencia permitiranche calcular a validez de diferentes tipos de test rápidos (os que detectan antíxenos por reacción cos anticorpos) para valorar se os seus resultados serían válidos na toma de decisións sanitarias.
O vídeo intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (12´ 38´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, que che axudará a interpretar as novas que aparecen nos medios falando de “crecemento exponencial”, xa que en ocasións non queda claro se se están a referir ao número de infectados diarios, ao número de falecementos diarios, ao número de infectados acumulados ou ao número de falecementos acumulado. Nesta lección descubrirás que en realidade son as catro variables as que se teñen en conta ao falar de crecemento exponencial. O vídeo intégrase na serie “Matemáti-cas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria, co obxectivo de explicar desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 31´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), que se integra na serie “Matemáticas e coronavirus”, dirixida a alumnado de educación secundaria. Neste vídeo analízanse dous gráficos sobre o número de falecementos pola Covid-19 en España os días 21 e 23 de marzo de 2020, comparando o modelo exponencial teórico (que presupón un crecemento diario de falecementos do 33%), cos datos de falecementos reais. A partir destes gráficos, faise unha previsión para a seguinte semana.

Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 47´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), que che axudará a entender que significa a taxa de duplicación de falecementos, usando como exemplo un gráfico sobre a evolución do coronavirus en varios países elaborado en marzo de 2020 polo xornalista John Burn-Murdoch. Este vídeo, dirixido a alumnado de educación secundaria, intégrase na serie “Matemáticas e coronavirus”, na que se explican desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 24´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), no que se explica cun exemplo práctico a aplicación do teorema de Bayes nun escenario de expansión dun virus. É rendible facer un test de coronavirus sendo asintomático nunha cidade coma Lugo (100.000 habitantes) e nun suposto escenario con 100 persoas infectadas? Descubriralo neste vídeo, dirixido a alumnado de educación secundaria, que se integra na serie “Matemáticas e coronavirus”, na que se explican desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 49´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño, do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), que che axudará a entender en que consiste a escala logarítmica, partindo dun gráfico elaborado polo xornalista John Burn-Murdoch sobre a expansión do coronavirus en diferentes países. O vídeo, dirixido a alumnado de educación secundaria, está integrado na serie “Matemáticas e coronavirus”, na que se explican desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19.

Ver recurso

Vídeo didáctico (19´ 09´´) integrado na serie “Matemáticas e coronavirus”, na que se explican desde a perspectiva matemática diferentes datos e conceptos que se fixeron populares nos medios a partir da pandemia ocasionada pola Covid-19. Manuel Vilariño, profesor do IES Leiras Pulpeiro (Lugo) explica neste vídeo, dirixido a alumnado de educación secundaria, que queremos dicir exactamente cando falamos de “aplanar a curva”.

Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 25´´), elaborado polo profesor do IES Leiras Pulpeiro (Lugo) Manuel Vilariño, para o alumnado da materia de matemáticas de 3º de ESO. Trátase dunha actividade práctica coa que aprenderás a construír corpos xeométricos de revolución empregando a aplicación informática Geogebra. En concreto, nesta demostración práctica descubrirás como se pode xerar e colorear un cilindro con esta ferramenta informática.

Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 54´´), elaborado polo profesor do IES Leiras Pul-peiro (Lugo) Manuel Vilariño para o alumnado da materia de matemáticas de 3º de ESO. Esta vídeo-lección axudarache a entender como se calcula o volume de diferentes tipos de corpos xeométricos (prismas e cilindros; pirámides e conos; e esferas).

Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 54´´), elaborado polo profesor do IES Leiras Pulpeiro (Lugo) Manuel Vilariño para o alumnado da materia de matemáticas de 3º de ESO. O vídeo, elaborado como material complementario aos contidos teóricos explicados previamente na aula, céntrase nas áreas dos corpos de revolución, é dicir, aqueles corpos xeométricos que se orixinan ao xirar unha figura plana arredor do seu eixo (cilindro, cono, esfera).

Ver recurso

Vídeo didáctico (21´ 59´´), elaborado por Manuel Vilariño, profesor do IES Leiras Pulpeiro (Lugo) para o alumnado de 1º de Bacharelato. Trátase da segunda entrega dunha serie de tres vídeos sobre xeometría analítica, uns contidos que constitúen unha ampliación do tema de vectores (incluído no currículo da materia de matemáticas de 4º da ESO). Esta última entrega céntrase na posición relativa de dúas rectas no plano.

Ver recurso

Vídeo didáctico (15´ 48´´), elaborado por Manuel Vilariño, profesor do IES Leiras Pulpeiro, para o alumnado de 1º de Bacharelato. Trátase da segunda entrega dunha serie de tres vídeos sobre xeometría analítica, uns contidos que constitúen unha ampliación do tema de vectores (incluído no currículo da materia de matemáticas de 4º da ESO). Esta segunda entrega axudarache a entender como se extraen as ecuacións que verifican todos os puntos que están nunha determinada recta.

Ver recurso

Vídeo didáctico (26´ 18´´), elaborado por Manuel Vilariño, profesor do IES Leiras Pulpeiro (Lugo), para o alumnado de 1º de Bacharelato. Trátase da primeira entrega dunha serie de tres vídeos sobre xeometría analítica, uns contidos que constitúen unha ampliación do tema de vectores (incluído no currículo da materia de matemáticas de 4º da ESO). Este primeiro vídeo céntrase concretamente na cinemática e no plano inclinado.

Ver recurso

Vídeo didáctico (12´ 51´´) elaborado por Manuel Vilariño, profesor do IES Leiras Pulpeiro (Lugo) para o alumnado de 1º de Bacharelato, que completa un vídeo anterior introdutorio sobre os números complexos. Esta segunda entrega céntrase na forma polar, na que cada número complexo se expresa a través do seu módulo e do seu argumento.

Ver recurso

Vídeo didáctico (15´ 58´´), elaborado por Manuel Vilariño, profesor do IES Leiras Pulpeiro (Lugo) para o alumnado de 1º de Bacharelato, que serve de introdución ao tema dos números complexos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (9´ 40´´), elaborado por Manuel Vilariño, profesor do IES Leiras Pulpeiro, para o alumnado de 1º de Bacharelato. O vídeo está deseñado como material práctico complementario aos contidos teóricos de trigonometría e céntrase en concreto nas ecuacións trigonométricas.

Ver recurso

Vídeo didáctico (8´ 20´´), elaborado polo profesor Manuel Vilariño (IES Leiras Pulpeiro de Lugo) para o alumnado de 1º de Bacharelato, deseñado como material práctico complementario aos contidos teóricos sobre trigonometría. No vídeo explícase a aplicación das expresións trigonométricas dos ángulos de suma e resta.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 18´´) no que aprenderás a construír unha frauta traveseira de cana, un instrumento musical do grupo dos aerófonos. O instrumento consiste nunha cana á que se lle fan, cun soprete ou cun ferro quente, sete buratos (un para soprar e outros seis para colocar os dedos).
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 03´´) no que se explica como construír unha zambomba, un instrumento musical do grupo dos membranófonos. O instrumento está formado por un bote que fai a función dun tambor, un plástico que fai a función de membrana e unha palla que atravesa a membrana. Ao refregar os dedos contra a palla, a membrana vibra emitindo o son.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 29´´) no que aprenderás a construír un asubío de abelá, un instrumento aerófono empregado tradicionalmente en Galicia polos nenos e nenas como xoguete. O son prodúcese ao soprar sobre unha abelá á que previamente se lle fixo un burato nun dos seus extremos e se lle baleirou o froito.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 15´´) no que descubrirás como poden aproveitarse unhas noces (separando as súas dúas metades) para construír un instrumento idiófono. O son prodúcese ao fregar unha metade contra a outra, ben entre as mans (ao xeito dunhas cunchas) ou poñendo unha metade diante da boca e fregando contra ela a outra metade.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 17´´) no que se explica como construír un roncollo, tamén chamado abesouro. Trátase dun instrumento musical popular, do grupo dos membranófonos, que está composto por unha cana grosa (á que se lle tapa un dos extremos cun plástico que fai de membrana), unha cana máis fina ou pau e un cordel que une ambas canas. Ao facer xirar o instrumento no aire, as vibracións que emite o cordel amplifícanse por mor da membrana e mais da cana grosa (que fai a función de caixa de resonancias), emitindo deste xeito un son rouco, similar ao dos abesouros.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 30´´) no que descubrirás como se constrúe o reque-reque, un instrumento musical popular do grupo dos idiófonos que soa ao fregar un pau contra unha cana á que previamente se lle fixeron unhas pequenas incisións.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (3´ 19´´) no que descubrirás como se constrúe unha castañola de cana, tamén chamada tarabela. Trátase dun instrumento musical popular do grupo dos idiófonos que se fabrica cunha cana de tres nós de lonxitude. Nos dous nós superiores faise unha fenda e ao bater un dos extremos da cana (o que está próximo ao nó sen fender) contra a palma da man, prodúcese un son moi similar ao da castañola.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 36´´) no que descubrirás como se constrúe un cantagalos, un instrumento musical popular do grupo dos aerófonos que consiste nunha pequena lámina que vibra ao pasar o aire por ela.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 04´´) no que descubrirás como se constrúe unha zoadeira. Zoadeira, un instrumento musical popular do grupo dos aerófonos. En Galicia constrúese cunha pequena táboa de madeira ou de cortiza, cun furadiño nun dos seus extremos, polo que se pasa a punta dunha corda. Deste xeito é posible facer xirar a táboa por encima da cabeza imprimíndolle un movemento circular no aire.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 59´´) no que descubrirás como se constrúen unhas tarrañolas, instrumento musical popular do grupo dos idiófonos, formado por dúas pezas planas de madeira que se tocan baténdoas unha contra a outra.
Este vídeo pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (3´ 32´´) no que descubrirás como se constrúe un carrizo, un instrumento musical popular do grupo dos idiófonos, no que unha lingüeta de madeira baixo presión bate nunha cavidade de resonancia.
Esta peza pertence á serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 13´´) no que descubrirás como se constrúe un mirlitón, un instrumento musical da familia dos membranófonos. Constrúese cunha cana á que se lle fai un pequeno burato nun dos laterais, mentres que un dos extremos queda aberto e o outro cóbrese cun papel de fumar ou cunha pel de cebola seca.
Trátase da primeira entrega dunha serie de vídeos didácticos, elaborados polo Proxecto Ronsel, sobre a construción de instrumentos tradicionais galegos.

Ver recurso

Vídeo (3´ 17´´) de divulgación científica, difundido na canle GCiencia TV, que che permitirá achegarte á vida e á obra do relixioso xesuíta Baltasar Merino (Burgos, 1845 – Vigo, 1917), destacado botánico e meteorólogo ao que a Real Academia Galega da Ciencia lle dedicou o Día da Ciencia en Galicia no ano 2017.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (6´ 08´´) , integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, no que descubrirás como científicos do século XVIII desenvolveron o “experimento de Schiehallion”, que tiña como obxectivo medir a densidade da Terra. O astrónomo Nevil Maskelyne mediu a atracción gravitacional que exercía unha montaña sobre un péndulo e, a partir destes datos, o matemático Charles Hutton puido calcular a densidade media da Terra.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (6´ 33´´) , integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, no que descubrirás en que consistiu un dos experimentos máis importantes da historia da física: o experimento de Michelson-Morley. Foi realizado en 1887 por Albert Abraham Michelson e Edward Morley e pretendía confirmar a hipótese da existencia dun éter (fluído invisible desprovisto de masa) que permitía a propagación da luz. O seu resultado negativo foi o primeiro chanzo no que se apoiaron posteriormente outros físicos para confirmar que a luz non precisaba ningún fluído para propagarse a través do espazo.

Ver recurso

Vídeo (2´ 53´´) no que Iria Veiga e Javier Balea nos explican como funcionan as vacinas e por que son tan importantes para a saúde pública. Descubrirás en que consiste a “resposta inmune”, que é o “recordatorio” ou a que nos referimos cando falamos da “inmunidade de grupo”. Trátase da terceira entrega da sección “Concienciadas”, espazo audiovisual de divulgación científica do xornal Praza Pública.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 14´´), elaborado por Noemí Díaz Vázquez, no que explica de xeito práctico como realizar unha estrela entrelazada. Aprenderás como se divide un círculo en seis partes iguais, e como partindo desa división se poden trazar diferentes secuencias de triángulos e hexágonos no seu interior. Finalmente, coa axuda dun estilógrafo e algún pequeno truco, conseguirás deseñar a túa estrela entrelazada.
Os contidos están dirixidos a alumnado de 1º curso da ESO, da materia de EPVA (Educación Plástica, Visual e Audiovisual).

Ver recurso
Vídeo divulgativo (8´ 48´´), dirixido por Antón Varela e locutado por Lucía Aldao. Trátase do primeiro capítulo da serie "Os 20 do XX", que che permitirá achegarte á realidade social, cultura e política de Galicia durante os anos 20 do século pasado. Nesta primeira achega ofrécese unha visión panorámica da poboación, a economía e a política desa década, marcada pola emigración, o movemento agrarista, a ditadura de Primo de Rivera, o crecente desenvolvemento das cidades e a escasa presenza das mulleres na vida pública.
Ver recurso

Vídeo divulgativo (11´ 04´´), dirixido por Antón Varela e locutado por Lucía Aldao, centrado na literatura e o teatro da Galicia dos anos 20 do século XX. Nesta época xorde unha camada de intelectuais que detectan a necesidade de desenvolver unha prosa e un teatro en galego, así como unha rede de empresas editoriais para o seu fomento e difusión.
Descubrirás a importancia transcendental que tivo a fundación en Ourense da revista cultural Nós, que supuxo un punto de inflexión para todo o estourido cultural que se desenvolveu despois. A creación literaria xurdida arredor da Xeración Nós (á que pertenceron autores como Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Antón Losada Diéguez e Alfonso D. Rodríguez Castelao), o nacemento das vangardas literarias reivindicando unha nova forma de facer literatura (con nomes como Amado Carballo e Manuel Antonio), ou a modernización e galeguización do teatro galego (con autores como Ramón Cabanillas, Antonio Vilar Ponte ou Xaime Quintanilla) foron fenómenos culturais que caracterizaron esta década e marcaron para sempre o devir da literatura galega.

Ver recurso

Vídeo divulgativo (2´ 49´´) no que Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo no departamento de Física Aplicada da USC, nos presenta brevemente a teoría da relavitidade, formulada por Albert Einstein. Esta teoría reformulou os conceptos de espazo e tempo, a comprensión da orixe e evolución do Universo, e propiciou a entrada na era nuclear. O vídeo serve tamén de presentación da primeira tradución ao galego da obra "Verbo da teoría da relatividade restrinxida e xeral" (Einstein, 1916).

Ver recurso

Vídeo divulgativo (5´ 18´´) , emitido no programa Ciencianosa da TVG, no que Jorge Mira explica a lei de indución de Faraday. Michael Faraday descubriu que o movemento dun imán no seo dun circuito eléctrico xeraba unha corrente eléctrica. Este experimento da indución electromagnética abriu o camiño da transformación da enerxía mecánica en enerxía eléctrica e tivo importantes aplicacións industriais no campo da xeración de electricidade.

Ver recurso

Vídeo (21´26´´) que contén a primeira parte dunha charla de carácter didáctico e divulgativo sobre o cambio climático, impartida polo catedrático de Edafoloxía da USC Francisco Díaz-Fierros no curso "Integración do proxecto Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo". Nesta primeira parte introdutoria céntrase nos diferentes métodos científicos que nos permiten estudar o clima, tanto desde o punto de vista histórico como co ánimo de facer predicións de futuro.
Outros vídeos da serie:

Ver recurso

Vídeo (10´ 59´´) de divulgación científica no que María Portela Barral, membro da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC, nos presenta as estratexias que están a desenvolver conxuntamente as universidades e as administracións no ámbito da construción sostible con madeira. O cambio climático constitúe actualmente unha das maiores amezas ás que ten que enfrontarse a humanidade e, neste contexto, a construción con madeira é un valor en alza para a construción no futuro. Nesta charla descubrirás as virtudes medioambientais e de eficiencia enerxética deste material.
A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo de TED (3´ 29´´) no que Adam Kucharski, experto en enfermidades infecciosas, responde a cinco preguntas sobre a pandemia da Covid-19. Explica en que consisten as medidas de contención, que debe facerse cando estas medidas non son suficientes para controlar a expansión do virus, cales son os principais riscos aos que se expón a poboación, que distancia cómpre manter entre as persoas e que medidas de protección deben implementar os diferentes países. Tradución ao galego de Claudia Álvarez González.

Ver recurso

Curta documental (13´ 49´´) sobre os incendios forestais en Galicia, realizada en 2019 por Borja Casal e filmada durante o seu último ano de grao (Comunicación audiovisual) na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC). Na peza ofrécense os testemuños de implicados na xestión forestal (bombeiro forestal, enxeñeiro agrómono, bióloga, cooperativista de Amarelante e concelleira de Medio Ambiente da Coruña), e achéganse ideas para a prevención e a extención dos incendios.

Ver recurso

Vídeo divulgativo (8´ 53´´) , difundido na canle Naturiza, no que Diego Ferraz Castiñeiras explica as curiosidades e os datos máis relevantes sobre os incendios acontecidos en Galicia nos últimos 30 anos. Descubrirás, entre outras cousas, que os incendios naturais forestais teñen beneficios ecolóxicos coma o mantemento da saúde do ecosistema, a regulación da biodiversidade, a rexeneración do bosque e a xerminación de semente. Tamén poderás entender cales son as diferentes tipoloxías de incendios e os principais factores que os provocan.

Ver recurso

Vídeo (8´ 23´´) que nos amosa como se forma unha dobra (deformación plana e continua que non rompe a estrutura da rocha), así como os elementos que a compoñen e as diferentes tipoloxías que existen, en función da súa antigüidade, do grao de compresión dos flancos, da simetría e do grao de inclinación.

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 20´´) no que Jean-Baptiste P. Koehl nos explica como en practicamente todos os edificios de Islandia se emprega a enerxía xeotérmica, grazas á potente fonte de calor que supoñen os volcáns subterráneos neste país. Esta peza axudarache a entender como funciona este tipo de enerxía renovable e cales son os dous principais modelos de aproveitamento. Tradución ao galego de Enrique Orjales.
Ver recurso

Vídeo (4´ 52´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, que nos fala do proxecto Cefaparques. Trátase dun proxecto de investigación liderado polo científico Ángel Guerra, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, que ten como obxectivo identificar e caracterizar os hábitats esenciais de tres especies comerciais de cefalópodos (os polbos, as luras e os chocos) dentro do Parque Natural das Illas Atlánticas.

Ver recurso
Xiana Aparicio Garabal, alumna de 1º de Bacharelato do IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela), preséntanos neste vídeo didáctico (2´ 32´´) a traxectoria vital e profesional de Pura Lorenzana (1907-1997). Investigadora e profesora de Historia no ensino medio e universitario, incorporouse ao Seminario de Estudos Galegos cun traballo sobre as mámoas do Saviñao. Xiana Aparicio lémbranos tamén que foi a fundadora e primeira directora do Instituto femenino Rosalía de Castro.
Ver recurso

Vídeo (8´ 40´´) de divulgación científica no que o investigador David García achega os resultados dun estudo realizado mediante a técnica de flotación sobre a parasitación do gando vacún en tres comarcas galegas (Ordes, Arzúa e Terra de Melide). Galicia é a segunda comunidade autónoma en número de cabezas de gando vacún e as súas condicións climáticas e ambientais son propicias para os parasitos. Os parasitos estudados neste caso foron os coccidios e os nematodos gastrointestinais.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso
Vídeo de TED (11´ 48´´) no que a escritora e modelo Naomi Shimada nos fala sobre a ansiedade que xeran as redes sociais, explorando o impacto emocional dos nosos hábitos dixitais. A conversa está organizada pola curadora de TED Cloe Shasha Brooks e forma parte da serie "Como afrontar sentimentos difíciles". Tradución ao galego de Claudia Ríos. Foi un dos traballos finalistas no concurso TEDSaúde 2021.
Ver recurso
Vídeo de TED (5´ 56´´) no que a exploradora Ariel Waldman nos achega á fascinante biodiversidade que habita baixo o xeo da Antártida: desde as diatomeas (algas fotosintéticas unicelulares) ata os tardígrados (tamén chamados osos de auga) . Trátase de fauna de escala microbiana que non acostuma protagonizar os documentais que se emiten nas televisións, mais Ariel Waldmand defende que se non documentamos toda esta vida oculta baixo o xeo nunca poderemos ter unha imaxe completa da biodiversidade do noso planeta.
Ver recurso
Representación teatral de carácter didáctico (2´ 16´´) que che axudará a achegarte á vida e á obra de Ángeles Alvariño, científica galega e pioneira da oceanografía, nada en Ferrol en 1916, a quen a Real Academia Galega de Ciencias lle dedicou en 2015 o Día da Ciencia en Galicia. Neste ano 2022 Igaciencia, con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego, tamén homenaxea a esta galega universal, descubridora de vinte e dúas novas especies de zooplancto mariño. Esta presentación forma parte do proxecto "Mulleres sobranceiras", desenvolvido en 2021 polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e mais o Grupo de Teatro do IES Ribeira do Louro (O Porriño).
Ver recurso
Vídeo de TED (4´ 42´´) no que Sharon Horesh Bergquist nos explica que pasa no noso corpo cando sufrimos estrés e que consecuencias pode ter para a nosa saúde cando esta situación se cronifica. Tradución ao galego de Ainara Geada.
Ver recurso
Vídeo divulgativo (2´ 17´´) no que o odontólogo Simón Pardiñas nos fala da importancia da saúde bucodental para o noso benestar xeral, xa que varias enfermidades comúns (como por exemplo a artrite, a diabete ou os accidentes cerebrovasculares) poden ter a súa orixe na boca. Nesta peza descubrirás como inflúe a enfermidade periodental na saúde xeral e cal é a mellor solución para previr as enfermidades da boca.
Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (10´ 41´´). Gonzalo López Lorenzo fala no DivulgaTerra 2016 sobre a diarrea dos leitóns e a importancia que a bacteria Escherichia coli ten nesta enfermidade. Partindo do seu traballo de fin de grao, identifícanse os xenes patóxenos, factores de virulencia máis frecuentes e resistencia aos antimicrobianos que presentan as distintas cepas de Escherichia coli.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (11´ 23´´). Inmaculada Orjales fala no DivulgaTerra 2016 de como as explotacións gandeiras deben intentar reducir o emprego de antibióticos e das vantaxes que iso ten para elas.

Ver recurso
Gran parte da medicina moderna fundaméntase no uso de antibióticos (substancias químicas que evitan a proliferación de bacterias), pero debido a esta exposición tan continuada algunhas bacterias volvéronse resistentes a todos os antibióticos dos que dispoñemos na actualidade. O problema é de tal magnitude que a resistencia aos antibióticos é un dos principais desafíos aos que debe enfrontarse actualmente a ciencia médica. Neste vídeo de TED (6´ 22´´) Gerry Wright explícanos como chegamos a esta situación e cales son as claves que poderían axudar a resolver o problema. Tradución ao galego de Andrea Ínsua Ramos para TedSaúde 2022.
Ver recurso

Vídeo de TED (18´ 18´´). As variedades de trigo, millo e arroz que medran na actualidade poden non prosperar nun futuro ameazado polo cambio climático. Cary Fowler introdúcenos nun gran banco de sementes mundial, soterrado debaixo dunha montaña xeada en Noruega, que almacena un grupo diverso de cultivos alimentarios polo que nos poida traer o futuro. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez.

Ver recurso
Vídeo de TED (4´ 52´´) no que Mia Nacamulli nos explica de que nutrientes está formado o cerebro e como cada un deses nutrientes ten un impacto diferente no seu funcionamento, desenvolvemento, enerxía e estado de ánimo. Tradución ao galego de Sandra Mariño-Cortegoso.
Ver recurso

Vídeo (28´ 02´´) de divulgación científica no que Ángeles Romero Rodríguez, catedrática de tecnoloxía de alimentos da USC, nos explica que son os alimentos procesados, como se clasifican (segundo a nova clasificación recoñecida pola OMS e a FAO), como podemos identificalos e que relación hai entre o seu consumo e a nosa saúde. Para rematar, a profesora Romero axúdanos a interpretar a pirámide de alimentación saudable, publicada pola Sociedade Española de Nutrición Comunitaria. A sesión desenvolveuse no marco da iniciativa Divulgaterra 2019.

Ver recurso

Vídeo (4´ 29´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, que fala dos efectos dos microplásticos sobre os ecosistemas mariños. Cada ano bótanse aos océanos do mundo 8 millóns de toneladas de plásticos e os máis pequenos, denominados microplásticos, son absorbidos polos organismos mariños. Un equipo da Universidade de Vigo coordina o proxecto europeo Ephemare, con científicos e institucións de 10 países distintos, que buscan coñecer que consecuencias poden ter para a saúde estes microplásticos.

Ver recurso
Vídeo de TED (10´ 49´´) no que Carolyn Jones reivindica a importancia dos profesionais da enfermaría dentro do sistema sanitario, tanto polo traballo que desenvolven cos propios pacientes como cos seus familiares. Neste vídeo amósanos as historias persoais dalgúns dos enfermeiros e enfermeiras que coñeceu durante os cinco anos que pasou traballando na realización dun documental, que representan o heroico labor que este colectivo profesional desenvolve a diario. Tradución ao galego de Claudia Ríos.
Ver recurso
Antonio Rodríguez, profesor da Facultade de Enfermaría da USC, preséntanos neste vídeo (2´ 38´´) o proxecto de aprendizaxe e servizo (ApS) “Diagnóstico e educación nutricional nun escenario real”, no que colaboran o alumnado de enfermaría e o de ciencias da educación, co ánimo de aprender aspectos básicos da educación para a saúde no que respecta á nutrición. O obxectivo final é que os nenos e as nenas aprendan como deben alimentarse para chegar a acadar no futuro cidadáns formados e autónomos que saiban levar unha vida máis saudable.
Ver recurso
Vídeo didáctico (1´ 28´´ ) elaborado no marco do curso “Coidados de enfermaría en emerxencias vitais”. Nesta peza explícannos os conceptos básicos do sistema ABCDE, empregado para a valoración inicial do paciente en situacións de emerxencia. O vídeo foi elaborado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).
Ver recurso

Vídeo breve (1' 45'') no que o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia ofrece recomendacións para mobilizar, tanto activa como pasivamente, e realizar cambios posturais cos pacientes encamados. Forma parte da colección "Consellos para vivir mellor".

Ver recurso
Vídeo didáctico (5´ 10´´) no que se explica como se realiza o manexo avanzado de osixenación e ventilación dun paciente inconsciente. A peza foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) no marco do curso “Coidados de enfermaría en emerxencias vitais”.
Ver recurso
A traballadora social Celsa Perdiz dialoga neste vídeo (10´ 48´´) con Mar de la Peña, enfermeira e coordinadora do grupo de traballo de violencia de xénero da Consellería de Sanidade, sobre o importante labor que desenvolven os profesionais da enfermaría na detección e intervención de casos de violencia de xénero. Esta peza divulgativa foi elaborada pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).
Ver recurso
Gustaríache saber de que trata o Grao Medio en Coidados Auxiliares de Enfermaría? O alumnado do CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) explícacho neste vídeo divulgativo. Descubrirás en pouco máis de 2 minutos cales son as funcións e as principais saídas profesionais dos técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría.
Ver recurso
Neste vídeo divulgativo (2´ 05´´) preséntase o Grao en Enfermaría que pode estudarse na USC. Descubrirás que funcións desempeña un/unha titulado/a neste grao, que saídas profesionais ten, cales son as características xerais do título e que materias forman parte do plan de estudos. Este vídeo está dirixido a alumnado de ensino secundario e elaborouse no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Ver recurso

Vídeo TED (4' 07'') no que se relatan os ciclos de vida de tres botellas de plástico distintas, e se amosa o perigo que estes produtos que desbotamos representan para o noso mundo, especialmente para o medio mariño.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 42´´) que che permitirá viaxar ata a praia de Santa Mariña de Augas Santas de Ribadeo (tamén coñecida como Praia das Catedrais) e descubrir cal foi o proceso de formación das súas principais xeoformas (furnas, arcos, illotes, ollos…).

Vídeo-lección elaborada por Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro, profesores de ensino medio, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (4´ 55´´) no que a bióloga Tatiana Díaz Castro nos explica as diferentes medidas que cómpre ter en conta para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (ETAs). Trátase da segunda entrega dunha serie de tres vídeos sobre seguridade alimentaria difundidos na canle Cociñando ConCiencia. Outros vídeos da mesma serie: -Medidas para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (I) -Medidas para evitar a xeración de enfermidades de transmisión alimentaria (III)

Ver recurso

Vídeo (4´ 35´´) no que Iria Veiga e Javier Balea nos explican en que consiste exactamente o método científico. Trátase da segunda entrega da sección “Concienciadas”, espazo audiovisual de divulgación científica do xornal Praza Pública.

Ver recurso

Vídeo didáctico (16´ 10´´) no que Patricia Simal Campos explica as ecuacións teóricas que fundamentan a práctica das lentes delgadas, un contido curricular de 2º de Bacharelato. Nesta peza explícase o desenvolvemento matemático da fórmula gaussiana das lentes delgadas e dedúcese a fórmula de Neuwton para lentes (fórmula equivalente da ecuación gaussiana ). Para rematar dedúcese a ecuación do aumento lateral das lentes.

Trátase dunha experiencia de innovación educativa baseada no método de “Aula Invertida”  aplicada ao Laboratorio de Física en Bacharelato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (12´ 12´´) no que Patricia Simal Campos nos explica diferentes aplicacións das lentes delgadas, un contido curricular de 2º de Bacharelato. En concreto, céntrase nestes catro tipos de aplicacións: a lupa, o microscopio composto, o telescopio e o ollo humano (corrección de defectos visuais).

Trátase dunha experiencia de innovación educativa baseada no método de “Aula Invertida”  aplicada ao Laboratorio de Física en Bacharelato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (17´ 01´´) no que Patricia Simal Campos explica a práctica das lentes delgadas, un contido curricular de 2º de Bacharelato. Trátase do primero dun conxunto de tres vídeos nos que se presentan os obxectivos da práctica, o fundamento teórico e o resumo do procedemento experimental que debe desenvolverse no laboratorio.

Experiencia de innovación educativa baseada no método de “Aula Invertida”  aplicada ao Laboratorio de Física en Bacharelato.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (1´ 29´´), elaborado por Aarón Vilariño, sobre o radon, un elemento químico do grupo dos gases nobres que é radioactivo. Unha das principais fontes de radon é o granito, un tipo de rocha abundante en Galicia, polo que cómpre tomar medidas de precaución para que a nosa saúde non se vexa comprometida.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (4´ 39´´) , integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, que che axudará a entender, partindo dun sinxelo exemplo cun vaso de auga, o concepto físico das lentes gravitacionais.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (3´ 14´´) , integrado na canle de Youtube “O Son das Ideas”, no que descubrirás se existe un tope máximo na velocidade da caída que experimentan os corpos debido á forza da gravidade.

Ver recurso

Vídeo didáctico (9´ 52´´) no que María do Mar Pérez Fra, profesora do Departamento de Economía Aplicada da USC, nos fala da propiedade comunal como motor do desenvolvemento rural. A charla céntrase concretamente nos montes veciñais en man común, un tipo de propiedade característica de Galicia que ocupa o 23% do noso territorio.

Esta peza audiovisual está integrada na colección Vídeos didácticos USC.  

Ver recurso

Vídeo de TED (6´ 01´´) no que Rosie King nos fala, desde a súa propia experiencia persoal, de todos os estereotipos que habitualmente se asocian co trastorno do espectro autista. Rosie cóntanos as potencialidades que para ela supón ter unha imaxinación tan poderosa e reivindica a diversidade e singularidade do ser humano, fronte a esa ansiada “normalidade” que homoxeneiza e limita as persoas.

Tradución de Élida Tato.

Ver recurso

Vídeo didáctico (13´ 08´´) elaborado por Xacobo de Toro, profesor do IES Urbano Lugrís de Malpica, no que se explica que é a biosfera, que condicións provocaron a aparición de vida na Terra e cales son as diferentes especies e formas de vida existentes.

Ver recurso

Vídeo de TED (13´ 18´´) no que Dina Katabi, profesora no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), nos amosa os resultados do seu traballo no campo dos sinais sen fíos. En concreto, explícanos o funcionamento dun novidoso dispositivo que permite controlar os sinais vitais das persoas sen necesidade de que estas estean conectadas a ningún tipo de aparello ou sensor. O desenvolvemento da tecnoloxía dos sinais sen fíos no ámbito médico poderá cambiar no futuro a asistencia sanitaria tal e como hoxe a coñecemos.

Tradución de Susana Arrizado Gago.

Ver recurso

Vídeo educativo (6´ 45´´), autoría de McGraw-Hill, que che axudará a entender por que os nenos/as non teñen un parecido exacto cos seus proxenitores, ou por que algúns irmáns son tan diferentes entre si. A explicación está no proceso da meiose, a forma de división celular que xera os gametos.

Tradución ao galego de Fátima Ruibal.

Ver recurso

Vídeo de TED (13´ 57´´) no que a neurocientífica Lisa Genova nos fala do Alzéheimer e explica que, independentemente dos avances da medicina, hai moitas cousas que nós podemos facer para axudar ao noso cerebro. Determinados factores relacionados co noso estilo de vida (unha boa hixiene do sono, unha axeitada saúde cardiovascular ou un estímulo cognitivo constante da nosa mente, por exemplo) poden axudar a contrarrestar outros factores que non podemos evitar, coma o paso do tempo ou a herdanza xenética.

Tradución de Ana Rozados.

Ver recurso

Vídeo de TED (9´ 06´´) no que o empresario Sangu Delle conta como o estrés lle provocou no pasado un ataque de ansiedade e, partindo da súa experencia persoal, fala do estigma que supón para un home africano falar de saúde mental. Sangu Delle reivindica a atención que debemos prestar á nosa saúde mental, como garante do noso benestar emocional, psicolóxico e social.

Tradución de José Cousillas Rey.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 26´´) no que o psiquiatra infantil Essam Daod nos fala do seu traballo nos campos de refuxiados, na costa e nos barcos de rescate en Grecia e no mar Mediterráneo. Partindo dun exemplo concreto, a súa experiencia con Omar (un neno sirio refuxiado de 5 anos), Essam Daod explícanos a importancia de apoiar psicoloxicamente ás persoas refuxiadas para diminuír a incidencia do trastorno por estrés postraumático, ou doutros trastornos mentais, no futuro.

Tradución de Noelia Bernárdez Alonso.

Ver recurso

Vídeo de TED (11´ 11´´) no que a neurocientífica Molly Crocket nos explica os resultados dunha investigación na que participou, que permite concluír que determinadas substancias químicas do noso cerebro inflúen nas decisións que tomamos. Partindo deste exemplo, alértanos sobre o uso que os medios de comunicación, a mercadotecnia ou mesmo determinadas clínicas poden facer de estudos deste tipo, difundindo ideas que carecen de rigor científico.

Tradución de Socorro Rodríguez.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 50´´) sobre os aspectos xerais da paisaxe cárstica, que é aquela que crea a erosión da auga sobre as rochas calcarias. Aprenderás como se orixinan estas paisaxes e cales son as diferentes tipoloxías de modelado cárstico: formas exocársticas e endocársticas. Vídeo-lección elaborada por Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro, profesores de ensino medio, no marco do proxecto XeoClip.

Material complementario.

Ver recurso

Vídeo (2' 01'') do proxecto "A Universidade responde" no que Luz Zas Varela, profesora da área de Lingüística Xeral da USC, nos fala das metodoloxías pedagóxicas que se poden empregar nas aulas de educación infantil  para fomentar o plurilingüismo e a formación de cidadáns máis comprometidos coa diversidade lingüística e cultural.

Ver recurso

Vídeo (1' 51'') do proxecto "A Universidade responde" no que Beatriz Álvarez, investigadora do Departamento de Matemáticas da USC, nos explica que é un algoritmo e que aplicacións prácticas ten en diferentes disciplinas, como a informática ou a economía.

Ver recurso

Vídeo (1' 52'') do proxecto "A Universidade responde" no que Alberto Rodríguez, investigador do Departamento de Matemáticas da USC, che axudará a entender os argumentos físicos e matemáticos que explican que as pompas de xabón sexan redondas.

Ver recurso

Vídeo (2' 05'') do proxecto "A Universidade responde" no que Maite Flores Arias, profesora do Departamento de Física Aplicada da USC, nos explica como funcionan as lentes que empregamos para ver o cine en 3D.

Ver recurso

Vídeo de TED (13´ 29´´) no que o tecnólogo Julian Burschka nos fala da necesidade de novos métodos que permitan detectar enfermidades nos estadios iniciais, antes de que comecen os primeiros síntomas.  En concreto preséntanos os avances tecnolóxicos na análise dos compostos orgánicos volátiles do noso alento, que permitirá no futuro, a través dunha proba tan sinxela como soprar nun alcoholímetro, detectar unha serie de enfermidades ou anomalías no funcionamento do noso organismo.

Tradución de Alba Calderón.

Ver recurso

Vídeo de TED (15´ 02´´) no que a filósofa Renata Salecl reflexiona sobre como exercemos na actualidade a nosa liberdade individual e como a obsesión por acertar nas nosas decisións persoais nos impide pensar nos cambios sociais. Fronte á esaxerada relevancia que lles outorgamos ás eleccións individuais, a filósofa reivindica a importancia das eleccións colectivas, que son as que realmente provocan os cambios sociais.

Tradución de Sofía Tuñas.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 14´´) no que o fisioterapeuta Joshua W. Pate nos explica as razóns científicas polas que determinadas persoas continúan a sentir un membro do seu corpo despois de ter sido amputado, ou mesmo aquelas que naceron sen un determinado membro poden chegar a sentilo tamén. Este vídeo axudarache a entender mellor o que se coñece no ámbito médico como “membro pantasma”.

Tradución de Mario Díaz.

Ver recurso

Vídeo de TED (10´ 18´´) no que Ivan Oransky reflexiona, utilizando como símil un partido de  béisbol, sobre os excesos do sistema sanitario americano diagnosticando unha serie de supostas enfermidades en estadios previos (prehipertensión, predemencia, precancro…). Ademais do grande custo económico que supón para o sistema tratar enfermidades que realmente non teñen os pacientes, a sobremedicación tamén ocasiona graves efectos secundarios.

Tradución de Carolina Araujo Sabell.

Ver recurso

Vídeo de TED (6´ 58´´) no que Anushka Naiknaware nos fala das feridas crónicas, aquelas que non cicatrizan axeitadamente debido a unha enfermidade previa do paciente (normalmente diabetes), e que supoñen un gran custo económico para os sistemas sanitarios de todo o mundo. Con tan só 14 anos, esta científica adolescente investigou sobre o tema, construíu un laboratorio no seu propio garaxe e inventou un sensor que axuda a monitorizar o proceso de curación deste tipo de feridas.

Tradución ao galego de Sara Fandiño.

Ver recurso

Vídeo (1´ 05´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, con información básica sobre a introdución da Vespa velutina en Europa e os principais riscos que supón para o ecosistema a súa propagación.

Ver recurso

Vídeo de TED (14´ 04´´) no que Marvin Minsky nos enfronta, de xeito provocador, a debates éticos relacionados coa superpoboación mundial, a saúde, a mente humana ou o desenvolvemento tecnolóxico.

Tradución de Laura Rey.

Ver recurso

Vídeo didáctico (7´ 37´´) sobre as formas exocársticas, é dicir, aquelas formas que foi creando a erosión da auga sobre as rochas na superficie terrestre. A través dunha viaxe a vista de dron polo Val das Mouras na Serra do Courel (Lugo) e por diferentes puntos da provincia de Cuenca poderás aprender máis sobre estas formacións rochosas (lapiás, tormo, dolina, sima, fouce...).

Vídeo-lección elaborada por Rocío Romar Roel e Xacobo de Toro, profesores de ensino medio, no marco do proxecto XeoClip.

Material didáctico complementario.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 20´´) no que Faith Jegede, partindo da súa experiencia persoal, explica o extraordinario que pode ser convivir con dous irmáns con trastorno do espectro autista, un trastorno neurobiolóxico que afecta á comunicación social. Faith Jegede defende que ser diferentes é un don e que debemos fuxir da limitación de querer ser “normais”.

Tradución de Claudia Ríos.

Ver recurso

Vídeo de TED (4´ 23´´) no que Helen M. Farrell explica a historia e a evolución da terapia electroconvulsiva (TEC), un tratamento moi estigmatizado que se usa actualmente para tratar casos graves de depresión e outras enfermidades mentais en pacientes que non responden a outras terapias ou á medicación.

Tradución de Sara Fandiño.

Ver recurso

Vídeo de TED (15´ 08´´) no que o biólogo e enxeñeiro Dan Gibson nos explica en que consiste a tecnoloxía das células artificiais e o “teletransporte biolóxico”. Esta charla axudarache a entender como pode construírse ADN sintético e enviar esta información dixital de xeito rápido por Internet para  convertela en material biolóxico, como proteínas e vacinas. Trátase dunha revolución tecnolóxica que permitirá no futuro loitar con maior eficacia ante un brote epidémico ou mesmo imprimir medicamentos personalizados para cada paciente no seu propio fogar.

Tradución de Noel Iglesias.

Ver recurso

Vídeo didáctico (1´ 15´´) que ilustra de xeito gráfico o ciclo das rochas, tamén chamado ciclo litolóxico. Trátase dun concepto da xeoloxía que describe os proceso cíclicos de formación e transformación das rochas a través do tempo xeolóxico, pasando polas seguintes tipoloxías: rochas ígneas, rochas sedimentarias e rochas metamórficas.

Tradución e adaptación realizada por Xacobo de Toro, da ilustración orixinal que podes consultar no web de The Geological Society of London.

Ver recurso

Vídeo de TED (15´ 53´´) no que a xenetista Jennifer Doudna nos fala dunha nova tecnoloxía para a edición dos xenomas, chamada CRISPR-Cas 9, da que ela é co-inventora. Trátase dunha tecnoloxía que permite facer cambios no ADN celular e, polo tanto, podería usarse para curar enfermidades xenéticas e tamén para modificar xenes en embrións humanos. Esta charla axudarache a entender o funcionamento da tecnoloxía CRISPR e tamén os debates éticos que suscita.

Tradución de Antía Fernández.

Ver recurso
Documental (15´ 10´´) elaborado pola revista dixital de sociedade Vinte sobre os usos lingüísticos da mocidade galega. Diferentes persoas pertencentes ao “universo Vinte” (deseño, edición, música, audiovisual, xornalismo, deporte...) reflexionan sobre os seus usos lingüísticos persoais, así como sobre a situación do idioma galego nos seus lugares de residencia e nos sectores profesionais nos que traballan.
Ver recurso

Vídeo de TED (18´ 42´´) no que o neurocientífico Antonio Damasio nos fala da mente consciente. A consciencia é iso que perdemos cando entramos nun sono profundo ou estamos baixo os efectos da anestesia, e é tamén o que recuperamos cando espertamos dun sono ou da anestesia. Nesta charla descubrirás todo o que a neurociencia xa sabe sobre a nosa mente consciente, así como os misterios para os que aínda non atopou explicación.

Tradución de Sara Pardo.

Ver recurso

Vídeo de TED (6´ 23´´) no que o andrólogo John Amory nos explica que nos Estados Unidos a metade dos embarazos anuais son embarazos non desexados, feito que provoca máis dun millón de abortos cada ano, polo que considera que é preciso desenvolver mellores opcións anticonceptivas para homes. Nesta charla explícanos o proxecto de investigación no que está a traballar para crear unha pílula anticonceptiva masculina que non implique hormonas.

Tradución de Raúl Fernández Cereijo.

Ver recurso

Vídeo de TED (10´ 42´´) no que Alexander Belcredi nos explica que, a pesar da mala reputación que teñen os virus, algúns deles poderían ser beneficiosos para a saúde. Refírese concretamente aos fagos, uns virus naturais que destrúen as bacterias de xeito moi preciso e logran curar doenzas infecciosas. Desde o punto de vista médico, trátase dun descubrimento moi esperanzador para a loita contras as bacterias resistentes aos antibióticos.

Tradución ao galego de Alberte Regueira para TedSaúde 2019.

Ver recurso

Vídeo de TED (17´ 28´´) no que David R. Williams nos explica por que a raza é un factor tan relevante para a saúde. As estatísticas demostran que independentemente dos ingresos económicos e do nivel educativo, as persoas brancas viven máis anos cás persoas negras e os investigadores concordan en sinalar que o racismo é un factor que impacta negativamente na saúde. Neste vídeo descubrirás cales son os indicadores concretos que evidencian a discriminación racial nos Estados Unidos e as súas consecuencias directas para a esperanza de vida da poboación negra.

Tradución de Héctor Pardo Álvarez.

Ver recurso

Vídeo de TED (14’ 59’’) no que o filósofo John Searle fala da necesidade de estudar a consciencia humana, pois é un fenómeno biolóxico pouco investigado. Todos os estados de consciencia, sen excepción, están causados por procesos neurobiolóxicos de baixo nivel e realízanse no cerebro como de alto nivel ou como características de sistema. Finalmente, desméntense as obxeccións para estudala desde unha perspectiva científica.

Tradución de Pablo Figueredo.

Ver recurso

Vídeo de TED (17’ 44’’) no que Nancy Kanwisher, pioneira da tecnoloxía de imaxe do cerebro, expón os resultados dalgúns experimentos realizados con resonancia magnética. Este procedemento permite explorar a actividade cerebral para coñecer mellor como funciona o noso cerebro. Explícase que este non funciona como un único sistema, senón que está composto de diferentes rexións especializadas en determinadas actividades que traballan en conxunto.

Tradución de L. Carmela Darriba.

Ver recurso

Vídeo de TED (11’ 34’’) no que a neurocirurxiá Jocelyne Bloch fala sobre o posible tratamento de lesións cerebrais mediante o cultivo de células e a súa implantación no cerebro. Explícanse os resultados do estudo realizado neste campo: as células positivas á doblecortina son a clave, xa que a súa adaptabilidade podería servir na rexeneración neurolóxica.

Tradución de Marco Antonio Alonso Iglesias.

Ver recurso

Vídeo de TED (16’ 02’’) no que a pediatra Nadine Burke Harris explica que a exposición aos traumas infantís pode aumentar gravemente na adultez o risco de morte, pois a exposición constante a estrés e adversidades implica activar continuamente o eixe hipotalámico-hiposidario-adrenal. Isto afecta ao desenvolvemento cerebral, os sistemas inmunitario e endocrino, e ata o xeito no que o ADN é lido e replicado. A este risco non están expostas só as persoas con comportamentos nocivos, como beber e fumar, senón que tamén afecta a quen mantén unha vida saudable.

Tradución de Inés San Luís Rodríguez.

Ver recurso

Vídeo de TED (21' 02'') no que a psicóloga social Amy Cuddy nos fala sobre a linguaxe non verbal. A linguaxe corporal transmite aos demais como somos, mais tamén afecta ao que pensamos sobre nós mesmos e a como nos sentimos. Podemos cambiar a nosa mente cambiando a nosa linguaxe corporal? Mediante un experimento comprobouse que si, pois a mente e os procesos bioquímicos víanse afectados segundo se tomase un rol de poder ou un de dominación.

Tradución de  Ana Rozados.

Ver recurso

Vídeo de TED (14’ 40’’) no que o xenetista e médico Francis Collins expón algunhas solucións para mellorar o avance farmacéutico, como readaptar vellos fármacos para outras enfermidades. Na actualidade, malia coñecer a causa da meirande parte das doenzas, só dispoñemos de tratamentos para unhas poucas por mor de diversos factores que interveñen no proceso de creación de medicamentos.

Tradución de Borja Montáns.

Ver recurso

Vídeo de TED (14’ 35’’) no que o neurocientífico Daniel Reisel explica que, a partir do estudo das respostas a imaxes emocionais de presos diagnosticados como psicópatas, advertiuse unha deficiencia na amígdala, crucial para a empatía. Esta sería a causa do seu comportamento antisocial e agresivo. Exponse que o cerebro segue cambiando e creando novas neuronas na fase adulta. Esta neuroxénese pode supoñer que con mellores condicións ambientais podemos xerar un comportamento social saudable. A tese final é que debemos modificar o sistema penitenciario e, mediante a ciencia, crear programas de rehabilitación que axuden a mudar o comportamento destas persoas.

Tradución de Sara Rodríguez Fraga.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 52´´) no que o neurocientífico Greg Gage explica como deseñou un kit doméstico sinxelo para que calquera afeccionado ou estudante de ensino medio puidese aprender e participar dos descubrimentos da neurociencia. Coa colaboración de dúas persoas do público, Greg Gage amosa como usando este kit podemos controlar co noso cerebro o brazo doutra persoa.

Tradución de Eva Sarmiento.

Ver recurso

Vídeo de TED ( 7´53´´) no que se fala dos escasos avances producidos durante este último século no tratamento do alzhéimer, unha enfermidade que afecta a 40 millóns de persoas no mundo. O científico Samuel Cohen explica os últimos resultados esperanzadores acadados na Universidade de Cambridge por un equipo multidisclinar de médicos, biólogos, xenetistas, químicos, físicos, enxeñeiros e matemáticos. A mensaxe é que o alzhéimer  non se debe ao envellecemento normal do cerebro, senón que é unha enfermedidade e pódese curar.

Tradución de Joaquín R.-Toubes.

Ver recurso

Vídeo de TED (4’ 15’’) no que Madhumita Murgia expón que o estrés non é necesariamente malo, pois pode axudarnos a ter enerxía ou a concentrarnos nun momento concreto. O problema xorde cando se converte en estrés crónico, pois este pode chegar a mudar o tamaño, a estrutura e o funcionamento do noso cerebro ata o nivel dos xenes.

Tradución de Natalia Outerelo.

Ver recurso

Vídeo de TED (18´ 06´´) no que se explica como funciona a industria das patentes xenéticas e os prexuízos que supuñan as súas prácticas tanto para os pacientes como para a investigación biomédica. Tania Simoncelli cóntanos como lograron demostrar ante a Corte Suprema dos Estados Unidos que un segmento natural de ADN é un produto da natureza e non é susceptible de ser patentado polo feito de que fora illado.

Tradución de Adrián Levices.

Ver recurso

Vídeo de TED (12´ 16´´) no que se explica que as enfermidades mentais son unha das principais causas de discapacidade no mundo e nos países menos desenvolvidos case o 90% dos individuos que as padecen non reciben os coidados sanitarios axeitados debido principalmente á escaseza de psiquiatras e psicólogos. O psiquiatra Vikram Patel expón os resultados esperanzadores de diferentes proxectos que se están a desenvolver en países en vías de desenvolvemento relacionados coa delegación de tarefas en saúde mental entre os membros da comunidade.

Tradución de Carlos Fernández-González e revisión de Pablo Figueiredo.

Ver recurso

Vídeo de TED (18´ 58´´) no que o neurocientífico Miguel Nicolelis conta como, despois de anos investigando sobre a interacción cerebro-máquina, conseguiron que unha persoa parapléxica xutase o saque inicial da Copa do Mundo no ano 2014 usando un exoesqueleto dirixido polo seu cerebro. Agora está a participar en proxectos de investigación sobre a interacción entre cerebros, conseguindo que dous animais intercambien mensaxes mentais.

Tradución de Uxía Rocha Fernández.

Ver recurso

Vídeo de TED (5´ 31´´) no que Dan Kwartler nos fala das cefaleas, que se dividen en dous grupos principais: cefaleas primarias (non son síntoma dun dano ou enfermidade subxacente, senón que se consideran unha afección en si mesmas) e cefaleas secundarias (teñen a súa orixe en problemas de saúde subxacentes). Neste vídeo descubrirás as diferentes tipoloxías que a día de hoxe están diagnosticadas e as súas posibles causas.

Tradución de David Miguel Rodríguez Martínez.

Ver recurso

Vídeo de TED (17´ 50´´) no que James Randi nos explica que a xente que ofrece servizos relacionados co mundo do paranormal e o sobrenatural (homeópatas, curandeiros, médium profesionais...) usan os mesmos trucos e métodos (físicos e psicolóxicos) que empregan os magos para enganarnos. Trátase dunha grande estafa a nivel mundial que arruína económica e emocionalmente a moita xente e a solución reside na educación.

Tradución de Ainoa Antelo Pérez.

Ver recurso

Vídeo de TED (14´ 18´´) no que Travis Rieder nos conta a súa experiencia persoal co síndrome de abstinencia aos opioides, que comezou a padecer cando tratou de reducir a dose que os médicos lle receitaran para a dor tras sufrir un accidente. A charla ten como obxectivo concienciar sobre os graves riscos que supoñen para os pacientes os tratamentos médicos con opioides, poñendo de relevo a inexistencia no sistema sanitario estadounidense de plans que supervisen os procesos de redución gradual ou deshabituación deste tipo de medicación.

Tradución de Sara Fandiño.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 57´´) no que Xacobo de Toro nos fala da enfermidade da varíola, do descubrimento da vacinación e de como a comezos do século XIX se xestou a primeira campaña de vacinación a nivel mundial (a Real Expedición Filantrópica da Vacina de 1803, coñecida tamén como “expedición Balmis”).

Ver recurso

Imaxe interactiva elaborada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Medide, que permite visualizar a táboa periódica dos elementos e navegar por ela, accedendo a información e recursos complementarios (vídeos, textos, imaxes...) sobre cada un dos seus elementos.

Ver recurso

Vídeo (9´ 08´´) de divulgación científica no que a psicopedagoga Lucía Casal de la Fuente nos presenta Voces ledas, un proxecto psicopedagóxico de educación vocal e canto deseñado preferentemente para o ámbito escolar.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (30´ 10´´) de divulgación científica no que a historiadora da arte Ana Goy Diz nos fala do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago, centrándose nas súas principais características arquitectónicas e escultóricas, no seu programa iconográfico e no proxecto de restauración desenvolvido entre os anos 2009 e 2018 grazas ao mecenado da Fundación Barrié.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (18´ 41´´) de divulgación científica no que Ignacio García González, profesor do Departamento de Botánica da USC, nos explica que as árbores rexistran os principais sucesos que acontecen ao longo da súa vida e estes poden ser lidos posteriormente no patrón dos seus aneis grazas á dendrocronoloxía. Esta técnica permítenos obter información histórica de especial relevancia para a investigación ecolóxica e climática e mesmo para a construción naval.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (11´ 16´´) de divulgación científica no que a investigadora Tamara López Fernández nos fala do delito de calumnias recollido no Código Penal de 1944, no marco dunha investigación que está a desenvolver sobre a delincuencia común en Lugo entre os anos 1945 e 1960. Nesta charla céntrase concretamente no sumario 275, do ano 1955, onde os procesados son o escritor Manuel María e Carlos Ángel Bellón por delito de calumnias a través da difusión dunhas coplas.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (12´ 54´´) de divulgación científica no que Mónica Ruy, investigadora da Universidade Estadual de Campinas (Brasil), nos presenta o estudo que está a desenvolver, que ten como obxectivo propor un modelo que describa o comportamento estrutural das árbores, empregando conceptos da biomecánica. Os resultados obtidos poderán ser utilizados desde a perspectiva da seguridade pública, minimizando o risco de caída de árbores como consecuencia dos fenómenos meteorolóxicos adversos.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (13´ 55´´) de divulgación científica no que Diego Camelo, doutorando na Universidade Federal de Santa Maria (Brasil), nos fala dos sistemas de información territorial, máis concretamente dos sistemas de compilación de datos catastrais, e da súa contribución ao desenvolvemento rural.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (12´ 10´´) de divulgación científica no que Geusa Pereira, doutoranda na Universidade Federal de Viçosa (Brasil), nos presenta a liña de investigación que está a desenvolver sobre a adaptación ás mudanzas climáticas e a percepción ambiental dos agricultores familiares do municipio da Baixa Grande, na Bahia.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (7´ 59´´) de divulgación científica no que a historiadora Tamara González López nos fala do impacto e as vías de introdución de novos antropónimos (nomes propios de persoa) no sur da diocese de Lugo durante os séculos XVIII e XIX.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (10´ 30´´) de divulgación científica no que Daniel Vázquez Vila, integrante do grupo de investigación da USC “Antropoloxía sociocultural”, apoiándose en diversos documentos audiovisuais, reflexiona sobre as principais características dos movementos migratorios en Europa desde comezos do século XX ata a actualidade.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (9´ 50´´) de divulgación científica no que Marcos G. Calles Lombao, doutorando no programa de Historia, Xeografía e Historia da Arte da USC, nos fala da catedral de Lugo no século XIX, centrándose en concreto nas seguintes obras: os altares neoclásicos, o remate das torres de Nemesio Cobreros e as vidreiras da Capela Maior.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (35´ 19´´) de divulgación científica no que Rosa Mosquera, profesora no  Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC, nos explica en que consiste un sistema agroforestal, cales son as diferentes tipoloxías e como este tipo de sistemas produtivos poden axudar a reducir o risco de incendios forestais.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (9´ 45´´) de divulgación científica no que Mariam Ferreira Golpe, enxeñeira forestal e do medio natural, nos fala dos custos económicos que supón a presenza da Vespa velutina para o sector apícola.  Este sector representa o 0,17% da renda agraria final estatal e, a maiores, ten un papel relevante no mantemento da biodiversidade, debido ao labor de polinización que realizan as abellas.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (26´ 34´´) de divulgación científica no que Xesús Feás, investigador da Facultade de Ciencias da USC, nos fala da Vespa velutina, unha especie invasora que se detectou por primeira vez en Galicia en 2012 e que, segundo os datos oficiais, pasou en catro anos de 2 niños a máis de 10.000. Na súa charla explícanos as ameazas que supón a súa presenza e preséntanos as diferentes liñas de investigación que se están a desenvolver no Campus Terra de Lugo para frear a súa expansión.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (25´ 36´´) de divulgación científica no que Julio Seijas Vázquez, catedrático de Química Orgánica na Facultade de Ciencias da USC, nos fala da “Síntese Orgánica Asistida por Microondas (MAOS)”, unha das liñas de investigación que están a desenvolver no seu departamento aplicando as microondas, un tipo de radiación electromagnética cuxa lonxitude de onda oscila entre 1 centímetro e 1 metro.

 A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (24´ 17´´) de divulgación científica no que Paula Rodríguez, estudante de doutoramento na Facultade de Veterinaria da USC, nos fala da comunicación que está modulada por feromonas, unhas substancias químicas que segregan os seres vivos e que, unha vez percibidas por individuos da mesma especie, provocan neles unha reacción inconsciente. O relatorio céntrase concretamente na importancia das feromonas na comunicación animal.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (33´ 49´´) de divulgación científica no que Mercedes Novo, integrante do Grupo de Investigación Química Biofísica da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, nos fala dos procesos que causan o alzhéimer, unha enfermidade que afecta a un 7% da poboación maior de 65 anos. A charla céntrase especificamente nunha das características desta enfermidade: a presenza de placas amiloides no cerebro afectado.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (17´ 22´´) de divulgación científica no que Ignacio García, investigador no Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, nos explica como podería afectar o cambio climático aos carballos, unha árbore que forma parte tanto do noso patrimonio natural como cultural. Explícanse as diferentes técnicas empregadas para analizar o efecto das condicións ambientais sobre o seu crecemento (dendrocronoloxía, anatomía cuantitativa e xiloxénese) e expóñense algúns dos datos obtidos nos últimos estudos, que permitiron identificar os principais factores que condicionan o correcto desenvolvemento destas árbores.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (15´ 11´´) de divulgación científica no que Emanuel F. de Oliveira, investigador na Universidade Federal Rural de Pernambuco, nos presenta os resultados da súa investigación sobre a concentración de metais pesados no queixos artesanais do sector leiteiro do Agreste Pernambucano e dos establecementos comerciais nos mercados públicos da cidade de Recife, en Brasil.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (16´ 15´´) de divulgación científica no que Pablo Sánchez Quinteiro, profesor na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, nos fala da anatomía do órgano vomeronasal, órgano auxiliar do sentido do olfacto que detecta sinais químicos (as feromonas), e nos presenta tres liñas de investigación que se están a desenvolver sobre este tema.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (1´ 07´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, que che axudará a entender o fenómeno das mareas vermellas, tamén coñecido como “purga de mar”.  Galicia é un referente a nivel mundial do control e tratamento das mareas vermellas, que obrigan a pechar cada certo tempo os polígonos de bateas.

Ver recurso

Vídeo (11´ 14´´) de divulgación científica no que o investigador Pedro Castrillo presenta os resultados dun traballo realizado na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela sobre o mexillón de río (Margaritifera margaritifera), un molusco bivalvo en perigo de extinción de grande importancia biolóxica, xa que realiza un importante labor de filtración da auga e ao mesmo tempo é un indicador da súa calidade.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (8´ 39´´) de divulgación científica no que Susana Remesar, investigadora no Departamento de Patoloxía Animal da Universidade de Santiago de Compostela, nos avanza os resultados do traballo de investigación que está a desenvolver, que ten como obxectivo valorar a infección de diferentes patóxenos en carrachas recollidas en Galicia.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (9´ 24´´) de divulgación científica no que María Permuy, investigadora na Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, nos explica que é unha microtomografía, unha técnica radiolóxica non destrutiva que produce imaxes en 2 e 3 dimensións de alta resolución.

A sesión desenvolveuse no marco do Divulgaterra 2018.

Ver recurso

Vídeo (6´ 25´´) de divulgación científica no que a International Dark-Sky Association nos alerta dos efectos da contaminación luminosa durante a noite. Ademais da dilapidación de enerxía e recursos, outras consecuencias desta iluminación artificial serían a alteración do crecemento das plantas, a morte de animais mariños e terrestres, o incremento de accidentes de tráfico ou o desaxuste dos nosos ciclos de sono.

Tradución de Salva Bará e Martin Pawley.

Ver recurso

Vídeo (1´ 11´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, onde se explica o funcionamento dunha batea. No ano 1945  instalouse na ría de Arousa a primeira batea e, actualmente, cada ano saen delas unhas 250.000 toneladas de mexillón. Este vídeo axudarache a entender como se cultiva o mexillón nestes viveiros.

Ver recurso

Vídeo (4´ 59´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, no que se presenta o traballo que desenvolve a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, situada no Campus Terra de Lugo. Trátase dun centro de investigación aplicada que ofrece formación e servizos tecnolóxicos a empresas do sector lácteo, co obxectivo de introducir no mercado novos produtos que incorporen valor engadido a este sector tan importante na economía galega.

Ver recurso

Vídeo (4´ 03´´) de divulgación científica, difundido na canle SciShow, no que Hank Green desmente a idea errónea de que só empregamos o 10% do noso cerebro. As técnicas de neuroimaxe e as resonancias magnéticas permiten ver o cerebro en acción e demostran que, aínda que non activamos todas as súas partes á vez, ao longo dun día calquera usamos practicamente todo o cerebro.

Tradución e subtítulos da Asociación de Tradutores Galegos.

Ver recurso

Vídeo (1´ 08´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal GCiencia, onde se explica a razón pola que pican algúns pementos de Herbón. Os capsicinoides, un conxunto de oleorresinas presentes na parte interior destes alimentos, nunhas vesículas de cor branca, son os responsables de que nalgunhas ocasións o seu sabor sexa tan picante.

Ver recurso

Vídeo (3´ 48´´) de divulgación científica, difundido na canle GC TV do xornal Gciencia, que contén unha entrevista de Enrique Domínguez ao investigador da Universidade de Vigo Artai Santos, na que nos fala dos seus traballos de investigación no ámbito da paleobotánica e palinoloxía do Xurásico. Explica os procesos de traballo que levou a cabo en diferentes estudos de investigación destinados a reconstruír as comunidades vexetais que habitaban os dinosauros de Asturias.

Ver recurso

Vídeo (3´ 32´´) no que Iria Veiga e Javier Balea nos explican de onde proveñen os diferentes aromas que desprenden os libros. Trátase da primeira entrega da sección “Concienciadas”, espazo audiovisual de divulgación científica do xornal Praza Pública.

Ver recurso

Vídeo (4´ 48´´) de divulgación científica, difundido na canle SciShow, que che axudará a entender que é o grafeno, un material composto por átomos de carbono, extremadamente duro e resistente pero moi fino (do grosor dun átomo).

Tradución e subtítulos da Asociación de Tradutores Galegos.

Ver recurso

Vídeo (2´ 11´´) de divulgación científica, difundido na canle SciShow, no que Michael Aranda nos axuda a entender os procesos químicos que provocan que as follas das árbores caducifolias muden de cor e caian. Tradución e subtítulos da Asociación de Tradutores Galegos.

Ver recurso

Vídeo (8´ 16´´) de divulgación científica, difundido na canle SciShow, no que Michael Aranda nos explica as reaccións químicas que se producen nos incendios forestais, que cada vez son máis rápidos e grandes, e as consecuencias que teñen para os ecosistemas.

Tradución e subtítulos da Asociación de Tradutores Galegos.

Ver recurso

Vídeo documental (10' 17'') que repasa a traxectoria vital, profesional e investigadora de Antonio Fraguas a través do testemuño de 10 persoas vinculadas persoal ou profesionalmente con el.

Ver recurso

Vídeo (4´ 34´´) de divulgación científica, difundido na canle SciShow, no que que Hank Green tenta explicar unha das dez preguntas científicas máis buscadas en Internet: que é a enerxía?

Tradución e subtítulos da Asociación de Tradutores Galegos.

Ver recurso

Documental (52´ 55´´) de carácter didáctico, dirixido a alumnado universitario e de bacharelato, sobre os manuscritos máis antigos coñecidos en galego-portugués, así como sobre o papel da escrita na conformación social e cultural da comunidade de falantes. A obra está dirixida por Rafael Janeiro, no marco dun proxecto promovido pola Associaçom Galega da Língua.

Material didáctico complementario.

Ver recurso

Vídeo (3´ 40´´) de divulgación científica, difundido na canle DrawMeWhy, que nos fala de tres parasitos (o dicrocoelum dendriticum, o nematomorfo  e o toxoplasma gondii) que conseguen manipular a actividade cerebral de determinados animais coa intención de usalos como vehículo intermediario para chegar ao seu obxectivo: especies nas que poder reproducirse. Tradución e subtítulos da Asociación de Tradutores Galegos.

Ver recurso

Vídeo (7´ 27´´) que che axudará a entender como se forman as dobras que se orixinan cos esforzos tectónicos aos que está sometida a superficie terrestre. Explícanse as características dos tres tipos de esforzos tectónicos (comprensivos, distensivos e de cizalla), así como as diferentes tipoloxías de deformación que estes provocan na rocha (elástica, plástica e de rotura).

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (7´ 59´´) que nos amosa como se forman dous tipos de fracturas ocasionadas polos esforzos tectónicos: as diáclases (fenda sen desprazamento dos bloques) e as fallas (fractura con desprazamento dos bloques). Descubrirás as principais características dunha falla, así como os diferentes tipos que existen segundo o movemento dos bloques (normais ou directas, inversas ou indirectas, e de dirección ou esgazadura).

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (7´ 22´´) sobre o Ciclo de Wilson, modelo global proposto por John Tuzo Wilson para describir a evolución das placas tectónicas. Este ciclo explica de forma ordenada as diferentes fases e os procesos implicados desde que se produce a apertura dun océano no interior dun continente ata que este océano volve pecharse, rematando cunha colisión continental. Segundo algunhas hipóteses, este ciclo repetiríase cada 400 ou 500 millóns de anos.

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (11´ 04´´) didáctico no que John Green nos fala da Revolución Industrial, dos seus inicios en Gran Bretaña na segunda metade do século XVIII e das causas polas que tivo a súa orixe en Europa e non noutros lugares do planeta. Estas causas son principalmente dúas: o carbón (Inglaterra tiña moito carbón na superficie) e os salarios (Reino Unido tiña os salarios máis altos do mundo a comezos do século XVIII). A suma de salarios altos e carbón barato provocou que aos fabricantes lles compensase usar máquinas para baixar os custos de produción, substituíndo a man de obra por novas tecnoloxías e fontes de enerxía.

Tradución e subtítulos da Asociación de Tradutores Galegos.

Ver recurso

Vídeo (2´ 22´´) de divulgación científica, difundido na canle DrawMeWhy, que nos explica que a encima chamada alinase é a causa de que choremos ao cortar as cebolas. Tamén descubrirás algúns trucos para inhibir a acción da alinase.

Tradución e subtítulos da Asociación de Tradutores Galegos.

Ver recurso

Vídeo (13' 04'') que recolle consellos e exemplos de boas prácticas para evitar accidentes á hora de empregar o tractor como ferramenta de traballo.

Fai unha clasificación das causas principais deses accidentes (envorcadura, atrapamento, caída...), analiza os requirimentos dos tractores para circular por vías públicas e presenta unha simulación do procedemento en caso de accidente.

Ver recurso

Vídeo (6´ 27´´) no que se expoñen as principais ideas nas que se fundamenta a teoría da tectónica de placas global. Estas ideas son as seguintes: a litosfera está dividida en fragmentos ríxidos chamados placas tectónicas; as placas móvense, cambian e interactúan; os bordos destas placas teñen unha actividade xeolóxica moi intensa; a antigüidade dos fondos oceánicos é inferior aos 180 millóns de anos (nos continentes existen rochas de ata 4.000 millóns de anos) debido á formación de nova litosfera nas dorsais e a súa destrución nas zonas de subdución; a enerxía interna terrestre é o motor do movemento das placas.

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (7´ 39´´) no que se explican as características dos bordos diverxentes ou construtivos (límites entre dúas placas tectónicas contiguas que se separan), así como doutros conceptos asociados con este tipo de bordos: as dorsais oceánicas (relevo submarino formado polo desprazamento das placas), o rift (cavidade que se xera no interior dunha dorsal) e as fallas transformantes (zonas de fractura que cortan perpendicularmente as dorsais).

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Imaxe interactiva deseñada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente de 2016.

Nela recóllese información sobre algunhas especies de aves extintas ou en perigo de extinción no territorio galego, como unha forma de concienciar sobre a necesidade de protexelas a elas e aos seus hábitats.

Ver recurso

Vídeo (8´ 28´´) sobre os bordos converxentes ou destrutivos (límite entre dúas placas tectónicas que se xuntan) e o proceso de subdución (afundimento dunha placa debaixo doutra) que ten lugar nestas zonas limítrofes. Explícanse as características dos tres tipos de bordos converxentes que existen: converxencia oceánica-continental, converxencia oceánica-oceánica e converxencia continental-continental.

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso
Dos case tres millóns de hectáreas do territorio de Galicia, dous millóns están declaradas como superficie forestal. Isto quere dicir que dúas terceiras partes do territorio galego están destinadas a monte. Neste vídeo divulgativo (8´ 30´´), elaborado pola Asociación Forestal de Galicia, ponse de relevo o gran potencial ecolóxico, económico e social que pode ter para Galicia a xestión e aproveitamento sustentable dos nosos montes.
Ver recurso

Mapa ilustrado que describe os distintos ámbitos das matemáticas, e os principais elementos de cada un deles.

Ver recurso

Dominic Walliman preséntanos unha animación organizada a modo de mapa, que describe os dominios das matemáticas, como as matemática pura e as aplicada se relacionan entre si e os subámbitos que os compoñen.

Ver recurso

Unha conferencia teatralizada (67´ 56´´), unha nova forma de divulgar ciencia desde un escenario.

O científico e divulgador Xurxo Mariño e mais o actor Vicente de Souza transmiten neste orixinal formato algúns conceptos, ideas ou situacións en relación coa historia do Universo, a formación do sistema solar e o planeta Terra.

Ver recurso

Vídeo de TED (4' 49'') que conta a orixe e as principais utilidades do triángulo de Pascal, unha construción matemática que procede dunha tradición de centos de anos, e que agocha no seu interior unha gran cantidade de padróns e segredos. Descúbreos neste vídeo TED-Ed. Tradución ao galego de Cibrán Arxibai.

Ver recurso

Vídeo de TED (14´ 13´´) no que a científica cognitiva Lera Boroditsky cóntanos que cada unha das 7.000 linguas faladas no mundo representa un universo cognitivo diferente e reivindica a importancia desta diversidade lingüística. Empregando diferentes exemplos explícanos que a lingua que falamos condiciona o xeito en que ordenamos o tempo e o espazo, a forma de percibir o mundo visual ou a posibilidade de introducirnos no campo cognitivo das matemáticas (dependendo de se existen “palabras número” que nos permitan contar). Tradución ao galego de Carme Paz.

Ver recurso

Vídeo (7´ 59´´) sobre a teoría da deriva continental, proposta por Alfred Wegener en 1915, que afirmaba que hai uns 200 millóns de anos todos os continentes estaban unidos nun único supercontinente chamado Panxea, rodeado por un único océano chamado Panthalasa. A posterior fragmentación de Panxea daría lugar á creación dos diferentes continentes que coñecemos na actualidade. Fálase dos argumentos (xeográficos, xeolóxicos, paleontolóxicos e paleoclimáticos) achegados por Alfred Wegener, así como das obxeccións postas pola comunidade científica da época.

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (7´) de carácter didáctico sobre o método sísmico, que é o procedemento que máis información achega da estrutura do interior terrestre. Baséase no estudo dos terremotos e do comportamento das ondas sísmicas ao viaxar polo interior da Terra. Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (121' 02'')  no que se presenta a toponimia galega como parte inherente dun patrimonio histórico que merece unha especial protección, tanto por parte das administracións públicas como da cidadanía no seu conxunto. Despois dunha breve introdución sobre a lexislación en materia de toponimia (internacional, estatal e autonómica), Gonzalo Navaza, profesor da Universidade de Vigo, fala da riqueza toponímica de Galicia baseándose en tres parámetros: a súa variedade, a súa densidade e a súa antigüidade.

Relatorio presentado nas Xornadas de Toponimia de Ourense, organizadas polo Concello de Ourense e a Universidade de Vigo (7 de abril de 2011).

Ver recurso

Vídeo (65´ 32´´) no que Xosé Lois Vilar, membro do Instituto de Estudos Miñoranos, presenta os resultados do seu estudo sobre a talasonimia da costa sur de Galicia. Explícase a orixe e significado dunha serie de topónimos relacionados co mar e coa costa, recollidos entre a parroquia de Salcidos, no concello da Guarda, e a parroquia de Panxón, no concello de Nigrán.

Relatorio presentado nas Xornadas de Toponimia de Ourense, organizadas polo Concello de Ourense e a Universidade de Vigo (7 de abril de 2011).

Ver recurso

Reportaxe (27´14´´), con guión de Pedro de Llano, sobre a arquitectura popular en Galicia, denominación empregada para referirse a aquelas construcións anónimas coas que o home transformou o medio natural na busca dunhas mellores condicións de vida (vivendas, edificacións agrícolas, camiños, muros...). Fálase das diferentes tipoloxías de edificacións, dos seus usos e dos materiais empregados. Vídeo que presenta e sintetiza unha serie de cinco capítulos sobre a arquitectura popular galega deseñada para alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Guía do vídeo.

Unidade didáctica complementaria.

Ver recurso

Reportaxe (23´ 34´´), con guión de Pedro de Llano, sobre os diferentes factores que explican as peculiaridades espaciais e formais da arquitectura popular galega. Entre estes factores saliéntase o clima, a tipoloxía de materiais de construción dispoñibles e a importancia que os diferentes espazos produtivos tiñan no mundo agrícola. Trátase do primeiro capítulo dunha serie de cinco vídeos sobre a arquitectura popular en Galicia deseñados para o alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Ver recurso

Reportaxe (22´ 39´´), con guión de Pedro de Llano, centrada na palloza como exemplo de arquitectura popular galega. Faise un percorrido polas características e usos desta edificación desde a cultura castrexa, na época prerromana, ata a actualidade, onde as pallozas seguen a ter presenza nas serras galegas. Trátase do segundo capítulo dunha serie de cinco vídeos sobre a arquitectura popular en Galicia deseñados para o alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Ver recurso

Reportaxe (22´ 34´´), con guión de Pedro de Llano, sobre o proceso de conformación da arquitectura contemporánea en Europa a comezos do século XX e a incorporación de Galicia a estas novas correntes arquitectónicas. Cóntase que en Galicia houbo que agardar a ben entrada a segunda metade do século XX para que uns poucos arquitectos comezasen a interpretar, desde a realidade galega, as novas achegas da arquitectura universal, converténdose as súas obras en exemplo de integración entre o local e o universal. Vídeo de carácter educativo deseñado para alumnado de educación secundaria no marco do Proxecto Terra, que promove o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Guía do vídeo.

Ver recurso

Vídeo (50´´) no que se ofrece unha introdución ao concepto de atmosfera, que é onde se producen os fenómenos meteorolóxicos que estuda a meteoroloxía. Materiais elaborados por Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para apoiar o Plan Proxecta MeteoEscolas.

Ver recurso

Vídeo (1´ 10´´) no que se ofrece unha definición da meteoroloxía, ciencia que trata de explicar o tempo atmosférico e as condicións que se dan nun día concreto, en base a factores como a temperatura, a presión, a humidade ou a choiva. Materiais elaborados por Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para apoiar o Plan Proxecta MeteoEscolas.

Ver recurso

Vídeo (3´ 28´´) de carácter didáctico que explica a evolución da atmosfera desde a creación do noso sistema solar, hai uns 5.000 millóns de anos, ata a actualidade. Material elaborado por Xacobo de Toro e Jorge Gutiérrez para apoiar o Plan Proxecta MeteoEscolas.

Ver recurso

Vídeo (7´ 15´´) no que se fala dos diferentes métodos empregados para estudar o interior terrestre. Existen métodos directos como as sondaxes, diversas técnicas de laboratorio (espectografía, microscopia, difractometría de raios x) ou o estudo de rochas superficiais, de material expulsado polos volcáns e de rochas do interior das minas. Para obter información de materiais internos non accesibles empréganse métodos indirectos, como o estudo da enerxía térmica emitida pola Terra, das ondas sísmicas, da gravidade, do magnetismo ou dos meteoritos.

Material elaborado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (6´ 41´´) no que se explica que as correntes de convección son o motor que provoca os cambios da superficie terrestre, movendo continentes e abrindo océanos. Estas correntes, que afectan a todo o manto, teñen a súa orixe nas diferenzas de temperatura do interior terrestre. A partir dun recipiente con auga e diferentes fontes de calor, faise unha simulación de como se orixinarían estas correntes.

Material creado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (12´ 14´´) sobre a era paleozoica ou primaria, etapa da Historia da Terra que comeza hai 540 millóns de anos e remata hai uns 250 millóns de anos. Esta era iníciase pouco despois da desintegración do supercontinente Pannotia e remata coa formación do supercontinente Panxea. Nesta etapa a superficie da terra divídese nun número relativamente pequeno de continentes e nalgúns mares pouco profundos comeza a formación do petróleo e o gas que explotamos na actualidade. No nivel biolóxico aparecen formas de vida máis complexas e os animais desenvolven cuncha ou esqueleto, chegando diversos grupos a colonizar a terra firme.

Material creado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Vídeo (9´ 36´´) no que se fala da formación do sistema solar e dos primeiros 4.000 millóns de anos do planeta Terra. Trátase da primeira e máis longa etapa da Historia da Terra, coñecida como era precámbrica, durante a que se produciu a formación da atmosfera, a litosfera e a hidrosfera, así como a aparición dos primeiros seres vivos pluricelulares.

Material creado por Adela Otero e Xacobo de Toro, profesores de secundaria de bioloxía e xeoloxía, no marco do proxecto XeoClip.

Ver recurso

Pílula de coñecemento en vídeo (6'22'') na que membros do Grupo de Investigación en Álxebra e Xeometría da USC explican o concepto de curvatura plana e curvatura no espazo, así como aplicacións prácticas deles.

Ver recurso

Vídeo (4'59'') elaborado por O Son das Ideas, no que se presenta e resolve un problema clásico da teoría de xogos: se detrás de tres portas hai agochado un coche e dúas cabras, cal será a mellor estratexia para optimizar as túas opcións de acadares o coche e librar das cabras?

Ver recurso

Vídeo de TED (17´ 25´´) no que o psicólogo Guy Winch incide na importancia de priorizar a nosa saúde psicolóxica e practicar hixiene emocional. Explica as nocivas consecuencias que a soidade crónica, o rexeitamento ou a sensación de fracaso  teñen para a saúde psicolóxica e recomenda reforzar a nosa autoestima, traballar a resiliencia emocional e abandonar hábitos nocivos como a “ruminación” (remoer continuamente pensamentos negativos) para conseguir unha mellor calidade de vida.

Tradución de Xusto Rodríguez.

Ver recurso

Vídeo de TED (12´ 21´´) no que o neurocientífico Daniel Levitin explica como se comporta o cerebro baixo estrés: emite cortisol, que eleva o ritmo cardíaco, modula os niveis de adrenalina e nubra a mente. O “pensamento a posteriori anticipado”, tamén chamado “pre mortem”, podería axudarnos a evitar os erros graves que cometemos cando actuamos baixo estrés.

Tradución de Lucía Campillo Rey. 

Ver recurso

Vídeo (5´ 57´´ ) baseado na publicación Manual de compostaxe caseira, de ADEGA. Explícase como facer compostaxe caseira e comunitaria, ilustrándoo con dúas experiencias desenvolvidas no concello da Coruña.

Ver recurso
A Academia de Enfermería de Galicia foi creada en 2023 para apoiar, difundir e darlle visibilidade á ciencia da enfermaría. Nesta charla divulgativa (17´ 17´´) o seu presidente, Isidoro Rodríguez Pérez, explícanos con detalle cales son as funcións desta entidade. A charla foi organizada en xuño de 2023 pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS).
Ver recurso

Vídeo de TED (15´ 58´´) no que o cirurxián Peter Attia explica como, a partir da súa práctica médica e da propia experiencia vital, se preocupou por entender mellor a relación entre a obesidade e a resistencia á insulina. A conclusión á que chegou é que, ao contrario do que acostuma a pensarse, pode que a obesidade non sexa a causa da diabetes, senón que é probable que o aumento de peso en determinadas persoas sexa unha resposta metabólica á resistencia á  insulina, o que estaría agochando un problema maior.

Tradución de Alicia Ferreiro.

Ver recurso

Vídeo (2´48´´) sobre as actividades de eliminación de especies exóticas invasoras no río Tea, desenvolvidas durante o segundo campamento de voluntariado ambiental organizado polo Proxecto Ríos, promovido por ADEGA. Cítanse as diferentes especies invasoras que se atopan na marxe do río (falso bambú, erixeron, acacia negra, mimosas, robinia, tradescancia) e explícase como deben realizarse as tarefas de eliminación.

Ver recurso

Vídeo (1h 08’) no que Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da USC, presenta unha panorámica dos incendios forestais en Galicia e Portugal para entender se estamos ante unha xeración de lumes insólita. Séguense as fases píricas de Bowman e proponse unha nova realidade: os megaincendios, cada vez máis grandes e difíciles de controlar.

Relatorio dentro do Coloquio galaico-portugués sobre incendios forestais: Unha nova xeración de lumes?, organizado polo Consello da Cultura Galega (18 de xaneiro de 2018).

Material complementario.

Ver recurso

Vídeo (55’ 50’’) no que a arqueóloga María José Bóveda Fernández explica a localización do xacemento e a historia do castelo. Amósanse as intervencións realizadas, as condicións nas que se deron, a metodoloxía de restauración e os achados das escavacións.

Relatorio dentro dos Encontros monográficos co patrimonio cultural 12: O castelo da Rocha Forte. Entre o presente e o futuro dun xacemento arqueolóxico, organizados polo Consello da Cultura Galega (27 de abril de 2017).

Ver recurso

Vídeo (4’ 57’’) no que se amosa como preparar o caldo bordelés, un funxicida de contacto que se utiliza en vides, froitos de horta ou  árbores froiteiras. Está composto de dúas disolucións: sulfato de cobre e hidróxido de calcio. Nesta práctica é importante controlar o PH e a temperatura de ambas as disolucións durante o proceso de axitación. O vídeo está asociado ao proxecto funil.gal, unha iniciativa do Grupo de Innovación Docente Ciencianosa.

Ver recurso

Vídeo (53’ 01’’) que recolle un relatorio de Antón Santamarina, catedrático de Filoloxía Románica da USC, sobre a toponima dos montes galegos, é dicir, sobre os nomes que recibe a terra en espazos que están, ou teñen estado, “a monte”. Achégase información etimolóxica e semántica sobre estes topónimos e, para rematar, ofrécese a referencia de recursos web de interese para a investigación sobre toponimia.

Relatorio presentado na xornada Traxectoria dos montes comunais galegos: a súa consideración como recurso produtivo, ambiental, paisaxístico e de calquera outro tipo, organizada polo Consello da Cultura Galega (28 de setembro de 2017).

Ver recurso

Vídeo (8' 28'') no que Marcelino Maneiro, profesor titular en Química Inorgánica da USC, realiza unha práctica de laboratorio sobre o proceso de obtención da esencia de lavanda mediante a técnica da destilación por arrastre con vapor. Neste experiemento utilízase lavanda, pero pódense empregar outras plantas, como follas de eucalipto ou cortizas de limón. O vídeo está asociado ao proxecto funil.gal, unha iniciativa do Grupo de Innovación Docente Ciencianosa.

Ver recurso

Vídeo (47’ 19’’) no que Xesús Costas Abreu, letrado no Concello de Vigo, aborda o tema da normalización do galego como competencia da Administración local. Os principais temas tratados son a lexislación lingüística no ámbito administrativo, as competencias municipais e as obrigas lingüísticas dos poderes públicos locais.

Relatorio presentado nos XIX Encontros para a Normalización Lingüística. Dereitos lingüísticos, unha garantía pendente?, organizados polo Consello da Cultura Galega (20 de abril de 2017).

Ver recurso

Vídeo (47’ 45’’) no que Ramón Blanco Chao, profesor de Xeografía da USC, presenta os resultados da investigación xeomorfolóxica e ambiental realizada no illote patrimonio Guidoiro Areoso, que trata de explicar os cambios que está a sufrir actualmente o illote e o impacto da ocupación humana dende o Holoceno.

Relatorio presentado nos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 18. O último ano no Guidoiro Areoso: o que agocha a area, organizado polo Consello da Cultura Galega (26 de marzo de 2018).

Ver recurso

Reportaxe (3’ 19’’) de Jonatan Toucedo e Iago Souto onde se presentan os resultados dun equipo de traballo da Facultade de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo que investiga o comportamento da biomasa na súa combustión. A biomasa é un produto obtido a través de restos de orixe animal e vexetal que se poden utilizar cunha finalidade enerxética. Un dos biocombustibles ecolóxicos máis comúns son os pélets, biomasa sólida formada por restos de madeira.

Ver recurso

Vídeos (19’ 11’’) nos que Márcio Nascimento, profesor de matemáticas na Universidade Estadual Vale do Acaraú (Brasil), define os sistemas lineais e explica os métodos de resolución utilizando operacións elementais e o método de eliminación gaussiana.

Ver recurso

Vídeo (20’ 12’’) no que Márcio Nascimento, profesor de matemáticas na Universidade Estadual Vale do Acaraú (Brasil),  explica como realizar unha multiplicación de matrices.

Ver recurso

Vídeo (47’ 38’’) no que Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética, achega os resultados de investigacións realizadas ao longo da historia que ilustran a variabilidade xenética nos seres humanos. Trata as diferentes achegas dos xenetistas sobre as migracións das distintas comunidades ao longo dos séculos e fala das explicacións que a xenética pode ofrecer a estudos doutras áreas, como a onomástica.

Relatorio presentado na xornada Persoas refuxiadas conCiencia. Análise da problemática das persoas refuxiadas desde a ciencia e como persoas xeradoras de coñecemento, organizada polo Consello da Cultura Galega (15 de febreiro de 2018).

Ver recurso

Vídeo (5’ 27’’) no que Marcelino Maneiro, profesor titular en Química Inorgánica da USC, amosa como determinar a acidez dun vinagre mediante a técnica da valoración de ácido base, empregando como axente valorante o hidróxido sódico. O vídeo está asociado ao proxecto funil.gal, unha iniciativa do Grupo de Innovación Docente Ciencianosa.

Ver recurso

Vídeo de TED (17’) no que a xornalista Maryn McKenna expón a necesidade de regular o uso de antibióticos en seres humanos e na industria alimentaria, xa que as bacterias desenvolven cada vez máis rápido mecanismos de defensa contra estes medicamentos. Estamos entrando nunha etapa onde o risco de morrer por infeccións pode incrementarse de maneira alarmante.  

Tradución de Sara Rodríguez.

Ver recurso

Vídeo de TED (15’ 34’’) no que a xenetista Wendy Chung nos fala sobre o espectro autista. Na charla exponse que aínda queda moito por coñecer sobre as causas que interveñen: a máis salientable, malia que non a única, son os xenes. Identificar os xenes que participan no autismo é importante para desenvolver fármacos, estratexias didácticas e tecnoloxías que sirvan para paliar as súas dificultades.

Tradución de Carme Paz.

Ver recurso

Vídeo de TED (11’ 21’’) no que Jorge Soto nos conta que estamos nun momento no que a tecnoloxía e a biotecnoloxía se democratizan e progresan aceleradamente. Baseándose nas últimas investigacións, un grupo de científicos atopou unha forma fiable e precisa de detectar varios tipos de cancro nas primeiras fases a través dunha mostra de sangue. Explícanse os mecanismos deste prototipo que emprega bioloxía molecular de vangarda a un baixo custo e en código aberto.

Tradución de Raquel Senra Fernández.

Ver recurso

Animación (4' 24'') que explica os elementos innovadores que supuxo a táboa periódica de Mendeleiev.

Os elementos químicos xa se listaran e organizaran coidadosamente antes de Dmitri Mendeleiev. Ata se organizaran xa segundo as súas propiedades semellantes. Por que entón a táboa periódica de Mendeleiev foi a única que perdurou? Esta animación explícanolo a través do eca-aluminio, un elemento cuxa existencia foi prevista por Mendeleiev anos antes de que fose descuberto. 

Ver recurso

Vídeo documental (51' 33'') que se centra no ferrocarril mineiro que uniu Vilaodriz (hoxe A Pontenova) con Ribadeo, co fin de levar ata este porto o mineral de ferro extraído nas minas da primeira localidade.

Inaugurouse en 1903 e mantívose activo ata 1964, levando gran riqueza á daquels moi atrasada zona do río Eo. As persoas que o lembran, aínda hoxe teñen morriña del.

Ver recurso

Vídeo (27' 22'') que recolle unha charla de Isabel Rebollido, centrada en explicar como a observación do universo pode axudarnos a entender o pasado, o presente e o futuro da Terra que habitamos.

Mirar para estrelas que viven neste preciso instante os mesmos procesos que deron lugar á configuración actual do sistema solar, axúdanos a entendelo. Pero tamén, observar estrelas en etapas máis avanzadas da súa vida permítenos predecir cal será o noso destino, e cómo acabará a Terra e os demáis planetas do noso sistema.

Ver recurso

Video (35' 30'') sobre a caza da balea en Galicia, realizado co material e enquisas obtidas no proxecto "Galicia no lombo da balea" da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

Ver recurso

Vídeo de TED (14' 29'') sobre o estrés. Fai que o corazón che palpite, a respiración se che acelere e que che súe a fronte. Con todo, aínda que se fixo do estrés un inimigo público da saúde, investigacións recentes suxiren que unicamente é malo para nós se cremos que realmente o é. A psicóloga Kelly McGonigal anímanos a ver o estrés de xeito positivo e preséntanos un mecanismo pouco coñecido para reducir o estrés: achegarse aos demais.

Tradución de Susana Brandariz para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (6´ 37´´) no descubrirás que durmir ben (tanto no que respecta á cantidade de horas como á calidade do sono) está directamente relacionado coa saúde do noso cerebro e, en xeral, coa nosa calidade de vida. Nesta charla, Dan Gartenberg explícanos como actúa o noso cerebro nas diferentes fases do sono, centrándose de xeito especial nunha nova tecnoloxía na que está a traballar, capaz de estimular a través de ondas o noso sono profundo (a fase máis rexenerativa). Tradución ao galego de Laura López.

Ver recurso

Episodio (33' 18'') da serie documental Galicia no tempo que se centra na figura do Mestre Mateo e a súa obra artística.

Ver recurso

O laboratorio está cheo de aparellos que poden ser nomeados en galego. Moléculas en galego móstranos este vídeo onde se amosan os nomes dos máis importantes.

Ver recurso

Vídeo de TED (23' 44''). David Agus explica que ata agora o tratamento do cancro  centrábase nas células agresivas individualmente. El propón un novo enfoque interdisciplinar, no que o uso de certos medicamentos inusuais, os modelos informáticos e a análise de proteínas nos permitirán tratar e analizar o corpo humano como un todo.

Traducido por Belén García Penerbosa para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (10' 38''). As carrachas son artrópodos hematófagos que poden ser vehículo de numerosos axentes patóxenos para as persoas e os animais.

O meu traballo quere identificar as especies de carrachas presentes na vexetación de tres áreas de Galicia (costa, centro e montaña), a súa abundancia e dinámica estacional, así como a presenza nelas de patóxenos infecciosos e parasitarios.

A información que se recolle pode servir para identificar zonas e períodos de risco en que poden aparecer en persoas e animais diferentes enfermidades transmitidas por carrachas.

Charla de Susana Remesar no DivulgaTerra 2017.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (11' 25''). Os sistemas ecolóxicos son altamente dependentes do medio polo que os animais utilizados para este tipo de produción deben ser robustos e ben adaptados ás condicións ambientais. A regulamentación da Unión Europea recomenda con respecto a ecolóxico o uso de razas adaptadas ás condicións locais, resistentes a enfermidades e problemas de saúde propios da zona.

A selección nas últimas décadas enfocouse na produción de leite deixando de lado a eficiencia reprodutiva, ademais hai que ter en conta que a selección de animais altamente produtivos empeora as características reprodutivas.

Para a elaboración deste estudo seleccionáronse 10 granxas ecolóxicas onde se analizaron certos parámetros reprodutivos en diferentes razas. Non se atoparon diferenzas reprodutivas entre razas nas xovencas pero si nas vacas multíparas onde os cruces mostraron maior eficiencia reprodutiva cas razas puras, sendo as frisoas son as que teñen os peores índices reprodutivos en ecolóxico.

Charla de Ruth Rodríguez Bermúdez no DivulgaTerra 2017.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (14' 25''). Trátase dun proxecto de investigación financiado pola Axencia Galega de Innovación a través do Programa CONECTAPEME, no que se pretenden valorizar dous produtos (os residuos procedentes da recollida das castañas e do mantemento dos soutos e un coproduto da industria de fabricación de taboleiros). Os obxectivos pasan por obter bacteriocinas (como conservantes naturais), biosurfactantes (como estabilizadores na produción de taboleiros, estudar o emprego en pavimentos (polas súas propiedades antioxidantes) e un fertilizante orgánico.

Charla de Carlos Núñez Temes no DivulgaTerra 2017.

Ver recurso

Video de divulgación científica (15' 30''). As unidades de conservação são territórios com características naturais relevantes, que cumprem a função de resguardar a integridade dos ecossistemas, a biodiversidade e os serviços ambientais associados aos mesmos.  O modelo norte-americano de conservação da natureza, difundido mundialmente, parte do princípio de que toda relação entre sociedade e natureza é degradadora, não havendo distinção entre as diferentes formas de uso dos recursos naturais. Nesta concepção, qualquer forma de vida social deve ser excluída das áreas de proteção da natureza. Entretanto, a partir da década de 1980, observa-se o surgimento de questionamentos e críticas a esse padrão de conservação da natureza. Tais críticas se fundamentam, principalmente, a partir da realidade vivida em países da África, Ásia e América Latina, onde foram implantadas áreas protegidas baseadas no modelo norte-americano que, no entanto, vem gerando sérios conflitos com as populações locais, expulsas de suas áreas de uso em nome da preservação da natureza. Este trabalho tem como objetivo apresentar o modelo de unidades de conservação adotado no Brasil, a partir do final da década de 1990, sobretudo as Reservas Extrativistas, o qual busca conciliar a conservação da natureza com a manutenção dos modos de vida das populações tradicionais, que habitam esses territórios.

Charla de Fernanda Machado no DivulgaTerra 2017.

Ver recurso

 Vídeo de divulgación científica (15' 20''). Trátase dun proxecto de investigación financiado pola Axencia Galega de Innovación a través do Programa CONECTAPEME, no que se pretenden valorizar as cinzas de fondo ou escouras que se xeran nas centrais térmicas de carbón e que causan numerosos problemas ambientais.

Durante a combustión do carbón xéranse dous tipos de cinzas, as que se ven arrastradas polos gases ata uns electrofiltros previos á súa expulsión á atmosfera e as que precipitan no fondo do cinceiro da caldeira. Nos electrofiltros recóllese un po fino, suave ao tacto, de coloración agrisada afectado polo contido de ferro (color pardo) e polos inqueimados de carbón (negro), son as cinzas voantes, amplamente estudadas e con moitísimas aplicacións ben coñecidas. As outras son as cinzas de fondo ou escouras, moito menos estudadas e que poden ter tamén algunhas aplicacións con valorización, fundamentalmente no ámbito da construción. Ademais da caracterización fisicoquímica deste residuo, no proxecto estúdase a aplicabilidade das cinzas de fondo en formigóns e morteiros, en elementos de formigón prefabricado que sexan máis lixeiros e supoñan un mellor illamento térmico e acústico e tamén como material de construción en firmes de estradas, recheos ou obras de terras.

Charla de Carlos Núñez Temes no DivulgaTerra 2017.

Ver recurso

Vídeo didáctico (9' 04''). A aplicación de ferramentas xenómicas permite abordar problemas e cuestións que non se poderían resolver co emprego de ferramentas xenéticas tradicionais, ademais de afondar no coñecemento en diferentes campos de investigación (por ex. xenómica da conservación).

Neste traballo, empregouse un enfoque xenómico baseado na secuenciación ddRAD (double digest Restriction site-Associated DNA) para identificar individuos de dúas especies de peixes planos: rodaballo (Scophthalmus maximus) e coruxo (S. rhombus) e os seus potenciais híbridos. Detectáronse bioinformaticamente marcadores moleculares diagnóstico de tipo SNP (Single Nucleotide Polimorphism) entre as dúas especies a partir da base de datos creada coas secuencias RAD obtidas a partir da secuenciación. Posteriormente, deseñouse un panel reducido de SNPs e testouse a súa validez con mostras procedentes de todo o rango natural de distribución.

A presente metodoloxía podería ser aplicada a organismos non modelo, dos que non exista xenoma de referencia, sendo así unha ferramenta interesante para ser empregada amplamente en accións de xestión, conservación e fraude alimentaria.

Charla de Adrián Casanova no DivulgaTerra 2017.

Ver recurso
Antonio Rigueiro cóntanos nesta charla divulgativa (13´ 21´´), presentada no DivulgaTerra 2017, como despois de anos controlando a flora das paredes da muralla romana de Lugo con sistemas mecánicos, físicos e químicos, decidiron investigar tratamentos con menores implicacións ambientais. Para iso, probaron no laboratorio produtos naturais derivados de plantas aromáticas para intentar inhibir a xerminación de sementes de Parietaria judaica L., a especie máis abundante e de control máis difícil. En paralelo, estudaron o posible efecto destes produtos naturais como inhibidores da xerminación de malas herbas dos cultivos agrícolas, co fin de recomendalos como herbicidas naturais para a agricultura ecolóxica.
Ver recurso

Vídeo de TED (10´15´´). O neurocientífico Vilayanur Ramachandran bosquexa as fascinantes funcións das neuronas espello. Recentemente descubertas, estas neuronas permítennos aprender conductas sociais complexas, algunhas das cales son os alicerces da civilización humana tal e como a coñecemos. Tradución ao galego de Vanessa Pombo.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2' 01'') no que Aldara Gómez Sánchez, María Prado Fernández e Eva Vázquez Mato (IES da Arzúa) explican o que é o punto de inflexión no ámbito das matemáticas.

Vídeo mellor valorado polos internautas na edición 2013-14 de Explícoche matemáticas 2.0.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2' 01'') no que Andrea Ayaso Agrafojo, Xeila Vázquez Sánchez e Ivan Arias Arias (IES do Camiño, Palas de Rei) explican, dun xeito moi claro, a diferenza entre a progresión xeométrica e a progresión aritmética.

Vídeo gañador de Explícoche matemáticas 2.0 2013-14

Ver recurso

Vídeo de TED (20' 18''). Como aprenden os bebés tanto de tan pouco, e tan rápido? Nunha charla divertida e chea de experimentos, a científica cognitiva Laura Schulz amosa como os nosos cativos toman decisións cun sentido da lóxica sorprendentemente forte, xa moito antes de que dean falado.

Tradución de Lucía Vila Rodríguez para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (12' 14''). A forma en que falas e escribes pode predicir o teu estado mental futuro? Incluso o comezo dunha psicose? O neurocientífico Mariano Sigman explica con detalle un algoritmo de mapeamento de palabras que podería predicir o desenvolvemento da esquizofrenia. "Poderíamos ver no futuro unha forma diferente de saúde mental", di, "baseada na análise obxectiva, cuantitativa e automatizada das palabras que escribimos, das palabras que pronunciamos."

Tradución ao galego de Enara Caride para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (21' 28''). Catherine Mohr, cirurxiá e inventora, repasa a historia da cirurxía e especialmente o seu pasado, previo ao descubrimento dos analxésicos e os antisépticos. Tamén amosa parte do instrumental cirúrxico máis innovador, empregado por destras mans robotizadas para operar a través de pequenos cortes. Fascinante, pero non apto para os máis aprensivos.

Tradución ao galego de Belén García Penerbosa.

Ver recurso

Vídeo de TED (5' 57''). Tes unha lesión e vas camiño da casa para facer unha hora de fisioterapia. O que menos che apetece é ter que facer pola túa conta exercicios confusos que tardan tempo de máis en producir resultados. O membro de TED, Cosmin Mihaiu, amósanos unha solución divertida e económica que converte os aburridos exercicios de fisioterapia nun videoxogo cunhas instrucións clarísimas.

Tradución de Raquel Senra Fernández para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (13' 31''). O cerebro humano é desconcertante. É estrañamente grande tendo en conta o tamaño do noso corpo, emprega unha cantidade tremenda de enerxía para o seu peso e ten un córtex cerebral singularmente denso. Pero, por que? A neurocientífica Suzana Herculano-Houzel pon a súa gorra de detective e guíanos neste misterio. Ao facer "sopa de cerebro" chega a unha conclusión sorprendente.

Tradución de Carme Paz para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (9' 39''). E se os médicos puidesen monitorizar os pacientes na casa co mesmo grao de precisión que se estivesen no hospital? Todd Coleman, un innovador do ámbito da bioelectrónica, comparte a súa busca para desenvolver parches monitorizados, electrónicos, poñibles e flexibles que prometen revolucionar a asistencia sanitaria e facer a medicina menos invasiva. Tradución ao galego de Natalia Outerelo para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (18' 23''). O camiño cara a un novo fármaco está empedrado con descubrimentos accidentais. Neste conto ben contado de como se produce a ciencia, a neurocientífica Rebecca Brachman comparte noticias dun tratamento innovador atopado de forma fortuíta que pode previr o desenvolvemento de trastornos mentais como a depresión ou o estrés postraumático. E agarda atento por un inesperado —e controvertido— xiro.

Tradución ao galego de Élida Tato para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (4' 34''). Calcúlase que nos Estados Unidos de América o 30 % das persoas adultas e o 66 % dos adolescentes padecen insomnio. Para destacar a importancia destes datos, Claudia Aguirre cóntanos nesta animación os graves danos que o non durmir lle pode provocar ao noso corpo e ao noso cerebro.

Tradución ao galego de Natalia Outerelo para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (17' 42''). A psicóloga clínica Julia Rucklidge repasa unha serie de investigacións científicas, incluída a súa, que desvelan a importancia da nutrición na saúde mental e nas enfermidades. Descubre máis sobre o seu traballo relacionado co uso de micronutrientes no tratamento e prevención de enfermidades mentais (TDAH, trastorno bipolar, ansiedade... e tamén estrés e ou trastorno de estrés postraumático).

Tradución ao galego de José Cousillas Rey para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (6' 19''). Cada un dos nosos corpos é único, o que é un pensamento fermoso ata que falamos de tratar enfermidades, cando cada corpo reacciona de maneira diferente (a miúdo de xeito impredecible) a un tratamento estándar. A enxeñeira de tecidos Nina Tandon fálanos dunha posible solución: empregarmos células nai pluripotentes para facer modelos personalizados de órganos, onde probar novos fármacos e tratamentos, e almacenármolos en chips.

Tradución ao galego de Tania Cid para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (21' 53''). Jamie Oliver, cociñeiro de fama mundial e gañador do Premio TED tenta combater a nosa ignorancia sobre a alimentación compartindo connosco historias e testemuños reais recollidos no marco do seu proxecto contra a obesidade, desenvolvido na cidade de Huntington (Virxinia Occidental).

Tradución ao galego de Lucía Paniagua González para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (13' 48''). En 1975, calculábase que 1 de cada 5000 nenos era autista. Hoxe, 1 de cada 68 está dentro do espectro autista. Que causou este aumento repentino? Steve Silberman sinala algunhas razóns: un par de doutoras que ofrecen unha visión máis comprensiva, o éxito de Rain Man e un novo test clínico. E complétaas coa historia de Hans Asperger, un doutor austríaco que en 1944 publicou un artigo que revolucionaría a percepción do autismo, se non quedase soterrado no tempo.

Tradución ao galego de Silvia González Corredera para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (8' 29''). Pensamos na dor como un síntoma, pero hai casos nos que o sistema nervioso desenvolve ciclos de retroalimentación e dor que se converten nunha terrible enfermidade por si mesma. A partir da historia dunha moza cuxa torcedura de pulso se converteu nun pesadelo, Elliot Krane fala sobre o complexo misterio da dor crónica e analiza os feitos que apenas estamos aprendendo acerca do seu funcionamento e tratamento.

Tradución ao galego de Noelia Samartin para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (15' 18').  Sue Klebold é a nai de Dylan Klebold, un dos dous tiroteadores que mataron 12 estudantes e un profesor no masacre do instituto Columbine. Sue pasou anos intentando comprender se puido facer algo para previr a violencia do seu fillo. Nesta charla difícil e dolorosa, Klebold explora a intersección entre a saúde mental e a violencia, pedíndolles a pais e profesionais que examinen a relación entre os pensamentos suicidas e os homicidas.

Tradución ao galego de Alba Verea para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (4' 44''). Pensabas que estabamos a gañar a batalla contra o VIH? Pois quizais non, xa que unha nova onda de virus adaptados e resistente ás menciñas está a chegar. Edsel Salvaña describe o agresivo subtipo AE que actualmente é unha praga no seu fogar nas Filipinas. Alértanos sobre o que facilmente pode chegar a ser unha epidemia global.

Tradución ao gelego de Élida Tato para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (14' 15''). Durante moitos anos o sarxento Briggs tivo un escuro, insólito e ás veces estrañamente gratificante traballo: patrullaba o extremo sur da ponte Golden Gate de San Francisco, un sitio coñecido polos intentos de suicidio. Nesta charla comparte historias de xente coa que falou —e á que escoitou— mentres estaban nas estremas da súa vida. Dános un poderoso consello a aqueles de nós que teñamos seres queridos que poidan estar pensando no suicidio.

Tradución ao galego de Carla Rois Quiñones para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (14' 47''). Anjan Chatterjee estuda un dos conceptos máis cativadores da natureza: a beleza. E faino con ferramentas da psicoloxía evolutiva e da neurociencia cognitiva. Por que razón certas configuracións de liñas, cores e formas estimulan de forma tan salientable o noso cerebro? Descúbreo nesta fascinante e profunda mirada ao teu propio interior.

Tradución ao galego de Carla Rois Quiñones para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (13' 15''). O neuroenxeñeiro Ed Boyden quere saber como as diminutas biomoléculas do noso cerebro xeran emocións, pensamentos e sentimentos, e atopar os cambios moleculares que levan a trastornos como a epilepsia e o alzhéimer. E pensa que a clave pode estar en amplialas fisicamente para que sexan máis doadas de ver. E resulta que os mesmos polímeros usados para inflar os cueiros dos bebés poderían ser a clave.

Tradución ao galego de Silvia Fernández Crespo para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (18' 50'')  Ed Boyden amósamos como, inserindo xenes con proteínas sensibles á luz en células cerebrais, pode activar ou desactivar selectivamente neuronas específicas con implantes de fibra óptica. Así, é quen de curar ratos con trastornos similares ao estrés postraumático e certas formas de cegueira. No horizonte: próteses neurais.

Tradución ao galego de Luz Leirós para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (9' 25''). O lugar onde vivimos afecta a nosa saúde tanto como a dieta ou os xenes, pero non se recolle nos expedientes médicos. Bill Davenhall vainos amosar algúns exemplos do que el chama "xeomedicina": combinar xeodatos fornecidos polas administracións (dende os índices de ataques cardíacos ata a información sobre verteduras tóxicas) con aplicacións GPS móbiles para poñelas ao dispor dos profesionais das ciencias da saúde.

Tradución ao galego de M. Carmen Losada para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (17' 26''). Pensamos que tomamos racionalmente as nosas decisións. Pero Dan Ariely, economista condutual e autor de Prediciblemente irracional, vainos convencer do contrario. A través de ilusións visuais clásicas, e das súas propias achegas científicas contraintuitivas (e por veces sorprendentes) descubriremos que non somos tan racionais como pensamos á hora de decidir.

Tradución ao galego de Luz Leirós para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (15' 29''). Ao longo do século pasado, os medicamentos probábanse só en doentes masculinos, ignorando as diferenzas fisiolóxicas existentes entre os dous sexos, e provocando graves efectos secundarios nas mulleres. A médica de urxencias Alyson McGregor cóntanos como o modelo masculino se converteu na referencia para a investigación médica, e como atender as diferenzas entre homes e mulleres pode xerar tratamentos máis efectivos para ambos os sexos.

Tradución ao galego de Ángela González para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (11' 45''). Con só un 2% da masa corporal, o cerebro consome a cuarta parte da enerxía total do organismo. Jeff Iliff convídanos a reflexionar sobre a forma en que este órgano recibe eses nutrientes e -sobre todo- sobre o medio que usa para desfacerse dos residuos que xera. Novas investigacións suxiren que o sono xoga un papel fundamental neses procesos.

Tradución ao galego de Pablo Figueiredo Palacios para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (7' 17''). Parece ser que esperamos ao brote dunha catastrófica enfermidade para decidirnos a elaborar unha vacina contra ela. Seth Berkley expón a realidade do mercado e os riscos desproporcionados que están detrás da falta do desenvolvemento de vacinas para as enfermidades máis graves do mundo. Tradución ao galego de Alexandra Vázquez para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (15' 07''). O doutor David Casarett estaba canso de ouvir falsas e medias verdades sobre a marihuana medicinal, así que se puxo a investigar pola súa conta. Volveu cun informe fascinante sobre o que sabemos e o que non sabemos, e sobre o que a medicina convencional podería aprender dos dispensarios de marihuana medicinal de hoxe en día.

Tradución ao galego de Marta García Lourés para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (19' 26''). Podemos saber o que pasa dentro dos cerebros dos animais? Se pensan ou senten, e o que? Carl Safina cre que si. Empregando descubrimentos e anécdotas que abarcan ecoloxía, bioloxía e ciencias do comportamento, entrelaza historias de baleas, lobos, elefantes e albatros para argumentar que igual ca nós pensamos, sentimos, usamos ferramentas e expresamos emocións, tamén o poden facer outras criaturas (e mentes) que comparten a Terra con nós.

Tradución ao galego de Coral Ferreira Martínez para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (7' 05''). Que move a actuar a un psicópata? O neurocientífico Jim Fallon tenta descubrilo por medio de escáneres cerebrais e das análises xenéticas.  Pero nun xiro digno dun filme de misterio, descubriremos tamén unha historia familiar que converterá o seu traballo profesional nunha investigación arrepiantemente persoal.

Tradución ao galego de Vanessa Montes Pérez para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (6' 27''). Cando temos un pai que sofre alzhéimer, a maioría de nós responde con negación ("A min non me vai pasar") ou fai esforzos extremos para previlo. Pero Alanna Shaikh, experta en saúde global, actúa de forma diferente: está seguindo tres pasos para estar preparada para o momento --se este chega-- en que o alzhéimer pete á súa porta.

Tradución ao galego de Manuela Seráns Pérez para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (14' 46''). Os antibióticos salvan vidas, pero estámolos empregando en exceso e mal. O resultado, dinos o investigador Ramanan Laxminarayan, é que os antibióticos van deixar de funcionar, a medida que as bacterias se fagan cada vez máis resistentes. Nesta charla fai un chamamento a vermos os antibióticos como un recurso esgotable, e que o pensemos dúas veces antes de utilizalos.

Tradución ao galego de Aitor Valle Freire para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (12' 03''). Por veces hilarante e por veces asombroso, o poeta Shane Koyczan pon o dedo na chaga do que significa ser novo e... diferente. "To This Day", o seu poema recitado sobre o acoso escolar, cativou a millóns, igual ca o vídeo viral (creado, en colaboración aberta, por 80 animadores). Aquí, fai unha presentación gloriosa, en directo, con imaxes de fondo e acompañado ao violín por Hannah Epperson.

Tradución ao galego de Sandra S. Feijoo para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (17' 28''). Rob Knight é un pioneiro no estudo dos microbios humanos, a comunidade de diminutos organismos unicelulares que viven dentro dos nosos corpos e que ten un gran, e en grande parte descoñecido, papel na nosa saúde. "O 1,5 kg de microbios que levas contigo pode ter máis importancia que todos e cada un dos xenes que tes no teu xenoma", afirma. Descubre porque.

Tradución ao galego de Alberte Regueira López para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (10' 26''). Alix Generous é unha muller nova cunha morea de ideas e cualidades... e con Asperger, un tipo de trastorno do espectro autista que pode afectar as habilidades sociais básicas necesarias para a comunicación. Por iso  traballou arduamente durante anos para aprender a compartir os seus pensamentos co mundo, e nesta charla comparte a súa historia algunhas as ferramentas que poden axudar a que outras persoas comuniquen as súas grandes ideas.

Tradución ao galego de Antón Barrio Caxide para #TEDSAÚDE USC.

Ver recurso

Vídeo de TED (10´ 50´´). Máis do 85% dos cancros de páncreas teñen diagnósticos tardíos, cando a porcentaxe de supervivencia é inferior ao 2%. Como é posible? Jack Andraka fálanos sobre como desenvolveu un prometedor test para a detección temperá do cancro pancreático que é moi barato, efectivo e non invasivo; e todo isto antes de facer os 16 anos.

Tradución ao galego de María Villarroel para #TEDSaúde USC.

Ver recurso

Este vídeo (1' 40'') do profesor Valerià Paül móstranos a contorna de Pena Trevinca.  Glaciares, pastos e unha flora única nese punto máis alto de Galicia. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo didáctico (11' 26''). Neste vídeo móstranse enfermidades infecciosas que a arte representou en diferentes etapas da súa historia: lepra, sífilis e peste amosadas en obras pictóricas e escultóricas de diferentes autores. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Sonia González.

Ver recurso

Vídeo didáctico (5' 03''). A liña que une dous puntos na esfera é o que nos explica a profesora Elena Vázquez Abal neste vídeo. Cal é a liña máis curta para unir San Francisco e A Meca? Este vídeo descóbreo. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Sonia González.

Ver recurso

Vídeo didáctico (14' 04''). A profesora Margarita Rico cóntanos en que se basea a alimentación de ruminantes a través dunha viaxe polo seu particular intestino. O rume como unha cuba de fermentación que hai que alimentar para que todo funcione. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Sonia González.

Ver recurso

Vídeo didáctico (9' 10'). O profesor Roberto Blanco Valdés explica a maneira de elixir as Cortes españolas, na que a provincia é a circunscrición electoral. No vídeo tamén se explica con detalle como funciona a lei de D’hont, o sistema polo que se asignan os votos ás distintas listas electorais. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Sonia González.

Ver recurso

Vídeo didáctico (8' 54''). Beatriz Rodríguez-Morales explícanos que o monte nos pode achegar moito máis que madeira: lecer, espazos comunitarios ou identidade son oportunidades que nos pode ofrecer un monte ben xestionado. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Sonia González.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10' 52''). O esqueleto está composto por ósos que están vivos e teñen unha capacidade asombrosa de adaptación. Iso explica que poidan funcionar os tratamentos de ortodoncia. A profesora Nuria Alemañ cóntanos como funcionan os ósos. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Sonia González.

Ver recurso
Ver recurso

Vídeo (8' 42'') que debate sobre o concepto "partículas virtuais" e sobre o uso que del se fai.

Algunhas persoas defenden que se trata dunha conceptualización útil, xa que ao realizar cálculos con diagramas de Feynman é posible deseñar todas as interaccións posibles entre partículas e despois realizar os cálculos para determinar a resposta correcta. Pola contra, outros opinan que se trata dunha terminoloxía enganosa porque as partículas virtuais non se comportan como partículas reais e non se poden observar.

Ver recurso

Vídeo (59' 35'') que recolle a quinta charla do ciclo de divulgación científica "Achegando a ciencia", que organiza o colectivo Caladiños.

Nela, o biólogo e experto en neurofisioloxía Xurxo Mariño fala sobre neurociencia.

Ver recurso

Vídeo (41' 53'') que recolle a intervención de Ramón Lourido no Curso de Extensión Universitaria: "Avanzando na dinamización local con recursos propios: O Monte", organizado pola Universidade de Vigo. Nel tratouse de facer partícipe á cidadanía de experiencias dinamizadoras no monte que empreguen recursos locais e formar a emprendedores locais mediante a adquisición de competencias básicas para a posta en marcha de iniciativas dinamizadoras a partir do monte en distintos ámbitos económicos.

Ver recurso

Vídeo (12' 57'') que resume todo o ámbito de investigación da química, desde os átomos simples ata a s moléculas que te manteñen con vida.

Este material complementa e amplía a infografía O mapa da química

Versión galega elaborada por Saúl Iglesias (responsable do blog Ciención de Breogán).

Ver recurso

Vídeo documental (45' 31'') que mergulla ao espectador nno asombroso mundo dos signátidos, familia de peixes que inclúe os cabaliños de mar, as agullas bravas ou os dragóns de mar. 

Nel descubrirá estes peixes cunha bioloxía sorprendente, cuxa evolución permitiulles adaptarse a novos ambientes no planeta e adquirir características únicas no reino animal. Pero esas mesmas características fíxoos moi vulnerables, nunha contorna sometida a unha crecente alteración provocada polo ser humano. 

Ver recurso
Versión en galego da infografía The map of Chemistry (Dominic Walliman), na que se abrangue a maior parte das vertentes da química: desde as súas orixes e os seus principios fundamentais, ata ámbitos como a química orgánica ou a química física. Versión galega elaborada por Saúl Iglesias (responsable do blog Ciención de Breogán). - The map of Chemistry - Ciención de Breogán
Ver recurso

Vídeo (6' 56'') que forma parte da colección Vídeos didácticos USC

Nel, o profesor Roberto Blanco Valdés explica as orixes das constitucións (no séc . XVIII), as súas características definitorias, os dereitos que regulan, a forma en que establecen a separación de poderes, etc. A peza forma parte da colección Vídeos didácticos USC.

Ver recurso

Vídeo (66') que recolle a intervención de Ángel Carracedo no ciclo de divulgación científica "Achegando a ciencia 2018".

Nela o relator trata cuestións relacionadas coa xenética e a diversidade biolóxica.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´). A regra e o compás son útiles xeométricos anteriores incluso á época de Euclides. Porén, aínda que son instrumentos tan antigos e facemos uso deles moi a cotío, moita xente non coñece a cantidade de operacións que se poden facer con eles. Partindo de dous puntos con distancia unidade trátase de construír calquera lonxitude enteira ou racional, ademais das raíces cadradas sucesivas destas. O vídeo pretende, polo tanto, poñer de manifesto a utilidade matemática dunha cuestión tan simple como é a construción da regra e o compás.
A peza foi elaborada por Juan I. Bedoya, Sebastián Buedo e Daniel Cao (estudantes de 4º curso do grao de Matemáticas da USC) e presentada ao concurso "Explícoche Matemáticas 2.0", na edición que tivo lugar no curso 2014-2015. Este recurso foi incorporado a Proxector por Xerardo Casal Urcera.

Ver recurso

Breve vídeo (1') que nos descubre que é o monte Pindo e a súa masa granítica o 'culpable' de que o Xallas desemboque nunha fervenza de 40 metros de altura: a Fervenza do Ézaro. 

Ver recurso
Documental (22' 44'') que amosa a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análises exhaustivas para a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos. Trátase dunha liña de investigación decisiva tanto para a nosa economía como para a nosa seguridade alimentaria. O documental está producido por Bioimaxe, Imaxe Subacuática e Servizos Mariños, e foi realizado en colaboración con Ardora Formación e Servizos, S. Coop. Galega.
Ver recurso

Animación (7' 21'') que amosa o funcionamento das células animais e vexetais a un nivel de ensino secundario, incluíndo orgánulos como o núcleo, o nucléolo, ADN (cromosomas), ribosomas, mitocondrias, etc. Tamén se mencionan as moléculas ATP, o citoesqueleto, o citoplasma, os microtúbulos, proteínas, cloroplastos, clorofila, paredes celulares, membranas celulares, cilios, flaxelos, etc.

Ver recurso

Vídeo de TED (9´ 15´´). Qual foi a maior invençom da revoluçom industrial? Hans Rosling faz o caso da máquina de lavar roupa. Com gráficos recém-projetados da Gapminder, Rosling nos mostra a magia que aparece quando o crescimento econômico e a eletricidade transformam um dia aborrecido dia de lavagem num dia intelectual de leitura. Vídeo interessante para introduzir nas aulas a discussom a respeito do conceito de desenvolvimento sustentável. 
Tradución ao galego de Juan José Sánchez. Este recurso foi incorporado a Proxector por María do Mar Pérez.

Ver recurso

Vídeo (12' 51'') da Asociación Galega de Áridos en que dan conta dos principais riscos laborais a que debe enfrontarse o posto de artilleiro en operacións mineiras, e se indican as medidas de protección básicas.

Ver recurso

Vídeo (1' 53'') en que o profesor do Departamento de Ciencias Forenses da USC, Manuel López-Rivadulla explica o papel deste tipo de servizo dentro do ámbito da medicina legal.

Conta como o toxicólogo forense avalía o papel de certas substancias químicas nunha morte con relevancia medicolegal, analizando mostras de urina, saliva, sangue, pelo... Destas análises é posible obter informacións sobre esa morte que permiten facer un diagnostico complementario que lle axude ao forense a establecer o diagnóstico definitivo.

Ver recurso

Vídeo (8' 03'') dirixido e producido pola asociación Ecoloxía Azul en que se amosa o comportamento dunha parella de gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) que fan o seu niño e crían os seus polos nos tellados da cidade de Pontevedra.

Ver recurso

Audio (16´ 17´´) que repasa, nunha primeira parte, a historia da creación dos logaritmos e a súa importancia como ferramenta indispensable para cálculos. Na segunda parte, recréase como tería sido unha conversa entre o profesor Henry Briggs e John Napier, conversa que aconteceu no 1616.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Inés Amboage.

Ver recurso

Mediante este video (3´ 03´´) de animación 3D INTECMAR, en colaboración co laboratorio de Ecoloxía e Evolución de plantas e o Grupo Divulgare da Universidade de Vigo, móstranse as vantaxes da utilización de boias de deriva para realizar o seguemento de manchas de vertidos mariños. Este video foi realizado co interés de divulgar parte do traballo que o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) está a realizar no proxecto DRIFTER. Nel móstranse as vantaxes de utilizar esta tecnoloxía para realizar o seguemento dos vertidos contaminantes no mar, así como a importancia de colaborar con este tipo de proxectos.

Ver recurso

Vídeo (31' 57'') que recolle a participación do catedrático de Química José Luis Mascareñas no Pint of Science 2017.

Nesta edición, centrada na exploración da mente, José Luis fala sobre o significado da vida, primeiro metafisicamente e finalmente dende o punto de vista químico.

Ver recurso

Vídeo (31' 53'') que recolle a participación do xenetista Javier Costas no no Pint of Science 2017.

Nesta edición, centrada na exploración da mente, Javier fala sobre trastornos mentais e a percepción social que se ten deles.

Ver recurso

Vídeo (28' 21'') en que a psiquiatra Iria Veiga fala no Pint of Science 2017 de alucinacións, ilusións e outras alteracións que se dan nas nosas cabezas, e da correlación neurobiolóxica que estas teñen.

E atención, que os fenómenos paranormais aparecerán como punto picante da charla.

Ver recurso

Vídeo (1' 53'') do proxecto "A Universidade responde" en que o profesor Rubén Lois González, do Departamento de Xeografía da USC, explica que as cidades actuais se definen, por unha banda, como un lugar onde viven persoas, hai actividades comerciais, laborais e personais; e por outra, pola imaxe que proxectan ao exterior, por exemplo, a cidade de Santiago de Compostela como final dun camiño de peregrinación ou como cidade turística.

Ver recurso

Vídeo (2' 35'') do proxecto "A Universidade responde" en que a profesora Mª Isabel González Rey presenta "Phraseotext. Le Français Idiomatique", un método que permite a aprendizaxe do idioma francés a partir da fraseoloxía da propia lingua, tal e como fan os nativos.

Desta maneira, conséguese unha aprendizaxe do idioma moito máis rápida e eficaz.

Ver recurso

Vídeo (8 min 30 s) dunha práctica de laboratorio asociada ao proxecto funil.gal. A destilación por arrastre con vapor é unha técnica que permite separar substancias de elevado punto de ebulición, pero que non se poden quentar a altas temperaturas porque se descompoñen. O aparello necesario para este proceso é o dunha destilación. Aprovéitase o feito de non ser solubles na auga as substancias para poderen ser arrastradas polo vapor e, logo, separalas.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Marcelino Maneiro.

Ver recurso

Documental (64') que aborda o conflito que durante a década de 1970 enfrontou á veciñanza das Encrobas (Cerceda) cos poderes públicos por causa da expropiación das terras dos primeiros para a explotación das minas de lignito e para a instalación da central térmica de Meirama, propiedade de Unión Fenosa.

O centro do documental é a imaxe e a palabra das persoas que foron protagonistas daquel conflito, unhas persoas que sofren o mal irreversible de "perder o seu pasado".

Ver recurso

María Loureiro, profesora Departamento de Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Santiago fálanos neste vídeo (17' 34'') da catástrofe do Prestige, e do proceso de valoración económica dos custos sociais derivados do seu afundimento.

Esta valoración, que nunha estimación feita á baixa chegou aos 4.328 millóns de euros, realizouse cun tratamento novidoso que incorporaba intanxibles cos que se intentaba reflectir mellor a verdadeira magnitude do accidente, e o amplo abano de intereses prexudicados, que moitas veces non se computan neste tipo de traballos.

Ver recurso

Neste vídeo (16' 47'') Alberto Sacido conta como ler con detalle a lexislación educativa española (a LOE e a LOMCE) lle deu os argumentos legais para converterse nun profe pirata.

Levar á práctica os principios que se recollen nos textos legais pode facer que nas aulas se desenvolvan dinámicas formativas totalmente diferentes, máis participativas, máis en contacto co contorno e máis aplicadas.

Ver recurso

Vídeo (12' 31'') que describe os restos arqueolóxicos existentes no illote Guidoiro Areoso (ría da Arousa), onde se atopan restos de 5 mámoas (algunhas delas descubertas nestes últimos anos grazas ao efecto das mareas e dos temporais), así como restos dunha ocupación durante a idade do Bronce.

Ver recurso

Vídeo (3' 59'') en que se fai un repaso rápido polos achados máis importantes atopados no xacemento arqueolóxico do campo da Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra), un sitio único pola gran cantidade e singularidade dos materiais e estruturas recuperadas.

Ver recurso

Vídeo (4' 59'') elaborado pola Sociedade Xuvenil Galega de Química no que se explica como se realiza o proceso de extracción da cafeína a partir de grans enteiros de café.

Ver recurso
Vídeo (29' 31'') que recolle a intervención de Noé Ferreira Rodríguez, do Laboratorio de Limnoloxía da Univ. de Vigo no ciclo DivulGATE 2016. Nel conta como a presenza de factores ambientais favorables, a ausencia de depredadores naturais e as poboacións das potenciais especies competidoras nativas en declive, foron factores chave á hora de facilitar a invasión de gran parte dos ecosistemas fluvias do noroeste peninsular pola ameixa asiática Corbicula fluminea (Müller, 1774)
Ver recurso

Filme documental (88') que narra a historia do sector téxtil galego, desde os anos 60 ata o seu presente deslocalizado, a través das historias das mulleres galegas que traballaron nel.

Foron unha man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora marchou cara a outros lugares. No documental faise un nobelo do sector téxtil aquí e fóra, antes e agora. O que aquí pasou repítese agora nos fíos doutros lugares, nos nós deste sistema.

No sitio web de Aulas Galegas poden atoparse recursos para o profesorado.

Ver recurso

Vídeo de TED (2' 22'') no que se presenta o concepto de "simbiose" a través dun exemplo concreto: a relación entre un paxaro (o quebranoces de Clark) e unha árbore (o piñeiro de casca branca). Tradución ao galego de Xusto Rodríguez.

Ver recurso

Vídeo (9' 08'') en que se explica con tres casos concretos o proceso de recuperación dos espazos afectados pola explotación de canteiras de áridos, intentando minimizar os impactos ambientais producidos e mellorar e acelerar a integración deses espazos na súa contorna.

Ver recurso

Vídeo (13' 15'') que describe a forma correcta de realizar esta intervención médica.

Ver recurso
Cada día a NASA publica unha Astronomical Picture Of the Day (APOD) e cada día é recollida e explicada en galego aquí. Configúrase así unha fantástica colección de imaxes astronómicas de alta calidade e relevancia científica, comentadas en galego por un especialista na materia.
Ver recurso

Vídeo (4´ 2 ´´) coa preparación de biodiésel mediante unha reacción de transesterificación, que implica a combinación dun aceite cun alcohol lixeiro. Nesta práctica de laboratorio, asociada ao proxecto funil.gal, utilízase metanol e aceite sen usar, pero poderíase facer cun aceite reciclado.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Marcelino Maneiro.

Ver recurso

Vídeo (13' 13'') que recolle os riscos e medidas preventivas que hai que ter en conta nunha para mellorar as condicións de traballo das persoas traballadoras das explotación de gando vacún, de xeito que desenvolvan as dás tarefas de xeito seguro e saudable.

Ver recurso

Vídeo (15' 53'') en que se fai unha descrición dos principais riscos laborais no sector da pesca, en concreto dos derivados da maquinaria instalada a bordo dos barcos pesqueiros; e no que se describen as medidas e normas de prevención máis importantes.

Ver recurso

Vídeo (15' 58'') en que se fai unha descrición dos principais riscos laborais no sector das actividades forestais, e se describen as medidas e normas de prevención máis importantes.

Ver recurso

Vídeo (8' 41'') que describe o xeito en que realizar correctamente o proceso de muxidura nunha explotación de gando vacún leiteiro para garantir un control de calidade e favorecer o benestar dos animais.

Traballo desenvolvido polo Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC e os Servicios Veterinarios da Pontenova S.L.P. coa colaboración dos gandeiros pertencentes o grupo Álvare Calidade e co financiamento da Xunta de Galicia.

Ver recurso

Vídeo (6' 08'') que describe os procedementos que cómpre levar a cabo para garantir un estrito control de calidade nunha explotación de gando vacún leiteiro.

Traballo desenvolvido polo Departamento de Enxeñaría Agroforestal da USC e os Servicios Veterinarios da Pontenova S.L.P. coa colaboración dos gandeiros pertencentes o grupo Álvare Calidade e co financiamento da Xunta de Galicia.

Ver recurso
Charla divulgativa (23´ 06´´) na que Elena Vázquez Abal, profesora do departamento de Xeometría e Topoloxía da USC, nos demostra que a percepción que temos do tamaño das cousas é equivocada. A intervención tivo lugar en abril de 2016 en Santiago de Compostela, no transcurso da I Edición de Minicharlas Cientíticas, organizadas pola Comunidade Campus Científicos.
Ver recurso

Vídeo (11' 55'') de Marleen Laschet en TEDxTrondheim, que fala das vantaxes de falarlle á xente na súa lingua propia ("Cando se lle fala a unha persoa nun idioma que entende, a mensaxe chegaralle á cabeza; cando se lle fala no seu propio idioma a mensaxe chégalle ao corazón", por dicilo con palabras de Nelson Mandela). E destaca, cun exemplo propio (unha historia dunha ra salvoulle o día), a utilidade de aprender algúns rudimentos mínimos de moitas linguas. Tradución ao galego de Patricia Álvarez.

Ver recurso

Vídeo (8 min 2 s) que amosa o procedemento para medir o grao alcohólico dun viño, que expresa a porcentaxe de alcohol que este ten. O alcohol presente dun viño pode separarse por destilación debido a que o alcohol ferve por debaixo dos 100 ºC. Na práctica empréganse alcohómetros que, por lectura directa, dannos o grao alcohólico da mestura hidroalcohólica obtida tras a destilación. O vídeo está asociado ao proxecto funil.gal.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Marcelino Maneiro.

Ver recurso

Vídeo (11' 01'') que amosa os pasos para realizar correctamente a sementeira directa, así coma os beneficios acadados ao empregar esa técnica. Tamén explica como se modificou unha sementadora para adecuala ao campo húmido de Galicia.

Ver recurso

Vídeo (26' 50'') que recolle a intervención de José M. Castro Álvarez no ciclo de conferencias "Bioestatística para vivir e cómo vivir da estatística". Teñen un enfoque divulgativo para dar a conocer a influencia da bioestatística nas nosas vidas e en especial no ámbito biomédico.

Ver recurso

Vídeo (8 min 2 s) no que se amosa o procedemento para separar, en etapas sucesivas, a graxa, a albúmina, a caseína, a auga, a lactosa (azucre) e os sales minerais do leite. Audiovisual asociado ao proxecto funil.gal.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Marcelino Maneiro.

Ver recurso

Animación (4' 28'') que explica de modo divulgativo as causas e consecuencias da depresión.

Esta patoloxía é a maior causante de discapacidade no mundo. Nos EE. UU. sófrea case un 10% dos adultos. Como é unha enfermidade mental, é máis difícil de comprender ca, por exemplo, o colesterol alto. Helen M. Farrel examina os síntomas e os tratamentos da depresión, e dá consellos para axudar a unha persoa próxima que a sufra.

Ver recurso

Vídeo (2 min 22 s) con material de laboratorio de química; contido asociado ao proxecto funil.gal.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Marcelino Maneiro.

Ver recurso

A finais do ano 2016 a IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry) publicou a táboa periódica cos 118 elementos químicos con nomes e símbolos aceptados. Os novos elementos incorporados foron o nihonio (Nh, Z = 113), o moscovio (Mc, Z = 115), o ténnesso (Ts, Z = 117) e o oganesson (Og, Z = 118). Os nomes propostos derivan, respectivamente de Nihon, un dos termos cos que se denomina Xapón, sede do instituto Riken no que se desenvolve investigación nos elementos transuránidos; de Moscova, rexión rusa onde ten sede o instituto JINR de Dubna; de Tennesse, estado norteamericano onde teñen tamén sede distintos centros de investigación nuclear, e de Oganessian, científico ruso que dirixiu o laboratorio de Dubna onde se detectaron varios destes novos elementos. O grupo de innovación docente CienciaNOSA acaba de publicar a nova versión en galego da Táboa Periódica dos Elementos, que se pode descargar na páxina da RSEQ. Trátase dun traballo dos docentes Manuel R. Bermejo, Marcelino Maneiro e Ana M. González-Noya, que recolle estes novos elementos así como outras recomendacións recentes da IUPAC, como é o uso de lantanoides e actinoides en lugar de lantánidos e actínidos.

Ver recurso
Entrevista radiofónica (28' 45'') ao catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro no programa radiofónico Efervesciencia (Radio Galega), na que se repasa a historia das técnicas de estimulación cerebral non-invasiva. Se partimos da evidencia de que o noso encéfalo funciona con electricidade, técnicas como a estimulación magnética transcraniana poden incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Pero ademais trátanse máis temas: en que doenzas hai evidencias científicas positivas? Cales son as perspectivas destas técnicas? E se se empregan en persoas sans como neuromellora? - Javier Cudeiro - Efervesciencia (Radio Galega)
Ver recurso

Vídeo (35' 25'') en que Elena Vázquez Abal, fai un repaso sobre a curvatura, as dimensións das que temos coñecementos e das curiosidades propias deste pequeno mundo dentro da xeometría.

Ver recurso

Vídeo (42' 10'') que describe unha inmersión ó fondo do mar para a observación de algunhas especies mariñas como equinodermos, gasterópodos, hidrozoos ou lamelibranquios, entre outros.

Ver recurso
Documental (57´ 17´´) que reconstrúe a historia das escolas do rural de Galicia, a través da vida de Alberto Sacido, un mestre que empezou traballando nestas escolas nos anos 60.

A través das súas experiencias, o documental presenta os cambios que tiveron que asumir xuntos profesorado e alumnado durante os últimos 50 anos.
Ver recurso

Documental (47´ 43´´) en que diferentes expertos (filólogos, historiadores, xornalistas...) contan como o 18 de maio de 1916, unha reunión convocada na Coruña polo xornalista Antón Vilar Ponte na sede da Real Academia Galega, dá lugar á creación das “Hirmandades de Amigos da Fala”. Estamos a falar dun movemento que foi moito máis ca unha asociación de amigos do idioma; foron un movemento de recuperación cultural, cívica e política do país. Os membros deste grupo querían regaleguizar Galicia e converter a lingua nunha forza transformadora.

Ver recurso
Documental (19´ 52´´) que narra a historia do nacionalismo galego desde a I Asemblea Nacionalista celebrada en Lugo en 1918 ata o momento da gravación do traballo, 1988.
Ver recurso

Documentário (54´ 17´´). Viagem que nos permite transitar polas experiências de mais de 70 pessoas entrevistadas, que nos mostram como e porque vivem a sua língua diariamente como uma língua que se fala não só na Galiza, mas também noutros lugares do mundo —Brasil, Portugal, Angola, Moçambique, Cabo Verde e Timor Leste— e os desafios que leva consigo.

O documentário pretende conhecer sem intermediários quais as razões dessas pessoas afirmarem que galego e português são variedades do mesmo idioma e quais são as suas propostas de futuro para que os falantes da língua ao norte do Minho se empoderem mais ainda, agora que os dados do IGE (Instituto Galego de Estatística) falam de que apenas 13% das crianças galegas menores de 14 anos tem como língua diária a que tinha sido maioritária em gerações anteriores.

Ver recurso
Capítulo (32´ 50´´) da serie documental Historias de Galicia, emitida na TVG na que se dramatiza a historia e o traballo de tres científicos comprometidos co desenvolvemento do país: - Domingo Fontán (ata o min. 12:45), que fixo o primeiro mapa científico de Galicia para mellorar as comunicacións terrestres - Ramón María Aller (ata o min. 19:16), astrónomo que descubriu varias parellas de estrelas dobres - Cruz Gallástegui (ata o min. 29:24), que creou unha variedade nova de millo híbrido para mellorar o rendemento das colleitas
Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (9´ 21´´). Rocío Carballido fala no DivulgaTerra 2016 dos helicatos sopramoleculares, un tipo especial de complexos nos que dous ou máis ligandos se enrolan helicoidalmente ao redor do eixe definido por dous ou máis centros metálicos, e que teñen aplicacións como materiais magnéticos, máquinas moleculares, catalizadores biomiméticos ou axentes antitumorais.

Ver recurso

Susana Remesar Alonso fala no DivulgaTerra 2016 sobre o papel das carrachas na transmisión da enfermidade de Lyme entre animais e seres humanos, centrándose na análise e presentación dos datos recollidos nas súas mostraxes realizadas en tres áreas de Galicia.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (11´ 10´´). Isabel Corral presenta no DivulgaTerra 2016 parte dun estudo que intenta medir as actitudes lingüísticas que os seus propios falantes teñen con respecto ás linguas orixinarias de México, partindo dun cuestionario realizado entre o estudantado dunha universidade dese país.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (7´ 26´´). José Miguel Chapel expón no DivulgaTerra 2016 algunha das liñas de traballo da súa tese de doutoramento, que estuda a aplicación ao coello das técnicas de exploración electrocardiográfica co fin de poder diferenciar a morfoloxía das ondas nos animais sans e a valoración cuantitativa de distintos parámetros do electrocardiograma.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (11´ 45´´). Manuel Arias Rodil fala no DivulgaTerra 2016 da súa investigación sobre métodos que permiten xestionar de forma óptima as explotacións forestais a nivel de rodal, tendo en conta tamén as restricións que se poden establecer a nivel de monte, xa que decisións óptimas para a primeira destas unidades poden non selo para a segunda.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (58´´) no que Hiram Varela fala no DivulgaTerra 2016 sobre o seu proxecto "Recovery Blood", que presentou en formato póster.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (9´ 47´´). Diego Carreira Flores fala no DivulgaTerra 2016 da súa investigación sobre a fauna intersticial (tamén chamada "meiofauna") existente nas pradeiras de anxiospermas da ría de Ribadeo. Descubriremos así os métodos para descubrila e catalogala, así como os parámetros fisico-químicos e sedimentolóxicos que se descubriron nos diferentes puntos de mostraxe.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (9´ 47´´). Thais Helena Teixeira presenta no DivulgaTerra 2016 unha panorámica da realidade brasileira en relación coa conservación ambiental, poñendo o foco nas "Unidades de Conservação" (UC), instrumentos de protección da natureza cos que o Brasil pretende conservar a súa biodiversidade desde un enfoque consensuado que intenta conciliar os intereses de múltiplos actores (ONG nacionais e internacionais, ambientalistas, científicos, institucións privadas, comunidades tradicionais...).

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (8´ 56´´). Tamara González López fala no DivulgaTerra 2016 de como os modelos de apadriñamento tradicionais, prohibidos a partir do Concilio de Trento, foron evolucionando na comarca dos Ancares lucenses, determinar os factores que contribuíron aos seus cambios internos, así como analizar a situación en casos excepcionais como expósitos ou ilexítimos.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (18´ 31´´). Ruth Rodríguez Bermúdez fala no DivulgaTerra 2016 de qué razas de gando vacún son as máis aptas para produciren leite en explotacións ecolóxicas galegas.

Ver recurso

Vídeo breve (2' 25'') en que o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia describe a biomecánica do andar humano e ofrece recomendacións para camiñar de xeito adecuado para a nosa saúde. Forma parte da colección "Consellos para vivir mellor".

Ver recurso

Vídeo breve (3' 14'') en que o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia ofrece unha serie de recomendacións para evitar as lesións derivadas da condución en moto. Forma parte da colección "Consellos para vivir mellor".

Ver recurso

Vídeo breve (2' 24'') en que o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia ofrece recomendacións de condución segura para previr a sinistralidade nas estradas. Forma parte da colección "Consellos para vivir mellor".

Ver recurso

Vídeo breve (1' 44'') en que o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia recomenda levar unha vida activa, tanto polas virtudes para a propia saúde como polo exemplo que iso supón para os propios fillos. Forma parte da colección "Consellos para vivir mellor".

Ver recurso

Vídeo breve (1' 56'') en que o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia nos advirte dos perigos de usar tacóns longos de máis. Forma parte da colección "Consellos para vivir mellor".

Ver recurso

Vídeo breve (1' 56'') en que o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia nos advirte dos riscos derivados do uso de roupa moi cinguida. Forma parte da colección "Consellos para vivir mellor".

Ver recurso

Documental (17 min) que amosa a vida deste cefalópodo baixo as augas da ría de Vigo, e destaca este lugar como ecosistema perfecto para a vida desta especie.

Ver recurso

Vídeo de TED (17´ 57´´). Como afectan os videoxogos de acción ao cerebro? Entramos no laboratorio con Daphne Bavelier, neurocientífica cognitiva, para descubrir cousas sorprendentes sobre como os videoxogos, mesmo os de acción e tiros, poden axudarnos a aprender, a centrar a atención e mesmo a facer varias cousas a un tempo. Tradución ao galego de Socorro Rodríguez.

Ver recurso
Vídeo de TED (14´ 41´´). Se tomamos dous medicamentos distintos por motivos diferentes, hai algo no que deberíamos pensar seriamente: o noso médico pode non entender ben o que acontece coa combinación, dado que as interaccións entre medicamentos son dificilísimas de estudar. Nesta charla, fascinante e divulgativa, Russ Altman móstranos como estudan os médicos as interaccións inesperadas servíndose dun recurso sorprendente: as buscas por internet. Tradución ao galego de Susana Brandariz.
Ver recurso

Vídeo de TED (14´ 09´´). Por que algunhas persoas precisan un esforzo moito maior ca outros para evitar os quilos de máis? A psicologa social Emily Balcetis preséntanos investigacións arredor dun dos múltiples factores implicados: a visión. Demóstranos como, no que fai á nosa condición física, uns ven o mundo de forma moi distinta a outros, e proponnos unha solución sorprendentemente simple para superar esas diferenzas. Tradución ao galego de Clara Reigosa.

Ver recurso

Vídeo de TED (3´ 35´´). Mentres que nos preocupamos pola sida, o cancro e a gripe aviaria, as enfermidades cardiovasculares matan máis persoas ca todas as outras combinadas, cando estas últimas se poden previr. O doutor Dean Ornish explícanos como cambiar os nosos hábitos alimentarios ha salvar as nosas vidas. Tradución ao galego de Xusto Rodríguez.

Ver recurso

Vídeo (9’ 18’’) no que Marcelino Maneiro, profesor titular en Química Inorgánica da USC, explica os resultados do estudo que se está a desenvolver sobre fotosíntese artificial. A investigación neste eido permitiría conseguir unha fonte de enerxía alternativa e sustentable, adaptándose ás necesidades actuais. O vídeo está asociado ao proxecto funil.gal, unha iniciativa do Grupo de Innovación Docente Ciencianosa.

Ver recurso

Vídeo (6´ 49´´) que describe os problemas que causa o abandono de mascotas para ecosistemas insulares, exemplificado sobre todo co caso dos gatos nas diferentes illas que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Dispoñibles subtítulos en galego, español, francés, euskara e portugués do Brasil.



 

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (5´ 39´´). Desventuras dun parasito cando morre o seu hospedador: unha troita común europea (Salmo trutta).
Este recurso foi incorporado a Proxector por Teresa Rodríguez López.

Ver recurso
Vídeo didáctico (2' 19'') no que Andrea Vilar Álvarez, estudante de 3º curso do grao de Matemáticas da USC, nos convida a realizar unha viaxe de París a San Francisco, primeiro dun xeito euclidiano e intuitivo e máis tarde, describindo unha xeodésica. A maiores, tamén nos fala brevemente do teorema Egregium de Gauss e da súa influencia na representación da superficie terrestre nun plano. Trátase dunha das pezas gañadoras do concurso "Explícoche matemáticas 2.0", na edición de 2016.
Ver recurso

Presentación empregada durante un curso de identificación de anfibios e réptiles polo investigador Martiño Cabana Otero. Contén información acerca da identificación, distribución e bioloxía dos hérpetos galegos.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Dolores Vázquez Castro.

Ver recurso

Video da conferencia impartida na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo por Martiño Cabana Otero, investigador da Universidade da Coruña. Durante a exposición trátanse aspectos relativos á situación dos hérpetos na comunidade galega, como son: a súa distribución, ecosistemas que habitan, ameazas ou especies ameazadas.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Dolores Vázquez Castro.

Ver recurso

Documental (53´ 21´´) que amosa a vida dos animais que habitan as augas próximas ás costas galegas, dedicando unha atención especial aos lábridos, raias e centolos, e aos tiburóns peláxicos do océano Atlántico.

Ver recurso

Documental (52´ 15´´) que amosa a vida dos animais que habitan as augas próximas ás costas galegas, dedicando unha atención especial aos cefalópodos (nomeadamente aos seus comportamentos e pautas reprodutivas).

Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 48´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo que explica as vantaxes adaptativas que o consumo de enerxía para producir bioluminiscencia supón para algunhas algas microscópicas.

As algas "Noctiluca scintillans" son depredadas por outros compoñentes do zooplancton de corpo transparente, os copépodos, que ao inxerir noctilucas vólvense tamén brillantes. De esta maneira, os copépodos vólvense moi chamativos e os seus propios depredadores (larvas de peixes) distínguenos máis doadamente.

Desta forma, as noctilucas fixeron dous seus depredadores unhas alarmas para atraer axuda.

Ver recurso

Vídeo didáctico (3´ 53´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo . Esta animación amosa as consecuencias da invasión biolóxica do visón americano (Mustela vison) en zonas en que vivía previamente o visón europeo (Mustela lutreola). Esta especie invasora compite polos recursos coas especies nativas. É máis agresiva, porta virus letais para as especies europeas nativas, etc. Así, os visóns americanos, cando colonizan outros ecosistemas, afectan de forma negativa á biodiversidade dos ecosistemas invadidos. 

Ver recurso

Documental (56´ 22´´) no que se fai unha análise da problemática dos incendios forestais en Galiza, a través da visión e das opinións de distintas persoas entrevistadas.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Dolores Vázquez Castro.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´). Tres alumnas de 4º de ESO pregúntanse pola altura da fonte do Castro, en Sada, a máis fermosa e artística de todas as que hai na contorna; unha fonte emblemática dedicada a Castelao. Sen outros medios máis que os seus coñecementos de matemáticas e dunha maneira moi sinxela calculan, valéndose da semellanza de triángulos, a altura exacta.
A peza foi elaborada por María Casal, Carlota Fiaño e Sara Paz (alumnas do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada) para participar no concurso "Explícoche Matemáticas 2.0" no curso 2014-2015. Este recurso foi incorporado a Proxector por Xerardo Casal Urcera.

Ver recurso

Vídeo didáctico (2´ 03´´). Trátase de resolver o problema de atopar o punto central dunha rexión plana de fronteira irregular como a do Concello de Silleda. O caso dos polígonos regulares ou dos rectángulos é ben simple pero a pouco que se complique o polígono increméntase moito a dificultade do problema. O centroide debe poder determinarse a partir das coordenadas dos vértices do polígono. Nós aproximamos a fronteira de Silleda mediante un polígono de 597 lados. Sobre este polígono calculamos o centroide sobre un sistema cartesiano. Para obter as coordenadas xeográficas considramos o centroide como punto de corte de dous segmentos https://goo.gl/maps/Ez560
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xerardo Casal Urcera.

Ver recurso

Filme  (45´ 11´´) sobre o controle tecnológico e a fabricação de cimento, de concreto comum e armado. Fala ademais de esforços de tração e a compressão.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xoán Carlos Carreira.

Ver recurso

Vídeo didáctico (10´ 07´´). Utilização do FTOOL como ferramenta de apoio ao estudo individual do Método dos Deslocamentos ou Calculo Matricial de estruturas.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xoán Carlos Carreira.

Ver recurso

Tutorial (10´ 14´´) de Ftool ensinando o básico deste Programa de calculo de estruturas.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xoán Carlos Carreira.

Ver recurso

Vídeo didáctico (4´ 02´´). Ejemplo de Cálculo da equação de Momentos Fletores.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xoán Carlos Carreira.

Ver recurso

Vídeo didáctico (9´ 30´´). Ejemplo de calculo das  reações de apoio en cargas triangulares.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xoán Carlos Carreira.

Ver recurso

Vídeo didáctico (3´). Descrição relativa à Concepção Estrutural em Aço, especificamente sobre a estabilização da estrutura.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xoán Carlos Carreira.

Ver recurso

Neste vídeo (7´ 35´´), o engenheiro civil Prof. Dr. Yopanan Rebello explica de maneira prática e visual os sistemas estruturais de viga bi-apoiada, viga contínua, viga protendida e treliça.
Este recurso foi incorporado a Proxector por Xoán Carlos Carreira.

Ver recurso

Vídeo de TED (17´ 18´´). Xurxo Mariño, doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, amósanos os seus recentes experimentos na medición do pulso eléctrico das neuronas. Pasando estes impulsos por un amplificador podemos, dalgún xeito, escoitar como falan as neuronas.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (11´ 11´´). Os envases de Amorodo Conservas Vexetais Ecolóxicas non deixan lugar a dúbidas. O seu é un produto 100% natural. Ubicados na pequena parroquia de Soutelo de Montes, en Ourense, cultivan e envasan grelos, marmeladas, garbanzos, tomates ou elaborados como o pisto de excelente calidade e sabor.

Ver recurso

Este video (4´ 05´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo amosa o papel dos lagartos como modeladores da paisaxe vexetal nos ecosistemas insulares, xa que estes réptiles modifican a súa dieta nestes ambientes incorporando moitos froitos carnosos. Ao inxerilos, dispersan as súas sementes cun resultado fantástico para as plantas. O vídeo mostra os resultados dun proxecto de investigación realizado no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Ver recurso

Este video (4´ 18´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo amosa cales son as causas e mecanismos polos que unha especie aparentemente estable no seu ecosistema natural pode converterse nunha “perigosa” especie invasora cando é desplazada a outra área xeográfica. Móstranse ademáis algunhas das consecuencias que este fenómeno pode ter sobre os ecosistemas e infraestructuras do ambiente que colonizan.

Ver recurso

Vídeo didáctico (6´ 48´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo . Da man dun coñecido personaxe, neste vídeo podémonos adentrar un pouco máis no fascinante mundo da heterostilia, un polimorfismo xenético consistente na presenza de dúas ou tres formas florais dentro dunha mesma especie de pranta. Mediante unha divertida animación temos a posibilidade de aprender un pouco máis sobre… o sexo dalgunhas flores. 

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (16´ 12´´). A historia que levou a Elena Ferro ata onde está ten a súa orixe hai máis de 100 anos, cando o seu avó comezou a facer zocos artesanais. Por entón eran o calzado por excelencia en Galicia, tan extendido como infravalorado polos seus propios usuarios que o identificaban coa pobreza. Elena di que ela nunca tivo que decidir ser zoqueira. Simplemente é o que aprendeu desde nena. Devolverlle a dignidade ós zocos galegos é a tarefa que ocupou máis tempo na súa vida e agora, por fin, a recompensa faise patente no éxito de Eferro, a súa marca de zocos que segue a elaborar artesanalmente desde Vila de Cruces. 

Ver recurso

Vídeo didáctico (3´ 53´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo . A maioría das prantas con flor dependen dun vector que transfira o pole ás estruturas reprodutivas femininas, para producir foitos e sementes. A evolución deste mecanismo de transferencia do pole déixanos múltiples formas de conseguir o obxectivo da reprodución. 

No vídeo trátase de explicar en que consiste a polinización (transferencia de pole dende as anteras ao estigma) explicando como funcionan os tres tipos máis comúns de polinización (Autopolinización, polinización cruzada por vento -anemófila- e polinización cruzada por abellas -entomófila-) e que consecuencias ten a “elección” pola pranta de cada unha de elas). 

Ver recurso

Vídeo de TED (9´ 49´´). O modo no que estamos a cualificar economías é totalmente incorrecto segundo Annette Heuser, reformista da axencia de cualificación. Tres axencias privadas estadounidenses de avaliación de crédito están a empregar misteriosos e escuros métodos para exercer un gran poder sobre as economías nacionais en todo o mundo. Os resultados poden ser catastróficos pero, ¿e se houbese outra opción? Tradución ao galego de Olalla Murciego.

Ver recurso

Vídeo de divulgación científica (16´ 19´´). Presentación do proxecto Arqueixal, granxa familiar situada na comarca da Ulloa, que combina a produción de queixo, iogur e leite fresco ecolóxico, cunha oferta de ecoagroturismo.

Ver recurso
Ver recurso

Vídeo didáctico (5´ 52´´) do Grupo Divulgare da Universidade de Vigo . As invasións biolóxicas son unha das principais ameazas ás que se enfrontan os ecosistemas na actualidade. Os seus efectos pódense manifestar en moitos sentidos, pero, ata o momento, hai un gran descoñecemento acerca das consecuencias, ecolóxicas e evolutivas, que poden ter os procesos de invasión biolóxica. 

Neste vídeo preséntanse os resultados dun proxecto de investigación conxunto realizado por investigadores da Universidade de Coimbra (Portugal) e da Universidade de Vigo (España) no que se tratou de aclarar os patróns que gobernan os procesos de invasión biolóxica. Para isto, os investigadorse traballaron coa especie de pranta orixinaria de Sudáfrica, Oxalis pes-caprae.

Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (3´) no que Adriana Barros Martínez, Ana López Blanco, Nuria Vázquez Galiñanes e María Isabel Velo Heleno, despois de expoñer os 12 principios nos que se fundamenta a química verde, explican como pode producirse hidróxeno verde empregando fontes de enerxías renovables. Esta peza obtivo o primeiro premio do "I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible", organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC.
Ver recurso
Vídeo de divulgación científica (2´ 46´´) no que Laura Rodríguez Novoa nos explica como é posible obter combustible a base de dióxido de carbono, empregando ácido fórmico como forma de almacenaxe da enerxía. Trátase dun proceso que nos permite reciclar constantemente o dióxido de carbono, un dos principais responsables do efecto invernadoiro, promovendo deste xeito a filosofía da química verde, sostible e respectuosa co medio. Esta peza obtivo o terceiro premio do "I Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible", organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química da USC.
Ver recurso